Issuu on Google+

EN VIGO: RECOLLIDA OS MARTES 0H DE 17 A 20:3

PLAN A D U X A DE A I R A T ALIMEN O I R A D I SOL DE

SOLIDARIEDA DE CLASE


FORMAS DE COLABORAR OU AXUDAR NO PLAN DE AXUDA ALIMENTARIA SOLIDARIO Sabemos das duras dificultades que arestora atravesan moitas familias traballadoras. Na CIG temos o firme propósito de poñer todas as nosas capacidades e recursos para axudar no posíbel a resolver esta difícil situación. Nese obxectivo enmárcase o proxecto de poñer en marcha na nosa comarca un Plan de Axuda Alimentaria Solidario -como xa fixemos na Coruña, Ferrol ou Lugo- destinado aos nosos afiliados/as que o precisen, como expresión da solidariedade obreira, poida servir para paliar os casos de maior emerxencia. O Por cuestión de Plan de Axuda Alimentaria Solidario, unha operatividade e cando vez posto en marcha, distribuirá de maneira gratuíta paquetes de alimentos básicos. menos nesta primeira

DOAZÓNS DE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS

fase, só se aceptarán alimentos non parecedoiros.

Faranse campañas de recollida de todo tipo de alimentos non perecedoiros (arroz, lentellas, garavanzos, fabas,pasta, azucre, aceite, leite, fariña, e conservas) para logo proceder ao seu reparto entre a afiliación. Nos locais da CIG de Vigo, Porriño, Cangas e A Guarda, poderase facer entrega dos alimentos. A maiores no caso de Vigo teremos un día fixo para recoller alimentos que será os martes pola tarde de 17:00 a 20:30 horas. A almacenaxe e distribución farase desde os locais de FORGA en Vigo.

En todos os locais do sindicato disporanse de caixas para a recollida deste tipo de doazóns.

Por cuestión de operatividade e cando menos nesta primeira fase, só se aceptarán alimentos non perecedoiros.


DOAZÓNS VOLUNTARIAS Calquera persoa afiliado/a ou non , poderá facer doazóns económicas para o Plan de Axuda Alimentaria Solidario. Estas doazóns recolleranse no local da CIG en Vigo e iran destinadas integramente para a merca e distribución de alimentos. No local da CIG en Vigo, disporase dunha caixa para a recollida deste tipo de doazóns.

VOLUNTARIADO

Resulta fundamental a colaboración da militancia, pois o persoal do sindicato non podería atender a estas funcións sen desatender a acción sindical.

Todas aqueles compañeiros/as que queiran colaborar na organización, deberán apuntarse no local do sindicato, sinalando as horas e días nos que poden participar neste traballo organizativo. Estes períodos deberán ser o máis axustados posíbel, para poder organizar as quendas con eficacia. Resulta fundamental a colaboración da militancia, pois o persoal do sindicato non podería atender a estas funcións sen desatender a acción sindical.

COTAS EXTRAORDINARIAS Haberá dúas cotas extraordinarias de carácter voluntario de 10 euros para axudar economicamente a este Plan de Axuda Alimentaria Solidario. Todo o recadado con estas cotas irá integramente para mercar e a distribución de alimentos básicos. Os/as afiliados/as que desexen pagar estas cotas, deberán comunicalo no seu local e o seu importe figurará a todos os efectos como unha cota máis de afiliación. Estas cotas extraordinarias e voluntarias terán unha periodicidade semestral.

Estas cotas extraordinarias e voluntarias terán unha periodicidade semestral.

Os cartos recadados investiranse en alimentos. En ningún caso se repartiran axudas económicas.


O REPARTO DAS AXUDAS ALIMENTARIAS. Este reparto farase segundo o regulamento do Plan de Axuda Alimentaria Solidario entre os/as compañeiros/as que cumprindo as condicións previas, así o soliciten. Para o seu reparto, farase unha escrupulosa puntuación entre os solicitantes segundo os criterios contemplados no regulamento do Plan, puntuación que será sempre supervisada pola executiva comarcal da CIG Vigo.

REQUISITOS E VALORACIÓN DOS BENEFICIARIOS. Para poder acceder a esta axuda deberanse cumprir os seguintes requisitos mínimos: ŸSer maior de dezaoito anos. ŸSer afiliado ou afiliada a CIG cunha antigüidade mínima de tres meses, ou que causou baixa ao acreditar circunstancias económicas adversas nos 9 meses anteriores á solicitude. ŸQue o cómputo total dos ingresos anuais da unidade familiar non superen o salario mínimo interprofesional vixente. Os /as interesados /as deberán presentar unha solicitude na súa federación, xunto cos seguintes documentos: tarxeta desemprego/discapacidade/pensión, xustificante de convivencia, fotocopia libro de familia, fotocopia documento de identidade, declaración da renda ou exención de facela e fotocopia contrato de alugueiro/escritura de vivenda/crédito hipotecario e procederase a unha puntuación entre os solicitantes de acordo cos criterios do regulamento que está a disposición da afiliación nos taboleiros de anuncios dos locais da CIG da comarca de Vigo. A executiva comarcal revisará e supervisará todas as puntuacións, así como os sistemas de reparto dos alimentos.

AUTORIZACIÓN DE PAGAMENTO Apelidos:

Nome:

Enderezo:

Localidade:

C.P.:

Concello:

Provincia:

NIF/NIE:

Nº de conta: Entidade bancaria: Cota: 10€ Quen asina autoriza ao Banco/Caixa citados a descontarlle semestralmente á cantidade indicada en concepto de cota extraordinaria (Plan de Axuda Alimentaria Solidario), importe que deberá ser ingresado na conta a nome da CIG. Data: Asinado:


Plan de Axuda Alimentaria Solidario - CIG Vigo