Page 1

BRIÓN SOLIDARIO:

OBRAS: Melloras no asfaltado das pistas municipais

campaña de recollida de alimentos para este Nadal

Altamira PAXs. 4 - 5

Nº 98 - NOVEMBRO 2016 - ANO XXXI

a Santa Minia Adianto do Programa de Nadal, con maxia, títeres, música e obradoiros de conciliación familiar PÁX. 20

novembro2016

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Un ano mais, Brión honrou Nadal

PÁX. 15

Entrevista Mª del Carmen Rey Túñez e José Castro Baños, os últimos carteiros “made in” Brión PÁXS. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT ECA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 5 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso Mail: revistaaltamira@infobrion.com

C E NT R O DE SAUDE R úa da s Ped ri ñas, nº 3 15 865 - Brión Tel. Liña 1: 98 1 8 8 7 7 01 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 77 0 2 C E NT R O SOCIAL POL IVA LE N TE A v da . de Santa Mi ni a, nº 4 6 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastavale s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA NUÑEZ PERE Z , B. A v da . S a n ta Mini a, Nº 53 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 30 G AR DA CIVIL R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 3 15 85 6 - Brión N OVO TE L.: 8 8 1 8 66 0 58 N OVO FAX.: 8 8 1 8 66 074 O FI CI N A DE URB ANISM O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P I SCI N A CUB ERTA M UN I CI P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 3 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel.: 981 89 34 7 4 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P OLI D EP ORTIVO MUNIC I P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 6 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 Baixo 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 8 51 S ERVI Z O DE EMERXENCI A S La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 8 8 75 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 2 71

2 | Concello de Brión

Finalmente, quero chamar a vosa atención sobre o folleto que acompaña este exemplar, o III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres. Porque só dende a implicación de todos, homes e mulleres, poderemos acadar a plena igualdade de xénero. José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

contidos

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxe le s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 2 0 1

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

A REVISTA ALTAMIRA chega ás vosas casas cun adianto das actividades de Nadal, que xa está a chamar ás nosas portas, así como dos distintos programas de formación que temos en marcha para tratar de poñer o noso grao de area na mellora da empregabilidade dos nosos veciños e veciñas e dunha nova edición de Brión Solidario, na que te animo a participar. Ademais, non podemos esquencer que setembro é un mes especial para Brión, polo que incluímos un resumo da Romaría de Santa Minia, da Festa dos Vellos e dunha renovada Carreira da Amaía.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 5 15 865 - Brión N OVO Tel.: 8 8 1 8 66 078 N OVO Fa x.: 8 8 1 8 66 08 6

E SCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mi ni a, nº 70 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C AS A D O CONCEL L O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31

E SCOLA INFANTIL MUNI CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 7 42

Altamira

Esperando que desfrutes da súa lectura. Recibe un cordial saúdo.

PÁX . 3 PÁX s. 4 - 11

REPORTAX E ACTUALID AD E

PÁX s. 12 - 13

B RI ONESES

PÁX s. 14 - 15

SERVI Z OS SOCI AI S

PÁX s. 16 - 20

CULTURA E D EPOR T E S

PÁX . 21

HISTORI AS D E BRI Ó N

PÁX . 22

TAMÉN FOI NOTICIA

PÁX . 23

PASATEMPOS / HU M O R


REPORTAXE ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Brión reproduce os resultados electorais de Galicia O resultado das eleccións do 25 de setembro en Brión reproducen as mesmas variables rexistradas a nivel autonómico, provincial e mesmo comarcal Os comicios autonómicos do pasado 25 de setembro reflicten en Brión un comportamento electoral moi semellante ao do conxunto de Galicia, tanto no posicionamento das principais candidaturas que concorreron como da distribución do voto. Deste xeito, o PP foi o máis votado tanto no conxunto de Galicia (47,5% das persoas que votaron) como en Brión (47,8%). A opción representada por Alberto Núñez Feijóo obtivo niveis análogos na comarca compostelá (47%) e no cómputo global da provincia coruñesa (47,8%). No Parlamento de Galicia, sérvelle para facerse con 41 escanos.

GALICIA

A CORUÑA

BRIÓN

PP

682.150 (47,6%)

278.295 (47,8%)

1.798 (47,8%)

EN MAREA

273.523 (19,1%)

112.893 (19,4%)

738 (19,6%)

PSOE

256.381 (17,9%)

99.934 (17,2%)

635 (16,9%)

BNG

119.446 (8,3%)

51.246 (8,8%)

319 (8,5%)

A segunda forza por número de votantes foi a coalición En Marea, que logrou o 19,1% das papeletas no ámbito autonómico e o 19,6% no municipal. Na comarca, a proporción elevouse ata o 20,8%. E no conxunto da provincia, o proxecto político liderado por Luís Villares quedou no 19,4%. Terá 14 asentos na cámara autonómica. O PSdeG-PSOE foi a opción

preferida polo 17,8% dos galegos e galegas que exerceron o seu dereito ao voto. Entre os que acudiron aos colexios electorais de Brión, o seu resultado foi do 16,9%. E se no cómputo dos municipios que integran a comarca de Santiago acadou o 15,9%, na provincia a candidatura de Xaquín Fernández Leiceaga elevouse ata o 17,2%. Na nova lexislatura, os socialistas teñen 14 representantes.

O BNG foi a cuarta forza política nas eleccións do 25-S. A nivel galego, faise co 8,3% do electorado. En Brión, o seu resultado foi do 8,5%. Algo maiores foron os seus apoios no conxunto da provincia (8,8%) e na comarca de Compostela (9,2%). A formación que agora lidera Ana Pontón ten 6 parlamentarios na nova lexislatura. En canto á participación, en Brión chegou ao 61,3% das persoas con dereito a voto. É unha porcentaxe considerablemente superior á do conxunto de Galicia, onde só acudiu a votar un 53,6% da cidadanía con dereito a sufraxio.

PATRIMONIO

O Concello adquire o inmoble da antiga Cámara Agraria Local, que seguirá usando a Banda de Música O alcalde lamenta “ter que comprar un inmoble que foi construído nuns terreos cedidos polo Concello e que lle foi cedido de balde polo Ministerio á Xunta” O alcalde José Luís García vén de formalizar o primeiro pago de 9.260,6 euros á Consellería de Facenda pola compra do inmoble da antiga Cámara Agraria Local, emprazado no lugar de Pedrouzos e que dende hai vinte anos é utilizado como local de ensaio para a Banda Municipal de Música. Un acordo de compravenda por un importe total de 37.042,4 euros, que se abonará en catro prazos entre 2016 e 2019. García amosa a súa satisfacción por que “dende hoxe o local xa é propiedade municipal, polo que poderá ser empregado pola Banda de

Música tanto para os seus ensaios como para gardar os instrumentos”. Porén, lamenta “ter que comprar un inmoble que foi construído hai 60 anos pola Hermandad Sindical de Labradores de Brión, nuns terreos cedidos polo Concello, e que o Ministerio de Agricultura cedeu de balde á Xunta. Penso que non ten sentido que a Consellería de Facenda nos cobre máis de 37.000 euros por un inmoble que na súa orixe era da veciñanza de Brión, que non ía utilizar para nada e que recibiu gratis”. “Incluso nos cobran 1.666 euros de intereses por

fraccionar o pago en catro anualidades”, apunta o alcalde brionés, quen sinala que “a pesar de que é o local da Banda de Música e a Xunta non o quería para nada, dixeron que se non o comprabamos o sacarían a poxa, polo que preferimos chegar a un acordo e que o local pase a ser dende xa propiedade municipal”.

O edificio é de planta baixa, ocupa 93 m2 e responde ao modelo arquitectónico que impuxo o réxime franquista para este tipo de construcións. Dende 1996 é usado pola Banda de Música para os seus ensaios. O Concello ten previsto mellorar o acabado da fachada e dotar o local de equipos térmicos de biomasa. Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE MANTEMENTO

En marcha obras de mantemento de estradas por 65.000 € en Baliño, Babenzo, Alqueidón e Guisande O Concello de Brión está a investir case 65.000 euros en actuacións de mantemento de estradas nos lugares de Guisande e Alqueidón (Os Ánxeles) e nas aldeas de Babenzo e Baliño (Bastavales). Uns traballos adxudicados á empresa Obras y Viales de Galicia SL. As pistas asfaltadas do interior e comunicación das aldeas de Babenzo, Baliño e Alqueidón atopábanse desgastadas xa polo seu uso, unha situación que se agravou logo das intensas choivas rexistradas durante o inverno pasado. Por iso, adiantándose á chegada do próximo inverno, o Concello de Brión vai acometer actuacións de mellora nestas aldeas. Uns traballos consistentes na limpeza, pre-

Mellora dos accesos á aldea de Guisande

Arranxo con rego asfáltico do acceso a Guisande paración do firme e posterior tratamento superficial a base de rega asfáltica nas pistas de

asfalto destas aldeas. Así mesmo, está prevista a limpeza das cunetas existentes.

O Concello adxudicou por 37.420 euros as obras de mantemento de camiños de Guisande á AC-300 á empresa Obras y Viales de Galicia SL, que se encargou de mellorar os accesos a esta aldea dos Ánxeles dende Augas Ferras, senón tamén de botarlle rego asfáltico ás pistas de acceso a Guisande e ao propia interior da aldea. Uns camiños que se atopaban desgastados polo uso e pola incidencia das intensas choivas do inverno pasado. Tamén se procedeu á limpeza de cunetas e á reparación do firme da estrada aló onde foi preciso.

