Page 1

Altamira Nº 74 - ABRIL DE 2009 - ANO XXIII

Revista Municipal do Concello de Brión

Entroido 2009

A primavera vense achegando Eleccións Galegas Un amplo repaso polas pasadas eleccións ao parlamento de Galicia PAX. 3

Daniel Negreira Un veciño de Brión que triunfa ofrecendo pratos galegos no seu restaurante EL TORO en Taiwán. PAXS. 12 - 13

abril09


CONTIDOS

Altamira

os nosos

enderezos

Revista Municipal do Concello de Brión

B I BLIOTECA MUNICIPAL C a r balleira de Santa Minia , n º 5 1 5 8 65 - Brión T e l ./Fax.: 981 50 99 69

AVANCE A primavera vense achegando... este foi o titular escollido para este novo número da ALTAMIRA. Logo de pasar o periodo de entroido, do que damos boa conta neste novo número, facemos un repaso por todo o acontecido, e tamen polo que esta por vir, no noso Concello.

C A SA DA CULTURA C a r balleira de Santa Minia , n º 5 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 50 99 08 F a x.: 981 50 99 69

Para esta ALTAMIRA dispuxemos un amplo reportaxe das pasadas eleccións, das que expomos con claridade os resultados colleitados polos distintos partidos no ambito municipal. Un repaso polas obras que se van a acometer nos próximos meses: a piscina municipal, a nova escola de música, e como non as obras de saneamento das distintas parroquias. Para completar, un amplo reportaxe sobre as escolas deportivas municipais, que a piques de cumpliren a maioria de idade, son un dos puntos fortes das actividades que o Concello programa anualmente para os nosos nenos e nenas.

C A SA DO CONCELLO C a r balleira de Santa Minia , n º 2 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 88 70 06 F a x.: 981 88 74 31 C E I P PEDROUZOS R ú a Paseo de Pedrouzos, n º 5 1 5 8 65 - Brión T e l ./Fax.: 981 88 70 80 C E NTRO DE SAUDE R ú a das Pedriñas, nº 3 1 5 8 65 - Brión T e l . Liña 1: 981 88 77 01 T e l . Liña 2: 981 88 77 02 C E NTRO SOCIAL POLIVA L E N T E A v da. de Santa Minia, nº 4 6 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 50 99 10 F a x.: 981 50 99 78 E S COLA INFANTIL MUNI C I P A L A g ro Novo, nº 125 1 5 2 80 - Os Ánxeles T e l .: 981 88 77 42 E S COLA MUNICIPAL DE M Ú S I C A A v da. de Santa Minia, nº 7 0 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 50 99 08 FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da. dos Ánxeles, nº 36 1 5 2 80 - Os Ánxeles T e l .: 981 88 72 01 F A RMACIA NUÑEZ PERE Z , B . A v da. de Santa Minia, nº 7 5 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 88 70 30 G A RDA CIVIL R ú a das Pedriñas, nº 5 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 88 70 11 I E S BRIÓN R ú a Paseo de Pedrouzos, n º 2 1 5 8 56 - Brión T e l .: 981 88 18 17 T e l .: 981 88 58 99 O F ICINA DE URBANISMO C a r balleira de Santa Minia , n º 2 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 88 70 06 F a x.: 981 88 74 31 P O LICÍA LOCAL C a r balleira de Santa Minia , n º 2 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 88 70 06 F a x.: 981 88 74 31 P O LIDEPORTIVO MUNICI P A L L a miño, s/n 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 88 76 53 S E RVIZO DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 126 Ba i x o 1 5 2 80 - Os Ánxeles T e l .: 981 88 78 51 S E RVIZO DE EMERXENCI A S L a miño, s/n 1 5 8 65 - Brión T e l .: 629 87 15 42 F a x.: 981 88 75 23 X U LGADO DE PAZ R ú a das Pedriñas, nº 5 1 5 8 65 - Brión T e l .: 981 88 72 71

2 Concello de Brión

RECIBAN UN CORDIAL SAUDO José Luís García García Alcalde do Concello de Brión

Depósito Legal C-827-85 Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Litonor Artes Gráficas revistaaltamira@infobrion.com

contidos

deste número Pax. 3 REPORTAXE Paxs. 4 - 11 ACTUALIDADE Paxs. 12 - 13 BRIONESES Paxs. 14 - 15 SERVIZOS SOCIAIS Paxs. 16 - 20 CULTURA E DEPORTES Pax. 21 HISTORIAS E LENDAS Pax. 22 PASATEMPOS Pax. 23 ULTIMA PÁXINA


REPORTAXE

A participación nos comicios autonómicos do 1 de marzo medra máis de 8 puntos

O PSOE crece un 43,75%, o PP medra un 12,56% e o BNG cae un 25,6% fronte aos resultados dos comicios de 2005 Participación e democracia son dous conceptos que manteñen uns vencellos tan importantes que sería imposible entender un sen o outro. Por iso é de celebrar que nos comicios autonómicos do pasado 1 de marzo se rexistrase a maior participación electoral da historia das eleccións autonómicas tanto a nivel galego (64,42%) coma brionés (68,9%, 8,3 puntos máis ca no 2005). Un total de 4.065 veciños e veciñas de Brión exerceron o seu dereito ao voto nalgunha das doce mesas electorais dispoñibles no municipio, é dicir, 654 novos electores con respecto á anterior cita electoral. Como curiosidade, dicir que a participación medrou en once desas doce mesas. A única excepción foi a de Ons, onde se emitiron 166 sufraxios (cinco menos ca nas anteriores autonómicas). Analizando os datos por formacións políticas, o Partido Popular foi a forza máis votada no conxunto do municipio cun total de 1.864 sufraxios; seguido polo Partido Socialista, con 1.380 votos; e polo BNG, con 557 votos. Uns resultados entre os que destaca o espectacular crecemento experimentado polo PSOE, que medrou un 43,75% con respecto á cita electoral de 2005. O PP tamén circulou pola senda do crecemento, cun 12,56%. A única forza electoral que ex-

perimentou un descenso nestes comicios foi o BNG, que perdeu o 25,6% dos seus apoios con respecto á convocatoria de 2005, o que se traduce na perda de 192 sufraxios. Como curiosidades finais, indicar a irrupción de UPD como cuarta forza política no municipio (76 papeletas), desbancando a Esquerda Unida que, pola contra, é a formación que amosa a maior porcentaxe de fidelidade no voto: 31 sufraxios en 2005 e 30 sufraxios no 2009. Precisamente, a aparición de UPD é unha das explicacións do forte incremento da cantidade de sufraxios que non apostaron polas formacións con representación no Hórreo, que medrou dos 15 votos ata os 228 sufraxios en tan só catro anos.E, sobre todo, a nivel persoal. “En Brión a xente é moi boa, e non me refiro só aos compañeiros do Concello”, puntualiza, “senón a todos e cada un dos .

Feijoo, novo presidente Os resultados dos comicios do pasado 1 de marzo supuxeron un cambio de Goberno, que agora estará encabezado por Alberto Núñez Feijoo. O Partido Popular conseguiu o escano que lle faltara en 2005 para acadar a maioría absoluta cun total de 789.427 votos, o que se traduce en 38 escanos no Hórreo. O Partido Socialista consolidouse como a segunda forza máis votada e cos seus 524.488 votos mantivo os 25 escanos obtidos en 2005. Finalmente, o BNG volveu a experimentar unha nova baixada, tanto en escanos coma en número de votos, e queda con tan só 12 deputados nesta nova lexislatura. Por provincias, e en comparación cos comicios de 2005, o Partido Popular acadou dous novos escanos nas provincias de A Coruña e Pontevedra a costa de socialistas e nacionalistas, respectivamente. En Lugo o reparto mantívose igual mentras que en Ourense o PSOE conseguíu unha nova acta de deputado, nesta ocasión a costa do PP, grazas ao apoio maioritario da emigración galega.

Altamira 3


ACTUALIDADE NOVAS INSTALACIÇONS

Brión terá unha piscina municipal cuberta climatizada e un novo complexo deportivo en Pedrouzos

O proxecto, orzamentado en 4,5 millóns de euros, inclúe zona wellness e beleza, piscina de chapoteo, ximnasio, pistas de pádel e unha pista multideporte. O Concello de Brión proxecta a construción dunha piscina climatizada cuberta municipal e dun complexo deportivo e de lecer en Pedrouzos, que inclúe ximnasio, pistas de pádel, unha pista multideporte e unha zona wellness. Un proxecto orzamentado en case 4,5 millóns de euros, que se explotará por réxime de concesión de obra pública e cuxas obras contan cun prazo de execución de tan só nove meses. Este novo complexo deportivo “estará ubicado na mellor zona posible, ao lado do novo campo de fútbol de herba artificial, do IES Brión, do CEIP de Pedrouzos e a tan só 150 metros da saída/ entrada da autovía”, explica o alcalde Xosé Luis García. Dos 4,5 millóns que custará a obra, o Concello conta cunha subvención dun millón de euros da Deputación da Coruña, “os Concellos de Brión e Rois poremos outros 497.000 euros e o resto aportarao a empresa promotora”, apunta o alcalde brionés. O proxecto contempla a construción dun edificio de dúas plantas (de entre 1.200 e 1.500 metros cadrados) e unha planta soto de ata 3.500 m2 sobre unha parcela de 5.000 m2 cedida polo Concello. Na planta baixa do complexo situarase unha piscina cuberta climatizada de 205 x 12,5 metros e unha segunda

4 Concello de Brión

piscina, de chapoteo ou de ensinanza, de 12,4 x 8 metros para a súa utilización polos máis pequenos. Nesta planta de acceso á instalación ubicaranse tamén os vestiarios, aos que se destinarán 225 m2 (para os socios e socias) e outros 100 m2 repartidos en catro vestiarios para grupos. Nesta zona ubicarase tamén unha cafetería-restaurante, con acceso directo ao exterior. ZONA “WELLNESS” Así mesmo, nesta planta baixa haberá unha zona “wellness” e de beleza, que ocupará uns 200 metros cadrados. Nesta zona “wellness”, concepto que significa “benestar” e que xurde dunha ampliación do “fitness”, os veciños e veciñas de Brión terán acceso a actividades de fitness, bronceado e termalismo. Na primeira planta ubicarase un ximnasio cardiovascular e de musculación de 400 metros cadrados. Ao seu carón haberá outro ximnasio, especializado en ciclismo indoor, duns 120 m2 e dúas salas de actividades, de 120 e 150 m2 respectivamente, para a realización de actividades deportivas. Finalmente, na planta soto ubicarase unha zona de almacéns, outra para as máquinas e unha terceira de aparcamento, duns 2.000 metros cadrados.

