Page 1

Altamira Revista Municipal do Concello de Brión

Nº 72 - SETEMBRO DE 2008 - ANO XXIII

pax.

Romería Romería de de SANTA SANTA MINIA MINIA 2008 2008

Guía cultural e deportiva

4

12-13

pax.

A nova directiva do colexio

paxs.

XXVI Festa do Cabalo

17


SUMARIO / AVANCE

Altamira

Dir ec c ións:

B IBL IOT ECA MU N I C I P AL Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l./Fax.: 98 1 5 0 99 69 CASA DA CUL T UR A Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 50 99 0 8 Fax.: 98 1 50 99 69 CASA DO CONC E L L O Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 2 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 0 6 Fax.: 98 1 8 8 7 4 3 1 CEIP PEDROUZO S Rúa Pase o d e Pe dr o u zo s , n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l./Fax.: 98 1 88 70 8 0

José Luís García García Alcalde do Concello de Brión

CENT RO DE SAUDE Rúa d as Ped ri ñ as , n º 3 1 58 65 - B ri ón T e l. L iña 1 : 98 1 8 8 77 0 1 T e l. L iña 2: 98 1 8 8 77 0 2 CENT RO SOCIA L P O L I V AL E N TE Avd a. d e Santa M in ia, n º 4 6 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 50 99 10 Fax.: 98 1 50 99 78 ESCOL A INFANTI L M UN I C I P AL Ag ro Novo, nº 12 5 1 528 0 - Os Ánxe le s T e l.: 98 1 8 8 77 4 2 ESCOL A MUNIC I P AL DE M ÚS I C A Avd a. d e Santa M in ia, n º 70 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 50 99 0 8 FARMACIA AL VAR E Z AL V AR E Z , E . Avd a. d os Ánxe le s , n º 3 6 1 528 0 - Os Ánxe le s T e l.: 98 1 8 8 72 0 1 FARMACIA NUÑE Z P E R E Z , B. Avd a. d e Santa M in ia, n º 75 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 3 0 GARDA CIV IL Rúa d as Ped ri ñ as , n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 11 IES BRIÓN Rúa Pase o d e Pe dr o u zo s , n º 2 1 58 56 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 1 8 17 T e l.: 98 1 8 8 58 99 OFICINA D E UR BAN I S M O Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 2 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 0 6 Fax.: 98 1 8 8 7 4 3 1 POL ICÍA L OCAL Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 2 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 0 6 Fax.: 98 1 8 8 7 4 3 1 POL ID EPORT IV O M UN I C I P AL L ami ño, s/n 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 76 53 SERV IZO D E AUG AS Urb . Ag ro Novo, n º 12 6 Baixo 1 528 0 - Os Ánxe le s T e l.: 98 1 8 8 78 51 SERV IZO D E EM E R XE N C I AS BR I Ó N L ami ño, s/n 1 58 65 - B ri ón T e l.: 629 8 7 1 5 4 2 Fax.: 98 1 8 8 7 5 2 3 XUL GAD O DE P AZ Rúa d as Ped ri ñ as , n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 72 71

A v an c e :

Cont i do s : SETEMBRO - 2008

3

R EPO R T A X E

6

AC T U A LI D A D E

12

C O NV ER S A C O N. . .

14

S ER V I Z O S S O C I A I S

16

C U LT U R A E D EP O R T ES

19

FO I S E C O V ENT O

22

HI S T O R I A S E LEND A S

23

D E A NT ES E A G O R A

23

B R I Ó N NA PR ENS A

O verán vai alá... o sol vai escapando e as chuvias volven as nosas vidas, como tamén volven as tradicionais festas do mes de setembro en Brión, logo de realizar con rotúndo éxito a XX Festa dos Vellos, da que se dá conta neste número, tamén intentamos avanzar os programas da Festa do Cabalo e a Romería de Santa Minia. Foise co vento..., este é o título escollido para a reportaxe sobre as actividades que se desenvolveron durante o verán no Concello, e ademais neste novo número da ALTAMIRA, queremos agasallar a todolos veciños coa guía cultural e deportiva que recolle o extenso programa deseñado polos técnicos municipais, para facer máis levadeiro o longo inverno que se nos acerca.

Altamira

“ A l t amira” é o símbolo do Concello de Brión. A fortaleza, s i tu ada na parro quia de S an Fins , tiv o un gran pro tago nism o d urante to da a I dade M edia e ben entrada a M o derna. De sd e e l a a familia do s M o s c o s o do mino u bo a parte do no rte d e Ga l i cia. Rui S ánc hez de M o s c o s o , lo go da batalla de A ltam ira e n 1 471 , na que des barato u o as edio das tro pas de A lo nso II d e F o ns ec a, arc ebis po de S antiago deus e o título de I C on d e d e A ltamira. A fo rtaleza quedo u des habitada no s éc ulo X IX e h o x e permanec en o s s eus no bres res to s nuha impres io n at e a ta l aia que do mina to do o v al da A maía. De p ósito L e g al C -8 2 7 -8 5

Edita: Concello de Br ión R e dacción, deseño e m aquetación: Concello de Br ión e Nós com unicació n Fotos: Ar quivo Municipal e Nós com unicación Im pr im e: L itonor Ar tes Gr áf icas r evistaaltam ir a@ inf obr ion.com


Concello de Brión

Brión concentra a súa gandería na parte alta Cornanda, Luaña, Ons e Viceso incrementaron nun 30% as súas reses.

Así, se nas parroquias da parte alta a media de reses por establo superaba as 24 cabezas, nas parroquias da parte baixa non chega a dous animais (1,98). Un dato que demostra que o sector gandeiro nestas parroquias, cando existe, é unha simple axuda para economía familiar atopámolo no feito de que 85 explotacións se reparten un total de 169 reses, o que significa un descenso dun 86% no número de animais e a desaparición dun 78% dos establos en tan só vinte anos. Viceso e Luaña, á cabeza Se falamos de número de vacas, a parroquia máis gandeira é a de Viceso, que medrou en case seiscentas cabezas nos últimos vinte anos. Este forte cremento permitíulle desbancar a Luaña que, a pesares de medrar en 211 reses, tan só contabiliza 1.228 cabezas fronte ás 1.502 de Viceso. De feito, entre estas dúas parroquias concentran máis do 78% da cabana gandeira de todo o municipio. Cornanda, con 405 reses en 31 establos, completa o pódium de honra desbancando a Basta-

vales, que nos últimos vinte anos rexistrou unha forte perda tanto de establos (pasou de 168 a 40) como de animais (de 528 a 67 reses). A última das parroquias da zona alta, Ons, completa a cabeza en número de explotacións e animais, con 185 reses en 13 establos. Nembargantes resulta ser a única parroquia da parte alta do municipio na que se rexistra unha progresiva perda de peso do sector gandeiro. Basta con sinalar que hai vinte anos existían un total de 38 explotacións e 248 animais. Completan este ranking as parroquias de Bastavales (con 67 animais en 40 establos), Os Ánxeles (con 53 reses en 26 granxas) e Brión (con 45 cabezas en 15 explotacións). Especialmente significativos son os casos de Boullón, con tres vacas en tres casas, e o xa mencionado de San Salvador, cunha soa res nun único establo.

REPORTAXE

Tomando coma referencia os datos recollidos durante a campaña de saneamento gandeiro de 1988 pola, daquela, Consellería de Agricultura, obsérvase que o número de animais medrou das 2.539 reses de 1988 ata as 3.320 contabilizadas a día de hoxe. Así mesmo, e froito do progresivo abandono da produción no medio rural que se vive a nivel nacional, chama tamén a atención que un total de 109 explotacións decidiran abandoar a súa produción nestes últimos vinte anos. Este feito fixo medrar significativamente a media de vacas por establo nestas parroquias, que na actualidade é de 24 reses por término medio. Un dato que duplica ao rexistrado hai vinte anos (10 reses) e que reflicte unha significativa especialización por parte dos gandeiros de Cornanda, Luaña, Ons e Viceso (parroquia que destaca especialmente cunha ratio de 36 vacas por explotación). Pola contra, os datos da zona baixa do municipio amosan o forte crecemento poboacional experimentado nestas parroquias nos últimos vinte anos. Novos veciños

que apostaron por Brión como lugar de residencia e traballo, mais non no sector primario. De feito, nestes últimos vinte anos desapareceron máis de trescentas explotacións de gando vacún nas parroquias de Brión, Boullón, Os Ánxeles, Bastavales e San Salvador, sendo especialmente significativa esta última parroquia, onde as vacas semellan “animais en perigo de extinción”, xa que a Consellería do Medio Rural só ten contabilizada unha res.