CONVENIO

ABASTECEMENTO E SANEAMENTO

O Sergas asume a xestión e o mantemento do centro de saúde de Brión

Máis de 40.000 euros para ampliar a rede municipal en Coruxido e Bastavaliños

O presidente da Fegamp, Alfredo García; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, asinaron un convenio de colaboración polo cal o Sergas asumirá a xestión e mantemento de 29 centros de saúde, entre eles o de Brión. O alcalde brionés, José Luís García, celebrou a sinatura do convenio xa que “o centro de saúde brionés ten graves problemas de humidades, sobre todo na zona de pediatría, por mor das deficiencias na súa construción, polo qu será a Xunta quen teña que resolver si ou si un problema que se xerou durante a súa xestión”.

A empresa Alcomte Galicia SL está a acometer as obras de ampliación da rede municipal de abastecemento e saneamento na aldea de Coruxido e da rede de saneamento no lugar de Bastavaliños, na parroquia de Bastavales. Uns traballos nos que o Concello de Brión inviste un total de 41.987 euros e que dan resposta aos veciños da zona, que realizaron unha petición para que se lles dotara destes servizos xa que, ao non existir redes de saneamento, a auga residual procedente desas vivendas se conducía a fosas sépticas privadas e nalgúns casos, ao non seren tratadas correctamente, verquíanse ao medio en malas condicións.

Asistentes á sinatura do convenio entre Fegamp e Xunta 4 | Concello de Brión

Con estes traballos, o Concello pretende subsanar esta situación, permitindo que as augas residuais sexan canalizadas á EDAR correspondente e mellorando así a súa depuración. Para iso, en Coruxido instaláronse máis dun quilómetro de novos tramos de colectores, con 8 pozos de rexistro, 7 acometidas de abastecemento e outras tantas de saneamento, así como unha estación de bombeo compacta. Pola súa banda, en Bastavaliños instaláronse 230 metros de tubería para ampliar a rede de saneamento, executáronse catro pozos de rexistro e dúas acometidas domiciliarias en asfalto.


ACTUALIDADE MELLORAS NOS ACCESOS

O Concello amplía o acceso á aldea de Ombre e instala unha rede de pluviais As obras, que inclúen o arranxo de varias pistas en Goiáns, Esparís e Adoufe, foron feitas este verán pola brigada municipal cun investimento de 86.000 euros A brigada municipal de obras do Concello de Brión executou durante este verán as obras de ampliación do acceso á aldea de Ombre, na parroquia de Viceso. Trátase duns traballos incluídos no POS 2016 e que están orzamentados en 86.388 euros. As obras que se acometeron en

Ombre son as máis importantes do proxecto, que tamén incluíu a reparación e limpeza de pistas e cunetas nas pistas de acceso ás aldeas de Goiáns (Cornanda), Lamiño ata Adoufe (Os Ánxeles) e Vilar (Viceso). En todas elas mellorouse a súa capa de rodadura aplicándolles rego asfáltico.

Traballos de desmonte na aldea de Ombre (Viceso) Porén, as obras de mellora dos accesos a Ombre foron as máis complicadas tecnicamente, xa que incluían traballos de desmonte para ampliar o vial de acceso á aldea, que pasou dun ancho de 2,5 metros a algo máis de 5 metros. De feito, os traballos que aco-

meteu a brigada municipal de Brión consistiron no desmonte do interior da aldea, que deron paso á instalación dunha rede de pluviais ata unha cuneta profunda e situada ao final da aldea, evitando así o deterioro que viña sufrindo este vial.

OBRAS

PARQUES INFANTÍS

Ampliación da estrada e instalación de pluviais en Lamiño e Liñares

Os parques de Monte Devesa e Devesa da Gándara terán pavimento continuo O Concello vén de adxudicar á empresa Zona de Obra O Rosal SL a insalación do pavimento continuo en dous parques infantís na parroquia dos Ánxeles, emprazados na urbanización Devesa da Gándara e Monte Devesa, por un importe de 22.423,8 euros. Unhas obras que serán moi semellantes ás realizadas este verán no parque infantil de Guitiande e que estarán rematadas en breve.

Durante o verán, o Concello ampliou dous tramos de estradas, de algo máis de 800 metros, nos lugares de Lamiño e Liñares (Brión), onde instalou tuberías para evitar as escorrentías de auga. Unhas obras adxudicadas por 78.192 euros a Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA, cun aforro de 56.971 euros sobre o prezo de licitación e que remataron case tres meses antes do legalmente esixido, reducindo así as molestias á veciñanza á hora de acceder ás súas vivendas. As obras consistiron no entubado das escorrentías destes dous tramos de pista, moi próximos entre si, coa conseguinte ampliación da sección da calzada con triplo rego asfáltico. Ao mesmo tempo instaláronse tuberías de pluviais que completaron as redes municipais de ambos lugares e que se conectaron a tramos xa existentes. En Liñares, debido á pendente do vial, fixéronse varios pozos de rexistro.

Aínda que ambos parques xa foran obxecto dunha posta a punto por parte do Concello no ano 2008 para adaptarse á normativa vixente, nesta ocasión procederase á substitución do pavimento feito a base de area por outro de caucho de cores. Este novo chan é máis duradeiro, limpo, hixiénico e, sobre todo, seguro, xa que facilita aos máis cativos a súa aprendizaxe á hora de camiñar.

Inicio das obras no parque infantil de Devesa da Gándara Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE OBRADOIROS DE EMPREGO

Equipos térmicos de biomasa para a biblioteca, os locais da banda e da escola de música e o local social dos Ánxeles O alumnado do obradoiro de emprego “Accede” mellorará a accesibilidade en seis pasos de peóns no paseo de Pedrouzos.

O InserAmes-Brión acada un nivel de inserción do 50% O programa integrado para o emprego InserAmes-Brión rematou o pasado 31 de agosto a súa oitava edición. Despois dun ano de formación na que participaron 80 persoas de ambos municipios (todos eles menores de 30 anos, desempregados e cunha cualificación máxima de bacharelato), o nivel de inserción laboral do alumnado se achega ao 50% dos participantes, superando así todas as previsións iniciais.

Os Concellos de Brión e de Ames veñen de poñer en marcha o pasado mes de setembro dous novos obradoiros de emprego, “RenoAmes-Brión” e “Accede”, que formarán a 35 alumnos e alumnas traballadores durante os próximos seis meses e que contarán con dez persoas no equipo docente e administrativo. Uns obradoiros financiados pola Xunta de Galicia e postos en marcha grazas á colaboración entre os Concellos de Brión e Ames, que apostan pola formación teórica e práctica destas persoas en situación de desemprego, que melloran as súas posibilidades de inserción laboral, e que ao mesmo tempo supoñen un beneficio para toda a cidadanía, debido ás obras que o alumnado realiza durante as súas prácticas. Así, o obradoiro “RenovAmes-Brión” está dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa no local social dos Ánxeles, no local da 6 | Concello de Brión

banda municipal de música, no edificio da escola de música Magariños e na biblioteca municipal. Estes novos equipamentos suporán unha importante mellora da eficiencia enerxética nestes locais, supoñendo un aforro na factura eléctrica para as arcas municipais e un maior respecto ao medio ambiente. A diferenza doutros obradoiros abertos a todos os colectivos, o “RenovAmes-Brión” está enmarcado no programa de garantía xuvenil da Xunta de Galicia, polo que os 15 alumnos e alumnas teñen menos de 30 anos e para a maioría será o seu primeiro contacto co mundo laboral. O segundo dos obradoiros de emprego postos en marcha este pasado mes de setembro é o proxecto “Accede”, no que participan 20 alumnos e alumnas e outras 6 persoas do equipo docente e administrativo. Neste caso este proxecto está dirixido a realizar obras de pavimentación e albanelería para

mellorar a accesibilidade dos espazos públicos municipais. No caso de Brión, o alumnado do obradoiro mellorará a accesibilidade en seis pasos de peóns no Paseo de Pedrouzos en ambos lados da beirarrúa e canalizará as augas pluviais nun destes pasos. En ambos casos, os participantes nestes obradoiros de emprego recibirán un certificado de profesionalidade e, no caso do alumnado do obradoiro RenovAmes, isto permitirá que estas persoas poidan obter posteriormente o carné de instalador oficial. Deste xeito, os Concellos de Brión e Ames seguen apostando polos programas integrados de emprego como fórmula para conseguir a inserción laboral de colectivos con especiais dificultades de inserción, especialmente no colectivo de menores de 30 anos que está a ser tan castigado polo desemprego nos últimos anos.

Con este bo dato, o pasado 1 de setembro deu comezo o proceso de selección da novena edición do InserAmes-Brión, orzamentado en 130.532 euros que serán financiados a través de achegas do Concello de Brión, do Concello de Ames e da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Nesta nova edición participarán sesenta alumnos e alumnas durante doce meses, nos que recibirán diversos cursos e accións formativas, ademais de contar cun servizo de titorías individuais. Nesta edición haberá de novo formación específica relativa a sectores con demanda na nosa contorna: hostalería, comercio, almacén, limpeza, etc. Ademais, impartirase formación que incorporará prácticas non laborais nas empresas, xa que é unha actividades que ofrece mellores resultados de inserción laboral posterior.


