Issuu on Google+

cantus BOLETÍN ESCOLAR

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓN

Nº 0 - XANEIRO DE 2008 - ANO 0

ADMINISTRACIÓN

O novo curso 2008/2009 A Escola Municipal de Música de Brión iniciou un novo curso 2008/2009 coas vistas postas no novo centro ubicado na avenida de Santa Minia e en pleno centro neurálxico do Concello de Brión. As novas instalacións virán a suplir as carencias destes anos anteriores onde a Escola tivo varias mudanzas por distintos motivos. Ata a apertura do novo centro, a Escola ten a su sede repartida en tres locais do Concello. Por un lado, o antigo centro médico dos Ánxeles e unha aula da escola unitaria. Ademáis, o local empregado para os ensaios da Banda Municipal é empregado tamén para a impartición das clases. Ademáis das novas que traerá este novo curso 2008/2009, o centro tamén tivo novidades respecto ó curso anterior. Nesta nova etapa, diversificouse as asignaturas obrigatorias nos distintos niveis co afán de alcanzar, a medida que pase o tempo, unha ensinanza musical de calidade. Estas novas veñen na incorporación no currículo da Escola das seguintes asignaturas: - Pre-Conxunto Coral I: asignatura obrigatoria para alumnos do primeiro ciclo do Nivel I (PEX). Alumnos con idades comprendidas entre os 4 e 5 anos. - Pre-Conxunto Coral II: asignatura obrigatoria para alumnos do segundo ciclo do Nivel I (PEX). Alumnos con idades comprendidas entre os 6 e 7 anos. - Conxunto Coral I: asignatura obrigatoria para alumnos do Nivel II (PEX). Alumnos con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. - Conxunto Coral II: asignatura obrigatoria para alumnos do Nivel II (PEX). Alumnos con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos. - Conxunto Coral: asignatura obrigatoria para alumnos do Nivel II (PEA). Alumnos a partir dos 16 anos de idade. - Música de Cámara: destinada á alumnos de vento-metal, vento-madeira e corda co obxectivo de traballar un repertorio de carácter colectivo.

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

O curso comenzou con gran éxito de matrícula en continuidade cos anos anteriores. A medida que avanza nos anos, o número de alumnos activos na Escola de Música vai en aumento o mesmo que as asignaturas que conforman o propio sistema educativo. Atendendo ós datos de solicitude de matrícula recollida na secretaría no presente curso 2008/2009, o centro obtivo 189 matrículas en total. O número de alumnos activos do centro por plan e nivel son os seguintes: - Plan Educativo Xeral (PEX): 122 o Nivel I: 50 o Nivel II: 34 o Nivel III:13 o Cursos Acceso: 25 - Plan Educativo Adultos (PEA): 39 o Nivel II: 31 o Nivel III: 8 - Obradoiros o Pre-Iniciación Musical: 5 A radiografía feita por especialidades impartidas na Escola Municipal de Música de Brión ofrece os seguintes datos nas asignaturas instrumentais atendendo ó número de alumnos que fixeron a matriculación: - Piano: 71 - Guitarra: 21 - Trompeta/Fliscorno: 9 - Tuba/Bombardino: 2 - Trombón: 2 - Saxofón: 9 - Clarinete: 14 - Frauta Traveseira: 8

Atendendo as asignaturas colectivas a Escola ten os seguintes datos segundo o número de matrículas recibidas: - Linguaxe Musical: 103 - Música de Cámara: 61 - Música e Movemento: 55 - Pre-Conxunto Coral I: 36 - Pre-Conxunto Coral II: 19 - Conxunto Coral I: 48 - Conxunto Coral II: 25 - Conxunto Coral: 38 - Pre-Iniciación Musical: 7

CONTIDOS Administración - Pax. 1 Xeneralidades - Pax. 2 Pedagoxía Musical - Pax. 2-3 Reflexións - Pax. 4 Os nosos músicos - Pax. 4 Curiosidades - Pax. 4 Textos: Departamento de Coordinación Pedagóxica da EMMB. Deseño e Maquetación: Julio Mallo. ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓN Avenida Pedrouzos, nº 70 15865-Brión - A Coruña Teléfono: 981509908 Ext. 31 escolamusica@briondixital.org