Unhas cifras que supoñen que Brión ten unha cabana gandeira de 3.489 cabezas, un 7,13% menos que en 1988, repartidas entre 223 explotacións, máis de catrocentas menos que hai vinte anos. Esta caída de máis do 65% no número de establos supón, pola contra, un significativo incremento da media de reses por explotación, que pasa de 5,92 a 15,64 animais. Uns datos que demostran que son menos os veciños que apostan pola gandeiría, pero que tamén sitúan a esta práctica non coma un gran negocio, senon máis ben coma unha axuda máis na economía familiar.

3

pax.

O sector gandeiro segue a ter un peso moi significativo na economía de moitos veciños e veciñas de Brión, especialmente nas parroquias da zona alta do municipio, que concentran máis do 95% das vacas existentes no concello. Así se desprende da análise dos datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural, que recollen que nos últimos vinte anos as parroquias de Cornanda, Luaña, Ons e Viceso viron incrementado nun 30,7% o seu número de animais.


Altamira

Nº 72 - 2008

Brión, centro de referencia do mundo do cabalo

REPORTAXE

A tradicional Festa do Cabalo terá lugar os días 20 e 21 de setembro. Durante a fin de semana do 20 e 21 de setembro, Brión será o centro do mundo do cabalo de Galicia coa celebración da tradicional Festa do Cabalo, que este ano chega á súa vixesimosexta edición. Un encontro no que cada ano milleiros de afecionados aos cabalos disfrutan dunha festa que non deixou de medrar dende os seus inicios, aló polo ano 1982 e sempre baixo a tutela de persoas coma Manuel Fernández ou Santos Lapido. A Festa do Cabalo abrirá as súas portas como xa é tradicional no monte Rañalonga onde, a partires das 16:30 horas, terá lugar un concurso de saltos (trofeos Cereales Bronllo e Max Rótulos), unha xincana (trofeo Marlo), unha proba de seis barras (trofeo IEC Reboredo), unha carreira de relevos por equipos (Trofeo e a divertida carreira de burros (trofeo Ferliño Maquinaria). A xornada completarase cun encerro de vaquillas e un concurso de recortadores.

pax.

Para o domingo 21 de setembro está prevista a feira cabalar, que abrirá as súas portas ás nove da mañán. Ademais este ano, e debido ao éxito acadado na pasada edición, volverase a realizar unha ruta cabalar polo Monte Rañalonga, seguindo o cauce do río Tambre. Un roteiro que terá lugar ás 10:30 horas e que xurdíu coma un xeito de que “os máis de cen xinetes que hai cada ano no monte Rañalonga e que non compiten en ningunha das probas teñan unha actividade na que participar”, explica Manuel Fernández. Mentres tanto terán lugar as probas de saltos (trofeos Centro Equestre Val da Maía e Piensos Paz) e as probas de arrastre (trofeo Gexpa).

4

Tras unha pausa de tres horas para xantar, as probas reanudaranse ás 17:00 horas coa proba de paralelas (trofeo Labralia), o salto de potencia (trofeo H. B. Compostela) e as distintas carreiras de cabalos: do país (trofeo Comercial Barcia), cruzados (trofeo Modesto Riveiro), cruce inglés (trofeo GTY Reyni) e pura

sangue (trofeo FCC). En total, máis de 4.800 euros en premios para repartir entre uns participantes que poderán inscribirse o mesmo día da proba, deberán correr con casco e estar federados (cabalo e xinete) ou presentar o seguro equivalente. A Asociación Festa do Cabalo de Brión, encargada de organizar esta festa, ofrecerá tamén atraccións con cabalo para os asistentes, especialmente dirixidas aos máis pequenos como unha xincana infantil ou un poni clube, onde os pequenos poderán facer os seu “bautizo” cabalar.


Concello de Brión

Santa Minia: A grande romería de Brión As festas de Santa Minia porán, un ano máis, o broche douro ao mes de setembro, mes festeiro por excelencia en Brión. Milleiros de romeiros acudirán como cada ano a rendir homenaxe á Santa do seu día, que nesta ocasión cae en sábado, o que fai prever que o número de visitantes podería superar aos 40.000 rexistrados na pasada edición. Iso si, se a Santa intercede e consegue calmar un chisco este tempo de tolos que vivimos este verán.

adiante un interesante programa con tres días de festa rachada. Un programa que mistura todo tipo de músicas: orquestras, charangas, bandas de música e mesmo un toque caribeño, para celebrar Santa Minia a ritmo de salsa.

Ao caer en sábado o gran día de Santa Minia, a comisión de festas encabezada por Benigno Vázquez e Hipólito Berdullas decidíu levar

Os festexos comezarán na tarde do venres 26 de setembro cunha actuación da banda de música municipal e das charangas “NBA” e “Os Charangos de Neda”. Música previa á gran tirada de fogos de artificio das doce da noite que acompaña á tradicional queima da fachada do templo de Santa Minia. As orquestras “Gran Parada” e “Sintonía de Vigo” encargaranse de que encher de música a carballeira.

REPORTAXE

Seis orquestras e catro charangas encargaranse da parte musical.

O día grande da festa, o sábado 27 de setembro, milleiros de fieis achegaranse a Brión para asistir ás misas e disfrutar das múltiples actividades ubicadas no entorno da carballeira de Santa Minia. Ademais das ducias de postos de venda de todo tipo que ateigarán as rúas de Pedrouzos, haberá tamén atraccións para os máis pequenos e diversas carpas onde repoñer forzas cun bo xantar. A orquestra “Galilea” será a encargada da sesión vermout, aínda que a música non faltará durante toda a xornada coa banda de música de Brión, a banda de gaitas e tambores Airiños do Corveiro e das charangas “Os charangos de Neda”, “Os Celtas de Negreira” e “O Vendaval de Fisterra”. O verbena nocturna correrá a cargo das orquestras “Galilea” e dos ritmos caribeños de “Caribe show”, formación asturiana que conta con sangue caribeña nas súas filas.

5

pax.

As festas rematarán o domingo 28 de setembro cunha sesión vermout a cargo da orquestra “Océano”, precedida pola actuación da banda O Rumbo, de Sardiñeiro. A charanga “Os Celtas de Negreira” amenizará a xornada da tarde, que se pechará coa gran actuación das orquestras “Océano” e “Suavecito”. En definitiva, un programa moi completo e con actividades e músicas para todos os gustos.


Altamira

Nº 72 - 2008

Unha festa para poñerse o chapeu

ACTUALIDADE

Uns setecentos maiores participaron na Festa dos Vellos. Uns setecentos brioneses participaron na “Festa dos Vellos”, que este ano chegou á súa vixésima edición. O tempo acompañou e os nosos maiores disfrutaron dun divertido día de lecer, porque ése é o espírito desta festa, que non é máis ca “unha homenaxe que lles damos a unhas persoas que de verdade o merecen e que, canto máis acompañados estean, máis agradable é para eles e para todos”, explica José Luis García, quen se encargou de recibir aos asistentes á festa. Comezou ás 11:30 horas coa recepción dos veciños na Carballeira, moitos deles chegados no servizo especial de autobús posto en marcha polo Concello, e que tamén se encargou de deixalos nas súas casas unha vez rematada a festa. O párroco de Os Ánxeles foi o encargado de oficiar a misa, que deu paso á actuación da charanga Os Celtas na que algún que outro se animou a botar unhas bailas.

pax.

Cando chegou a hora de darlle gusto ao bandullo, no xantar de confraternidade os nosos maiores deron boa conta de cincuenta empanadas, catrocentos quilos de polbo á feira e de trescentos quilos de carne ao caldeiro. Un suculento xantar que baixaron con viño e refrescos, e que completaron cun postre a base de rosca e queixo con marmelo.