ACTUALIDADE FESTA DOS MAIORES

Medio milleiro de persoas gozaron da Festa dos Maiores

Medio milleiro de persoas participaron na 28 edición da Festa dos Maiores de Brión, unha das máis antigas que se celebran en Galicia e que tivo lugar, como é tradicional, o primeiro domingo do mes de setembro. Desta vez o tempo acompañou, o que fixo que a verbena de fin de festa se estende-

ra ata ben pasadas as oito da noite dado que foron moitos os veciños e veciñas que se animaron a botar unhas bailas. O Concello de Brión puxo a disposición dos maiores que o solicitaron uns autobuses para recollelos polas distintas parroquias. A festa estivo

presidida polo alcalde José Luís García, quen deu a benvida a todos os participantes. Despois celebrouse unha misa cos párrocos de Os Ánxeles e Bastavales, acompañada polo Coro de Brión, agrupación xurdida da antiga Rondalla brionesa. A iso das 14:00 horas co-

mezou o xantar de confraternidade no pavillón polideportivo de Pedrouzos, onde cada un dos 476 veciños e veciñas de Brión maiores de 65 anos que participaron na festa recibiu un agasallo conmemorativo. A festa foi amenizada por un grupo de gaiteiros e rematou cunha verbena popular ata ben chegada a noite.

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE COBRO DO IBI

O Concello pídelle á Deputación que fraccione en dous prazos o cobro do IBI de natureza urbana no 2017 O alcalde vén de solicitarlle á Deputación Provincial da Coruña que fraccione en dous prazos o cobramento do IBI de natureza urbana no ano 2017 no municipio, “para facilitar aos veciños o pagamento deste imposto sen quebranto das súas economías familiares, posto que os incrementos nos recibos van ser importantes”. Unha petición que o Concello de Brión realiza por ter delegadas na Deputación da Coruña as facultades de xestión e recadación deste imposto. Durante este ano 2016

rematouse en Brión o procedemento de regularización catastral iniciado pola Dirección Xeral do Catastro, sendo notificados os novos valores catastrais aos interesados e que xurdirán efectos con data 1 de xaneiro de 2017. “Como consecuencia destes traballos os importes a pagar se verán incrementados notablemente no ano 2017, polo que numerosos veciños xa solicitaron a esta Alcaldía que se fraccionase o pagamento deste imposto en dous prazos, de forma que lles resulte menos traumáti-

co”, explica José Luís García. Esta revisión Catastral non foi solicitada polo Concello, senón que está a ser realizada de oficio polo Catastro en todos os municipios a iniciativa do Ministerio de Facenda. Como aspectos positivos, a Ponencia de Valores do Concello de Brión é bastante actual e a Base de Liquidación está entre as máis baixas da contorna, pois ten o mínimo legalmente permitido para o rústico (0,3) e o urbano está no 0,47 (fronte ao mínimo legal do 0,4).

Ademais, o pleno municipal aprobou por unanimidade unha bonificación do 90% do IBI para os veciños en solo rústico que estean afectados pola regularización catastral. Así mesmo, Brion é dos poucos Concellos que teñen tipos diferenciados para o fomento de industria, comercio e oficinas, que se benefician duns tipos 3 décimas por debaixo dos demais. Ademais, como o seu Coeficiente de Multiplicación é de 1, non altera o resultado que dean dende o Catastro.

LEI 39/2015

PRAGA DOS FRUTAIS

Novo horario do Rexistro Xeral, pecha os sábados

Tratamentos preventivos contra o psílido dos cítricos

A entrada en vigor da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece que dende o 2 de outubro os sábados son días inhábiles. En cumprimento da normativa estatal, o Rexistro Xeral de Brión xa non está operativo os sábados e estará dispoñible para os veciños e veciñas de luns a venres, de 7:45 a 15:15 horas no inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño) e de 8:30 a 14:30 horas no verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro).

Durante este verán detectouse en Galicia a presenza dunha plaga de psílido dos cítricos, que afecta sobre todo aos laranxeiros, limoeiros, pomelos, mandarinos e plantas ornamentais. Brión foi incluído entre as zonas nos que se puxo en marcha unha campaña gratuíta para tratar todas as plantas susceptibles de sufrir o ataque deste insecto.

O Rexistro Xeral brionés, emprazado na primeira planta da Casa do Concello, encárgase da recepción e entrada inicial de solicitudes, escritos e comunicacións presentados pola veciñanza e que vaian dirixidos tanto ao Concello de Brión como a outras Administracións Públicas, ademais de realizar outras funcións como compulsa das copias de documentos orixinais, expedición de copias seladas ou a expedición de recibos da presentación de escritos, entre outras. Ademais, compre lembrar que os veciños e veciñas teñen á súa disposición á Sede Electrónica (sede.concellodebrion. org) dende a que poden realizar múltiples trámites.

Por iso, os técnicos desprazáronse a Brión para tratar estas plantas. En concreto, as zonas nas que aplicou este tratamento foron: Os Ánxeles, Bastavales, Boullón, Viceso e Luaña.

8 | Concello de Brión

Ademais, lembramos que segue en vigor a alerta polo control da vespa asiática (vespa velutina) e que calquera veciño ou veciña que detecte un niño deste insecto deberá comunicalo ben a través do teléfono de emerxencias 012 ou chamando ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Brión (629 871 542).


ACTUALIDADE

Horarios de autobuses ao centro de saúde. TODOS OS MARTES GRUPO FERRÍN

MODESTO RIVEIRO SL

LIÑA 1 SAÍDA. Ás 8:00 horas percorrendo: Babenzo, Vidaloiso, Chave de Ponte, Chave de Carballo, A Telleira, Beca, Caxusa, Coruxido, Romarís, Soigrexa, Sabanxáns, Bemil, Rubial (previa petición), Bastavaliños e San Salvador. VOLTA. Ás 9:50, 11:30 e 13:20 horas (dende o centro médico)

SAÍDA. Ás 8:45 horas percorrendo: A Graña, Cornanda, Catro Ventos, A Igrexa, Luaña, Lugariños, Nináns, Tourís, Vioxo de Abaixo, Vioxo de Arriba, Pousada, Forxán, Ombre, Salaño Pequeno, Salaño Grande, Fonte Paredes, Vilar, Gronzo, Brión de Abaixo e Brión de Arriba.

LIÑA 2 SAÍDA. Ás 9:10 horas percorrendo: A Igrexa, Os Ánxeles, Piñeiro, Gosende, Souto, Gundín, Cabanas, Saíme, Baliño, Vilas, Reboredo Grande, Guisande, Sanín, Pérros, Gándara, O Outeiro, Vilanova e O Tremo. VOLTA. Ás 10:45 e 12:15 horas (dende o centro médico)

VOLTA. Ás 13:O0 horas dende a Carballeira de Santa Minia, facendo o mesmo percorrido.

GRUPO FERRÍN. 981 873 643. MODESTO RIVEIRO SL. 981 80 54 63

PLENO MUNICIPAL

OBRAS

O pleno de Brión oponse á instalación dun macrovertedoiro no Concello de Lousame

Mellorado o firme da AC-451 ao seu paso por Pedrouzos

O pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade opoñerse á instalación en Lousame, a carón da planta de compostaxe da Mancomunidade Serra do Barbanza, dun Centro de Xestión Ambiental e un vertedoiro para residuos industriais promovido pola empresa Gestora de Residuos del Noroeste SL e que inclúe un vertedoiro no que se soterrarían 770.000 toneladas de lixo. A moción presentada polo grupo municipal do BNG manifesta a oposición do Concello de Brión á instalación desta planta e deste vertedoiro no concello veciño, cuxo informe de impacto ambiental saíu a exposición pública durante un mes e ao que aínda lle quedan por superar varios informes máis de organismos autonómicos e asociacións ecoloxistas. O

alcalde José Luís García explicou que “despois de ler o informe elaborado polo técnico municipal de Lousame é evidente que o proxecto inclúe defectos incribles como ignorar a existencia de regatos que abastecen non só ás aldeas da zona senón que van desembocar no río do que se abastece unha poboación como Noia”. A maiores de transmitirlle a oposición do Concello de Brión á instalación deste vertedoiro á Consellería de Medio Ambiente, o alcalde José Luis García García wwaproveitou para solicitar “o mantemento da planta de tratamento de residuos urbanos da Mancomunidade, a onde Brión leva o seu lixo, que se acheguen cartos para ampliar a planta de compost e que se cumpra a Lei de Resiudos de Galicia”.

firme da estrada, o que incide na mellora da seguridade viaria e tamén nunha maior comodidade para os veciños e usuarios da AC-451. Os traballos executáronse en catro días, durante os cales houbo que pechar ao tráfico un dos carrís de circulación, permitindo o paso polo outro. Estas actuacións están enmarcadas nun contrato máis amplo da Axencia Galega de Infraestruturas que inclúe obras de conservación ordiAs obras consistiron nun naria e vialidade invernal na tratamento de selado sobre o área de Coruña Sur A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, acometeu a mellora do firme na estrada AC-451, concretamente entre os puntos quilométricos 1+500 ao 3+440. Uns arranxos que puideron comprobar os milleiros de persoas que se achegaron a Brión co gallo das festas de Santa Minia, xa que o asfaltado tivo lugar na avenida de Santa Minia.

Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE OBRAS

Por un Brión máis accesible O Concello mellora os accesos á gardería e traballa en adaptar os aseos do polideportivo e o acceso en bici ao CEIP de Pedrouzos

Unha barreira arquitectónica é un obstáculo físico que impiden que determinados grupos de poboación podan chegar, acceder ou moverse polo municipio ou un edificio. Erroneamente adoitamos vincular esta realidade unicamente coas persoas cunha discapacidade física como, por exemplo, unha persoa en cadeira de rodas fronte ao bordillo dunha beirarrúa. Cando se fala de accesibilidade tamén hai que pensar noutros grupos como persoas maiores, mulleres embarazadas, persoas convalecientes...

de Brión, que atendeu todas as solicitudes realizadas polos encargados de xestionar os distintos edificios e centros públicos no municipio para buscar mellorar a súa accesibilidade.

O último exemplo chegou este mesmo verán, cando o Concello acometeu obras de conservación, mellora e adaptación das condicións de accesibilidade na gardería municipal. Entre outros traballos, realizáronse obras para permitir acceder dende unha aula ao patio exterior sen salvar ningunha barreira arquitectónica, así como adaptar o aseo En España, a Lei Xeral de ás necesidades de persoas con dereitos das persoas con dis- mobilidade reducida. capacidade e da súa inclusión social (RD 1/2013, de 29 de Así mesmo, e tal como novembro) establece a obri- podes ler na páxina 6 desta gatoriedade de eliminar as mesma revista, está en marbarreiras arquitectónicas na cha un obradoiro de emprego contorna urbana, así como nos que mellorará as condicións edificios e no transporte pú- de accesibilidade en tres pasos blico para o ano 2017 sempre de peóns no Paseo de Pedrouque isto sexa posible. Algo que zos, ás dúas beiras da calzada. está a acometer o Concello Ademais, nas obras de man10 | Concello de Brión

temento de beirarrúas nas parroquias de Bastavales e Os Ánxeles tamén se están a eliminar algunhas barreiras.

ducida. Tamén está encargado un presuposto para facilitar o acceso en bicicleta ao Colexio de Pedrouzos.

E, de cara ao futuro, o concello xa conta cunha memoria valorada das obras precisas para adaptar os aseos do polideportivo de Pedrouzos, para mellorar así as condicións de accesibilidade á instalación das persoas con mobilidade re-

Finalmente, nas obras de urbanización privadas, o Concello esta a esixir aos propietarios que cumpran cos anchos mínimos das calzadas e coas pendentes máximas, de xeito que faciliten o acceso das persoas con mobilidade reducida.

FÉ DE ERRATAS

Chequeo aos locais sociais

Disque quen ten boca, se equivoca. Así que imaxinade o que pode facer un escribindo... No número anterior de Altamira cometemos un erro ao “instalar” no local social da Luaña un termo que realmente está no teleclube de Viceso. No local social da Luaña fixeronse obras de pintado e arranxo de portas e o Concello ten previsto realizar aló outras obras de mantemento en breve. Así mesmo, podemos adiantar que o Concello tamén acometerá obras de mantemento no local social de Cornanda. Tamén están previstos traballos de mellora no teleclube de Ons por parte dos veciños, xa que o inmoble é de propiedade veciñal.


ACTUALIDADE ESCOLA UNITARIA DE OS ÁNXELES

IES BRION

Brión volve instar á Xunta Radio EmBrión comeza a súa a solucionar os problemas quinta tempada do comedor da unitaria dos Ánxeles

O pleno municipal de Brión acordou por unanimidade instar á Consellería de Educación a dar unha solución definitiva aos problemas xurdidos coa empresa de catering encargada de prestar o servizo de comedor da escola unitaria dos Ánxeles. Tal e como vos informabamos no número anterior de Altamira, o Concello xa lle requeríu á Xunta que atendera ás xustas demandas pola ANPA Rosalía de Castro sobre a calidade dos alimentos que reciben os nenos e nenas. Dende a Consellería de Educación responderon sancionando ata en tres ocasións á empresa que, sen embargo, segue prestando o servizo. Agora que comezou o novo curso 2016-2017, os problemas volveron reproducirse e os pais e nais volve-

ron denunciar que a comida é escasa, pouco equilibrada e que chega fría, xa que non se cociña no centro senón que chega feita con horas de antelación ao seu consumo. Unha situación que chegou ao pleno da man do concelleiro non adscrito, quen logrou o apoio de todos os grupos municipais ás xustas reclamacións do Consello Escolar como da ANPA Rosalía de Castro. O alcalde José Luís García tamén amosou a disposición do Concello a acompañar ás familias nas negociacións diante da Administración autonómica para tratar de buscarlle unha solución definitiva ao problema, xa que a ANPA non acepta a proposta da Xunta de cederlle a xestión do servizo de comedor ao entender que podería prexudicar ás familias con menos recursos.

A emisora on-line do IES de Brión, Radio Embrión, comeza unha nova xeira. No seu espazo web (https://radiodoiesdebrion.wordpress.com) xa están dispoñibles para escoitar os novos programas que inauguran a quinta temporada deste proxecto radiofónico. O primeiro programa desta temporada reuniu diante dos micrófonos a un grupiño de alumnos/as de 1º ESO A, que contaron como están a vivir ese paso da escola de Primaria ao instituto: si é como esperaban, que lles pareceu o centro,

etc. Sen dúbida, unha canteira de futuros colaboradores da radio escolar nos vindeiros anos. Ademais, os alumnos veteranos seguen a colaborar con Radio EmBrión participando nunha serie de programas de temática científica. Os divulgadores son varios alumnos de 4º da ESO moi interesados no tema. No primeiro espazo, Antón Carcedo e Alberte López falaron de física de partículas. Unha audición moi recomendable.

Revista Altamira | 11


BRIONESES

MARÍA DO CARMEN REY TÚÑEZ e JOSÉ CASTRO BAÑOS, os últimos carteiros con Denominación de Orixe Brión

“Agora xa non hai ese feeling coa xente. Antes coñeciámosnos de toda a vida” María do Carmen Rey Túñez (Brión, 1949) e José Castro Baños (Bastavales, 1943) pertencen a unha “especie en perigo de extinción”: os carteiros que traballan no mesmo lugar no que naceron. Conseguiron a praza na mesma convocatoria e estiveron traballando 43 (Carmen) e 35 anos (Pepe), ata que se xubilaron en 2014 e 2008, respectivamente. Respectan moito o tra-

ballo que fan hoxe os seus compañeiros, pero “agora xa non hai ese feeling coa xente, antes coñeciámonos de toda a vida”, recoñece Pepe. “Antes viña o número mal na carta e entregabámola igual porque coñecías á persoa”, exemplifica Carmen, quen tamén tira algo positivo do cambio: “serviu para que os que non tiñan número ou o tiñan mal, o cambiaran”.

- De onde vén o de ser carteiro? Vén de familia? - Carmen: meu pai era carteiro. Tamén era secretario da Cámara Agraria e tiña unha persoa que lle axudaba a repartir. - Pepe: no meu caso, o meu sogro.

Agora o primeiro que che din é “que o poñan ben”. - Pepe: devólvese e non pasa nada. - Carmen: a nós, como coñeciamos á xente, non nos facía falta número. - Pepe: claro que non, porque coñecías todo.

- Comenzastes a traballar xuntos en Correos? - Carmen: Eu entrei antes. - Pepe: E logo non foramos xuntos ao exame á Coruña? - Carmen: Foches canda min? É certo, pero eu entrei no 1972 e estiven de sustituta 3 anos. E logo un de interina. E despois tiven a praza en propiedade 38 anos. Porque, en total, faltábame pouco para os 43 anos. - Pepe: Eu tamén botei ano e pico, case dous. Pero cando 12 | Concello de Brión

fomos ao exame da Coruña xa a collín en propiedade. - Traballos deses para toda a vida xa non quedan... - Carmen: agora aínda que vaian ao exame o único que fan é coller puntos e despois, cando sae unha praza a concurso, lévaa o que máis teña do exame e por traballar. En Urdilde quedou unha praza libre e veu un de moi lonxe. - E iso que para un carteiro o coñecemento do terreo é fundamental... - Carmen: éo todo. - Pepe: iso interesaba antes, pero agora xa non interesa. - Carmen: antes viña o número mal na carta pero nós entregabámola igual, porque coñecías a persoa e levábaslla.

- Un cambio que incluso afectaba ao propio servizo - Pepe: eu teño ido varias veces, sen ter necesidade, a entregar un mesmo envío. - Pepe e Carmen: e mesmo teñen vido a recoller o correo á casa (rin). - Carmen: iso era antes de que viñera a PDA, porque agora hai que devolvelo a Bertamiráns. Tiñas unha libreta e os veciños dicíanche: “oes que eu traballo e non podo recollelo”.

