Guía do usuario 2021-22

Page 1

BIBLIOTECA JOSÉ FONTENLA LEAL GUÍA DO USUARIO

Curso 2021-22

1


ÍNDICE

1. BENVIDA 2. HORARIO 3. QUE PODES FACER NA BIBLIOTECA? 4. NORMAS XERAIS E HIXIÉNICO-SANITARIAS 5. ORGANIZACIÓN 6. COMO ATOPAR UN FONDO? 7. EMPRÉSTITO 8. DIRECIÓNS DOS ESPAZOS VIRTUAIS

2


1. BENVIDA

Benvidos á biblioteca do CMUS Xan Viaño (Ferrol) da que o Bruxo Xanvi é a mascota. Este curso o equipo de biblioteca está formado por Isabel Sanjuán, Iria Hevia e Águeda Gutiérrez. Estamos para axudarte.

2. HORARIO A biblioteca abrirá namentres haxa clases. Poderás atopar o horario no taboleiro e no blog da biblioteca.

3


3. QUE PODES FACER NA BIBLIOTECA ? SERVIZOS * Empréstito a domicilio de fondos. É necesario ter o carné da biblioteca ou número de usuario en MEIGA. * 15 postos de lectura, escoita ou estudo en sala (máx. unha hora). O profesor con garda en biblioteca levará un rexistro dos usuarios. * Facer desideratas (recomendacións á biblioteca de compra de fondos). Envía un correo á biblioteca ca túa. QUERES COLABORAR CONNOSCO? Existe a posibilidade de participar no programa “Voluntariado na biblioteca escolar”. Se queres informarte podes falar directamente coa persoa responsable este curso da biblioteca (Águeda) ou enviarnos un correo a través do formulario de contacto do blog. Se clicas na icona accederás á información sobre este programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares

4


4. NORMAS XERAIS E HIXIÉNICO-SANITARIAS É moi importante que respectes todas as normas. Estarán expostas no taboleiro da biblioteca e no apartado informativo do blog. Debido á situación hixiénico-sanitaria lembra tamén:

Aforo máximo de 15 postos de traballo para o alumnado.

Emprego obrigatorio de máscara.

Hixieniza as mans ao entrar e ao saír da biblioteca.

Podes sentarte nos postos sinalados. Máximo 1 h.

Non compartas material con outros usuarios e mantén a distancia de seguridade.

Limpa o teu posto cun pano e solución desinfectante antes e despois.

O material devolto permanecerá en caixas identificadas e illadas un día antes de volver aos andeis. Fonte: freepik 5


5. ORGANIZACIÓN DO FONDO

6


Os fondos están colocados nos andeis segundo as diferentes materias que podes ver na lenda do plano. Un código de cores nos andeis e nas etiquetas axúdanos a distinguilos. Ademais de partituras e libros, tes a túa disposición variado material audiovisual. A ETIQUETA É o adhesivo que atoparás no lombo de todos os fondos da biblioteca. Nela está escrita a sinatura que pode seguir dúas posibilidades de clasificación:

No primeiro caso, as letras indican a materia e abaixo a orde do fondo no andel. No segundo caso indican a materia, as tres primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas e as tres primeiras letras do título en minúscula sen alfabetizar, é dicir, sen ter en conta artigos nin numerais.

7


QUE MATERIAS PODO ATOPAR? ESPECIALIDADES INSTRUMENTAIS A. ACORDEÓN AR. ARPA C. CANTO CA. CLARINETE CB. CONTRABAJO F. FAGOT FR. FRAUTA G. GAITA GT. GUITARRA OB. OBOE

CÁMARA, CORO E ORQUESTRA MC: CÁMARA MC.D: Dúos MC.T: Tríos MC.C: Cuartetos MC.Q: Quintetos MC.S: Sextetos MC.SE: Septetos, octetos, etc… MC.AD: Agrupacións diversas CR: CORO O.B: BANDA O.C: ORQUESTRA DE CORDAS O.S: ORQUESTRA SINFÓNICA

P. PERCUSIÓN PI.PIANO S. SAXOFÓN TB. TROMBÓN TP. TROMPA TPA. TROMPETA TU. TUBA VA. VIOLA VL. VIOLÍN VN. VIOLONCELLO

Dentro de cada especialidade podemos atopar:

CM: COMPOSICIÓN CM.A: Análise CM.C: Composición CM. CO: Contrapunto CM. H: Harmonía CM.I: Instrumentación CM.V: Varios A.I: Acompañamento e improvisación.