6

Pola tarde, participaron nos distintos xogos organizados, podendo elixir entre xogos tradicionais e outros típicos de mesa, dende as cartas ata o dominó ou mesmo un bingo. Tamen se repartiron bolsas con agasallos para cada un deles. E botándolle un ollo aos regalos escollidos polos nosos maiores, podemos asegurar que houbo máis dun neto/a que levou unha alegría esa tarde. Porque a devocións dun avó para cos seus netiños é para quitarse o chapeu. Aínda que nesta ocasión mellor nos sería dicir que é para “poñerse” o chapeu, xa que éste foi o agallaso deste ano por parte do Concello: un sombreiro de tela, para as mulleres, e outro de palla, para os homes.


Concello de Brión

A policia local de Brión conta cun novo vehículo

Este novo vehículo é un Citroën C4 HDI Collection, de 110 cv, substitúe ao coche emprestado polo Concello de Santiago e que os axentes de Brión estiveron utilizando durante o primeiro semestre deste ano.

7

pax.

A Policía Local dispón dun novo vehículo, froito dun acordo do Concello coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O vehículo foi recollido nun acto celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública, e que estivo presidido pola directora xeral de Interior e a directora xeral de Administración Local.

ACTUALIDADE

O coche é un Citroën C4 HDI Collection, de 110 cv que substiúe ao emprestado polo Concello de Santiago.


Altamira

Nº 72 - 2008

Cantelar, Lago e Cabanas contarán en breve con servizo de saneamento As obras, orzamentadas en máis de 375.000 euros, serán realizadas polo Concello e subvencionadas pola Deputación.

ACTUALIDADE

Os lugares de Cabanas, Lago e Cantelar (en Boullón, parroquia dos Ánxeles) contarán en breve con servizo de saneamento. Así se contempla no proxecto que o Concello incluíu dentro do Plan Provincial de Cooperación 20082011 da Deputación da Coruña. Un proxecto que contempla un investimento de máis de 375.000 euros e que o goberno municipal pretende levar adiante canto antes. Así o explicou o propio alcalde, Xosé Luis García, durante o pleno municipal que respaldou por unanimidade a inclusión deste proxecto no Plan Provincial de Cooperación 2008-2011. “Os cartos son para gastar nese periodo de tempo”, apuntou o alcalde brionés, “pero nós imos tentar que o investimento se

faga canto antes para os veciños que viven en Cabanas, Cantelar e Lago poidan disfrutar en breve do servizo de saneamento”. De feito, e de cara a axiliar a realización das obras, os traballos serán subvencionados pola Deputación da Coruña pero serán realizadas polo Concello de Brión cos seus propios medios. Este proxecto de saneamento levará máis do 75% dos fondos asignados a Brión para os vindeiros catro anos dentro deste Plan Provincial de Cooperación 20082011. Un plan ao que o Concello terá que aportar un 10% do investimento global, é dicir, 49.600 euros. Nos vindeiros meses, a corporación municipal decidirá os proxectos de infraestruturas aos que destinará os restantes 121.000 euros concedidos ao abeiro deste plan.

O Sebri ampliará as súas dependencias A ampliación consistirá nunha edificación anexa á xa existente na que se situara un amplo garaxe, unha cociña, un almacen e un ximnasio.

pax.

O Servizo de Emerxencias vai ampliar as súas dependencias, situadas no paseo de Pedrouzos. Así o comunicou recentemente a Consellería de Presidencia despois da visita realizada pola directora xeral de Protección Civil, María Esther González Saavedra, e a delegada provincial de Presidencia, Aurora Moinelo Paradela. Unha visita na que estiveron acompañadas polo alcalde brionés, José Luis García, e polo responsable do SEBRI, Ismael Núñez, quen lles explicaron as necesidades de espazo que tiñan para prestar os seus servizos, especialmente despois da incorporación de varios vehículos ao parque móbil.

8

O compromiso amosado por González Saavedra e Moinelo Paradela de estudar calquera proxecto de ampliación das instalacións do SEBRI, e seguir así mellorando o funcionamento, cumpríuse semanas despois e levarase a cabo nos vindeiros meses.


Concello de Brión

Vintecatro mozos estrean bacharelato no IES Brión O IES impartirá as modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e de Humanidades e Ciencias Sociais.

comunidade educativa. De feito, cando se inaugurou o novo centro de Pedrouzos xa se indicara que dispoñía de 12 aulas para Educación Secundaria Obrigatoria e doutras 4 aulas para Bacharelato. Deste xeito, 24 mozos e mozas de Brión, quince na rama de ciencias e nove na de letras, terán a honra de “inaugurar” este novo ciclo educativo. “Consideramos

9

pax.

O IES de Brión comeza este mes o curso escolar cunha gran novidade: a impartición do primeiro curso de Bacharelato, en dúas modalidades “Ciencias e Tecnoloxía” e “Humanidades e Ciencias Sociais”. Deste xeito, cúmprese o compromiso adquirido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, co alcalde briónes, Xosé Luis García, e que dá cumprida resposta a unha demanda e a unha ilusión de toda a

Non moi lonxe do IES, durante estas primeiras semanas de setembro estará rematada a ampliación e remodelación das instalacións do CEIP de Pedrouzos, un proxecto no que se investiron máis de dous millóns de euros. Unhas obras que dan cumprimento a unha vella demanda da comunidade educativa: separar o aulario de infantil (con seis novas aulas) da zona de primaria, ademais de mellorar o acceso dos pequenos ao centro e incrementar a seguridade de todo o colexio. Se ben finalmente este ano as clases comezarán cun retraso duns poucos días, o certo é que o novo CEIP suporá un salto de calidade nas instalacións educativas que empregan os rapaces e rapazas de Brión.

ACTUALIDADE

que 24 é un bo número para comezar e estamos moi satisfeitos”, apunta o director do IES Brión.


Altamira

Nº 72 - 2008

O monte de Rañalonga acollerá un punto limpio As catas arqueolóxicas realizadas revelaron a inexistencia de restos arqueolóxicos significativos na parcela.

pax.

ACTUALIDADE

Un centro de recollida selectiva

10

Un dos sinais de identidade de Brión é a súa gran riqueza natural. Un patrimonio que o Concello está a protexer promovendo diversas iniciativas a prol do medio ambiente e que faciliten que todos os veciños e veciñas do municipio participen na conservación do noso medio natural. Así, Brión duplica a ratio recomendada a nivel nacional en canto a contenedores para a recollida selectiva de lixo (máis de 80 contedores para os seus máis de 7.000 habitantes). Ademais, dende hai uns meses está operativo no municipio un servizo de recollida gratuita de aceite vexetal usado. Unhas actuacións que serán complementada nos vindeiros meses coa construción dun punto limpo no monte Rañalonga, en San Fins (Viceso). Un novo servizo que permitirá recibir, clasificar e reciclar dun xeito ecolóxico e ordeado todos aqueles residuos que os veciños e veciñas recollan selectivamente nos seus fogares. “Agardamos que o punto limpo sirva para protexer o medio natural, axudando a clasificar e reciclar os residuos”, sinala o alcalde de Brión, Xosé Luis García García, quen asegura que “dende o Concello tentamos promover a conciencia medioambiental entre os veciños e por iso apostamos por este proxecto”. Un proxecto no que o Concello traballa dende hai tempo e que o pasado mes de agosto recibíu o espaldarazo definitivo, unha vez realizadas as sondaxes arqueolóxicas previas.

