Page 1

Orzamentos para o ano 2013

Especial Letras Galegas 2013

Ascende a 4,47 millóns de euros, un 11 % menos que no ano 2012. PAX. 3

Roberto Vidal Bolaño é o homenaxeado deste ano, persoaxe moi ligado a Brión. PAXs. 10-11

Altamira Nº 87 - MAIO 2013 - ANO XXVII

maio2013

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

VISITA AO CONCELLO

dos alumnos do colexio Servizo de Emerxencias

Entrevista

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal xa é unha realidade. PÁXS. 4 - 5

Xosé Bravo, xerente da mancomunidade de concellos Serra do Barbanza PÁXS. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT E CA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 2 15 865 - Bri ón Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Imprenta San Martín Mail: revistaaltamira@infobrion.com

Intentamos recompilar, como sempre, as novas máis salientables que se producen no ambito municipal. Entre elas podemos destacar o ORZAMENTO MUNCIPAL para o 2013, a continuidade do SERVIZO DE EMERXENCIAS ou, xa en ton mais distendido, a visita que nos fixeron os nenos e nenas do colexio n-as oficinas municipais.

C E NT R O DE SAUDE R úa da s Pe d riñas, nº 3 15 865 - Bri ón Tel. Liña 1: 98 1 8 8 77 0 1 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 7 7 02

Pero se cabe aínda máis, neste número, ten unha especial importancia a CULTURA, e esto ven dado pola celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado ao que fora veciño deste concello Roberto Vidal Bolaño.

C E NT R O SOCIAL POL IV A LE N TE A v da . de Santa Mini a, nº 4 6 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastaval e s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA NUÑEZ PER E Z , B. A v da . S a n ta Mi ni a, Nº 53 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 30 G AR DA CIVIL R úa da s Pe d riñas, nº 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Ped rouzos, n º 3 15 85 6 - Bri ón Tel.: 981 88 1 8 1 7 Tel.: 981 88 58 99 O FI CI N A DE URBANISMO P ra za do C onc e llo, nº 1 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 0 6 F ax .: 9 81 88 7 4 31 P I SCI N A CUBERTA MUNI CI P A L La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 73 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 2 15 865 - Bri ón Tel.: 981 89 34 74 F ax .: 9 81 88 7 4 31 P OLI D EP ORTIVO M UNICI P A L La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 76 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 B aixo 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 78 51 S ERVI Z O DE EM ERXEN CI A S La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 88 7 5 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Pe d riñas, nº 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 72 7 1

2 | Concello de Brión

José Luís García García

Completamos a revista coas actividades para os vindeiros meses de verán e cunha reseña moi especial para os membros da xa desaparecida Rondalla e Coral do Concello, con motivo da edición dun CD coas gravacións destas dúas agrupacións.

Alcalde do Concello de Brión

ESPERANDO QUE DESFRUTES DA LECTURA, RECIBE UN CORDIAL SAUDO

contidos

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxel e s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 72 01

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Xa coa primavera ás costas, próximo o verán e logo deste tan chuvioso inverno, xermola un novo número da Revista Altamira que xa vai polo Nº 87.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Ped rouzos, n º 5 15 865 - Bri ón Tel./ Fa x.: 98 1 8 8 7 0 8 0

E SCOLA MUNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mini a, nº 70 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C AS A D O CONCEL L O P ra za do C onc e llo, nº 1 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 0 6 F ax .: 9 81 88 7 4 31

E SCOLA INFANTIL M UN I CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 77 42

Altamira

Pax . 3 REPORTAX E Pax s. 4 - 9 ACTUALI D AD E Pax s. 10 - 11 ESPECIAL Pax s. 12 - 13 BRI ONESES Pax s. 14 - 15 SERVIZ OS SOCI AI S Pax s. 16 - 20 CULTURA E D EPORTE S Pax . 21 HI STORI AS D E BRI ÓN Pax . 22 TAM ÉN FOI NOTICIA Pax . 23 PASATEM POS / HUMO R


REPORTAXE ORZAMENTOS 2013

Aprobanse uns orzamentos de 4,47 millóns para 2013 e que García cualifica como “os únicos que podemos presentar” O alcalde sinala que “estamos obrigados a aprobalos sen ningún orgullo”, aínda que se manteñen todas as actividades sociais.

Xosé Luís García explicou que os orzamentos de 2013 “son os que nos marca a Lei”, xa que están adaptados á nova normativa imposta dende o Goberno Central. Entre elas, a Lei Orgánica 2/2012 de 27 de abril, que incorpora a sostenibilidade financeira como principio reitor; a Regra de Gasto, que impide ás Administracións incrementar o seu gasto por riba da taxa de crecemento de referencia do PIB; e a obriga de que cando se obteñan máis ingresos dos previstos, estes non poidan destinarse a financiar proxectos, senón a reducir a débeda bancaria. “A prioridade é que cobren os bancos e iso non é de recibo. Así non imos a ningures”, concluíu o alcalde brionés. “Isto non é o que merecemos”, denunciou Xosé Luís García, quen lembrou que “se está castigando por igual aos concellos que cumprimos coas normas e aos que non o fixeron”.

q

O último pleno municipal de 2012 serviu para aprobar os orzamentos de Brión para 2013, que ascenden a 4.476.284 euros e recollen un descenso dun 11,04% con respecto ao exercicio anterior. “Non son os mellores, senón os únicos que podemos presentar”, explicou o alcalde de Brión, Xosé Luís García, quen asegurou que “estamos obrigados a aprobalos sen ningún tipo de orgullo”. Uns orzamentos que foron aprobados cos 12 votos a favor de PSOE e PP, e co voto en contra do BNG.

Imaxe do último pleno do ano 2012 onde se aprobaron os orzamentos do Concello de Brión para este ano 2013.

REDUCCIÓN DO GASTO Estes condicionantes, unidos ao contexto da gran crise económica que estamos a sufrir, fan que a cifra global dos orzamentos diminúa un 11,04% con respecto ao orzamento de 2012. As retribucións do persoal ao servizo do Concello non experimentan incremento ningún e, de feito, o capítulo de Gastos de Persoal experimenta un descenso do 9,28%. Esta redución é froito da desaparición de subvencións da Xunta e da Deputación á contratación de persoal que, sen ese financiamento, non poden ser asumidos polo Concello de Brión, que manterá o servizo aos veciños a través do seu propio persoal. Neste punto, o Concello de Brión tamén eliminou a dedicación exclusiva que tiña a concelleira de Cultura, Mocidade, Xuventude e Persoal, Patricia Vázquez.

O capítulo de Gasto Corrente sufre unha redución de 214.000 euros, baixada que se xustifica na necesidade de reducir aqueles gastos que financiaba integramente o Concello e que, debido á actual situación de crise e ao imperativo legal de cumprimento da estabilidade orzamentaria, quedaron fóra. Así mesmo, recóllese unha redución dun 50% nas asignacións aos grupos políticos municipais. O capítulo de investimentos recolle un descenso de 31.000 euros con respecto a 2012 e destinarase a complementar con pequenas actuacións o funcionamento dos moitos servizos que se veñen prestando. Neste sentido, Xosé Luís García explicou que “a pesar de todo mantemos todas as actividades sociais que tiñamos”. Así, partidas como benestar e servizos sociais

se incrementan (un 18.8% e un 5,77%, respectivamente); mentres baixan outras como parques e xardíns (-16%) ou cultura (-21%), onde hoxe se anunciou a desaparición da Romaría Internacional de Folclore, que se viña celebrando no verán. No que atinxe aos ingresos previstos, os recursos propios redúcense nun 1,79% con respecto a 2012. A recadación do imposto sobre instalacións, construcións e obras segue a caer dos 80.000 euros de 2012 aos 25.000 euros de 2013. Ademais, para este exercicio non se prevé ningunha operación crediticia para financiar investimentos. Neste punto, Xosé Luís García denunciou os recortes do 57% nas axudas da Xunta de Galicia e a baixada do 85% das achegas a cultura e do 56% á promoción do deporte por parte da Deputación.

APOIO DO PP, EN CONTRA O BNG A voceira do PP, Mercedes Vázquez, xustificou o voto a favor do seu grupo xa que “valoramos que se cumpra coa estabilidade orzamentaria” e “manifestamos o noso apoio porque en momentos de crise o mellor é tirar adiante e saír desta situación”. Pola súa banda, o voceiro do BNG, Xesús Pena, xustificou o seu voto en contra en que “sabendo que é o orzamento que nin o alcalde acepta, quero expresar a miña indignación”. De feito, Pena Espina instou ao grupo de Goberno a votar en contra ou absterse na aprobación “e que só vote a favor o PP”. Unha proposta que García non aceptou por responsabilidade. Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRACOMARCAIS

Alfonso Rueda felicita ao Concello por ter conformado un dos mellores servizos de emerxencias de Galicia O alcalde aproveita a visita do vicepresidente para solicitarlle un novo camión forestal.

Din que o que ben traballa adoita recoller o froito dos seus esforzos. E iso estalle a pasar ao concello no caso do servizo de emerxencias. Así, o que parecía un punto e final coa decisión unilateral da Xunta de eliminar as axudas aos grupos de intervención rápida, converteuse na consolidación definitiva deste servizo fundamental no noso municipio. E todo grazas ao traballo do Concello de Brión e da Fegamp, que fixeron que a Xunta abrise a porta á creación dos grupos de emerxencias supracomarcais. Un deles, con 12 efectivos, terá como sé Brión. Un servizo que foi moi loubado polo vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, durante unha visita ás instalacións de Pedrouzos na que estivo acompañado polo director xeral de Protección Civil, Santiago Villanueva, polo alcalde Xosé Luís García e por concelleiros tanto do grupo de goberno como da oposición municipal. Alfonso Rueda explicou que a súa visita a Brión era un pouco un acto simbólico, pois “é un dos grupos máis salientables que hai en Galicia”. O alcalde agradeceu a 4 | Concello de Brión

elección de Brión como sede permanente para o grupo de emerxencias supramunicipal, que atenderá as emerxencias dos municipios de Brión, Ames, Lousame, Negreira e Noia. “Temos unha moi boa situación xeográfica, cuns tempos medios de chegada de 15 minutos neses concellos”, explicou Xosé Luís García. Así mesmo, o alcalde aproveitou a visita de Rueda para solicitarlle “un novo camión forestal, pois o que temos ten xa moitos anos e sería importante contar cun máis moderno”. O vicepresidente da Xunta recolleu a proposta e sinalou que unha das vantaxes da estabilidade que se dan agora aos GES é a constatación de que os investimentos en renovación de material se farán “coa total seguridade de que terá unha continuidade, o que facilitará unha planificación máis sinxela”. Así mesmo, Alfonso Rueda confirmou que o obxectivo da Xunta é que cubrir a maior parte do territorio galego en 20 minutos e indicou que a selección de persoal para os grumires supraminucipais comezará en breve para que nun prazo de 2 ou 3 meses Galicia dispoña xa dunha malla estable de actuación fronte ás emerxencias.