- Pepe: e víñanche á noite á casa por el. Pero agora como non esteas na casa olvídate, queda para mañá, para pasado... É un cambio moi grande. - Carmen: eu acórdome que incluso os de SEUR teñen vido a preguntarme quen era a persoa á que lle tiñan que entregar o paquete. Acórdome dunha casa que había enriba da capilla, “a casa rosa” chamábanlle, e ninguén sabía onde era. - Como era un día normal no voso traballo? - Pepe: Levantarse ás seis da mañá, porque ás sete había que estar en Bertamiráns. - Carmen: pero empeza polo primeiro, porque primeiro tivemos cartería nos Ánxeles. - Pepe: certo, cando empecei estaba a cartería onda a


BRIONESES igrexa. Despois dos Ánxeles estivo na Gándara. - Carmen: e despois viñeches a Brión, onda min. Viñan a Brión a “tirar” (clasificar) e saía o reparto. Despois levárona a Bertamiráns e quedei eu sola na oficina. A Bertamiráns só ía a recoller, porque tiraba e certificaba todo aquí. Pero non me gustou o cambio. - Pepe: ademais, cando estabamos aquí, se quedaba calquera cousa non pasaba nada. Pero en Bertamiráns non podías deixar nada. - Escoitándovos, semella que a tecnoloxía máis que para avanzar o que puxo foi máis problemas? - Pepe: a min pouco me afectou porque non me colleu. Pouco tempo botei coas PDA. - Carmen: ademais nunha libreta, se tes un problema, como que unha persoa non che firmou, era fácil de arranxar. Na PDA, non. Os códigos era moi malos de grabar. E cando chovía... E se raiaban de tanto firmar, eran difíciles de ver cando facía sol... - Como era a vosa relación cos veciños? - Pepe: eu so tiven problemas con unha, que era moi mala e tivo problemas tamén co Concello, co cura e todo o mundo. E nunha ocasión veu o xefe de Santiago a preguntar por Chave. E ben lles dixeron que cumpría e que non tiñan problema ningún comigo. O xefe chamou por min e díxome que estivera tranquilo que non pasaba nada. Ela seguíu indo a Santiago, pero xa non lle facían caso. - Carmen: eu tiña as típicas personas que, cando chegaba o Día do Carmen, sempre bombóns. E lembro unha señora maior que sempre tiña un detalle comigo por Reis...

dea moi pequeniña unha señora maior díxome: “ai que ben que viñeches Carmiña, que non dou posto a bombona”. Fágoo e na seguinte casa estaba outra que me di: “ai muller, a ver se ti podes...” porque tiñan unha porta nova de piñeiro fronte ao palleiro e a porta non abría. Chica para todo. - Pepe: sempre pasaban cousas. Eu teño que agradecer que a xente sempre me aprezou. E nas casas convidábante a tomar un café ou calquera detalle. Pero tampouco tiñas moito tempo para iso, porque se enredabas dez minutos nunha casa non podías quedar tamén na seguinte. Sobre todo en inverno, sempre había quen te invitaba a tomar un café. - E esa relación continúa? - Pepe: iso perdeuse. - Carmen: porque tampouco é xente coñecida. - É que a gran diferencia é que antes erades dous veciños daquí repartindo o correo. - Pepe: certo, agora xa non hai ese “feeling” coa xente. Eu estiven nos Ánxeles e despois fun a Bastavales, onde botei toda a miña vida. Coñecíamosnos de toda a vida. - Carmen: e eu en Brión. - Lembrades algún envío que vos dera algún problema? - Pepe: cando recibías algún paquete grande. - Carmen: sobre todo agora,

con Amazon e Internet, que ía o coche ata os topes. Despois había uns paquetes que os tiñas que entregar no mesmo día e, se non estaban, tiñas que volvelo cargar e volvelo levar a Bertamiráns, e volver ao outro día... - Pepe: eses eran malos de manexar. - Carmen: e están levando unha paliza estes días, como aquela vez que tivemos case mil cartas xuntas do Catastro. - Cantos carteiros erades para cubrir todo o concello? - Carmen: Pepe en Bastavales, Rosa nos Ánxeles, eu en Brión e logo había un en Viceso e Ons e outro para Cornanda e Luaña. E sabedes para que serviu que viñeran carteiros novos? Para que os que non tiñan número ou o tiñan mal, agora tiveran que cambialo. - Pepe: eu cando empecei cos buzóns, fixera unha campaña e nas entradas das aldeas, segundo os veciños que houbera, eu chegaba e deixábaos aló, salvo que fose certificado. E adelantabas moitísimo. Agora xa non é así. - Carmen: de todos modos, a min gustábame moito máis repartir nas aldeas ca nas urbanizacións. Xente coñecida, de toda a vida... - Pepe: incluso se dabas cunha persoa de confianza que ía cara aldea deixábaslle a carta para que lla dese ao seu veciño. - Era unha relación moi diferente á de agora

- Carmen: o outro día deume dous abrazos unha señora e dicía: “ai, como te botamos de menos”. - Pepe: son moitos anos andando polas portas e a xente che tiña cariño, aínda que non foses moi bo, moi bo (ri). - Carmen: ademais é xente coñecida, que ías a unha festa ou a unha misa e veíalas. Non é coma estes rapaces que veñen de onde veñen e é normal que non coñezan a ninguén. - Que era o máis duro do voso traballo diario? -- Pepe: a chuvia. - Carmen: eu andar levábao ben, nunca me doeron as pernas. O problema da chuvia era que, aínda que ías moi ben equipada, entrabas e saías do coche. Abre e cerra paraugas... - E para rematar, como vedes o futuro que lles agarda aos carteiros? - Pepe: bastante negro como isto siga así... - Carmen: dicíanme “vós aínda chegastes a cobrar a xubilación, veremos nós”. - Pepe: andan bailando un mes aquí, outro acolá e non collen antigüidade, nin nada. - Carmen: e non convocan concursos, polo que non poden coller prazas. Cando fun a Coruña, fun opositar por Brión. Nada máis. E Pepe foi por Bastavales. Eles agora, onde lles dean. - Pepe: certo, teñen que ir onde lles manden.

- Unha relación que non continúa nestes momentos. - Pepe: agora non segue tanto porque, se vas pasear un par de horas, resulta que non ves unha persoa. É chegar e deixar, chegar e deixar. Antes incluso levabas as cartas ás leiras. - Carmen: un día nunha alRevista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS PLAN DE IGUALDADE

O empoderamento feminino, na busca da equidade real e efectiva O Concello entrega con este exemplar de Altamira o III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres de Brión, que estará vixente ata 2019 estará tamén presente na páxina web do Concello. Como novidade, este Plan inclúe por primeira vez as áreas de “Empoderamento e Participación Social” e “Construíndo Brión en Igualdade”.

Xunto con esta Altamira entregase o III PLAN DE IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES

q

O Concello de Brión en colaboración coa Deputación de A Coruña, encargou a una empresa externa a avaliación do II Plan Municipal de Igualdade entre Homes e Mulleres, que estivo en vigor durante os anos 2012 a 2015 ambos incluídos. Desta avaliación pódese destacar e resumir que, no período comprendido entre 2012 e 2015, o Concello de Brión acadou un alto nivel de cumprimento dos obxectivos planteados nas áreas de “Conciliación e Corresponsabilidade”, “Coeducación en Igualdade” e “Prevención e eliminación da violencia de xénero”.

obxectivo: en primeiro lugar, ver que foi o que non se fixo ou se fixo mal ou a medias; e, en segundo lugar, para poder endereitar, corrixir e emendar o feito. Así, da avaliación do II Plan de Igualdade despréndese que o Concello debe mellorar a atención prestada na área de “Información e sensibilización para a igualdade” e na de “Formación e emprego especificamente dirixido a mulleres”. Desta avaliación nace con ánimo de mellora o III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Brión, con vixencia entre 2016 e 2019. Un plan ao que todos os veciños e veciñas terán cumPero como as avaliacións prido acceso, pois se distribúe se levan a cabo cun dobre con este número de Altamira e 14 | Concello de Brión

O impulso que se pretende ao empoderamento feminimo nace da convicción de que a equidade real e efectiva só se logrará coa incorporación das mulleres ao mercado laboral nas mesmas condicións e coas mesmas oportunidades que os homes. Para acadar este obxectivo faise preciso seguir impulsando a formación ocupacional e manter servizos que orienten e asesoren sobre as posibilidades das mulleres respecto ao autoemprego e ás novas tecnoloxías. As mulleres han de participar na vida social, económica e política. As mulleres deben ser conscientes do seu potencial. De aí a necesidade de promover o seu empoderamento. Respecto á construción dun Brión en Igualdade, o Concello asume como organización administrativa a responsabilidade de incorporar a igualdade de oportunidades como principio estratéxico de dobre vía na actuación municipal: a nivel externo, cara á veciñanza; e a nivel interno, dirixíndoa cara o seu propio persoal. Ademais, compre colaborar e cooperar con aquelas administracións e entidades que traballan pola igualdade entre mulleres e homes. Por suposto, este III PIOM é dos veciños e veciñas de Brión. E a vós corresponde participar na súa posta en marcha, suxerir xeitos para lograr os obxectivos planteados, aportar ideas e estratexias e tamén vixiar polo seu cumprimento.