A razón destas catas radicaba na presenza na zona de varias mámoas inventariadas no “Catálogo de Bens Culturais” do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Coñecidas como a necrópole tumular de Rañalonga, estes vestixos do noso pasado son unha especie de camposanto prehistórico de hai uns 5.000 anos. Por iso, dous arqueólogos e varios obreiros contratados polo Concello realizaron oito catas sobre o terreo, nas que comprobaron de xeito efectivo que non existen restos arqueolóxicos significativos que se puideran ver afectados pola construción do punto limpo. Así as cousas, o Concello está á espera da autorización definitiva da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para comezar coas obras, que poderían iniciarse no mes de outubro. O punto limpo brionés ubicarase nunha parcela de 900 metros cadrados no monte Rañalonga. Nela incluiranse dez colectores específicos para reciclar e clasificar os residuos, unha zona de verquidos, un recinto axardinado e unha oficina de recepción dos refugallos. Así, haberá colector de plásticos, de escombros do fogar, de residuos voluminosos, de poda e restos vexetais, de vidro, de papel, de cartón, de envases... Sen dúbida, un punto limpo completo para que todos os veciños e veciñas de Brión se animen a clasificar e a reciclar os residuos dos seus fogares e axudar, entre todos, a conservar o noso medio ambiente.

¿Que é? Un punto limpo é un centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos nas casas dos veciños e que precisan dunha xestión específica ben polo seu tamaño (electrodomésticos, mobles...) ou pola súa composición (pilas, medicamentos, vidro, papel e cartón, aceites usados...). É dicir, un lugar onde os veciños poden deixar todos aqueles refugallos que non poden depositar nos contenedores habituais de recollida do lixo. ¿Para que serve? Esta instalación permitirá a reciclaxe de materiais coma o papel, o vidro ou o metal, facilitando a súa separacións nos fogares e evitando ao mesmo tempo o verquido incontrolado de escombros e residuos voluminosos. ¿Que podo depositar? Papel e cartón, vidro, plásticos de diferentes tipos, metais, téxtiles, residuos voluminosos (mobles, electrodomésticos...), esprais, tubos fluorescentes, pilas, baterías, aceites usados, medicamentos, radiografías e materiais inerts procedentes de obras domésticas. ¿Canto custa? A recollida dos residuos é totalmente gratuita. Os veciños só teñen que achegarse polo punto limpo e entregar os seus refugallos para que sexan clasificados e remitidos ás distintas instalacións que se vaian encargar da súa reciclaxe. ¿Creará algunha molestia? O punto limpo non é un vertedoiro, senón unha instalación adicada a mellorar o noso medio natural. Non xeran malos cheiros xa que, entre outras cousas, non almacenan materia orgánica, e ademais non resulta nin tóxico nin perigoso para o medio ambiente.


Concello de Brión

Novas infraestruturas para un novo Brión O concello contará cunha piscina climatizada cuberta, unha nova casa consistorial e unha ludoteca.

Unha instalación que xa recibíu o visto bo do pleno e que nas vindeiras semanas será aprobado pola Deputación Provincial, o que permitirá sacar a concurso o proxecto e a obra para que os traballos de construción comecen canto antes. De feito, o Concello xa iniciou un expediente de permuta forzosa para conseguir unha parcela de 5.389 metros cadrados na que se ubicará esta piscina climatizada de uso público. LUDOTECA MUNICIPAL E ESCOLA DE MÚSICA Máis avanzada está outra obra que beneficiará especialmente aos máis pequenos do municipio. O Concello traballa dende hai uns meses na construción dunha ludoteca municipal, que permitirá ofrecer ás familias do municipio un lugar axeitado para que os seus pequenos poidan aprender xogando fóra do horario escolar. E é que a sala da biblioteca municipal onde se desenvolvían estas actividades de conciliación da vida laboral e familiar (xogos, contacontos, etc) quedou pequena ante a gran resposta dos pequenos de Brión. Por iso, o Concello decidiu habilitar un novo local, máis grande e mellor equipado, a tan só uns metros da biblioteca municipal. A nova ludoteca estará ubicada no edificio municipal que estaba empregando a Escola de Música. Despois de desmontar a cuberta superior deste inmoble, nestes días estanse a desenvolver os traballos de ampliación do edificio nunha planta máis. Unha planta na que se ubicará a ludoteca municipal, que terá unha extensión de 180 metros cadrados. Unha superficie que inclúe cinco aseos e dúas salas para actividades, de 55 metros cadrados cada unha. Esta obra, orzamentada en máis de 197.000 euros e subvencionada polo programa Proder II a través da Asociación de Desenvolvemento Rural Sar-Ulla, estará rematada nos vindeiros meses. Data na que a Escola de Música voltará á súa localización orixinal na planta baixa deste edificio.

Finalmente, o Concello de Brión tamén iniciou o procedemento burocrático para a rehabilitación da Casa do Picón, situada a carón da Carballeira de Santa Minia e que se converterá na nova casa consistorial do municipio. Á espera do peche de presentación de proxectos, que remata este mesmo mes de setembro, podemos adiantar que o novo edificio contará cunha superficie de 680 metros cadrados (divididos en planta baixa, alta e baixo cuberta, unidos por ascensor) xunto a unha praza pública de 825 metros cadrados. Na planta baixa ubicaranse as oficinas de atención ao público, que gañan en espazo e serán moito máis funcionais, adaptadas ás novas tecnoloxías e que permitirán ofrecer un mellor servizo aos veciños e veciñas de Brión. Nesta planta situaranse tamén os servizos de Secretaría, Tesourería, Intervención e unha sala polivalente. Na planta alta estarán ubicados a Alcaldía, o rexistro de urbanismo, o arquitecto e o aparellador. Finalmente, a planta baixo cuberta acollerá o salón de plenos, así como tres salas para os diferentes grupos políticos do Concello.

ACTUALIDADE

Polas súas características, o proxecto máis chamativo é o da construción dunha piscina climatizada, que estaría ubicada a carón do polideportivo municipal e que dará servizo tanto aos veciños de Brión coma aos de Rois. Un proxecto orzamentado en máis dun millón de euros, que serán financiados grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña, e na que o Concello de Brión porá os terreos e fará tamén unha aportación económica xunto ao Concello de Rois para construir esta infraestrutura.

CASA DO CONCELLO

Este proxecto, orzamentado en 940.000 euros e cun prazo de execución de dous anos, podería ser unha realidade a finais de 2010 ou principios de 2011. Entón, a actual casa consistorial pasará a ser utilizada como Casa da Cultura, polo que o inmoble que ata o de agora acolle a biblioteca e os servizos culturais do municipio será adicado a un proxecto de novas tecnoloxías.

11

pax.

O Concello de Brión vén de poñer en marcha tres grandes proxectos que marcarán un antes e un despois na historia do municipio: a construcción dunha piscina climatizada municipal en Pedrouzos, a habilitación dunha ludoteca municipal e a rehabilitación da Casa do Picón como futuro casa consistorial. Tres proxectos que suporán un investimento de máis de 2,2 millóns de euros e que mellorarán de xeito moi significativo a calidade de vida dos veciños e veciñas de Brión.


CONVERSA CON...

Altamira

Nº 72 - 2008

O renovado CEIP de Pedrouzos conta dende o 1 de setembro cunha nova xunta directiva nomeada por Inspección Educativa. Esta nova xunta está composta por José Antonio Martínez, director do CEIP; María José Vales, secretaria; e Paz Vales, xefa de estudios. Os tres conversaron en “Altamira” sobre o presente e o futuro do colexio brionés. Un presente marcado por unhas novas instalacións que redundarán moi positivamente na educación dos pequenos. Un claro exemplo é a profunda remodelación que experimentou a biblioteca, á que se poderá acceder mesmo en horario non lectivo, ou a posta en marcha dun novo comedor para os rapaces de infantil. No futuro, un horizonte cheo de interesantes proxectos que esperan levar a cabo da man de toda a comunidade educativa. Porque se algo ten claro esta nova directiva é que a educación dos nosos pequenos é unha tarefa de todos e que xuntos podemos ofrecerlles un futuro mellor.

