Page 1

NOVAS EMPRESAS:

RECICLAXE:

novos servizos para veciños e veciñas.

servizo de recollida de aceite de cociña usado.

Altamira PAXs. 4 - 5

Nº 99 - ABRIL 2017 - ANO XXXI

PÁX. 10

abril2017

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

As escolas de música e baile tradicional danlle a

benvida á Primavera Cultura

Entrevista

Avance do programa cultural e deportivo que nos traerá sendeirismo, presentacións de libros, exposicións, teatro, etc...

Mulleres brionesas: a vida nuns tempos nos que conceptos como igualdade ou empoderamento non existían

PÁXs. 18 - 19

PÁXs. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT ECA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 5 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso Mail: revistaaltamira@infobrion.com

Volvemos a recoller nestas páxinas unha nova que sempre nos enche de orgullo: novos premios para os alumnos/as do IES. Mención especial cabe tamén a entrevista a varias mulleres brionesas que souberon sobrepoñerse ao tempos mais difíciles e sacar adiante as súas familias.

C E NT R O DE SAUDE R úa da s Ped ri ñas, nº 3 15 865 - Brión Tel. Liña 1: 98 1 8 8 7 7 01 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 77 0 2 C E NT R O SOCIAL POL IVA LE N TE A v da . de Santa Mi ni a, nº 4 6 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastavale s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA NUÑEZ PERE Z , B. A v da . S a n ta Mini a, Nº 53 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 30 G AR DA CIVIL R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 3 15 85 6 - Brión N OVO TE L.: 8 8 1 8 66 0 58 N OVO FAX.: 8 8 1 8 66 074 O FI CI N A DE URB ANISM O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P I SCI N A CUB ERTA M UN I CI P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 3 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel.: 981 89 34 7 4 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P OLI D EP ORTIVO MUNIC I P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 6 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 Baixo 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 8 51 S ERVI Z O DE EMERXENCI A S La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 8 8 75 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 2 71

2 | Concello de Brión

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

contidos

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxe le s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 2 0 1

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Case sen darnos conta pasounos o inverno e a estrenada primavera tráenos unha nova Revista Altamira. Quixemos, desta volta, abrirla cunha reportaxe sobre o orzamento municipal para o 2017, e facendo un repaso polas obras e arranxos que se están acometer ultimamente no concello.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 5 15 865 - Brión N OVO Tel.: 8 8 1 8 66 078 N OVO Fa x.: 8 8 1 8 66 08 6

E SCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mi ni a, nº 70 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C AS A D O CONCEL L O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31

E SCOLA INFANTIL MUNI CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 7 42

Altamira

Completan a Altamira, entre outras moitas cousas, a ampla programación cultural pasada e a que está por chegar e os logros de Andrea, veciña de Agro, Novo que ven de proclamarse subcampiona de España xunior de xabalina e campiona galega de Pentatlón e lanzamento de peso. Esperando que desfrutes da súa lectura. Recibe un cordial saúdo.

PÁX . 3 PÁX s. 4 - 11 PÁX s. 12 - 13

REPORTAX E ACTUALID AD E B RI ONESAS

PÁX . 14

ACTUALID AD E

PÁX . 15

SERVI Z OS SOCI AI S

PÁX s. 16 - 20

CULTURA E D EPOR T E S

PÁX . 21

HISTORI AS D E BRI Ó N

PÁX . 22

TAMÉN FOI NOTICIA

PÁX . 23

PASATEMPOS / HU M O R


REPORTAXE ORZAMENTO MUNICIPAL

Os Orzamentos de 2017 medran un 13% ata os 6,1 millóns de euros e aumentan as partidas para servizos sociais e obras García asegura que son uns orzamentos “cun importante contido social que os converte nun instrumento de progreso e igualdade”

Os Orzamentos Municipais para 2017 ascenden ata os 6.161.000€, o que supón un aumento do 13% con respecto aos de 2016. O alcalde, José Luís García, explica que “son os mellores que se poden facer nestes tempos, cun importante contido social que os converte nun instrumento de progreso e de igualdade”. Neste sentido, García salienta que “os maiores incrementos se producen en partidas de contido social. Así, as achegas para Servizos Sociais medran un 15% e tamén medran as partidas para educación, cultura e deportes porque, a pesar da crise económica, non podemos permitir que se destrúa o estado de benestar que conseguimos para os nosos veciños e veciñas”. O alcalde tamén destaca que o capítulo de investimentos medra en case 50.000 €, ata os 692.738 €. E iso a pesar de que as obras que realiza o Concello de Brión a través da súa cuadrilla municipal xa non se contemplan no capítulo de investimentos, senón que dende este ano pasaron a contabilizarse como gastos en bens correntes e servizos, partida que medra ata os 2.467.009 €.

Os ingresos previstos para 2017 medran un 11% pola revisión dos valores catastrais realizada pola Dirección Xeral do Catastro e por unha maior achega por parte da Deputación Provincial da Coruña. Así, a partida de impostos directos ascende a 1,984.500 euros, mentres que por taxas se ingresarán 1.159.287 euros. A partida de transferencias correntes medra ata os 2.569.023 euros. Os cambios na elaboración destes Orzamentos están motivados polo cambio producido na Intervención Municipal, que emprega novos criterios á hora de elaborar as Contas. Por iso é complicado facer comparacións con orzamentos anteriores, xa que cada capítulo recolle cousas diferentes. De feito, estes cambios motivaron unha queixa entre todos os grupos da oposición, que botaron en falla unha memoria explicativa para entender a onde van as partidas cambiadas de capítulo por motivos técnicos. José Luís García lembrou que a documentación se entregou en tempo e que “debemos ser o único Concello que enviamos toda a documentación dos orzamentos á oposición, non só a legalmente esixida”.

APOIO DA OPOSICIÓN Os orzamentos foron aprobados cos 11 votos a favor do PSOE (9) e do PP (2); a abstención do BNG (1) e o voto en contra do concelleiro non adscrito (1). O voceiro do Partido Popular, David García, xustificou o voto favorable da súa formación en que “o orzamento é tecnicamente correcto, cumpre coa regra de gasto e estabilidade orzamentaria” e indicou que “o ano pasado xa apoiamos os orzamentos e este ano non hai modificación que nos impidan manter a nosa coherencia e apoialos”. Pola súa banda, o voceiro do BNG, José Luís Penas, considerou que son “uns orzamentos aceptables. En materia social vexo aumentos, o que é de agradecer”, aínda que apuntou que “nós fariamos outro tipo de obras”. De todos modos, especificou que “o noso voto é de abstención, non en contra”. Finalmente, o concelleiro non adscrito, Xesús Pena, reafirmouse nas críticas de anos anteriores denunciando que o orzamento “está axustado a unhas normativas moi ríxidas, que nos impoñen dende fóra e invaden as competencias locais”. Ademais, fixo fincapé en que “está ben feito pero é unha proposta pechada do grupo de Goberno, non se contou coa oposición e por iso non ten sentido darlle un apoio ao documento”.

Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE

EMPRESAS

Varias iniciativas empresariais dotarán a Brión de novos servizos O Concello traballa na posta en marcha dun centro de negocios para a promoción do sector agrario brionés. Cun centro canino de atención integral á mascota en marcha en Bastavales e coas obras da residencia de maiores de Pedrouzos bastante avanzadas, traballase no impulso de dous novos proxectos para revitalizar o inmoble do Centro Comercial Montebalado. Un deles xa está moi avanzado e, a falta de completar todo o papeleo, suporá a posta en marcha dun centro de día no primeiro andar do centro comercial. O segundo, no que xa se realizaron os primeiros contactos, convertería a segunda planta do centro brionés nun centro de coworking para o sector agrario. En Altamira achegámosche as claves destas iniciativas, que suporán novos servizos a prol da cidadanía de Brión e novos postos de traballo.

A RESIDENCIA DE MAIORES TERÁ 53 PRAZAS E CREARÁ 30 EMPREGOS

O alcalde José Luís García e o presidente da Fundación de Estudos e Análises (FESAN), Manuel Rodríguez Sedano, asistiron á colocación da primeira pedra dunha nova residencia de atención a persoas maiores. Un novo servizo que estará en pleno 4 | Concello de Brión

funcionamento no ano 2019, contará cunha dotación de 53 prazas residenciais destinadas a persoas maiores e permitirá a creación de 30 novos postos de traballo. A residencia terá unha superficie de 1.800 m2, con soto,

planta baixa e dúas plantas. Contará con 26 habitacións dobres, todas elas con baño. Dúas destas habitacións, é dicir 4 prazas, estarán habilitadas para persoas con minusvalía. O inmoble está sendo construído por Ypgal Constructora SL, que agarda ter rematadas as obras en febreiro de 2018. O inmoble estará emprazado nunha parcela da urbanización Lamas de Albariño e contará con sala de convivencia, sala polivalente, sala de curas/farmacia, despacho médico con dúas enfermerías e servizo de lavandería.

residencial caracterizado pola cercanía, a exclusividade e a personalización, que xa se vén implementando con éxito noutras das nosas residencias. Un modelo de atención a persoas maiores que pretende situarse lonxe da sistematización e colectividade que soe aplicarse en centros residenciais de maiores dimensións”. Pola súa banda, García considera que é “unha gran noticia pois é un servizo cada vez máis necesario, está emprazada nun lugar moi céntrico do noso concello e vén a cubrir Segundo Manuel Rodrí- un servizo do que non dispoguez, “pretendemos trasladar ñemos, polo que penso que a Brión un modelo de atención é como para estar satisfeito”.