MODERNAS INSTALACIÓNS O servizo de emerxencias conta cunhas modernas instalacións situadas no paseo de Pedrouzos, a apenas 300 metros da rotonda de entrada e saída á autovía Santiago-Brión. Unha base operativa dotada da máis moderna tecnoloxía e equipamento que no 2009 foi ampliada grazas a un investimento de máis de 130.000 € por parte da Xunta e que permitiu construír un edificio anexo que dá cabida ao amplo parque de vehículos cos que conta o operativo. O parque móbil está composto por catro vehículos que en 2012 percorreron un total de 22.760 quilómetros. Destaca o completo equipamento da Bomba Urbana Lixeira (BUL), considerado o mellor camión de rescate e de primeira intervención que existe nos municipios da comarca de Santiago (só comparable cos que existen no parque comarcal de bombeiros de Compostela). Trátase dun gran camión de 9 toneladas, da marca Mercedes, con 240 cabalos de potencia e cun depósito especial que reduce a emisión de gases contaminantes e o converte nun vehículo ecolóxico. Ten capacidade para 2.000 litros de auga, é dicir, cinco veces máis que as tradicionais “pick-up”, e dispón dos máis avanzados equipos tecnolóxicos, como unha cámara térmica que permite localizar corpos humanos ou fontes de calor en calquera tipo de incidencias (o que resulta moi útil, por exemplo, á hora de localizar a unha persoa no medio dunha fumareda ou nun rescate nocturno). Outro dos vehículos é a pick-up, que mesmo foi exposta no salón internacional de seguridade, vixianza e prevención de incendios polas súas características. De feito, o carrozado non é estándar, senón que foi realizado seguindo as indicacións de profesionais do servizo de emerxencias para facelo o menos voluminoso e ter así acceso a sitios estreitos ou de pouca altura. Dispón tamén dunha gran capacidade para extinguir lumes debido á máquina de alta presión que leva instalada. Dúas características que o fan un vehículo moi atractivo e diferente ao empregado noutros concellos veciños.


ACTUALIDADE MANCOMUNIDADE

Xosé Luís García preside este ano a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza Unha delegación de Italia, Bélxica, Polonia e Suecia visita o complexo medioambiental da Mancomunidade.

O vicepresidente da Xunta, acompañado polo alcalde e outros membros da corporación municipal puideron comprobar as modernas instalacións do servizo de emerxencias brionés.

q

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, preside dende o pasado mes de febreiro a mancomunidade Serra do Barbanza, tomando o relevo do rexedor de Porto do Son, Luís Oujo. Un traspaso de poderes que tivo lugar durante unha asemblea na que o presidente saínte propuxo unha ampliación destes mandantos do ano actual aos dous anos.

O parque móbil tamén espertou grande admiración por parte dos representantes da Xunta.

q

INTERVENCIÓNS

O noso alcalde asume o cargo con varios retos por diante como a modficación dos estatutos, a posible incorporación de novos socios á planta de reciclaxe ou garantir que os nove municipios que utilizan esta planta (Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois) estean ao día nos seus correspondentes pagos. Neste sentido, Xosé Luís García destaca “o esforzo que está a facer Ames para poñerse ao día nas contas”, pois é o municipio que máis cartos ten pendentes de aboar á Mancomunidade. VISIA Á PLANTA DE SERVIA

O servizo de emerxencias e protección civil de Brión realizou un total de 371 intervencións en 2012, das que un 97% (354 intervencións) concentráronse nos termos municipais de Brión e de Ames. Entre estas intervencións destacan 115 intervencións realizadas para sofocar lumes forestais (82) e de axuda en sinistros de tráfico (72), entre as que figuran 8 excarceracións, 44 limpezas de vía, 13 sinalizacións viarias, 4 asistencias sanitarias e 3 asistencias a vehículos. Por municipios, Brión con 294 actuacións rexistra o 73,5% das intervencións do servizo municipal de emerxencias e protección civil brionés, seguido por Ames co 23,45% (60 intervencións), Negreira (7), Teo (6), Rois (2), Santiago (1) e Boqueixón (1).

Unha delegación de Concellos de Italia, Bélxica, Polonia e Suecia visitou recentemente o complexo medioambiental de tratamento de residuos sólidos urbanos e asimilabes da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. Esta delegación forma parte do programa Ecowas, un plan que ten por obxecto traballar en conxunto o tratamento do lixo e que está incluído na iniciativa europea Europe for Citizens. Xosé Luís García explica que “como o programa no que participan estas vilas busca mellorar o tratamento de residuos a partir da separación no fogar, estiveron moi interesados en coñecer o procedemento de reciclaxe e compostaxe da materia orgánica que levamos facendo na Mancomunidade Serra do Barbanza dende hai xa dez anos e que é todo un exemplo pola súa capacidade de recuperación e de reciclaxe”. Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE

O pleno ponse de lado dos veciños e desbota unha moción do PP sobre Goiáns O pleno municipal desbotou unha moción do PP sobre unhas inundacións acaecidas nunha leira de Goiáns, a carón da estrada Amañecida-Cornanda, o pasado mes de xaneiro. Os populares denunciaban que se puxera area na cuneta e que se modificara con pedras o camiño da auga, o que provocaba que se inundase unha finca. O alcalde, Xosé Luís García, explicou que a actuación do Concello de Brión é a indicada polo plano de Concentración Parcelaria e que o seu obxectivo é evitar que a auga poida estragar tanto a estrada que vai á aldea de Goiáns como as propias casas. “Falei con todos os veciños e pódolle dicir que están todos de acordo porque así foi como estivo sempre”, explicou Xosé Luís García. Sobre os escritos presentados por unha propietaria, non residente na zona, o alcalde explicou que “todos os veciños queren que quede como está, que é como estivo sempre e tal e como indica o plano de Concentración Parcelaria. Se esta veciña quere cambialo, o único organismo competente é Augas de Galicia pois o Concello só está cumprindo o que di Concentración Parcelaria”. Despois dun longo debate sobre os propios planos da aldea, Xosé Luís García solicitoulle aos populares “que acepten o que din os veciños, porque todos din o mesmo, menos unha. E se non queren facerlles caso, pois vaian a Augas de Galicia para pedir que o modifiquen”.

A policía local aumenta a vixilancia sobre as pistas de monte O pleno municipal acordou por unanimidade instar á Policía Local a que incremente a vixilancia sobre as pistas do monte e sancione a aquelas empresas que as estraguen. Unha decisión unánime xurdida a raíz dunha moción do BNG, que incluso pedía unha ordenanza municipal sobre as talas e uso de maquinaria pesada sobre todas as pistas de monte. O alcalde explicou que tal ordenanza non podería actuar sobre todas as pistas, senón só nas da titularidade municipal, polo que quedarían fóra aquelas de uso público ou nas que exista dereito de paso, por exemplo. Sen embargo, instou á Policía Municipal a que incremente a vixilancia e as inspeccións nas pistas, actuando e mesmo sancionando nas pistas de titularidade municipal e levantando acta nas demais, que serán remitidas á Consellería do Medio Rural.

O inventario de Bens municipais ascende a 34,3 millóns de euros O pleno municipal aprobou o inventario de bens do Concello de Brión a data 31 de decembro de 2012 que ascende a 34.333.147 euros, un 0,4% máis que no ano anterior. Os 128.894 euros nos que se incrementou o inventario municipal brionés proceden na súa maior parte de obras, como a supresión de fosas sépticas en Romarís, as obras de saneamento realizadas en Nináns dentro do PEIM 2010, a modificación da AC-300, a habilitación dun almacén para o banco de alimentos ou pequenas melloras realizadas na escola de música e no polideportivo municipal de Pedrouzos. Durante o último ano, non houbo baixa ningunha. 6 | Concello de Brión

Rouban cable eléctrico do entorno do Campo de Fútbol municipal por 10.000 euros O alcalde solicita a colaboración cidadá para tratar de evitar uns roubos que están a afectar a toda a comarca.

q

Pleno municipal

ROUBOS DE CABLE

O cable foi substraido das faroas que rodean o parque municipal de Pedrouzos.

O entorno do campo de fútbol municipal de Brión foi obxecto a finais de xaneiro dun roubo de cable eléctrico por un importe próximo aos 10.000 euros que deixou sen alumeado público gran parte desta zona. O alcalde, Xosé Luís García, amosou a súa fonda preocupación por este tipo de roubos, que periodicamente se producen no municipio e na contorna, e lamentou as molestias e os prexuízos causados aos veciños e veciñas do entorno do campo municipal de fútbol, e en xeral a todos os que transitan por esta zona. O Concello tivo que habilitar un crédito especial para repoñer o material roubado e reparar os danos causados, polo que o alcalde brionés solicita a colaboración veciñal para rematar con este tipo de roubos,, polo ben de todos. “Fago un chamamento a todos os veciños e veciñas de Brión a que cando vexan calquera tipo de comportamento sospeitoso se poñan en contacto coa Garda Civil”, apunta o alcalde Xosé Luís García.