C: complementario D: dúos, tríos, etc… E: exercicios e estudos M: métodos e tratados O: e orquestra P: e piano S: só Exemplos: A.P: unha partitura de acordeón e piano. VL.O: unha partitura de violín e orquestra.

H: HISTORIA H.A: Historia da arte H.B: Historia - Biografías H.M: Historia da Música H.V: Historia – Varios IN: INTERPRETACIÓN

MATERIAL DE CONSULTA EN SALA L: LINGUAXE MUSICAL: M: Manuscritos, libros antigos e outros L.D: Linguaxe musical. Ditados exemplares valiosos (necesita permiso do/a L.E: Linguaxe musical. Entoación Coordinador/a de biblioteca) L.L: Linguaxe musical. Lectura P.P: Publicacións periódicas L.R: Linguaxe musical. Ritmo R.C: Catálogos, guías, anuarios, etc… L.T: Linguaxe musical. Teoría R.D: Dicionarios R.E: Enciclopedias LI: LITERATURA LI.MU: Literatura Musical LI.I: Sección Infantil PE: PEDAGOXÍA R.M: RECURSOS MUSICAIS OUTRAS: J: Jazz O: Ópera Z: Zarzuela

8


6. COMO ATOPAR UN FONDO? No caso das materias teóricas (amarelas) e literaturas (laranxas), se coñeces o autor podes buscalo no andel correspondente á materia polo seu primeiro apelido. No resto de materias recomendamos que consultes no catálogo a súa orde no andel para localizalo se non a coñeces.

CONSULTA DO CATÁLOGO EN INTERNET

Podes consultar o catálogo de fondos en: www.opacmeiga.rbgalicia.org (no campo “biblioteca” selecciona “Ferrol”- “centro de ensino”“Conservatorio Profesional de música”).

Tamén temos un acceso a el desde o blog da biblioteca: http://www.bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com

9


7. EMPRÉSTITO A maioría dos fondos da biblioteca podes levalos a casa para lelos ou escoitalos tranquilamente. Isto é o que chamamos un empréstito. Os empréstitos e as devolucións fanse nas horas en que a biblioteca está aberta. QUE FONDOS PODES EMPRESTAR E CALES NON? Podes emprestar case todos agás o material de consulta (revistas, dicionarios, enciclopedias, guías…) e os manuscritos, libros antigos e outros exemplares valiosos (con sinatura “M”, require permiso da responsable de biblioteca). CANTO TEMPO PODES TER UN FONDO? Podes levar un máximo de 3 fondos durante 5 días. Tamén podes renovar os fondos se non estean reservados e reservar material que estea emprestado. O material debe devolverse no prazo acordado e en bo estado. COMO SE REALIZAN AS DEVOLUCIÓNS? É necesario entregar o fondo ao profesor encargado da biblioteca nese momento. Este devolverá o fondo no programa MEIGA e o fondo pasará a corentena. PODO CONSULTAR MATERIAL NA BIBLIOTECA? Por suposto, mais debido á situación sanitaria lembra manipular só o material imprescindible e cando remates a túa consulta, avisa ao profesor de garda para poñer o material nas caixas de corentena.

Se tes calquera dúbida, o profesor de garda pode axudarte. 10


8. ESPAZOS VIRTUAIS E CONTACTO Email:bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com

bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com

@bibliotecajfl

A biblioteca e todo o que atopas nela é de todos, cóidaa.

11