106 - ALTAMIRA Nº 106

Page 1

OBRAS: Asfaltado de máis de 12km de seis estradas municipais

ELECCIÓNS: Nova corporación municipal para a lexislatura 2019-2023

Altamira PÁX. 4

Nº 106 - SETEMBRO 2019 - ANO XXXIV

PÁX. 9

setembro 2019

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Celebramos o 171 aniversario da

Romaría de Santa Minia Carreia Pedestre

Entrevista

Unha nova edición da carreira pedestre da Amaía celebrarase o vindeiro día 5 de outubro PÁX. 19

Luís López Dapena, o novo sarxento que acaba de incorporarse ao Posto da Garda Civil de Brión PÁXs. 12 - 13


os nosos enderezos BI BLI OTECA MUNICIP A L Ca rba llei ra d e Santa M in ia, n º 2 15865 - B ri ón Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A DA CUL TURA Ca rba llei ra d e Santa M in ia, n º 5 15865 - B ri ón Tel.: 98 1 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso

AVANCE

C EI P P EDROUZOS Rúa Pa seo d e Pe d rouz o s , n º 5 15865 - B ri ón Tel.: 88 1 8 66 0 78 Fa x .: 881 8 66 0 8 6 C ENT R O DE SAUDE Rúa da s Ped ri ñas, nº 3 15865 - B ri ón Tel. Liñ a 1 : 98 1 8 8 77 0 1 Tel. Liñ a 2: 98 1 8 8 7 7 0 2 C ENT R O SOCIAL POLI V A LE N TE Avda . de Santa Mini a, n º 4 6 15865 - B ri ón Tel.: 98 1 50 99 1 0 Fa x .: 9 8 1 50 99 78

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. Avda . dos Ánxel e s, nº 3 6 1 52 80 - Os Ánxel e s T el.: 98 1 8 8 7 2 0 1 FARMACIA BASTAVALES BRIÓN L g. S a baxáns, Nº 57 1 52 80 - B astaval e s T el.: 98 1 8 8 8 8 36 F AR MACIA NUÑEZ PER E Z , B. Avda . Santa Mi ni a, Nº 53 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 0 30 GARD A CIVIL Rúa da s Ped ri ñas, nº 5 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 0 1 1 IES BRIÓN Rúa Pa se o d e Ped rouzo s , n º 3 1 585 6 - B ri ón T E L.: 88 1 8 66 058 F AX .: 881 8 66 0 74

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

contidos

ESCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA Avda . de Santa Mini a, n º 70 15865 - B ri ón Tel.: 98 1 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

C AS A DO CONCEL L O Pra za do Conc el lo, nº 1 15865 - B ri ón Tel.: 98 1 8 8 7 0 0 6 Fa x .: 9 8 1 8 8 74 31

ESCOLA INFANTIL MU N I CI P A L Agro N ovo, nº 1 25 152 80 - Os Ánxel e s Tel.: 98 1 8 8 7 7 42

Altamira Sempre é un placer facerche entrega dun novo número da Revista Altamira, e mais neste mes tan especial para o concello como é setembro: o mes da Santa Minia. Así pois, a primeira nova que recollemos é a programación completa dunha romaría que neste 2019 cumple 171 anos. Facemos un amplo repaso sobre as últimas eleccións muncipais e presentamos a nova corporación que vai traballar polos veciños e veciñas nesta nova lexislatura 2019-2023. Obras de asfaltado, mellora no alumeado público ou a loita contra as Velutinas son algunhas das novas que reflexan o transcorrer da vida municipal nos últimos meses. Tamén repasamos as actividades do IES Brión e CEIP de Pedrouzos que están a piques de comezar un novo curso lectivo. E completamos este número facendonos eco do triunfo logrado polos rapaces infantís das escolas de Futbol sala que veñen de proclamarse campións provinciais de Liga en Idade Escolar. Esperando que desfrutes da lectura. Recibe un cordial saúdo.