ACTUALIDADE COWORKING PARA OS PRODUTOS DO CAMPO O coworking é unha forma de traballar que permite que emprendedores e pemes poidan compartir un mesmo espazo de traballo para desenvolver os seus proxectos de xeito independente á vez que fomentan proxectos conxuntos. Uns centros moi “de moda” nestes momentos pero destinados a sectores como profesionais de Internet, deseñadores, programadores, arquitectos, fotógrafos, escritores... pero que en Brión estaría dirixido a un sector moi diferente: o sector primario. O centro de coworking estaría emprazado na segunda pranta do centro comercial Montebalado, “de forma que

tamén axudaría a darlle vida ao centro comercial”, explica o alcalde José Luís García, quen se amosa moi esperanzado no proxecto. “Sería un centro de negocios dedicado ao mundo rural, onde os nosos agricultores terían un lugar onde darlle valor engadido aos seus produtos, ben facendo conservas, envasando ou, incluso, facendo unha pequena praza onde vender directamente os seus produtos ao público”, apunta García. Polo momento, o proxecto xa lle foi presentado ao presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentin Gonzalez formoso, que mesmo visitou as instalacións para coñecer de primeira man a iniciativa.

CENTRO DE ATENCIÓN INTEGRAL PARA MASCOTAS EN BASTAVALES é por partida dobre pois ás instalacións de Brican hai que engadir os servizos que ofrece Bocalán Galicia no marco das intervencións asistidas con animais. Ademais, adestran cans de asistencia para persoas con discapacidade física, para nenos con autismo ou cans de alerta médica, que detectan hipoglucemias en persoas con diabetes e dan a alarma. Estes cans “traen obxectos, abren portas, caixóns... son de moita axuda para persoas con mobilidade reducida e temos moi bos resultados con nenos autistas, sobre todo no que Pero é que no caso do se refire ás fugas xa que estes centro brionés, a innovación pequenos non son conscientes “Un centro canino de atención integral a mascota, cun hotel residencia e unha atención constante e especializada aos animais”. Así describe Marina Ávila, directora de Brican e Bocalán Galicia, unha das ramas desta nova iniciativa empresarial que leva 8 meses funcionando con éxito en Bastavales. A razón do éxito radica tanto na innovación que supón poñer en marcha un negocio único na comunidade galega como na profesionalidade coa que se presta este servizo.

dos riscos e poden cruzar unha rúa sen mirar, pero neste caso o can aferrse ao chan e non o permite”, explica Marina Ávila. Uns servizos que non teñen comparación no resto da comunidade e que xa están a traer a moita xente de toda Ga-

licia a Brión, ben para a atención das mascotas, ben para recibiren cursos de formación, ben para optar a algunha terapia. Todo un exemplo de como unha veciña de Bastavales é quen de poñer en marcha un negocio único e de éxito no rural galego.

rar a calidade de vida destas persoas, ralentizando os síntomas propios da idade. De momento, este proxecto, de iniciativa privada, atópase aínda na súa fase de tramitación previa. E é que para darlle este uso á primeira planta do centro comercial é preciso facer unha modificación da edificabilidade da urbanización, que actualmente está repartida en varias zonas.

A Xunta de Goberno Local xa aprobou o procedemento para permitir a instalación do centro de día na primeira planta da superficie comercial, que non está sendo utilizada. Unha vez superada a fase de exposición pública sen que se rexistrasen alegacións, o cambio ten que ser aprobado polo Pleno, o que daría luz verde á instalación do centro de día brionés.

CENTRO DE DÍA PARA MAIORES EN MONTEBALADO “Será un complemento á residencia de maiores que se está a construír e tamén un servizo para os nosos maiores que non tiñamos no Concello de Brión”. Así explica o alcalde José Luís García o proxecto de facer un centro de día para maiores no primeiro piso do centro comercial Montebalado. Serán unhas instalacións privadas especializadas na terceira

idade onde un grupo de profesionais se dedicará ao coidado de persoas maiores por períodos determinados de tempo, de xeito que os maiores poden continuar vivindo nas súas vivendas. Trátase, pois, dun servizo intermedio entre a total independencia da persoa maior e a súa estancia nunha residencia. Un servizo que permite mello-

Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE ARRANXOS

O Concello soluciona os problemas de humidades no polideportivo e no centro social O alcalde anuncia unha próxima actuación na cuberta do pavillón para acabar definitivamente coas pingueiras

O Concello de Brión vén de investir case 100.000 euros para acabar cos problemas de humidades e aillamento térmico do que adoecían dous dos inmobles municipais máis utilizados pola veciñanza: o pavillón polideportivo e o centro social polivalente. Dúas actuacións acometidas durante o pasado inverno e que supoñen unha tripla mellora para os seus usuarios: medioambiental (xa que reducen o consumo de enerxía), económica (aforro derivado da anterior) e social (pois agora as temperaturas de ambos inmobles son moito máis estables). Unhas obras que foron recentemente visitadas polo presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde José Luís García.

Para a fachada do pavillón, os técnicos optaron por unha dobre solución: colocar madeira ata a zona de pedra e despois un panel sandwich que funciona como aillamento técnico. Unha solución sostible e ecoeficiente, cuxas principais vantaxes son: aforro enerxético e económico, maior seguridade e confort térmico inverno/verán.

O centro social polivalente, a pesar de ser un inmoble que tivo unha recente rehabilitación no ano 2005, o certo é que estaba a sufrir un deterioro moi acelerado, froito do acabado exterior das fachadas, que non tiñan ningún tipo de revestimento térmico. Por iso se apostou por mellorar a envolvente térmica do inmoble, conseguido así unha menor dispersión da calor, un No caso do polideportivo municipal de Pedrouzos, nestes grande aforro enerxético e eliminar as humidades existentes. momentos xa se acometeron as obras de reparación e melloPor iso apostouse por un sistema denominado “Coleterm” ra da envolvente exterior do inmoble (cuberta e trasdosado das fachadas), paliando os problemas de estanqueidade que sufría ou “Saté”, que supuxo a colocación de placas aillantes de 6 centío edificio. Na cuberta optouse por reinstalar os parafusos que metros, protexidas por unha malla e unha capa de imprimación. suxeitan os paneis sandwich e volver a colocar uns novos, do- Con este simple sistema conséguese eliminar as pontes térmitados dunha xunta de neopreno que reduce o seu deterioro e cas, protéxese o edificio da choiva e tamén do vapor de auga, evita a aparición de pingueiras. De feito, o alcalde xa adianta evitando así os riscos da condensación. unha próxima actuación na cuberta para acabar definitivamenA maiores, optimízase a superficie útil do centro, xa que os te coas pingueiras, xa que os técnicos comprobaron que estas suxeicións estaban mal executadas e poderían ser a causa das cerramentos actuais teñen un menor espesor e se aplican no exterior do edificio. actuais filtracións de auga.

6 | Concello de Brión


ACTUALIDADE CENTRO DE SAÚDE

PLAN ÚNICO DIPUTACIÓN

Asinado o convenio para a cesión do centro de saúde

O Concello investirá 365.000 euros en melloras de estradas

García explica que é “un acto de xustiza que levou demasiado tempo”.

O Plan Único da Deputación será destinado a gasto corrente e a amortizar a débeda bancaria do Concello O Pleno aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía do Plan Único da Deputación, que aúna os tres programas anteriores (POS, PAS e PAI) así como as distintas achegas en materia de deportes, cultura ou servizos sociais. Un plan que contempla investimentos no municipio por un importe de 738.234€. Unha cantidade á que hai que sumar o Plan Complementario de 2017, que ascende a 160.316,94 €.

O alcalde e o conselleiro de Sanidade asinaron o convenio para a cesión do centro de saúde brionés ao Sergas, que asumirá a súa xestión e os seus gastos de mantemento. García considera que se trata dun “acto de xustiza que levou demasiado tempo, pois era unha discriminación que Concellos como Santiago non tiveran que custear o mantemento dos seus centros de Saúde e Brión si”. Lembra que o centro de saúde sofre graves problemas de humidades, sobre todo na zona de pediatría e que se reproducen cada vez que chove. “A pesar das actuacións de mantemento e pintado que estivo facendo o Concello todo este tempo, os informes dos técnicos din que o problema se debe a unha incorrecta execución da cuberta do edificio, polo que debería ser a Xunta quen acometa o arranxo”. De acordo co informe do arquitecto municipal, o cano interior da cuberta do centro de saúde para o desaugue das pluviais non ten a pendente necesaria para evacuar a auga, polo que esta queda retida na cuberta. Ademais, tamén se especifica que o cano non ten a altura para resultar efectivo. Finalmente, García valora que dende o Sergas comunicaran o interese por desprazarse ata Brión para coñecer sobre o terreo os problemas estruturais do inmoble, pero tamén lembra que en 2016 xa anunciaran que os arranxos poderían lugar durante o verán, cando finalmente non se acometeron. “Polo ben dos veciños e veciñas de Brión agardamos que dende a Xunta se fagan cargo canto antes da cuberta do centro de saúde brionés canto antes pois as humidades vanse reproducir mentres non se arranxe o problema”.

