BRIÓN EN NEGRO: Máis de 250 persoas na Andaina contra a Violencia de Xénero
BRIÓN SOLIDARIO: Oitava edición da recollida de alimentos polo Nadal
Altamira PÁX. 3
Nº 107 - DECEMBRO 2019 - ANO XXXIV
PÁXs. 16 e 17
decembro 2019
REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN
Espazo colaborativo “Transformando en Brión”
Unha aposta polo rural Teatro Convocada a segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais en galego PÁX. 19
Entrevista Xoán Cabo Pérez, novo director do CEIP de Pedrouzos PÁXs. 12 - 13
os nosos enderezos BI BLI OTECA MUNICIP A L Ca rba llei ra d e Santa M in ia, n º 2 15865 - B ri ón Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A DA CUL TURA Ca rba llei ra d e Santa M in ia, n º 5 15865 - B ri ón Tel.: 98 1 50 99 0 8
Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso
AVANCE Sempre é un placer facerche entrega dun novo número da Revista Altamira, pero nesta ocasión o pracer é dobre porque teño a ocasión de presentarche o espazo colaborativo “Transformando en Brión”, unha aposta polo rural que puxemos en marcha dende o Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela. Unha iniciativa coa que buscamos poñer en valor esas hortalizas que cultivas na túa horta, ou esas froitas que tes nas árbores do xardín, ou esas empanadas, mermeladas, patés, comidas... que fas na túa casa e que agora podes envasar e vender con todas as garantías. Podes conseguir máis información chamando ao Concello.
C EI P P EDROUZOS Rúa Pa seo d e Pe d rouz o s , n º 5 15865 - B ri ón Tel.: 88 1 8 66 0 78 Fa x .: 881 8 66 0 8 6 C ENT R O DE SAUDE Rúa da s Ped ri ñas, nº 3 15865 - B ri ón Tel. Liñ a 1 : 98 1 8 8 77 0 1 Tel. Liñ a 2: 98 1 8 8 7 7 0 2 C ENT R O SOCIAL POLI V A LE N TE Avda . de Santa Mini a, n º 4 6 15865 - B ri ón Tel.: 98 1 50 99 1 0 Fa x .: 9 8 1 50 99 78
FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. Avda . dos Ánxel e s, nº 3 6 1 52 80 - Os Ánxel e s T el.: 98 1 8 8 7 2 0 1 FARMACIA BASTAVALES BRIÓN L g. S a baxáns, Nº 57 1 52 80 - B astaval e s T el.: 98 1 8 8 8 8 36 F AR MACIA NUÑEZ PER E Z , B. Avda . Santa Mi ni a, Nº 53 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 0 30 GARD A CIVIL Rúa da s Ped ri ñas, nº 5 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 0 1 1 IES BRIÓN Rúa Pa se o d e Ped rouzo s , n º 3 1 585 6 - B ri ón T E L.: 88 1 8 66 058 F AX .: 881 8 66 0 74
José Luís García García
Alcalde do Concello de Brión
contidos
ESCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA Avda . de Santa Mini a, n º 70 15865 - B ri ón Tel.: 98 1 50 99 0 3
Revista Municipal do Concello de Brión DEPÓSITO LEGAL: C-827-85
C AS A DO CONCEL L O Pra za do Conc el lo, nº 1 15865 - B ri ón Tel.: 98 1 8 8 7 0 0 6 Fa x .: 9 8 1 8 8 74 31
ESCOLA INFANTIL MU N I CI P A L Agro N ovo, nº 1 25 152 80 - Os Ánxel e s Tel.: 98 1 8 8 7 7 42
Altamira
Completamos o número coa programación de Nadal, facendo un ano máis un chamamento á participación no Brión Solidario, e cunha escolma das actividades realizadas nos últimos tempos. Esperando que desfrutes da lectura, aproveito para desexarche, en nome da corporación municipal e no meu propio, un Bo Nadal e un ventureiro ano 2020.
PÁX . 3 PÁX s. 4 - 11
REPORTAX E ACTUALID AD E
PÁX s. 12 - 13
ENTREVISTA
PÁX s. 14 - 15
ED UCACION
PÁX . 16 PÁX s. 17 - 22 PÁX . 23
SERVI Z OS SOCI A IS CULTURA E D EPOR T E S PASATEMPOS / H UM O R
OFI C I N A DE URBANISMO Pra za d o Conc el lo, nº 1 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 0 0 6 F a x .: 9 8 1 8 8 74 31 PI S C I N A CUBERTA MU N I CI P A L L a miño , s/n 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 3 46 PO LI C Í A L OCAL C a rba llei ra d e Santa M in ia, n º 2 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 9 34 7 4 F a x .: 9 8 1 8 8 74 31 PO LI DEPORTIVO MUNI CI P A L L a miño , s/n 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 6 53 SER V I ZO DE AUGAS Urb. A g ro Novo, nº 1 26 Baixo 1 52 80 - Os Ánxel e s T el.: 98 1 8 8 7 8 51 SER V I ZO DE EM ERXE N CI A S L a miño , s/n 1 5865 - B ri ón T el.: 62 9 8 7 1 5 42 F a x .: 9 8 1 8 8 75 23 XULGADO DE PAZ Rúa da s Ped ri ñas, nº 5 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 2 71
2 | Concello de Brión
A XXXVII Carreira Pedestre da Amaía resultou ser a máis concorrida da súa historia. Un total de 524 atletas, 98 máis ca na edición anterior e case o dobre do rexistrado hai só cinco anos, tomaron a saída dende as proximidades da Carballeira de Santa Minia. Nuno Costo e Mónica Gutiérrez Pagador tiveron a honra de escribiren os seus nomes como gañadores desta edición tan especial.
REPORTAXE CAMPAÑA ESPECIAL DE NADAL
“Brión Solidario” pon en marcha a oitava campaña de recollida de alimentos polo Nadal A colaboración da veciñanza, o tecido empresarial e as organizacións, unidas ás achegas do programa europeo de axuda alimentaria, permiten atender a unhas 100 familias O Concello pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña especial de Nadal de “Brión Solidario”, unha iniciativa que busca recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio. A iniciativa conta co inestimable apoio dos veciños e veciñas de Brión ao longo de todo o ano, que intensifican a súa colaboración coa chegada do Nadal. As persoas e entidades interesadas en colaborar poden achegar produtos non perecedoiros e correctamente empaquetados. Dende os Servizos Sociais confirman que este ano precísanse especialmente azucre, produtos de Nadal, produtos de hixiene persoal e conservas; sendo tamén ben recibidos o aceite, o leite, a pasta, o arroz ou as galletas. As achegas poden entregarse nos distintos departamentos municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro Social Polivalente e Biblioteca Municipal) ou no supermercado Froiz de Monte Balado. Os donativos en metálicos poderán entregarse na Tesourería Municipal do Concello ou ser ingresados na conta do Concello en Abanca de Montebalado, séndolles entregado en ambos casos o correspondente xustificante de ingreso. O alcalde, destaca que “dende que comezara en 2002, cada vez son máis as persoas, agrupacións, asociacións e empresas que colaboran nesta campaña non só doando alimentos, senón tamén organizando eventos para a recollida de doazóns ou realizando achegas en metálico. A todos e todas adiantamoslle xa o noso máis sincero agradecemento”.
Segundo datos dos Servizos Sociais do concello, a colaboración da veciñanza, o tecido empresarial e as organizacións sociais, xunto coa achega periódica do programa europeo de axuda alimentaria, permitiron atender as necesidades alimentarias básicas dunhas 100
familias de Brión. Entre elas inclúense unidades familiares que están a chegar dende hai uns anos ao municipio procedentes de países en situación de crise económica e política e que precisan de apoio para cubrir necesidades básicas como abrigo, calzado, farmacia...
