Issuu on Google+


O senderismo é una actividade física que consiste en camiñar por roteiros en contacto coa natureza.. Hai anos, cando o transporte de motor non era habitual, a xente estaba obrigada a camiñar: os nenos/as ian á escola a pé, seus país e nais camiñaban aos mercados da zona a mercar, vender ou trocar os productos necesarios, a xente nova disfrutaba dos bailes en parroquias afastadas da súa aldea ou pobo. Grazas ao progreso, hoxe en dia o coche ou autobús facilita moitos daqueles custosos desprazamentos . Na actualidade son demasiado frecuentes hábitos de vida sedentarios. Pasamos da penosidade do camiñar por que non había mais remedio a abandonar totalmente o pracer de pasear. Moitos dos carreiros e camiños foron invadidos por estradas e pistas asfaltadas. Nembergantes todavía podemos disfrutar de corredoiras e vías rurais e de montaña onde poder disfrutar dos paseos, alonxados do ruido, en contacto coa natureza, respirando aire puro e gozando da beleza da natureza, en definitiva facendo exercicio físico nun entorno saudable. En definitiva podemos concluir que o senderismo proporciona:        

O coñecemento de paisaxes fermosas Aprender a respetar o medio Comprender as relacións entre os seres vivos. Descubrir elementos culturais de interese (arquitectura, historia,gastronomía, economía…etc.) Contactar con persoas diferentes Disfrutar do tempo de lecer con familiares e amigos Combatir o sedentarismo Descubrir que para gozarar non fan falla moitos cartos.


Procura compartir as túas andainas con alguén, é mais seguro e divertido.


 Leva roupa e calzado axeitado según o roteiro e previsión do tempo.


 Na mochila non debe faltar a auga, comida, roupa de reposto (calcetíns e camiseta cando menos) e móvil.


 Consulta as previsións metereolóxicas antes de sair


 Se o roteiro está sinalizado vai atento ás indicacións


 A cåmara de fotos Ê un bo recurso para captar aqueles elementos de interese dos que desexes levar un ha lembranza perdurable no tempo


 Mantén o entorno limpo, non deixes lixo.


 Calcula o tempo da andaina para planificar as paradas e poder rematalas sempre de día


 Deixa aviso a algún familiar do roteiro que vas facer


SENDEIRISMO PARA NENOS