Así, o concello destinará 204.884,75€ a investimentos financeiramente sostibles, que se traducen en cinco proxectos de mantemento e melloras de diversas pistas municipais. Unhas obras que serán acometidas pola brigada municipal, o que permitirá facer máis actuacións en beneficio dos veciños e veciñas. Así, o acordo aprobado contempla melloras en pistas municipais de Bemil (31.632€), Cornanda (49.731€), Nináns (61.251€), Viceso-Esparís (31.906€) e Coruxido, Piñeiro, Gundín e Guitiande (30.363€). A maiores, o pleno aprobou destinar 160.316€ ao Plan Complementario de 2017, que inclúe mantemento e mellora de pistas municipais en Santa Minia-O Enxo (115.974 €) e A Torre (44.342 €). GASTO CORRENTE E DEBEDA BANCARIA CERO O concello investirá 320.997,47€ a financiación de gastos correntes tales como limpeza viaria, alumeado público, recollida do lixo, parque público ou mantemento da biblioteca municipal. Así mesmo, destinará 212.352,17€ á amortización da débeda con tres entidades financeiras permitindo que o concello deixe a súa débeda bancaria practicamente a cero. O secretario deu conta da situación económica do concello no cuarto trimestre de 2016. Un informe no que confirmou que se cumpren cos principios de estabilidade orzamentaria e coa regra de gasto, paga a provedores nun período de -14,10 días (é dicir, 14 días antes do legalmente establecido) e ten unha débeda viva de 662.232€.

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE OBRADOIROS DE EMPREGO

Ames e Brión volverán pedir un novo obradoiro de emprego tras formar a 35 desempregados García e Miñones clausuran os obradoiros Accede e RenovAmes-Brión Os alcaldes de Brión, José Luís García, e Ames, José Miñones, acordaron solicitar un novo obradoiro de emprego para 2017, cunha duración de nove meses, logo do éxito acadado polos obradoiros Accede e RenovAmes-Brión, que se desenvolveron entre setembro de 2016 e marzo de 2017. A través destes obradoiros 35 alumnos-traballadores e 10 persoas do equipo de dirección, docente e administrativo tiveron un contrato laboral de 6 meses. Uns meses nos que realizaron melloras de accesibilidade, montaxe de equipamentos térmicos de biomasa e mantemento e aforro enerxético. Durante o acto de entrega dos diplomas acreditativos ao alumnado, García destacou “o bo traballo feito polo alumna-

ra que redundan no beneficio de todos os veciños e veciñas”. Tamén mostrou a súa satisfacción porque “catro alumnos destes obradoiros atoparon un posto de traballo” e animounos “a ser emprendedores e crear, na medida do posible, a vosa propia empresa para poñer en práctica o aprendido Pola súa banda, Miñones durante estes meses”. agradeceulle ao alumnado “o Estes obradoiros, cuxo ortraballo feito durante estes seis meses porque ademais de re- zamento ascendeu a 311.000 cibir unha formación, executa- euros, contaron co cofinanciaron diferentes obras de mello- mento da Xunta de Galicia e co do no ámbito da accesibilidade coma a nivel de melloras enerxéticas” e agradeceu o traballo feito polos técnicos municipais de Ames e Brión, anunciando que ambos municipios “seguiremos colaborando para que se repitan os éxitos destas iniciativas”.

ACTUACIÓNS DO RENOVAMES-BRIÓN

No RenovAmes-Brión participaron 15 alumnos-traballadores menores de 30 anos e 4 persoas do persoal de dirección, docente e administrativo que executaron traballos de montaxe e mantemento de equipamentos térmicos de biomasa en varias instalacións municipais de Brión. Así, instalaron unha estufa de pellets no local social dos Ánxeles e no local da banda de musica municipal. Ademais, tamén levaron a cabo actuacións de mellora da eficiencia enerxética na Escola de Música e na Biblioteca municipal. Os traballos de mantemento executáronse nas escolas unitarias de Bastavales, Os Ánxeles e Luaña; no centro social polivalente de Pedrouzos e no centro medico de Brión. 8 | Concello de Brión

apoio financeiro da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Isidoro Martínez, destacou que “estes obradoiros son un dos mellores instrumentos para mellorar a empregabilidade do alumnado participante. Permiten o acceso a un posto de traballo ao mesmo tempo que se mellora a formación dos participantes co obxectivo de incrementar as posibilidades de acceso ao mercado laboral”.

ACTUACIÓNS DO ACCEDE

Neste obradoiro participaron 20 alumnos e outras 6 persoas do equipo de dirección, docente e administrativo. Este proxecto estivo dirixido a realizar obras de pavimentación e albanelería para mellorar a accesibilidade dos espazos públicos. Así, realizouse un replanteo dos pasos de peóns próximos ao CEIP de Pedrouzos para adaptalos á normativa. Empregáronse baldosas de terrazo de 64 botóns, así como as pendentes indicadas pola lei. Estes traballos realizáronse en coordinación cos servizos afectados de gas natural e da rede de augas pluviais para facer as dúas acometidas dende as novas arquetas e eliminar a arqueta que invadía o paso de peóns que dá acceso a porta do colexio publico de Brión. Tamén se adaptaron as tapas de dúas arquetas da rede eléctrica a os acabados de baldosa de terrazo cos botóns, por a súa coincidencia no trazado da modificación.


ACTUALIDADE DISTINCIÓNS

Regueiro de premios e distincións para o alumnado do IES de Brión Terceiros a nivel nacional no concurso Wisibilízalas, primeiros no certame autonómico “Na procura do talento dixital” e accésit na VIII Olimpíada Galega de Xeoloxía. Ultimamente falar do IES de Brión na Altamira supón falar de premios de recente consecución, froito do elevado nivel académico destes rapaces e rapazas unido ao bo facer do equipo educativo do IES de Brión, que sabe canalizar esa creatividade de forma que aprender se faga o máis divertido posible. Terceiros no concurso nacional “Wisibilízalas”, primeiros no certame autónomico “Na procura do talento dixital” e, o último en chegar cando pechabamos edición, accésit na VIII Olimpíada Galega de Xeoloxía. Hai para elixir. Porque, como asegura a concelleira de Ensino, Yolanda Bouzas, “temos que felicitar tanto ao alumnado como ao profesorado do IES de Brión non só por estes meritorios premios, senón por toda a súa traxectoria. Porque estes múltiples galardóns demostran a todo o mundo algo que os veciños e veciñas de Brión xa sabemos: o gran nivel educativo que ten o noso instituto”.

A MULLER E A CIENCIA

O equipo “Brión 2” logrou o terceiro posto no concurso “Wisibilízalas”, un certame organizado pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona entre todos os colexios e institutos de España para dar visibilidade ás mulleres que traballan no ámbito das TIC e potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía. A profesora de Tecnoloxía do IES de Brión, Luz Ramos López, foi a encargada de recoller o premio en Barcelona, nun acto celebrado o 11 de febreiro. O galardón foi conseguido por un grupo formado por alumnado de 1º de Bacharelato (de TIC) e 4º de ESO (Educación Plástica, Visual e Audiovisual) en recoñecemento á calidade da páxina web “Mulleres TIC” (http:// espazoweb.com/mullerestic/), na que describen a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballan no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación. O equipo estaba composto polos alumnos/as: Carmen Alonso, Pablo Bouzas, Alejandro Dosil, Carla Fernández, Carmen González, Xosé Lois Piñeira, Martiño Lorenzo, Karen Manukyan, Patricia Sánchez e Carmen Trigo.

COMPRESIÓN LECTORA

Días antes, tres alumnos de 2º de Bacharelato do IES de Brión foron premiados no concurso “Na procura do talento dixital”, entregados no marco do foro Dico Summit 2017, que xuntou a preto de 400 participantes. Na categoría mozo de 14 a 18 anos, o primeiro premio foi para a iniciativa “Read for Speed”, unha idea para desenvolver unha aplicación que mellore tanto a velocidade de lectura como a comprensión lectora dos usuarios. Os alumnos premiados foron Brais Cuns e dous “vellos” coñecidos da Altamira, Lois Meira e Brais Cuns, prota-

gonistas da nosa entrevista no número anterior por teren gañado dous prestixiosos certames de robots segueliñas (“Sensores para todos” e “OSHWDem 2015”), conseguir o terceiro posto na II Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo e quedar segundos de entre 1.500 proxectos de toda España no “Desafío Stem”, convocado pola Fundación Telefónica. O premio foilles entregado polo consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e pola directora de AMTEGA, Mar Pereira, no transcurso dun acto celebrado na Cidade da Cultura de Santiago.

XEOLOXÍA

E o penúltimo en chegar, porque estamos seguros de que isto vai para longo, foi Alberte X. López Freire, alumnos de 4º da ESO do IES de Brión, que conseguiu un accésit na fase galega da VIII Olimpíada de Xeoloxía, na que se rexistrou un récord de participación: 273 estudantes de toda Galicia. Alberte X. López Freire conseguiu un diploma

acreditativo e material relacionado co estudo da xeoloxía despois de superar unha proba teórica de 40 preguntas tipo test e outra práctica con cuestións arredor dun mapa topográfico e outra sobre fotografías e exemplares de rochas, minerais e fósiles. Unhas probas que o situaron como o segundo mellor de toda a provincia da Coruña e como o único premiado na provincia que non pertencía ao IES Rosalía de Castro de Santiago. Esta olimpíada é unha actividade convocada pola Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra, a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos dirixida a alumnado de 4º da ESO e Bacharelato. Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE RECICLAXE

O Concello pon en marcha un servizo de recollida de aceite de cociña usado A diferenza doutros servizos, poderase tirar o aceite co envase, facilitando a reciclaxe por parte dos veciños Recollida gratuíta de enseres e aparellos electricos e electrónicos O Concello volve facer un chamamento á colaboración veciñal no que atinxe á recollida de enseres e aparellos eléctricos ou electrónicos, que non poden depositarse nos contedores do lixo. Os veciños e veciñas teñen á súa disposición dous servizos de recollida totalmente gratuítos e que están ao seu alcance con só unha chamada de teléfono.