Unhas necesidades que dende se están a cubrir en parte grazas á colaboración da Rede Brión Solidario, iniciativa que está operativa durante todo o ano. As persoas que desexan participar nesta Rede só teñen que inscribirse nos Servizos Sociais municipais. Revista Altamira | 3
ACTUALIDADE APOSTA POLO RURAL
Brión incorpórase á Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación Valentín González Formoso e José Luís García inauguraron o centro de traballo colaborativo “Transformando en Brión”, o único en Galicia que permitirá aos pequenos produtores locais do sector agrícola transformar os seus produtos frescos en elaborados A terceira planta da área comercial de Monte Balado, en Brión, acolle dende mediados de decembro o segundo centro en funcionamento da Rede de Espazos de Coworking que impulsa a Deputación na provincia da Coruña e que xa conta cun centro funcionando a pleno rendemento no Pazo de Arenaza (Oleiros). O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Brión, José Luís García, inauguraron hoxe o espazo de traballo colaborativo “Transformando en Brión”. Unha iniciativa innovadora, pioneira en Galicia, xa que é o único espazo que ofrece servizos de transformación de produtos do sector primario aos pequenos produtores locais das comarcas de Santiago, Barbanza, Barcala, Sar e Ulla. González Formoso afirmou que o centro “é unha mostra clara de que, con votande política, traballo e un pouco de imaxinación é posible aproveitar o enorme potencial que aínda temos por explotar no agro galego” e así “favorecer que as familias opten por quedarse a vivir e poducir no rural”. “O plantexamento colectivo é un dos aspectos máis importantes do poxecto”, afirmou o presidente, que explicou xa que a actual normativa fai practicamente imposible que estes pequenos produtores poidan asumir individualmente o investimento das instalacións e equipamentos necesarios para transformar e comercializar determinados produtos de produción artesanal coma carnes, hortalizas, mel, ovos, froitas e hortalizas, setas ou lácteos. 4 | Concello de Brión
Á inauguración asistiron os deputados provinciais José Luís Penas Corral, José Ramón Rioboo Castro, José Blas García Piñeiro, Antonio Leira Piñeiro e o alcalde de Ames, José Miñones
José Luís García e toda a veciñanza presente reclamáronse ao presidente provincial o matadoiro móbil para aves e coellos Para o presidente da Deputación, o centro abre “novas oportunidades” de transformar e dar saída comercial a moitos excedentes que antes se perdían, fabricando embutidos, queixos, marmeladas, pan, conservas ou zumes coas correspondentes autorizacións e rexistros sanitarios, de forma que os produtos elaborados que aquí se preparen poidan ser comercializados en restaurantes, supermercados ou tendas, afirmou. Valentín González agradeceu tamén o “traballo e dedicación” que depositou o alcalde, Jose Luís García, para
facer realidade este proxecto durante os catro anos nos que estivo á fronte da área de Emprego da Deputación no pasado mandato, cando se creou o PEL, que permitiu que 2.640 persoas se incorporaran ao mercado laboral e impulsar máis dun millar de iniciativas de emprendedores. RIQUEZA NO RURAL Pola súa banda, José Luis García puxo en valor o traballo conxunto do Concello de Brión coa Deputación e o grupo de desenvolvemento rural Terras de Compostela, “unha demostración de que se pode crear riqueza no rural”. Neste sentido,
destacou que “a día de hoxe xa hai máis de medio cento de persoas formándose para poder utilizar estas instalacións. E compráceme dicir que máis do 80% son mulleres e preto do 20% son menores de 30 anos que están comezando unha nova actividade. E cando estas persoas rematen a súa formación, comezará outro grupo que xa se está apuntando”. O alcalde brionés agarda que “Transformando en Brión” serva para promover a sustentabilidade das pequenas explotacións agrícolas das nosas comarcas, produtores de horta e froita que traballan de forma totalmente natural, sen comercialización asociativa de alimentos frescos e transformados, con certificación sanitaria”. Así mesmo, aproveitou para lembrar que “aínda nos falta a guinda do pastel: o matadoiro móbil de aves e coellos. Outra iniciativa pioneira que incluirá un vehículo perfectamente equipado que irá polas explotacións que o soliciten para que os produtores poidan usalo ben para autoconsumo, ben para vender esa carne no mercado”. Finalmente, García tivo palabras de agradecemento para todas as persoas que fixeron posible a posta en marcha desta iniciativa, traballadores/as do Concello de Brión (como Dora Vieiro, axente de de emprego e desenvolvemento local; e Mónica, arquitecta municipal) e da Deputación Provincial (Marisa, Rafel, Dani...), así como integrantes da iniciativa Daquí Darredor: Carmen Freire, Juan Carlos Carreja e Pilar García.
ACTUALIDADE APOSTA POLO RURAL
Unha inversión de máis de 200.000€ O espazo colaborativo conta cun completo equipamento para transformar produtos no que se investiron máis de 113.000 euros A adaptación deste espazo para convertelo nun centro de traballo colaborativo para a transformación de produtos do sector primario supuxo un investimento de 213.266 euros, dos que o 75% foi achegado pola Deputación da Coruña mediante fondos da liña PELEmprende do Plan de Emprego Local (PEL). O Concello de Brión e o GDR Terras de Compostela achegaron o 25% restante. O centro está situado nun enclave estratéxico da parroquia de Os Anxeles, na estrada que comunica Santiago con Noia e a 300 metros da autovía Santiago-Brión e do corredor Brión-Noia. “Transformando en Brión” emprázase na terceira planta do centro comercial Monte Balado, ocupando un espazo de 200 m2. Dispón dunha zona de obradoiro de 80 m2 para a transformación de produtos frescos en elaborados e que conta con dúas liñas de traballo, de xeito que se poden estar facendo dúas actividades ao mesmo tempo. Esta zona obradoiro está equipada coa maquinaria propia dunha cociña industrial (lavalouzas de carga frontal, lavavasos bar, fregadoiro industrial, conxeladores, refri-
xerador, forno mixto eléctrico, forno convección vapor mixto, cociña a gas, freidora de inducción, robot de cociña, exprimidores, instrumentos de cociña...) pero tamén con outras máis específicas e que lle dan un valor engadido como: unha pasteurizadora eléctrica, dúas maceradoras, lavacentrífuga para verduras, unha envasadora ao baleiro profesional, un muiño con prensa e elevador inclinado para zumes, coador automático, marmita de gas de quencemento indireto... Un completo equipamento no que se investiron máis de 113.000€. Nesa mesma planta hai unha zona de formación de 20 metros cadrados para o desenvolvemento de actividades e cursos e outra zona de exposición e venda de 71 metros cadrados. A maiores hai un pequeno almacén para produtos perecedoiros e envases, cunha superficie útil de 35 metros cadrados, así como unha oficina e baños. Finalmente, na planta soto disponse dun almacén de 30 metros cadrados emprazado na zona de aparcamento, dende onde os produtores poden subir os seus produtos á zona de transformación a través dun montacargas á súa disposición.