O alcalde brionés considera que “a colaboración veciñal é fundamental para acabar con este tipo de roubos que nos prexudican a todos, pois os cartos que se utilicen para repoñer o alumeado público haberá que quitalos doutras partidas”. Por iso solicita ás autoridades “que investiguen a fondo este tipo de roubos en Brión e no resto da comarca porque ese material non desaparece tan facilmente e ten que ir parar a algures”. Non é a primeira vez que esta zona de Brión é obxecto do roubo de cable de cobre, pois o pasado ano tamén se substraeu o correspondente á nova pista de pádel de Brión, situada a apenas 300 metros de onde tivo lugar este último roubo. As instalacións deportivas de Brión adoitan ser os lugares máis afectados por este tivo de roubos, como xa aconteceu anos atrás nos campos de fútbol de Ons e de Bastavales (neste último incluso, os ladróns mesmo roubaron as portas e as fiestras de aluminio e ata a grifería).


ACTUALIDADE CEIP PEDROUZOS

Nenos e nenas do colexio visitan o concello

q

Os rapaces e rapazas do colexio entrando nas instalacións do Concello. Durante a visita puideron ver todas as dependencias municipais.

q

O alcalde recibiu aos nenos no seu despacho, que se quedou pequeno ante a “avalancha” dos escolares de Brión.

q

O alcalde comprometeuse a resolver algunhas peticións de melloras no centro e a dar traslado á Xunta daquelas que exceden a competencia municipal.

Por último, os rapaces subiron ao salón de plenos onde lle entregaron unha carta con peticións ao alcalde.

Un total de 120 nenos e nenas do CEIP Pedrouzos, de entre 3 e 5 anos de idade, visitaron recentemente as instalacións da casa consistorial de Brión, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé Luís García. Os pequenos chegaron a media mañá e coñeceron as distintas dependencias municipais e o traballo se fai nelas. Os momentos máis divertidos tiveron lugar na visita ao despacho do alcalde e ao salón de plenos, onde os pequenos tiraron de espontaneidade e meteron nun brete a máis de un coas súas preguntas, como cando lle preguntaron ao xefe da Policía Local onde deixara a metralleta. Ao rematar a visita, todos eles recibiron unhas lambonadas. Os mestres aproveitaron a visita para entregarlle ao alcalde un escrito cunha serie necesidades no centro. Xosé Luís García comprometeuse a estudar e resolver as demandas, como a petición de plantar máis árbores ou de facilitar distintos materiais cos que organizar xogos e circuítos para os pequenos. Así mesmo, o alcalde comprometeuse a dar traslado á Xunta das demandas que superan as competencias municipais, como a petición de ampliación do patio escolar.

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE OBRADOIRO DE EMPREGO

Os alumnos do obradoiro de emprego fan tarefas de conservación na carballeira de Santa Minia Convidaron aos rapaces e rapazas de 5º e 6º do CEIP Pedrouzos a colaborar na recollida de pugas de árbores froiteiras autóctonas sobre o tema con constantes preguntas sobre o que se lles estaba explicando. A exposición incluíu unha demostración práctica do procedemento de recollida e conservación de pugas, de como facer un enxerto e da recollida de datos necesarios para á identificación da variedade achegada. Agora, os rapaces recollerán Os rapaces amosaron o seu pugas das variedades a recuinterese pola conservación e perar e posteriormente o pertamén os seus coñecementos soal do Obradoiro enxertaraas. solicitou a colaboración dos pequenos brioneses para que localizaran e achegaran pugas destas variedades froiteiras que teñan nas súas hortas para enxertalas en patróns que permitan, unha vez que estes frutifiquen, repoboar os distintos espazos verdes e preservar este importante patrimonio.

Os alumnos do “Encontro Verde” facendo actuacións de poda na Carballeira. do CEIP Pedrouzos, en colaboración con Afonso Touceda, da Asociación “Lentura”. Durante algo máis de dúas horas, explicaron que este obradoiro tamén ten como un dos seus obxectivos a recuperación de variedades froiteiras autóctonas que dende sempre existiron no val da Amaía. Variedades tales como a mazá Santiaga, repinalda; as peras urraca, manteiga, barburiña; a ameixa Cirijuela, ambruño, fatóns, etc. E tantas outras que poboaban as hortas e testas das leiras ata que na década dos 60 comezaron a desaparecer da fisionomía do val.

A tal fin, e co obxectivo de Un traballo do que deron conta tamén nunha charla di- implicar a diversos sectores na vulgativa a case un cento de recuperación deste valioso paalumnos e alumnas de 5º e 6º trimonio natural, o obradoiro

8 | Concello de Brión

q

q

Os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego “Encontro Verde”, promovido polos Concellos de Brión e de Ames, están desenvolvendo unha importante actuación na carballeira de Santa Minia dirixida a conservar a saúde das árbores deste importante patrimonio natural, cultural e etnográfico brionés. Uns labores que se centran principalmente en podas de mantemento, cirurxía arbórea, eliminación de fungos, etc. A tal fin alugouse unha plataforma elevadora de 20 metros, dende a que o alumnado levou a cabo o seu traballo

Os nenos do colexio de Pedrouzos poideron disfrutar dunha charla divulgativa.


ACTUALIDADE VARIANTE DA AUTOVÍA

Últimos retoques antes da apertura da variante AC-300 O Concello levará a Xunta de Galicia aos tribunais tras descartar unilateralmete a construcción da segunda variante AC-451. mellorará a seguridade viaria dos vehículos procedentes de Bastavales e dos Ánxeles, onde se evitará un perigoso estreitamento da calzada.

A variante da AC-300, que unirá a estrada da Picaraña co acceso á autovía SantiagoBrión, está a piques de ser aberta ao tráfico, catro anos despois do inicialmente previsto. Despois da última capa de aglomerado, á empresa concesionaria da Xunta tan só lle restan algúns pequenos detalles, como a sinalización horizontal,para poder entrar en funcionamento.

Atrás quedan moitos sinsabores nesta importante obra, dende o enlamado da rúa da Senra ata o máis recente conflito cos establecementos comerciais da zona pola eliminación da zona de aparcamento. Dous problemas que a Xunta, responsable da correcta execución das obras, foi quen de resolver. Unha vez que a Consellería determine a data de inauguración, o novo vial

Este novo vial é consecuencia dun convenio asinado en marzo de 2005 polo alcalde Xosé Luís García e o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, daquela conselleiro de Política Territorial. Un convenio polo cal o Concello de Brión cedeu os terreos para a autovía Santiago Brión e aportou máis de 200.000 euros; mentres a Xunta se comprometía a construir este novo vial e unha variante á AC-451 en Pedrouzos. Mentres que a primeira está a piques de entrar en funcionamento, a segunda foi descartada unilateralmente pola Xunta. Unha ruptura de convenio que se dirimirá nos tribunais.

OBRAS NO COLEXIO

O Concello e o colexio de Pedrouzos colaboran na construción de dous novos patios exteriores para os rapaces Para a realización da obra, o colexio puxo o material e o Concello a man de obra ciso para o peche perimetral dos patios. Pola súa banda, o Concello acometeu os traballos de desmonte e nivelación de ambos espazos a través da brigada de obras municipais. Os traballos supuxeron o desmonte dunha parcela que ata o de agora non tiña uso ningún, especialmente pola súa forte pendente. Sobre esa área, a brigada de obras municipais habilitou dúas parcelas, a dúas O Colexio utilizou uns alturas diferentes, que acollen fondos dos que dispuñan patios exteriores distintos. para adquirir o material pre- Uns patios que contan co seu Unha das peticións unánimes dos cativos do CEIP de Pedrouzos era a ampliación do seu patio de xogos. Unha obra de competencia autonómica que, finalmente, xa é realidade grazas á boa colaboración entre o colexio e o Concello, que permitiu construír dous novos patios para os nenos e nenas que estudan no centro.

correspondente peche perimetral e que están dotados tanto de céspede como de aparellos de xogo para os cativos. Canda esta gran obra, o Concello de Brión tamén deu resposta a outras peticións dos cativos, como a instalación dunha billa exterior, plantar máis árbores ou de facilitar distintos materiais cos que organizar xogos e circuítos para os mais pequenos do colexio.

O pleno aproba por unanimidade a proposta de POS 2013 O pleno municipal respaldou a proposta da Alcaldía sobre o Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2013, que ascende a 233.571 euros. Desta cifra, o Concello de Brión destinará 140.000 euros a financiar gasto corrente, mentres que o 40% restante será investido en mantemento de beirarrúas e viais en Brión, proxectos que serán executados polas brigadas municipais.

PSOE e BNG quedan sos contra a Lei Hipotecaria O Concello de Brión pediulle ao Goberno Central un cambio na Lei Hipotecaria que permita parar os desafiuzamentos. Unha moción presentada polo BNG no pleno de decembro e que foi secundada polo Grupo de Goberno e rexeitada polo PP, quen dixo compartir o fondo da cuestión pero insistiu en que se trata dunha competencia que só lle corresponde ao Goberno do Estado. O voceiro do BNG, explicou que “se houbese vontade política se podería facer, ou non se cambiou a Constitución en tres días?”. Un punto no que coincidiu o Alcalde, quen considera que a situación actual é “unha aberración total” e que “a lei hai que cambiala canto antes”. A moción saíu adiante cos 9 votos a favor de PSOE e BNG e cos 4 votos en contra do PP. Revista Altamira | 9


ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2013

O ano de Roberto Vidal Bolaño O Concello homenaxea ao seu ilustre veciño representando as súas obras, dedicándolle os Encontros coa Arte e cunha intensa actividade formativa nos centros educativos. MONÓLOGOS NA CARBALLEIRA Coa chegada do verán nace unha nova iniciativa cultural: os Monólogos da Carballeira. Todos os venres entre o 31 de maio e o 5 de xullo (coa excepción do 28 de xuño, no que se celebran os Encontros coa Arte), ás 20:30 horas, a sala de exposicións da Casa da Cultura acollerá os contos de humoristas galegos como Pepe Capelán, Óscar Maldados, Pedro Brandariz, Boquete e Víctor Grande. E toma nota dunha estrea moi especial: o 1 de xuño ás 21:00 horas, o centro social polivalente terá a honra de acoller unha montaxe elaborada polo grupo de teatro do IES de Brión. Nese mes de xuño regresan os “Encontros coa Arte” que, como non podía ser doutro xeito, xirarán en torno á figura de Roberto Vidal Bolaño. A cita será na fin de semana do 28, 29 e 30 de xuño.

