__MAIN_TEXT__
feature-image

Page 1

cantus BOLETÍN ESCOLAR

Nº 4 - DECEMBRO DE 2010 - ANO I

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS

ADMINISTRACIÓN

Bota andar o curso 2010/2011 Este novo curso 2010/2011 botou andar o pasado 15 de setembro con novos obxectivos e expectativas que cumplan a máxima de mellorar ano tras ano a calidade do servizo prestado pola Escola Municipal de Música Magariños. A Escola, conta cada vez cunha maior visibilidade social dentro do Concello de Brión, cun centro distinguido na avenida de Santa Minia, e chega de acadar neste 2010/2011 a barreira dos 300 alumnos en termos absolutos que pasaron polas súas aulas dende o curso 2008/2009. Este logro ven ademáis a afianzar os obxectivos de cada vez conseguir unha maior fidelización do alumnado que ven no centro un espazo non só para o coñecemento e divulgación musical senón para a formación en valores dun alumnado moi eclético tanto en idade como en formación musical.

O curso 2010/2011 presentou unha matriculación total de alumnos de 192 o que supón un incremento case do 5% con respeto ao curso anterior e bate o récord de solicitudes recibidas nun curso escolar. En total a carga lectiva total distribuese en 527 matrículas nas distintas asignaturas troncais e obrigatorias que se ofertan no plan pedagóxico. En relación os alumnos que fixeron a reserva de praza con respeto ao curso anterior tamén notouse un incremento arredor do 7% o que afianza a tendencia dos últimos anos medrando no periodo de permanencia no centro do alumnado. Analíticamente o curso 2010/2011 presenta os seguintes datos:

segue na páxina 2>>

CONTIDOS Administración - Paxs. 1 - 2 Pedagoxía - Paxs. 2 - 3 Os nosos músicos - Pax. 4 Curiosidades - Pax. 4 Música e Movemento e Obradoiro de Pre-Iniciación Musical

Textos: Departamento de Coordinación Pedagóxica Deseño e Maquetación: Julio Mallo. ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS

Avenida de Santa Minia, nº 70 15865-Brión - A Coruña Teléfono: 981 50 99 03 escolamusica@briondixital.org

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

1


ADMINISTRACIÓN << ven da páxina 1

PEDAGOXÍA

Maurice André: Unha vida adicada á trompeta

Maurice André é un trompetista francés nado en 1933 nunha poboación mineira do sur de Francia. A súa figura constitúe un mito vivinte no mundo dos trompetistas, onde o consideran un dos mellores trompetistas dos últimos tempos. A sua vida está bastante difundida no seu gremio e forma parte do seu mito, o de aquel neno que abandonou a mina e refuxiouse na trompeta para mellorar os seus problemas de saúde. Se hai una palabra que defina o estilo de Maurice André, esta é a calidade, calidade técnica é expresiva que non se destacara na trompeta ata mediados do século XX, a cal esta maneira de tocar é interpretar na trompeta recibiu o nome de escola francesa, onde se toma coma referencia en todo o mundo dos trompetistas clásicos. En resumen que se tiveramos que representar cun nome, o estilo da trompeta clásica, este sería o de Maurice André.

PEDAGOXÍA

Canadian Brass, o primeiro quinteto de metáis 1970, foi a data da sua fundación en Toronto (Canadá). Estes cinco virtuosos, fixeron da música de quinteto de metáis un vehiculo excitante para a música de concerto serio, xa que teñen unha larga vida de gravacións de repertorio cásico, mostrando unha grande afinidade pola música barroca, e onde inclúen repertorio de Purcell, Vivaldi, Pachelbel, Bach… Grazas a súa condición de pionero, o quinteto desenvolveuse cun carácter único, e a relación co público, fixo que a raíz deles xurdiran outros conxuntos innovadores. Os cinco fabulosos coma se se coñecen, na actualidade non so se adican ao estilo clásico, senón que abarcan todos os estilos musicais. Ademáis delo se caracterizan por qué acompañan as súas actuacións con representacións teatrais. O seu estilo, dou a volta ao mundo, e considéranse os pais das formacións de metáis, creando un estilo é un ámplio repertorio, o cal se toma como referente pedagóxico na música de cámara.