“O novo comedor para infantil permitirá que todos os nenos xanten nun mesmo turno” - Acaban prácticamente de tomar posesión como nova xunta directiva do CEIP. Supoñemos que chegarán con moitas gañas de facer cousas. - JOSE ANTONIO MARTÍNEZ (JAM). Pois o certo é que xa temos algúns proxectos en mente e que esperamos que se poidan facer realidade nos vindeiros meses. Todo o equipo temos claro que é necesario potenciar a biblioteca. Temos unha nova biblioteca, con acceso directo dende o patio, e temos que aproveitalo, xa que a que tiñamos non estaba acondicionada nin tiña un acceso doado. Ademais, planexamos levar a cabo diversos proxectos para fomentar a implantación nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no centro e desenvolver o proxecto de convivencia escolar. - MARÍA JOSÉ GÓMEZ (MJG). E xa que falamos das TIC, tamén temos a intención de renovar a páxina web do CEIP para abrila a todo o mundo. Neste sentido, tamén fomentaremos a utilización de software libre e incrementaremos a formación do profesorado nas novas tecnoloxías.

pax.

- Chama a atención ese proxecto de convivencia escolar, en que consiste? - PAZ VALES (PV). Trátase de potenciar as relacións entre toda a comunidade educativa: pais, alumnos, profesores, APAS... - JAM. E tamén temos a intención de crear unha ludoteca para os cativos.

12

- Uns proxectos que, supoño, atoparán un mellor acomodo nas novas instalacións que estrena-

rán este ano. Como valoran estas novas dependencias? - JAM. O que máis chama a atención nun principio é ese novo edificio adicado a educación infantil, con seis aulas e unha sétima aula de usos múltiples. Ademais, contaremos cun novo comedor para os rapaces de infantil. - Coméntase que a separación entre os pequenos de infantil e primaria era, precisamente, unha das maiores demandas da comunidade educativa brionesa. - PV. Máis que solicitar unha separación entre os alumnos de distintas idades se trataba de resolver unha situación de aumento de alumnos e de buscar darlles os mellores servizos posibles. - JAM. É certo que nesa demanda estaba a necesidade de dispoñer dun maior espazo para aulas e dunhas instalacións axeitadas. Un claro exemplo é ese novo comedor para infantil do que falaba antes e que permitirá que agora todos os rapaces do centro poidan xantar nun só turno, e non como ata o de agora que había dous turnos para comer. - Un xantar no que, segundo temos entendido, xa comezan a incluir produtos procedentes do Proxecto Amorodo. Supoñemos que agora que

“Informamos aos pais en xuño de que as clases ían comezar o 18 de setembro, pero decidimos empezar o 22 porque houbo que facer unha mellora na cociña. Dous días de espera que merecerán a pena”


o Concello de Brión se incorporou oficialmente a este proxecto esta colaboración incrementarase. - MJG. Nós xa levamos participando con produtos do Proxecto Amorodo neste pasado curso, especialmente leitugas ou limóns. E a verdade é que se nota a diferencia.

“Queremos que os alumnos veñan ao CEIP de Pedrouzos porque podemos ofrecer unha educación de calidade”

- Falemos agora do antigo edificio, que melloras van atopar os pequenos cando se incorporen ao centro?. - JAM. Gustaríame insistir na importancia de contar cunha nova biblioteca, accesible diretamente dende o patio, co cal conseguiremos tela aberta aos nenos durante moito máis tempo e fomentar neles o hábito da lectura. Ademais dispoñemos de máis aulas. - PV. Remodelouse a sala de profesores e contamos tamén cunha nova aula de informática a maiores da xa existente. - JAM. O certo é que renovamos toda a instalación do centro, de xeito que agora todos os departamentos teñen Internet. Tamén se renovaron os despachos da Dirección. - MJG. E da conserxería. E dispoñemos dun espazo de usos múltiples e ventás novas na planta baixa. - JAM. Tamén quero destacar que imos contar cun ascensor, que fará que o centro sexa accesible a todo o mundo, e xa temos unhas novas portas de seguridade que cumpren con toda a normativa existente e que eran unha das demandas da comunidade educativa.

- Supoño que todas estas melloras nas infraestruturas suporán un salto cualitativo na educación dos pequenos que acudan ao CEIP de Pedrouzos. - PV. A nova biblioteca será básica, xa que os nenos terán acceso aos libros, poderán facer consultas... - JAM. Nós queremos que o referente para que un pai escolla este centro para a educación dos seus fillos sexan temas como a biblioteca ou as novas tecnoloxías, e non só as características do comedor, como acontece en moitas ocasións. Queremos que os pais traian acó aos seus nenos pensando non en que temos servizo de comedor, senón porque podemos ofrecer unha educación de calidade. - Para rematar, que mensaxe lle mandaría á comunidade educativa brionesa? - JAM. Nós estamos seguros de que imos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa. Sabemos que hai moitas expectativas creadas pero seguro que todos imos traballar por conseguir o mellor para os nosos nenos.

CONVERSA CON...

Concello de Brión

- Unhas importantes melloras polas que houbo que agardar un chisco máis do previsto e que motivou que o inicio do curso se retrasase dous días lectivos, do 18 ao 22 de setembro. - JAM. No mes de xuño xa lles informaramos aos pais de que as clases ían comezar o día 18 de setembro. É dicir, os pais xa sabían dende entón que iamos empezar unha semana máis tarde. Pero finalmente decidimos non empezar ata o día 22 porque houbo que facer algunha mellora na cociña que impedíu cumprir cos prazos previstos. De todos modos, estamos falando dun retraso de tan só dous días lectivos, xa que o 20 e o 21 son fin de semana. E esta curta espera merecerá a pena.

- Vamos, que se estas melloras se fan realidade prácticamente imos ter un novo colexio. Xa se dirixiron aos organismos competentes para solicitar estas melloras? - JAM. Xa tivemos un primeiro contacto co Concello sobre estas necesidades e esperamos que poidamos entre todos conseguir unha nova axuda dende a Consellería de Educación.

13

pax.

- Pois xa que falamos do que xa ten o CEIP, é momento tamén de pedir. Que é o que aínda lle falla ao colexio de Pedrouzos? - JAM-PV-MJG. O patio. - JAM. O patio necesita unha profunda remodelación e un mantemento inmediato. Ademais, temos pendente a renovación das fiestras da segunda e terceira plantas - PV. E das persianas. - JAM. Certo, e non esquenzamos unha actuación necesaria sobre as cubertas do edificio.


Altamira

Nº 72 - 2008

Unha escola infantil municipal sen listas de espera

SERVIZOS SOCIAIS

Incrementa a súa capacidade en 15 prazas e contará cunha nova aula.

“A escola infantil de Brión pasa de cinco a seis aulas: dúas para bebés, dúas para rapaces de 1 a 2 anos e outras dúas para nenos de 2 a 3 anos”

pax.

A gardería municipal contará o vindeiro curso con seis aulas, unha máis ca o ano pasado, e ampliará en sete prazas outra aula xa existente. Dous cambios que permiten ampliar a oferta da escola infantil brionesa ata un total de 90 prazas, quince máis ca no curso anterior. Este incremento significa a admisión de todos os pequenos nacidos en Brión que solicitaran praza e que, nun primeiro momento, quedaran en lista de espera. De feito, de todas as peticións cursadas tan só quedaron excluidas tres, xa que os nenos aínda non naceron e, polo tanto, non poden optar a praza.

14

A solicitude de ampliación de aulas solicitada polo Concello de Brión foi aceptada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Unha ampliación que non supuxo a realización de obras de ampliación no centro, xa que as novas aulas sairon da rehabilitación doutros espazos xa existentes na gardería. Así, unha das dúas aulas multiusos do centro pasou a ser utilizada como aula para bebés menores dun ano de idade. Os traballadores municipais realizaron xa as obras necesarias para habilitar este espazo, que está equipado cun área especial de hixiene e un área de descanso para os cativos.

O outro cambio autorizado por Vicepresidencia foi o de transformar un aula para nenos de 1 a 2 anos nun aula para nenos de 2 a 3 anos. Dacordo coa normativa existente, este cambio permite que a gardería municipal poida incrementar en sete prazas a capacidade desta nova aula. Deste xeito, a escola infantil de Brión pasa de cinco a seis aulas: dúas para bebés, dúas para rapaces de 1 a 2 anos e outras dúas para nenos de 2 a 3 anos. Ademais, o Concello investiu máis de 13.000 euros na cubrición dun dos patios interiores da gardería municipal, de xeito que tamén pode ser utilizado como sala de usos múltiples. Así mesmo, tamén deu o visto bo á contratación dunha nova mestra para a gardería, que traballará a media xornada. Así, a gardería municipal de Brión contará no curso que comeza este mes cun total de 90 pequenos, 44 que renovaron a súa praza e outros 46 de nova admisión.