q

A celebración do Día das Letras Galegas sempre foi especial en Brión onde, lonxe de reducir a conmemoración ao 17 de maio, sempre se lle dedicou o mes enteiro á figura homenaxeada. Pero se o Día das Letras Galegas se dedica a un ilustre veciño de Brión como o foi o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, un mes sabe a pouco. Por iso, o Concello de Brión elaborou unha programación especial para o todo o ano, que comeza neste mes de maio pero que se vai a estender ata o vindeiro mes de novembro. Unha oferta numerosa, variada, de calidade e centrada no teatro, como non podía ser doutra maneira. A programación ábrese coa tradicional Feira do Libro de Brión, que terá lugar do 13 ao 31 de maio. Coma sempre, a Feira do Libro combinará espectáculos destinados ao público en xeral cunha intensa programación didáctica dirixi10 | Concello de Brión

da aos nenos e nenas do CEIP e do IES. Así, xa podes marcar na túa axenda os sábados 18 e 25 de maio, pois o centro social polivalente acollerá ás 20:30 horas as representación de dúas das obras máis recoñecidas de Vidal Bolaño: “Criaturas” (pola compañía Teatro do Aquí e dirixida por Evaristo Calvo) e “BailadELAS” (Teatro Antroido, con Laura Ponte e Roi Vidal dirixidos por Xavier Estévez). Para os centros escolares haberá unha selección de representacións, lecturas dramatizadas e contacontos a partir de textos do própio Vidal Bolaño, de acordo coa idade dos pequenos. Gustavo Pernas Coira, Talía Teatro, Laura Ponte, Roi Vidal, Xandobela, Picaversos, Tinke-tinke Teatro, Migallas Teatro ou Maquinarias Teatro encargaranse de levar a maxia das verbas de Vidal Bolaño aos nenos e nenas do Concello de Brión.

E o broche de ouro ao ano de Roberto Vidal Bolaño porano a ANPA Pedra Viada que, en colaboración co Concello, pon en marcha as “Xornadas sobre Roberto Vidal Bolaño”, que terán lugar os días 8, 15 e 22 de novembro e que contarán coa participación de expertos e persoas moi achegadas ao dramaturgo. Porque, cando menos en Brión, o 2013 é o ano de Roberto Vidal Bolaño.

q

Roberto Vidal Bolaño pasou os últimos anos da súa vida no nos concello, alá polo ano 2000 podía verse sentado nalgúnha terraza de Pedrouzos ou mesmo ensaiando no baixo da Casa da Cultura.

Tras o descanso de verán, en outubro volven dúas representacións de obras de Vidal Bolaño ao centro social polivalente. O 19 de outubro, Espello Cóncavo presenta “Anxeliños”; e o 26 de outubro, Teatro O Maxolo representa “Tres de Bolaño”, entre as que figuran “Animaliños”, inspirada en Pedrouzos. Xa en novembro, o día 30 o grupo Bartoleta Teatro representará “Macki o navallas”. Todas estas actuacións terán lugar ás 20:30 horas.

Roberto Vidal Bolaño e o equipo de “Animaliños” durante un dos ensaios na antiga Biblioteca Municipal nos baixos da Casa da Cultura de Brión.


ESPECIAL ALUMNAS/OS DO IES DE BRIÓN

Os mais “Teatreiros” do IES

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2013 e co gallo da súa adicación a Roberto Vidal Bolaño, varios alumnos e alumnas do IES de Brión, capitaneados por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, están a preparar unha montaxe treatral que busca achegar a obra de Roberto Vidal Bolaño aos mozos/as dun xeito divertido e reflexivo, basada en diferentes escenas de: “Rastros”, “Cochos” e “Sen ir máis lonxe”. A actividade, organizada pola ANPA Pedra Viada, vai ver a luz o vindeiro día 1 de xuño ás 20 h. no salón de actos do Centro Social Polivalente de Brión.

q

UN BUSTO PARA BOLAÑO A figura de Vidal Bolaño foi tamén protagonista do debate político, logo de que o PP denunciara nos medios de comunicación a petición do Concello dunha subvención á Deputación da Coruña para facer un busto na honra de Roberto Vidal Bolaño. O PP pediu que se desistise desa petición xustificando que “se poden gastar noutras cuestións de cultura ou educación” eses cartos, facendo mención expresa a necesidades máis importantes como os 700 desempregados en Brión. No pleno do mes de abril, o alcalde cualificou esta petición como “a moción máis demagóxica presentada polo Partido Popular”, aínda que ironizou dicindo que “poderiamos apoiala, porque xa vemos que non a imos recibir pola presión do PP de Brión diante da Deputación para que non veñan eses cartos”. Neste sentido, compre destacar que a subvención solicitada polo Concello está incluída no apartado “Infraestrutura cultural”, polo que non poden destinar-

se a outro mester como suxerían dende o PP. “Sería ilegal dedicala a algo distinto como o que está a propoñer vostede falando das familias ou dos parados. Non fagamos máis demagoxia barata. Eses cartos van investirse en infraestrutura cultural, pero vostedes prefiren que vaian a outro concello do seu signo político”, concluíu Xosé Luís García.

q

Unha pequena mostra dos carteis das obras de Vidal Bolaño, entre as que destacamos Criaturas e BailadELAS que se representaran durante o mes de maio no Centro Social Polivalente. Roberto Vidal Bolaño de paseo polas inmediacións Carballeira de Santa Minia no ano 1990 acompañado polos seus fillos.

Pola súa banda, o voceiro do BNG apoiou a petición da subvención ao entender que “unha persoa á que lle dedican o Día das Letras Galegas, que viviu aquí os seus últimos anos, cuxos fillos seguen vivindo aquí, merece unha homenaxe e un recoñecemento”. Para Xesús Pena, as denuncias do PP teñen unha orixe política: “é propio da literatura falsa do PP adornarse coa austeridade pero cun fondo de falsidade. Bolaño non era deles e por iso non queren poñerlle un busto. Ese é o fondo, o demais é querer adornalo”. Incluso ironizou coa posibilidade de facerlle un busto de xeso, “así cando chova, se disolve”. Revista Altamira | 11


BRIONESES

“É unha mágoa que as relacións entre os políticos non sexan tan amigables como antes, pois iso axudaba a xestionar”

Xosé Bravo Frieiro,

xerente da Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza e ex alcalde de Rianxo. Xosé Bravo Frieiro (Rianxo, 1948) é unha desas persoas que sabe tanto polo que conta como polo que cala. Aínda que nunca tivo medo ningún a dicir as cousas altas e claras aló por onde pasou, é dese tipo de xente que foxe do protagonismo e dos medios de comunicación. “Dende que deixei a Alcaldía de Rianxo en 1994 non concedín ningunha entrevista a ningún medio. Se fago esta excepción con Altamira é porque mo pediu un home bo e xeneroso como Luciano e non puiden dicir que non”, explica. E é unha mágoa que non se prodigue máis na prensa, sobre todo nuns tempos nos que a cidadanía está orfa de referentes políticos dignos. O seu vencello con Brión vén de antigo, “de cando pensabamos que funcionabamos mellor que outros concellos. Esa fachenda amolouseme ao chegar a Brión, onde coñecín un alcalde mellor e onde comprobei que os seus veciños son tan cojonudos coma os de Rianxo”. - Comecemos polo principio, como foi que rematou no Seminario de neno? - Daquela era das escasas opcións que tiña a xente humilde de estudar. Fun á escola en Rianxo e traballei de mecánico co señor Ramón, xa que antes os oficios aprendíanse así. Non podía estudar pero, como seguía vencellado á Igrexa como monaguillo, entrei no Seminario con 11 anos para cursar o Bachiller. Logo fun ao instituto en Santiago, que era o máis próximo, tamén con beca. Entrei en Dereito na Universidade e cheguei ata Terceiro, pero atrancóuseme o Dereito Civil. Por iso sempre dixen que as becas foron e serán boas. - Mariñeiro de familia, chegou a ser Patrón Maior da Confraría de Rianxo. Como lembra aqueles tempos? - Foi unha experiencia moi 12 | Concello de Brión

bonita. Eu síntome moi a gusto no mar, son fillo de mariñeiro. Meu pai debeu ser un dos primeiros en emigrar e pasou embarcado moito tempo en barcos de medio mundo. Lembro que foi unha época moi revolta e revolucionaria. Estamos falando dos últimos anos do Franquismo e no mar había un movemento sindical incipiente xa que as xentes vían outras formas de explotación e de asociacionismo. Estabamos todos cansos dun sistema que se impuxera pola forza e todo eran gañas de organizarse e poñerse a traballar. - Cal era a situación coa que se atopou? - Tiñamos o Plan Marisqueiro de Galicia, que foi desastroso. Daquela pediamos un sistema de explotación libre, pero responsable, e un sistema de

venda controlado. Pero atopámonos con moita resistencia. Houbo algún que outro altercado que se resolveu finalmente grazas á Lei de Amnistía. - Case corenta anos despois, como ve a situación do sector marisqueiro galego? - Algo mellorou no que atinxe ao sector bateeiro, pero foi grazas ao esforzo dos bateeiros, que están loitando contra as depuradoras e conserveiras, que apostan por mercadoría doutros países e que, se non temos coidado, poden afundir economicamente o sector. Sen embargo, no resto seguimos cos mesmos problemas que hai corenta anos. A Administración non soubo poñer un sistema de comercialización baseado en colectivos de mariñeiros e que fixera unha primeira manipulación do produto para dotalo

de maior valor engadido. Aínda hoxe en día é responsabilidade da mala xestión dalgúns funcionarios e políticos que non haxa unha estrutura produtiva que se poida facer unha primeira transformación que rendabilice o produto antes de chegar ao mercado. Da súa falta de acción vén tanto moinante intermediario, que vende cousas que non son produto da ría e que deberían quitar do medio. Pero o certo é que non damos atopado como facelo. - Tras esa etapa como patrón maior, dáselle por entrar en política. - Chamáronme para a lista socialista ao Concello de Rianxo.En 1979 chego ao Concello coas primeiras eleccións democráticas e deixoo pola miña propia vontade no ano 1994, tras 15 anos.


BRIONESES mental porque permitiu que os nosos rapaces puidesen acceder á universidade.