PISTAS DE PADEL E MULTIDEPORTE

Este proxecto tamen inclúe tamén a construción dunha serie de pistas de pádel e unha pista multideportes nos exteriores do edificio. Unhas pistas que están a gañar moita aceptación en todo o país debido á súa versatilidade e a que non xeran apenas custes de mantemento. Estas pistas terán un chan de céspede artificial e estarán perfectamente habilitadas para a práctica de diversas actividades deportivas. Así, na pista multideporte, os veciños e veciñas de Brión poderán practicar fútbol (nas súas modalidades fútbol sala e fútbol-3), badminton, baloncesto, balonmano, tenis, voleibol e hockei. Esta pista conterá con dúas porterías coas medidas regulamentarias e sendos taboleiros de baloncesto sobre elas, ademais de dispoñer dos enganches necesarios para poder transformar rápidamente a pista nunha cancha de tenis ou badminton. No caso das pistas de pádel, o chan será semellante ao da pista multideporte, mais estarán rodeadas por unha estrutura metálica de aceiro que servirá de base aos vidros e mallas propios deste tipo de instalacións. Un vidro templado duns 12 mm de espesor e homologado para a práctica desta modalidade deportiva.

ACTUALIDADE


ACTUALIDADE

Unha ponte cara a seguridade Un renovado paseo por descubrir: o río Pego Os veciños de San Xulián de Bastavales disfrutan dunha pasarela peonil sobre o Sar na que a Xunta investiu 70.000 euros.

O Concello inviste 50.000 euros na limpeza do río, creación dun paseo de 2,5 quilómetros e a dotación dun valado perimetral no parque infantil.

A vida dos veciños e veciñas de Chave da Ponte (San Xulián de Bastavales) é moito máis tranquila duns meses a esta parte. Acabáronse as carreiras para cruzar a ponte sobre o Sar cun ollo no camiño, co outro alerta ante a posible chegada dalgún vehículo e cos dedos cruzados para que, se aparecese, non fose un camión. Tal era a situación que se vivía a diario nunha ponte que quedara estreita para o volume de tráfico diario que rexistra, tanto a nivel de peóns como de condutores. Mais dende principios de ano os veciños e veciñas desta localidade xa non andan ás carreiras. A culpa téñenna os 70.000 euros investidos pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes na construción dunha pasarela peonil anclada na marxe dereita da ponte. Un paso peonil metálico, dun ancho de máis dun metro e medio, que permite o paso de dúas persoas ao mesmo tempo sen ter que pisar a calzada. Cunha baranda en pedra que a protexe da estrada e outra metálica que a separa do río. “Deste xeito incrementamos a seguridade vial non só dos peóns que utilicen esta pasarela, senón tamén dos moitos automobilistas que circulan a diario por esta estrada”, sinala o delegado provincial de Política Territorial, Alberto González Fernández. “Unha solución fantástica para acabar definitivamente cos problemas que tiñan os veciños de Chave da Ponte para cruzar esta ponte, xa que é moi estreita e era moi complicado pasar a pé debido ao gran número de vehículos que pasan a diario pola zona, tal e como nos teñen comunicado os veciños desta parroquia”, sinala o alcalde Xosé Luis García. Unha petición que o Concello de Brión lle trasladou ao delegado provincial da CPTOPT en xaneiro de 2008, durante unha visita realizada ao municipio. Un mes despois, en febreiro, os técnicos da Xunta tomaban as medidas precisas para proceder á elaboración do estudio técnico e en decembro comezaron as obras do devantido paso peonil, que garante a seguridade vial de peóns e condutores dende o pasado mes de xaneiro.

ACTUALIDADE

Agora que semella que as choivas quedaron definitivamente atrás por este ano e que o bo tempo anima a sair da casa, é o momento de “redescubrir” un dos lugares máis emblemáticos do municipio: o paseo do río Pego. Durante os últimos meses, operarios municipais levaron a cabo un importante traballo de acondicionamento do lugar, no que o Concello de Brión investiu case 55.000 euros. Uns cartos que permitiron limpar as marxes do río Pego, así como do propio leito, do que se retirou toda a maleza e algunha que outra árbore caída nunha área de preto de 6.500 metros cadrados. Ademais, o Concello acometeu tamén un par de actuacións para incrementar a seguridade vial na zona reparando aquelas partes do muro de contención do río que estaban danadas e instalando un valado de protección de madeira ao redor do parque infantil ubicado na zona. Así mesmo, habilitouse o paseo peonil, de aproximadamente 2,5 quilómetros de lonxitude, que abeira a canle fluvial. As melloras afectaron tamén a un segundo camiño, o que comunica o paseo do río Pego coa avenida de Noia. Os técnicos municipais rebaixaron a pendente que comunica o área recreativa coas beirarrúas da estrada Santiago-Noia. O acondicionamento do paseo do Río Pego complétase con diverso mobiliario urbano, entre os que figuran oito bancos, catro papeleiras e alumeado público en tres áreas do paseo; así como a plantación de árbores autóctonas en todo o entorno.

Altamira 5


ACTUALIDADE FONDO ESTATAL DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

Os proxectos do fondo estatal de investimento darán emprego a 40 persoas

O Concello investirá máis de 778.000 euros na mellora de 23 estradas municipais en todo o municipio. “Neste contexto de intenso deterioro das condicións financeiras e económicas, o Goberno decidiu por en marcha medidas extraordinarias de impulso á actividade económica e ao empego como a creación dun Fondo Estatal de Desenvolvemento Local”. Deste xeito xustifica o RD 9/2008 a creación deste fondo, coñecido popularmente coma “Fondos ZP”, que no noso concello vai deixar investimentos por un importe de 1,25 millóns de euros e que vai dar traballo a corenta persoas durante un tem-

6 Concello de Brión

po non inferior aos seis meses. Corenta postos de traballo que non teñen que ser, necesariamente, de nova creación xa que “ademais de crear emprego, con estas obras buscamos tamén que as empresas non destrúan o xa existente en Brión”, explica o alcalde Xosé Luis García, “polo que este plan permitirá que esas corenta persoas teñan un posto de traballo durante seis meses, ben sexa porque xa están en activo ou ben porque acceden dende o paro”.

a executarse nas vindeiras semanas, destacan especialmente os máis de 778.000 euros que o Concello vai investir no acondicionamento e mellora da seguridade vial en estradas de todas as parroquias do municipio. Unhas obras que contemplan actuacións de arranxo de viais municipais, algunhas con aglomerado quente como o que vai de San Salvador a Rois, e traballos en materia de seguridade vial, que inclúen o acondicionamento dalgunhas pistas e o ensanchamento doutras.

Entre estes proxectos, que xa foron autorizados polo Ministerio de Administracións Públicas e que comezarán

Así, investiranse 181.000 euros nas pistas municipais das parroquias de Viceso, Luaña e Cornanda. Así mesmo,


ACTUALIDADE “Ademais de crear emprego, con estas obras buscamos tamén que as empresas non destrúan o xa existente en Brión”, explica o alcalde Xosé Luis García.

aportaranse 166.000 euros á mellora das pistas municipais das parroquias de Os Ánxeles e Boullón; así como outros 157.000 euros nas pistas municipais das parroquias de Brión, Viceso e Ons. Esta partida complétase con 114.000 euros para acondicionamento e mellora da seguridade vial nas pistas, municipais de San Salvador de Bastavales e outros 159.000 euros para dúas pistas en concreto: as que unen San Salvador coa Igrexa de Bastavales e co límite de Rois.

Investimento de 170.000 euros no saneamento de Saíme, Gosende e Souto

As aldeas de Saíme (Bastavales) e Gosende e Souto (Os Ánxeles) van dispoñer en breve de saneamento despois da súa inclusión no no Plan Provincial de Cooperación cos Concellos 2008-2011. Unhas obras orzamentadas en 171.000 euros, dos que o Concello de Brión aportará 17.000 euros e recibirá unha achega da Deputación da Coruña de máis de 158.000 euros. Estes traballos uniranse ao saneamento de Cantelar, Lago e Cabanas, xa incluido dentro Plan Provincial de Cooperación cos Concellos 20082011. Esta segunda obra está orzamentada en máis de 375.000 euros, dos que o Concello de Brión aporta máis de 37.000 euros e a institución provincial os 337.000 restantes.