“O Concello investiu máis de 13.000 euros na cubrición dun dos patios interiores ”


Concello de Brión

Os maiores de Brión “toman” o Balneario

Proba do éxito desta iniciativa é que nesta segunda edición case que se duplicou o número de participantes, ata chegar a un total de 84 veciños e veciñas. O único cambio será de horarios e número de grupos. En vez de tres agora haberá catro grupos, de 21 persoas cada un, que acudirán ao

Balneario do Tremo todos os martes e mércores, en horario de 10 a 11 e de 11 a 12 horas. Uns grupos que foron conformados tendo en conta diversas variables que favorecesen a participación dos veciños, como integrar nun mesmo grupo aos veciños da mesma parroquia ou procurar que o horario coincida coa disponibilidade do transporte público. As clases darán comezo o 7 de outubro. Os maiores de Brión disfrutarán dunha hora semanal de ximnasia terapéutica, combinada con algunhas xornadas de relaxación muscular nas instalacións do Balneario. Un programa co cal, dun xeito seguro e divertido da man de monitores especializados, farán os movementos precisos de cara a mellorar o seu estado físico e que lles facilitarán a realización das súas actividades cotiás. E cando un se divirte e, aínda por riba, mellora o seu estado de saúde, que máis se pode pedir?

15

pax.

Diciamos hai uns meses nestas mesmas páxinas que cando un mistura saúde con ocio e diversión, o éxito está asegurado. E poñiamos un exemplo: o programa de actividades acuáticas para a saúde posto en marcha no Balneario do Tremo polo Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña, en febreiro pasado. Daquela falaramos da gran satisfacción das 45 persoas que participaron nesta iniciativa, totalmente de balde, e na que melloraron a súa mobilidade articular, potenciaron os seus músculos e, sobre todo, pasaron uns ratos moi divertidos en compaña dos seus veciños.

SERVIZOS SOCIAIS

A segunda edición do programa de actividades acuáticas para a saúde duplica o número de participantes


Altamira

Nº 72 - 2008

CULTURA E DEPORTES

Un outono teatreiro O centro social polivalente e o teleclube de Ons acollerán unha decena de representacións teatrais. As fins de semana deste outono preséntanse moi teatreiras en Brión, alomenos a xulgar polo programa “Outono Cultural” elaborado pola Concellería de Cultura e Xuventude que inclúe unha decena de representacións teatrais, tanto de grupos afecionados coma profesionais. Pero como non só de teatro se alimenta o espírito, tamén están programadas actuacións de danza, música e poesía. De feito, o encargado de abrir este “Outono Cultural” non será un espectáculo teatral, senón un concerto de música rock galega a cargo do grupo Zënzar, que presentará o seu disco “Sigue... e dalle”. A cita é o sábado 4 de outubro.

pax.

A primeira peza de teatro chegará ao centro social polivalente unha semana despois da man da compañía Baldanza Corte, que presentará a súa obra “Iliria de W. Shakespeare”. O sábado seguinte, 18 de outubro, a protagonista será a danza contemporánea de

16

As Driadas, que representarán o seu traballo “Raíces Femeninas”. Noutro escenario diferente, e dentro do “Día das Bibliotecas”, o venres 24 de outubro Marisa Irimia ofrecerá un recital poético denominado “A poesía é divertida”. A asociación cultural Marañao de teatro afecionado pechará omes coa representación da obra “O achado do castro”. A cita é o sábado 25 no teleclube de Ons, dentro do ciclo de teatro afeccionado “Pedra do Moucho”. O teatro será o protagonista absoluto do mes de novembro, no que haberá representacións todos os sábados. Así, o centro social polivalente acollerá o ciclo de teatro afeccionado “Carballeira”, no que se inclúen as actuacións de Ditea, coa obra “Aquí cheira a morto” (8 de novembro); da asociación de mulleres Moaña, con “A casa de Bernarda Alba” (15 de novembro); e de Atrezo Teatro, coa peza “Bágoas de Noitebrega” (18 de novembro). O teleclube

de Ons acollerá a semana seguinte a segunda representación ao abeiro do ciclo de teatro afeccionado “Pedra do Moucho”. Nesta ocasión, Fontevella presenterá a obra “Pra que viría eu ó médico”. O programa de novembro complétase co espectáculo “Canta Contos”, a cargo do grupo Migallas e que está incluido dentro da Semana da Tradición Oral. En decembro rematará o ciclo de teatro afeccionado “Carballeira” con outras dúas actuacións: “Comedia Sifida”, a cargo da compañía Aurín (sábado 13 de decembro) e “La perle de la sorti”, de Lohengrín (20 de decembro). A actuación do grupo de teatro da Atlántida de Matamá, coa obra “O polvo morto”, porá o punto e final ao ciclo de teatro “Pedra do Moucho” e ao “Outono cultural 2008”. Un programa organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte e a Deputación Provincial da Coruña.


Concello de Brión

Este número de “Altamira” inclúe a axenda cultural e deportiva de Brión para o curso 2008-2009. O mes de setembro é en moitos aspectos coma un segundo Aninovo: unha segunda oportunidade para cumprir todos eses bos propósitos que cada ano nos marcamos e que, na maioría das ocasións quedan no tinteiro. Esas boas intencións de facer deporte, ler, aprender a bailar ou a tocar un instrumento... todas elas e moitas máis están recollidas na pequena axenda cultural e deportiva de Brión que acompaña a este número de “Altamira”.

A guía está dividida en cinco partes fundamentais. Tras unha breve introducción recóllense todas as actuacións que se levan a cabo nas áreas de cultura, deportes, mocidade e voluntariado, formación e alfabetización dixital, así como o funcionamento de servizos como o da biblioteca ou a escola de música. A segun-

da parte da guía inclúe todas as actividades anuais que se ofertan este ano: escola municipal de danza e música tradicional (coas modalidades de baile moderno e baile galego e pandeireta), escola municipal de música, xornadas de “Xogando cos contos” de animación á lectura, predeporte, deporte para adultos (ximnasia de mantemento, pilates e aeróbic) e as escolas deportivas (tenis, fútbol-sala, baloncesto, patinase e iudo). Por certo, este ano ofrécese tamén a novidade da escola deportiva de fútbol-7, aproveitando así as novas instalacións do campo de fútbol de herba artificial, que tamén está dispoñible

para os veciños que o soliciten. A guía complétase cun cadro resumo cos horarios das distintas actividades, para que cadaquén poida facerse a súa propia axenda, e un calendario anual que recolle todas as actividades previstas a día de hoxe para os vindeiros doce meses. Un directorio telefónico do municipio pecha unha guía tan pequena coma útil. Dende “Altamira” animamos a todos os veciños a que a lean con detemento e participen nestas actividades. Iso sí, lembren que para as actividades anuais deben anotarse este mesmo mes de setembro na Casa da Cultura.

17

pax.

Trátase dun pequeño folleto informativo que recolle todas as iniciativas que o Concello vai ofertar aos vecinos durante este ano nas áreas de formación, cultura e deportes. E todo contado dun xeito claro e esquemático, para fomentar a participación do maior número de brioneses posibles xa que, ademais de disfrutar dunha iniciativa do seu interese, sempre é unha boa excusa para relacionarse cos veciños.

CULTURA E DEPORTES

Cultura e deporte: participa con nós


pax.

CULTURA E DEPORTES

Altamira

18

Nº 72 - 2008

XXVI Carreira pedestre da Amaía: ¡Corre a inscribirte! Para participar este ano será obrigatorio anotarse na Casa da Cultura antes do 3 de outubro. Xa está aberto o prazo de inscrición na popular Carreira Pedestre da Amaía, que este ano chega á súa vixesimosex ta edición e que terá lugar o domingo 5 de outubro. Unha proba que este ano inclúe unha importante novidade: é obrigatorio formalizar a in scrición antes do venres 3 de outubro. Unha inscrición que seguirá sendo totalmente de balde. A razón deste cambio fronte a pasadas edicións, nas que se aceptaban anotacións o mesmo día da carreira, radica no desexo da organización de axilizar o desenvolvemento da proba e evitar os retrasos que se viñan producindo nos últimos anos debido a que gran número de participantes agardaba ata o último momento para apuntárense.

Por iso, este ano as inscricións deberán formalizarse ben por teléfono, no 981 50 99 08, ou ben presencialmente na Casa da Cultura antes das 14:00 horas do venres 3 de outubro. Os dorsais recolleranse o mesmo día da carreira nun posto que a organización colocará na Carballeir, sendo nece sario presentar o DNI ou un documento que acredite a identi dade do participante. A XXVI Carreira Pedestre da Amaía vai repartir uns 1.000 euros en premios entre os seis primeiros gañadores absolutos (3 homes e 3 mulleres), así como trofeos entre os tres primei ros clasificados das distingas categorías. Así mesmo, todos os corredores que cheguen a meta dentro do control recibirán unha camiseta.

Esta popular carreira pe destre inclúe dúas probas. A primeira está destinada a nenos de entre 7 e 12 anos, e comezará ás 10:30 horas. Os pequenos cubrirán unha distancia aproximada de 500 metros e competirán en dúas categorí as mix tas: de 7 a 9 anos, e de 10 a 12 anos. Os maiores tomarán a saída media hora despois, ás 11:00 horas, para completar un percorrido de sete quilómetros por distintas rúas do municipio. A organización estableceu sete categorías para homes (de 13 a 15 anos, de 16 a 20 anos, de 21 a 27 anos, de 28 a 35 anos, de 36 a 44 anos, de 45 a 54 anos e maiores de 54 anos) e catro categorías para mulle res (de 13 a 15 anos, de 16 a 25 anos, de 26 a 40 anos e maiores de 40 anos).


Concello de Brión

Un verán de non parar

O verán 2008 xa é historia, aínda que algúns pensamos que en verdade nunca chegou a entrar (alomenos coma verán de sol e praia). E con el quedan atrás varios meses de gran actividade para os servizos sociais, culturais e deportivos do Concello de Brión. Un traballo que fixo as delicias de milleiros de veciños e veciñas, que participaron nalgunha das moitas actividades organizadas para este tempo de lecer. Porque o programa deseñado polo Concello foi amplo e do máis variado. Así, dende o departamento de Cultura programouse unha nova edición das “Noites da Carballeira”, que aunaron música, teatro maxia e cinema. Así, un ano máis a carballeira de Santa Minia non só se converteu nunha sala de cinema da man do programa “Noites de Cine” da Deputación Provincial, senón que tamén acolleu actuacións musicais de grupos que veñen pegando forte (coma Pradairo ou o quinteto Antoloxía, coa súa homenaxe a Pucho Boedo) xunto a outros de recoñecido prestixio como as padereteiras de Leilía, que abriron en Brión a súa tempada de concertos por Galicia.

A maxia de Cyrille Sinclair e as risas provocadas pola compañía de teatro “Fulano, mengano e citano” completaron un intenso progama que se encargou de culminar o Festival Internacional de Folclore, que reuníu durante tres horas a medio milleiro de persoas na carballeira. Uns veciños que disfrutaron coas actuacións das agrupacións folclóricas “Tetir” (Fuerteventura) e “Amigos de la Esperanza” (Tenerife), do rancho folclórico e etnográfico do Casal de Sentista (Portugal), do ballet folclórico de San Luis de Potosí (México) e do grupo Tradiciones (Venezuela). Pero os grandes triunfadores da noite foron os compoñentes do grupo senegalés “Leóns de África”, que se gañaron o cariño e os aplausos dos veciños coa música dos seus tambores e danzas, que retumbarán durante tempo na memoria dos asistentes.

Un total de 150 rapaces participaron nos campamentos organizados polo concello Precisamente entre leóns debéronse atopar tamén máis dun monitor das distintas actividades organizadas para os máis pequenos polo departamento de Servizos Sociais. Un ano máis, as máis concorridas foron os campamentos de verán. O primeiro deles, celebrado durante o mes de xullo no pabillón polideportivo, reuníu a cen nenos e nenas de 3 a 12 anos. Uns rapaces que o pasaron literalmente de medo, como se pode ver na imaxe dos pequenos maquillados no “Túnel do terror”. Un mes de xogos e obradoiros, combinados con actividades educativas coma clases de inglés e de manualidades. Moi diferente foi o outro campamento, celebrado na granxa

... continúa na paxina 20

19

pax.

“Os rapaces pasárono de medo ao longo dun mes de xogos e obradoiros, combinados con actividades educativas coma clases de inglés e manualidades”

FOISE CO VENTO

Milleiros de veciños e veciñas participaron nos cursos e actividades organizadas polo Concello de Brión para os meses de verán.


Altamira

Nº 72 - 2008

FOISE CO VENTO

... ven da paxina 19

escola “A Casa do Queixo” en Sobrado dos Monxes. Cincuenta rapaces, de 8 a 12 anos de idade, descubriron os procesos que se levan a cabo nunha horta, aprenderon a diferenciar os cultivos e os tipos de plantas e fixeron labores de horticultura e plantado dalgunhas especies. Ademais, participaron nas labores propias da granxa e tamén en divertidos obradoiros nos que mesmo fabricaron xabón, pan e queixo artesáns. Pequenos cociñeiros, pratos “ricos, ricos”

pax.

Uns produtos que tamén manexaron con asiduidade os 34 pequenos, de entre 6 e 15 anos de idade, que participaron nun curso de cociña organizado polo Concello. “Cos máis pequenos fixemos cousas sinxelas como pizzas, canelóns, hamburguesas ou mesmo galletas. Despois levaron a receita e poderán practicar na casa cos seus pais”, explica a monitora do curso, Elisa Igle-

20

sias, quen sinala tamén que os maiores “elaboraron pratos máis compricados como pastas con diferentes salsas, asados...”. E sen ser catador profesional, podemos dicir que os pratos estaban para chupar os dedos. Polo menos iso facían máis dun. E para baixar o xantar, nada mellor co deporte, ben a través dos campamentos deportivos da Deputación herculina, ben a través de actividades organizadas polo propio Concello. Entre estas últimas destacou a asistencia de pequenos aos cursos de natación nas piscinas municipais de Bastavales e Os Ánxeles, así como as distintas actividades incluidas no programa “Natureza+Deporte”. Un programa que incluíu propostas para todos os gustos e idades: rutas de sendeirismo, cursos de piragüismo, cursos de vela e mesmo actividades de aventura, como rafting ou barranquismo. Unhas aventuras que tamén se viviron na terceira edición da

“Viaxe da Xuventude”, que este ano levou a 57 mozos e mozas de Brión de ruta por Andalucía. Durante unha semana, a mocidade brionesa visitou localidades como Granada, Torre del Mar, Gibraltar, Tarifa, Ronda, Mijas, Porto Banús, Marbella e Málaga. Unha iniciativa que, ademais de ofrecer unha iniciativa de ocio para os xóvenes do municipio, tamén fomentou o compañeirismo entre todos eles. O Concello programou unha variada oferta de actividades para os maiores Un compañeirismo que tamén reinou noutro grupo de veciños, pero de diferentes idades. E é que o Concello programou un bo feixe de actividades destinado para os maiores do municipio, pensando sobre todo no descanso estival

“elaboraron pratos complicados como pastas con salsas, asados...”


dos obradoiros de manualidades e memoria, que volveron nestas datas. E mentras descansaban os monitores, os incansables alumnos cambiaron de actividades e participaron en camiñatas grupais, ximnasia de mantemento e dinámicas grupais. Iniciativas todas elas pensadas para desenvolver a súa motricidade e a súa capacidade de relación cos demais. Unha capacidade de relación que se culminou con dúas pequenas escapadas culturais a Santiago e que podería dar o salto agora ao ciberespacio. Non en van once veciños e veciñas maiores de 55 anos participaron nuns cursos gratuitos de informática nos que “aprenderon o manexo básico do ordenador, abrir e pechar ventanas e despois algún xa se atreveu a utilizar as cámaras web”, explica Antonio, monitor desta actividade. E a xulgar polo mal tempo que fixo este verán, seguro que máis dun tirou proveito destas ensinanzas.