Revista Altamira | 5
ACTUALIDADE
FEIRA LABREGA
Gran éxito de participación na II Feira Labrega, que reuniu unha vintena de postos en Monte Balado Centos de persoas pasaron durante a mañá pola feira e aproveitaron para coñecer as instalacións do centro de traballo colaborativo “Transformando en Brión” Gran éxito de participación e vendas na segunda edición da Feira Labrega de Brión, organizada polo Concello de Brión e Daquí Darredor espazos colaborativos de transformación de elementos caseiros, e que tivo lugar na segunda e terceira planta do centro comercial Monte Balado. O alcalde de Brión, José Luís García, visitou a vintena de postos de artesanía e alimentación ecolóxica instalados, acompañado por Carme Freire e Dora Vieiro, dúas das promotoras do proxecto “Daquí Darredor”. García aproveitou o periplo “para desexar a todos os artesáns unha boa xornada de vendas, aproveitar para facer algunhas compras porque a calidade dos produtos é extraordinaria, e tamén para convidalos a participar no proxecto colaborativo Transformando en Brión, que inauguramos onte mesmo e que é froito da colaboración do Concello de Brión, a Deputación da Coruña e do GDR Terras de Compostela”. De feito, durante toda a mañá centos de persoas se achegaron ata as instalacións do centro de coworking brionés, onde non foron poucos os que transmitiron o seu interese en sumarse á iniciativa. “Estamos falando de poñer en valor os nosos alimentos e darnos conta que podemos consumilos a diario ou mesmo vende6 | Concello de Brión
los, porque son un produto de calidade e agora dispoñemos dunhas instalacións perfectamente equipadas para a súa transformación”, explica Carme Hermida. VARIEDADE E CALIDADE A variedade de produtos ofertados nos 21 postos presentes é comparable á variedade na súa procedencia. Dende empanadas de Noia a rosca de Ames, de marmelada de pe- Moitas persoas aproveitaron para visitar o espazo coworking mento de Herbón a pimentón de La Vera ou froitas de Brión. Canda eles, queixos de todos os estilos (tradicionais, con noces, de cabra...), ungüentos, xoias artesáns e varios postos de xoguetes tradicionais, que fixeron as delicias dos máis pequenos, para os que tamén houbo contacontos sobre alimentación responsable e obradoiros. Paralelamente á feira houbo tamén actividades programadas como a música, cos Na feira vendéronse todo tipo de alimentos caseiros cantos de cego de Francisco Romualdo pola mañá e as Pandereteiras de Brión e o alumnado da Escola de Música Magariños pola tarde. Así mesmo, durante a mañá houbo unha cata de froita de temporada moi concorrida, así como un obradoiro de elaboración e degustación de conservas. Pola tarde tivo lugar unha degustación de cociña con hortalizas frescas e en conserva, así como dous obradoiros para a rapazada, de baOrganizáronse obradoiros para os máis pequenos tucada e de arqueoloxía.
ACTUALIDADE
NOVAS TECNOLOXÍAS
Trinta novas aldeas de Brión disporán de cobertura de redes de banda larga ultrarrápida 56 das 106 aldeas xa teñen cobertura de fibra óptica e as 50 restantes están incluídas nas convocatorias dos programas do Estado Máis da metade das aldeas de Brión xa dispoñen de cobertura ou previsión de cobertura de fibra óptica, segundo datos ofrecidos pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ao Concello de Brión. O alcalde, José Luís García, celebra que “a día de hoxe, 56 das 106 aldeas de Brión contan con cobertura ou previsión de cobertura de fibra óptica. E os outros 50 núcleos están incluídos como entidades elixibles nas convocatorias de axudas
anuais que publica o Estado no marco do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración”. Así, o mesmo día no que esta revista saía a imprenta chegaba a confirmación de que 30 desas 50 aldeas que non tiñan acceso a este servizo están incluídas nunha subvención que o operador Telefónica acaba de recibir da convocatoria 2019 do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova
Xeración do Estado. Deste xeito, antes de 2021 estará despregada esta rede en: Baliño, Beca, Chave da Ponte, Reboredo Grande, Vidaloíso, Vilas e Xinzo (Bastavales), Soutullo (San Salvador), Tembra (Boullón), Alfonsín, Cornanda e A Graña (Cornanda), Amañecida, Ardións, Cristimil, Espiñeiros, Goiáns, Mato, Nináns, Tourís e Vexo (Luaña), Fonte Paredes, A Igrexa, Ons, Pazos e Salaño Grande (Ons), Esparís, Forxán, Ombre e Pousaa (Viceso).
Así, durante este ano 2019 este programa estatal despregou fibra óptica de Telefónica nos núcleos de Cabanas e Gontade (na parroquia de Os Ánxeles) e Brans de Abaixo, Brans de Arriba, Brión de Arriba, Cabreiros, O Casal, O Enxo, Gronzo, Lamiño, Liñares, Pedrouzos e Quintáns (na parroquia de Brión). Así mesmo, tamén vén de completarse a rede en Mourentáns (Viceso), esta última grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia.
Revista Altamira | 7
ACTUALIDADE EMPREGO
Renova Ames-Brión dotará de instalacións fotovoltaicas á gardería, o polideportivo e o centro coworking A terceira edición do obradoiro de emprego formará durante os vindeiros nove meses a un total de vinte alumnos e alumnas que se atopaban en situación de desemprego Os Concellos de Ames e Brión veñen de poñer en marcha a terceira edición do obradoiro de emprego dual Renova Ames-Brión III. Este obradoiro terá unha duración de 9 meses e contará con 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión) e 5 persoas que formarán o equipo que dirixirá dito obradoiro (1 director/a, 2 mestres/as de instalación solar fotovoltaica, 1 titor/a orientador/a e 1 auxiliar administrativo). O alumnado dedicarase á instalación e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas en edificios municipais de Ames e Brión. O obradoiro Renova AmesBrión III ten como obxecto a cualificación e inserción profesional de persoas desempregadas mediante a formación e a práctica profesional no certificado de profesionalidade Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, ENAE 0108 de nivel 2. Promovido polos Concellos de
Renova Ames-Brión III busca a cualificación e inserción profesional de persoas desempregadas Ames e Brión, está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará con 20 alumnos/as traballadores/as. O alumnado traballador será contratado, baixo a modalidade de contrato para a formación e o aprendizaxe,
polo que percibirá as retribucións que lle corresponden conforme á normativa vixente. EQUIPOS FOTOVOLTAICOS A través desta iniciativa, colocaranse instalacións fotovoltaicas na escola infantil municipal de Brión, no pavillón polideportivo e no recen-
temente inaugurado espazo colaborativo “Transformando en Brión”, no centro comercial Monte Balado. Na anterior edición, o alumnado do Renova Ames-Brión instalou equipamentos térmicos de biomasa e de mellora da eficiencia enerxética na escola infantil dos Ánxeles e na unitaria de Luaña.
EFICIENCIA ENERXÉTICA
Adxudicado por 180.000€ a mellora do alumeado público nas parroquias de Os Ánxeles e Brión O Concello adxudicou o pasado mes de outubro o proxecto de renovación do alumeado público e mellora da eficiencia enerxética nas zonas urbanas das parroquias dos Ánxeles e Brión á empresa Esqueiro SL por 181.009,95 euros. Unha actuación que permitirá cambiar as 173 luminarias da avenida de Santa Minia, dos Ánxeles e do Tremo (ata o límite co Concello de Ames) por outras tantas 8 | Concello de Brión
luminarias de tecnoloxía LED, que permitirán un aforro de 99.302 kWh/ano. As obras, que teñen un prazo de execución máximo de 6 meses, inclúen a substitución das 173 luminarias tipo “Fernandina” instaladas ao longo das estradas AC-543 Santiago-Noia e AC-451 Os Ánxeles-Brión. Esas farolas serán cambiadas por outras de alta eficiencia tipo LED,
que permitirán baixar o consumo eléctrico e mellorar a eficiencia enerxética da instalación. Este cambio suporá tamén a substitución dos apoios existentes, xa que non teñen a altura suficiente para cumprir cos parámetros lumínicos requiridos e proporcionar unha uniformidade axeitada, polo que as novas luminarias terán unha altura
de 6 metros. Así mesmo, procederase á reforma completa dos cadros de mando e protección, á substitución dos equipos actuais de acendido por reloxos astronómicos e ao cambio dos tramos de cableado eléctrico soterrado. Todas estas actuacións permitirán diminuír ata nun 60% o fluxo emitido, mantendo os niveis de alumeado necesarios de acordo co Real Decreto 1890/2008.
