Issuu on Google+

quequedequenoconte Número 4

Panfleto de testemuña e defensa do mundo rural galego

Abril 2009

aimposicióndoespañolengaliza


Editorial inmorais, e iso é evidente. E seguen a Este número podería ir dedicado a todos aqueles que colonizar “habilmente” cos seus actos humillaron desde a Lingua, que poñéndose do lado dos ricos, montando colonizaron idiomaticamente este grandes espectáculos, gastando cartos país que non pode, aínda hoxe, ser e amosando a súa opulencia, a dos quen é. opresores, por pingües beneficios da Aquí se contan só algunhas obediencia debida, normalmente vivencias, pero sabemos que comprando o seu silencio. Tamén hai Que atención á terceira idade? cando se exerce esa represión políticos e institucións de lamentables lingüística hai detrás outras comportamentos, non só do moitas perversidades que dan desenvolvemento das funcións de servir lugar represións culturais, sociais ao pobo, senón que tamén ofenden e humanas. Formas resentidas de idiomaticamente con moita prudencia. freo á liberdade en beneficio da Hai empresarios e empresas, que se liberdade duns poucos ou menos, benefician de Galiza pero que nin os formas de aversión e repulsa, de censura e de dominio seus beneficios repercuten aquí nin son medianamente autoritario disimulado –quizais- tras palabras que se respectuosos coa xente e cultura do pobo que os beneficia congratulan nunha educación aparente ou coa atracción e incumpren a restauración dos danos que provocan en da universalidade, ou coa deixadez incompetente, ou no persoas, minas, ríos, en patrimonio cultural, en medio encontro de culturas e mestizaxes ambiente... Tamén hai funcionarios de equilibradoras, que relativizan todo todas castes e variedades, que poñen nun deixar vivir para todos (sobre todas as trabas posibles para impedir a todo cando eles se cren todos). A recuperación de nós. Mesmo escribidores “Cando se exerce culpa non é só dun sector, dunha e xornalistas que –especialistas de última esa represión persoa. Conflúen moitos intereses e a hora nos temas lingüísticos, así ás culpa é de moitos. E moitos xa non carreiras- descobren os beneficios do lingüística hai están pero deixaron herdeiros fieis multilingüísmo, sobre todo cando detrás outras das súas patrañas desestabilizadoras esquece a nosa lingua. Con eles tamén moitas e contos chinos. Todos eles están carpinteiros, soldadores, químicos, importunaron sucesivamente, e son boticarios, gardas, vixiantes, labregos... perversidades que un lastre que sobrecarga o noso que defendendo eses posicionamentos dan lugar represións desenvolvemento e atrasa o noso atacan a razón mesma que os motiva. progreso, do que tamén queremos ser Atacan ese complexo que elude o culturais, sociais e protagonistas. entendemento. Hai moita xente de ben humanas.” Sabemos que tiveron culpa que os cre, que pensa que teñen razón e mesmo as circunstancias históricas opinan así desde un relativismo que desfavorables. Por culpa dunha descoñece e ignora o propio, escola –con minúscula, porque así é, escudándose nun “eu penso así, pero non pobre- recalcitrante dun pesebrismo sei...”. inmobilista que non sabe e non atende os ditados De todos os xeitos o que eu quería dicir, pedagóxicos da evolución e de decencia, aqueles xustamente, é que este número vai dedicado non aos que postulados de se compraceren todos -nenos, pais, infrinxiron a razón, o sentido común, a cordura, a inspectores, mestres- na autoestima mentres se sensatez, o xuízo, senón a aqueles que tiveron e tivemos gratifican aprendendo. Para non crear nenas e nenos que que soportar desde hai uns cantos séculos todas as súas coñecen moitas cousas pero non as saben nin as posúen, humillacións, e que aínda hoxe, con toda a humildade, mentres que a outros –velaí a deixadez- xa non lles reclamamos o que é noso. Tamén queremos dedicarllo ás interesan. honrosas excepcións dos colectivos antes mencionados e Por culpa dunha igrexa –tamén con minúscula, que, a pesar de ter todo en contra e a oposición dos porque chegou a demostrar o contrario do que predicapropios compañeiros e superiores, souberon manter a que non cre o que di, que se puxo do lado dos humilladores dignidade sen claudicacións que se basean primeiro na e represores, que minte e segue a mentir. Unha igrexa de contradición, despois no receo, logo na sospeita, para privilexios, corrupta e inxusta que aínda leva nas súas acabar co rexeitamento e cos presentimentos maliciosos costas millóns de horrores e crimes, de escándalos, de e fóra de lugar, porque o lugar desde onde ofenden –por se silencios, de manipulacións... de pecados dos que aínda non lembran- é Galiza. Esta que mira con sosego e non se non se arrepinten nin se arrepentiron. De bispos con escandaliza da falta de respecto que amosan cara a ela. posicionamentos morais tan subxectivos que son Esta, que non por iso esquece nin deixará de ser quen é. QUE QUEDE QUEN O CONTE, Nº4 Xoán Manuel Andrade Vidal, Alfonso Blanco Torrado, Gumersindo Campaña Ferro, Lourenzo Díaz García, Baldomero Iglesias Mero, Alicia López Pardo, Bieito Peleteiro Rodríguez, Xosé Carlos Peleteiro Rodríguez, Manolo Peleteiro Rodríguez, Xosé Luís Rivas Mini, Miguel Rodriguez Carnota.

3


xoseluisrivas”mini” Que atención á terceira idade?

tedetinoqueestesqueren

impoñernosogalego Nacín no 51 nunha aldea da Terra Chá galego. Aínda así, a miña fala foi sempre tatexante no luguesa no seo dunha familia humilde coma as dos tocante a atopar as palabras exactas no momento veciños que me arrodeaban. Ese oportuno. meu mundo falaba galego, o Por razóns familiares a xente común, porque a xente que que me falaba castelán producíame “A aprendizaxe do poderiamos chamar culta ou desconfianza. Tiña un aquel de español facíase por destacada, a min falábame en artificial, de hipocrisía, de alleo. E castelán. Daquela maneira, pero ademais ¿por que a min en castelán un sistema moi castelán. A este idioma e cando se dirixían a meu pai ou a efectivo. Cando aspirabamos todos e uns riamos miña nai o facían na lingua común, dos outros diante das burradas a de todos? Tardei moitos anos en metías a pata eras descendentes. Explícome: unha comprendelo. ridiculizado diante persoa de nivel A ría da pequena Eu quería ser coma os meus dos demáis. E todos burrada do nivel B, a do nivel B heroes. Coma meu tío Toñín, coma ría dunha burrada máis visíbel do meu padriño, coma Angelito o admitiamos que era que andaba no nivel C, e así zapateiro, coma os que ían á así porque así s u c e s i v a m e n t e . Po r q u e cantina da estación, que tiñan Baamonde era medio capital. Si, oficios que me parecían estaba establecido” na súa estación de RENFE marabillosos, coma os do paraban tódolos trens e había un aserradoiro que nos daban barrotes forte trasego de mercadorías. para os nosos xogos... E todos eles Isto dáballe aires de importancia fronte a Pígara ou falaban galego. a Vilariño. Por certo, os rapaces de Vilariño que Logo fun estudando e o castelán instalouse en viñan á escola de Baamonde falaban con gheada. min definitivamente. Era o desclasamento cara arriba. Eran unha raza inferior e aturaban tódalas bulras e Algo co que o franquismo tentou facer de nós apañaban maior ración de leña da mestra. ¡Que monicreques, e así o fomos perante un longo tempo. A cousas...! fala galega tiña señas identitarias, de clase social e era A min semellábame un mundo de tolos. Eu preciso borralas a toda costa. Os estudos, en rigoroso sabía ben onde estaba o castelán e onde o galego español, facían que esta lingua só servise para eles, porque meu pai era maragato e tiña o castelán para os estudos, mais no tocante a sentimentos e a como lingua familiar e meus avós maternos falaban relación en distancia curta non era válido. As cousas importantes, as de dentro, só podían seren exteriorizadas no idioma común, no que falaban os paxaros, as árbores, a vida toda. A aprendizaxe do español facíase por un sistema moi efectivo. Cando metías a pata eras ridiculizado diante dos demáis. E todos admitiamos que era así porque así estaba establecido. E burlabámonos por quendas, hoxe tócache a ti e mañá a min, sen caer na conta de que nos mofabamos de nós mesmos. ¿ Como hace el perro? Esta era fácil: El perro ladra. ¿Y el burro? Aquí xa era outro cantar. El burro ornea. - Ola, nenos, Eu son Larry! - Ola, Larry!

O orixinal...

- E este é Charles, a miña muller. - Ola... como?, muller?

