__MAIN_TEXT__
feature-image

Page 1

cantus BOLETÍN ESCOLAR

Nº 1 - XUÑO DE 2009 - ANO 0

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓN

ADMINISTRACIÓN

Comenza a matriculación para o vindeiro curso 2009/2010

A Escola Municipal de Música abre o prazo de matriculación para o vindeiro curso 2009/2010. O prazo extenderáse dende o 22 de xuño ata o 15 de xullo ámbolos dous inclusive. A formalización da matrícula estará aberta os alumnos novos. Os alumnos do curso anterior non terán que realizar a matriculación. A matriculación contempla dúas vertentes para acoller a tódolos veciños e veciñas de Brión. Así o centro conta con dous plans adaptados ó alumnado. 1. PEX. Plan Educativo Xeral. Matriculación a partir dos 4 anos. 2. PEA. Plan Educativo para Adultos. Matriculación a partir dos 16 anos. A oferta educativa nas que se pode facer a matriculación é a seguinte: - Música e Movemento. - Piano. - Guitarra. - Trompeta/Fliscorno. - Tuba/Bombardino. - Trombón. - Trompa - Clarinete. - Saxofón. - Frauta Traveseira. Ademáis e fora do plan educativo, a Escola tamén abre o prazo para o obradoiro de Pre-Iniciación Musical. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas que cumpriron ou cumpran 3 anos ó longo do 2009 e ten unha carga lectiva ó longo do ano. O horario de apertura da secretaría do centro permanecerá aberta nos seguintes horarios no actual centro nos Ánxeles: - De luns a venres: 10´00-13´00 - Martes: 16´00-19´00. Os requisitos para a formalización da matrícula son os seguintes: - Alumnos novos: Cubri-la folla de matrícula, fotocopia do DNI ou libro de familia e unha foto tamaño carné. - Alumnos antigos: terán que vir no mes de setembro a escoller os horarios de instrumento e o horario das horas colectivas. A partir de setembro a Escola de Música trasladaráse as novas dependencias na Avenida de Santa Minia Nº 70.

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

CONTIDOS Administración - Pax. 1 Eventos - Pax. 3 Pedagoxía Musical - Pax. 3-4 Curiosidades - Pax. 4

Textos: Departamento de Coordinación Pedagóxica da EMMB. Deseño e Maquetación: Julio Mallo. ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓN Avenida Pedrouzos, nº 70 15865-Brión - A Coruña Teléfono: 981509908 Ext. 31 escolamusica@briondixital.org

1


SALA DE CONCERTOS

Concerto de Fin de Curso da Escola Municipal de Música O pasado 30 de maio a Escola Municpal de Música celebrou a clausura das actividades do Concello de Brión co Concerto de Fin de Curso (CFC). O concerto foi na sede do Centro Social Polivalente ás 11:00 da mañá. O concerto foi todo unha continuación das clases levadas a cabo durante o longo do ano pero esta vez diante dun público. O Concerto de Fin de Curso (CFC) tivo coma novidade con respecto ós anos anteriores a programación do repertorio escollido. Coma consecuencia da incorporación de novas asignaturas no Plan Educativo, a interpretación tamén tivo as as súas consecuencias directas. Deste xeito, asignaturas coma Música de Cámara ou Conxunto Coral fan que o centro conte con formacións vocais/instrumentais e que manexan un repertorio distinto ás interpretacións de solistas. Deste xeito, o Concerto de Fin de Curso (CFC), tivo un aumento significativo de música de cámara tanto en aspectos seccionais ou por familias de instrumentos coma tamén na diversidade instrumental. No concerto tiveron cabida xa pequenas agrupacións musicais (duetos, tríos, cuartetos e ata quintetos ou sextetos) que deron un maior colorido a interpretación ó concerto de alumnos. Deste xeito comenzou cun quinteto de vento-metal co profesor Jorge Rey Barca ó fronte mentras que rematou cun cuarteto coa a mestra Teresa Sumay Lobato. Noutra agrupación e neste caso cun sexteto participou o mestre Carlos Gulías Carrillo co seu saxofón. Ademáis o concerto contou con moitas pezas de Bach, Beethoven, Mozart, etc. de alumnos solistas de piano do mestre Carlos Pintor Iglesias. Ademáis este ano, o departamento de Música e Movemento e a súa mestra Elisa Costoya Rodríguez tamén participou cunha danza –A Vaca Marela- e cun coro de pequeno formato –Cancioneiro Popular-. Deste maneira, coménzase a traballar a sensibilidade dos máis novos enriba dun escenario e que a medida que pase o tempo farán del un espacio de maior comodidade e disfrute. Outras das novidades este ano con respecto ós anteriores, foi a programación de obras corais. Participarán os alumnos de Conxunto Coral con dúas pequenas pezas populares: Cu-cú e A la Orilla del Agua. Baixo a dirección do coro estivo o mestre Francisco Javier Álvarez Mata.