PÁX . 3 PÁX s. 4 - 11

REPORTAX E ACTUALID AD E

PÁX s. 12 - 13

ENTREVISTA

PÁX s. 14 - 15

ED UCACIÓN

PÁX s. 16 - 20

CULTURA E D EPOR T E S

PÁX . 21

HISTORI AS D E BR IÓ N

PÁX . 22

TAMÉN FOI NOTIC IA

PÁX . 23

PASATEMPOS / H UM O R

OFI C I N A DE URBANISMO Pra za d o Conc el lo, nº 1 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 0 0 6 F a x .: 9 8 1 8 8 74 31 PI S C I N A CUBERTA MU N I CI P A L L a miño , s/n 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 3 46 PO LI C Í A L OCAL C a rba llei ra d e Santa M in ia, n º 2 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 9 34 7 4 F a x .: 9 8 1 8 8 74 31 PO LI DEPORTIVO MUNI CI P A L L a miño , s/n 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 6 53 SER V I ZO DE AUGAS Urb. A g ro Novo, nº 1 26 Baixo 1 52 80 - Os Ánxel e s T el.: 98 1 8 8 7 8 51 SER V I ZO DE EM ERXE N CI A S L a miño , s/n 1 5865 - B ri ón T el.: 62 9 8 7 1 5 42 F a x .: 9 8 1 8 8 75 23 XULGADO DE PAZ Rúa da s Ped ri ñas, nº 5 1 5865 - B ri ón T el.: 98 1 8 8 7 2 71

2 | Concello de Brión

ALIBORIA é un colectivo de novos músicos galegos dirixidos por XOSÉ LOIS ROMERO e que reiventan os cantos e os ritmos enxebres de Galicia. TREIXADURA, amosanse “encantados de participar este ano na famosa romaría de Santa Minia en Brión. Vivan as festas populares e a música, o canto e o baile do noso pobo!”


REPORTAXE ROMARÍA

Santa Minia chega con catro días de festa Orquestras, grupos tradicionais, espectáculos familiares grandes reclamos desta edición Co programa a piques de saír da imprenta, adiantamos que teremos 4 días de festa, do 26 ao 29 de setembro, para os que o Concello preparou un programa cultural e festivo variado e para todos os publicos.

INFRAESTRUCTURA Como é costume, da gastronomía encargaranse os cinco polbeiros e, na parcela que o concello adquiriu para a construcción do futuro auditoria de Brión, estarán instaladas distintas atraccións para os máis pequenos.

XOVES 26, VÉSPERAS A carballeira encherase de música, coa charanga tradicional TIRRALLE DO AIRE, que farán pase de mañan e de tarde.

Na avenida de Santa Minia, que estará cortada ao tráfico dende a xornada anterior, colocaranse máis de 150 postos de venda de rosquillas, roupa, larpeiradas, ferramentas, velas, imaxes relixiosas, xeados...

Ás 17:30h., SUE MORENO presentará o espectáculo 4.0 indicado para toda a familia e que consiste nunha mistura entre tecnicas aéreas de circo, cancións e teatro fisico.

O operativo de seguridade estará integrado por unha vintena de efectivos, entre membros de Protección Civil e Policía Local. Haberá habilitadas varias zonas de aparcamento de balde, polo que vos aconsellamos que lle fagades caso aos membros dos corpos e forzas de seguridade, que en cada momento vos guiarán ata o aparcamento libre máis cercano á festa.

As 20h. contaremos coa música tradicional do grupo XOLDRA de Rois que darán paso a verbena a cardo das orquestras OLYMPUS e SATÉLITES. Ás 0:00h. celebrarase a tradicional sesión de fogos de artificio e queima da fachada. VENRES 27, SANTA MINIA Durante a mañan actuará a charanga OS JALACTICOS e o grupo OS VIQUEIRAS de Ordes sobre ás 12h. A sesión vermú será da man da Orquestra IBIZA, que tamén estará na verbena coa orquestra MARBELLA. Ás 17:30 horas desfrutaremos do espectaculo código a cargo de DANI GARCÍA, maxia inventiva e persoal pensada para que as persoas de calqueira idade poidan participar e gozar.

q

SÁBADO 28 Para o sábado 28 queda un dos pratos fortes desta edición: o concerto (22:30h.) de XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA e de TREIXADURA. Previamente, teremos á charanga OS CELTAS que amenizarán a sesión vermú e durante a tarde.