O Concello de Brión vén de poñer en marcha un servizo de recollida de aceite de cociña usado coa instalación de seis contedores, que se unen ao que xa existía nas instalacións de Protección Civil, que sigue en funcionamento para dar servizo aos veciños de Lamiño e Brión. Estes depósitos están situados fronte ao Hotel Balneario Compostela (dirixido aos veciños do Tremo, Alqueidón e Os Ánxeles), no cruce dos Ánxeles (para dar servizo ás urbanizacións), no cruce de Gundín (Os Ánxeles e Boullón), preto da Escola Unitaria de Sabaxáns (Bastavales), no cruce de Vilar (Ons e Viceso) e fronte á taberna da Luaña (Luaña e Cornanda).

primeira proba para ver como responden os veciños ante este novo servizo” e adianta que “se hai moita demanda doutras aldeas ou parroquias, o Concello podería aumentar o número de contedores”.

apenas se lle presta atención pero que, na práctica, está considerado como o máis contaminante de todos os que xeramos nos nosos fogares. A acción “habitual” de desfacerse do aceite de cociña a través do desaugue da cociña ou do baño pode producir un triplo dano: obstrúe as cañerías da vivenda, causa avarías nas depuradoras (encarecendo ao Concello o tratamento das augas residuais, o que finalmente repercute en cada veciño) e é altamente contaminante para o medio ambiente. Un simple dato: un litro de aceite é quen de contaminar máis dun milleiro de litros de auga.

Como responsable da xestión do servizo, que prestará a empresa Procesadora Gallega de Alimentos SL durante os próximos dous anos, Yolanda Bouzas apunta que “para unha maior hixiene e para facilitar a reciclaxe, nos contedores poderase tirar o aceite co seu envase, e non só o aceite”. Deste xeito, evítase que os veciños teñan que andar con botellas ou frascos de casa ao depósito e do depósito a casa, ademais Ademais, o Concello de de ter que verter o aceite no Brión mantén o servizo de reA primeira tenente de al- contedor. collida de aceite usado de vecalde, Yolanda Bouzas Alfonsín hículos e maquinaria, como xa explica que estes primeiros O aceite usado de cociña se viña facento, nas instalaseis contedores “son unha é un deses residuos ao que cións de Protección Civil. 10 | Concello de Brión

No caso da recollida de aparellos eléctricos ou electrónicos (electrodomésticos, equipos informáticos, ferramentas eléctricas...) só é preciso chamar ao Concello (981 88 70 06) e traballadores municipais recollerános na propia vivenda do solicitante. Iso si, como non é un servizo diario senón mensual, rogamos a colaboración veciñal para manter o aparello na vivenda ata a súa retirada, que se fai un xoves de cada mes sen coste ningún para o veciño. No caso doutros tipos de enseres (mesas, sofás, camas...) os interesados deberán chamar ao servizo de recollida de lixo da Mancomunidade “Serra do Barbanza” (981 19 12 40). Nestes casos, a recollida ten lugar cada quince días. O Concello lembra que está prohibido o depósito deste tipo de residuos canda os contedores do lixo ou en calquera outro lugar. Ademais de supoñer unha grave afección ao noso medioambiente, esta actitude poden derivar na imposicións das sancións que procedan.


ACTUALIDADE PATRIMONIO

Concello e Deputación acordan darlle un profundo lavado de cara ás Torres de Altamira O entre provincial fará unha entrada en pedra ata as Torres e o Concello ampliará a cuneta, gañando espazo para aparcadoiro “O sitio é moi estratéxico, polo que dende antigo puido existir algunha construción de carácter bélico, pero mentres non se leve a termo un estudo arqueolóxico, pouco se pode dicir verbo da súa orixe, de se se asenta sobre unha acrópole castrexa e de cando datan as primeiras obras medievais. Algúns historiadores coidan que a primeira construción pode ser cando menos do século IX, pero non se dispón de documentación que o demostre”. Deste xeito describe o historiador Clodio González a fortaleza das Torres de Altamira, o monumento máis identificativo de Brión pero que nos últimos anos uniu a este “misterio histórico” outros máis mundanos, consecuencia dun abandono

que había días nos que practicamente estaba intransitable, e melloraremos as condicións de seguridade dos centos de persoas que visitan este enclave”, explica o alcalde.

tanto do inmoble como da súa probase sobre o terreo as eivas contorna por parte do seu pro- existentes na zona. Unha visita que serviu para que González pietario, a Deputación. Formoso se comprometera a Por iso, o alcalde aprovei- facer unha entrada en pedra tou unha visita do presidente que suba dende o pé da estraprovincial, Valentín González, da ata as Torres de Altamira. ao municipio para acompañalo “Así conseguiremos que non se ata a fortaleza para que com- deteriore o camiño de acceso,

Así mesmo, o concello ten previsto entubar a cuneta, conseguindo así un dobre obxectivo: por unha banda, canalizar mellor as augas pluviais; e, por outra, anchear a estrada, permitindo así gañar espazo para que todos os que se acheguen a visitar a fortaleza teñan onde aparcar os seus vehículos. O Concello tamén se vai poñer en contacto cos veciños da contorna para ver de chegar a un acordo para retirar uns eucaliptos que tapan a visibilidade do castelo.

SENDA PEONIL

As obras da senda peonil e ciclista entre a Buio e Lago comezarán no verán O Concello agradece a iniciativa da Xunta e solicita outra actuación semellante na AC-300, ao seu paso por Pérros Chegar a Santiago dende Gundín a pé e por sendas peonís. Ese é un dos obxectivos do Plan de Sendas da Xunta de Galicia e que aos veciños e veciñas de Brión nos suporá a construción de 730 metros de senda peonil e ciclista na estrada AC-543, que unirán a urbanización Monte Devesa e as beirarrúas de Lago. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, desprazouse ata o lugar para presentar o proxecto. Un acto no que estivo acompañada polo concelleiro de Obras de Brión, José Luís Sampedro, e os concelleiros do grupo popu-

lar, José David García e Saturnino Abete. Vázquez explicou que esta actuación entre Buio e Lago “favorecerá a mobilidade sostible e a accesibilidade dos veciños e veciñas de Brión”. Neste sentido, sinalou que se trata dunha “actuación duns 700 metros, de 1,8 metros de ancho e separados da calzada cunha zona axardinada”. Así mesmo anunciou que “as nosas previsións son que as obras poidan comezar este verán”. José Luís Sampedro agradeceu a iniciativa da Xunta e aproveitou para trasladarlle á conselleira a necesidade

de realizar unha actuación semellante para mellorar a seguridade viaria na AC-300 Os Ánxeles- A Picaraña, ao seu paso por Pérros. “Trátase dun tramo máis pequeno pero no que se produce un estreitamento que supón un perigo na seguridade viaria tanto de peóns coma de condutores desta estrada de titularidade autonómica, que ademais ten moito máis tráfico”. A conselleira comprometeuse a estudalo.

Ethel Vázquez salientou que esta senda “verase complementada coas de Vidán e Laraño, que se rematará na primavera, e Laraño e Aldea Nova, o que nos permitirá ter un itinerario peonil que unirá Bertamiráns e Brión con Santiago”. A conselleira destacou que a Xunta porá en marcha máis de 15km de sendas na comarca de Santiago e que suporán un investimento de 3,7 millóns de euros. Revista Altamira | 11


BRIONESAS

De “madames” e “peluscas”, as memorias das pioneiras de Brión ROSA BARBAZÁN, Viceso ESTHER LAGO, Brión

LOURDES NÚÑEZ, Os Ánxeles

ROSA OTERO, Ons

CARMEN FERNÁNDEZ, Bastavales

Co gallo do Día Internacional da Muller, en Altamira quixemos reunir a un grupo de brionesas que tiveran a ben contarnos as súas vidas. Vidas nuns tempos nos que conceptos como igualdade, corresponsabilidade ou empoderamento simplemente non existían. Cando menos en España, pois as que foron traballar a Europa comprobaron que as cousas non tiñan que ser así,

que as mulleres eran algo máis ca nais e máquinas de traballar na casa. Á súa volta a Brión foron pioneiras en moitos aspectos. As primeiras en usar anticonceptivos, as primeiras en conducir, as primeiras en votar... Hoxe cóntannos as historias das súas vidas. De como estas “madames” europeas souberon impoñerse ás “peluscas” que vian os seus conveciños.

- Carmen Fernández, veciña de Bastavales, é a primeira valente que se decide a falar. - Carmen Fernández: Casei aos 26 anos e fun traballar a Inglaterra, a unha cafetería. E sen falar inglés, aínda que aló, salvo a caixeira, ningún era inglés. Eran gregos e italianos. Deixei un fillo aquí e cada vez que via un neno partíaseme o corazón, pois só podía escribir, non podía chamar por teléfono. Tiven outro neno aló e ao mes xa volvín traballar. Erguíame ás seis para limpar ao neno e deixarlle listo o biberón antes de ir traballar. Ao final volvemos a Bastavales. O meu home foi condutor, polo que estiven sempre cos nenos e coas vacas. Traballei coma unha besta. - Esther Lago: nós eramos nove de familia e aos 8 anos tiven que ir eu soa en tren a Valladolid a traballar na casa dunha

Escocia, limpando os cacharros e o comedor. Deixei tres nenos aquí, que grababan cintas que eu escoitaba aló. Quedei embarazada e volvín a España. Dicíase que non se podían ter máis de tres cesáreas porque morrías, pero aquí estou. Ofrecéronnos quedar e unha casa con xardín, 3 habitacións e sala. Pero miña nai non quixo vir e os nenos non querían deixar á avoa. - Rosa Barbazán: Eu nacín de nai solteira, o cal era unha vergoña daquela. Tivemos que saír da casa e os meus padriños nos acolleron. Fun doce anos á escola e vivín unha boa infancia. Con 15 anos todo cambiou, houbo que traballar na casa e coas vacas. Pódese dicir que comín a galiña antes ca sardiña. E aos 25 anos decidín casar e e fomos traballar á Cooperativa de Viceso, que formaron no 1972 José Cantelar e José Esparís. A pri-