ACTUALIDADE OBRAS
Máis de 316.000 euros para melloras en camiños, beirarrúas e saneamento Unánime apoio do derradeiro pleno municipal do ano ás reivindicacións de maior seguridade viaria por parte da comunidade educativa do IES de Brión O pleno municipal do Concello de Brión aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía sobre o Plan Único de Concellos POS+2020 e o Plan Complementario do ano 2020, que destinará 316.184,75 euros a obras e outros 217.754,24 euros a gasto corrente. O Concello de Brión non acudirá ao Préstamo Provincial 2020. O POS+ 2020, aprobado sen debate entre os grupos, recolle un investimento de 53.561,91 euros da Achega Provincial 2019 a un proxecto de obras de mantemento e mellora de beirarrúas en Lamiño e Liñares, ao que o Concello de Brión achegará outros 864,41 euros. Así mesmo, o Concello de Brión destinará os 262.621,83 euros do Plan Complementario a dous proxectos: mantemento e mellora de aldeas e
Imaxe do derradeiro pleno municipal do ano 2019 onde se aprobou o POS+2020 camiños en Trasouteiro, Brión de Arriba, Saíme e Espiñeiros (115.846,93 euros) e mantemento e mellora das redes de abAstecemento e saneamento de Chave da Ponte, rúa Gondar, Cabanas-Saíme, Bastavaliños, Soutullos e Bemil (146.774,9 euros). Por último, a Achega Provincial 2020 destinarase a financiamento de gastos correntes.
APOIO AO IES BRIÓN No resto da sesión ordinaria de decembro, o pleno aprobou por unanimidade os estatutos da asociación de Concellos do Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia, así como unha proposta da comunidade educativa do IES de Brión, que solicita melloras na seguridade viaria no tramo da estrada autonómica AC-451,
baixo a autovía Santiago-Brión. O alcalde, José Luís García, explica que “os pais e nais entenden que é mellorable o alumeado que hai debaixo da autovía, piden que se instale unha sinal vertical luminosa no paso de peóns e elevar o paso de peóns, xa que moitos vehículos pasan por aí a gran velocidade”.
PROXECTO
Aprobado o estudo de detalle da parcela onde estará emprazado o futuro auditorio de Brión O Pleno municipal aprobou definitivamente o estudo de detalle dunha parcela no lugar de Lamiño na que o Concello ten previsto construír un auditorio. A proposta da Alcaldía foi respaldada por unanimidade, logo de que o estudo fora sometido a información pública sen que se presentara alegación ningunha e de que contara co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio, xa que a parcela se atopa nas proximidades da carballeira e da capela de
Santa Minia, declaradas Bens de Interese Cultural. O alcalde José Luís García, explica que o estudo “fíxose para trasladar a edificabilidade da parcela da parte máis próxima á estrada ao final da parcela, xa que deste xeito disporemos unha ampla zona para aparcamento para os veciños e veciñas que se acheguen ao auditorio e tamén para que, durante as festas de Santa Minia, poidamos seguir emprazando nesta parcela as atraccións para os Vista da parcela na que se emprazará o futuro auditorio nenos e nenas”. Revista Altamira | 9
ACTUALIDADE PATRIMONIO
Impulsan un proxecto de sinalización intelixente da Ruta Rosaliana Deputación e os concellos de Ames, Brión, Padrón, Santiago e Dodro empregarán códigos QR para ofrecer información e incorporará beacons para ofrecer servizos aos móbiles tivos e poidan acceder a servizos para a preparación da súa viaxe. Contempla así un plan integral de sinalización turística peonil coa actualización dos soportes e a incorporación de novas tecnoloxías para a sinalización intelixente.
A Deputación da Coruña xunto cos concellos de Ames, Brión, Padrón, Dodro e Santiago de Compostela impulsarán un proxecto de sinalización turístico intelixente da Ruta Rosaliana co obxectivo de mellorar a imaxe, modernizar o sistema de información e facer máis accesíbel un recurso de especial interese turístico creado arredor do territorio biográfico e literario de Rosalía de Castro. O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, reuniuse con respresentantes dos concellos implicados para avanzar na definición e no sistema de financiamento do proxecto de sinalización intelixente da Ruta Rosaliana. Unha reunión á que asistiron os concelleiros de Turismo de Brión, Iolanda Bouzas; Padrón, Lorena Couso; e Ames, Manuel Lens; xunto
Reunión do vicepresidente cos representantes municipais ao alcalde padronés Antonio Fernández. Na xuntanza, decidiuse que as institucións participantes asinarán un convenio de colaboración intermunicipal para botar a andar un proxecto que mellorará a imaxe de calidade da ruta, empregará códigos QR para ofrecer información online de recursos e mapas, incorporará beacons
para ofrecer produtos e servizos personalizados a través do teléfono móbil e ofrecerá acceso á reserva de aloxamentos, restaurantes e actividades antes da viaxe ou no destino. A iniciativa dotará dunha tecnoloxía avanzada a turistas dixitais que queiran recibir a información nos seus disposi-
“A Ruta Rosaliana é un recurso de especial interese cultural e turístico que ten unha grande potencialidade e queremos que se adapte aos novos sistemas de información e comunicación de maneira que se amplíe a súa difusión e a súa accesibilidade”, sinala o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira. O proxecto contempla a análise e diganóstico da situación actual da ruta e a elaboración do plan director da sinalización e o desenvolvemento do novo sistema de destino turístico intelixente conectado.
XACOBEO
Os alcaldes promotores do Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia volverán reunirse en xaneiro Os nove alcaldes e alcaldesas que conforman a Asociación de Municipios do Camiño a Santiago pola Ría de MurosNoia, volverán a reunirse o vindeiro mes de xaneiro de 2020 para impulsar o recoñecemento desta ruta como itinerario cultural, paso previo ao seu recoñecemento como ruta Xacobea. Os primeiros edís dos concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago man10 | Concello de Brión
terán un encontro no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, onde ademais contarán coa participación do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, quen os informará do estado de tramitación do traballo “Recompilación e análise da documentación histórica. Camiño de peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros-Noia”, presentado en xaneiro e pendente do dictame da Dirección Xeral de A última vez que todos os alcaldes estiveron xuntos foi na sinatura do convenio para definir o trazado do Camiño Patrimonio.
ACTUALIDADE PATRIMONIO
Deputación, Brión e Ames conmemorarán o 500 aniversario da Batalla de Altamira A concelleira de Turismo de Brión, Iolanda Bouzas, e o seu homólogo de Ames, Manuel Lens, reuníronse co deputado de Contratación da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas, para iniciar a preparación da conmemoración do 500 aniversario da Batalla de Altamira. Un encontro no que tamén participou o técnico de cultura brionés, Alberto Álvarez e a tecnica de turismo de Ames, Sonia Moure. A celebración inseriríase dentro dun proxecto global de recuperación que se prepara arredor do monumento, propiedade da entidade provincial, e que tería lugar o 13 de xuño de 2021. A Batalla de Altamira tivo lugar o 13 de xuño de 1471 ao pé do monumento, un acontecemento histórico que os concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña (propietaria das Torres) queren conmemorar con especial atención de camiño ao
Patrimonio de longa historia
A reunión tivo lugar na Casa da Cultura de Brión ano 2021 cando se conmemoren os 550 anos de historia. “A nosa proposta é encaixar a conmemoración e os actos que se desenvolvan arredor dese acontecemento histórico no proxecto integral para a mellora, acondicionamento, novos usos e posta en valor das Torres de Altamira que forman parte do patrimonio da Deputación da Coruña”, explica Penas.
Nestes momentos, a Deputación da Coruña está realizando un estudo por parte de persoal técnico para analizar as posibilidades de actuación para a mellora do ben patrimonial, do contorno, da súa posta en valor e tamén do acondicionamento para posibles novos usos, entre as que se inseriría a conmemoración do aniversario da batalla.
As Torres de Altamira son un Ben de Interese Cultural e están nun espazo privilexiado que as converte en magnífico miradoiro sobre o Val da Amaía. Construído no século IX sobre un castro celta, foron derrubadas no século XIV e construídas de novo en 1471. A edificación chegou a contar con 6 torres e unha muralla rodeando un suntuoso pazo, ao que se incorporou no fin do século XVI por encargo do V Conde de Altamira á capela dos Reis Magos, onde eran soterrados en panteóns os nobres propietarios. A partir do século XVII, os condes deixaron de habitar o castelo. A Deputación mercou a propiedade en 1973, na que só fican en pé restos da muralla, a base dunha das torres e algunhas ventás con arcos do 1471.