- Situar a educación como eixo principal amosa esa forma diferente de entender a política pero seguro que o formigón tamén deu moito de si nesa época. - Lembro que había algunhas estradas de acceso ás parroquias polas que ningún taxista quería circular ou as restricións de auga potable no verán. E conseguimos resolver eses problemas. Con Albor de presidente da Xunta, e coa axuda de Barreiro Rivas, conseguimos os accesos a Rianxo, que despois derivaron na vía rápida do Barbanza. Iso, unido á ponte de Catoira que fixo a Deputación, foron logros moi importantes para Rianxo. Tamén instalamos os sistemas de - Rianxo é coñecido pola alcantarillado e depuración. súa riqueza cultural. - En todas as parroquias ha- En 2004 chega á Mancobía un centro cultural. Mentres munidade Serra do Barbanza. algúns presumían de ter disco- Empecei con Xosé Luís tecas, en Rianxo presumiamos García de presidente e remato de ter asociacións culturais ac- con el, o que me congratula. tivas. Hai un pouso cultural que Non participei na constitución vén de antigo, con persoeiros da Mancomunidade, pero teño de moita relevancia: Castelao, constancia de que foi moi difíDieste, Manuel Antonio... Iso cil e que se isto saíu adiante foi axuda a que fose moi doado fa- grazas ao esforzo dos alcaldes cer actos culturais en calquera de Brión, Lousame, Carnota, das parroquias. Non tiñamos Muros, Noia e Porto do Son. que pensar moito para atopar En especial, Xosé Luís xogou un iniciativas interesantes. papel fundamental. Creo que sen el e sen Ramón Quintáns - Un aspecto que os achega a planta de reciclaxe non estaun chisco a Brión. ría en pé. Era unha aposta moi - Había un orgullo na cor- ambiciosa para prestar un serporación de Rianxo e posible- vizo básico que non era doada mente pensabamos que era- de artellar, por iso teñen moito mos os mellores. É un pouco mérito os socios fundadores. E pretencioso pero pensabamos ademais coa oposición frontal que funcionabamos mellor da Xunta. que outros concellos. Esa fachenda amolouseme ao chegar - Por que xurdiu esa oposia Brión, onde coñecín a un al- ción? calde mellor e onde comprobei - Foi un momento no que que os seus veciños son tan co- había unha idea de privatizar jonudos coma os de Rianxo. estes servizos e no que xurdía - Con que se queda desa etapa coma alcalde? - É difícil quedarse cunha cousa, quizais coa amizade de todos cantos traballaron comigo. Seguramente a obra do instituto. Daquela foi funda-

q

- Que lembra deses quince anos? - Foi unha época moi ilusionante. Estaba todo por facer no ámbito municipal e había algo moi diferente á época actual. Primaba a ideoloxía, a ilusión por facer algo no concello. Persoas novas, con novas ideas e gañas de facer cousas. Ao chegar lembro que atopamos moitas dificultades económicas: unha débeda moi importante e uns recursos insignificantes, pero como había moita ilusión e gañas fixéronse cousas en todas as áreas. Aínda que partín como independente, non dubidei de iniciar a militancia no Partido Socialista porque pensaba que había que facer outro tipo de política. Foron 15 anos de éxitos e fracasos, pero sobre todo de moita ilusión.

José Bravo, actualmente traballa en Brión como xerente da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza

Sogama, polo que se entendía que a Mancomunidade Serra do Barbanza era competencia. O noso era un proxecto máis responsable, que primeiro apostaba pola compostaxe e a reciclaxe fronte á incineración. En vez de consideralo un proxecto complementario a Sogama, a Xunta entendeu que era unha competencia e atacouno facilitando, por exemplo, a saída de Rianxo e Pobra do Caramiñal do proxecto. Foron tempos nos que Manuel Fraga, para que non se sumara Santiago ao proxecto, dixera aquilo de que todos os ovos tiñan que estar na cesta de Sogama.

- Ás veces somos moi dados a reinventar as cousas. Agora fálase de agrupacións de municipios, de integracións... Iso chamouse de toda a vida Mancomunidades: hai que aunar esforzos para aforrar custos. Todo o demais é palabrería. O que importa é cumprir os obxectivos, non a palabrería. Hai que resolverlles aos veciños os problemas de xestión dos servizos, hai que aforrar con economías de escala. Penso que é un erro saír agora co da agrupación de municipios cando xa está todo inventado. Falta que os políticos da Xunta se decaten de que, chameno como o chamen, o que teñen que facer é dotalos de recur- Mantense esa tensión na sos. Sen recursos non facemos actualidade? nada. - Nós somos pequenas entidades locais que queren co- Pero nestes tempos, prelaborar coa Xunta, pero eles cisamente, non hai moitos reseguen nas súas. Recoñezo que cursos. tivemos algunhas axudas, pou- Se desapareceran as Decas e esporádicas, pero hou- putacións, teríamos suficiente. boas. Estanse a manter organismos inservibles mentres as Man- As Mancomunidades es- comunidades e os municipios tán no ar nestes intres e fálase non teñen recursos suficientes de que son inútiles. para sobrevivir.

“Estanse a manter organismos inservibles como as Deputacións mentres as Mancomunidades e os municipios non teñen recursos suficientes”

- Tras unha vida tan axetreada, agora que chega a xubilación, que plans tes en mente? - Seguir traballando na Mancomunidade ata que me deixen e despois buscar algo para manterme activo. Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS BRIÓN SOLIDARIO

VIAXE MAIORES

O concello prolongará a recollida de alimentos para as familias necesitadas

A viaxe dos maiores levou a 66 veciños a Tenerife

“Brión solidario” superou todas as expectativas este Nadal grazas á gran solidariedade amosada. O Concello manterá durante todo o ano o programa “Brión solidario”, unha campaña municipal de recollida de alimentos para as familias máis necesitadas de Brión posta en marcha o pasado mes de outubro de cara á tempada de Nadal pero que superou todas as expectativas grazas á extraordinaria colaboración e solidariedade amosada polos veciños, empresas e asociacións de Brión. A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Vázquez, explica que “a idea inicial era crear unha cadea de solidariedade alimentaria que servise como ponte entre os doantes de alimentos e as familias máis necesitadas en Brión, asegurando así unha xusta distribución dos alimentos recadados entre os que máis o precisan. Esa estrutura funcionou grazas á gran solidariedade amosada polos veciños, polas asociacións e polas empresas de Brión e agora queremos mantela no tempo para así poder seguir axudando a estas familias fóra dunhas datas especiais como era o Nadal”.

PREVENCIÓN DROGODEPEDENCIAS

Brión continuará co programa de prevención de drogodependencias O programa desenvolverase entre outubro e xuño e será impartido por persoal de Servizos Sociais Os xa tristemente famosos recurtes en materia de educación deron ao traste este ano co Programa de Prevención de Drogodependencias, que mantiñan Ames, Brión e Negreira. Conscientes da importancia de manter este servizo, o Concello e os centros educativos puxéronse a traballar de inmediato para buscar unha solución que permitirá a creación dun Programa Municipal de Prevención de Drogodependencias que comezará a impartirse o vindeiro mes de outubro. O fundamental da materia será impartida por persoal do Departamento de Servizos Sociais. E aqueles temas que non poidan impartir buscarase persoal especializado. Deste xeito, os escolares de Brión poderán seguir disfrutando deste importante servizo durante o vindeiro curso. E é que se durante moitos anos a intervención terapéutica foi o obxectivo prioritario das administracións na loita contra as drogas, nos últimos anos demostrouse que é moito máis eficaz, e incluso máis rendible, investir en prevención, para que o problema non chegue a producirse. Porque máis vale previr que curar. 14 | Concello de Brión

Un total de 66 veciños e veciñas de Brión, todos eles maiores de 55 anos, participaron na Viaxe dos Maiores, que organiza o Concello de Brión e que este ano tivo como destino a illa de Tenerife. Os brioneses aloxáronse a pensión completa no hotel “Be live Orotava” (Puerto de la Cruz), de 4 estrelas, onde disfrutaron de divertidas festas de animación todas as noites, xa que durante as mañás tiñan entrada para “Lagos Martiánez”, un complexo de ocio duns 100.000 metros cadrados formado por un lago central artificial e un conxunto de piscinas, xardíns, terrazas e restaurantes. Así mesmo, os nosos maiores participaron en distintas excursións pola illa, como aos miradores da Orotava ou Icod de los Vinos, que ademais de ser unha importante zona comercial tamén acolle un enorme exemplar de drago, ao que se lle atribúe unha idade de milleiros de anos e que está declarado Monumento Nacional. A cidade universitaria da Laguna, a capital Santa Cruz de Tenerife ou pequenas localidades como Garachico tamén foron visitadas pola expedición brionesa, aínda que a visita máis impresionante de todas foi a ascensión ao Teide. Con esta viaxe, os maiores de Brión volveron visitar ás Illas Canarias despois da excursión realizada a Lanzarote en 2009. Torremolinos e Benidorm foron outros dos destinos visitados nos últimos anos.


SERVIZOS SOCIAIS ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Gran éxito da semana da música da escola infantil municipal Os nenos e nenas da gardería municipal de Brión celebraron hai uns días a Semana da Música, cinco xornadas nos que pais e nais dos pequenos lles presentaron cadanseus instrumentos musicais e realizaron pequenos concertos de media hora de duración. “O obxectivo é iniciar aos pequenos no gusto á música grazas á colaboración de xente especializada, que teñen aos seus nenos na gardería e que colabora desinteresadamente connosco”, explica Dolores Campos, directora da escola infantil municipal de Brión.