12 | Concello de Brión

señora de Brión. Ao ano volvín e fun traballar cunha tía a Santiago, onde aprendín a ler e escribir nun par de meses. Pero terminei volvendo a Brión a traballar nunha casa. Lembro que me deixaban unha mañá para ir traballar co dentista porque me pagaban 70 pesetas ao día. - Rosa Barbazán: aínda eran boas. - Esther: Ninguén quería traballar con el porque tiña fama de mullereiro. Eu ía todas as semanas. Casei e tiven tres fillos, todos por cesárea. Marchamos a Escocia e eu fun soa no barco, mareada e sen beber nada. Cheguei sen falar inglés e non había ninguén, polo que con señas collín un taxi, aínda que non tiña cartos. Cando cheguei, a muller da casa pagou e convidoume a un te con leite. E 41 anos despois aínda sigo co vicio. Fomos a un hotel de campo en

meira que se fixo. Eramos case todos da familia e estivemos 15 anos traballando xuntos. Aló traballaba todo o mundo. As mulleres iamos polas tardes, xa que polas mañás nos ocupabamos dos nenos. Pero se unha muller tiña unha idea, se lle escoitaba. Tiñamos un muíño, que producía electricidade cando no resto de Brión non tiñan. Viceso era unha zona rica. Xa o di a canción: “Ons, campaneiros. Viceso, banqueiros. Luaña, fogueteiros e Urdilde, taberneiros”. - Esther: Aí o que vos axudou moito foi a carretera, poque estabades incomunicados. - Rosa B.: Esa carretera foi do mellorciño que se fixo. - Lourdes Núñez: lembro ben cando se fixo esa carretera e todo o que cambiou. Eu era a máis vella de catro irmás. Meu pai morreu cando tiña 9 anos e tiven que poñerme a traballar


BRIONESAS para axudar á miña nai. A escola fun pouco e, por riba, tiña a Dona Marga. - Esther: nai ca pariu. - Lourdes: a min me poñía de rodillas por faltar a clase por ir traballar, polo que non aprendía nada e, aínda enriba, estaba castigada por traballar. - Carmen: era a cultura de dar estopa. - Lourdes: tiña nove anos e tiña que facer de todo. Besaba co arado de ferro coas vacas. E tiña que facelo porque eramos todo mulleres na casa e eu era a máis vella. A miña nai era unha regateira ca nin Deus. Pero pan, comíase de festa en festa. - Esther: se querías un ovo fritido tiñas que dicir que che doía a barriga. - Lourdes: aos 16 anos entrei no aserradoiro de Portanxil. Había moito que facer e moitos homes detrás das máquinas. Facías o mesmo ca eles, pero cobrabas moito menos. Pero, cando menos, na fábrica nos respectaban. Pero eu tiña que darlle os cartos á miña sogra, non podía quedar con nada. E, como ía casar, tiven que deixar de traballar no aserradoiro. Miña nai doume unha becerra, crieina e así tiña con que facer cartos para min. - Vese que, en ocasións, as mulleres eran as peores inimigas das propias mulleres. - Carmen: lembro unha amiga que dixera que era a máis espabilada porque casaba cun dos máis ricos de Brión. Pero despois resulta que na casa todo o manexaba a sogra. E me dicía: vós tivestes liberdade. Eu era a máis pobre de todas, por moito que casei co máis rico da parroquia. - Rosa Otero: eu pasei unha infancia sen fame, pois meu pai era empregado nunha conserveira en Cangas. Fun á escola e ás veces a miña nai queixábase de que tiña que facer ela todo e había que coidar as leiras. E meu pai, que non era nada machista e lle gustaba moito ler, dicía que estudara, que me ía facer falla. Aos 17 eu deixei os estudos e miña irmá seguíu o Bacharelato. Eu fun traballar a Vigo, nunha oficina, todo o día facendo facturas. Despois, ata os 25 anos estiven traballando

co meu pai en Massó, pero entón quixen voar. Tiven unha nai demasiado protectora. Un día discutín con ela e fun ver unha amiga que estaba preparándose para emigrar. O que máis había era camareiras de hoteis, pero eu quería facer algo porque me sentía como unha inútil. E o 19 de maio de 1969, oito mulleres e 292 homes collemos un tren a Madrid e de aló fomos a Holanda. Lembro que fixemos trasbordo en París e nos deixaron aos trescentos no andén sen saber que facer. Era un hotel enorme e nos trataron moi ben. De feito, o único problema que tiven neses anos foi, precisamente, cun grupo de españois que me soltaron un “española tenías que ser” porque chamaron ao servizo de habitacións e eu estaba no outro lado do hotel, polo que non cheguei ao momento. - Coincidides en que o da desigualdade salarial vén de vello pero atopastes moitas diferencias entre traballar fóra e facelo en Galicia? - Esther: era o día e a noite. - Rosa O: fóra o único momento que me sentín mal foi con ese señor. E era español. - Carmen: pero gañaba máis o meu marido. - Esther: e faciamos o mesmo traballo. - Rosa B: disque a muller pasa cada día dúas veces por riba do home: unha porque somos as primeiras en levantarnos e porque somos as últimas en deitarnos. Sempre traballando. - Rosa O: en Holanda mes-

mo había mulleres xefas. Eu tiña unha supervisora holandesa. Despois estiven catro anos en París, onde tiven á mina filla. Voltei a Galicia e volvín loitar para empezar de novo. Fixen o graduado e unha FP de auxiliar de clínica. E os últimos trinta anos fun carteira, pois con 48 anos aprobei unha oposición. - Botades en falla non ter podido estudar? - Rosa B: o meu erro máis grande foi non sacar o carné. - Esther: eu saqueino aos 42. Pero si que o boto en falta porque me gustaba estudar, pero aprendín polo mundo. - Carmen: eu fun á escola e meu tío ensinoume porque lía moitísimo. Nunca fun coas vacas a pacer. Pero cando acabei o colexio chamaron aos meus pais e lles dixeron se podía seguir estudando. E contestaron que non había cartos. E non fun. Un ano despois compraron unha leira. Para iso si había cartos. - Rosa B: pero agora, con 70 anos, estudo as obras do grupo de teatro e quédame todo. Teño mellor memoria. - Dicia Lourdes que tivo que deixar de traballar fóra da casa porque casou. Porén as que estivestes no estranxeiro seguistes traballando canda os vosos homes. - Esther: aló todos me respectaban e ensinaronme con moita paciencia. Eran moi boa xente, cariñosos con nós. - Rosa O: en Francia tratábanme de “mademoiselle”. Foi

quedar embarazada e pasaron ao “madame”. Había un respecto aínda que era nai solteira. Ninguén me miraba mal. Aquí xa foi outra cousa. Todo o mundo miraba mal. E, como o pai era africán, chocaba aínda máis. Pero foi mellorando - Esther: a xente criticábame por ir traballar a casas en Santiago, porque aló só ían as “peluscas”. Despois resulta que as que máis falaban foron as primeiras en ir traballar a Santiago. - Rosa B: eu tiña un anorak quentiño de Francia e me miraban todas. Era como levar o demo enriba, facíanche a vida imposible. - Porén fostes pioneiras en moitas cousas. - Carmen: cando comecei a traballar en Inglaterra ofrecéronme anticonceptivos na empresa. Pero eu non sabía que era. Ben, nin eu nin o meu marido. - Esther: eu tomaba a píldora fóra, pero aquí na farmacia non se daba. - Lourdes: eu non tomei nunca nada. - Carmen: eu decidín ir ao xinecólogo porque en Inglaterra si me ofreceran a píldora. E fun das poucas mulleres da miña xeración con carné de conducir. O meu home dicía que co carné tiña máis liberdade e non quería que saíra porque deixaba de estar baixo control. - Rosa O: para min o que foi unha marabilla e unha gran alegría foi a primeira vez que puiden votar. E dende que temos ese dereito non deixei de facelo.

Revista Altamira | 13


ACTUALIDADE EDUCACIÓN

Brión conta cun profesorado preparado e activo Mestres do CEIP de Pedrouzos participaron nun programa de formación para o desenvolvemento docente a través da observación, o intercambio e a formación na acción educativa. VISITA

Levamos varios números de Altamira falando os distintos premios acadados polos rapaces e rapazas dos distintos centros educativos de Brión ao tempo que salientabamos que iso é froito, en parte, do gran nivel dos seus profesores. E iso é así porque seguen con esa curiosidade formativa que intentan inculcar no alumnado e seguen participando en interesantes inciativas. Así, mestres do CEIP de Pedrouzos (Brión) e do CEIP Nuestra Señora de la Paz (Villaralbo. Zamora) e CRA Valle de

Valverde (Burganes. Zamora) participaron no proxecto de innovación “Observa_Acción”, un programa de formación para o desenvolvemento docente a través da observación, o intercambio e a formación na acción educativa. Dez docentes dos centros zamoranos desprazáronse ata Brión, onde foron recibidos polo alcalde do Concello de Brión, José Luís García, e a concelleira de Ensino, Yolanda Bouzas. “Todo o que sexa intercambio de experiencias educativas redundará en beneficio dos nosos alumnos e alumnas”, apuntou