SANEAMENTO E AFORRO ENERXÉTICO

de auga. Nestes dous casos o investimento será de 82.000 e 23.000 euros, respectivamente.

volver a ser utilizado como sede da Escola de Música.

Así mesmo, o “Fondo ZP” aportará outros 323.000 euros para o saneamento de catro lugares. En concreto, investiranse 159.000 euros no saneamento de Mato e outros 58.000 euros en Ardións-Goiáns, todos eles na parroquia da Luaña. Asímesmo, remataranse dous ramais pendentes en Estrar (Os Ánxeles) e Soutullos (San Salvador de Bastavales), localidade onde tamén se farán melloras no abastecemento

Os investimentos ao abeiro dos Fondos de Desenvolvemento Local complétanse cunha aportación de case 85.000 euros para o acondicionamento interior da escola de música, un local ubicado en Pedrouzos e que vén de ampliarse nunha planta. A construción desta segunda planta, así como a instalación dun ascensor, obrigan ao Concello de Brión a acometer unha serie de obras para acondicionar este local para que poida

Finalmente, os 67.000 euros restantes serán investidos nun programa de aforro enerxético que inclúe o arranxo e modificación de lámpadas, así como a instalación de novos cadros enerxéticos na urbanizacións Monte Devesa e Hortensia, así como no cruce dos Ánxeles, no Tremo e no río Pego. Estas novas lámpadas de sodio permitirán un importante aforro enerxético, estimado en case 100 vatios por cada punto de luz.

Altamira 7


ACTUALIDADE ECONOMÍA MUNICIPAL

Os orzamentos de 2009 inclúen máis de dous millóns de euros para investimentos O Concello márcase o obxectivo de que todos os núcleos de poboación teñan feito, contratado ou presentado o sue proxecto de alcantarillado

Os orzamentos de Brión para 2009 ascenden a 6.748.008 euros, 274.000 euros máis que en 2008 e suporán un gasto de 933 euros por habitante. Uns orzamentos “sólidos, investidores e coa máxima austeridade no gasto”, en palabras do alcalde Xosé Luis García, quen destaca que neles “potenciamos o investimento, buscando a creación de postos de traballo, e mantemos a máxima austeridade no gasto, conxelando as retribucións de toda a corporación”. Proba desta afirmación é o crecemento da partida destinada a investimentos reais, que non só supón o 31% do total senón que medra nun 1,5% con respecto ao exercicio anterior, o que permitirá a realización de importantes proxectos que mellorarán a calidade de vida de todos os veciños e veciñas. Así, destaca unha partida de 906.000 euros destinados á mellora e ampliación de estradas municipais coma a recta de San Salvador de Bastavales a Coruxido,

a vía entre Liñares e a estrada xeral, a estrada entre Mourentáns e a praia de Nináns ou a vía que une Amañecida coa Graña. Así mesmo, estas contas contemplan outros 60.000 euros para reposicións derivadas do plan de travesías. SANEAMENTO E ABASTECEMENTO A outra partida máis significativa destes orzamentos, cuantitativamente falando, é a destinada a saneamento e abastecemento de augas. O Concello de Brión vai investir máis de 621.000 euros en obras de saneamento e abastecemento entre as que se inclúen as aldeas de Saíme (Bastavales), Cantelar (Boullón) e Cabanas, Gosende, Lago e Souto (todas elas na parroquia dos Ánxeles). “É unha teima do equipo de Goberno que levamos adiante”, explica Xosé Luis García, “e neste ano todos os nosos núcleos de poboación terán feito, contratado ou presentado o seu proxecto de alcantarillado”. Así mesmo, os orzamentos para 2009

inclúen partidas moi significativas como 212.850 euros para as obras de rehabilitación da Casa do Picón, ubicado fronte a Carballeira de Santa Minia, e que está sendo acondicionado para albergar as dependencias municipais do Concello de Brión. Ademais, investiranse máis de 93.000 euros no acondicionamento dun tramo no paseo de Pedrouzos, onde se construirá unha beirarrúa de noventa metros de lonxitude na marxe oposta ao actual IES de Brión e onde se instalará unha nova praza pública, situada fronte ao centro de saúde. Finalmente, a partida de investimentos tamén recolle outras achegas menores en cantidade pero moi importantes pola súa finalidade, como 13.000 euros para a adquisición de terreos para a instalación da piscina cuberta climatizada, 72.000 euros para o acondicionamento dos doce parques infantís de titularidade pública existentes no municipio ou 27.000 euros para o campo de fútbol municipal.

ADMINISTRACIÓN DIRECTA DAS OBRAS O capítulo de persoal ascende a 2,1 millóns de euros, mentras que os gastos en bens correntes e servizos acadan os 1,89 millóns de euros. Estes dous capítulos medran un 2,2% e un 5,3% con respecto ao exercicio anterior. Un crecemento que se explica no feito de que “a maioría das obras de saneamento, mellora de infraestruturas viarias e algunhas máis

8 Concello de Brión

que se contemplan nestes orzamentos, ímolas realizar por administración directa do Concello e con persoal propio, motivo polo que boa parte da consignación destes dous capítulos, na realidade, se corresponderá con investimentos”, apunta Xosé Luis García. Ademais, compre lembrar que esa suba do 2,2% no capítulo de gastos

de persoal xa contempla a nova situación xerada pola aprobación do novo convenio colectivo, o primeiro da historia do municipio. Finalmente, os capítulos reservados a gastos e pasivos financeiros representan tan só o 0,62% e o 2,03% dos orzamentos. Así mesmo, constátase unha redución dun 12,9% no caso das transferencias correntes.


ACTUALIDADE GRAN APOIDO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

MEDIO AMBIENTE

Obxetivo: recuperar o sar

No tocante aos ingresos, os recursos propios da Corporación pasan do 55,98% ao 54,38%. Un descenso motivado pola baixa da recadación en materia de impostos indirectos, que descende en 105.000 euros porque houbo dúas partidas á baixa: as licenzas de obras e a participación dos tributos do Estado. Por outra banda, Brión incrementa significativamente os seus ingresos por operacións correntes, que representan o 87,7% do total, mentras que os ingresos por operacións de capital só representan o 12,29%. No capítulo de transferencias de capital é moi significativa a participación da Deputación Provincial da Coruña, que fornece o 87,1% das mesmas.

PRIMEIRO CONVENIO COLECTIVO PARA OS TRABALLADORES MUNICIPAIS O pleno municipal aprobou por unanimidade o primeiro convenio colectivo do Concello de Brión. “Un convenio moderno, froito dun longo e complicado proceso pero que recolle toda a lexislación vixente e que nace co apoio total do comité de empresa, dos sindicatos e coa unanimidade da asamblea dos traballadores”, explica o alcalde, Xosé Luis García. O alcalde brionés amósase moi satisfeito pola aprobación deste convenio, que conta “cun futuro importante, xa que pretendemos consolidar as prazas do persoal laboral, sobre todo daqueles traballadores anteriores a 1 de xaneiro de 2005”.

Recuperar, sanear e revitalizar o leito do río Sar ao longo dos seus 39 quilómetros entre Santiago e Dodro. Este é o obxectivo dun proxecto no que participa o Concello de Brión canda a Xunta de Galicia e os outros municipios polos que discurre este cauce fluvial (Santiago, Ames, Rois, Padrón e Dodro) e coñecido coma o “Corredor verde do Sar”. Unha actuación orzamentada nuns 25 millóns de euros e que se executará a través de investimentos coordinados, tanto a nivel municipal coma autonómico, nos anos 2010 e 2011. Sen embargo, Brión xa tomou a dianteira na tarefa de recuperar esta canle fluvial ao seu paso polo municipio. Non en van, a principios deste ano o Concello iniciou unha serie de traballos de limpeza do río Sar ao seu paso pola parroquia de San Xulián de Bastavales, concretamente no tramo comprendido entre a ponte de Vidaloiso e Chave da Ponte. Unhas tarefas que incluiron a retirada de maleza, toxos e silvas das beiras do río. Deste xeito, conseguiuse unha importante mellora da calidade medioambiental da auga do sistema fluvial e facilitouse o disfrute deste entorno a todos os veciños e veciñas. Pero o proxecto do Corredor Verde do Sar vai máis aló. O obxectivo é habilitar uns 42 quilómetros de sendas peonís e para ciclistas, instalar unha ducia de pasarelas e crear uns 332.000 metros cadrados de áreas recreativas ao longo deste río, un dos máis castigados por certo pola contaminación. Así, o Concello de Brión terá que actuar no tramo que flúe polo noso municipio, recuperando as marxes do río, mellorando a súa canle, e recuperando a súa vexetación e fauna. Unhas actuacións que serán moi respectuosas co medio ambiente e nas que só se empregarán materiais naturais coma a pedra, a madeira ou a zahorra. Deste xeito, ese río “que cual niño que plácido duerme / reflejando el azul de los cielos / lento corre en la fronda a esconderse”, voltará a ter a saúde e a forza que namoraron á gran Rosalía de Castro.