Birds and the Bees. Comic homófobo norteamericano producido e distribuído por sectores relixiosos untraconservadores

4


¡Ornear orneas tú, burro! ¿no sabes como se dice...? ¡Y parecías más inteligente...! E así ían minando en nós, facéndonos saber que os nosos, os da familia e os veciños, o mundo que nos arrodeaba e nos daba calor era falso, inculto e non valía, non tiña peso social. Polo tanto se querías ser algo tiñas que sair del. Tiñas que botarte fóra daquela desgracia na que naceras. Pero algunhas veces eu vía ó meu mestre falar con meu pai e facíano na lingua común. Eu pensaba: ¡Decididamente todos estamos tolos! E cando fun ó instituto a Lugo... Ós que eramos da aldea notábasenos aínda que falásemos o castelán, eu coido que polos xogos, polo xeito de andarmos, ¡eu que sei! Algunha vez, algún profesor, coma por descoido botaba en clase unha frase en galego. Recordo a don Amable Veiga. ...Estache boa a navalla que non corta o queixo... Ai, ¡que proximidade!¡que bálsamo era para nós! Pero era un descoido del e un espellismo noso. E aínda así non conseguiron máis que rompernos o vocabulario e inzarnos de castelanismos. Bueno, conseguiron outra cousa máis importante: faceren de nós uns individuos con pouca ou ningunha autoestima. Porque eles, os detentadores do castelán eran os detentadores do poder político e social. Ti sabías que podías aspirar a subir de clase social e aspirar a unha carreira por medio dunha beca ou co esforzo dos teus, pero estabas de prestado, non che correspondía, notábaseche ás légoas que era antinatural. Notábaseche principalmente na fala, no acento, nas meteduras de pata. Era preciso pulirse a fondo. E así fomos camiñando ata chegarmos a algún momento na nosa vida en que algo te leva a reflexionar e dar marcha atrás, replantear as cousas e tomar posicións. Con vinte e un anos fun destinado ó Vicedo, a miña primeira escola a tempo completo. Instalado no castelán non había quen me tusise. E alí coñecín ó Lelo, nome suposto dun ou de ducias de alumnos que non entendían o que explicaba, que estaban sufrindo comigo o que eu xa sufrira. Un día, desesperado, caín na conta de que estaba repetindo os esquemas que me levaran a aquel follón interno que eu tiña comigo mesmo. E probei a falar coma os paxaros, coma as árbores, coma as ondas do mar do Vicedo. E volvín a ser rapaz cos meus rapaces.

Comecei a comunicarme con eles. Pero agardábame un longo camiño de reflexión, de reciclaxe, de recuperar enteira a miña lingua que non estudara... Tiven que perder a vergoña a utilizala desde unha tarima, perder o medo a perder o posto de traballo porque estaba cometendo un tremendo pecado e, sobre todo, a superar esta máxima: ¿tiña eu dereito a deixar ós meus alumnos sen futuro? Levoume varios anos superar en min esta contradición. As outras contradicións ás que me sometían os razoamentos dos meus compañeiros resolvíanse con puro raciocinio, pero os meus temores, non. E afondamos no problema, e fixémolo cientificamente, e deixáronmos razoar, e dábannos a razón, pero nada se movía. Vaia que... todo seguía o seu curso: NÓS perdendo terreo. Eles sabían que o tempo xogaba ó seu favor. Décadas dos oitenta e os noventa. Décadas cruciais para a normalización lingüística, décadas perdidas. As novas xeracións de mestres, algúns deles, emocionados coas ideas de liberdade e de xustiza, non foron capaces de dar o salto da lingua, e a administración autonómica foi covarde e insensata. Non tivo nin altura, nin categoría, nin moito menos intención. Eran os lobos de sempre disfrazados de ovellas. E aquí estamos nunha nova tesitura na que as tornas deron a volta. Agora son os castelán falantes os que se alporizan coa lingua propia do País porque seica llela queren “impoñer”. E reclaman dereitos de lingua materna para unha lingua forzada que se foi aposentando en certos medios sociais a golpe de hostia, autoodio e comisaría. E reclaman en nome da liberdade. Esa que se pasaron polo forro... cando se trataba dos dereitos dos alumnos galego falantes. Esa liberdade que en realidade é comodidade e autoodio, un absoluto noxo polo propio que nace desde moi

...e a copia Comic galegófobo difundido polo movemento “bilingüista” en Galiza

5


adentro, desde os paus levados na Só recuperaremos o bo escola, desde os sorrisos de sentido cando superemos o “E reclaman desprecio da xente de alcurnia fundamento destas palabras que que te miraba de esguello cando me dixo, hai tempo, con todo o dereitos de lingua che sentía algunha palabra do afecto e cariño, unha vella da materna para unha País. Nace dese vello desexo dos parroquia na que exercín e vivo: nosos pais de millorar social- ¡Ai maestriño, usté que lingua forzada que mente, de sair da miseria e que podía fala-lo castellano e, velaí se foi aposentando ata non fai moito tempo se que fala o ghallegho..! en certos medios identificou con falar o idioma Deume moito que pensar, español, o da burguesía boiante. abofé... e aclaroume moitas sociais a golpe de ¡Pobres de nós! ¡Que burla á cousas. hostia, autoodio e intelixencia! Un pobo sae da E aquí estamos de represores miseria en conxunto e con orgullo, por querer frear a desfeita de nós comisaría” nunca con submisión. E a mesmos. ¡Que rara habilidade submisión lingüística é a máis teñen para envolvernos! Ó final dolorosa porque a lingua un chega a pensar que para que conforma a alma individual e serve estudar, darlle voltas ós colectiva, crea os lazos sociais, os afectos e os coñecementos, remoelos ben, difundilos... se despois odios. ¡Que desfeita..! E nós, os que sufrimos a catro necios con título ou sen el, utilizando tódolos represión lingüística de xeito tan brutal, calados, respectuosos, gardando as formas democráticas que se volven contra NÓS, contra todos.

Vinte e catro anos nunha unitaria e trinta e algo na profesión vendo ó meu redor a milleiros de rapaces tatexando e sufrindo o desprezo idiomático por parte de mestres que non querían perder a súa posición de privilexio conseguida en base ó sacrificio dos seus pais aldeáns e galego falantes. ¿Cómo ían renunciar á posesión dun instrumento de dominio que os fixera detentadores dun cativo poder...? E moi poucos erguimos a voz para reclamar sentido común e reconciliarmonos con nós mesmos. E agora... ¿En que xeito de loucura seguimos a estar?

medios ó seu alcance: prensa, radio e tribunas son quen de mover a opinión pública volvendo do revés a razón e a lóxica. Á miña idade xa case me teñen convencido de que son un represor por usar a fala dos meus, a dos galegos, trazada e construida a través dos séculos, patrimonio dos humanos, lingua de solidariedade. ¡Pois si, son un represor e síntome orgulloso de selo!

6


xosecarlospeleteiro Que atención á terceira idade?

aloitapolalingua ¡Que ben, que ben, que nós falamos tamén! Isto, que parece unha cantiga de xogos de pequenos, debe se-lo máis firme compromiso na loita emprendida pola liberación, exaltación e utilización do noso idioma . H a i u n h a c ou s a crara: que o idioma é patrimonio de todos, é coma o país, coma a paisaxe. E co idioma pasa coma con case todo. Hai quen o despreza, hai quen o aprecia, hai quen se aproveita, hai quen o odia, hai quen o valora, hai quen o desonhra, hai quen o esclarece, hai quen o quere enterrar, hai quen o quere estudar, hai quen o quere esquecer... E, postos no tema, e deixando a unha beira estamentos e capas sociais, a verdade é que neste circo hai moito divertimento sen pagar nada. "É mellor o sistema lusista porque aí está o futuro ".... "Non llo podo ensinar ós meus fillos porque non lle sirve para nada".... "Deixárono caer e agora non hai quen o leve arriba..." " O idioma morrerá cos nosos vellos "... “Aínda non temos aprendido ben o castelán e non imos meter outro idioma na cabeza"... " Mentres non o falen os ricos non hai nada que facer ".... "En cada bisbarra fálase dunha maneira e así é imposible entenderse "... Á parte dos de poderosas neuronas e forte vontade que se poñen ó seu estudio a calquera idade está ben claro que o camiño máis natural para falalo é mamalo. E mentres non haxa unha leis e uns recursos humanos e materiais para ofrecer un

ensino en condicións e “a pé de obra” poderemos andar coma o burro na noria: pisar sempre no mesmo sitio sen chegar a ningures. E os que estudaron o tema, ¿que din? Pois ó que parece non son nada optimistas. O galego é un idioma minoritario, un pobriño camiñante que ten por diante dous ogros que lle atascan o camiño: o castelán e o inglés. O castelán é o idioma da inmensa maioría dos medios de comunicación, da expresión cultural e da xente do estado español. O inglés é o idioma de referencia intemacional, dos negocios e dos ordenadores. E estes dous ogros traballan coma os ogros profesionais, arrasando o que poden e o que lles deixan.