IOGA

Os alumnos e alumnas das clases de ioga saudan ao sol Realizaron os 108 saúdos ao sol para dar a benvida á primavera

o alcalde, que agradeceu a visita ao director do CEIP de Pedrouzos, José Antonio Martínez Lista. Os docentes zamoranos salientaron que este proxecto é unha aposta pola innovación e a formación do profesorado zamorano e brionés, que posteriormente devolverá a visita a Zamora. O obxectivo é que os mestres poidan observar de forma directa outras metodoloxías e enfoques didácticos nos procesos de aprendizaxe dos alumnos que se utilizan noutras comunidades. O saúdo ao sol está considerado como un dos exercicios de ioga máis completos que existen. Trátase dunha secuencia de doce posturas (ou asanas ióguicas) que se fan nun movemento regular e continuado, no que o practicante mantén unhas pautas de respiración que acompañan a cada postura. Un exercicio que nas clases de ioga adoita empregarse como prequencemento ou preparación, pero que tamén é un excelente exercicio que proporciona numerosos beneficios ao corpo e á mente. Quizais por iso os alumnos e alumnas das clases de ioga en Brión decidiron marcarse o desafío de realizar os “108 saúdos ao sol”, unha práctica relacionada coa chegada

14 | Concello de Brión

No IES de Brión recibiron a visita do alumnado do Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria para coñecer como se está aplicando o traballo por proxectos interdisciplinares co alumnado da ESO e Bacharelato. Os profesores Luz Ramos e Xabier Lorenzo explicaron como desenvolver metodoloxías orientadas a que o alumnado constrúa propias aprendizaxes a partir de propostas, retos ou centro de interese; metodoloxías baseadas no traballo colaborativo na rede, na aprendizaxe autónoma, a responsabilidade e a creatividade; metodoloxías que desenvolven os contidos específicos de diferentes materias de forma interdisciplinar e adaptándose ás necesidades e intereses do alumnado. da primavera, momento de cambios e renacemento da enerxía solar. Un número que aos non iniciados lles pode resultar estraño, mais na tradición hindú e budista o 108 é un número moi especial, cun poder místico e espiritual. Así, durante máis de dúas horas e media, o salón de actos do centro social polivalente converteuse nun templo no que unha vintena de veciños e veciñas de Brión practicaron este exercicio. Cada quen ao seu ritmo e durante o tempo que o corpo, e o espírito, lle aconsellaban. De feito, durante o tempo de celebración do exercicio houbo xente que se sumou e que o deixou, pero todos e todas remataron moi satisfeitos pola iniciativa.


SERVIZOS SOCIAIS ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A música, temática principal do festival de Entroido da gardería

Máis de oitenta nenos e nenas da escola infantil municipal participaron no desfile de Entroido do centro. O bo tempo permitiu que a actividade se desenvolvese no exterior, onde varias decenas de nais, pais, avoas e avós se achegaron para ver os cativos disfrazados. A música foi a temática do desfile, con distintas caracterizacións segundo os grupos de idade nos que se organiza a escola infantil. Deste xeito, na zona de aparcadoiro, baleira e sinalizada por parte da Policía Local, puidéronse ver integrantes dunha tuna, un grupo numeroso de Rolling Stones ou adaptacións do traxe folclórico tradicional galego. Os disfraces foron elaborados polos nenos e nenas, co apoio do equipo pedagóxico do centro, utilizando materiais reciclables. O desfile, ao que tamén acudiu como espectador o alcalde, organizouse como unha festa aberta á participación das familias, que achegaron diversos produtos e doces típicos das festas de Entroido dos que os nenos e nenas deron conta ao longo da mañá.

VISITA DOS MAIORES

Maiores de Brión visitan o Museo de Historia Natural de Santiago

Corenta maiores de Brión realizaron unha saída cultural ata o Museo de Historia Natural de Santiago. Os maiores, integrantes dos Obradoiros de Mente Activa e Ximnasia de Mantemento, realizaron un percorrido guiado polas salas expositivas do centro: Biodiversidade mariña e terrestre e xeodiversidade e solo. Unha iniciativa didáctica na que os maiores brioneses tiveron acceso a material do museo, polo que mesmo puideron facer o seu propio traballo de investigación sobre os temas aló expostos. Diante da gran aceptación que tivo esta pequena excursión, dende o Concello de Brión non descartan algunha saída cultural máis ao longo do curso.

Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES CULTURAIS

Rosalía e Brión cumpriron 180 anos da man O Concello fixo un programa especial para conmemorar a efeméride tras a gran participación nas actividades de Nadal

A XXI edición do Festival de Títeres celebrouse un ano mais no Nadal

Cayetano Lledó colgou o cartel de completo na 1ª xornada do Festival de Máxia

O escritor e editor Francisco Castro (no centro) visitou a biblioteca municipal

As Escolas de Música e Baile Tradicionais festexaron a chegada da primavera

16 | Concello de Brión

Disque a mellor fórmula para acadar o éxito á hora de facer calquera programa é combinar as actividades tradicionais que teñen máis éxito con algunhas novidades que eviten a típica sensación de repetición do “Día da marmota”. Por iso, programacións especiais como a dedicada polo Concello para celebrar coa cidadanía o 180 aniversario do nacemento de Rosalía son tan ben recibidas. Un programa que incluíu una exposición, “Unha imaxe e mil versos”, na Biblioteca Municipal, que tamén acolleu o “Rosalía cumpre 180 anos! Queres celebralo con ela?”, un espectáculo no que a actriz María Torres, caracterizada como unha divertida Rosalía, saíu dos libros para falar da súa vida e de poesía cos nenos e nenas de Brión. Outra Rosalía, a de Larraitz Urruzola, chegou tamén ao público brionés a través de “A viaxe de Rosalía”. En total, un mes de actividades durante o cal a Casa da Cultura levou a cabo unha campaña de fomento da visibilidade da figura de Rosalía entre a cidadanía de Brión, destacando os vínculos sentimentais entre Brión e Rosalía, que curiosamente cumpren ambos 180 anos do seu nacemento neste 2017. Unha campaña realizada a través dunha lona e unha serie de marcapáxinas deseñadas polo recoñecido artista Xosé Vizoso, dispoñibles de balde para toda a cidadanía na biblioteca municipal, na Casa Consistorial e Casa da Cultura de Brión. Mais a homenaxe a Rosalía non eclipsou as tradicionais activiades lúdicas e culturais levadas a cabo polo Concello

durante estes últimos meses. Outro exemplo desa combinación do tradicional e o novo tivo lugar co Festival de Títeres, que leva 21 anos sendo fiel á súa cita cos máis cativos do municipio nos primeiros días do ano e que este ano trouxo os monifates de Caramuxo Teatro, Títeres Trompicallo e Taxarina Títeres; e o Festival de Maxia, que se estreou este ano cun prometedor resultado da man de Cayetano Lledó e Martín Camiña. Os que volveron arrasar, e por partida dobre (Nadal e Entroido), foron os alumnos e alumnas da Escola de de Música Magariños, que no hipotético caso de que cobrasen a entrada terían que colgar o cartel de “non hai billetes” en máis dunha ocasión. Outros que arrasaron foron os rapaces e rapazas das Escolas de Música de Baile Tradicional do Concello de Brión co seu Festival da Primavera, foto que ocupa a portada desta Altamira. E rematamos este breve recordatorio de actividades pasadas cos integrantes do Club de Lectura da Biblioteca, que conmemoraron o Día Mundial da Poesía por todo o alto coa visita de Francisco Castro, escritor e director xeral da editorial Galaxia. Unha xuntanza na que falaron da súa última novela, “Amor é unha palabra coma outra calquera”, e na que o autor atendeu as distintas cuestións presentadas polos socios e socias do club de lectura. Lembra que se queres unirte ao grupo só é preciso anotarse na biblioteca ou chamar ao 981 50 99 69. Porque, como dicía Katherine Mansfield, o pracer de ler é dobre cando se vive con outra persoa coa que compartir os libros.


CULTURA E DEPORTES

ENTROIDO

Os Entroidos máis senlleiros de Galicia triunfan en Brión O alumnado do CEIP de Pedrouzos acapara os tres primeiros premios dun concurso que reuniu mais de 2.000 persoas Os nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos e as súas representacións dos Entroidos máis coñecidos de Galicia acapararon os tres primeiros premios do Concurso de Disfraces que, como é tradición, é o encargado de poñer o punto e final ás celebracións de Entroido na comarca compostelá. Unha festa que reuníu no polideportivo a máis de 2.000 persoas, das que máis de 450 participaron no concurso de disfraces. A choiva impediu a celebración do desfile de Entroido polas rúas de Pedrouzos, polo que a festa trasladouse dende un primeiro momento ao Pavillón Polideportivo Municipal, onde os participantes estiveron acompañados pola música da charanga Os Celtas e da orquestra Ritmo Joven, que amenizou coa súa música a tradicional festa de Entroido que se prolongou ata ben entrado o serán. O concurso estivo moi competido, sobre todo na modalidade de comparsas na que o xurado decidiu outorgar varios accesit debido á calidade tanto dos disfraces como das coreografías, de xeito que todos os grupos participantes levaron algún premio. Mais os grandes triunfadores da noite foron os nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos, que por primeira

vez no que se leva de concurso acapararon os tres premios principais. O primeiro premio, de 300€, foi para “Os cigarróns”, conformado por nenos e nenas de 5º de Primaria. O segundo premio, 250€, recaeu nas “Madamas e galáns de Cobres”, dos nenos e nenas de 3º de Primaria. O terceiro premio e os seus 200€ foron para “Os boteiros”, con nenos e nenas de 6º de Primaria. Deste xeito, dende o colexio achegaron aos presentes algúns dos entroidos máis recoñecidos internacionalmente na nosa terra. No resto de categorías, salientar o triunfo de “A ghata ruín da Prada” (Arzúa), “O conto de Alí-Babá” (Brión) e “Mario e os seus amigos” (Santiago), que levaron os 200, 150 e 100 euros da modalidade de grupo adulto. No que atinxe ao grupo infantil-xuvenil, os gañadores foron “Os Trolls” (Ordes) seguidos de “A mi plin, yo soy drag queen” (Oroso), con 150 e 100 euros, respectivamente. Finalmente, os premios da modalidade de parellas marcharon a Redondela “Os marchosos heroes do entroido”, Pazos de Borbén “Tempo de lembranza” e Noia “Chucky e Tiffany” con 150, 100 e 50 euros de premio. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES DEPORTE

