Issuu on Google+

Nota de prensa: Catálogo de Nadal, “Regalemos galego” O CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral elaborou un catálogo de regalos en galego para este Nadal 2008 (válido tamén para o resto do ano). Este catálogo leva por título “Regalemos galego” e pode verse, polo de agora, na Galería da páxina web do noso centro http://centros.edu.xunta.es/cpivicenteoterovalcarcel/galeria/. Na elaboración do mesmo participou alumnado de 3º e 4º da ESO, sendo promovido polo Equipo de Normalización e o Equipo de Biblioteca. Ten diferentes seccións: xoguetes, música, cine, novas tecnoloxías, roupa, libros, xogos en rede e tradicionais... e remata coa Carta aos Reis Magos. O obxectivo é achegarlles aos pais e nais do noso alumnado ideas para que fagan normal tamén o uso do noso idioma nos xogos dos seus rapaces e, por outra parte, mostrar aquilo que existe en galego, e que non ten visibilidade social. O catálogo é tan só unha pequena mostra, mais agardamos que poida ser completado e aumentado en sucesivas edicións. Tamén serve para facer visible que o galego está fóra de moitos xoguetes utilizados polos nosos nenos: bonecas, xogos de consolas, a maioría dos xogos de mesa... O último día de escola antes das vacacións de nadal entregaráselle unha mostra impresa a cada alumno/a. Equipo Directivo do Cpi Vicente Otero Valcárcel de Carral


Regalemos galego