7


E aquí estamos nos. No século XXI, cos nosos logros e os nosos medos. E se os logros nos animan, os medos inmovilízannos, asústannos, quéimannos. Pero ¿hai medo na nosa xente a fala-lo idioma? Pois si e moito -Temos medo social. A xente chic fala castelán. A clase dirixente fala castelán. As escolas maiores e menores teñen o castelán coma idioma de base. Os nosos cregos, os nosos mestres,os nosos políticos... -Temos medo "económico”. Para aquí non mandan nada. Temos que recorrer á economía submerxida. Falando galego non hai saída na vida. - Temos medo étnico. Os doutros sitios si que progresan. Sempre foron menores ca nós. Nós non valemos para nada. -Temos medo corporativo. Cando alguén quere facer algo, sempre ten que aparecer alguén que lle leve a contra. O que un fai o antagonista procura desfacelo. -Temos medo "mental". ¿Como me vou eu poñer a facer isto se os doutros sitios, que son máis listos non foron quén de facelo? E hai máis medos. Máis mecos. Máis lobos. Pero o tema non é quedamos cos medos nin nos medos, senón botalos fora. E iso precisa unha loita. E para loitar fan falla medios. E para usar eses medios fai falla xente convencida e eficaz que saiba sacárllelo máximo rendemento. E todo isto non sería nada se falta a “estratexia”. Explícome. É moi distinto o xeito de actuar dun que se sinte acurralado polas presións de todo tipo de eses ogros que describimos antes, o do que sabe que posúe no seu idioma unha xoia moi valiosa e non ten tempo nin quere telo para mirar para a vergoña, desinterese, envexa ou abandono que poida haber ó seu arredor. Este, coma bon loitador, fará andar adiante os tantos que ten, os que lle dan e os que poida conquerir de seu.

- Tes algunha pregunta, Frankie? - Si...

- Son maricas, señorita Henn? - Dixeches “maricas”?... Como te atreves! Esa palabra está prohibida nesta escola! Que vergoña!

8

Os relixiosos ultraconservadores aducen á mensaxe bíblica para se opoñeren ao pensamento “políticamente correcto”.


alfonsoblancotorrado Que atención á terceira idade?

undivorciointeresado A Igrexa galega foi rexeitando a lingua do mariñeiros seguiron falando o galego, e grazas a eles pobo, na medida na que se casou cun poder chegou ata nosoutros. centralista, no seo da institución, nunha O primeiro libro publicado na nosa lingua, conivencia política e social a prol das clases altas, despois do golpe militar, foi a Fala das Musas, do crego dando as costas aos labregos, mariñeiros, chairego Daniel Pernas... Coma outros sectores, a obreiros..., e as súas organizacións. Posicionouse, igrexa tamén puido achegar a súa labarada aos nunha concepción da cultura, elitista, ideolóxica e momentos de rexurdimento, e mesmo mantela acesa pechada, afastada do país, como adoptaron facer nos máis escuros, coma adoitaron, no XVIII, noutrora, distintas expresións Sarmiento, ou os cregos de Fruimerelixiosas, mesmo cando Lousame, que en varios momentos remataron con Xesús de escoitaron ao pobo: Diego Nazaré. Unha esclerose que a Cernadas de Castro (1702-1777), “[No seminario] priva da súa forza e espírito, e poeta que reivindicaba o ser de falábase galego ás non lle permite ler os sinais dos Galiza, fronte ao desprezo de tempos, nin a actitude do Gracián, Góngora, e outros, e agochadas, Mestre, que apostou polo Antonio Francisco de Castro (1746desfrutabas do idioma dos máis febles. Estou 1825) que fixo achegas sobre a escribindo, cando veño de ler nosa historia. pracer do noso, na liturxia dominical, a Carta Este divorcio xa se ofícia no grazas a persoas aos Romanos 13,11-14: “E con Seminario, onde a miúdo se instrúe lúcidas, que máis razón sabendo o intre no ou deforma dun xeito moi que vivimos: xa é hora de que abstracto e dogmático, sen incidir atopabas no espertedes do sono, pois agora na persoa que está a abrirse á vida camiño” a salvación xa está máis cerca nun tempo e nun espazo de nós que cando empezamos a concretos. Pero, tamén aquí, crer. A noite vai andada e o día houbo devezos, por parte dalgúns, está a chegar”. Á esixencia da de crebar esa inercia, e saborear a fe, de estrullar cada “hora”, frescura da vida que medra neles. para convertela en fervenza de vida, non só lle No seu interior rexeitaban ese servilismo imposto, e acae recriminar a represión do don da creaban espazos nos que exercer coma cidadáns comunicación na lingua nai, tamén obriga a libres. Aí está a Escola Poética do Seminario de exercer a dimensión profética da igrexa, de Mondoñedo, onde moitos seminaristas cultivaban denunciar os agravios cos que os poderes magoan a unha literatura que potenciaba a súa cultura labrega, cultura, e reivindicar, comezando por ela mesma, as criaturas máis sinxelas, na escrita que mamaron no os dereitos máis inalienábeis das persoas, pois a fe interiorízase no idioma, que é a creación máis senlleira dun pobo. Este alleamento da igrexa, nace da inercia e pasividade, por non encarnarse con todas as súas consecuencias. Porque, á parte todas as presións políticas e sociais da “doma e castra” dos Reis Católicos, impedindo a escrita en galego, ou da ditadura, sempre houbo sinais, que convidaron a tomar en serio a identidade do pobo no que un ten a fortuna de vivir. Ninguén puido apagar o espírito deste, despois daquel tempo de plenitude que foi Galiza no Medievo, na cultura, nas artes, na política..., e os labregos, artesáns e Os galegófobos esgrimen argumentos baseados nun peculiar concepto de “cidadanía” para tratar de rematar cunha cultura molesta.

9


berce. Unha educación nefasta, non só os illaba do pobo, tamén da amizade, a sexualidade, o agasallo de vivir, moitas veces da familia... Unha aldraxe a Deus, coma “fonte da vida”, pois con este reducionismo está a manipularse a súa verdadeira face. Falábase galego ás agochadas, desfrutabas do pracer do noso, grazas a persoas lúcidas, que atopabas no camiño. Persoalmente, no Seminario de Santiago, celebro aquelas horas con Manuel Espiña, corrixindo as probas da tradución dos evanxeos, no seu despacho. Non era só un exercicio lingüístico, o profesor acompañábaas de explicacións puntuais que daban sentido ao seu esforzo, mesmo con achegas históricas sobre o devir de Galiza. Moitos sentían esta privación da lingua, coma un sinal máis da represión, que quería convertelos en monecos estandarizados, nunha igrexa que frivolamente non orientaba a vivir o tempo e o espazo de cadaquén, coma unha fortuna, mesmo unha oferta de salvación que ten que xermolar dende o herdo que nos tocou en sorte. Había algún profesor que facía extraordinarios, transmitindo o seu sentir de Galiza, como Manuel García, delegado das misións, e quizais por iso, consciente de que un non pode sentir as arelas doutros pobos, se non apreza o propio. Estas oportunidades axudábannos a medrar na loita contra a desidia das programacións, afastadas da nosa realidade. Horas de luz, como aquelas lecturas de poetas da casa, que adoitaba facer o latinista Francisco Fanego, no Seminario de Mondoñedo e que tanto ben fixeron aos alumnos internos, e aos que dende fóra escoitaban aquela voz de sabedoría e beleza. Ou

as reivindicacións dos “Irmandiños”, grupo de seminaristas galegos en Roma, que mesmo confeccionaron un cantoral para as celebracións, e os matriculados en Salamanca que publicaban O Sacho. As mobilizacións de 1968, tamén foron penetrando nos densos muros de San Martiño Pinario. Algúns, dun xeito clandestino, compartiamos mesa e teimas con algún galeguista significado. A sintonía era total. Aínda que tivesemos prohibido esas amizades, por “ateas”, a verdade era que atopabamos neles máis concordancia co xeito de Xesús de Nazaré, a encarnación da Palabra, cá coa maioría dos eclesiásticos que pululaban polo Seminario, anquilosados nunhas formas rancias, que facían máis atractíbel a evanxelización medieval de San Martiño, loitador contra o priscilianismo, pero dialogante, e o seu valedor ante o emperador, na sentencia a morte. Algúns viviamos con tanta intensidade os proxectos políticos e sociais que estaban a medrar fóra, que principiamos iniciativas, á par, que alumnas e alumnos de Maxisterio, Medicina, Económicas... Artellamos, entre nós, uns grupos de aproximación a nosa realidade, cunha teima: prepararnos na etapa de estudios, analizando e soñando xuntos, para despois facer equipos de colaboración no desenvolvemento de parroquias e comarcas, comprometéndonos nuns mesmos obxectivos. Líamos a Castelao, nas habitacións, a furtadas, coma un feitizo que enchía o noso alento, con novos folgos, para seguir preparándonos para a Galiza coa que soñabamos. Algúns profesores reforzaban este compromiso: Torres Queiruga, o primeiro en darnos as clases en galego, Barreiro Fernández, que nos centraba no rigor e nas fontes da nosa historia, Pérez Vilariño, sensibilizándonos na problemática social...

10


NON HAI EVANXELIZACIÓN SEN INCULTURACIÓN día, e acompasar as inquedanzas aos aldabonazos que Durante o curso 1970-71, os delegados amplificaban as sementes do pobo, que a vida propuxémonos converter nunhas pautas de futuro enxergara en nós, a matriz orixinal. Estabamos a as inquedanzas de moitos compañeiros por crear recoñecernos tal como somos, cos recursos cos que un centro que respondese ao que agardaba o noso nos aprovisionara a vida, tamén unha lingua nai. país, empurrados por aquela brisa de aire fresco Aquela marxinación, nacía da mesma inopia que que trouxera o Papa Xoán XXIII. Conscientes de estaba a deturpar outras peles da nosa personalidade. que non hai evanxelización sen inculturación, por Por iso, o fincar no galego, ía unido a talleres de iso cumpría estudiar a sexualidade, socioloxía, ensino xeografía, historia, economía, participativo e interactivo, etc. E etc. Traballamos arreo. Ata todo iso cunha pedagoxía en grupo, tivemos que facer folga e que promocionaba o debate, as p r e m e r, p a r a f a c e r n o s diferenzas dende a liberdade. O “Traballamos arreo. escoitar. Unha das primeiras programador daquelas conversas Ata tivemos que folgas nun Seminario. O sobre afectividade, era o membro Cardeal Quiroga Palacios de Voces Ceibes, Xerardo Moscoso, facer folga e recibiu ao coordinador dos estudante de xinecoloxía. A premer, para delegados, e falou claramente consigna era camiñar e prepararnos de que el tiña que elixir entre en grupo para despois traballar en facernos escoitar. dúas visións do centro. Sen dar equipo nunha zona concreta, con Unha das primeiras razóns, escolleu a de sempre, todas as ferramentas necesarias folgas nun como estaban a facer o 90% do para axudar a medrar as e os clero, pero sen denigrar a veciños. Seminario” outra, a dos alumnos e poucos Despois dun traballo de profesores. Pero o Bispo organización longo e concienzudo, A u x i l i a r, X o s é C e r v i ñ o , un núcleo foi concientizando aos encargado polo Cardeal de demáis con cursiños de lingua todo o referido ao Seminario, galega, conferencias sobre matinando aldraxar a este delegado, cualificábao economía de Xosé M. Beiras, de dereito galego de ante os compañeiros coma galeguista, Alfonso Gándara, concerto de música de Bibiano, revolucionario, separatista… O Cardeal, na Xoán Rubia, etc. Pero todo estoupou, cando o entorno conversa con este coordinador, ata tivo tempo do cabido da catedral soubo pola prensa, da para comentarlle amizades súas, e a relación cos organización dun ciclo sobre Castelao… Mandáronnos galeguistas, Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo, para a casa, despois dunha semana de reflexión, onde Cuevillas… Non houbo sancións pola súa banda, só afondamos aínda máis no que procurábamos: unha convidouno a ir para Comillas-Madrid, co seu formación ao servizo da realidade galega, tendo en beneplácito. Mesmo protestou pola persecución conta a nosa cultura e fala. Aquel curso rematou coma que estabamos a sufrir. Ás súas costas, o rosario da aurora. Pero foi un paradoxo que o aproveitando que ía de viaxe, foi expulsado por Concilio Pastoral de Galicia, celebrado no San aquela mafia que estaba a burlar a pequena Martiño, reforzase aqueles proxectos dos apertura que con temor liderara o Cardeal seminaristas, cando promulgou: “os Seminarios Quiroga, no Concilio e nos primeiros pasos da Maiores ademais por razón pastoral, han de poñer Asemblea Conxunta… Foi ese empeño especial no ensino da respaldo, e estes bos lingua e cultura galega, para o que informes, a ponte que nos han de preparar o persoal levou a Mondoñedo, a carón de especializado que se necesita”. Araúxo, apoiados por Manuel Hai unha orientación nos Espiña… Estamos a falar de últimos Papas, e sobre todo no persoas ligadas ao Seminario, Vaticano II, que urxe a transmitir a que estaban a traballar pola Boa Nova “na lingua de cada pobo”. dignidade de Galiza. Pero o Manuel Espiña, nunha conferencia enorme portalón de San (editada por Espiral Maior), no Martiño pechouse a aquela Congreso Internacional de encarnación na vida, ata hoxe. Tr a d u c i ó n , c o n v o c a d o p o l a Foron minorías proféticas, Asociación Internacional de Amigos sempre acaladas, e ata da Universidade Libre Iberocastigadas, polo aparato americana en Galicia, como eclesial, enrocado na diglosia resposta ao Premio de Tradución ou no bilingüismo. que lle deron no 2005, pola versión O natural era ese dos Evanxeos, recolle todos estes esforzo por pór o reloxo ao documentos. Pero sería o Concilio

11


Araúxo Iglesias

X.M. Beiras

Xoán Rubia

Pastoral de Galiza o que máis premeu, para abandonar esta indiferencia da igrexa, e no 1975 proclama que “nas igrexas da cidade se chegue a celebrar polo menos unha misa en galego, os días festivos, e o mesmo se diga dos demais sacramentos. Naquelas bisbarras nas que o galego é a única lingua teñen de se chegar a facer en galego tódalas celebracións”. Pero, a derradeira palabra do CPG, pronunciada polo enviado do Vaticano: “Cúmprase”, segue a ser desatendida. O ano no que o Bispo Araúxo tamén reaccionara enerxicamente contra esta deserción, coa súa pastoral: “A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega”, na festa de Pentecostés. A mesma desidia segue a alongarse no tempo. Aínda non hai un compromiso forte das parroquias co idioma que falan os fregueses, nin cos símbolos da nosa cultura. Seguen na longa noite da rutina, sen apercibir que os tempos son chegados. Non hai disculpas para este desleixamento da igrexa. Co erario público editáronse os leccionarios, rituais, cantoral, material de catequese..., necesarios para a liturxia e formación. Nestes anos, ningún bispo que visitou as comunidades nas que traballo, puxo impedimento para celebrar en galego, nin se prantexou outra alternativa. Só falla a vontade de identificarse co pobo, e celebrar con el a vida cotiá. Pero urxe pór remedio a este abismo. Cando moitos

- Pero meu pai di que iso non está ben! - NON! Teu pai equivócase! A xente coma el é perigosa! - Seu pai tiña que estar no manicomio.

Bibiano

Otero Pedrayo

sectores están a normalizarse no idioma: ensino, concellos, moitos medios..., a igrexa está a converterse nun reducto foráneo, en contra da cultura, excluíndo aos que están a facer pobo. Unha antitestimuña do que significa Pentecostés, os seus alicerces. A cultura popular expresa a alma do pobo, ao que se quere inxectar a luz do espírito, unha sabedoría moi rica, na que, por exemplo, a música é o seu sentimento máis xenuíno. Este divorcio, impide a madureza das comunidades, que sofren este complexo de non asumir o que lles é propio, limitando a súa capacidade de expresión, autenticidade, solidariedade, nunha palabra, unhas parroquias tatexas e acomplexadas, laiándose de non poder colaborar a arrequentar as raíces de seu. A igrexa ten unha débeda histórica con Galiza, porque dada a súa forza no país, colaborou a soterrar un idioma e unha cultura, que se mantiveron vivos grazas aos labregos, mariñeiros... Non só deslexitimou a súa misión cristiá, agora mesmo segue a recuar, sen colaborar coma institución a esta “hora” de plenitude que está a enxergar o país. Ata rabenando o seu futuro, pois non escoita a voz e a fala do pobo, desoíndo a súa participación activa, nun autismo propiciado por bispos e clero.

- Agora vas e descúlpaste diante deses señores! - Teño que facelo? - SI!, Ou mándote ao director!

12

O comic homófobo pretende influír sobre os pais para evitar a corrupción moral dos seus fillos.


baldomeroiglesias”mero” Que atención á terceira idade?

asrepresiónslingüísticas:

aigrexa

sucedeistoennomedecristo? A min moléstame a falta de seriedade e coherencia diante de moitas inxustizas nas que perseveran e nas que non reparan nin quere reparar. Por iso, por eles dar a calada por resposta, vou dicir o que vou dicir. Pido perdón antes de empezar, e non a eles, senón a ese Deus dos pobos todos, que mira como utilizan o seu nome para xustificar destrucións do entendemento. Tamén o fago polas culpas e omisións que absurdamente abondan, deixando que se convertan en ausencias e polo tanto en faltas. Mais para non incorrer na inercia de calar, debo dicir o que penso. Anque doia. E pido perdón aos que se poidan sentir ofendidos por estas verbas ou ansias que desprendan e pensan que se deben manifestar doutro xeito. Estou a falar da Igrexa Católica como institución cando garda moi ben as aparencias e traizoa a mensaxe daquel home humilde e a aqueles que agardan e confían na Xustiza Divina para que resolva os problemas da vida que, con tanto horror, creamos. Pensei que sería cousa de certo tempo, mais caerían na conta e asumirían o seu papel conciliador. Pero non, e non pode ser, non pode ser certo que esta igrexa estea fóra da realidade social. Non pode ser, porque entón é porque eles mesmos non cren no Deus que proclaman. Nese Creador que, entre outras moitas cousas, fixo tamén a Galicia e deulle o don de se expresar no seu idioma propio. Idioma que eles negan ao non falalo. Nin sequera no seu hábitat natural, no espazo propio, nesta Galicia irredenta. E tamén por culpa deles, moito por culpa deles, que na súa soberbia non o falan e mesmo negan que sexa obra dEl, que o fixo todo. Van así de sobrados, chegando a limitar o poder creador dEl. Exercerán de xuíces da obra de Deus? Negan o dereito de todo un pobo a ser posuidores e herdeiros lexítimos, a ser igual que os demais pobos: propietarios do lles vén dado e do que é deles. Ningún Deus Liberador faría o que eles fan. Iso é un roubo ao que

debemos opoñernos para poñer as cousas no seu sitio, poñéndoos a eles tamén no seu. Restituíndo o que aínda é motivo de usurpación para, ademais da intencionalidade pecaminosa da privación, poidan algún día ser perdoados por El e polo Pobo Galego. Negan, prohiben, ameazan, inducen con actitudes ousadas ou silenciosas para que o noso idioma non poida ser quen é. Desprézano na súa obstinada arrogancia e reticente soberbia. E aquí aparece a igrexa xerárquica, a economicamente poderosa, esa que actúa directamente sobre os países máis pobres sen lembrar os fundamentos do Evanxeo. Porque sucede isto nun pobo pobre e silenciado por medios de ocupación informativa que se autocensuran e derivan os artigos a outros temas máis adormecedores. Sucede na sociedade das rotondas e das présas. Fano a sabendas de que a Lingua e o don da Palabra son dos máis prezados tesouros da nosa especie. Son canles de cohesión social e de integridade, de comunicación. Mais non saben eles que cada lingua é un espello perfecto no que se reflicten os matices máis delicados da alma humana, e a todos se lles ve o plumeiro anque queiran disimular e ocultar -con vergoñosas expresións esperpénticas.

A versión galegófoba está a ser difundida entre os pais e nais dos alumnos de centros de ensino urbanos.

13


Sucede isto, tamén nunha Igrexa atrofiada en tempo e invalidada polos repetitivos erros de aproximación ao ser humano, aos novos horrores do mundo. Tanto se quixeron achegar a un deus, que eles mesmos o construíron para se satisfaceren plenamente, e esqueceron aos humanos e os problemas do día a día, eses que se anovan ao redor dos máis desprotexidos: dos nenos, dos inmigrantes, dos que sofren soidade, dos enfermos, dos avellentados, dos que padecen a Sida, dos afectados por terremotos, maremotos, hipotecas de medo, perversións especulativas, dos que teñen problemas concretos de intolerancia, de maltrato, dos abusados polos bancos, da pederastia, de violencia, de guerras, de terrorismo, de pobreza, de paro, de corrupción, de fame, ...de indixencias nas que a verdadeira Igrexa debería estar advertida e posta a dar exemplo. Aínda así, despois de tantas acórdaseme Franco baixo palio, os caídos por Dios y por España- e de inhibirse en tantas outras como é tan evidente, esa igrexa segue xorda e muda. Xorda para escoitar á sociedade, sobre todo aos máis silenciados, e muda para pedir perdón, de verdade non coa boca pequena, reconciliándose con quen padeceron os enormes sufrimentos causados cando exerceron de delatores e verdugos do ditador. Unha igrexa axeonllada aos ricos e poderosos, aos asasinos, aos mandamais, farsantes e fariseos. Segue aí sen cambiar nada, sen pedir perdón en serio pola súa enorme responsabilidade que, saben ben, non prescribirá nunca e, tamén, polas tantas banalidades e barbaridades que queren minimizar nos problemas da xente do común, negando o dereito á ilusión e a vida irresistible da mensaxe de esperanza daquel Cristo que eles suplantaron. E, con respecto ao tema que nos move, á Nosa Lingua, é algo sinxelo e que non custa cartos, senón vontade: o dereito á vida dos

pobos sobre da morte. O dereito a exercer na diversidade, na nosa fala, que desde a noite dos tempos quere ser, a base de abstinencias, de inxustizas e fames -como a que eles exerceron e aínda exercen. Porque o certo é que carecen da verdadeira razón da súa existencia, que coido debe ser o amor ao próximo de veciño e de preto. E así van, desbocados de tal xeito, que os seus actos lévanos a tales feitos. A súa actitude negativa tamén a espallan confundindo e promovendo a desconfianza e desconsideración cara ao noso maior patrimonio básico, singular e identificador. Desde calquera relixión que se prece de acoller os valores dun pobo, para abondar no coñecemento e no entendemento non só cos seus membros senón tamén co Ser Superior, é necesario que asuman o código expresivo propio da súa xente e propiciar o entendemento antes que a confrontación, poñendo as cousas no seu sitio, claramente. Estabilizando do lado do máis débil, que hai que predicar co exemplo! E é aí onde a diverxencia está máis clara: o galego está minorizado. Non se poden poñer na balanza sen máis os idiomas confluentes. Non, porque sería un encontro amañado, logo de séculos de persecución e silencio que desembocaron nesta enorme ferida de sangue e bágoas. A mesma ferida da que queremos curar e que substituíu a lingua dominante e allea, pola dominada a Nosa. E, sucede isto, no noso propio territorio. O camiño, polo tanto, élles ao revés. Cómpre chamar aos feitos e ao sentido común para devolver cada cousa e cada lingua ao seu sitio. Non se trata de ofrecer liberdade para escoller e agacharnos en consensos (que, ben o saben, neste tema coma noutros, non os vai haber) senón de poñer as cousas no sitio, promovendo a aceptación activa e pasiva dentro do seu interese xeral. Facendo da xustiza un elemento reparador que contesta, se é o

14


caso, e pon rigor científico onde algúns esbardallan. Ah, e lonxe deses cánticos sublimes que no fondo negan calquera formulación revitalizadora da nosa alma, da nosa voz, da nosa esencia deprimida. Isto, terá que se facer despois de recuperar o Todo Cultural que envolve a Lingua, coa firme vontade de levala a cabo e deixarse xa dunha vez desas falacias “harmónicas” que soan moi ben e evitan temporalmente o problema, sen chegar a resolvelo. Ademais neses encontros docemente harmónicos, somos nós o idioma menos protexido, os que pagamos sempre os pratos rotos e as desfeitas, porque dúas linguas nunca conviven de feito, senón nun proceso diacrónico de paulatina substitución lingüística que perpetúa o empobrecemento do máis débil e persevera no esquecemento e no conflito. Resolver o problema é posible se conflúen leis e cumprimento das mesmas, co esforzo de todos para restituír o que corresponde: o Galego como protagonista de Galicia. Que non pode ser doutra maneira, pois a Lingua é o símbolo da nosa supervivencia e representa a liberdade para poder ser e para poder manifestarse libres xa de ataduras e colonizacións culturais que nos fan dependentes e que nos impiden ser donos de nós e encarreirar o noso goberno, o de nós mesmos. Temos que superar esas realidades de espazos perdidos

desde as batallas de tantos séculos escuros. E aí tamén a Igrexa ten que se mollar se quere ser algo e dar exemplo. Porque a esta altura xa é culpable de moitos silencios. Deixáronse levar polas decisións de anacrónicos estamentos dunha igrexa perdida en lamentacións e na representatividade profética de agoireiros e estúpidos, de acomplexados que seguen metendo medo e preconizando o horror. Deben actualizarse para non facer o que fixeron sempre, que cando viron problemas, eludíronos ausentándose, dando a calada por resposta e sen tomar parte. Xa sabemos ese cantar. Lamentable. Lamentable, digo, porque ademais din que fan isto en nome de Cristo. Pois non! Tamén ten que chegar aquí o autogoberno da igrexa. En Galicia a igrexa debe facerse Galega e asumir os seus compromisos. Ser de aquí, con bispos e xestores -non me gusta o de pastores polo que podemos ter de ovellas- que sexan galegos non só para falar galego senón para entender os códigos espirituais que nos moven e que se agochan na intimidade das persoas. E así darlle tamén coherencia á súa mensaxe sen seguir mentíndose e mentíndonos. Romper esa dependencia ruinosa que lle saca a voz e as iniciativas. Debe deixar de ser gris e escurantista, mangoneada por aqueles que xa non saben que o seu lado era o dos pobres. Esqueceron a palabra limpa e liberadora dAquel que resulta non ser xa o que eles crearon, deformado á súa medida, e que agora aínda pregoan!

15


xosélópez Que atención á terceira idade?

A pesada herdanza da ditadura e a ausencia de proxectos sólidos fomentou un panorama dominado polos medios en castelán

sensitioondecontalo

coareceitadaavoa Desde comezos dos anos distintas iniciativas para poder estar setenta do pasado século, cando no mercado e poñer pingas de chegada o mes de outubro, desenvolvemento económico, e nun ducias de mozos galegos collían o clima social no que os movementos “Mantense o tren "Estrella de Galicia" con comprometidos co país daban pasos desafío de acadar destino a Madrid, onde cursaban adiante. A oficialidade instalada nas dunha ilusión os estudos de xornalismo. Outras distintas comarcas marchaba por un ducias máis viaxaban no lado e boa parte do pobo formulaba colectiva de vivir "Shanghái” coa pretensión de preguntas que poucas veces tiñan como galegos, de chegar algún día a Catalunya resposta. Nin as autoridades nin a actuar como para formarse e conseguir un maioría dos medios de comunitítulo de grao en Ciencias da cación tiñan presa por impulsar galegos e de Información, especialidade de mudanzas que abrisen as portas á difundir as nosas xornalismo. Eran tempos liberdade, á participación e á mensaxes en difíciles, sen centro de construción dun proxecto engaioformación de comunicadores en lante. galego” Galicia, e con novas xeracións Desde os púlpitos non se empeñadas na loita contra advertían moitos cambios, aínda daquela ditadura franquista, na que nos poleiros había reflexións defensa da lingua e a cultura que achegaban luz de transforpropias, e no obxectivo de prepararse para formar macións inevitábeis que marcaba a evolución do parte dos cadros capaces de levar adiante un panorama económico e social. Os medios de cambio político no país. comunicación, que trataban de entrar con máis forza Dificultades e esperanzas mesturábanse nos mercados, algúns ata entón moi cativos, investían nun espazo económico marcado polo atraso, con en tecnoloxía e, nalgúns casos, en persoal. O paso do tempo e a necesidade de novos folgos impoñía renovacións contadas para moverse mellor no mercado, cada vez máis presente na vida diaria das xentes do das comarcas do país. Estes pequenos cambios eran as únicas portas que se abrían para os futuros xornalistas, a maioría asentados temporalmente en Madrid e Barcelona. Só algunha iniciativa nova, que buscaba romper o modelo dominante, acendía pequenas luces de esperanza, sempre de curta duración. O "sistema" de medios dominante, co castelán como lingua de comunicación e só con contadas concesións para o galego, asumía a necesidade de mudanzas controladas, pero sen tocar a lingua na que durante tantos anos comunicaran - Vaia! E ti que pensas disto, Susy? - O meu avó díxome que non falase nada do tema até que non saíse da escola.

- A señorita Henn botou a Frankie por dicir “marica”... ouh! Perdón. - Ela cre que o seu xeito de vida é guai... e tamén dixo que Deus os bendicía.

16

O comic homófobo fai referencia a unha presunta represión que impide falar en público de certos temas.


mensaxes oficiais, oficiosas ou, en casos moi especiais, experiencias da vida dos cidadáns. O panorama non daba alegrías aos que esperaban especializada... rompía a monotonía do discurso castelán. O galego, "esa lingua das aldeas", non encontraba camiños polos que transitar con normalidade. Nin nos tempos difíciles, os da ditadura máis dura, nin cando chegou a morte do ditador e a restauración democrática. Só xurdiron semanarios, quincenais, mensuais... Dos que contaban con equipos de profesionais da información, só A Nosa Terra chegou ate hoxe. A finais dos setenta e comezos dos oitenta, polas terras galegas camiñaban profesionais licenciados en Ciencias da Información que demandaban traballo e que, na maioría dos casos, foron entrando nos principais medios galegos do momento, que se editaban en castelán. Alí encontraban lugares para poder exercer a actividade xornalística con certas garantías, pero só coa posibilidade de publicar algo en galego de cando en vez -información pouca e a opinión, na maioría dos casos, estaba reservada a outros profesionais con máis experiencia-. Estes mozos e mozas entraron nas cadeas do traballo nos medios. Moitos acadaron un posto fixo e exerceron o xornalismo, e quedaron atrapados na rede dominante. Algúns, os máis inquedos, compaxinaron o seu traballo diario co lanzamento dalgún medio en galego, a maioría de curta duración. Así se foi tecendo o novo panorama do xornalismo galego, con bos profesionais -xente ben preparada e comprometida-, pero sen moitos medios para contar o que pasaba na lingua propia. Cunha mirada actual, hai que dicir que as responsabilidades do que pasou están compartidas, pero teñen máis aqueles que se atopaban en mellores condicións para crear medios capaces de facer información diaria en

galego. É certo que a herdanza da ditadura pesou moito, pero non é menos verdade que houbo unha evidente ausencia de proxectos sólidos de medios en galego. Sen estes, os xornalistas, ate os máis comprometidos coa lingua e coa cultura galegas, tiñan difícil facer o seu traballo porque non había sitio para contalo. Hoxe hai máis medios. Mudou o panorama, pero menos do que algúns esperabamos. Agora contamos coa radio e a televisión públicas de Galicia, o xornal Galicia Hoxe, o gratuíto LV De luns a vernres, o semanario A Nosa Terra... O mapa de medios ampliouse. Na actualidade non hai só xornalistas preparados en Galicia para contar o que pasa no país e no mundo; hai tamén algúns medios dispostos a explicalo en galego. Por sorte, aquelas vellas ensinanzas sobre a nosa identidade conservadas con dignidade pola xente traballadora do noso pobo -homes e mulleres do rural, do mar...teñen canais para a súa proxección en mensaxes da actualidade. Onte non había sitio para escribilo na lingua de Castelao; hoxe contamos con algunhas ventás. Agora trátase de que o contemos ben e de multiplicar os medios. É algo máis fácil porque, polo menos, temos algúns sitios -aínda que non suficientes- onde facelo. Pero mantense o desafío de acadar dunha ilusión colectiva de vivir como galegos, de actuar como galegos e de difundir as nosas mensaxes en galego. Aínda dispoñemos de poucos sitios para contalo coa receita da avoa.

A versión galegófoba tamén, e á parte suxire que a cultura galega está a desaparecer debido ao cariño que os avós lle profesan aos seus netos.

17


alicialópezpardo

melloríanoensino? dendearepresiónatagaliciabilingüe No final da década dos setenta os escolinos dunha aldea dos Ancares expresan as súas vivencias nun dos pioneiros periódicos escolares que se facían naquelas escolas da montaña, modélicas no espírito de innovación pedagóxica. Unha destas narracións ven a conto para amosar a traxectoria penosa da nosa memoria histórica no que á lingua se refire. Transcribo literalmente o texto libre recollido no mencionado periódico, feito en imprenta manual de xelatina:

escolinos e as súas familias entra nos moldes dunha época aínda non lonxana. Pode causar pasmo tal conducta na persoa dunha mestra, “Tivemos unha pero, conductas deste calibre foron mestra na escola cousa moi normal. Xentes que aínda hoxe son xeración nova, soportaron que por cada aquelas humillacións. palabra que Se nos poñemos a analizar actitudes lingüísticas actuais nos diciamos en galego eidos do ensino podémonos atopar tiñamos que lle dar con moitas e tan graves situacións unha peseta” coma a sucedida nos Ancares. O peor do caso é que isto suceda dun xeito solapado cunha cobertura taimada de inocuidade nos tempos da Lei de “Como nos prohibían falar o Normalización Lingüística, da teoría galego na escola da cooficialidade, e do “bilingüismo Tivemos unha mestra na nosa escola (non digo quen) harmónico”. É asunto serio nestes tempos ter que que por cada palabra que diciamos en galego tiñamos referirnos a unha elevada porcentaxe de ensinantes que lle dar unha peseta. galegos que incumpren o programa oficial no E un día díxolle un neno. emprego do noso idioma. É tamén moi frecuente o -Ai, señorita! Esa lección xa a demos! rexeitamento ao emprego do galego como lingua E ela respondeulle: ¡“Demos” sois vosotros y vehicular. Tal eiva é propia de profesionais que na súa vuestros padres”! traxectoria persoal non medraron nun ambiente de estima pola nosa lingua. Non son froito da Este feito do que dan testemuña os meus normalidade dun pais posicións retortas, ata o extremo de que sexan tantos docentes os que reaccionan á defensiva. Con negada predisposición sofren o galego como unha ruda obriga e víveno coma unha inxusta imposición da Lei. A súa resposta ven sendo vingativa, sendo eles quen lles impoñen aos seus alumnos impedimentos para que acaden a debida competencia no emprego da lingua galega. Deriva a cuestión nun prexuízo sustentado pola permisividade de autoridades educativas. En realidade é un feito difícil de afrontar dado que estes incumpridores falsean datos cando cobren as enquisas de avaliación e nos - Falso! Deus odia a homosexualidade e ben nos advirte na Biblia de que nos manteñamos lonxe dela! E a Biblia é verdade.

- A Biblia ensínanos o que está ben e o que está mal. Hai anos líase nas escolas e os rapaces aprendían o que era o ceo e o inferno.

18

Para os homófobos norteamericanos a causa dos males é a laicización da sociedade.


centros os propios común en persoas compañeiros néganse galegofalantes, que a denunciar estas consiste en cambiar situacións. O certo é submisamente ao que estes ensinantes castelán cando falan que viven como unha con alguén que sendo carga o ensino en galego non emprega o galego e rexeitan a súa noso idioma. É obriga falando de tristemente frecuente “imposición” chegan atopar persoas que ao punto de miraren consideran irrespeccon receo aos tuoso responder en cumpridores da Lei. galego a quen lles fale Estamos cheos de castelán. presenciar situacións O feito máis de familias galegoperigoso destes tempos falantes que aos seus é a recentemente fillos incúlcanlles contranatura o organizada fronte política castelán, por mor de que dan por “Galicia Bilingüe”. Este evento suposto que cando cheguen á saído da aberración e da escola o mestre ou mestra non se manipulación mediática, dunha dirixirá a eles en galego. Estamos falsa interpretación da “E un día díxolle un cheos de ver a día de hoxe nenos realidade, en moitos aspectos neno: Ai, señorita! e nenas, rapaces e rapazas cunha ignorancia profunda. galegofalantes nas escolas, nos Recorre nada menos que a un Esa lección xa a colexios, nos institutos, nas cambio semántico para definir o demos! universidades, nas discotecas, seu lema. A súa ousadía chega a nas rúas... que mudan, de súpeto inverter o significado do termo E ela respondeulle: e dun xeito reflexo, ao castelán ”bilingüismo”. O significado Demos sois en calquera circunstancia fóra do real referido a individuos vosotros y seu ámbito familiar, sempre co capacitados no dominio de dúas senso de evitar o ridículo que linguas pasan a referilo á vuestros padres” senten falando galego. eliminación dunha lingua Aínda en moitos casos esexindo o dereito a non temos que significarnos aqueles aprendela. Neste caso aférranse ensinantes que traballamos con a un dereito mutilante sensibilidade, con formación negándolles aos seus fillos a básica e con coherencia no referente ao emprego oportunidade dun desenvolvemento bilingüe e do galego. Afrontar con normalidade o tratamento claro está en prexuízo do galego. Poden medrar da lingua supón con moita frecuencia enfrontarse sanamente partindo dunha interacción tan a posicionamentos que con toda a naturalidade negativa co propio país que os sustenta? están a frear o emprego do galego nos ambientes Contra tales desalentos, que atrancan o académicos. Quedan abismos para ver desenvolvemento vital do noso país, temos xeneralizadas conductas sanamente experiencias alentadoras florecendo coma evolucionadas en persoas que desempeñan papoulas no ermo. traballos con transcendencia nos ámbitos da Noutra onda móvense abondosos educación. ensinantes con lucidez e senso pedagóxico. Aínda o noso país sofre inconscientes pousos que enchen baleiros moi fondos con prexuízos (“el gallego no sirve”) resentimentos de inferioridade (“no se me da”, “da un aire paleto”), ou complexos e bloqueos (“me gustaría hablarlo pero me da corte”). É do máis normal atopar practicantes do inglés que lle botan canto atrevemento faga falla para chapurrealo sen reparos, pero cando se trata do galego “les cuesta un montón expresarse”. É sintomático e penoso o feito, tan Para os galegófobos a identificación do galego co portugués e a proxección internacional da nosa lingua é un auténtico pesadelo.

19


Son os ensinantes humanistas que que o desenvolvemento da con sabedoría e responsabilidade persoa só pode darse dun xeito dinamizan unhas aulas cheas de integral, que o desenvol“Noutra onda vida, dende o enriquecemento vemento lingüístico é que supón para toda criatura substancial nun harmónico móvense abondosos medrar inmerso na súa cultura, medrar. Do mesmo xeito saben ensinantes con con apertura á diversidade o que supón para os nenos de lucidez e senso universal dende a valoración da orixe galegofalante, conscientes propia. Son os ensinantes que do menosprezo que sofre a súa pedagóxico” saben da importancia decisiva da fala, sentir a valoración da fala estimulación temperá para o dos seus. Entenderon que só desenvolvemento dunha ampla estes nenos poden medrar na capacidade lingüística, para autoestima afianzándose na fala facilitar a aprendizaxe de silenciada dos seus seres diferentes idiomas. Saben a fondo de canto se lles queridos. Comprobaron como isto só pode enriquece aos nenos castelán parlantes co natural suceder cando o galego é lingua vehicular na súa desenvolvemento no idioma galego a partir dos escola, no seu instituto ou universidade, cando primeiros anos. Só dende esta apertura se pode calquera materia se aprende nesta lingua. Son acadar a competencia bilingüe e favorecer un estes os docentes capaces de transmitir o amplo dominio doutros idiomas. sentimento de vivir campantes Son estas as actitudes cando nos expresamos nela. fomentadoras de auténticos Quédanos confiar na posibilidade valores universais, comezando de que o labor deste ensinantes pola sensibilidade, o aprezo á transcenda cos merecidos froitos. diversidade e á tolerancia. Saben

20


xosémanuelsarille

O texto que a continuación se reproduce é o comezo do capítulo primeiro do ensaio sobre a lingua galega “A impostura e a desorientación na normalización lingüística”, escrito por Xosé Manuel Sarille, ex presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, editado por Candeia editora e que saíu do prelo no mes de decembro de 2007.

noquesedestacanosproblemasprincipaisda

políticadelingua Estamos a mediados de 2007. Hai trinta e dous anos que morreu Francisco Franco e vinteseis que se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galiza. Durante este período producíronse acontecementos excepcionais para a lingua galega. Incorporouse a ámbitos dos que estaba excluída, mais perdeu falantes progresivamente e amosou unha grande debilidade para acceder aos novos espazos que a sociedade orixina. Observando a tendencia descendente no número de usuarios do galego, firme e sostida sen matices, e fixándose na política desenvolta durante estes anos de democracia é posíbel prever que a caída de falantes non se parará até descender a porcentaxes moi baixas. A lingua é xa minoritaria en Galiza, está en caída libre e entre as xeracións máis novas comeza a ser residual. Pode intuírse que entre estes falantes de porcentaxes residuais, do dez ou quince por cento, o mantemento da lingua farase resistente e a convicción para mantela e usala será máis forte, porque ese será xa un sector endurecido, onde factores como a conciencia de idioma, conciencia nacional e en definitiva as posicións ideolóxicas serán determinantes á hora de utilizar conscientemente a lingua. Este escenario é xa inevitábel. Daquela a pregunta que xorde é se resultará posíbel cambiar a tendencia desde aí. Se será posíbel iniciar a recuperación desde tan abaixo e gañar falantes no

resto da sociedade. Se até a actualidade non se logrou mudar a tendencia, tería que producirse un cambio moi significativo no sentimento de identidade, e sen contar cunha hipotética convulsión social, por outra parte non desexábel, ningún síntoma nos indica que vaian aparecer novos factores no horizonte que poidan variar a tendencia. O futuro inmediato anúncianos unha porcentaxe de falantes moi semellante á de Euskadi no remate da ditadura, coa diferenza de que en Galiza non está activo ningún resorte nas actitudes cara a lingua que poida permitir o comezo da recuperación. Nestes trinta anos a sociedade galega cambiou cualitativamente, talvez como nunca ao longo da súa historia. Unha sociedade rural e atrasada, cuxo idioma era o galego, converteuse en urbana, alfabetizouse e integrouse no chamado Primeiro Mundo, con todas as consecuencias que diso se derivan. Galiza fíxose máis rica e tivo medios económicos suficientes para transformar socialmente o idioma. Houbo diñeiro para planificar e para practicar políticas que transformasen a situación de inferioridade. Coa aprobación da Lei de Normalización Lingüística estableceuse un pacto. Talvez sexa moita cousa dicir que se estableceu un pacto, mais formalmente é verdade que se consideraba así. Todas as forzas políticas asumían que o idioma galego era