RUTAS DE SENDEIRISMO

proclamouse campioa galega de Pentatlón e de lanzamento de peso

A Andaina Terras de Altamira terá lugar o sábado 27 de maio e será puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 kms

A brionesa Andrea González A Campaña de Sendeirismo 2017 trae sete rutas por A García, subcampiona de Coruña, Ourense e España xunior de xabalina Pontevedra No seu primeiro ano na categoría

Esta veciña de Agro Novo vén de proclamarse subcampioa de España xunior de xabalina, tras ser a actual campioa galega de Pentatlón e de lanzamento de peso.

por terceira vez, ofrecéronlle unha bolsa para o Centro de Tecnificación de Pontevedra, cidade onde actualmente reside para poder combinar estudos e deporte; aínda así saca tempo para vir a Brión Andrea comezou nese nas fins de semana. mundo do atletismo no 2010 e tan só un ano despois de No seu primeiro ano na comezar a adestrar conse- categoría, Andrea proclaguiu a medalla de bronce no mouse campiona galega xuCampionato Galego de ese nior de Pentatlón o pasado año. E debeu collerlle gus- mes de febreiro en Lugo. Un to ao caixón, porque dende mes despois, na Coruña, conentón ten subido ao podio seguiu o campionato galego todos os anos, en todas as xunior individual de lanzacategorías. mento de peso. Iso animouna a acudir aos Campionatos O seu currículo é de im- de España de Inverno, na presión: campioa galega ao modalidade de lanzamento Aire Libre (Heptatlón) en 4 de xabalina, celebrados no ocasións e outras 3 en Pista Centro de Alto Rendemento Interior (Pentatlón). Uns pre- de León, onde acadou o seu mios aos que hai que engadir título máis valorado ata o outros moitos títulos indivi- momento: o subcampionato duais en probas como salto de España. de lonxitude, 100 metros vallas, lanzamento de peso O seu próximo reto: os e lanzamento de xabalina. Campionatos de España que No 2015, tras proclamarse se disputarán o vindeiro mes campioa galega de Heptatlón de xullo en Granollers. 18 | Concello de Brión

Os sendeiristas de Brión amplían o seu ámbito de influencia. Así, a Campaña de Sendeirismo 2017, que se desenvolverá entre abril e xuño, terá actividades en tres das catro provincias galegas. Só Lugo queda, cando menos este ano, fóra do circuíto de sete rutas programadas polo Concello. Lembra que en todos os casos haberá 50 prazas dispoñibles, que as rutas terán un custe de 8 euros por persoa e ruta, que hai que levar da casa comida tipo pic nic para xantar e que podes reservar a túa praza na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08 (ata dous días antes de celebrarse a andaina). As dúas primeiras xa teñen data fixa. A primeira das rutas terá lugar o sábado 8 de abril, entre os lugares de Leiro e Carballeda de Avia (Ourense). Trátase dunha senda pedestre duns 20 quilómetros e dificultade media. A saída en autobús dende a Carballeira de Sta. Minia terá lugar ás 8:30 horas. Para o día 22 de abril está prevista outra ruta entre Serra de Outes e a praia de Abelleira. Cunha distancia aproximada de 18 quilómetros, de dificultade baixa, a saída está prevista para as 9:00 horas da Carballeira de Santa Minia.

Para o mes de maio están programadas saídas a dúas vilas con moita historia: Rianxo (A Coruña) e Allariz (Ourense); mentres que para o mes de xuño figuran rutas en San Vicente do Mar (O Grove) e por un dos miradores máis impresionantes da comunidade: A Curota-Portosín (na península do Barbanza).

TERCEIRA EDICIÓN DA ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN Adiantámosche tamén que o sábado 27 de maio terá lugar unha nova edición da Andaina Terras de Altamira e que será proba puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 quilómetros. Como en anos anteriores, os participantes poden facer tres distancias, de acordo coas súas capacidades: 50 kms, 36 kms ou 14 kms, coa Carballeira de Santa Minia como eixo central. O prazo de inscrición está aberto dende o 10 de marzo na piscina cuberta municipal de Brión ou na web andainaterrasdealtamira.blogspot.com. Os prezos serán de 12 euros (inscricións ata o 7 de maio) e 16 euros (ata o 23 de maio).


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES CULTURAIS

Manuel Ayaso “reinaugura” a renovada sala municipal de exposicións O Concello traballa nun programa para o Mes das Letras, adicado a Carlos Casares Tras varios meses en obras, que permitiron mellorar os aseos e instalar un novo chan, a sala de exposicións de Brión volve a abrir as súas portas. O local xa acolleu o acto de conmemoración do Día Mundial da Poesía, coa presentación do libro de Xulio Cid, e do Día Mundial do Teatro, coa compañía Elefante Elegante e o seu espectáculo “Xigante”. Mais a verdadeira “reapertura” da sala chegou o venres 7 de abril cunha exposición do pintor ribeirense Manuel Ayaso, gran xenio da pintura chegado dende Aguiño, que xa ten participado nalgunha mostra en conxunto en Brión e que nesta ocasión expón de maneira individual 37 obras. Durante o mes de abril teremos outras dúas presentacións de libros: unha a cargo de Charo Pita; e outra o venres 28 de abril, da man de Manuel Iglesias Turnes (A Baña) e a sua novela “Que non te aten”, coa que conmemoraremos o Día do Libro. Un día despois, o sábado 29 de abril, será a

quenda do Coro Diapasón cun concerto de música no salón de actos do centro social polivalente.

A exposición de Ayaso estará na Sala de Exposicións ata o día 5 de maio

E mentres pechabamos este número da revista Altamira, dende a Casa da Cultura traballaban arreo na configuración do programa de actividades do Mes da Letras Galegas e que este ano xirarán en torno á figura de Carlos Casares. Un autor que tamén protagonizará unha nova edición dos Encontros coa Arte, nesta ocasión o 16, 17 e 18 de xuño. Podemos adiantar que o 13 de maio o polivalente acollerá unha representación teatral a cargo de Andaravía Teatro e que teremos a presentación do cómic “Aleída: cidade sen alma”, de Víctor Boullón. Este programa completarase con actuacións de teatro, recitais poesía e monólogos dirixido a todos os escolares do municipio. Ademais, e despois do gran éxito acadado o ano pasado, culminarase cunha gran Festa das Letras na Carballeira de Santa Minia.

Xulio Cid presentou “Expreso e outros poemas da via” o día 17 de marzo

Elefante Elegante coa obra “Xigante” ateigou a sala de exposicións de Brión

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DARÁ 11 CONCERTOS POLAS PARROQUIAS ENTRE XUÑO E DECEMBRO O Concello e a Banda Municipal veñen de renovar o seu convenio de colaboración que permite dotar de fondos á agrupación musical e achegar as súas actuacións ás distintas parroquias. Unhas actuacións que terán lugar entre os meses de xuño e decembro de 2017. Xuño será o mes con máis actuacións: Cornanda (11 de xuño), Os Ánxeles (18 de xuño), Viceso (24 de xuño) e Bastavales (25 de xuño). Pechando a tempada

estival en San Salvador o 6 de agosto. En setembro actuará en Ons (16 de setembro) e dará o seu tradicional concerto na Romaría de Santa Minia (Brión) o 26 ou o 27 de setembro. Por último, as sesións pecharanse co Concerto de Nadal o 23 de decembro no centro social polivalente. Quedan pendentes as data das actuacións de Brión (San Fins), Boullón e Luaña que serán fixadas nas próximas semanas. Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES VISITA AO CONCELLO

Nenos e nenas de 4º de Primaria do CEIP visitan a Casa do Concello

O veciño de A Graña (Cornanda) José Penido Suárez envíanos para a súa publicación esta poesía da súa autoría. Son versos de resón rosaliano, coma un ramallete de flores ventureiras, cos que o seu autor quere honrar a memoria de todos os mozos da súa parroquia, contemporáneos del, que deixaron a vida polos camiños do mundo.