2

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS


PEDAGOXÍA

PEDAGOXÍA

Musicoterapia

Podemos definir a Musicoterapia como a “aplicación científica do son, a música e o movemento a través do adestramento de escoita e a execución instrumental sonora, integrando así o cognitivo, o afectivo e o motriz, desenvolvendo a conciencia e potenciando o proceso creativo. Así podemos: facilitar a comunicación, promover a expresión individual e favorecer a integración grupal e social (Instituto de Musicoterapia “Música, Arte e Proceso” (Vitoria Gasteiz-España). A música desenvolve a memoria e a sensibilidade dos nenos, ademais de mellorar a capacidade de concentración. Por este motivo, cando animamos a un neno a cantar, a escoitar música ou a tocar nun grupo, o que estamos a facer é axudarlle a traballar aspectos esenciais da súa educación. El o vivira coma un xogo, unha oportunidade para estar cos seus amigos ou unha ocasión para mostrarnos o que sabe facer. Lamentablemente, a música é unha das materias menos desenvolvidas no currículo escolar, xunto á expresión plástica e a educación física. ¿E se reflexionamos sobre o valor que ten a música no desenvolvemento da personalidade? ¿E no ámbito afectivo? ¿E no razoamento? ¿E na capacidade expresiva? A música ten a capacidade de sensibilizar ao neno porque engloba todos os sentidos. Cando o neno fai música na escola ou fóra dela non só está a estimular o oído. A música tamén proporciona unha estimulación visual e táctil.

O Jazz

A música axuda a anticipar, organizar e sincronizar o movemento. A música estimula a imaxinación e a capacidade creativa. Desenvolve o sistema de expresión musical, así como o sentido estético. A música desenvolve a capacidade de atención. Está intimamente relacionada coa adquisición das matemáticas e desenvolve a memoria e o sentido da orde. Ademáis, a música está moi ligada ás funcións da linguaxe e, en consecuencia, a dificultade de seguemento de actividades musicais adoita estar relacionada a algún tipo de disfunción na expresión verbal. Interpretar música exercita a intelixencia, pois afai ao neno a seguir o curso de diversos razoamentos á vez, fomentando así a atención e a concentración. A música ten efectos positivos no campo emocional xa que é a linguaxe das nosas emocións. Neste sentido, favorece a comunicación, o intercambio de ideas ou de sentimentos con outros nenos ou connosco mesmos. En definitiva, as actividades musicais proporcionan experiencias gratificantes, especialmente se os adultos posibilitan o contacto do neno coa música e refórzano positivamente: sen buscar a perfección rítmica ou a afinación perfecta senón a libre expresión musical do neno. A musicoterapia pode axudar a superar problemas de personalidade, como a inseguridade ou a timidez, e trastornos máis severos como a diminución psíquica, o autismo, ou a depresión.

A gran influencia do jazz na creación musical contamporánea constitúe unha transfusión revitalizadora do seu corpo estético. O termo jazz non deixa apresar doadamante os límites dunha definición, e a idea do seu contido e esencia daranmos o mellor da súa perspectiva histórica. Hoxe enténdese por jazz a un estilo de músico popular urbán, orixinada nos cafés dos negros de Nova Orleáns, na primeira metade do sèculo XX. Pero este antecedente inmediato ten a súa orixe remota nas cancións (Spiritual Songs) que a poboación escrava negra dos estados sureños de USA (Alabama, Georgia, Luisiana), entoaban nas plantacións de algodón. A primitiva estructura das súas melodías cristalizou nas formas moi diversas pero no blues atopou a súa máis xenuína expresión. A evolución do jazz pode sintetizarse nas seguintes fases: a) Variantes corais de signo relixioso en forma de blues durante a guerra de Secesión (1863). b) Fórmanse en Nova Orleáns os primeiros conxuntos instrumentais (19001920). c) Iníciase a gran carreira de Louis Armnstrong e Duke Ellington (1920-1930). d) Gran depresión e explotación comercial do jazz polos brancos (19301940). e) Aparece o bepop, cool-jazz... (1950 ata a nosa época). A forma expansiva do jazz causou sensación en Europa. Grandes compositores como Ravel, Weill, Milhaud... incorporaron elementos jazzísticos nas súas obras, sen esquecer aos americanos Copland, Gerswhim... e ata os nosos días, onde o jazz é fonte para os nosos novos compositores musicáis. ¡Longa vida ao jazz!.