As 19:00 horas terá lugar a actuación das ESCOLAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL DE BRIÓN. DOMINGO 29 O domingo 29 o recoñecido MAGO ANTÓN realizará, nada mais e nada menos que, 6 pases do seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. Ás 19h. celebrarase o Festival de Bandas de Música Populares, no que tomarán parte a Banda Municipal de Música de Brión e a Banda de Música Isabel II de Touro.

embro, con misas todos os días ás 19:30h. agás o domingo 22 que será ás 12:15. Así mesmo ese domingo tamén haberá oficio as 19:00h. O xoves 26, haberá misas de mañá (10 e 12h. ) e de tarde (18, 19 e 20h.). O venres 27 haberá misas cada hora, entre as 9 e as 12 h. e entre as 17 e as 20h. A misa solemne comezará ás 13h. Tanto o sábado 28 como o domingo 29 as misas serán ás 10, 12 e as 19h.

Ás 17:30h. contaremos con SERVIZOS RELIXIOSOS PATTY DIPHUSA presentando En canto aos servizos reliFinalmente, tamén se celeSuperHarte, un espectáculo fa- xiosos, comezarán coa novena brarán misas o domingo 6 de miliar de circo e clown. terá lugar do 17 ao 25 de set- outubro ás 10, 12 e as 19h.

HORARIO INCLUSIVO Por primeira vez na historia da romaría, as atracións funcionaran sen ruido nen balbordo ao longo de unha hora durante os días 28 e 29 de setembro. Asi, co obxectivo de facilitar a participación de nenos e nenas con diversidade funcional, e dicir, con trastoronos como o autismo, síndrome de Asperger ou síndrome de Down, e para aquelas persoas que teña unha especial sensibilidade ao barullo e ao estrondo poderan disfrutar da romaría sen ningún tipo de música nen megafonía os días 28 e 29 horario de 16 a 17h. Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE ELECCIÓNS MUNICIPAIS

José Luís García afronta a súa undécima lexislatura como alcalde do Concello de Brión Comprométese a aumentar o gasto social, manter o investimento produtivo e chegar a acordos coa oposición nos asuntos que beneficien á veciñanza XERAIS

O PSOE vence por primeira vez nunhas eleccións xerais

Integrantes da nova corporación brionesa para a lexislatura 2019-2023. De esquerda a dereita: Natalia Fariña García (PP), María Fariña Bellón (PP), Waldo Carballo García (PP), Xosé Luís Penas Corral (BNG), Fructuoso (Tito) Souto Castiñeira (BNG), José Luís García García (PSOE), Pablo Lago Sanmartín (PSOE), María Rosa Romero Fariña (PSOE), José Luís Sampedro Bouzas (PSOE), Yolanda Bouzas Alfonsín (PSOE), María Guarina Rey Vázquez (PSOE), Carlos Noya Pereira (PSOE) e Sandy Marie Cebral Gómez (PSOE). José Luís García García tomou o pasado 15 de xuño posesión como alcalde de Brión, cargo que ocupará por undécima lexislatura consecutiva dende que gañara as primeiras eleccións democráticas de 1979. A mesa de idade constituíuse con José Luís García (PSOE) e Natalia Fariña García (PP), quen xuraron os seus cargos ao igual que os restantes concelleiros saídos das eleccións do 26 de maio: 8 do PSOE (2.415 votos, 60,71%), 3 do PP (835 votos, 20,99%) e 2 do BNG (660 votos, 16,59%). Tras votación a man alzada, José Luís García foi elixido alcalde cos 8 votos a favor dos concelleiros socialistas, fronte aos 3 rexistrados pola voceira do PP, María Fariña Bellón, e os 2 votos obtidos polo voceiro do BNG, Tito Souto Castiñeira. No seu discurso de investidura, García agradeceu a todos os veciños e veciñas de Brión “a súa participación nas eleccións do pasado 26 de maio”. O alcalde asegurou que “os piares sobre os que 4 | Concello de Brión