2

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN


EVENTOS

PEDAGOXÍA

A Banda de Brión Historia e peculiaridades do Saxofón presenta o seu novo disco

A Banda de música de Brión estrea despois dun merecido traballo o seu segundo disco. Neste ocasión a agrupación musical agasállanos cun repertorio moi versátil xa que comprende música popular clásica e moderna, toda ela escollida polos integrantes da formación musical. Esta iniciativa levouse a cabo nun estudio de gravación grazas a colaboración da Diputación de Coruña e do Concello de Brión. Foi unha experiencia inesquecible para os seus músicos, xa que despois de duros meses de ensaios, unha longa gravación de doce horas, viron que o esforzo mereceu a pena, e iso refléxase no disco dándose a coñecer coma unha humilde agrupación que esta loitando para mellorar día a día. A intención desta gravación foi sobre todo para promocionar e dar a coñecer o traballo dos novos músicos, e a experiencia de poder traballar nun estudio de gravación de luxo onde traballan artistas e músicos profesionais. A intención dos músicos foi demostrar o traballo levado acabo ata agora a intentar supera-lo pouco a pouco.

O saxofón é un instrumento cónico que pertence a familia instrumental de vento-madeira. Vento, porque sen soplar non podemos facer que soe; madeira, porque, ó contrario do que parece a golpe de vista, a súa embocadura e dulzura fan que pertenza a esta familia. Este instrumento construíuse por primeira vez na década de 1840, sendo o seu inventor Adolphe Sax, un belga afincado en París que era clarinetista e constructor de instrumentos. Este luthier inventou algún instrumento máis, pero ningún acadou a fama e o resultado do saxofón. Ó contrario do que se cre, o primeiro saxofón construido foi o barítono (un dos máis grandes), seguíndoo os catorce restantes; sí, catorce. Que o saxofón sexa un instrumento de recente creación ten moitas desvantaxes con respecto ó repertorio clásico, todo transcrito; pero ten unha gran vantaxe, que é o único instrumento de vento que pode formar por sí mesmo un cuarteto clásico camerístico real, é dicir: Soprano, Alto, Tenor, Barítono; o que lle confire unha calidade interpretativa e un son grupal impresionante. O corpo do saxofón está construido nunha aleación de metáis, pero a boquilla e a caña son de madeira, esto confírelle a suavidade e melacolía dun instrumento de madeira e a potencia e perseverancia dun instrumento de metal; outorgándolle así un lugar especial nas agrupacións musicais nas que está presente. O primeiro compositor clásico que escribiu para saxofón (sen ningún tipo de adaptación) foi George Bizet, nunha das súas suites máis coñecidas, Lárlesienne. Aínda que xa na década do 1870 se facían transcripcións de arias de Donizetti e Rossini, feitas polos propios insrumentistas. Por outra banda, a importancia do saxofón está consolidada no ámbito jazzístico, onde exerce un papel primordial no chamado New Orleans Jazz de 1929, un fenómeno musical de gran importancia. Dende este momento pasa a ser un instrumento de estudo e culto para toda a música moderna de fusión e contemporánea; explorando sons de timbres metálicos e cañas de diferentes tipos de plásticos.

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

3


PEDAGOXÍA

Historia dos metais

CURIOSIDADES

A musicoterapia como ferramenta a prol da sáude Hoxe en día avanza con pasos de xigante, ofrecendo resultados sorprendentes esa ciencia que se chama Musicoterapia ou “o sabio uso da música no tratamento de enfermedades”. A música se utiliza hoxe en día en siquiatría, sicoloxía, mediciña e outras ciencias vencelladas co ser humano.