Revista Altamira | 11
ENTREVISTA
XOÁN CABO PÉREZ, director do CEIP de Pedrouzos
“Precisamos un centro novo de acordo cos tempos actuais” O CEIP de Pedrouzos estrea director neste curso 2019-2020. Trátase de Xoán Cabo Pérez, quen leva no centro dende 2010 e que afronta a súa primeira experiencia á fronte da dirección dun centro escolar. No seu currículo, ademais dunha experiencia política de máis de 13 anos como concelleiro no veciño concello
de Rois e como deputado provincial, figuran centros escolares en Carnota, Pobra do Caramiñal, Urdilde, Lousame... e Brión, por duplicado, pois estivo un ano no 1997 e volveu no 2010. Asegura que “a sociedade cambiou moito dende ese 1997” e identifica a principal eiva do CEIP: a falta de espazo.
- É esta a túa primeira experiencia como director dun centro escolar? - Como director, si. Formei parte de equipos directivos e fun xefe de estudos, pero como director é a primeira.
dun traballo moito máis relacionado coa xestión que coa docencia. E no caso do CEIP de Pedrouzos estamos falando de que temos 41 profesores e profesoras para 600 alumnos.
- Como foron estes primeiros meses á fronte do CEIP de Pedrouzos? - Son meses de demasiado traballo para poñerte ao día e tamén porque a xestión demanda moito papeleo. Os principios de curso son un pouco caóticos, hai moita burocracia, moito que cubrir nas distintas aplicacións... Agora podemos dicir que estamos un pouco máis relaxados. 12 | Concello de Brión
- A estas alturas xa somos expertos no proceso de elección dun presidente do Goberno pero, como é a elección dun director dun colexio? - Os directores presentan un proxecto para un mandato de catro anos. Iso sempre que haxa voluntarios, que non é o meu caso que fun “voluntario forzoso”, polo que o proxecto faise a dous anos con posibilidade de amplialo. Eu non presentei candidatura, foi a Inspección quen me nomeou. - Pois estamos falando dun posto de moita responsabilidade... - Eu era consciente de que era un follón porque se trata
- E co número de nenos e nenas aumentando... - Sabemos que vai aumentar a curto prazo. Por exemplo, o ano que vén imos ter máis nenos para entrar en primeiro que prazas dispoñibles. Pero, comprobando o Padrón Municipal, podemos ver que a situación se vai estabilizar a un par de anos vista. - Significa isto que volverá repetirse o acontecido hai un
par de anos se ao final non hai prazas para todos/as? - O que sabemos é que hai 81 nenos e nenas que poden querer entrar en Primeiro e nós só temos 75 prazas. E non podemos crear unha nova liña por unha cuestión de que non temos espazo. Hai uns anos a Xunta optou por propoñer que eses nenos e nenas que non tiveran prazas se desprazaran a Urdilde pero non sei o que vai pasar. O que está claro é que é moi difícil darlles acollida aquí e haberá que buscarlles outro sitio. Pero non quero poñer o carro antes cos bois. Nos anos seguintes xa estamos falando de 69 e 57 nenos, polo que xa non haberá problema.
ENTREVISTA - A pesar das ampliacións realizadas, o certo é que a falta de espazo semella ser o problema recurrente no CEIP de Pedrouzos. - Estamos falando dunhas instalacións que teñen 45 anos. O que se fixo estaba moi ben para aquel tempo, pero necesita unha actualización. O problema, como dis, é que non temos espazos. Porque facer unha ampliación suporía que sería a costa de perder patio. E non é unha boa idea. O patio do CEIP de Pedrouzos é do mellor que temos, con espazos moi axeitados para os nenos. - Entón, cal é a opción?. - Nós non estamos dispostos a perder patio. A outra opción sería facer un centro novo de acordo cos tempos actuais. Este colexio é vello e ten problemas de illamento térmico, o que fai que gastemos moito en calefacción e moito en matenemento a cargo do Concello. Non son unhas instalacións axeitadas ao volume de nenos e nenas que temos.
pensar que temos 450 nenos e nenas de Primaria e outros 120 de Infantil que non poden saír fóra cando chove, algo que neste inverno está a pasar case que todos os días. Por iso, para o próximo curso imos solicitar un espazo cuberto para estes días de choiva, porque o necesitamos.
- A relación é boa. Son unha persoa dialogante e gústame buscar sempre un punto de encontro pero é difícil porque son moitas. Hai moitas familias e pouco profesorado. Pero as políticas non as marcamos nós, simplemente tratamos de buscarlle solución aos problemas.
- Falamos das instalacións, falemos agora das persoas que as utilizan. Esta é a súa segunda etapa no CEIP de Pedrouzos, notou moitos cambios neses trece anos entre 1997 e 2010? - Penso que a sociedade cambiou moito, tamén nun lugar como Brión. Antes era unha sociedade un pouco máis rural e agora é semiurbanita. Familias que precisan de servizos de conciliación pero que non se decatan de que o colexio é unha escola onde se educan os seus fillos e fillas, non é un comedor social. Pero temos que cubrir parte desa demanda.
- Como valora o nivel educativa do alumnado do CEIP de Pedrouzos? - O nivel creo que é bo pero tamén que se pode facer algo máis coas ratios de alumnado por clase, que son moi elevadas e iso fai difícil traballar cos alumnos e alumnas dun xeito máis individual. Estamos falando de que temos aulas de 26 ou 27 alumnos cando a ratio non debería superar os 25.
- Como é a relación coas familias de Brión?
- Falando das ratios de alumnos por aula, a xeracións que estudaron en clases con 45 ou máis alumnos cústanos entender ás veces o problema de ter máis de 25 alumnos por aula, salvo que se trate dun problema de espazo físico.
- É unha situación diferente. Son, digamos, sociedades diferentes. Antes, por exemplo, os nenos e nenas pasaban máis tempo na casa. Agora están todo o tempo con actividades, desconectados das súas familias porque teñen que traballar. E iso nótase na forma de ser dos nenos e nenas, das súas familias e tamén en como o profesor se dirixe a eles. - Por último, que obxectivos se marca para os próximos anos para o CEIP de Pedrouzos? - Coas Administracións o obxectivo principal é mellorar as condicións do centro. Ten 45 anos e é preciso buscarlle unha solución aos problemas de espazo. Iso permitirá tamén mellorar a calidade do servizo educativo que ofrecemos. Pero tamén queremos mellorar as condicións educativas, que se cubran as demandas do profesorado e se busque solución ás peticións das familias, tendo sempre en conta que somos un centro educativo.
- Outra das “patacas quentes” sería a ampliación do comedor. - No comedor actual non dispoñemos de espazo suficiente para cubrir toda a demanda. Segue habendo lista de agarda porque non dá para máis: só podemos atender a 380 nenos. Non hai máis. - A Xunta mesmo chegara a facer unha proposta de ampliación, pero topouse coa oposición firme de toda a comunidade escolar. - O centro é o que é . Para solucionar o problema de espazo no comedor iría en detrimento doutra cousa. É dicir, ampliar o comedor suporía ocupar un espazo docente da área de Infantil. E debemos preguntarnos que é o que é máis importante: a docencia ou o comedor? . - Que máis necesidades ten o centro? - Non temos un patio cuberto e imos pedilo. Hai que
“A sociedade cambiou moito, tamén en Brión: antes era unha sociedade un pouco máis rural e agora é semiurbanita. Familias que precisan de servizos de conciliación pero que non se decatan de que o colexio é unha escola onde se educan os seus fillos e fillas, non é un comedor social” Revista Altamira | 13
EDUCACIÓN IES BRIÓN
O IES de Brión recolle o Premio ao Mellor Videoclip na cuarta edición do eMove Festival A gala de entrega de galardóns tivo lugar en Kinépolis Madrid Cidade da Imaxe Alumnado e profesorado do IES de Brión veñen de recoller en Madrid o Premio ao Mellor Videoclip na categoría de 1º ciclo da ESO outorgado na cuarta edición do Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais “eMove Festival”. Un festival impulsado pola Federación de Academias e Productoras e no que competiron centros educativos de toda España. Unha representación do instituto brionés, en nome dos trece alumnos e alumnas que dirixidos pola profesora Ana Cadenas foron quen de elaborar o videoclip titulado “Mais eu non son eu”, asistiron á gala de entrega do galardón. Unha gran gala celebrada en Kinépolis Madrid Cidade da Imaxe. Este videoclip presenta
unha canción de amor baseada nun poema que os e as estudantes participantes crearon e musicalizaron. Con esa base elaborouse un completo vídeo, producido e protagonizado enteiramente por eles e elas mesmos, no que contaron coa colaboración de familiares e amizades. Este premio do IV Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais “eMove Festival” non foi o único galardón que distinguíu este traballo audiovisual. “Mais eu non son eu” tamén ten recibido outros recoñecementos como o do Premio especial Olloboi Zamburrioi do Festival Olloboi (Boiro). Ademais, o videoclip brionés tamén quedou finalista no Festival Internacional de Alumnado do IES de Brión recolleron o premio en Madrid Curtametraxes de Bueu.