1


XENERALIDADES

Un adeus, unha chegada…

A Escola Municipal de Música de Brión prepárase para voltar definitivamente ó centro neurálxico de Brión. Despois dun tempo ubicados en varios locais dos Ánxeles por mor das obras que se levaban a cabo nas antigas dependencias de Servizos Sociais, a Escola no vindeiro ano 2009 verá satisfeito as súas necesidades de infraestructura ó contar cunhas instalacións máis adecuadas para á práctica e aprendizaxe musical. Actualmente a Escola Municipal de Música de Brión ten repartida a súa sede en varios locais. Por un lado, o centro principal é o local dos Ánxeles que era antigo centro médico. Ademáis, unha aula da escola unitaria dos Ánxeles é empregada para clases colectivas de música e movemento, pre-conxunto coral, conxunto coral, Conxunto Coral I, Conxunto Coral II e Conxunto Coral do Plan Educativo de Adultos. Por último, outro local que é empregado para clases de linguaxe musical e clarinete é unha sala anexa ó local da Banda Municipal de Música. O futuro edificio contará coas distintas dependencias da planta baixa e, ademáis terá o apoio das aulas de primeira pranta que compartirá o seu uso coa ludoteca municipal. Deste xeito, a Escola Municipal de Música de Brión contará coas seguintes dependencias para o desenrolo dunha actividade educativa musical: 2 aulas colectivas, 3 aulas instrumentais, Biblioteca, Archivo, Dirección, Secretaría e Almacén.

PEDAGOXÍA

O Coro, elemento esencial na formación musical

Ó afrontar este ano por primeira vez a introducción da asignatura obrigatoria de Conxunto Coral no currículo da Escola Municipal de Música de Brión, a dirección e os profesores pretendemos múltiples obxectivos que axuden todos eles nunha mellor formación musical dos nosos alumnos. Se repasamos as opinións e as súas experiencias como músicos e pedagogos, de Mozart, Beethoven, Haydn, Haendel, Mendelshon, Brahms, Brukner, Orff, Willens, Kodaly; todos eles sinalan a importancia de afrontar ó estudio do canto coral xa dende os primeiros anos de formación musical, e en especial estos últimos, destacando que o básico para unha boa formación e un completa aprendizaxe en tódolos aspectos musicais que no futuro se perfeccionará coa práctica instrumental ou vocal máis especializada.

En canto a voces, é un área importante dentro da educación musical debido a que enriquece a práctica da entoación, fomenta a percepción auditiva e prepara ó alumno a interrelacionarse con outros dentro do contexto do conxunto musical. Por estas razón, os seus obxectivos deberían incluir non só o aumento da boa afinación e correcta reproducción vocal no canto, senón tamén o

2

desenrolo da discriminación auditiva para diferenciar as voces dentro do contexto musical global.

Se temos en conta que dende o punto de vista da historia dos instrumentos musicais, a voz foi o primeiro que o home primitivo empregou para expresar primeiro sentimentos e logo ideas musicais básicas, a evolución da técnica ó longo dos séculos e o uso dela fan e fixeron os pobos de moi diferentes procedencias e contextos culturais, chegaría por si mesmo para incluíla no estudio e a aprendizaxe de calquer músico, sexa profesional ou afeccionado. Se ademáis valoramos o que nos aporta dende o punto de vista musical polo anteriormente mencionado e que tamén contribúe a comprender, desenrolar e afianzar o senso do fraseo musical pois dende o punto de vista instrumental calquer músico co seu instrumento, debe imitar o fraseo e a cadencia vocal coma o correcto camiño para interpretar calqueira obra musical. Tódalas razóns anteriormente expostas teñen o peso suficiente para xustificar a presenza no plan de estudios da nosa Escola da materia de Conxunto Coral, pero aínda debemos considerar outra non menos importante e é a educación auditiva e de co-

ordinación con outros músicos supón o feito de cantar en grupo, o que ademáis de satisfacción personal polo logro común ó interpretar en grupo unha partitura, aporta a necesaria atención e compenetración con outros músicos xa que no futuro calqueira alumno de música terá unha intepretación instrumental ademáis de individual, será grupal en conxuntos de cámara, orquestras, bandas, etc. Finalmente sinalar que o obxectivo de calqueira clase de Conxunto Coral non é ensinar a cantar, para o cal está a asignatura de instrumento vocal, senón máis ben posibilitar a través da correcta aprendizaxe na colocación da voz, aspectos básicos coma a afinación, conxunción grupal, emisión vocal e principalmente iniciar o gusto polo canto a través dun repertorio amplio, rico e variado que afronte os distintos estilos, músicas de outros países, comunidades folklóricas, períodos musicais, xéneros musicais, etc. Con todo elo poderíamos decir que o noso reto e noso slogan podería ser: ¿coro?, ¿para qué?, para aprender e formarse coma bos músicos divertíndose.