A choiva deu unha pequena tregua para que os mais pequenos poideran realizar o xa tradicional desfile de entroido da escola infantil

q

Unha granxa de “animaliños” O rebumbio que se pode montar nunha granxa durante un día de treboada non é nada comparado coa festa que se montou neste Entroido na gardería municipal. Medio cento de cativos, de entre 2 e 3 anos, escolleron como temática “A Granxa” para o seu tradicional desfile de entroido. O exterior da gardería converteuse nun divertido cortello polo que desfilaron pitos, ovellas e vacas. E todo baixo a atenta mirada de ducias de pais e nais, que tamén se sumaron á festa. Os meniños levaban postos uns traxes feitos por eles mesmos, cunha pequena axuda dos seus mestres, con materiais de reciclaxe. Os pequeniños da Aula 4 ían caracterizados de pitos, feitos cuns plásticos amarelos e uns gorros nos que levaban os ollos e o pico. Os rapaces da Aula 5 ían disfrazados de ovellas, cunhas borlas de la sobre uns plásticos pintados por eles da súa cor preferida, pois a idea orixinal de facer ovellas negras e brancas foi rexeitada polos propios cativos, que optaron por un rabaño multicolor. Finalmente, os máis “maiores”, os da Aula 6, chegaron caracterizados de vacas, uns divertidos disfraces entre os que destacaba a orixinalidade dos tetos das vacas, que non eran máis que guantes de goma inchados. Un día despois, os meniños celebraron unha gran festa de Entroido. Desta vez, os peques acudiron disfrazados da casa e á festa tamén se sumaron un cento de pais, nais, avós... tamén disfrazados, pois era condición indispensable para participar. Durante toda a mañá, nenos e maiores disfrutaron con bailes, xogos, piñatas e degustacións de doces típicos destas festas (filloas, orellas e rosquillas), que foron achegados, na súa maior parte, polos propios familiares.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Veciños e veciñas asinan un manifesto a prol da igualdade de xénero O Concello de Brión conmemorou o Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo, ofrecéndolles aos veciños e veciñas do municipio a posibilidade de reflexionar sobre a desigualdade entre homes e mulleres e de asinar un manifesto a prol da igualdade no que se defenden cinco principios: mulleres e homes somos iguais, a violencia nunca é xustificable, conseguir a igualdade é tarefa de todos, mulleres e homes temos dereito a un traballo e igual salario para igual traballo. Un manifesto que foi asinado por numerosos veciños e veciñas, tanto persoalmente nos distintos centros municipais (casa do Concello, casa da cultura e centro social polivalente) como a través do Facebook do Concello (www.facebook.com/concellodebrion). Esta iniciativa enmárcase dentro do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2012-2015, que pretende reducir e mesmo eliminar as desigualdades de xénero contando sempre coa participación social das veciñas e dos veciños de Brión. Entre os compromisos adquiridos neste plan figuran empregar os medios municipais para introducir a temática de xénero de xeito periódico, co fin de sensibilizar á poboación local na igualdade e tratar de eliminar estereotipos tradicionais de xénero. Algo que se conseguiu con este pequeno manifesto. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES INXENIO CONTRA OS RECORTES

O IES Brión pon en marcha múltiples actividades educativas, culturais e sociais baseadas na colaboración entre mestres e alumnos

q

A palabra instituto provén do latín “Institutum”, que significa “facilidade” ou “hábito”; así como da palabra “instituere”, cuxo significado é “construir”, “crear” ou “educar”. E o certo é que a facilidade que están amosando os mozos e mozas do IES Brión para crear cousas practicamente dende a nada é digna de admirar. E non nos referimos ás distintas xornadas e conferencias que organizan, que tamén merecen todo o noso respecto, senón que nos estamos a fixar en tres proxectos que mesmo chamaron a atención dos medios de comunicación.

coitar varios dos programas que teñen colgados sobre distintas temáticas: futbol, tertulias, cine, divulgación, cociña, informativos... Estes avezados xornalistas son os auténticos protagonistas dos programas e non se amedrentan con ninguén, como amosan nas entrevistas a persoeiros de Brión como Belén Quintáns, viúva de Roberto Vidal Bolaño; Xosé Manuel Beiras, voceiro de AGE; ou Xosé Luís García, alcalde de Brión, quen lles falou dos seus anos á fronte do Concello, dos seus proxectos cara o futuro e dalgunha que outra divertida anécdota do seu cargo.

De feito, o primeiro dos proxectos ten moito que ver cos medios de comunicación: trátase de Radio emBrión, un proxecto de radio escolar posto en marcha por alumnos de 1º da ESO e que está aberto a todos os alumnos do IES que queiran participar. Se entran na web do instituto (www.edu. xunta.es/centros/iesbrion/) ou directamente no blog da radio (http://radiodoiesdebrion. wordpress.com/) poderán es-

O segundo proxecto que rescatamos en Altamira foi o posto en marcha por un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato e que fixo que o IES Brión fora o único centro galego en participar no concurso de tradución Juvenes Translatores, organizado conxuntamente en tódolos países da UE pola Comisión Europea. Non gañaron o primeiro premio, pero foron un dos 54 seleccionados en toda España para participar

16 | Concello de Brión

q

Na lembranza do X aniversario da traxedia do Prestige os alumnos fixeron unha grande cadea humana que bordeou o patio o institudo.

Grupo de alumnos/as e que participaron no concurso de traducción Juvenes Traslatores, organizado en todolos paises da UE pola Comisión Europea.

e o único en Galicia, o cal xa cribir o lema que nos motivou: é unha auténtica fazaña. No- Nunca Máis”, explica Joaquín. raboa. Diego recoñecía que “daquela eramos moi novos e non lemE pechamos esta peque- bramos moito daquilo”, pero na visual ás actividades do Carlos engade que “empezaIES Brión lembrando un acto mos cunha serie de actividade lembranza ao décimo ani- des, como unha conferencia co versario do afundimento do patrón de Lira, que nos contou “Prestige”. Tres alumnos (Joa- todo o que tiveron que vivir quín Mato, Diego Eitor e Car- eles”. Por iso, seguro que non los Taboada) organizaron unha hai mellor forma de rematar cadea humana con todos os esta reportaxe ca citando as alumnos do centro que “uni- propias palabras dos rapaces: dos polas mans intentamos es- mareas negras nunca máis.

q

Un dos proxectos que mais admiración espertou foi o de Radio emBrión, por esta emisora de recente creación xa pasaron persoeiros como Xosé Manuel Beiras ou o mesmo José Luis García, Alcalde do Concello de Brión.


CULTURA E DEPORTES BIBLIOTECA MUNICIPAL

Nenos e maiores, unidos por unha mesma afección: a lectura

MOCIDADE

Amplíase o prazo para inscribirse na viaxe da mocidade a Mallorca O Concello convoca a súa tradicional Viaxe da Mocidade, que este ano terá como destino Mallorca, entre os días 20 e o 27 de xullo. Nela poderán participar un total de 52 mozos e mozas de Brión, de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, que deberán anotarse ATA O DÍA 6 DE XUÑO (prazo ampliado) na casa da cultura ou no teléfono 981 50 99 69. O prezo da viaxe é de 255 euros, tarifa que inclúe o desprazamento ata Mallorca, estancia eses sete días no albergue a media pensión e a participación nas distintas saídas. A viaxe inclúe unha obrigada travesía en barco, entre Valencia e a capital balear, e distintos percorridos pola xeografía mallorquina, visitando lugares de gran beleza paisaxística e interese histórico. A expedición brionesa pernoctará nun albergue da Alcudia. Máis información en: excursionmocidadebrion.blogspot.com.

Hai poucas cousas que sexan quen de manter a atención de nenos e maiores a un tempo. A lectura é unha desas excepcións, sempre e cando as lecturas estean adaptadas á idade dos lectores. Por iso, se no pasado número de Altamira falabamos do éxito do “Club Camaleón”, iniciativa na que participan dende outubro familias do municipio con nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, agora temos que falar do prometedor inicio do primeiro “Club de Lectura”, dirixido a maiores de 16 anos e concibido como un punto de intercambio de ideas sobre libros e lecturas entre os socios.

va, que sexa un club dinámico e flexible, que se adapte ás necesidades de cada un dos membros dentro do que sexa posible.

Nas súas primeiras reunións, o club estableceu xa os mecanismos que rexerán o seu funcionamento. Entre outras cousas, acordouse que as sesións terán lugar cada 15 días na biblioteca municipal e elaborar unha lista de obras que poidan estar dispoñibles a través de empréstito ben en Brión ben noutras bibliotecas, así como abrir un apartado dedicado ao club no blog da biblioteca brionesa (http://bibliotecadebrion.blogspot.com. “O obxectivo deste Club es/p/club-camaleon.html). de Lectura é crear un grupo de intercambio e posta en coMentres tanto, os “camamún das nosas experiencias leóns” seguen ao seu, reulectoras arredor das obras li- níndose os últimos venres de terarias que escollamos”, ex- cada mes e permitindo que as plica a concelleira de Cultura, familias de Brión poidan achePatricia Vázquez, quen tamén garse ao mundo da lectura de indica que “sería interesante xeito conxunto, de forma que propoñer outras actividades pais, nais, avós e avoas poidan complementarias á lectura que iniciar aos seus pequenos no enriquezan o club, como visio- mundo da lectura. Se algún nado de películas (literatura no lector de Altamira quere sucine), presentacións literarias, marse a algunha destas dúas quedadas para acudir a exposi- iniciativas, só ten que anotarcións ou actividades relaciona- se na biblioteca ou chamar ao das cos libros, etc”. En definiti- 981 50 99 69.

O PASADO DE BRIÓN

O Esquío no piñeiro recompila fotos antigas

Recuperar o noso pasado e preservar o noso futuro. Doas labores nos que está a traballar a asociación “O Esquío no Piñeiro”. Por iso nestes días está a facer unha recompilación de fotografías antigas do municipio co obxectivo de publicar un libro sobre Brión. Dende Altamira instámosvos a colaborar con esta iniciativa, pois as fotos só son dixitalizadas, polo que se devolven no momento. Se te preguntas que fotos andan a buscar, pois principalmente imaxes en branco e negro cun único requisito: estar tirada en Brión. Iso significa que é válida calquera temática: festas, celebracións, xogos, deportes, xuntanzas, traballo, igrexa.... Para colaborar só é preciso achegarse coa fotografía pola biblioteca municipal de Brión ou, se xa a tes en formato dixital, enviala por e-mail a: oesquio@gmail.com. E se conservar o noso pasado é importante, preservar o noso futuro non lle queda atrás. Por iso un ano máis os integrantes desta asociación organizaron unha plantación de árbores no parque de Pedrouzos. Castiñeiros e carballos emprazados a carón da área infantil que foron apadriñados por unha trintenta de veciños e veciñas. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES PISCINA MUNICIPAL CUBERTA

SENDEIRISMO

Actividades para chegar aos 2.000 socios

A Costa Ártabra, novo destino dos sendeiristas

Conta con 1.379 socios (xaneiro de 2013), un 29,48% máis que hai seis meses. A piscina municipal cuberta de Brión vén de poñer en marcha “Obxectivo 2.000”, un programa de actividades co que pretende chegar aos 2.000 usuarios na instalación. Un programa que comeza xusto coa entrada en vigor das novas taxas, aprobadas por unanimidade polo pleno municipal de Brión, e que recollen a renuncia da adxudicataria a subirlles o IPC aos aboados así como novos beneficios para os usuarios.

1.379 socios, dos que 618 son pagadores. Unhas cifras que supoñen un incremento do 29,48% con respecto aos 1.065 socios rexistrados no semestre anterior (agosto de 2012). Un aumento que é do 27,42% no que atinxe ao número de pagadores. Isto supón que por cada abono da piscina brionesa hai un total de 2,23 socios, o que amosa o gran número de familias que se adheriron ao abono familiar.

Porén, o maior incremento deuse no número de persoas que accede mensualmente ás instalacións: 4.415 persoas en xaneiro de 2013 fronte ás 884 persoas de agosto de 2012, rexistrándose unha media de 3.450 usuarios nos últimos seis meses. Nestes últimos seis meses tamén medraron significativamente o número de asistentes a cursos organizados: 309 persoas, fronte aos 216 rexistrados en setembro de 2012. Deses 309 cursillistas, 223 son nenos (cunha ocupación do 89,2% das prazas), seguidos por 45 adultos, Segundo Aquafit Gestión 23 participantes en aquaeróSL, en xaneiro deste ano a bic e outros 18 no curso de piscina municipal conta con bebés. Entre esas novidades destacan a creación dun abono para desempregados de 12,10 euros/mes, que tamén estarán exentos de aboar a matrícula. Así mesmo, contémplanse unha redución da tarifa dos cursos para bebés (de 20 a 10 euros/mes) e unha baixada na tarifa de pádel para os abonados: 2,71 euros. Así mesmo, incrementaranse os servizos a todos os abonados (individual, familiar e reducido), que terán dereito a 4 reservas de pádel gratis ao mes.

Dicía o estribillo dunha coñecida canción do grupo The Proclaimers que “camiñaría 500 millas e camiñaría outras 500 máis só por ser o home que camiñou 1.000 millas para chegar á túa porta”. Pois os sendeiristas de Brión xa van camiño de completar esas 500 millas logo dos corenta quilómetros que xa percorreron este ano pola contorna do Cabo Home e pola ruta dos tres ríos de Touro. Dúas citas que volveron a reunir a ducias de veciños e que no caso da ruta pola península do Morrazo mesmo obrigou ao Concello a poñer un autobús máis, duplicando o número de prazas das 50 iniciais ás 110 que finalmente se sumaron á iniciativa. E como non hai dúas sen tres, o Concello xa ten todo listo para a ruta do mes de maio. Terá como destino a Costa Ártabra, entre Campelo e Valdoviño. Un roteiro de 16 quilómetros nos que os sendeiristas disfrutarán da escarpada e salvaxe costa galega, puidendo comprobar as diferenzas entre as Rías Altas e Baixas. Fermosas ambas nas súas diferenzas. A cita é o sábado 25 de maio e a saída, como sempre, ás 8 da mañá da carballeira de Santa Minia. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura. O prezo é de 8 euros.

18 | Concello de Brión


CULTURA E DEPORTES TROBADA D’ART DE L’EMPORDA A GALICIA

EXPOSICIÓN: ENTREDOUS

Brión exporta os “Encontros coa arte” a Cataluña

Manuel Ayaso e Alfonso Costa convidaron aos veciños a introducirse no mundo alegórico dos seus debuxos

Dez artistas galegos participaron nun intercambio artístico con Platja d’aro

Un cadro, dous artistas. Deste xeito podemos resumir o contido da mostra de pintura “Entredous”, dos artistas Manuel Ayaso e Alfonso Costa, que os veciños e veciñas de Brión tiveron ocasión de desfrutar na sala municipal de exposicións durante as últimas semanas. De feito, un dos autores, Manuel Ayaso convidou a toda a veciñanza de Brión a visitar “Entredous” xa que “hai que mirar as obras, entrar nelas, entrar nese mundo alegórico porque o que mira unha obra é tamén parte da creación. E os artistas sempre deixamos unha parte por rematar para o espectador”. Neste sentido, Alfonso Costa indicou que Ayaso “en cada debuxo está mirando ao espectador”. Os artistas, cataláns e galegos, que participaron na “Trobada d’art de l’Emporda a Galicia” no municipio de Platja d’Aro en Girona.

q

Dez artistas galegos participaron no “Encontro de Arte. De l’Empordà a Galicia”, celebrado a finais de abril no municipio catalán de Castell-Platja d´Aro. Unha expedición convidada polo Concello xerundense e que estivo encabezada pola concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, e polo técnico de Cultura, Alberto Álvarez. Os artistas galegos que participaron no encontro foron: Beatriz Ansede, María Xesús Díaz, María Manuela, Isabel Pintado, Chelo Rodríguez, Luis Romero, Xosé Vázquez Castro, Veiras Manteiga, Laureano Vidal e Xosé Vizoso. Unha vez en Girona, participaron nunha exposición colectiva xunto con outros catorce creadores cataláns: Eduard C. Jordà, Josep Cruañas, Antoni Federico, Jordi Gispert, José Guillén, Jaume Malaret, Josep Ministral, Navarro Vives, Roser Oduber, Patxè, Joan Raset, Vicente Romero, Alba Roqueta e Isidre Vilaseca. Ademais, tomaron parte en tres xornadas repletas de actividades artísticas e culturais nas que estiveron moi presentes os lazos históricos e culturais entre Galicia e Cataluña.

Espírito nacido en Brión Esta iniciativa xurde inspirada nos “Encontros coa Arte”, unhas xornadas de convivencia e creación artística creadas polo Concello de Brión en 2006 e nas que participan artistas plásticos e escritores de toda España que disfrutan de diferentes actividades: obradoiros de pintura do natural, conferencias, charlas e exposicións. Cada ano homenaxéase unha destacada figura das nosas letras, dende Rosalía de Castro (2006) ata Alfonso R. Castelao (2012). Este ano, como non podía ser doutro xeito, os “Encontros” están adicados a Roberto Vidal Bolaño.

Ambos artistas destacan a importancia do debuxo na arte. “Hai que valorar a obra creativa, pero os debuxos son os cimentos dunha obra”, explicou Alfonso Costa. “Ultimamente non hai moita xente que saiba debuxar ben”, lamentou Ayaso, quen se declara “máis debuxante ca pintor”. A orixinalidade desta exposición é patente, aínda que só sexa pola xénese de cada un dos cadros: cada artista preparou unha serie de debuxos que foron complementados polo outro. Para Alfonso Costa, esta exposición é un reflexo do “respecto que nos temos mutuamente, pois hai que unirse pero sen estropear o traballo do outro”. “Este home non pode estropear nada”, apuntou Manuel Ayaso, xa que “temos un respecto mutuo pola arte”. A complicidade que amosaron ambos artistas durante a inauguración da exposición tamén se reflicte nos seus cadros. “Unha obra común de dous artistas na que cada un achega parte do seu xenio creativo. Onde o pintado por cada un servía para inspirar ao outro”, explicou Alberte Álvarez, técnico de Cultura de Brión, quen explicou que “Ayaso ten reminiscencias surrealistas, cun mundo de trasnos e monstros. Costa aborda todo tipo de temáticas dende o seu expresionismo lírico. Unha dualidade que tan ben se complementa nesta exposición”.

A proxección dos “Encontros coa Arte” superou nas súas últimas edicións o ámbito municipal. Hai dous anos, os artistas desprazáronse ata Pontemaceira (Ames)e no ano 2012, o Concello de Rianxo colaborou na organización do “Encontro coa Arte: Lembrando a Castelao”. Este ano 2013, a vila xerundense de CastellPlatja d’Aro pasa a formar parte do espírito dos encontros artísticos de Brión. Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES PARA O VERÁN

OBITUARIO

Campamento infantil, piragüismo, Xacobeo, tardes de verán e novas tecnologías, protagonistas do verán brionés O prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de maio

Pesar pola morte de Marcelino Lema Lobato

O Concello vén de presentar o seu programa de actividades de verán, que terán lugar durante os meses de xullo e agosto e que están dirixidos á poboación infantil e xuvenil empadroada no municipio,. Deste xeito, o Concello axuda ás familias brionesas a conciliar a súa vida laboral e familiar ao tempo que lles presenta aos cativos unha atractiva programación de ocio. Un programa para o que xa está aberto o prazo de inscrición na Casa da cultura (981 50 99 08) ata o 31 de maio. A primeira vista, a gran novidade é a desaparición do campamento urbano, substituido este ano por un campamento infantil que terá lugar ben en Ribadeo ou ben en Boiro, xa que o destino aínda está por fixar por parte da Xunta. Este campamento infantil organizarase en dúas quendas, de trinta rapaces cada unha. A primeira terá lugar do 2 ao 8 de agosto e está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 10 anos. A segunda quenda será do 8 ao 14 de agosto, con rapaces de 20 | Concello de Brión

entre 11 e 14 anos. En ambos cada familia se poida inscribir casos, o prezo é de 100 euros. naquelas que máis lles interesen. O prazo de anotación abriIgual de interesante se rase a partir do mes de xuño. presenta outra iniciativa novidosa: a realización do Camiño Unhas actividades en fade Santiago a Fisterra no mes milia que complementarán a de xullo, concretamente do 15 outro dos grandes clásicos do ao 20 dese mes. Neste caso os verán brionés: os obradoiros destinatarios serán mozos e de novas tecnoloxías para ramozas de entre 13 e 18 anos, paces. Este ano terán lugar que durante eses cinco días de luns a xoves, en horario de percorrerán o antigo camiño tarde e do 1 ao 31 de xullo na ata Fisterra. Convócanse 30 aula Cemit de Brión. Hai dispoprazas e o custo de inscrición é ñibles un total de 50 prazas (10 de 75 euros. por grupo) e a cota de inscrición é de 20 euros. E pensando na conciliación familiar, o Concello presenta Por último, o programa de dúas ofertas para as tardes do verán inclúe unha nova ediverán. As máis novidosas son ción do curso de piragüismo as “Tardes de verán”, activi- para rapaces e adultos empadades ao aire libre pensadas droados, que terá lugar nas para toda a familia. Tras o éxi- instalacións deportivas de Ons to do Club Camaleón, no que e que está dirixido tanto a ranenos e maiores comparten a paces entre 6 e 16 anos como súa afeción pola lectura, agora a maiores de 16 anos. As citas chegan unha serie de activida- terán lugar, como en anos andes para os meses de xuño, xu- teriores, todos os venres pola llo e setembro que terán como tarde entre o 7 de xuño e o 30 eixo principal o xogo en fami- de agosto. Hai 100 prazas dislia. A temática de cada unha poñibles e os prezos de inscridas actividades fixarase coa ción son 30 euros (rapaces) e suficiente antelación para que 40 euros (adultos).

“A única maneira de saír da crise é traballar e buscar cousas novas”. Como seguramente recordarán, así se expresaba no último número da Altamira Marcelino Lema Lobato, quen nos concedía a que sería a súa última entrevista. Marcelino morreu poucos dias despois, o pasado 4 de abril aos 89 anos de idade, na súa vivenda na rúa da Rosa de Santiago. Empresario xubilado, foi quen de montar un aserradoiro en Bastavales e convertilo nunha das duascentas compañías que máis facturaban en Galicia. Cando ninguén sabía que era o I+D, Lema Lobato levaba anos innovando e desenvolvendo dende un pequeno aserradoiro brionés, desbancando incluso ás empresas máis poderosas. Dende Altamira unímonos ao pesar causado pola súa morte en Brión, e enviamos o noso máis sentido pésame á súa muller Carmen Piñeiro e aos seus fillos Manuel, Marcelino e José Ignacio Lema Piñeiro. Nós quedámonos coa súa receita para saír da crise: traballar, traballar e buscar cousas novas para novos mercados.


HISTORIAS DE BRIÓN

Da Rondalla-Coral de Brión e outras músicas

Portada do CD que ven de editarse e que pronto se repartirá entre os que foran membros destas duas formacións

Dúas agrupacións senlleiras marcaron o panorama cultural da comarca ao longo da década dos noventa do século XX: a Rondalla Infantil e maila Coral Polifónica, ambas promovidas polo Concello de Brión. A Rondalla formárase no ano 1986 como escola de música. Comezou con 60 alumnos e nos cursos sucesivos nunca baixou de cen matriculados, aínda que para as actuacións interviñan non máis de trinta. A Coral Polifónica creouse no ano 1991 e pasaron por ella máis de 70 homes e mulleres durante os dez anos que durou. Rondalla e Coral adoitaban actuaren xuntas e ofreceron máis dun cento de actuacións por distintas localidades da comarca e fóra dela: en Allariz (Ourense), Arzúa, Vilagarcía, Terra de Montes, etc. Estiveron no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no Auditorio de Galicia e foron asiduas en distintos programas de TVG. Dentro do Concello de Brión, ademais de acudir a infinidade de acontecementos festivos, institucionalizaran os “concertos de Nadal”, que cada ano levaban a unha parroquia distinta.

q

Ambas agrupacións desapareceron xuntas no ano A nosa terra da Amaía goza tradición de grande afec- 2001. ción á música, e moitas foron as agrupacións musicais que xurdiron aquí ao longo dos tempos con unha vida Das dúas foi director dende a súa fundación o mestre máis ou menos efémera. Na memoria dos máis vellos Isaac Vázquez Alvite, falecido no verán de 1999 cando están as bandas populares de música con radicación en contaba 56 anos de idade. A traxectoria musical deste diversas parroquias do Concello de Brión. Hai memoria singular artista e persoa entrañable fora analizada nunda de Bastavales, que algún tempo dirixira Juan Fer- ha longa entrevista publicada no número 18 desta revisnández “O Silleiro” de Lestrove. Ben anos durou (ata ta Altamira, de outubro de 1990. os anos sesenta do século XX) a Banda de Brión, dirixida polo mestre Emilio Magariños. Pero a máis lonxeva foi a Grazas ao afán perfeccionista e á tenacidade de don Banda de Música da Luaña, que xa existía nas primeiras Isaac, ambas agrupacións lograran un nivel de calidade décadas do século XX e mantívose ata o ano 1996, can- nada común, dispoñendo dun amplísimo repetorio dos do se constituiu a actual Banda de Música Municipal de máis variados estilos musicais (folclore galego, música Brión. Algún tempo funcionou a Banda de Viceso, que relixiosa, habaneiras, música española (como “El Sitio logo cambiaría o nome polo da vila de Negreira. de Zaragoza”, de C. Oudriz, que bordaba a rondalla), incluso de música clásica (exemplo, o coro de escravos De por parte, hai memoria doutras agrupacións va- de Nabuco de Verdi ou a marcha Radetzky de Strauss). rias, como coros parroquiais e grupos de gaitas. O Con- Recuperou tamén unha peza orixinal de Emilio Magaricello creara Escola de Gaitas e Baile no ano 1980. A ños, que Isaac orquestrou e recreou, a canción de berce primeira durou unha boa manchea de anos; a segunda “Meu amor”. perdura. Nos anos 70 de século pasado, media ducia de rapaces crearon o Grupo Altamira, de música lixeira, Para manter a memoria destas dúas agrupación e que na súa curta vida levou o nome de Brión por ben como agasallo ás moitas ducias de veciños e veciñas que festas e romarías. Algún día haberá que ir facendo a cró- nalgún momento da súa vida participaron nelas, acábanica de todas ellas. se de de editar un CD para uso interno. Consta dunha primeira parte de música só instrumental, que gravara a Hoxe o ensino e promoción musical do noso concello Rondalla Infantil nos estudos da Radio Galega o día 7 de está institucionalizado na Escola Municipal de Música abril de 1993. A segunda parte -Rondalla Infantil e Coral Magariños, cunha moi nutrida matrícula. Vai camiño Polifónica – foi gravada tamén polos equipos da Radio dos 17 anos de vida a Banda Municipal, que, cun plan- Galega na igrexa parroquial de Bastavales o día 26 de tel de músicos moi novos, goza de recoñecido prestixio. abril de 1996. Esta gravación quere ser tamén unha meEstá tamén a escola de Cantareiras de Altamira, que moria agradecida ao fundador das dúas agrupacións, o ven de gravar un disco. mestre Isaac Vázquez Alvite. Revista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

XVII FESTIVAL DE TITERES DE BRIÓN Os títeres acudiron un ano mais a Brion para achegar a súa maxia a pequenos e maiores no XVII Festival de Títeres. Os monicreques chegaron ao Centro Social Polivalente de Brión os días 2, 3 e 4 de xaneiro cargados de historias de incríbles aventuras para gozar toda a familia. As compañias que presentaron os seus espectáculos este ano foron Titeres sen cabeza coa obra No sin mi unicornio, A Xanela do maxín con Titeresmusicontos e Títeres Babaluva con Lume. Como sempre, todas as representacións foron de balde.

CABALGATA DE REIS 2013 Como xa é costumbre o pasado 5 de xaneiro as SS.MM. os Reis Magos foron recibidos en Brión nun caloroso acto de benvida. A comitiva real chegou pouco despois das cinco da tarde ás instalacións deportivas municipais. Alí esperábaos un “Belén” vivente, a onde se dirixiron inmediatamente para realizar a tradicional ofrenda de presentes ao nenoo Xesús. Mentres os nenos facían ringleira para falar con eles, os adultos puideron gozar de chocolate e rosca. Noutro posto, os máis atrevidos puideron saborear un frío sarabiado e degustar o doce algodón de azucre.

JOSÉ LUIS GOMEZ PRESENTA O SEU LIBRO EN BRIÓN Máis dun cento de veciños de Brión encheron o centro social polivalente para arroupar ao xornalista José Luís Gómez, nativo da aldea de Souto (Os Ánxeles), na presentación do seu libro. “Cómo salir de esta”, así se titula o libro, é unha reflexión crítica sobre a actual crise económica que estamos a sufrir profundamente e no que apunta pistas sobre como e cando se producirá a tan desexada recuperación.

Brión acolleu a presentación do cómic ‘El fugitivo’ O pasado venres 5 de abril o ilustrador Jaime Asensi e o guionista Hans Leuenberger presentan en Brión “El Fugitivo”, un cómic que adapta a novela homónima do escritor Ramón J. Sénder. O cómic, baseado nun texto do xenial autor oscense, está ambientado nos anos posteriores á Guerra Civil e narra a historia dun cidadán acusado, perseguido e condenado a morte e céntrase no seu particular peripecia, que lle leva nun primeiro lugar a fuxir da condena e daqueles que deben axustizalo e a buscar en último termo a morte de xeito consciente.

22 | Concello de Brión


ULTIMA Pテ々INA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR...

Revista Altamira | 23


27

anos

MEMORIAS DUN NENO LABREGO CON XOSÉ NEIRA VILAS O venres 21 de decembro o Centro Social Polivalente acolleu no seu auditorio a representación de “Memorias dun neno labrego”, monólogo escénico-narrativo sobre a coñecida obra do escritor Xosé Neira Vilas, realizado polo actor Cándido Pazó. A obra, que ven de ser un dos éxitos do ano con máis de 60 funcións en toda Galicia, reuniu en Brión a un numeroso público que gozou da posta en escena realizada por Abrapalabra Produccións Escénicas. Entre os asistentes, para gran sorpresa de parte auditorio, estivo o propio autor Xosé Neira Vilas, que acudiu a Brión acompañado polo seu amigo Xosé Vizoso. Ao rematar a representación, o xenial escritor charlou de xeito distendido co público e adicou os libros que lle achegaron numerosas persoas..

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org

87- ALTAMIRA Nº 87  

REVISTA ALTAMIRA Nº 87

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you