TERCEIRA IDADE
Os maiores de Mente Activa comparten as súas experiencias co alumnado do IES de Brión
O encontro tivo lugar na sala de usos múltiples do instituto 14 | Concello de Brión
Os maiores do obradoiro Mente Activa do Concello de Brión veñen visitar o IES de Brión, onde se reuniron cos nenos e nenas de 2º da ESO para compartir con eles como se celebraba o Nadal nos seus tempos. A monitora dos obradoiros, Elena Remesar, explica que “este encontro interexeracional foi un éxito e pasárono moi ben porque, aínda que o tema era o Nadal, tiñan tantas cousas interesantes das que falar que quedamos de volver outro día”. Ademais, deuse a circunstancia de que todas as persoas maiores participantes, excepto unha, tiveran que emigrar
para buscar unha vida mellor, polo que tamén puideron compartir esa experiencia co alumnado. Os obradoiros Mente Activa, canda os cursos de ximnasia de mantemento, son dúas actividades promovidas polo Concello de Brión para favorecer un envellecemento activo. Dende o IES de Brión tamén aseguraron que foi unha experiencia moi bonita para a rapazada e que todos quedaron encantados polo que xa anuncian que no segundo e no terceiro trimestre repetirán este proxecto de convivencia e aprendizaxe.
EDUCACIÓN CONMEMORACIÓN DO 25-N
Intensa programación cos centros de ensino na prevención da violencia machista O Concello organizou charlas para a mocidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e a FEGAMP, e programou actividades culturais a prol da igualdade O Concello de Brión, como membro da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, participou un ano máis no programa promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) polo que programou unha serie de sesións informativas no IES de Brión sobre agresión sexuais e violencia machista. Unha iniciativa que busca sensibilizar á poboación, neste caso á nosa mocidade, sobre a necesidade de rexeitar a lacra que supón a violencia contra as mulleres e buscar a súa imliación e compromiso real en contra da mesma. Así mesmo, o Concello de Brión tamén promoveu outro tipo de actividades dirixidas
neste caso á sociedade en xeral, que culminaron coa primeira edición da Andaina contra a violencia de xénero. Previamente, o Concello adheriuse por segundo ano consecutivo á campaña “En negro contra as violencias”, posta en marcha polo Concello de Santiago en 2015 e á que están adheridos máis dun cento de municipios. Ademais, o Outono Cultural tamén incluíu unha serie de actividades en defensa da igualdade de xénero, como o espectáculo “Somos iguais na maxia”, de Ian & Elisa; ou a obra “Iriña bailarina”, posta en escena por Teatro dos Ghazafelhos. Dúas iniciativas dirixidas a un público familiar no que se facía reflexionar sobre a igualdade e os roles de xénero.
“Somos iguais na maxia” (esquerda) e obradoiros de sensibilización e prevención da violencia de xénero no IES de Brión
Un proxecto da ANPA Andaravía promove a igualdade e a prevención da violencia A ANPA Andaravía desenvolveu un proxecto de promoción da igualdade e prevención da violencia machista en colaboración coa Asociación Galega de Reporteiras Solidarias (AGARESO). Nel participaron 75 nenas e
nenos de 5º de Primaria, así como algunhas familias. Para conseguilo, xeraron unha campaña de comunicación participativa, promovendo a reflexión sobre as mensaxes e os produtos que recibimos a través dos medios. Revista Altamira | 15
SERVIZOS SOCIAIS
INTEGRACIÓN SOCIAL
Arela busca familias en Brión para poñer en marcha o programa CONVIVE.COMigo Para convivir con adolescentes que están a cumprir unha medida xudicial
TERCEIRA IDADE
Os maiores de Brión desfrutan en Praga Un grupo de sesenta veciños e veciñas de Brión, maiores de 55 anos, e os seus cónxuxes ou parellas participaron nunha nova edición da Excursión dos Maiores. Este ano o destino foi a cidade checa de Praga, onde os nosos maiores desfrutaron de catro xornadas de estancia na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos 16 | Concello de Brión
Sociais, Rosa Romero. Durante a súa estadía na República Checa, a expedición brionesa fixo distintas visitas pola vila, incluída unha visita nocturna para gozar co seu espectacular alumeado e un cruceiro polo río Moldava. Tamén fixeron paradas en lugares especiais como o Klementium, a Tórre da Pólvora ou Karlovy Vary.
A asociación ARELA busca familias en Brión que queiran sumarse ao programa CONVIVE.COMigo, promovido en colaboración coa Xunta de Galicia. A iniciativa xurde diante dunha das medidas que pode impoñer un xulgado a un/unha adolescente: a convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo. Isto obriga a ese/a adolescente a vivir nun contexto familiar distinto ao de orixe, tratando de reconducir a súa vida e buscando unha contorna de socialización positiva que lle evite unha reincidencia futura. Ante esta situación, CONVIVE.COMigo busca valorar as persoas ou familias que desexen convivir cun/ cunha adolescente nesta
situación. O programa centrarase pois na captación, valoración, formación e seguimento destas familias ou persoas. É dicir, ARELA busca crear unha especie banco de familias ou persoas na provincia da Coruña para levar a cabo esta convivencia tan específica. As familias de Brión que estean interesadas en participar nesta iniciativa, poden conseguir máis información en www.arela.org, a través do mail arela@arela.org ou chamando ao 986 21 25 37 ou 639 86 29 44. En todo caso, as familias escollidas recibirán unha formación de grupo e individual, así como asesoramento e acompañamento de profesionais durante os meses que dure esa estancia.
CULTURA E DEPORTES CONMEMORACIÓN DO 25-N
Unhas 250 persoas participaron na primeira Andaina contra a Violencia de Xénero A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, indicou que “é necesario conseguir que entendan que nós non toleramos comportamentos violentos, que están sós” Unhas 250 persoas participaron o pasado 30 de novembro na primeira Andaina pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, organizada polo Concello de Brión. Unha iniciativa que serviu como colofón ás actividades desenvoltas durante o mes de novembro ao abeiro da campaña “Brión en negro”, á que se volveu adherir o municipio. A andaina foi todo un éxito, e iso a pesar de que as fortes choivas caídas na madrugada do venres ao sábado minguaron significativamente o número de participantes, xa que inicialmente estaban inscritas unhas catrocentas persoas e remataron participando unhas 250.
A Carballeira de Santa Minia foi o punto de inicio e meta deste andaina de 14 quilómetros
Porén, o tempo acompañou aos camiñantes, que saíron ás 10:00 horas da carballeira de Santa Minia para percorreren unha distancia de catorce quilómetros por camiños, aldeas e montes brioneses. Na saída, todos os participantes foron agasallados con material da campaña “Brión en Negro” (camisetas e mochilas), así como augas, se ben tamén tiveron ocasións de desfrutar de avituallamentos sólidos e líquidos durante o camiño.