Campaniñas de Cornanda Campaniñas de Cornanda eu non teño soidades que me encho de ledicia cando vós repenicades Xa varias veces nos xuntamos pra chorar polos amigos ¡Ai! Se aquí estivesen eles cantaríamos unidos Velaí vai o río tambre as nosas bágogas levar lembrándonos dos amigos que nos morreron no mar

Un total de 65 nenos e nenas de 4º de Primaria do CEIP Pedrouzos, de entre 9 e 10 anos de idade, visitaron as instalacións da casa consistorial de Brión, onde foron recibidos polo alcalde José Luís García. As rapazas e rapaces chegaron a media mañá e percorreron as distintas dependencias municipais para coñecer o traballo que se fai nelas. Os momentos máis divertidos tiveron lugar no salón de plenos, onde os pequenos non deixaron de facer preguntas, moitas delas relacionadas cos ataques do lobo a unhas ovellas. José Luís García explicoulles como funciona o proceso electoral no noso país, como se elixe ao alcalde e as competencias que ten un Pleno municipal. Os pequenos preguntaron por como se facían as votacións e amosaron a súa sorpresa polos micrófonos cos que se gravan as sesións, “porque aínda que case sempre chegamos a un acordo, hai ocasións nas que nin nós mesmos lembramos exactamente o que dixemos”, bromeou García. Os nenos e nenas aproveitaron a visita para dar lectura a un escrito cunha serie necesidades no centro escolar: mellorar o patio, acondicionar e pintar os campos de fútbol, plantar máis árbores, mellorar a calefacción (“pois na planta baixa pasamos calor e na aula de informática hai que subir coas cazadoras”), arranxar a porta da aula de inglés e algún dos baños. Ademais indicáronlle ao alcalde que “o cole empeza a quedársenos moi pequeno”. García explicou que “son cousas máis que razoables polo que espero que en poucas semanas poidamos ter solucionadas a cuestións do patio, das árbores, da calefacción e da porta desa aula”, que se sumarán á recente instalación dunha fonte e dun aparcadoiro para bicicletas no colexio. Porén, o alcalde indicou que a ampliación do colexio é unha cuestión que non é competencia municipal. “Estamos aumentando o número de nenos e nenas e xa temos falado coa dirección do colexio para que, no caso de que haxa que pedir unha liña máis, solicitarlle á Xunta que nos amplíen as instalacións”, explicou García. Para rematar o acto, García entregoulles como agasallo un pin co escudo de Brión. 20 | Concello de Brión

Ou recordando aqueles outros que nos marcharon de aquí en busca de uns poucos cartos deixaron a vida alí ¡Pobriños! marcharon cheos de vida agora están na sepultura nunca mais chores por outro repica campana ¡apura! Que escoiten os santos no ceo cando vos repenicades campanas da miña aldea campanas ¡que ben soades! ¿E agora por quen chorades? Se tocastes nos nacementos en todos os sacramentos nas penas, nas alegrias, nas festas E tamén día da voda campanas que ben me queredes ¿ides chorar cando eu morra? ¡Non, non! ¡Repicade, repicade! que si ben repenicades a miña alma axudades A levala onde está a xente que eu ben quero e decirlles ¡compañeiros! ¿como estades? (Adicado os mozos de Cornanda que morreron no estranxeiro por José Penido Suárez)

Servizo de alertas Queres estar permanentemente informado de todas as actividades culturais, deportivas e de formación que se organizan en Brión? A Casa da Cultura de Brión vai poñer en marcha un servizo de alertas polo que os inscritos recibirán unha mensaxe no seu correo cada vez que haxa unha destas actividades. Máis información e inscricións na Casa da Cultura.


HISTORIAS DE BRIÓN

A historia de Brión mografía, emigración, comunicacións); o xeito de vida (a economía, a saúde, a cultura e o ensino); vida comunitaria (as aldeas e os lugares, as parroquias ou freguesías). Completábase cun amplo capítulo adicado á arquitectura e a arte (arte e arquitectura relixiosas, arquitectura militar, a fortaleza de Altamira, arquitectura civil). Para o tamaño e as posibilidades dun pequeño concello como o de Brión, fora un esforzo meritorio, porque pagou a edición e repartiulle un exemplar gratuitamente a todos os veciños do termo municipal, coa idea de que todos puideramos apreciar o que temos e o que somos e dar cadra exacta de de onde vimos. Dende aquela, cada familia nova que acude a empadroarse recibe como agasallo a Historia de Brión. E este libro inaugurou a colección de publicacións do Concello que periodicamente recibe o vecindario, e xa van máis de media ducia A abundante difusión que tivo o libro polo Concello, á parte da súa venda nas librarías, obrigou a publicar unha nova edición faximilar no ano 2003, que na actualidade tamén xa ía esgotada. Así é que o pasado ano se acordou acometer unha terceira edición, pero Portada do libro que se presentou o pasado día 3 desta vez profundamente revisada porque, como de marzo e que se entregou no Nadal polas casas constata o autor no limiar, “... na época actual, … os do concello cambios e a evolución en xeral son tan lixeiros que o Hai 20 anos, o Concello de Brión publicou o libro que agora é moderno dentro dun ano xa pode estar da súa historia: “Brión, historia, económia, cultura desfasado...”. e arte”, da autoría de Clodio González Pérez. No seu Esta terceira edición, se ben respectou o esquema día, a revista Altamira dera conta detallada desta publicación: no número 45, de xullo de 1998, cunha en- das anteriores, incorporou datos que foron aportantrevista ao autor; e no número seguinte, de decem- do novas fontes de información e, sobre de todo, historiou os cambios significativos que se produciron na bro dese ano, analizando o seu contido. nosa vida local durante estes últimos vinte anos. Por Foi un luxo contar cun investigador tan acreditado, outra parte, aumentou considerablemente o número e ata hai pouco profesor do colexio de Urdilde, como de ilustracións (hai unhas 219 entre fotos actuais toé Clodio González para acometer esta obra, pois non madas polo propio autor, fotos antigas do libro “Brión hai dúbida ningunha de el é quen máis sabe e quen en Fotos” -tamén editado polo propio Concello-, remás ten escrito sobre estas terras da Amaía, sendo produción de documentos antigos, debuxos feitos ex tamén un dos máis prolíferos autores no panorama profeso, etc.). Mellorouse a maquetación do libro, das letras galegas, con máis de 80 libros publicados, que aumentou de tamaño: de papel Din A5 (24 x 17 ademais de infinidade de artigos en xornais e revistas. cm) pasou a Din A4 (30 x 21 cm) e imprimiuse a toda color. Nas súas preto de 400 páxinas, analizaba con rigor Desta nova edición da Historia de Brión tiráronse e abundancia de ilustracións os distintos aspectos do pasado e do presente da nosa comunidade local: 5.000 exemplares e foi custeada integramente pola o marco xeográfico (situación e extensión, divisións Deputación da Coruña, que a imprimiu nos seus taadministrativas, o concello de Brión e circunscricións lleres. Este Nadal xa foi repartida tamén por todas as eclasiásticas); a terra e o home (notas históricas, de- casas do Concello.

q

Revista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

MAGOSTO 2016 O tradicional magosto e “chocolatada” de Brión tivo lugar no serán do pasado día 25 de Novembro na Carballeira de Santa Minia. Degustáronse algo máis de 180 quilos de castañas asadas, 150 litros de chocolate quente e varios milleiros de churros, que axudaron a quentar o corpo nunha noite fría. A música e o baile correu a cargo dos integrantes da Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Brión. A afluencia foi tal que, nos momentos de maior asistencia, todos os aparcadoiros habilitados da contorna quedaron cubertos e mesmo houbo que aparcar a máis dun quilómetro da carballeira.

PRACTICAS DE VOO DE DRONS O pasado sábado 26 de novembro, os alumnos e alumnas que participaron no curso de manexo de drons organizado polo Concello de Brión realizaron unha última sesión de prácticas de voo que serviu de colofón a esta interesante acción formativa impartida en colaboración coa empresa Meudron. Os preto de vinte alumnos e alumnas que participaron nesta innovadora iniciativa puideron experimentar a sensación de voar un destes aparellos nas instalacións do pavillón polideportivo municipal. As prácticas de pilotaxe resultaron tan interesantes que, como formación extra, repetirán experiencia no aeródromo de Cacheiras para voar os dispositivos sen ningún tipo de restrición.

VISITA DOS PAXES REAIS Como todoso os anos, polas datas de nadal, e adiantándose a visita que as SS.MM. os Reis Magos de Oriente fixeron tamén ao noso concello, os Reais Paxes visitaron os nenos e nenas das escolas infantís e de primaria de Brión, para agasallalos con lambetadas e recoller a correspondencia que os máis pequenos da casa dirixen este Nadal aos Magos. A acollida que recibiron foi calorosa, proporcional á ilusión con que os máis cativos escribiron, un Nadal máis, as cartas aos Reis. Nelas recóllense un sen fin de peticións que, de seguro, foron correspondidas na madrugada do 6 de xaneiro.

FINALIZA O CURSO DE MONITORES No pasado mes de xaneiro finalizou a parte teórica do Curso de Monitores de Tempo Libre homologado pola Xunta de Galicia e que organizou o Concello de Brión. Os alumnos/as recibiron un total de 200 horas teórico-prácticas repartidas entre os sábados (maña e tarde) e os domingos (mañá) de outubro a xaneiro. Ainda así, este curso non remata aquí, senón que para obter o titulo acreditativo, os asistentes deberán completar un total de 150 horas prácticas en campamentos ou en actividades de tempo libre con nenos, mozos ou maiores.

22 | Concello de Brión


ULTIMA PÁXINA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR...

Revista Altamira | 23


31

anos Xosé Vizoso (Centro) nunha das exposicións dos seus carteis xunto a Neira Vilas e outros asistentes

XOSÉ VIZOSO O pasado día 25 de Marzo o amigo e veciño do noso concello dende fai mais de 25 anos, Xosé Vizoso foi recoñecido como fillo predilecto de Mondoñedo, a súa vila natal. O emotivo acto que tivo lugar no Auditorio “Pascual Veiga” de dita localidade acolleu a numerosos representantes da cultura galega así como a grandes amigos do artista homenaxeado. Xosé Vizoso é un artísta plástico que levou ata o 2012 o departamento de deseño da Fábrica de Cerámica de Sargadelos. No noso concello colabora dende fai anos elaborando os carteis conmemorativos da Romaría de Santa Minia, pero tamén en outros moitos traballos: carteis, rotulacións, debuxos para camisetas, pancartas... e non nos podemos esquencer da extraordinaria obra do busto de Vildal Bolaño que preside a Carballeira de Santa Minia. Así pois, vai por diante tamén A NOSA FELICITACIÓN POR TAL RECOÑECEMENTO.

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal

Altamira 99  

Revista Altamira Nº 99