Altamira 9


ACTUALIDADE EDUCACIÓN

A Banda do concello estrea novo disco

O IES de Brión acolle unha mostra sobre os 125 anos do Teatro Galego O Instituto de Educación Secundaria de Brión acolle estes días unha exposición sobre a historia das artes escénicas en Galicia ao longo dos últimos 125 anos. Unha mostra que é froito da colaboración da Concellería de Cultura coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta, patrocinadora da exposición, e co IES Brión, que cedeu as súas instalacións para a montaxe da mesma. A exposición pode ser visitada por calquera que se achegue polo salón multiusos do IES Brión antes de finais de abril. Así mesmo, o IES Brión está a organizar visitas guiadas para escolares tanto do municipio como do resto da comarca, aproveitando que esta exposición vén complementar a homenaxe que este ano se lle está a facer a

10 Concello de Brión

Roberto Vidal Bolaño, actor, director e autor teatral. A exposición consta dunha serie de paneis informativos de gran formato acompañados por varias pantallas onde se poden visualizar contidos multimedia. Percorre 125 anos de traballo, amosando a historia da actividade dramática en Galicia: o teatro popular, o nacemento da dramaturxia, as tentativas modernizadoras, o esmorecemento da actividade teatral no franquismo, o teatro refundacional dos anos sesenta e setenta e a consolidación do sistema nas recentes décadas. Os paneis compleméntanse cunha serie de elementos audiovisuais que reproducen documentos de especial transcendencia sobre a historia dramática galega.

A Banda de Música Municipal de Brión está de estrea. Nestes días ven de grabar na Coruña o seu primeiro disco de estudio (o primeiro tivera lugar nun concerto celebrado na Igrexa de Bastavales), ao abeiro dun programa da Deputación ze coa colaboración do Concello de Brión. Os 32 membros da banda de música, “que se comportaron coma auténticos profesionais durante as máis de doce horas que durou a gravación”, segundo o seu director Jorge Rey, ofrécennos un disco con 8 cortes con música para todos os gustos: vals, muiñeiras, pasodobles e mesmo unha banda sonora. Un CD que lles servirá para promocionar á banda e, ao mesmo tempo, “poder compartir a nosa música coas outras bandas nos certames aos que acudimos”, explica Rey. O disco, do que se editaron 1.000 exemplares, poderase adquirir ao prezo de 10 euros en calquera dos concertos da banda de música ou ben chamando ao teléfono 653 242 934 (Jorge).


ACTUALIDADE NOVAS TECNOLOXÍAS

Brión, toda a información nun só “click” O Concello de Brión crea un Facebook e remodela os seus sitios en Internet. Disque o peor que lle pode acontecer a calquera goberno é non manter o seu vencello para cos seus administrados. Algo que aínda sería moito máis grave no caso dos gobernos municipais, pois non en van os concellos son a administración máis próxima aos cidadáns. Unha cercanía que se consegue abrindo todas as portas á comunicación entre o Concello e o veciño, ben sexa utilizando métodos tradicionais (cartas, folletos...) ou valéndose das últimas tecnoloxías. Pois ben, se o Concello de Brión foi no seu día un dos primeiros municipios galegos en apostar pola Rede de Redes coa posta en marcha de ata tres proxectos web, agora ven de dar un paso máis aló para entar nas redes sociais de moda, na rede de Facebook. Dende hai un par de meses, todos os usuarios deste sitio web poden engadirse ao Facebook do Concello de Brión, no que xa se superan os douscentos amigos rexistrados. Un lugar no ciberespacio onde os residentes no municipio, e tamén aqueles que xa non viven nel, poden comunicarse e compartir as súas experiencias con outra xente coa que teñen xa de principio un vencello común: Brión. Para acceder a ela, un pode iniciar a sesión dende facebook.com ou ben acceder dende a web municipal: www.concellodebrion. org. Unha páxina que ven de experimentar unha profunda remodelación. Os máis de 1.400 usuarios que rexistra esta web (que conta cunha media de 100 visitas diarias) poden acceder dende hai unhas semanas a novos contidos. O máis novidoso é un espazo web no que se informa sobre o transporte metropolitano no municipio (http://www.infobrion. com/transporte/). Liñas, horarios, paradas, descontos... e cun mapa interactivo

coas distintas liñas que cruzan o municipio e as paradas previstas. Así mesmo, a web municipal tamén contén outros links a outras novas páxinas especiais sobre Santa Minia e a Festa do Cabalo, así como un remozado portal da mocidade (www.concellodebrion.org/voluntariado/). Finalmente, a última novidade é unha nova web adicada á viaxe anual da mocidade de Brión, que este ano terá lugar no mes de xullo a Valencia, e na que se inclúen comentarios, imaxes e vídeos das anteriores experiencias en Barcelona, Sevilla, Asturias, Cantabria e Málaga. Así mesmo, o Concello de Brión traballa nestes momentos na remodelación das súas outras dúas páxinas web: www.infobrion.com e www.briondixital.org. No caso de Infobrión, nacido en 2002 dun acordo coa Universidade de Santiago de Compostela, os seus contidos son seguidos por case setecentos internautas e experimentou un crecemento do 6% no último mes. Finalmente, Brión Dixital conta con máis de catrocentos usuarios que dende hai uns meses poden consultar os últimos números desta mesma revista. Iso si, en formato dixital porque, hoxe en día, todo está ao alcance dun simple click de rato.

Altamira 11


BRIONESES

DANIEL NEGREIRA BERCERO >> Propietario do restaurante “EL TORO” (Taipei)

“Agora que teño un sólido prestixio, aposto por ser o mellor restaurante de Taiwán”

- De moi neno abandonou Brión para irse ao País Basco, que lembranzas ten deses primeiros anos? - De Brion teño recordos cheos de alegria, dado que tiven unha infancia moi feliz salvo certos acontecementos como a morte do meu pai. No País Basco os comezos foron un pouco complicados, pero pronto me adaptei. Teño certa facilidade para iso.

“Entroume o gusanillo por culpa da miña nai e da miña avoa, de axudarlles na cociña.” 12 Concello de Brión

O saúdo máis común nas rúas de Taiwán é “xa comeches?”, o que dá unha boa idea da importancia que para este pobo ten a comida. Non é pois de estranar que este sexa o destino escollido polo cociñeiro Daniel Negreira Becerra para montar o seu restaurante. Hai apenas dez meses, Negreira Becerra inauguraba en Taipei o primeiro restaurante español no país. O seu bo facer fai que hoxendía estea considerado o segundo mellor de Taiwán pola prestixiosa revista “Enjoy gourmet”. Máis isto non é suficiente para este veciño de Os Ánxeles, que asegura que “agora que contamos cunha carteira de clientes moi importante e un sólido prestixio neste pais, é o momento de apostar para conseguir o número 1”.

- Mellor cociñeiro do País Basco, segundo no Bocusse D´or... como valora a súa etapa en San Sebastián? - Foi unha epoca moi boa, chea de novas experiencias. Pero o que máis lembro son as noites sen durmir preparando unha e outra vez as receitas para facelas dun xeito mecánico e a sensación de profunda decepción cando lle “regalaron” o concurso ao representante de Madrid, que curiosamente organizaba o certame, pagaba o concurso e contaba cun 55% de xuices madrileños.... Creo que entenderedes a que me refiro. - Como xurdiu a idea de montar un restaurante en Taipei? - A idea ocorréusenos á miña muller Mónica (ela naceu alí) e máis a min, dado que non había un restaurante de alta cociña española na capital taiwanesa. - Que tipo de platos serve no seu restaurante? - Hai de todo, dende cousas tipo “El Bulli” ata un polbo como o que se serve na feira de gando en Santiago.


BRIONESES - Como reacciona o público asiático ante estes platos? - A reaccion foi moi positiva, dado que o noso restaurante, por poñer un exemplo, foi seleccionado como o segundo mellor restaurante de Taiwan pola prestixiosa revista “Enjoy gourmet”, unha especie de “Guia Michelín” aquí. - Traballa con productos españois ou asiáticos? - Traballo con moitos produtos locais e moitos importados, case a un 50%. O máis apreciado sobre todos é o xamón. Así mesmo, receitas tan nosas como as vieiras á galega ou o polbo á feira son tamén moi demandados. - Os seus próximos plans son...? - O meu plan principal é disfrutar na medida do posible da miña filla Marina e da miña muller Mónica, porque foron meses de moito traballo e moitos sobresaltos. A continuación quero terminar o primeiro libro que publico aquí en Taiwán, proxecto que espero concluír nun par de semanas, e despois trasladar o noso restaurante a unha nova localización, dado que agora que contamos cunha carteira de clientes moi importante e un sólido prestixio neste país, é o momento de apostar para conseguir o número un. - Como é a vida dun brionés en Taiwán? - Idioma, inglés e chinés, aínda que falo pouco pero cada día entendo mais. Os meus costumes son bastante simples e rutineiros: erguerme, ir ao mercado onde almorzo cun provedor moi simpatico, seleccionar as compras dese día e decidir mentras soporto o atasco diario como o prepararemos. Unha vez no restaurante, preparalo e logo xa tratar cos clientes e cociñar, por suposto. Pero sempre queda un oco para unha charla relaxada coa miña muller e desfrutar da miña filliña Marina ao final do día. - Ven a miúdo por Galicia? - Por desgraza non, dende que vin aquí só volvín nunha ocasion a España, dado que os comenzos sempre requiren dunha adicación intensa. Pero, unha vez os meus proxectos estean estabilizados, penso ir alomenos unha vez ou dúas ao ano, tamén para que a miña fila poida coñecer mellor e disfrutar desa marabillosa terra que leva nos seus xenes. - Nunha ocasión mencionou que un dos seus desexos era volver a Galicia, concretamente a certo pazo de Pontemaceira. Mantén esa idea? - O futuro é caprichoso, e tanto eu

coma a miña muller realizamos grandes cambios nas nosas vidas, así que temos unha certa predisposición ás “loucuras”, polo cal non descarto para nada esa idea. Creo que sería o marco ideal para poder realmente fusionarse coa miña filosofía, estilo de cociña e modo de vida. - Que é o que máis bota de menos aló en Taiwán? - O que máis añoro é a familia e o ambiente de España: poder terminar de traballar e sentarte nunha terraza a tomarte un viño cunha tapa mentras desfrutas dunha charla cun grupo de amigos. Algo que aquí é unha utopía porque a gente non ten ese concepto. Para que se me entenda, abrín o meu restaurante hai 10 meses e só vendín unha copa de alcohol a un español que quedou a facer sobremesa. Os taiwaneses sentan, comen, pagan e vanse. - E, por outra banda, que é o que os brioneses teriamos que aprender deste país asiático?