SERVIZOS SOCIAIS BRIÓN SOLIDARIO

VACACIÓNS EN PAZ

Cinco anos de “Brión Solidario”

Familias de Brión acolleron catro saharauís no verán

Os Servizos Sociais traballan xa na recollida especial de Nadal Este decembro cúmprense cinco anos da posta en marcha da primeira campaña especial de recollida de alimentos para as familias máis necesitadas do municipio e que, baixo o nome de “Brión Solidario”, deu pé ao nacemento dunha importante rede solidaria de axuda entre veciños. A gran solidariedade amosada pola veciñanza brionesa en xeral, e polo tecido asociativo, deportivo e empresarial en particular, permitiron que “Brión Solidario” pasara de ser unha campaña puntual nunha data do ano a converterse nun programa aberto durante todo o ano. Pero isto non quedou na recollida e reparto de alimentos entre as familias máis desfavorecidas do municipio, senón que deu un paso máis aló ao poñer en marcha unha cadea de solidariedade que permita cubrir as necesidades básicas desas familias máis aló das alimenticias: roupa, material escolar, menaxe, libros, mobiliario... E, en ambos casos, coa garantía de que as doazóns serven para cubrir necesidades reais, valoradas polos profesionais dos Servizos Sociais de Brión, e garantindo en todo momento o anonimato, tanto dos doadores como dos que reciben a axuda.

dos veciños e veciñas de Brión. Lembrade que as vosas doazóns, canda as importantes achegas periódicas que fai o Banco de Alimentos, están a permitir a atención dunhas cen persoas no municipio, na súa maioría menores. Lembrade que se poden achegar alimentos non perecedoiros ou donativos en metálico, así como que a colaboración pode realizarse tanto individualmente como en grupo (asociacións, empresas, amigos, compañeiros...). Neste sentido, temos que agradecer a colaboración que ano tras ano veñen prestando con “Brión Solidario” a Unión Deportiva Bastavales, a asociación de mulleres Xuntanza, a Piscina Municipal de Brión, a asociación de veciños de Ons, todos os centros educativos do municipio, o supermercado Froiz de Montebalado... e un longo etcétera.

No caso das achegas de alimentos non perecedoiros, estes deben estar correctamente empaquetados e poden entregarse ata que remate o Nadal no CEIP de Pedrouzos, no IES Brión, na gardería dos Ánxeles, nas oficinas municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro Social Polivalente e Biblioteca Municipal) ou no supermercado Froiz de MonPor iso, dende Altamira tebalado. queremos darvos as grazas. Primeiro, por estes cinco Ademais de produtos de anos de solidariedade. E Nadal, sempre son precisos segundo, porque estamos produtos coma conservas, convencidos de que a quin- aceite, leite, azucre.... Os ta campaña especial de Na- donativos en metálico podedal “Brión Solidario” volverá rán entregarse na Tesourería contar co inestimable apoio Municipal do Concello.

Catro familias de Brión participaron este verán na campaña “Vacacións en Paz”, un programa de acollemento organizado pola organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e que conta coa colaboración do Concello de Brión. O alcalde José Luís García recibiu no Centro Social Polivalente ás familias e as nenas Mailemnin Bachir (de 11 anos), Hamma Omar (de 11 anos) e Lekuar Salama (10 anos), que é o 5º, 3º e 4º ano que visitan Brión, respectivamente. No acto tamén participou Siham Ali, de 8 anos, e que visita Brión por primeira vez e que residirá coa familia que acolle á súa irmá Ouehba. As familias compartiron as experiencias dos primeiros días de acollida, na que todos coincidiron en facerlles unha revisión médica aos pequenos. Pola súa banda, José Luís García ofreceulles ás familias todo o apoio e colaboración do Concello de Brión e felicitounas “polo seu traballo na acollida destes pequenos, que hai que agradecer de todo corazón”. Os pequenos levaron como agasallo uns libros, cos que incrementar os fondos da biblioteca que están montando en Tindouf.

SERVIZOS SOCIAIS

Os Servizos Sociais informan sobre o conflicto dos pensionistas retornados de Venezuela Os pensionistas retornados dende Venezuela levan varios meses sen cobrar as súas pensións. Aqueles veciños e veciñas que se atopen nesta situación poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello

de Brión, onde serán informadas e orientadas sobre as últimas novidades neste conflicto xa que, sempre e cando se cumpran unha serie de requisitos, algúns deles poden atopar unha solución que desbloqueé esa situación. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES

Actualción na Carballeira do duo cómico “Os sete magnificos mais un”

Os postos de venda abarrotaron, un ano mais, a avenida de Santa Minia

ROMARÍA DE SANTA MINIA 2016

Só a choiva pode loitar, ás veces, contra a Romaría de Santa Minia Milleiros de romeiros de toda Galicia ateigaron Brión, a pesar de que a festa cadrou en día laborable

Unha gran cola de devotos para ver de preto as reliquias da Santa

As pulperias estveron ata os topes durante os tres dias de festa

As celebracións relixiosas extenderonse ao longo de todo o día 27

16 | Concello de Brión

A edición de 2016 da Romaría de Santa Minia superou con creces todas as previsións de afluencia realizadas dende a organización. A pesares de que a coincidencia do Día de Santa Minia en martes facía pensar nun moi significativo descenso de visitantes. Porén, a afluencia de romeiros e fieis foi constante e abundante ao longo da tarde/noite de domingo e luns e, como no podía ser doutro xeito, ao longo de todo o Día Grande da Festa. Un ano máis quedou constancia de que só unha forte treboada, como a de hai uns anos, pode restarlle romeiros a Santa Minia. Iso si, sempre e cando non sexa o día 27, que daquela non hai treboada nin cicloxénese explosiva que valga.

“os polbeiros recoñecen que como Santa Minia, non hai romaría igual” e que agradeceu “o extraordinario traballo que realizaron os membros de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e persoal médico para que as festas se desenvolveran dentro da normalidade”. Por outra banda, a carballeira centralizou un ano máis a parte máis festiva da celebración, estivo ata os topes en canto a postos de venda de rosquillas, roupa, velas, imaxes relixiosas... Nesta edición houbo uns 150.

As que estiveron sempre cheas foron as cinco polbeiras emprazadas na zona, que non deixaron de vender racións de polbo, churrasco, carne ao calO coordinador das Festas, deiro e, incluso, paella a uns o técnico de Cultura Alberto prezos medios de 9 € a ración. Álvarez, confirma que “a carballeira estivo chea durante A música correu a cargo as verbenas, especialmente das clásicas charangas, as ordurante a tirada de fogos de questras e as actuacións da artificio” e que no Día de Santa Banda de Música de Brión, as Minia “a afluencia foi moi ele- escolas de baile e pandeireta vada dende primeiras horas da e unha das sorpresas da festa: mañá e as polbeiras están cada a actuación de Ruth Cundíns, dous por tres ata os topes”. recanteira de Terras de ComUn punto que confirma o al- postela no programa “Luar” da calde José Luís García, a quen TVG.


CULTURA E DEPORTES

“Foto de familia” das autoridades cos vencedores/as absolutos/as

Un dos grandes momentos foi a carreira dos Pitufos e Prebenxamins

XXXIV CARREIRA PEDESTRE DA AMÁIA

A carreira pedestre de Brión: novas formas, mesmo espírito Lolo Penas e Paula Mayobre gañaron a edición número 34 da carreira, na que participaron 453 atletas Os atletas Manuel Ángel Penas Blanco e Paula Mayobre González proclamáronse gañadores da XXXIV Carreira Pedestre da Amaia (Brión), unha proba que este ano se presentaba chea de novidades, motivadas na súa maioría pola súa inclusión por primeira vez no Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, pero que soubo manter a súa esencia tan característica. Novas categorías, novos xuíces, incluso novo día, deixando a tradicional mañá do primeiro domingo despois de Santa Minia pola tardiña dun día antes. A vitoria absoluta Lolo Penas, do New Balance Team, que empregou tan só 24 minutos e 15 segundos en cubrir os case oito quilómetros da proba. O atleta arzuán chegou á meta cunha cómoda vantaxe de máis de medio minuto sobre o outro gran favorito: Hassan Lekhili, do Ourenrunning. Completou o pódio Víctor Riobó Villanueva, corredor do Miler Running Club de Marín. Na categoría feminina, a vencedora fi Paula Mayobre(Ares), cun tempo de 28 minutos e 11 segundos. O

segundo posto foi para Rocío Alvite Ferreiro, do Club Altetismo Sar Vermú Petroni de Santiago, e completouse o podio con unha habitual desta proba: Raquel Suárez Pedrosa, do Ría de Ferrol-Concepción Arenal.

A Carballeira estivo ateigada de xente ao longo de toda a xornada

O alcalde de Brión, José Luís García, presidiu o acto de entrega de trofeos e ademais, houbo camisetas e bebidas para todos os participantes, así como medallas para as categorías pitufo e prebenxamín.

Miguel Penedo e Iria Pérez, os mellores de Brión As maiores ovacións da tarde foron para os atletas locais. De entre eles, o máis destacado foi Miguel Penedo Taboada, do 3&Run by Pedro Nimo, que chegou nun máis que meritorio cuarto posto da clasificación xeral- Completaron o podio local Juan Jesús Barral e Óscar Ces Suárez. As tres primeiras brionesas foron Iria Pérez Pato, Cristina Hernández García e Mónica San Guerra. As tres son corredoras afeccionadas e non están afiliadas a ningún club.