21


un compromiso colectivo que como tal había que Hai que pertencer ao club dos ricos para acadar esta tratar, aínda que fose despois de desbotar no meta? Pertence a el Galiza? Estamos na metade do Parlamento as medidas de control do proceso que no camiño. Hai capacidade económica pero as secuelas do primeiro borrador de lei atraso permanecen enquistadas na aparecían. A normalización deficiente estruturación da lingüística pasou a formar parte sociedade galega. Esta realidade das tarefas pendentes de Galiza. impediu elaborar políticas “Hai que pertencer Así se declarou insistentemente, consistentes. Pasa o mesmo que porque os representantes dos noutros sectores. Ademais a pouca ao club dos ricos cidadáns o decidiron e porque conciencia do que significan as leis para acadar esta estes consideraron que era o e as normas é un verdadeiro meta [a normalimandato do pobo galego. a t r a n c o . Po r o u t r a b a n d a Normalizar unha lingua é predomina a desorientación sobre zación lingüística]? moi caro. Os países do Terceiro cara a onde se quere camiñar. Estes Pertence a el Mundo non teñen recursos para son os principais problemas da facelo. Pero ademais carecen do política lingüística, despois da falta Galiza? Estamos na desenvolvemento preciso para de compromiso co idioma. metade do afrontar unha tarefa que é camiño.” complicada. Esta tarefa, tal como A primeira causa da minorización do nós a concibimos, só é posíbel galego é a presión secular do afrontala nas sociedades español e da súa cultura. Pero complexas. De feito as principais desde hai máis de vinte anos as leis experiencias leváronse a cabo en e o diñeiro poderían ter permitido países democráticos e con alta disposición un cambio de tendencia. As dificultades endóxenas son económica, o Quebec, Suíza, Bélxica, Cataluña, pois fundamentais. Nunca en todos estes anos houbo Euskadi e o caso especial de Israel. A normalización claridade sobre a planificación e menos aínda sobre a require vontade política, mais esixe tamén un alto organización, non se soubo establecer unha política grao de eficiencia social e unha alta especialización precisa de lingua por parte de ningunha das tendencias técnica na intervención. políticas..

22


- Iremos ao Ceo porque os nosos nomes están no Libro da Vida. Non é, Susy? - Si! Porque ti elixiches ben.

- Teño mágoa de todos eses nenos que van enganar para crer que está ben ser marica e non crer en Xesús. Porque ningún dos seus nomes estará no Libro da Vida.

...e a copia

O orixinal...

Vestidos do que quixeren, homófobos americanos e galegófobos “galegos” dificilmente poden ocultar que representan unha reedición da extrema dereita sociolóxica e política en ambas sociedades.

Unha extrema dereita que, grazas á vitoria conservadora do 1 de marzo de 2009, en Galiza se atopa ben asentada no poder autonómico.

23


manolopeleteiro

ogalodoseñoritodonmariano Nunha pequena aldea da provincia de Ourense hai un pazo no que viviu o señorito don Mariano. Vivía só. Era solteiro. Tódolos días ía á capital reunirse cos da súa tertulia e sempre viña ben entrada a noite. As terras traballáballas un xornaleiro chamado Antonio, o Palermo, e para as faenas da casa estaba Gloria, que se ocupaba tamén da facenda: porcos e galiñas. O pazo tiña unhas normas moi severas:

colleu o galo, abriulle a boca e cunha tesoira cortoulle a lingua, e logo botoulle un chisco de augardente “-Don Mariano, para curarlla. Cando Gloria chegou para acomodar as galiñas viu o galo ¿qué le pasa al no medio do galiñeiro coa testa gallo? baixo as ás, deitado, e tódalas galiñas acoradas ó redor. Colleu o -Le corté la lengua galo no colo pensando que tiña a porque me pebida, e abriulle a boca e non lle molestaba; Ni canta viu a lingua. Marchou chorosa para a casa, toda nervosa. Á mañá bien ni canta como madrugou e foi ó galiñeiro. O galo debe. ” seguía igual; intentaba cacarexar pero non lle saían máis que golpes de voz coma se tivese zalupa. • O señorito sempre sería Agardou a que o señorito don tratado de don e nunca se Mariano se erguese para almorzar e tutearía. tan tola estaba que lle espetou de súpeto: • A el sempre se lle falaría en castelán, con -Don Mariano, ¿qué le pasa al gallo? respecto. Nas habitacións, cuartos e -Le corté la lengua porque me molestaba; Ni comedor non se entraría máis que para canta bien ni canta como debe. limpalo. • O xornaleiro e a criada comerían na cociña despois de que comese o señorito. • O señorito sempre tiña a razón, nunca se lle podería contradicir. • Cando se lle escapase un arroto pola boca ou polo outro boqueiro debían dicir “con salud los eche, señor”. • Contentaríanse co que se lles daba, que bastante tiñan co favor que se lles facía ó traballar no seu pazo e que comesen alí. • O señorito era o señorito, non era un veciño calquera, e por iso debía ser respectado.

O señorito don Mariano tíñalle teima ó galo. Non lle gustaba que cantase nin que galase, nin que chamase polas galiñas. O que máis lle molestaba é que cando chegaba ás tantas da noite e prendía a luz o galo cantaba e avisaba ós veciños de que chegaba o señorito don Mariano das súas esmorgas. Un día non aguantou máis. Entrou no galiñeiro,

24


-E logo quere que cante como a vostede lle gusta? Cada un é como é, e non como o outro quere que sexa. Non ve as galiñas? Están tristeiras, o galo é que as arrecada, as defende, as alegra co seu canto... -Le traigo un pato, que no canta. -Vostede non sabe o que di. -¿Cómo te atreves tú, que no saliste de tu casa, que no hablas más que como los animales, que no tienes educación... a darme a mí lecciones? ¡A mí, que estuve en

la Argentina y me relaciono con la gente de bien! -Pois, sabe o que lle digo? Aí lle queda o almorzo na cociña. Eu “Pobriño, canta voume para a miña casa, xa brutalidade! (...) que aquí lle estorbo como o galo. O galo lévoo comigo, a A ti cortáronche a ver se o curo e lle devolvo a lingua, e a min non alegría ó galiñeiro. Don Mariano botou un peido. ma deixan usar!” Dende a porta a Gloria berroulle: -Con salud los eche, señor!- e por baixo seguiu- os fígados, mala entraña. Colleu o galo no colo e agarimándoo coa man dereita na testa levouno para a súa casa. Polo camiño faláballe ó galo, dándolle azos: -Pobriño, canta brutalidade! Que animal! Estorbábaslle, corazón! A ti cortáronche a lingua, e a min non ma deixan usar! Non pensan nas túas compañeiras nin na alegría que lles dabas e nos dabas, nin na axuda que ofrecías. Quere que todos sexamos como a el lle peta. Estes son así. Todo o que lles estorba elimínano. Para eles o mundo é o que lles gusta, e mantén os seus privilexios. Gozan facendo o mal. Bó é o que lles favorece. Malo o que lles molesta. E se llo fixeran a el, gustaríalle? Non teñen máis defensa nin razón cá xostrega e o coitelo. Anda, meu rei, heite coidar coma un meniño. Traereiche compañeiras, faremos un galiñeiro novo e xa verás como has cantar outra vez. Eu tamén che estorbo no pazo, na escola, na igrexa, no concello, na capital, na sociedade dos señoritos. Xa verás como cantaremos no amencer novas cantigas de compaixón e tenrura, de humanidade e dozura, de paciencia e xenerosidade.

25


26


Con dor láiome Adormecida no tormento dos meus soños miro os garfos e forcadas, as bestas as feras e os demos. Na noite moura das idades vivo esperta con insomnios mais aqueles que me falan ben sofren e padecen sen descanso no seu sono. Ando a soas ben calada. Imbuída en pensamentos, pola noite e polo día. Ben calada. Quen de min chora os estropicios que fixeron caciques mequetrefes Fillos traizoeiros que me negan, doéndome no máis fondo do meu ser. Dende o mesmo día que tiven a mala sorte de telos que parir esta dor sanginolenta do espírito róeme os meus osos e os miolos.

Compañeiros vellos e meniños: eu só vos pido que faledes as miñas verbas a cotío. Socorrédeme deste enterro de hai séculos. A esta vella prematura, que aínda é moza nova libremente na súa terra quer que a respecten e non a deixen maltratar. Erguédevos na miña defensa, que é tamén a vosa, co lapis, coa pluma, co papel, con respecto á universal cultura. Irmaus, erguede o berro, o pau e máis o ferro se é preciso, Con rabia e con firmeza, facendo rexurdir verbas novas e máis vellas. Dende os tesos e as ladeiras, corredoiras e camiños, vilas, cidades e aldeas. Con fonéticas roucas da montaña, con seseo e gheada da ribeira. Falade entre todos o galego. Os pais, os fillos, os avós, os netos, os mozos, as mozas cando son namoradeiros. Falade galego con termos de hoxe, no mundo moderno, con orgullo e arraigo de ser galegas e galegos. Faládeme dende a montaña ata a ribeira. Sacádeme do meu involuntario encadeamento. Eu non quero esta cadea. Quero ir convosco para sempre. (Diste xeito semella que me atope viva dentro dun cadaleito. Négome de cheo a asistir ao velorio, e moito menos ao enterro.) Lourenzo Díaz García

27



Que Quede Quen o Conte número 4