Un dos comedores de “El Toro” na cidade de Taipei onde Daniel realiza o seu labor diario. - O máis importante deste país é que, no fondo, é moi similar a Galicia: cheo de xente amable disposta a abrirche as portas da súa casa sen esperar nada a cambio. É o único lugar do mundo onde me atopei perdido na rúa e ao preguntar a alguén me levou ata o lugar, que estaba a máis de medio quilometro de distancia. Unha vez alí as súas palabras foron: “este é o sitio que buscaba, espero que disfrute da súa vida. Benvido a Taiwán, grazas”. Deu media volta e foise... Algo que realmente me impresionou e podo dicir que este non era un caso aillado, a súa filosofía de axuda ao estranxeiro ou a calquera que o precise é algo que o levan no sangue e sempre sen esperar nada a cambio. A quen non lle ten pasado que preguntes nunha rúa e te manden na dirección oposta só para rirse da túa ignorancia? Creo que é un exemplo que todos entenderán e que di moito deste país.

“A Brión non lle falta nada” - Para vostede Brión é sinónimo de... - Familia, felicidade e relax. - Que é o que máis lle gusta de Brión? - O que menos me gusta é que está a 10.000 Km. - O seu lugar favorito de Brión é... - Aquel no que estean os meus amigos e familiares. - A Brión fáltalle... - Agora que ten autovía atreveríame a dicir que nada - Cal é o seu mellor recordo de Brión? - Unha boa sobremesa coa miña avoa falando os dous xuntos, sentados nunhas sillas de plástico, oíndo como me daba consellos que naquel momento me parecían esaxerados e que agora son piares fundamentais do meu modo de vida e que me fixeron ser o que son.

Altamira 13


SERVIZOS SOCIAIS TES UN MOMENTO?

O Concello pon en marcha un Banco do Tempo para que os veciños intercambien servizos e coñecementos mesmo, outra das iniciativas de maior éxito foi a de receitas de cociña, onde “as veciñas trouxeron as súas receitas de cociña, sobre todo de doces, explicaron como se facían e deron unha proba aos asistentes”. O éxito foi tal que unha das participantes xa se ofreceu a impartir outro obradoiro de cociña brasileira.

Recuperar os valores de axuda mutua e comunitaria, favorecendo a conciliación da vida familiar e laboral. Estes son os principais obxectivos do Banco do Tempo, unha nova iniciativa posta en marcha polo Concello para favorecer o intercambio de servizos e/ou coñecementos entre os veciños e veciñas de Brión. Un banco no que non se manexan cartos, senón algo moito máis valioso: tempo. Un tempo que nos iguala a todos, pois no Banco do Tempo brionés a hora dun médico dos Ánxeles vale o mesmo ca hora dunha ama de casa de Bastavales ou a dun velliño da Luaña. As actividades e tarefas que poden intercambiar son tan variadas coma persoas se apunten: atención ás persoas maiores (apoio no seu coidado, nas tarefas do fogar, acompañamento/paseo...) ou nenos (levalos ao colexio ou ao parque, ensinanza de habilidades), coidados de plantas ou mascotas, actividades de lecer (saídas a facer sendeirismo, en bici, acompañamento ao cine, ensinar a xogar ás cartas...), formación e educación (apoio escolar, na comprensión de idiomas, técnicas de estudo...), ensinanzas da cultura tradicional (facer cestos, ganchillo, contar historias de épocas antigas, ensinar xogos tradicionais)... Unha vez formalizada a inscrición de balde no Centro Social Polivalente, o usuario deste servizo entra a formar parte deste programa e pode comezar a intercambiar o seu tempo con outros veciños e veciñas. Unha hora de tempo a cambio doutra hora de tempo, que o usuario recibirá de calquera outro membro do Banco do Tempo.

14 Concello de Brión

Periodicamente, no Centro Social Polivalente publicaranse os servizos ofertados e demandados, para información de todos os usuarios. Ademais, e para incentivar o achegamento inicial a esta iniciativa, o Banco do Tempo están a poñer en marcha unha serie de obradoiros, como os celebrados sobre receitas de cociña ou sobre manexo de teléfonos móbiles. A responsable do Banco do Tempo brionés, e usuaria do mesmo, Esther Rodríguez Trillo, explica que “o que máis demanda a xente maior que se apunta son explicacións sobre internet e manexo de móbiles”. “Coñecen o básico e saben facer unha chamada, pero queren aprender tamén cousas como mandar mensaxes SMS, programar a axenda...”, apunta Rodríguez Trillo. Así

Posto en marcha a principios de ano, o Banco do Tempo de Brión conta na actualidade con 23 usuarios, na súa gran parte xente maior dos 50 anos. Persoas que se ofrecen para expoñer os seus coñecementos sobre ganchillo, calceta, punto de cruz, pandeireta, facer cestos ou explicar as súas experiencias nas labores do campo. “Tamén temos algúns mozos apuntados, aínda que poucos”, explica Esther Trillo, “que se ofrecen para ir buscar receitas á famarcia ou para levar a unha persoa ao traballo ou a un neno ao colexio aproveitando que fan ese percorrido. A cambio, o que máis demandan son labores de costura, como collerlle os baixos aos pantalóns”. Os veciños que estean interesados en formar parte nesta iniciativa non teñen máis que achegarse ata o Centro Social Polivalente, en horario de 9 a 12:00 horas (de luns a venres). Dende o Concello animan aos veciños e veciñas a participar nesta iniciativa que nace baixo a filosofía de axudar aos demais e que os demais tamén o axuden a un.

VIAXE DOS MAIORES A LANZAROTE castelos de San José e San Gabriel ou Sol e praia. Este é o destino escollido este ano para a viaxe da terceira idade: Lanzarote, nas Illas Canarias. Unha viaxe que terá lugar do 16 ao 23 de abril e na que poderán participar todos os veciños e veciñas maiores de 55 anos, así coma os seus cónxuxes. O prezo da viaxe é de 500 euros por persoa, tarifa que inclúe voo directo dende Santiago, os correspondentes traslados en autobús, a participación en seis excursións e sete noites en aloxamento en pensión completa no Hotel Barceló Lanzarote Resort, de catro estrelas. Nesta viaxe, os nosos maiores farán seis pequenas excursións ao municipio de Arrecife, onde poderán coñecer os

a Ponte das Bolas, a única ponte levadiza que se conserva en Canarias. Tamén visitarán San Bartolomé e a praia de Famara; Puerto del Carmen (importante núcleo turístico con máis de 6 quilómetros de praias); a antiga capital da illa, Teguise (famosa pola fermosura das súas praias); ou Los Jameos del Agua (o extremo do tubo volcánico que une o mar coa Cova dos Verdes e a montaña da Coroa e que no seu interior ten un pequeno lago no que habitan os “cangrexos cegos”, unha especie separada do mar hai milenios). O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 13 de abril no Centro Social Polivalente ou por teléfono no 981 50 99 10. As prazas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición.


SERVIZOS SOCIAIS

Os nenos e nenas da escola infantil municipal aprenden a compartir

APERTURA DO PRAZO DE MATRÍCULA

Abrese o prazo para a inscrición de nenos/as de 0 a 3 anos na Escola Infantil Municipal de Brión para o curso 2009/2010 REQUISITOS Aprender a compartir. Este é o obxectivo da “Semana dos xoguetes”, organizada pola gardería municipal de Brión. Durante un par de xornadas, os pequenos trouxeron un xoguete das súas casas e o compartiron cos seus compañeiros de gardería. “Os máis pequenos non teñen ningún problema para compartir os xoguetes”, explica a directora da Escola Infantil Municipal de Brión, Dolores Campos, “pero observamos que lles custa máis aos máis maiores, aos de entre dous e tres anos”. Por iso, esta actividade realizouse xuntando nenos de distintas idades e pertencentes a distintas aulas. Minutos antes de que intercambiasen os seus xoguetes, as mestras de cada unha das aulas deron lectura a unha pequena explicación dos mesmos aportada polos pais dos pequenos. “É un textiño no que explican quen fixo o agasallo, por que ou as características do xoguete”, apunta Campos, “e que serven ademais para implicar aos pais nas actividades da gardería municipal”. Unha implicación que, coa chegada do entroido, aínda foi máis aló. E é que todos os pais e nais estaban invitados a participar no baile de entroido da gardería. Iso si, tiñan que cumprir unha única condición: tamén tiñan que vir disfrazados. E así o fixo unha ducia de valentes que disfrutaron cos pequenos dun día de festa con baile, xogos, piñatas e degustación de doces típicos destas festas. Uns doces que foron aportados, na súa maior parte, polos propios pais, nais e avós que acudiron á festa. E non só trouxeron as típicas orellas e filloas, senón que tamén aportaron outros doces típicos do entroido doutras culturas, como Asturias (cocas de carnaval) ou Arxentina (doce de leite). “É curioso descubrir unha forma de que todos os nenos coman zenoria”, apunta Malé, mestra de infantil, “xa que estes doces típicos do entroido asturiano están feitos con zenoria pero, como non lle detectan o sabor, os comeron todos”.

- Figurar empadroado no Concello de Brión - Ter 3 meses de idade no mes de setembro e que non cumpran os 3 anos antes do 31 de decembro de 2009 - No momento de presentación de solicitude de praza o neno/a debe ter nacido - Acada-la puntuación suficiente no baremo de admisión DOCUMENTACIÓN - DNI dos pais - Libro de familia - Declaración da renda do exercicio 2007 PRAZO - Do 15 ao 30 de abril, ambos incluídos LUGAR No centro social Polivalente Avenida de Santa Minia, nº 46 Pedrouzos Tlf. 981 50 99 10

Altamira 15


CULTURA E DEPORTES

CERTAME NOVOS VALORES 2009

TEMPO DE ENTROIDO Listado de premiados no tradicional desfile de entroido de Brión: MODALIDADE INFANTIL Premio de 60 € mat. Didáctico: Alberte López – “Dragón de fuego” Premio de 45 € mat. Didáctico: Sergio Pérez – “A linterna de Brión” Premio de 45 € mat. Didáctico: Daniel Campos - “Abuela María” Premio de 20 € mat. Didáctico: Paula Muelas – “Campesiña francesa” O resto de participantes foron agasallados con 6 € en mat. didáctico.

Brión reafirma o seu compromiso cos novos valores Tres mozos do área de Santiago triunfan nun certame cuxas bases serán reformadas na busca dunha maior participación.

Nestes tempos de crise económica, xurde outro tipo de crise de ideas, de creatividade... Unha modalidade que se nos presentase aínda como máis preocupante porque, cando un queda sen cartos segue sendo un home, mais... que queda dun ser humano sen cultura? De seguirmos por este camiño, seguro que pronto teremos unha resposta. Nos últimos tempos estamos a experimentar esa sensación en toda Galicia, e Brión non é unha excepción. Cada vez son menos as persoas que participan nas distintas actividades culturais e de ocio que se programan, independentemente de que sexan ou non de balde. E iso rematou por chegar tamén aos Novos Valores, un certame creado para potenciar a creatividade dos máis novos e ofrecerlles unha oportunidade para darse a coñecer. Sen embargo, esta quinta edición do certame vai marcar un punto de inflexión no seu desenvolvemento. Diante da escasa participación rexistrada, o xurado do certame recomendou “unha modificación das bases de participación así como da contía dos premios cara a vindeiras edicións deste concurso, coa idea de relanzar un certame de pintura que tan bos resultados conseguíu en pasadas edicións”. Pois ben, a proposta do ilustrador e diseñador Xosé Vizoso Fernández, do escritor Xosé Daniel Buján Núñez, do pintor Xosé Vázquez Castro e do técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez, non caeron en saco roto. Durante o acto de entrega dos premios da quinta edición, o alcalde Xosé Luis García anunciaba a intención do Concello brionés por “facer un esforzo para aumentar a cuantía dos premios e conseguir unha maior participación na vindeira edición”. Unha crise de participantes, que non de calidade na obra presentada. Así, o vencedor da categoría xuvenil A (de 14 a 19 anos), dotado con 600 euros e diploma acreditativo, foi o padronés Alberte Villamarín Rodríguez, coa obra “Orixes”, un cadro abstracto que destaca polo seu colorido e pola armoniosa composición das súas formas. O segundo premio desta categoría foi declarado deserto. Na categoría xuvenil B (de 20 a 30 anos), o primeiro premio foi para Rebeca Novo Castro, de Arzúa. A súa obra “O son do mar” foi distinguida con 600 euros e diploma acreditativo. O segundo posto foi para unha veciña de Brión, Carlota Mera Vidal, cunha obra sen titular. Esta moza brionesa levou 400 euros e diploma acreditativo.

16 Concello de Brión

MODALIDADE XUVENIL Premio de 70 € mat. Didáctico: Ramón Bestilleiro – “Rei Nashgul” MODALIDADE GRUPOS Premio de 200 €: “Destacamento de Agronovo” Premio de 150 €: “Divinas de la muerte” Premio de 100 €: “Donas do xornal” MODALIDADE COMPARSAS Premio de 300 €: “Xoguetes olímpicos” Premio de 200 €: “Os romeiros de Santa Minia” Premio de 150 €: “Corrido mexicano” Premio de 150€: “Panadaría O Cornecho” MODALIDADE CARROZAS: Premio de 300 €: “Raíñas das estacións” Premio de 200 €: “Desembarco viquingo” Premio de 150 €: “Submarino amarelo” Agora só queda gozar coas imaxes dispoñibles na galería de fotos da paxina web do Concello e esperar a que o ano que ven volva a visitarnos Don Carnal.


CULTURA E DEPORTES PRIMAVERA 2009

a que adicas o tempo libre?

Concerto de Leilía encadrado no programa Noites da Carballeira 2008

Coa chegada do bo tempo, e coas vacacións de verán no horizonte, o corpo pide saír. E como está ben iso de darlle gusto ao corpo, o Concello ten organizado un completo programa de actividades cun denominador común: ocupar o tempo de ocio ao aire libre. Precisamente para aprender a ocupar ese tempo de ocio o vindeiro mes de maio abrirase o prazo de inscrición nun curso de monitor/director de tempo libre. Trátase dun curso intensivo que terá lugar ao longo do mes de xullo, en horario de luns a venres de 9-14:00 e 16:0021:00 horas, e que inclúe prácticas en agosto. Un curso que dá dereito a un título oficial que pode abrir moitas portas nun sector en crecemento.

VIAXE DA MOCIDADE

Porque ocio e, sobre todo, gañas de pasalo ben sempre hai. Por iso o Concello ven de abrir o prazo para anotarse nos xa tradicionais cursos de piragüismo de Ponte Insua. As clases comezarán o vindeiro 8 de maio e, ao igual que en convocatorias anteriores, haberá dous turnos: para menores de 16 anos e para maiores de 17 anos. Os rapaces aboarán 10 euros, mentras que para os adultos a tarifa é de 20 euros polos catro meses de clases (entre maio e agosto). Seguindo coa auga, o vindeiro 18 de abril haberá un descenso en rafting polo río Ulla dirixido a maiores de 16 anos. Para participar será preciso facer unha inscrición de 10 euros na Casa da Cultura. E se prefires camiñar, o Concello or-

ganiza dúas rutas de sendeirismo. A primeira delas, totalmente de balde, seguirá o curso do río Tambre ao longo duns 15 quilómetros. Durante a tarde do sábado 25 de abril, os sendeiristas pasearán por Forxán, Mourentáns e Ons. Uns días despois, o sábado 9 de maio, a cita é en Camariñas, cun percorrido entre Laxe e Camelle. Neste caso, a cota de inscrición será de 6 euros, que inclúe o desprazamento en bus ata a Costa da Morte, onde os camiñantes disfrutarán da lagoa de Traba, dos cantís que rodean Camelle ou do famoso Museo do Alemán. En definitiva, un programa variado e para todos os gustos para encher o tempo libre.

Valencia agarda polos mozos e mozas de Brión Valencia. Este é o destino elixido este ano para a “Viaxe da Mocidade 2009”. Medio cento de mozos e mozas de Brión viaxarán ata a capital da comunidade valenciana na semana do 19 ao 25 de xullo, onde están programadas diversas actividades culturais e de ocio entre as que figura unha visita á Cidade das Artes e das Ciencias. Os mozos brioneses residirán no albergue xuvenil Center-Valencia, onde disfrutarán de aloxamento e almorzo, as ceas están contratadas nun resturante cercano chamado Bruselas. O prazo de

inscrición xa está aberto e para anotarse hai que dirixirse á Casa da Cultura, ben en persoa ou ben a través do teléfono 981 50 99 09. A admisión realizarase por rigurosa orde de inscrición e o prezo é de 160 euros. Para realizar o pagamento será necesario recoller na mesma Casa da Cultura as follas de pagamento e ingresar no banco (Banco Galego ou Caixa Galicia) a taxa entre o 1 e o 15 de Abril. Os únicos requisitos para participar son ter entre 18 e 35 anos e estar empadroado no Concello de Brión no momento de facer a inscrición.