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

3


OS NOSOS MÚSICOS

CURIOSIDADES

Xosé Vicente Ferreiros, foi profesor da Escola de Gaitas e membro fundador de Milladoiro

Algunhas cousas sobre Beethoven Ludwig van Beethoven (1770-1827) que naceu en Bonn tivo unha formación musical moi ríxida e que realizou inicialmente co seu pai, quen era tenor da corte. Aos 12 anos comenzou os estudios co organista Christian Gottlob Neefe e partir de ahí iniciou unha ampla carreira compositiva chegando a ser admirado por todo o mundo. Entre algunhas curiosidades que desperta Beethoven da súa imaxe coma músico están as seguintes: - Tivo un romance coa condesa Giulietta Giuccuardi que foi alumna de Beethoven e a quen lle adicou a inmortal sonata Claro de Luna. - Beethoven andaba pola rúa con roupas vellas, co peiteado desordeado, gritando melodías que se lle ocurrían en plena voz (el non podía escoitarse) e as ía anotando nun caderno. Ademáis tiña ataques de ira por momentos pero tamén tiña un carácter máis plausible noutros momentos como canda vía o seu sobriño Karl. - A intoxicación con chumbo comenzou 111 días antes da data do seu falecemento en Viena, o 26 de marzo de 1827.

Xosé Vicente Ferreirós, foi o profesor do grupo de gaitas do noso Concello, e pertenceu ao afamado grupo musical “MILLADOIRO”, do que foi un membro fundador. Fixo unha importante labor neste conxunto musical pola recopilación e actualización ás novas correntes musicais e difusión do noso folclor, convertíndose en gañadores dun importante premio ao mérito artístico como é o “Pedrón de Ouro”. A súa afección pola música naceu nel de rapaz e non tiña antecedentes de ningún familiar relacionado coa música. Tiña gran apego pola percusión nos seus inicios en Catoira, xa que había grupos de gaitas que lle chamaban moito a atención de pequeno. De tódolos xeitos, o primeiro contacto instrumental que tivo foi coa guitarra.

- “Para Elisa” en realidade é “Para Teresa”: a famosísima bagatela para piano composta o 27 de abril de 1810. No manuscrito orixinal aparece “Para teresa” e se cree que foi un erro dos copistas pola mala caligrafía do compositor o que provocou esta pequena confusión. - Beethoven non escoitou a 9ª sinfonía. No estreno desta gran obra, Beethoven estaba completamente sordo. De feito, dice que ao terminar o concerto el pensou que os músicos deixaran de tocar por algún motivo, e cando se deu a volta veu a todo o recinto escénico en pé aplaudindo enérxicamente. O concerto rematara.

Un dos seus primeiros pasos na interpretación foi co grupo Faíscas do Xiabre do que tamén foi membro fundador. Esta formación naceu con anterioridade a 1974 xa que a xénesis desta formación foi a participación nun concurso de gaitas en Santiago durante á Ascensión e que participaron concretamente nese ano. Este participación, fixo que o grupo se derá a coñecer por toda Galicia. Na década dos anos sesenta, a chamada década prodixiosa, xurde dentro do estilo folk na área occidental europea, un movemento musical que estaba a rescatar vellos estilos populares de vella tradición celta. A cabalo deste momento xurde Milladoiro con influencias de Alan Stivell en Bretaña ou o gurpo de Chieptains en Irlanda. A música de Milladoiro e deste intérprete que impartiu maestría no noso Concello, caracterízase polas raíces do folclor galego. Neste apartado existiu unha gran labor de recollida de material voz a voz asentado nos cancioneiros. Milladoiro aportou unha posta ao día do pasado musical galego, unha nova visión que trouxo coma consecuencia que despois de moitos anos voltase a ser actual coma calqueira outro estilo musical moderno.

4

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS

Profile for Concello de Brión

Cantus Nº 4 - Decembro de 2010  

Cantus Nº 4 - Decembro de 2010

Cantus Nº 4 - Decembro de 2010  

Cantus Nº 4 - Decembro de 2010

Profile for cgalego
Advertisement