Momento no que o alcalde daba o pistoletazo de saída da proba raiña

Fotografía: Facebook | VERunners

Ao paso por Liñares, o atleta local, Miguel Penedo encabezaba a proba

Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES FORMACIÓN

A Aula CeMIT de Brión ofrece unha vintena de cursos en liña e gratuítos sobre novas tecnoloxías Durante todo o ano tamén estarán abertos os cursos de ofimática, que comezarán cando se xunte un grúpo mínimo de 8 persoas inscritas Ofimática todo o ano

A Aula CeMIT de Brión vén de lanzar uns cursos gratuítos en liña sobre tecnoloxías de información e a comunicación, de entre 4 e 10 horas de duración. Uns cursos que se adaptan tanto ás necesidades como ás posibilidades de cada alumno ou alumna, xa que se poden realizar en calquera momento e lugar sen ter que estar pendente de convocatorias nin inscricións.

tipo de cursos e niveis. Así, aqueles que se inicien nisto das TICs poden optar por cursos para aprender a manexar a tableta, a cámara dixital, dispositivos electrónicos, o smartphone ou outros dispositivos electrónicos. Tamén haberá sesións para aprender cuestións de actualidade nas redes como o cloud computing, o comercio electrónico, a creación de blogs ou como manexarse na Administración Dentro desta oferta forma- Electrónica (factura electrótiva podemos encontrar todo nica, trámites económicos na

Internet, xestión de documentación...). Os cursos adáptanse ao horario do alumnado, que unha vez que complete todo o material do curso pode presentarse a un exame presencial na Aula CeMIT de Brión. Se a supera, recibirá un Diploma de Realización, asinado dixitalmente. Máis información na Aula CeMIT, a través do número de teléfono 981 50 99 08 ou en facebook.com/cemitbrion.

Aprendendo a voar drons

Durante vinte horas lectivas, estes especialistas en servizos e solucións baseados na tecnoloxía de drons combinaron clases teóricas 18 | Concello de Brión

con prácticas en realistas simuladores de voo por computadora. Unhas prácticas previas aos exercicios de voo real con estes dispositivos, cos que rematou o curso. No curso participaron alumnos de Brión, senón tamén persoas doutros lugares de Galicia como Santiago ou Pontevedra. De feito, o inte-

Os diferentes cursos irán empezando no momento en que haxa 8 persoas inscritas e estea dispoñible a Aula CeMIT. En canto aos horarios, haberá dúas posibilidades: luns e mércores, de 20:00 a 22:00 horas; e martes e xoves, de 10:30 a 12:30 horas. As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou no mail voluntariado@briondixital.org.

Manexo de carretilla elevadora e obradoiros de cociña

NOVAS TECNOLOXÍAS

A Aula CeMit de Brión acolleu unha innovadora acción formativa dirixida á adquisición de competencias no manexo de drons, impartidas por técnicos da empresa Meudron SL (Grupo Filmax). Os drons son unhas aeronaves non tripuladas de diferentes tamaños, dirixidas por radio control e que teñen diversas aplicacións en ámbitos como a agricultura, a cartografía e topografía, o medio ambiente, o mantemento de instalacións, a fotografía, a televisión, etc.

Convocouse unha nova edición dos seus cursos de ofimática. Dous deles son de 20 horas lectivas e custan 30 euros: iniciación á informática e Internet. Os outros catro son de 40 horas e custan 50 euros: Word Office, Access, Excel e Power Point, todos eles na versión 2007.

rese espertado polo curso foi tal que se xerou unha longa listaxe de agarda, polo que non sería de estrañar unha segunda edición do curso en próximas data. E é que esta gran demanda é reflexo do interese que creou este tipo de formación no manexo duns dispositivos con cada vez máis aplicacións na vida cotiá.

O Concello convoca un obradoiro de manexo de carretilla elevadora, que terá lugar o venres 16 e o sábado 17 de decembro. Un curso de 10 horas de duración e que terá un custo de 10 euros. Así mesmo, o Concello organiza dous obradoiros: cociña con castañas (sábado 26 de novembro) e cociña de Nadal (17 de decembro). En ambos casos, a cota de inscrición é de 30 euros e os obradoiros terán unha duración de 5 horas. Máis información e inscricións na Casa da Cultura, no 981 509 908 ou en voluntariado@briondixital.org


CULTURA E DEPORTES CLUB DE LECTURA

Nova tempada do Club Camaleón e do Club de Lectura da biblioteca

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

Case 600 participantes nas actividades culturais e deportivas 2016-2017 As actividades culturais e deportivas para o curso 20162017 botaron andar cunha cifra de récord: 589 participantes, dos que 386 están matriculados nalgunha escola deportiva e os 203 restantes cursan algunha iniciativa de tipo cultural. Especialmente chamativa é a elevada participación que rexistra a actividade de patinaxe, cun total de 105 participantes. Isto quere dicir que case 3 de cada dez nenos e nenas que practican deporte no noso municipio, opta pola patinaxe, se non temos en conta os clubs federados. Completan o podio de honra das actividades deportivas con maior participación o Ioga (53 alumnas) e o fútbol sala, cun total de 52 xogadores. No que atinxe ás actividades culturais, a escola de Baile Galego volve ser a máis demanda, con 71 inscricións, seguida pol escola de pandeireta, con 61. Completan o podio pintura, con 29 inscritos, e inglés, que con 3 grupos e 28 persoas anotadas é a única actividade na que hai lista de agarda: 6 persoas.

O Club Camaleón vén de arrancar unha nova temporada, na que a principal novidade será a organización dos pequenos en dous grupos de idade. Así, o primeiro grupo, conformado por nenos e nenas de 3 e 4 anos, reunirase o segundo sábado de cada mes; e o segundo grupo, con nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, será convocado os últimos sábados de cada mes. Unha periodicidade que comezará a aplicarse a partir do mes de decembro e da que estarán informados permanentemente todos os socios do Club a través do correo electrónico dos pais. O Club Camaleón é unha actividade gratuíta de animación á lectura organizada polo Concello de Brión e que ten lugar na biblioteca municipal. Cada sesión de sesenta minutos inclúe contacontos, xogos, concursos e algunha que outra sorpresa. Os únicos requisitos para formar parte do Club son: ter entre 3 e 8 anos, participar na ac-

tividade acompañado dun adulto e inscribirse previamente na biblioteca municipal de Brión (981 50 99 69). A participación é totalmente de balde. Outros que tamén están de volta son os membros do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Brión, que terán a súa primeira xuntanza da nova temporada o mércores 9 de novembro. Esta iniciativa, nacida en xaneiro de 2013, está aberta de xeito gratuíto a todos os veciños e veciñas de Brión. Para anotarse hai que ter un mínimo de 16 anos, ser afeccionado á lectura (ou querer iniciarse neste enriquecedor hábito) e dedicarlle un pouco de tempo ás xuntanzas, que se farán cada dúas ou tres semanas . Nesas reunións realizarase unha posta en común dos libros que se escollan para ler. Para participar só é preciso dirixirse á biblioteca de Brión ou chamar ao 981 50 99 69.

SAMAÍN

Os meniños e meniñas da gardería celebran o Samaín disfrazados de cabazas

Medio cento de nenos e nenas da gardería municipal, os que teñen entre 2 e 3 anos, celebraron unha Festa de Samaín disfrazados de cabazas. Uns traxes que eles mesmos elaboraron coa axuda dos seus profesores e usando elementos de reciclaxe, sobre todo papel. Tamén asistiron a un peculiar “conxuro da queimada”, no que unha das mestras, disfrazada de bruxa, lles fixo recitar unhas divertidas rimas antes de que esa peculiar “queimada” (zume de piña) fose saboreada por todos os presentes, acompañada por outras larpeiradas. Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES NADAL

Un Festival de Maxia e Castelao, novidades do Programa de Nadal Os Obradoiros de Nadal terán lugar do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro O Nadal xa está chamando ás nosas portas e Altamira xa pode adiantarvos gran parte do Programa de Nadal que o Concello de Brión ten programado para este ano. Un programa que este ano inclúe dúas importantes novidades: unha representación de Castelao e un Festival de Maxia. Así, o Concello convoca un ano máis o seu Concurso de Tarxetas de Nadal, que este ano chega á súa edición número 26. As tarxetas poderán entregarse ata o mércores 21 de decembro, momento no que os Paxes Reais visitarán os distintos centros educativos para recoller as cartas para os Reis Magos. E esa mesma tarde, ás 18:30 horas, o Polivalente acollerá o quinto Concerto de Nadal da ESMU Magariños. Entrada libre e de balde. O Polivalente tamén será a sé da representación de “Cousas”, a cargo de Os Quinquilláns, o venres 23 de decembro ás seis da tarde. Ademais de gozar coa representación desta obra de Castelao, os asistentes levarán de agasallo exemplares dese libro, cortesía da Deputación da Coruña e da Editorial Galaxia. O Festival de Maxia debutará o 28 de decembro con Cayetano Lledó, “Lafayette show”, e o 29 de decembro co ilusionista Martín Camiña, “Feitizo”. Dirixidos a un público familiar, as actuacións terán lugar no Polivalente, ás 18:00 horas. Co Aninovo volve o Festival de Títeres, que este ano chega á súa edición 21. Tres sons as actuacións programadas: Caramuxo Teatro con “As fabas máxicas” (luns 2 de xaneiro), Títeres Trompicallo con “Violeta Coleta contra as salchicas gulp” (martes 3 de xaneiro) e Tanxarina Títeres con “Titiricircus”. As actuacións terán lugar no auditorio do Polivalente ás 17.30 horas e están recomendadas para un público familiar.

Caxoto Contacontos, no Día Internacional das Bibliotecas

OUTONO CULTURAL

Quince actuacións de teatro e música de balde A Carballeira de Santa Minia acollerá o 25 de novembro o tradicional magosto con chocolate con churros O Polivalente está a ser o eixo sobre o que xira o “Outono Cultural”, un programa organizado polo Concello que está a ofrecer aos veciños e veciñas de Brión un total de 15 actuacións teatrais e musicais de primeiro nivel totalmente de balde nos meses de outubro, novembro e decembro. Así, en Brión comparten escenario compañías consolidadas como Teatro do Morcego, Malasombra, Baobab Teatro, Cándido Pazó ou Chévere Teatro; con outras de teatro afeccionado como Andaravía Teatro, Airiños ou

Andaina Mental. Ademais, o “Outono Cultural” tamén inclúe música como o pasado Festival de Outono da Escola de Música Magariños ou o Concerto de Santa Cecía (26 de novembro), coa banda de música municipal. Completa o programa un dos eventos máis concorridos de cada ano: o Magosto, que terá lugar na Carballeira de Santa Minia o 25 de novembro, e a proxección dos curtos do Festival Corto España (2 de decembro, ás 20:00 horas, na casa da cultura).

E para o xoves 5 de xaneiro está programada a Cabalgata de Reis, que terá lugar no pavillón polideportivo de Brión a partir das 17:00 horas. Agasallos, música, larpeiradas, belén vivinte e moitas, moitas máis sorpresas para que os máis pequenos da casa vivan unha tarde tan máxica como a noite que lles agarda. Finalmente, para as vacacións escolares o Concello convoca os seus Obradoiros de Nadal, dirixidos a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Os obradoiros terán lugar no CPI de Brión e no local social da Luaña do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro. Inscricións ata o 16 de decembro na Casa da Cultura. O prezo de anotación é de 30 euros, que se reduce a 15 para o segundo irmá e é de balde para os seguintes. 20 | Concello de Brión

Elefante Elegante e o seu “Rueiro das liortas”

Servizo de alertas

Queres estar permanentemente informado de todas as actividades culturais, deportivas e de formación que se organizan en Brión? A Casa da Cultura de Brión vai poñer en marcha un servizo de alertas polo que os inscritos recibirán unha mensaxe no seu correo cada vez que haxa unha destas actividades. Máis información e inscricións na Casa da Cultura.


HISTORIAS DE BRIÓN

Brión no xornal ABC

Cabeceira do xornal ABC (Madrid) 14/01/1978

q

O diario ABC é un dos xornais máis coñecidos do país. De entre os de información xeral, ocupa o sexto lugar por número de lectores, despois de El País, El Mundo, La Vanguardia, La Voz de Galicia e El Periódico de Cataluña. Ten máis de cento dez anos de antigüidade e declárase conservador, monárquico e católico. Foi sempre o xornal de referencia das dereitas. Se o traemos a esta “historia”, é por ser o único xornal español (alomenos de entre os citados) que ofrece gratuitamente en internet a hemeroteca de todas as noticias que publicou ao longo da súa historia. Nós fixemos a brincadeira de examinar as referidas a Brión e a primeira estrañeza que recibimos, foi a pouca atención que lle merecemos á prensa madrileña os brioneses: en 112 anos de historia do ABC, soamente somos citados dúas ducias de veces e, delas, a terceira parte son novas que corresponden ás páxinas de “sucesos”. A primeira vez que se fala de Brión no ABC é na edición do 6 de marzo de 1926, cunha noticia certamente curiosa. Dá conta da reunión que mantiveron os alcaldes de Santiago, Noia, Brión e “Santa Eugenia” (de Ribeira) “para tratar de la construcción del tranvía eléctrico que una Santiago con Noya”. Comentaba o xornalista que a reunión suscitara grande entusiasmo “pues la mejora es importante”. Vaia se sería importante que nunca máis se soubo da iniciativa.

que o concello e mailos veciños reuniran 1.473,50 pesetas como aportación ao colosal monumento a Calvo Sotelo que se inaugurou no ano 1960 no Paseo da Castellana de Madrid. Entre os anos 1960 e 1965 saen diversas informacións relacionadas coa concentración parcelaria das parroquias de Boullón, Ons, Bastavales, Luaña-Cornanda e Os Anxeles. Cadrando co comezo da novena de Santa Minia dese ano, o xornal do día 19 de setembro de 1972 publica a “contrariedad de las gentes de Brión porque la iglesia de Santa Minia está en estado ruinoso y lleva dos años cerrada. El cuerpo incorrupto de la santa se guarda un una casa particular donde se celebra la misa dominical”. Efectivamente, a estructura do santuario estábase vindo abaixo e as obras de consolidación realizáronse ao ano seguinte. O capítulo de “sucesos” acaecidos en Brión foi sen dúbida o que máis atención suscitou. Así: un rapaz de 19 anos morto en Santiago nun accidente de moto (02,01,1972), achado no monte por parte da Garda Civil dun saco con propaganda subversiva (30,08,1975), un “perro anticohetes” que traba a cana dun foguete cando subía ardendo e remata estourando dentro dun pallal (16.08.1977), roubo dun camión cargado de froita ao que lle prenden lume (26.04.1981), afogamento no río Sar dunha muller de Bastavales onde afogara anteriormente unha filla súa (10.05.1981), morte a machadazos dun médico compostelán a mans do seu fillo (21.08.1996), investigación do caso dun home de 36 anos que levaba 22 encerrado na súa casa (30.08.1996) e, finalmente, o caso dunha moza que dá a luz un bebé morto no cuarto de baño da súa casa (28.11.2003).

Volve a saír Brión o 4 de marzo de 1930, desta vez a parroquia de Bastavales, e para dar conta dun suceso tráxico: a morte a tiros dun mozo de 20 anos na saída dun baile, onde tamén houbo outro ferido. O xornal consigna o nome do morto e máis o do autor do crime. Cinco anos despois, a edición do 9 de outubro de 1935 dá conta do percorrido da 1º Volta Ciclista a Galicia, que pasará por Brión na súa sétima etapa. Xa O 3 de xaneiro de 1976, Brión aparece con outros 17 conpasados 60 anos, volverá a Volta Ciclista a Brión, pero desta vez a Volta a España para correr a última etapa (16.05.1993). cellos da provincia da Coruña pedindo a instalación dunha fábrica de celulosa. No número 77 de Altamira contaramos Merece especial mención a edición do 30 de xuño de 1936, a historia do percorrido por Brión desde malfadado proxecto que inclúe a crónica do referendum celebrado o día anterior que rematou sendo retirado mercede á oposición decidida do de ratificación do Estatuto de Autonomía de Galicia, onde des- vecindario. taca que en Brión votou favorablemente o 92 por cento dos Finalmente, merécenlle atención ao xornal ABC dúas inivotantes. ciativas promovidas polo Concello de Brión: o intercambio Logo ven un período de 20 anos durante os que o ABC se de escolares entre Guillena e Brión e viceversa (07.07.1992 e esquece de Brión, ata o 2 de marzo de 1956 para dar conta 04.09.1993); e a constitución en Brión da Federación Galega dunha nova das que moito abundaron durante o franquismo: de Municipios Rurais (12 de agosto de 1994).

Revista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

III FESTIVAL MONECADAS O segundo fin de seman de setembro, a Carballeira de Santa Minia acolleu unha nova edición do festival monecadas, onde os titiriteiros da comarca fixeron as delicias dos mais pequenos da casa, e por suposto tamén dos seus pais. Durante os tres días de festival pasaron pola Carballeira as compañías A Xanela do Maxín, Os monicreques de Kukas e Teatro de Marionetas Trécola e representaron os seus espectáculos para os arredor dos 500 asistentes. Como en anteriores edicións este festival foi totalmente de balde.

A BANDE DE BRIÓN NA SANTA MINIA A Banda Municipal de Música de Brión ofreceu un concerto durante os actos de celebración da pasada Romaría de Santa Minia. O concerto, celebrado na praza do concello, foi un auténtico éxito, en parte debido a gran afluencia de público que puido disfrutar desta formación dirixia por Jorge Rey durante aproximadamente unha hora. Dende a Banda Municipal de Música de Brión queren dar as grazas a todo o público asistente e ao propio Concello de Brión por convidalos un ano mais a particiapar da Romaría. Que siga a música!!

COMEZOU O OUTONO CULTURAL O pasado día 7 de outubro comezada a programación do Outono Cultural do Concello de Brión para este ano 2016 coa presencia de Cayetano Lledó. O mago presentoulle ao público asistente o seu espectáculo titulado “Sherlock Holmes” nun Centro Social Polivalente que se quedou pequeno. A programación do Outono Cultural vaise extender ata o día 3 de decembro e neste certame teñen cabida espectáculos de todo tipo: teatro, música, contacontos, audiovisual, etc... A programación completa pode verse na web muncipal e todos os espectaculos son de balde ata completar o aforo.

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS O pasado 24 de outubro a biblioteca municipal sumouse á celebración do Día da Biblioteca, e para elo organizou un espectáculo de narración oral a cargo do coñecido artista Caxoto Contacontos, que presentou os seus “Contos de medo que deixan durmir”. Un entretido serán de animación dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idade que durante 60 min. divertiu por igual a pequenos e grandes. Máis de 50 nenos e nenas participaron na sesión de animación, sen contar aos adultos acompañantes, que na súa maioría tiveron que esperar na sala principal ao completarse o aforo.

22 | Concello de Brión


ULTIMA PÁXINA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR...

Revista Altamira | 23


31

anos

XXXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAรA 2016

Concello de Briรณn Praza do Concello, Nยบ 1 15865 - Pedrouzos - Briรณn Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal

Altamira 98  

Revista Altamira Nº 98

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you