Altamira 17


CULTURA E DEPORTES AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Escolas deportivas: 17 anos educando en valores Uns trescentos veciños participan cada ano nalgunha das dezaséis especialidades que oferta o Concello. UNHAS INSTALACIÓNS AO SERVIZO DOS VECIÑOS Nas escolas deportivas, como en todo nesta vida, cando hai que pasar da teoría á práctica adoita producirse algún que outro problema. Basta con ollar ao noso redor para ver casos como os duns cativos entrenando coas súas bicis nun parking privado dun edificio ao carecer dunhas instalacións municipais axeitadas para practicar o seu deporte favorito: o ciclismo. Por sorte, en Brión non só contamos con boas instalacións para a práctica das distintas escolas deportivas senón que a recente inauguración do campo municipal de herba artificial mesmo potenciou tanto ás escolas como a algúns dos equipos federados que hai no municipio. Educar en valores a través do deporte. Éste é o obxectivo que guía ao proxecto das escolas deportivas, tan extendido na actualidade en practicamente todos os concellos galegos. Unha cotidianidade que fai que ás veces se esquenza o duro traballo de pioneiros coma o Concello de Brión, o primeiro na comarca en poñer en marcha estes espazos deportivos no ano 1992. E o primeiro tamén en poñer un servizo de transporte de balde para todas as aldeas, que aínda se mantén, de xeito que quen queira practicar deporte poida facelo sen que a distancia co seu fogar fose un problema. Unhas escolas que se revelaron como o lugar idóneo para a educación integral dos nosos mozos e mozas. Esta filosofía non cambiou nestes dezasete anos de historia nos que a oferta non deixou de medrar. De feito, a inauguración o pasado verán do campo de fútbol de herba artificial motivou o nacemento da última das 16 escolas deportivas que están en marcha na actualidade: a escola deportiva municipal de fútbol sete UD Bastavales. Dirixida polo técnico de Deportes municipal, Xosé Manuel Trigo Romero, conta con dúas categorías: alevín e benxamín. E podemos dicir que foi chegar e bicar o santo, xa que nestes meses de existencia xa chegaron á final do Torneo de Negreira e quedaron segundos na liga regular, a tan só un punto do campión. Unha canteira, pois, que promete.

18 Concello de Brión

Xunto a eles, uns trescentos veciños e veciñas de Brión, de todas as idades, participan cada ano nalgunha das dezaséis escolas deportivas municipais. As máis solicitadas son patinaxe, pilates e fútbol-sala, con medio cento de participantes cada unha. As que teñen unha menor demanda son as de ximnasia de mantemento, tenis e predeporte, cunha quincena de integrantes. Canda elas tamén figuran outras modalidades coma o mencionado fútbol sete, o baloncesto, o aerobic ou o iudo. Así mesmo, coa chegada do bo tempo actívanse tamén outras actividades que abren o seu periodo de inscrición precisamente nestes días: piragüismo, vela, rafting, barranquismo, sendeirismo, natación... Actividades para todos os gustos, para todas as idades e para ambos sexos, non en van compre lembrar que os equipos de fútbol sala do Concello de Brión xa eran mixtos cando dende a Xunta de Galicia se mantiña un criterio en sentido contrario. Porque, como diciamos ao principio, o obxectivo das escolas deportivas é educar, a través do deporte, en valores como a amizade, a convivencia, a autodisciplina, o respecto aos demais, o espírito de sacrificio e perseverancia, a creatividade, a mellora da saúde... Uns valores dos que poden dar fe os case 5.000 usuarios destas escolas deportivas nos seus dezasete anos de historia.

CAMPO DE FÚLTBOL MUNICIPAL Así, o campo de fútbol está ocupado os mércores e venres, de 17:30 a 19:30 horas, pola escola deportiva municipal de Fútbol Sete UD Bastavales. Os benxamíns e alevíns aproveitan estas horas para entrenárense para xogar os seus partidos na mañán do domingo. Á mesma hora, pero nesta ocasión os martes e os xoves, é o turno para os infantís do Bastavales. Os adestramentos dos xuvenís teñen lugar de 19:30 a 21:00 horas, os luns, mércores e venres. Ambos conxuntos utilizan o transporte municipal gratuito e dispoñen do campo os sábados para xogaren os seus partidos. Asemade, o Santa Minia de Brión dispón do campo para adestrar entre as 21:00 e as 23:00 horas dos luns e venres, así como do tramo entre as 12:00 e as 14:00 horas dos domingos, nos que disputa os seus partidos na Liga Galega de fútbol feminino. Situación semellante á da SD Brión. Este conxunto, que milita na terceira rexional, adestra os martes, xoves e venres de 21:00 a 23:00 horas. Os partidos dispútaos os domingos ás catro da tarde. Xunto a estes conxuntos, tamén utilizan estas novas instalacións tres equipos de veteranos, que disputan os seus partidos os sábados pola tarde. Trátase do Veteranos Brión, Joyería Confrados (Milladoiro) e Casa Barquero (Negreira).


CULTURA E DEPORTES Todos estes equipos utilizan as instalacións, alumeado artificial incluído, totalmente de balde, coas únicas excepcións dos conxuntos de veteranos de Milladoiro e Negreira, que alugan o campo para os seus partidos. Algo que tamén pode facer calquera veciño ou veciña de Brión que o desexe na tarde dos mércores. Unha completa oferta que se complementa cos campos de fútbol da Luaña (da SD Luaña) e de Bastavales (da UD Bastavales). En ambos casos, o Concello encárgase de costear o mantemento das instalacións, así como de aboar o alumeado do terreo de xogo da UD Bastavales. Os campos de Ons e Cornanda complementan a oferta para os amantes do fútbol. PAVILLÓN MUNICIPAL O outro punto de atracción do deporte en Brión, á espera da posta en marcha da nova piscina municipal cuberta e das súas instalacións deportivas anexas (ver nesta mesma revista), é o pavillón polideportivo municipal. Durante as mañáns está permanentemente ocupado por actividades do CEIP de Pedrouzos e do IES Brión. As distintas escolas deportivas municipais atopan aquí o seu espazo de desenvolvemento principal, tendo lugar de luns a venres entre as 17:30 e as 19:30 horas. A partir de esa hora, o pavillón está ocupado por ximnasia de mantemento (os luns e os venres) e polo equipo de fútbol feminino FC Brión, que o disfruta totalmente de balde nas tardes dos xoves. Coa única salvedade dos sábados, nos que teñen lugar os distintos partidos de competición oficial dos equipos de fútbol sala, o resto dos días a instalación está a disposición de ser alugada por conxuntos privados. Canda estes dous focos do deporte municipal, o Concello de Brión tamén conta con outras infraestruturas deportivas complementarias repartidas por tódalas parroquias. AXUDAS AO DEPORTE FEDERADO O Concello inviste 13.400 euros en axudas aos distintos equipos federados do municipio. Unha cifra que non ten en conta a prestación de balde doutros servizos xa mencionados coma o empréstito das instalacións deportivas (para adestramento e disputar os partios) ou os gastos de mantemento das mesmas. - SD Brión: 5.400 euros. O Concello aporta 1.200 euros para compensar a ausencia de publicidade no campo de fútbol e outros 2.200 euros pola desaparición da antiga cantina. Así mesmo, recibe outros 2.000 euros por dispoñer dun equipo adulto federado. - Bastavales: 4.800 euros. Ao igual ca SD Brión, recibe 2.000 euros polo equipo de adultos federado. O resto das axudas repártense entre as distintas categorías do conxunto: xuvenil (1.100 euros), infantís (900 euros) e alevíns (800 euros). - Luaña: 2.000 euros por dispoñer dun equipo de adultos federado. - Santa Minia Fútbol Campo Feminino: 900 euros. No seu primeiro ano de existencia, o Concello de Brión adicou unha partida de novecentos euros para cubrir os seus gastos de competición, que son moito menores ca os dos conxuntos masculinos xa que teñen menos desprazamentos, e máis curtos, e as arbitraxes son máis económicas. - Follas Novas Brión: 300 euros. Fútbol sala feminino. Este conxunto, que leva o nome de Brión pero no que non xoga ningunha veciña do municipio, tamén dispón de acceso de balde ao pavillón municipal.

OUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PEDROUZOS - Pista de tenis (38x18 m). Asfalto. Acceso libre. - Pista polideportiva 32x19 m. Fútbol sala. Acceso libre. - Pavillón polideportivo e pista polideportiva. IES Brión. Acceso para escolares e actividades programadas polo Concello. OS ÁNXELES - 2 pistas polideportivas (fútbol/baloncesto). 32 m x 19 m. Acceso libre - 1 cancha de tenis. Acceso libre. - 1 piscina descuberta. 15 m x 6 m. Profundidade 0,5 a 1,39 m. No verán. - 1 pista polideportiva en Guitiande. Acceso libre. - 1 nova pista polideportiva en Alqueidón. Acceso libre. BASTAVALES - 1 pista de tenis. Acceso libre. - 2 pistas polideportivas. Acceso libre. - 1 pista polideportiva na Igrexa. Acceso libre LUAÑA - 1 pista polideportiva. Acceso libre. 40 x 20 m. Asfalto. Fútbol sala. ONS - Pista polideportiva. Acceso libre. - Local de remo e piragüismo en Ponte Insua. Non é de acceso libre. Aló celébrase, entre maio e agosto, a escola deportiva de piragüismo. O prezo polos catro meses é de 10 euros para nenos e 20 para adultos. CORNANDA - Pista polideportiva. Acceso libre. VICESO - Pista polideportiva. Acceso Libre. - Pista polideportiva e pavillón nas instalacións do IES Esparís, que na actualidade están pechadas tras o traslado ao IES Brión.