FOISE CO VENTO

Concello de Brión

Pero se alguén pensaba que coa chegada de setembro remataba toda esta actividade, non podería estar máis errado. Co “Outono cultural”, as escolas deportivas e as actividades culturais chamando á porta, agárdanos tamén un outono de non parar.

21

pax.

“A mocidade brionesa visitou localidades como Granada, Torre del Mar, Gibraltar, Tarifa, Ronda, Mijas, Porto Banús, Marbella e Málaga, unha iniciativa que fomentou o compañeirismo entre todos eles”


Altamira

Nº 72 - 2008

HISTORIAS E LENDAS

Cincuenta anos que cambiaron o noso mundo Poucos períodos habería na historia da humanidade na que se produciran cambios tan profundos e acelerados como os experimentados nos últimos cincuenta anos. Os cambios foron xeralizados, pero tiveron maior incidencia nas aldeas, tanto que non soamente mudaron os xeitos de vida, a mentalidade e a cultura rurais, senón que están ameazando a supervivencia das mesmas aldeas. A finais da década dos cincuenta do século pasado –é dicir, hai cincuenta anos- é cando se pode situar o inicio deste cambios na sociedade tradicional agraria. Por aqueles anos, empezaban a chegar ás nosas aldeas os tractores agrícolas, pero seguíase usando o tradicional arado de pao que trouxeran os romanos había máis de vinte séculos. A agricultura era a dedicación da inmensa maioría dos aldeáns, cunha economía de autoconsumo: producíase para consumo propio e vendíase o sobrante nas concorridas feiras da comarca (Pedrouzos, O Tremo, O Cotón, Urdilde, Santiago, Padrón, etc.).

pax.

A mocidade que sobraba no campo -coma os seus pais hacia América- empezaba a sentir a chamada da emigración, primeiro a Avilés, a conca mineira asturiana e ao país basco e inmediatamente aos países de Europa (Suíza, Alemaña e Francia principalmente). As cifras oficiais din

22

que entre 1959 e 1973 emigraron a Europa un millón e pico de españois, dos que a cuarta parte eran galegos. Pero calcúlase que máis de outros tantos foron clandestinamente: soamente no ano 1960, o 79 por cento dos galegos que emigraron a Europa fixérono sen contrato de traballo. Para que agora nos asañemos tanto dos inmigrantes “sen papeis” e dos que chegan en pateras!… En boa medida, os emigrantes foron os impulsores dos cambios, uns cambios que con frecuencia foron desordenados, e así ás aldeas chegaron antes os coches cás estradas ou a televisión e os electrodomésticos antes cá luz eléctrica. Hai cincuenta anos, en Brión estábanse abrindo as estradas principais, que por suposto non se asfaltaron ata ben anos despois: Gándara-Amañecida (ano 1956), Brión-Mourentáns (1957), etc. O Concello, con un presuposto en 1958 de 735.000 pesetas, tiña entre máns a construción dos novos edificios escolares, que o réxime repartiu uniformemente por toda a xeografía española, e levaba media ducia de anos dexenvolvendo un plan para dotar ás aldeas de fontes e lavadoiros públicos (aqueles que con frecuencia aparecen coroados co “cangarexo” do xugo e as frechas do réxime). De aqueles anos son tamén as traídas de auga comunitarias para abastecer as casas, o que permitiu a construción

A agra de Pedrouzos, coa Capela de Santa Minia (ao fondo) antes da concentración parcelaria

masiva de cuartos de baño, que se facían nunha peza engadida á casa, porque non cabía na cabeza que alguén puidese facer as súas necesidades dentro da vivenda. Estase cumprindo o cincuenta aniversario da primeira concentración parcelaria de Galicia, a da parroquia de an Xoán de Barcala, no concello da Baña, e en Brión xa se empezaba a falar dela. De feito, a concentración de Brión empezou por Viceso, no ano 1962, e no seguinte fíxose a de Ons. Ás demais parroquias chegou contra finais de dos anos sesenta e principios dos setenta. Probablemente a concentración parcelaria significou o elemento máis decisivo para transformación da vida das aldeas. Porque a concentración, ademais de reducir o número de parcelas racionalizando o traballo agrícola, abriu pistas aos lugares e, por medio das axencias de extensión agraria, introduciu novas técnicas de cultivo, promoviu o desenvolvemento comunitario e a modernización das aldeas. Foron tan intensos e rápidos os cambios producidos na nosa sociedade rural nestes cincuenta anos como seguramente non houbera tal dende que os homes e mulleres do neolítico comezaron a labrar a terra e a domesticar os animais. Ben podemos dicir que, se os nosos avós ergueran hoxe a cabeza, non crerían o que ven.


Concello de Brión

A sinalada familia dos Picón construiu esta casa hai máis de 70 anos, no lugar de Pedrouzos, na que se coñece hoxe en día como a Avenida de Santa Minia. Ademáis de pola fama de adiñeirada que tiña esta familia, tamén cabe destacar que nesta casa viveu o que foi medico municipal durante varios anos.

CASA PICÓN AGORA A Casa do Picón, ubicada a unha distancia de uns douscentos metros das actuais dependencias municipais e na area de influencia da Carballeira de Santa Minia acollerá a futura casa Consistorial. O anteproxecto prevé a construcción dun edificio aproveitando a fachada xa existente con un sótano, baixo, primeira planta e baixo cuberta. Na zona do sótano está previsto facer un aparcamento con 32 prazas de uso fundamentalmente municipal.

DE ANTES E AGORA

CASA DE PICÓN ANTES

02/09/2008 | O restaurador de orixe brionés Daniel Negreira leva a cociña galega a Taiwán. 02/09/2008 | Reforzo publicitario para a banda de Brión e caída das de Padrón e A Baña. 26/08/2008 | Os maiores de Brión, en forma.

10/09/2008 | A carreira pedestre de Brión celébrase o 5 de outubro con cambios á hora de inscribirse. 07/09/2008 | O Concello de Brión permuta por vía forzosa terreo para unha piscina climatizada. 03/09/2008 | Brión pecha o programa da Festa do Cabalo, prevista para os días 20 e 21. 31/08/2008 | Brión poderá dispoñer da nova Casa Consistorial nun prazo de dous anos.

BRIÓN NA PRENSA

09/09/2008 | Brión celebra unha festa para homenaxear os maiores.

08/09/2008 | A Festa dos Vellos de Brión reúne a 650 persoas. 02/09/2008 | Brión abre o prazo para as escolas municipais.

23/08/2008 | A nova Casa do concello de Brión contará cunha inversión de 940.000 €.

23

pax.

25/08/2008 | Brión ofrecerá Xantar a Domicilio en setembro.


anos 23

sabias que... que... sabias Os polbos teñen moita forza en comparación ao seu tamaño, pero son animais moi tímidos, pasan a maior parte do día escondidos en gretas e pola noite saen a cazar. É un animal que se mimetiza co seu ámbito e mesmo engurra a súa pel para facer parecer unha rocha con algas. O polbo posúe os sentidos moi desenvolvidos, agás o oído, xa que son completamente xordos. Teñen unha grande intelixencia, memoria e mesmo capacidade de aprendizaxe. Considéranse os invertebrados de maior intelixencia, teñen un sistema nervioso moi desenvolvido e unha gran capacidade para resolver problemas, sortear obstáculos e memorizar patróns, e son capaces de aprender observando, cousa que queda máis que demostrada logo de ver ao polbo imitador en acción, quen adopta diferentes formas de animais velenosos para non ser molestado. Unha gran cualidade é que todos os seus coñecementos os adquiren por si mesmos, xa que os seus proxenitores morren logo de que os ovos eclosionan; a diferencia dos vertebrados onde o coñecemento se trasmite de xeración en xeración.

Concello de Brión Carballeira de Santa Minia, nº 2 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax.: 981 88 74 31 mail: concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org

72 - ALTAMIRA Nº 72  

Setembro 2008

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you