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN


PEDAGOXÍA

A Escola Municipal de Música en simbiose coa Banda de Música

A Banda Municipal de Brión é una asociación nova que presenta tendencias de crecemento, tanto a nivel musical como de tamaño en número de músicos. A medida que a Banda vai medrando en número de músicos ó mesmo tempo o repertorio vai tamén en constante crescendo. Un dos piares fundamentais que axuda a que a Banda manteña o seu desenrolo na formación de novos compoñentes, é a sua vinculación constante coa Escola Municipal de Música de Brión, xa que é dende o centro educativo onde se crea a nova canteira de músicos para incorporarse posteriormente a agrupación musical da Banda de Música. Pódese dicir que a Banda actúa para Escola e a Escola actúa para a Banda. E dicir, existe plena simbiose entre a Escola que crea músicos para que logo se incorporen a Banda, e a Banda reflexa ó traballo feito dende a Escola para que os músicos melloren o seu nivel artístico para logo actuar nos distintos concertos pola xeografía galega e incluso española. Estas dúas actividades son un claro exemplo do incremento da cultura musical dos novos, xa que axudan o desenrolo personal e cultural deles. Seguindo cunha antiga tradición das Bandas de Música en Galicia, a existencia das Escolas, cada día pódese apreciar que estas agrupacións medran con compoñentes máis novos, con mais calidade musical e un tamaño que medra tamén no número de novos instrumentos incorporados ó repertorio.

A formación dos máis novos

A Escola de Música de Brión potencia a música dende os rapaces máis pequenos para preparalos para cando chegan a coller un instrumento ós oito anos. O centro incorpora Música e Movemento no seu plan educativo en dous ciclos de dos anos cada un deles: - Primeiro ciclo. Iniciación musical. Destinada a nenos de 4 e 5 anos. - Segundo ciclo. Formación básica. Destinada a nenos de 6 e 7 anos. Música e Movemento abarca como eixo principal o traballo colectivo como desenrolo integral da persoa nestas idades temperás. Tódalas actividades centran o seu obxectivo en acadar ese desenrolo intregral do neno sen desemerecer nembargantes o desenrolo académico. Deste xeito, coñecementos das distintas notas musicais, a percepción de duración das figuras musicais, iniciación o coñecemento do compás e os timbres dos diferentes instrumentos musicais e das súas familias, recoñecemento dos sons do seu entorno, etc; son aspectos curriculares importantes de Música e Movemento. A través de Música e Movemento os nenos van realizando unha aprendizaxe que explícitamente terán como ferramentea de traballo o ritmo da música a través dos xogos musicais ou cancións con xestos. Sempre se ten como referente o xogo coma unha utilidade válida para que os nenos teñan unha vivencia personal e máis cercana á música. E para os máis pequenos de todos, este ano a Escola Municipal de Música de Brión oferta un obradoiro para nenos e nenas de 3 anos. Este obradoiro chamado Pre-Iniciación Musical ten a intención de achegar a música ós nenos co fin de traballar a sensibilidade que comenzan a despertar nesta idade.

A música de cámara dende un punto de vista didáctico

O termo Música de Cámara pode parecer complexo pero é sinxelo na súa concepción. A Música de Cámara pode entenderse a día de hoxe como a música escrita para un pequeno grupo de instrumentos no que se deben cumprir dúas regras; a primeira indica que cada partitura debe ser diferente e a segunda, que non exista director, polo que os músicos deben colocarse de forma que poidan verse entre sí. Dende un punto de vista didáctico é importantísima a composición do grupo, pois o oído acostúmase a percibir diferentes timbres e movementos de maneira simultánea; cousa que pode parecer sinxela pero que podemos comparar con escoitar varias persoas dirixíndose a outra á mesma vez. Este punto ten gran importancia no estudo musical por conseguir aunar grandes cualidades que se requiren nun músico, como son simultanear lectura, oído, ritmos diferentes, etc. Outro punto importante é que resulta moito máis motivador tocar en grupo que facelo de forma individual, tódolos alumnos se queixan de que ás veces algunhas obras ou estudos chegan a ser aburridos e tediosos, pero suplindo esto con partituras grupais divertidas conséguese un gran resultado final. Non se intenta con isto quitar importancia ós estudos técnicos pero sí destacar o carácter lúdico e pedagóxico da música. Este ano na Escola de Música Municipal de Brión implantouse a materia obrigatoria de Música de Cámara, plantexada como unha materia divertida e valiosa enfocada á aprendizaxe integral dos discentes tanto no ámbito práctico instrumental como no ámbito auditivo e rítmico integral.