Altamira 19


CULTURA E DEPORTES LETRAS GALEGAS 2009

Un ano máis, e xa van dezanove consecutivos, a Feira do Libro de Brión recolle un amplo e variado programa de actividades dirixidas a promocionar o libro e a lectura no mes das nosas letras. Coa figura de Ramón Piñeiro como referente en todo momento, o Concello, a través da Casa da Cultura e da Biblioteca Municipal, vai desenvolver un amplo abano de actividades culturais entre o 6 e o 26 de maio, cos nosos pequenos como principais protagonistas. Así, todos e cada un dos escolares do municipio farán a súa visita á Feira do Libro (e, por conseguinte, á biblioteca) nunha actividade organizada en colaboración cos centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do municipio e que se ven realizando ano tras ano cun rotundo éxito. Unha feira na que os pequenos poderán ver e tocar as novidades editoriais do ano, cedidas polas librerías colaboradoras, así como visitar unha pequena exposición sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro. A visita rematará con espectáculos de animación axeitados á idade dos visitantes e cos libros como protagonistas. Así, están previstos espectáculos coma

20 Concello de Brión

“Kamishibai” (un teatro de papel xponés dirixido ao primeiro ciclo de primaria), “Remoldiño vai á feira” (un relato de aventuras de Casahamlet para segundo de primaria) e “Carlota e Marieta dan a volta ao planeta” (un espectáculo infantil inspirado na novela de Xulio Verne e interpretada por A Locomotora para nenos de terceiro de primaria). Para os rapaces da ESO están previstas actividades coma “Palabras viaxeiras”, de Fusa Guillén e que narra contos e lendas de diversos lugares do mundo; ou “Claro que si”, de “Ni FU ni Fa Animación”, no que se trata do poder das palabras. Tamén haberá espectáculos para os máis pequenos. Os meniños da gardería asistirán ao espectáculo “Caratúa, teatro de sombras”, unha serie de relatos curtos adaptados á súa idade. Finalmente, están programadas tamén dúas sesións de contactontos para os nenos de infantil do CEIP Pedrouzos (a cargo de Migallas con “Canta-contos”) e dos colexios de Os Ánxeles, Bastavales e Luaña (“Os soñoños”, da compañía Argallando). E o día grande das Nosas Letras, o 17 de maio, a carballeira de Santa Minia

acollerá o festival “As Letras na Carballeira”, especialmente deseñado para conmemorar esta efeméride. Unha data na que a biblioteca organizará unha xornada de portas abertas. Pero, ao igual que cun bo libro, cun bo programa coma o da XIX Feira do Libro de Brión non é correcto desvelar o final. Haberá que estar atento á web municipal ou ás informacións da biblioteca para coñecer outra serie de actividades que completan o programa deste ano, coma a actuación de Títeres Cascanueces con “O gran Ketumba Ketamba”, o Charo Pita con “Mulleres de palabra” e moitas máis sorpresas.

ANOTA NA AXENDA... - 8 DE MAIO Inauguración da exposición colectiva “Os maios”, en colaboración coa Asociación de Artistas Pásticos Galegos (ARGA) - 17 DE MAIO Festival “As Letras na Carballeira”. - 5, 6 e 7 DE XUÑO Encontros coa Arte.


HISTORIAS E LENDAS HISTORIAS E LENDAS

Unha viaxe polo arquivo municipal

O noso arquivo municipal garda anacos importantes da historia local, se ben os documentos máis antigos que contén non pasan máis aló dos cento setenta anos, que son os que ten o concello de Brión, que foi creado en virtude dun real decreto do 15 de xuño de 1836. Aínda así, a variada documentación que se custodia no arquivo ocupa 1.380 caixas, que, postas en ringleira, sumarían máis de 165 metros de lonxitude. Para atopar documentos máis vellos que falen das nosas aldeas hai que acudir aos arquivos parroquiais ou aos de outras entidades como as dióceses, os mosteiros, a Real Audiencia, casas nobres, etc.). Mesmo o Rexistro Civil –que leva conta dos nacementos, matrimonios e defuncións- só existe dende o ano 1871. O arquivo do concello está perfectamente catalogado mediante un rexistro informático que permite consultar toda a documentación con facilidade. Os documentos clasifícanse en catro grandes apartados: goberno, administración, servizos e facenda. Entre os documentos máis antigos hai un anterior á constitución do concello: o expediente de recrutamento de quintas de 1834. Precisamente a serie de expedientes de quintas é unha das máis completas, pois ten todos os alistamentos dende ese ano 1834 ata a supresión do servizo militar obrigatorio en 2001. Do ano 1836

–o de creación do concello-, ademais do de recrutamento, hai un legaxo de correspondencia oficial, e papeis varios sobre contas municipais, repartimentos de contribución e de recadación. Do ano seguinte é o de “subhasta para arrendo de bagaxes”. O Padrón de habitantes comeza no ano 1838 e ten case todas as renovacións quinquenais ata a actualidade. O documento máis importante en calquera arquivo municipal son os libros das actas das sesións da corporación. As de Brión comezan en 1840 e seguen ininterrompidamente ata actualidade, coa excepción das correspondentes aos anos 1852-1855 e 1867-1868. Curiosamente, en abril de 1979, empezáronse a redactar as actas en galego, sendo Brión o primeiro concello de Galicia que o fixo. Ao primeiro escribíanse en galego e castelán e, dende 1994, soamente no noso idioma. Outra das series que se conservan practicamente íntegras dende a principio é a das contas municipais, que as hai dende 1838, o mesmo que os legaxos relativos a impostos e arbitrios municipais, que xa empezan ese ano. Do ano 1947 hai unha colección de 31 grandes libros que conteñen o amillaramento de todas as fincas rústicas do termo municipal clasificadas por propietarios, lugares e parroquias, coas correspondentes denominacións, clase de cultivo, superficie e lindeiros. A sección máis voluminosa do arquivo está sendo a relativa a urbanismo, especialmente os expedientes de licenzas de obras de particulares. Destes hainos a partir do ano 1924. Polos anos 1960 producírase un incendio no arquivo, que ocupaba un pequeno local na primitiva casa do concello (o que hoxe é casa da cultura). Parece ser que arderan papeis sen importancia, como boletíns oficiais, etc.

Altamira 21


PASATEMPOS

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

Un pouco de humor...

22 Concello de Bri贸n

SUDOKU MEDIO


ULTIMA PÁXINA

GASOLINEIRA DO TREMO (NOS ANOS 70 - Os Ánxeles - Brión) Está situada na estrada C-543 - Santiago - Noia. Como pode observarse na fotografía, e malia que era moi transitada, estaba nun estado non moi axeitado, non existian beirarrúas e o transito de vehículos era moito menos ca o que se coñece hoxe en día. Como pode observarse, a gasolineira era moito máis sencilla ca actual que presenta un deseño moito máis moderno e acorde cos tempos que vivimos.

GASOLINEIRA DO TREMO (ANO 2009 - Os Ánxeles - Brión) Na fotografía pode observarse o gran cambio de imaxe que sufriu esta zona, en parte producido por que esta estrada C - 543 Santiago Noia foi unha das que máis volume de trafico soportou de todo Galicia. Falamos en pasado xa que coa inauguración da AG - 56 Brión - Santiago reduciuse notablemente o tráfico desta estrada. A gasolineira do Tremo é un punto de referencia dentro do noso Concello.

BRIÓN NA PRENSA 07/04/2009 | Os brioneses xa poden deixar o aceite usado dos seus coches nun depósito municipal. 31/03/2009 | Intercambio do instituto de Brión con alumnos da cidade de Brighton. 31/03/2009 | Inxección provincial de 1,7 millóns para 7 municipios.

03/04/2009 | Organizan en Brión cursos para buscar traballo e facer a declaración da renda en Internet. 30/03/2009 | O IES de Brión acolle unha mostra dos 125 anos do teatro galego. 26/03/2009 | Brión terá dentro de 2 meses un telecentro con 14 postos informáticos no baixo da consistorial.

05/04/2009 | Servizos básicos en todo Corcubión e ampliación para os de Brión e Silleda. 25/03/2009 | Caride ve o corredor a Noia en dous anos e anima ao PP coa autovía. 23/03/2009 | Tres novos facultativos para os centros de saúde de O Pino, Brión e Padrón.

Altamira 23


sabias sabias que... que... ...o día 24 ás 20:30 no Centro Social Polivalente vaise celebrar o acto de presentación do libro “Nas raíces de Brión: AS MAMOAS DE RAÑALONGA”, que se regala con este número da revista Altamira, e que coordinou o brionés Federico Silva Cobas... ... no chan de Rañalonga, que na súa maior parte se estende pola zona central do concello coruñés de Brión, aínda quedan hoxe os restos de máis de vinte mámoas. Un breve estudo de cada unha delas e do seu contorno serve aos autores deste libro para viaxar imaxinariamente ao pasado e ao futuro deste chan: ao pasado, coa finalidade de indagar na vida e costumes daqueles primeiros canteiros que o poboaron hai uns cinco mil anos; e ao futuro, para contemplar a súa transformación no gran Parque da Natureza de Rañalonga.

23anos

Concello de Brión Carballeira de Santa Minia nº 21 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org

Profile for Concello de Brión

74 - ALTAMIRA Nº 74  

REVISTA ALTAMIRA Nº 74

74 - ALTAMIRA Nº 74  

REVISTA ALTAMIRA Nº 74

Profile for cgalego
Advertisement