MANIFESTO O alcalde de Brión, José Luís García, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, foron os encargados de recibir aos camiñantes na Carballeira de Santa Minia, onde a concelleira deu lectura a un manifesto contra a violencia de xénero antes de saír a camiñar. Romero destacou que en 2019 foron asasinadas 51 mulleres ata outubro, con outros 3 asasinatos máis en investigación durante novembro.
A andaina estivo encabezada polo técnico municipal de Deportes, José Manuel Trigo, que contou co apoio e colaboración de concelleiros e traballadores municipais ao longo do percorrido, que se fixo a ritmo de paseo. O percorrido levou aos camiñantes por distintas aldeas da parroquia de Brión e as subir ata as Torres de Altamira, para logo pasar polos montes de Rañalonga ata chegar de novo á Carballeira de Santa Minia.
“Estamos tan afeitos a estes datos que non reparamos no que significan: dende 2003 morreron asasinadas en España 1.027 mulleres”, indicou a concelleira de Servizos Sociais, quen salientou que actos como esa andaina son mensaxes aos violentos porque “é necesario conseguir que escoiten o que lles temos que dicir, que entendan que nós non toleramos os comportamentos violentos, que non hai nada que os xustifique, que están sos”.
“Iriña Bailarina” convida a reflexionar sobre a igualdade de xénero e os roles Paralelamente á Andaina, a sala municipal de exposicións de Brión acolleu a posta en escena da obra “Iriña Bailarina”, da compañía Teatro dos Ghazafelhos. Unha espectáculo dirixido a un público familiar no que Ghazafelhos e María Canosa fixeron reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais aos veciños e veciñas de Brión. Unha actuación incluída no “Outono Cultural 2019”, organizado polo Concello de Brión e que conta co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña, da Rede de Dinamización Lingüística e do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
Revista Altamira | 17
CULTURA E DEPORTES
INCLUSIÓN
Gran éxito do II Festival Brión Inclúe O IES Brión e o CEIP de Pedrouzos introducíronse na aprendizaxe da linguaxe de signos As persoas con diversidade funcional volveron ser as protagonistas do II Festival Brión Inclúe, organizado polo Concello de Brión, xestionado por Culturactiva S. Coop. Galega e cofinanciado por Gadis e Froiz. Unha iniciativa que incluíu unha exposición de pintura, proxeccións audiovisuais e espectáculos de teatro, danza e música abertos a toda a cidadanía no centro social polivalente. Igualmente, o Festival organizou actividades especiais de aprendizaxe da linguaxe de signos nas que participaron escolares tanto do CEIP Pedrouzos O centro social polivalente acolleu a gran maioría das actividades programadas no festival como do IES de Brión. 18 | Concello de Brión
CULTURA E DEPORTES TEATRO
Convocada a segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais en galego O prazo de presentación de obras estará aberto ata o 14 de febreiro de 2020 O alcalde de Brión, José Luís García, aproveitou a presentación do libro “Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega”, do profesor Manuel Quintáns, para anunciar a convocatoria do II Premio Laudamuco para textos teatrais en galego, dotado con 7.000 euros, un premio en bronce deseñado por Xosé Vizoso e a edición da obra gañadora por Edicións Positivas. Unha iniciativa na que o Concello volve a contar coa colaboración da Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas.
berá figurar: o lema (no exterior) e os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, DNI, enderezo postal, número de teléfono, correo electrónico e currículo da autora ou autor (no interior). A entrega do II Premio Laudamuco terá lugar o 16 de maio de 2020 durante un acto organizado polo Concello de Brión co gallo do 42 aniversario
da posta en escena de Laudamuco, señor de ningures, obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional o 16 de maio de 1978 da man da compañía Antroido, dirixida por Roberto Vidal Bolaño. O xurado estará composto por 5 persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte teatral. Será proposto pola Academia Galega de Teatro e nomeado polo alcalde briones. Actua-
rá como secretario/a a persoa elixida por maioría entre os membros integrantes. Na proposta de resolución do xurado haberá unha única obra gañadora. Unha vez emitida a súa resolución, procederase á apertura da plica gañadora nun acto público na data e lugar que se anunciarán oportunamente. O veredicto do xurado, que poderá declarar deserto o premio, será inapelable.
García explicou que “o Laudamuco ten un dobre obxectivo: promover a creación de textos teatrais na nosa lingua e honrar á figura de Roberto Vidal Bolaño”. Neste sentido, garantiu a continuidade do premio pois “recollemos o chapeu que nos lanzou o ano pasado o noso veciño e presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, cando nos animou a traballar por ser os continuadores desa tradición nacida en Ribadavia e capitanear unha iniciativa como o Laudamuco, que nos vai dar un sitio no mundo e na cultura”. O prazo de recepción de textos estará aberto ara o 14 de febreiro de 2020 e poderán optar ao galardón autores e autoras de calquera nacionalidade, sempre que presenten obras dramáticas inéditas, nunca antes premiadas e escritas en lingua galega. O tema e a extensión é totalmente libre. De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Casa da Cultura de Brión (Carballeira de Santa Minia nº 5, C.P. 15865, Brión. A Coruña). Deberase indicar no exterior do sobre “II Premio Laudamuco para Textos Teatrais, 2020”. Nun sobre anexo pechado deRevista Altamira | 19
CULTURA E DEPORTES ATLETISMO
Nuno Costa e Mónica Gutiérrez gañan a 37 Carreira Pedestre da Amaía, cun récord de 529 atletas A proba estreou un percorrido máis seguro para os escolares, fóra da Carballeira, e rexistrou tamén un incremento de participación ata o 334 nenos e nenas O portugués Nuno Costa (Tambre Bike & Runnig), por segundo ano consecutivo, e a extremeña Mónica Gutiérrez Pagador proclamáronse gañadores da XXXVII Carreira Pedestre da Amaia (Brión). Unha proba que rexistrou o seu récord de participación: 529 atletas, 98 máis ca na edición anterior e case o dobre do rexistrado hai tan só cinco anos. Un récord que xa se albiscaba co peche das inscricións (569), pero é que ademais o tempo acompañou e fixo que o índice de baixas fose mínimo, pois só faltaron 40 atletas inscritos. Nuno Costa, que partía como gran favorito a revalidar o seu título, fixo bos os prognósticos e levou con autoridade a vitoria absoluta da XXXVII Carreira Pedestre da Amaia cun tempo de 30 minutos e 14 segundos, rebaixando en 1 minuto e 12 segundos o tempo co que gañara na edición de 2018. Precisamente neses tempos chegou o segundo clasificado, o leonés Sergio Sánchez Martínez, do Club Atletismo Unión Guadalajara. Completou o podio o pontevedrés Jorge Puig Malvar. Na categoría feminina a vencedora foi a extremeña Mónica Gutiérrez Pagador, que cruzou a meta no posto 11 da proba absoluta cun tempo de 34 minutos e 14 segundos, un minuto menos que o tempo marcado pola gañadora da proba en 2018. A segunda foi a pontevedresa Leticia Fernández Barbosa, do Valencia CF SAD e o terceiro posto foi para a atleta de Mazaricos Rocío Alvite Ferreiro, do Club Atletismo Sar Vermú Petroni. O alcalde, José Luís García, foi o encargado de dar a saída á proba absoluta e presidir o 20 | Concello de Brión
acto de entrega de trofeos aos seis vencedores absolutos, así como aos tres primeiros clasificados de cada unha das categorías establecidas. Un acto no que estivo acompañado pola concelleira de Deportes, Sandi Cebral Gómez, e polos concelleiros Carlos Noya, Rosa Romero Fariña, José Luís Sampedro Bouzas e María Guarina Rey Vázquez. Todas as persoas Gañadores e gañadoras da proba absoluta premiadas recibiron uns trofeos especialmente deseñados polo ceramista Nano Unzueta. O Concello de Brión agasallou a todas as persoas participantes con bebidas e camisetas conmemorativas da proba, con debuxo realizado polo artista Xosé Vizoso, así como medallas para os 334 participantes nas categorías pitufo a sub 16, o dobre ca na edición anterior. Unhas probas que este ano tiveron lugar por primeira vez nunha pista próxima á carba- Nuno Costa e Mónica Gutiérrez subiron ao máis alto do podium lleira, para mellorar a seguridade dos participantes. PREMIOS LOCAIS Especialmente aplaudidos foron os seis mellores atletas de Brión, onde se deu a casualidade de que ningún fora premiado na anterior edición. Os tres primeiros brioneses foron Miguel Penedo Taboada, posto 16 na proba xeral, cun tempo de 34 minutos e 35 segundos. Completaron o podio José Antonio Vidal González, do Noite- A Carreira Pedestre tivo récord de participación: 529 atletas bra, e Pablo Lorenzo Mirón. As tres primeiras brionesas foron María Serramito Blanco (Unión Atlética Coslada), que chegou no posto 96 cun tempo de 42 minutos e 48 segundos, rebaixando en 5 minutos o posto da gañadora da edición de 2018. O segundo posto foi para Ana García Rieiro e o terceiro posto foi para Cristina HernánNa carreira participaron 336 nenos e nenas menores de 16 anos dez García.