Os instrumentos de vento metal e unha das familias de instrumentos máis antigas que existe. Estos instrumentos teñen a súa orixe nos cornos de animais, e nas caracolas mariñas, os cales serían imitados na idade do bronce con estos materiais. De todos os metais, os máis antigos que foron evolucionando, foron a trompa e a trompeta. No caso da trompa, algúns dos seus antecesores foron o carnix dos celtas, os luurs dos Vikingos entre outros; e no caso da trompeta os exemplares mais antigos que se encontraron, foron os da tumba de Tout-Ankh- Amon, adicados as lexións do exérrcito outros antecedentes foron o Salpnix grego, o Lituus romano, o Nafir arabe… A Bucina foi a trompeda das cruzadas, no renacemento xurdiu a trompeta de varas pero a autentica idade de ouro da trompeta foi entre 1600 e 1750 época da mítica trompeta natural. Xa entrado o clasicismo fai a sua aparición a trompeta de chaves, a cal non tivo moito éxito e partir do romanticismo coa invención do pistón e do cilindro medrando o seu repertorio. No caso do trombón e da tuba, foi distinto xa que son instrumentos que xurden na época romántica, a tuba e a sucesora do serpentón, e o trombón é o sucesor do sacabuche, instrumento que se empregou moito no barroco. Unha curiosa anécdota da invención do cilindro, foi que o inventor Kail sacou a idea cando observaba as válvulas de peche dos barriles de cerveza.

PEDAGOXÍA

A importancia da historia da música na educación musical

A música contén grandes e poderosas virtudes que poden axudar ó ser humano. Unha delas é o seu poder terapéutico. Así, algúns sabios, trataron de chamar a nosa atención sobre este punto. Beethoven dicía: “a música é a mellor mediadora entre a parte espiritual e sensorial do home”. Séneca dixo “Boecio consideraba que a enfermidade era unha desarmonía orgánica e que debía ser subsanada por medio da armonía”, virtud da que goza plenamente a música. Non podemos menos que sentir unha gran admiración pola música. Hai unha gran cantidade de obras musicais que teñen uns efectos distintos sobre o ser humano. Así, existen obras para que a dor disminúa, obras que teñen sentido para conseguir unha maior capacidade de aprendizaxe no ser humano, etc. Algunhas das suxerencias que na práctica se empregan pola musicoterapia son como por exemplo a música con carácter moi rítmico coma pode ser o minueto da sonata nº 2 op. 40 de Beethoven ou a marcha de Aida de Verdi para impulsar e estimular positivamente a actividade eléctrica nos músculos e activar a producción hormonal nas glándulas suprarrenais. Esta música é recomendable en nenos e adultos apáticos o con debilidade motora, inestables, etc.

A historia da música ten unha gran importancia na educación musical á hora de coñecer o por qué de moitos aspectos relacionados co mundo da música. Un destes aspectos é a lecto-escritura musical, ¿por qué o nome das notas? por qué se escriben en cinco liñas? ¿por qué hai sete claves?... Outro aspecto de maior importancia para a educación musical é a interpretación dunha partitura calquera, sexa cantada ou tocada. Cada partitura foi escrita nunha época determinada, cuns fins determinados, por un compositor determinado, cun estado de ánimo determinado; coñecer todos estos aspectos extrema a facilidade para interpretar unha partitura con maior rapidez e correción. Un terceiro aspecto é a educación da educación auditiva, pois ó estudiar a historia da música débense escoitar moitos tipos de composicións diferentes, alcanzando con soltura diferenciar sons, épocas e instrumentos diferentes que participan nestas composicións. O último aspecto ten que ver coas formas musicais; a música como toda linguaxe pódese analizar dende unidades máis grandes e complexas a unidades máis pequenas e sinxelas, sendo de vital importancia a historia para esclarecer en qué partes da análese se pode dividir unha composición para o seu posterior estudo en profundidade. A historia ben enfocada debe resultar amena e entretida, sendo indispensábel para alcanzar unha formación musical integral do alumno de calqueira especidalidade instrumental.

4

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

Profile for Concello de Brión

Cantus Nº 1 - Xuño de 2009  

Cantus Nº 1 - Xuño de 2009

Cantus Nº 1 - Xuño de 2009  

Cantus Nº 1 - Xuño de 2009

Profile for cgalego
Advertisement