Page 1

Os estudos nos conservatorios superiores de mĂşsica


Os estudos nos conservatorios superiores de música Que finalidade teñen as ensinanzas de música? As ensinanzas de música teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música.

Que duración ten cada especialidade? Os estudos teñen unha duración de catro anos en todas as especialidades e os itinerarios dos novos plans en proceso de implantación. Que título se obtén ao remate dos estudos? Os estudos superiores de música conducen a un título superior, equivalente para todos os efectos aos de licenciatura ou grao universitario, ou equivalente. Cal é a oferta educativa actual nos conservatorios superiores de música en Galicia? Hoxe conviven os plans de estudos antigos, en proceso de extinción, e os novos, que se veñen implantando progresivamente desde o curso 2010-2011. A nomenclatura antiga só recoñecía especialidades, entanto que a nova recoñece especialidades e itinerarios. Na práctica, en ambos os sistemas, o alumnado pode cursar as seguintes especialidades cos seus correspondentes itinerarios, de ser o caso: 

 

Comúns nos conservatorios superiores de música da Coruña e Vigo: canto, clarinete, composición, contrabaixo, fagot, frauta traveseira, guitarra, óboe, pedagoxía, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola e violoncello. Específicas do Conservatorio Superior de Música da Coruña: acordeón e jazz. Específicas do Conservatorio Superior de Música de Vigo: instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, e musicoloxía.

Cales son os requisitos de acceso ás ensinanzas superiores de música? Para acceder ao grao superior dos estudos de música débense cumprir os seguintes requisitos: 

Ter o título de bacharelato ou titulación equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou superar unha proba de

madureza específica para maiores de 19 anos que acredite que se posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, as habilidades e as aptitudes que cómpren para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas. Superar unha proba ordinaria específica da especialidade á que se pretenda acceder, mediante a que se acredite a posesión das competencias previas necesarias para o aproveitamento destas ensinanzas superiores. A posesión do título profesional de música fará parte da cualificación final da proba específica, ponderándose nun 40 % do valor da cualificación final.

Máis información en 

A que ámbitos profesionais se pode acceder ao rematar os estudos superiores de música? As persoas tituladas superiores en música nas especialidades que se ofrecen na Comunidade Autónoma de Galicia poden exercer nos seguintes ámbitos e, en xeral, como profesionais de calquera outro relacionado coa música que requira do seu grao de capacitación e especialización: 

 

 

  

Interpretación en formacións e agrupacións propias do seu ámbito (orquestras, agrupacións de cámara, solistas, etc.). Dirección de agrupacións (orquestra, coro, banda, etc.). Composición de música, tanto para o ámbito tradicional do concerto como para os medios de difusión masiva. Dirección de arranxos musicais. Docencia das correspondentes especialidades ou xeneralista en universidades, conservatorios, centros de ensino obrigatorio, escolas de música e similares. Edición científica de música. Xestión de patrimonio musical. Investigación, crítica en medios de comunicación xeral ou especializados, e asesoría musical.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial Edificio Administrativo San Caetano. 15781 – Santiago de Compostela Tel.: 981 546 555 / 981 546 556 Fax: 981 546 551 www.edu.xunta.es/web/node/2534 Conservatorio Superior de Música de Vigo. Manuel Olivié, 23. 36203 Vigo. Tel.: 986 471 144 Fax: 986 481 807 www.conservatoriosuperiorvigo.com/ cmus.vigo@edu.xunta.es Conservatorio Superior de Música da Coruña. Manuel Murguía, 44. 15011 A Coruña Tel.: 981 141 295 Fax: 981 140 655 www.csmcoruna.com/ cmus.coruna@edu.xunta.es


musica  

musica, ensinanzas

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you