Page 1

¿QUÉ SON AS TÉCNICAS DE ESTUDIO? Son un conxunto de ferramentas, fundamentalmente lóxicas, que axudan a mellorar o rendemento e facilitan o proceso de memorización e estudio. DIFICULTADES NO ESTUDIO 1- - Estudio atropelado, nos derradeiros días 2- Confundir “Entendo” con “Seino” 3- Dificultades de concentración. Falta de control da imaxinación 4- Problemas de comprensión Tes que ir investigando ó longo da propia vida académica sobre os diversos métodos e técnicas que favorecen o teu estudio persoal. Pero que ninguén pense que as técnicas de estudio son a panacea ou que poderán suplir a falta de esforzo por concentrarse ou a necesidade de adicarlle o tempo suficiente FACTORES QUE FAVORECEN A TÚA CONCENTRACIÓN

ORGANIZA E PLANIFICA O TEU TEMPO -A elaboración do plan Tomarás en consideración que: -

-

-

Boa alimentación

Control das posturas

Actividade física

Favorece a implantación dun horario persoal de traballo. Estudiar é un traballo intelectual autónomo que permite o deseño de horarios particulares para a consecución de rendementos óptimos na asimilación de contidos.

O estudio debe ser tódolos días á mesma hora. Durante a mañá apréndese máis rápido e olvídase antes. Pola tarde apréndese máis amodo e tárdase máis en esquecer. As horas que debes dedicarlle ao estudo dependen da túa capacidade e da dificultade das materias. É preferible cambiar de materia cada 40 minutos aproximadamente e descansar 5 minutos entre unha e outra. Convén comezar con materias ou traballos de dificultade media, continuar coa máis difícil e terminar coa máis fácil. Ter a man o horario de clase antes de elabora-lo plan. Non deixar atrás ningunha materia.

Descanso O estudio leva consigo actividades variadas ás que terás que dedicar algún tempo: -

Repaso dos temas traballados en clase. Finalización de tarefas incompletas. Preparación de traballos para o día seguinte. Realización de lecturas de ampliación e profundización. É imprescindible ter todo preparado e saber qué se vai a facer antes de comezar.


TRUCOS E TÉCNICAS PARA ESTUDAR MELLOR Debes coñecer tódolos métodos de estudio posibles e, entón, escoller o máis favorable para ti mesmo.

SEMPRE: 1.Prelectura: é esa ollada inicial que tes que lanzarlle a un texto para facerte unha idea global daquilo que trata. É o paso previo á lectura comprensiva. 2.Lectura comprensiva:

O fundamento desta técnica consiste en resaltar doutra cor aquelas series de palabras que teñen sentido. Non se recomendan máis de dúas cores e tamén se pode substituír a raia por recadros ou corchetes para sinalar parágrafos enteiros ou frases que consideremos de capital importancia. Se subliñas un libro debes facelo con lapis para non deterioralo. C-Esquema O esquema débeche servir para que cando estudes sexa suficinte con observar e reter o que escribiches nel. A confección dun esquema vaiche a resultar sumamente simple si de antemán sabes: -Idea xeral = Título

LEER ENTENDER- COMPRENDER APRENDER Les para aprender e, para aprender, necesitas comprender e reter o que liches.Para entender e comprender, necesitarás prestar atención ao contido do que estás lendo.

DESPOIS DISTO PODES SEGUIR O MÉTODO QUE A TI CHE RESULTE MELLOR: A.Notas á marxe: expresan a idea xeral de cada parágrafo ou apartado analizado e escribiralas na marxe esquerda do texto. Para levar a cabo esta técnica deberás saber con exactitude cales son as ideas principais. B.Subliñado:Chegado o momento de subliñar debes ter moi presente que: -Xamais o farás durante a primeira lectura. -Si podes realizalo na segunda lectura, simultaneamente ás notas marxinais ou posteriormente. -As palabras subliñadas contestarán sempre ás notas á marxe, son as respostas mesmas.

-Ideas principais= Notas marxinais -Ideas secundarias = Subliñado -Ideas detalle= Exemplos, .... Os tipos de esquema son: SANGRADO - Idea xeral - Idea principal - Idea secundaria - Idea detalle - Idea principal - Idea secundaria - Idea detalle CHAVES Idea principal

Idea secundaria

Idea detalle

Idea xeral Idea principal Idea secundaria

Idea detalle


NÚMEROS 1.

Idea xeral 1.1. Idea principal 1.1.1. Idea secundaria 1.1.1.1. Idea detalle 1.1.2.

2.

Idea secundaria 1.1.1.1. Idea detalle

1.2. Idea principal Idea xeral 2.1. Idea principal

D- resumo:Pautas a seguir para resumir dun modo eficaz e sistemático: 1. Lerás o tema con maior detención, de xeito que nada escape a túa comprensión. 2. Realizarás o subliñado, xa sabes como facelo. 3. Escribirás nunha folla aparte o anteriormente subliñado uníndoo mediante as necesarias preposicións e conxuncións. 4. A extensión do que escribas nunca será superior a un tercio do orixinal. 5. Só empregarás os puntos e aparte nos mínimos casos en que o consideres imprescindible. Tes que facelo ti mesmo, se queres avanzar

E- Memorización LETRAS A. Idea xeral A.a. Idea principal A.a.a. Idea secundaria A.a.a.a. Idea detalle A.b. Idea principal A.b.a. Idea secundaria A.b.a.a. Idea detalle B.

Idea xeral

Debes ter unhas ideas moi claras respecto ó acto de memorizar: Debes ter confianza na túa propia memoria. Comprender antes de memorizar. Empregar o sistema de descansar uns minutos antes de seguir memorizando, cando leves un bo rato estudando. Empregar o método de memorización comentado, seguindo estes pasos ordenados: 1-Lectura rápida da lección ou pregunta que se quere aprender. 2.Lectura detida do anterior. 3.Subliñado dos puntos importantes. 4.Esquema escrito da lección ou pregunta, seguindo as pautas do subliñado. Comprensión e reflexión sobre dito esquema.


5.Elaboración do resumo. 6.Repetición oral e escrita do esquema -resumo ata aprendelo

O estudo é unha actividade que debes realizar tódolos días. Non debes pretender ser estudante a tempo parcial e pretender obter bos resultados co mínimo esforzo.


Pautas estudo becerreá as nogais