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN

3


REFLEXIÓNS

A música como medio socializador

OS NOSOS MÚSICOS

Leonardo López

O factor que foi tradicionalmente sinalado coma o que exerce maior influencia no desenrolo de hábitos de participación artística é a socialización temperá nas artes. Nembargantes, esta variable ten diversas vertentes. Por un lado, enmárcase dentro das experiencias de socialización temperá todas aquelas actividades de formación artística, independentemente do seu grao de profundidade –máis o menos estructuradas ou regradas-, e do lugar onde suceden, na escola ou noutros espazos formativos extraescolares. Outras experiencias de socialización temperá as constitúen actividades de exposición temperá que entrañan o acercamento a obras, espectáculos ou experiencias artítisticas. Éstas, a súa vez, poden ocorrer no marco da escola, no entorno familiar ou dos grupos de referencia e amigos. Si esto é verdade para o conxunto das artes, a música é en maior medida. Pero, ademáis, no ámbito da música prodúcese un fenómeno sen parangón en ninguna outra forma de actividade artística: as formas de socialización e identidade de nenos e mozos xiran básica e fundamentalmente arredor dela na sociedade occidental actual. Podemos dicir, que a música ten un potencial xerador de capital social coma ningunha outra actividade durante a infancia e xuventude. Neste contexto, o papel tradicional das escolas de música foron formar os seus estudiantes no manexo da linguaxe e a interpretación musical. Sen embargo, o futuro rol das escolas de música xira arredor dun espazo catalizador de actividades de socialización.

CURIOSIDADES

Os efectos da música O ritmo musical, as melodías e a armonía musical estimulan distintas partes do cerebro. Así o recolle un estudio no cal se traballa coa música como ferramenta para axudar en casos de problemas de fala ou en distintos tipos de problemas intelectuais vinculados co cerebro e os sons. Os científicos dende hai moito tempo traballan investigando os efectos da música e armonía musical no desenrolo do cerebro, centrándose principalmente nas persoas que teñen dedicación á música e que evidenciaron unhas maiores interconexións neuronais que as persoas cunha vida allea á música. O doutor Mark Tramo da Escola de Mediciña de Harvard afirmou que “a música é biolóxicamente una parte da vida humana tanto no artístico en si mesmo coma é parte da paixón humana”. Mentras, o doutor Gottfreid Schlaug do Centro Médico Israelí da cidade de Boston recolle que o cerebelo é máis grande do normal en estudiantes masculinos de música culta que os homes sen vinculación á música. Schlaug empregou equipos de resoancia magnética nuclear nun estudio que comparaba os cerebros de 32 instrumentistas clásicos diestros con outros 24 homes tamén diestros que non tocaban ningún instrumento musical. Dito estudio desvelou unha diferenza dun 5% no volumen dos seus cerebelos. Por outra banda, unha investigadora do Instituto de neuroloxía McGill de Montreal, Canadá, estudiou as respostas emocionais á música entre xente que nin estudia nin escoita habitualmente música. Todo isto mostrou que algunhas partes definidas do cerebro responden especialmente á música armónica pero non os sons máis fortes. Cando, o estudio se levaba a cabo con música máis consoante e armónica, as áreas mencionadas deixaban de mostrar actividade para mostrar actividade noutra área do cerebro chamada parahipocampal Gyru.

4

Este veciño do concello de Brión que nos deixou fai pouco adicou case toda a súa vida á música. Comezou neste mundo da man de seu pai, que foi fundador e director da antiga banda de Luaña. Pasou ó longo da súa vida por varias agrupacións musicais e os seus máis de oitenta anos. Leonardo López, músico e veciño do concello de Brión, naceu o 15 de outubro de 1920 na parroquia de Luaña. O seu pai foi director e fundador da antiga banda de música desta localidade. Foron catro irmáns e todos eles da mán do seu pai aprenderon as primeiras nocións de música e a tocar distintos instrumentos co fin de poder obter algúns ingresos. Segundo contaba este veciño de Brión, a música non lles daba para subsistir e o seu pai ademais de dirixir a banda de música tiña unha zapatería. Os catro irmáns axudaban no negocio e tamén aprenderon o oficio. Cando tivo que ir a cumprir co servicio militar, xa estalara a Guerra Civil Española. Leonardo non estivo de combatente senón como músico na banda militar de Oviedo, xa que cando el marchou a Guerra estaba a piques de rematar. Regresou a Galicia ó rematar o servicio militar e casou. Estivo uns anos de director da banda de Luaña, que fundara e dirixira o seu pai. Uns anos máis tarde deixou esta banda e foi para a de Padrón pero non de director, senón como músico onde estivo moitos anos. Contaba que a pesar de ter bastantes saídas os ingresos que obtiña da música non eran moitos así que tiña que complementalos con outras actividades. A mediados dos anos oitenta, o concello de Brión decidiu crear unha escola de gaitas e nomeou a Leonardo como profesor. Cóntaba que daba clase a unha vintena de mozos e mozas deste concello. Esta escola complementábase con outra de baile e facían as actuacións en conxunto. Logo duns anos decidiu volver de novo como músico para a banda de Padrón e deixar a escola de Gaitas. Estivo ata o ano 1999 cando decidiu ir a tocar para a banda de Negreira ata que nos deixou.

ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE BRIÓN


Cantus Nº 0 - Xaneiro de 2009