CULTURA E DEPORTES NADAL
A Cabalgata de Reis porá o broche de ouro á programación especial de Nadal O novo ano comezará co XXIV Festival de Títeres, que terá lugar os días 2 e 3 de xaneiro Presentase unha completa programación de Nadal con actividades para toda a veciñanza e especialmente dirixidas á cativada. Tras a recollida de propostas para o XXIX Concurso de Tarxetas de Nadal, a visita dos carteiros reais a tradicional videoconferencia con Papá Noel e o VIII Festival de Nadal da ESMU Magariños, as propostas continúan nestas semanas.
Nel Dorian, un burro novo que vive a vida cunha inmensa curiosidade e inocencia, e de Pep, un león que é cazado mentres dorme e metido nunha gaiola de circo. A entrada para as dúas funcións será de balde e darán comezo ás 17.00 h.
Como broche final terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis. O pavillón polideportivo municipal encherase de luz e cor para dar a benvida ás Súas Maxestades que se achegarán para facer entrega de agasallos á rapazada. Ademais da
recepción, taménha berá Belén Vivinte. As persoas asistentes terán tamén a oportunidade de gozar dunha representación de oficios tradicionais, así como postos que repartirán larpeiradas, chocolate, rosca e flocos de millo.
Así, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro ofreceranse os Obradoiros de Nadal. Trátase dunha proposta de lecer dirixida a nenos e nenas de 4 a 14 anos. Entre as actividades que se desenvolverán durante estas xornadas salientan os contos, a animación, sesións de batucada e tamén de cociña. Xa para o 28 de decembro resérvase o VIII Festival de Nadal, que terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social Polivalente. A velada estará protagonizada polos acordes da Banda de Música Municipal e polas voces da Coral Magariños. FESTIVAL DE TÍTERES O novo ano 2020 recibirase cunha nova edición do Festival de Títeres, o xoves 2 de xaneiro e o venres 3 no Centro Social Polivalente. A primeira das sesións comprenderá a posta en escena da obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, de A Xanela do Maxín. Unha divertida peza dirixida a público de a partires de 2 anos e baseada no álbum ilustrado do mesmo título publicado por Kalandraka. O festival continuará o venres 3 de xaneiro con Los primeros burritos, un espectáculo da compañía valenciana de teatro e títeres Xarop Teatre, con Carles Benlliure e Rebeca Castro á cabeza. Esta obra presenta a historia de Revista Altamira | 21
CULTURA E DEPORTES LIBRO
O profesor Manuel Quintáns presenta en Brión unha obra maior sobre Roberto Vidal Bolaño Máis de medio cento de persoas asistiron á presentación de “Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega”, editado polo Centro Ramón Piñeiro A sala municipal de exposicións do Concello de Brión, o mesmo espazo no que Roberto Vidal Bolaño ten preparado algunha das súas obras máis senlleiras, foi o lugar escollido para a presentación do libro “Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega”, do profesor Manuel Quintáns e editado pola Xunta de Galicia a través do Centro Ramón Piñeiro. Un libro de 600 páxinas sobre o que o seu autor, nun alarde de modestia, non quixo falar, pois “non me corresponde a min falar do libro, senón desculpar os seus excesos e agradecer a todos os colaboradores que fixeran posible este traballo”. Nun ambiente case familiar, coa presenza de máis de 70 persoas entre as que se atopaban estudosos da figura de Vidal Bolaño, veciños/as de Brión e ex alumnado de Quintáns, o vello profesor fixo unha disertación sobre a literatura e o teatro en Vidal Bolaño, sen referenciar o seu libro ata o final,
FESTA
O magosto volve reunir a centos de veciños/as No medio dunha sucesión de temporais de vento e choiva, o magosto de Brión tivo a ben escoller xusto un período de calma e permitiu que centos de veciños e veciñas desfrutaran da tradicional festa de degustación de castaña e chocolate con churros que organiza o Concello. A música puxérona as Escolas Municipais de Música e Baile tradicional de Brión. 22 | Concello de Brión
rio xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, explicou que “este libro é unha contribución esencial para entender a gran obra de Roberto, feita pola persoa que quizais máis se ten dedicado a estudalo”. Ademais, asegurou que “o libro tiña que ser presentado en Brión porque Vidal Bolaño elixiu Brión como residencia e este pobo lle leva feito numerosas homenaxes”. Valentín García, J. Luís García, Manuel Quintáns e Armando Requeixo cando asegurou con retranca que “o meu labor non pasou máis aló do tecelán portugués que fai mantas con retais. O arte deste traballo está neses centos de trapiños plaxiados. Aos seus autores, o meu profundo agradecemento”. O alcalde José Luís García agradeceu a Quintáns que escollese Brión para a presentación deste libro e reiterou o seu agradecemento pola cesión que o profesor fixo hai
anos da súa biblioteca sobre Vidal Bolaño, que se pode consultar na biblioteca do IES de Brión e que, como non pode ser doutro modo, leva o nome do dramaturgo. “Agardo que libros coma este que hoxe presentamos sirvan para que cada vez máis persoas coñezan a figura de Roberto, saiban da súa xenialidade e estean orgullosos dese teatro feito dende, por e para Galicia”, apuntou. Pola súa banda, o secreta-
Finalmente, Armando Requeixo, secretario do Centro Ramón Piñeiro, salientou que “estamos ante case 600 páxinas de sabedoría acumulada sobre un home, é unha obra maior sobre Roberto Vidal Bolaño, non un cariño” e puxo en valor a figura de Manuel Quintáns, “un dos investigadores máis senlleiros do noso centro, que vén de cumprir 25 anos de vida”. Así mesmo, destacou “os tres índices do libro: onomástico, temático e por título, polo que estamos seguros de que será útil e funcional para atopar información”.
PASATEMPOS / HUMOR
PASATEMPOS SUDOKU FACIL
SUDOKU DIFICIL
UN POUCO DE HUMOR...
Revista Altamira | 23
t
34
anos
NOVA APP GRATUÍTA “BRION INFORMA” PARA TODA A VECIÑANZA “Brión informa” é unha útil ferramenta de comunicación baseada nunha aplicación para dispositivos móbiles que permite recibir no teléfono intelixente ou na tablet conectados á internet: anuncios, bandos, novas e información municipal de diversa índole, de xeito directo e inmediato. Asemade, calquera cidadán poderá transmitir ao concello incidencias, consultas ou propostas, de maneira rápida e sinxela, a través de texto complementado por imaxes e localización xeográfica. A app pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscar polo nome “Brión Informa”) para os usuarios da plataforma Android ou na App Store (procurar “Bandomovil”) para os dispositivos con IOS de Apple.
Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal