Issuu on Google+

La lista de Schindler Thomas Keneally

Esta esgazadora novela arrástranos ata o Holocausto, centrándose na vida de Oskar Schindler, un alemán que nace en Zwittau (República Checa) e pasa unha infancia rodeado de amizades e veciños xudíos, sen amosar xamais interese ningún pola distinción de razas. O único obxectivo da súa vida é chegar ao máis alto, gabear pola escala social para encherse de poder, de cartos, de mulleres. Tan forte é o pulo desas ambicións, que chegará mesmo a seguir principios alleos a el, a tecer sobre a súa alma unha máscara opaca coa que velará as súas verdadeiras opinións co fin de introducirse entre as máis altas esferas de poder. Deste xeito, conseguirá abrir unha fábrica de utensilios culinarios, a Deustche Email Fabrik, na que empregará a man de obra máis barata: os xudíos. Nela xamais morrerá ningún deles, sempre serán ben tratados e non vivirán amedrentados, pois terán o convencemento de que non os agarda o crematorio.


La lista de Schindler