se asentaba o noso programa electoral son dende xa os eixos do noso programa de Goberno. Unha política sempre do lado dos nosos veciños e veciñas, sobre todo daqueles máis necesitados, aumentando o gasto social e mantendo o investimento produtivo, facendo todo o que estea nas nosas mans para fomentar a creación de emprego”. Falando de proxectos concretos, tres foron os compromisos adquiridos por García: “a posta en marcha do primeiro centro colaborativo do sector primario no centro comercial Monte Balado, para o que contamos co apoio da Deputación Provincial da Coruña; a pavimentación con aglomerado en quente de todas as pistas principais do municipio ao longo destes próximos 4 anos; e a construción dun auditorio municipal a carón da carballeira de Santa Minia”. Así mesmo, o alcalde quixo “tender a man aos grupos da oposición. O diálogo e a co-

laboración, aínda que sexa dende posturas discrepantes, serán sempre os eixos que presidirán o talante deste Goberno. Por iso, tendo a man aos grupos da oposición. Estou disposto a escoitar propostas e chegar a acordos en todos os asuntos que beneficien aos nosos veciños e veciñas de Brión. E agardo atopar este mesmo talante entre os grupos da oposición”. García, só pediu evitar “calquera tentación de caer na demagoxia ou na crítica destrutiva”. Finalmente, o alcalde brionés tivo palabras de agradecemento para a corporación saínte “polo seu gran traballo realizado nos últimos catro anos. Especialmente, quero destacar o labor realizado por tres concelleiros: Carme Rey, Xesús Quintela e José Pedro Cambón. Son o mellor exemplo no que podemos mirarnos os que hoxe tomamos posesión, especialmente aqueles concelleiros e concelleiras que se suman a esta tarefa por primeira vez”.

As eleccións xerais do pasado 28 de abril rexistraron unha participación histórica en Brión: 72,22%, tres puntos máis ca en 2016. Por primeira vez, o PSOE foi a forza máis votada (1.260 votos) por diante do PP (1.242 votos), cun crecemento de 8 puntos e unha baixada de 14 puntos porcentuais, respectivamente. A terceira forza foi a confluencia de Unidas Podemos (671 votos, 8 puntos menos), seguida de Ciudadanos (523 sufraxios e 2 puntos máis) e BNG (340 votos e 5 puntos máis). Vox obtivo 249 sufraxios, o 5,55% do electorado.

EUROPEAS

O PSOE gaña as Europeas e o BNG ascende ata o terceiro lugar O PSOE volveu repetir vitoria nas eleccións europeas do 26 de maio con 1.433 votos (37,97%), por diante do PP (930 votos, 24,64%) e do BNG (497 votos, 12,17%). Uns datos moi diferentes aos de 2014, cando o PP vencera con 662 votos (31,93%) por diante de PSOE (475 votos e 22,91%) e Podemos (161 votos, 7,77%). O cuarto partido máis votado foi Podemos (304 sufraxios), seguido por Ciudadanos (240) e Voz (102).


ACTUALIDADE SOLIDARIEDADE

A rede de solidariedade veciñal de Brión conta coa colaboración de 39 familias A diferenza doutros anos, o 90% das demandas de axuda en 2019 parten de persoas en situación de retorno ou inmigración Un total de 39 familias están adheridas á iniciativa “Brión Solidario”, unha rede de solidariedade posta en marcha no ano 2014 polos Servizos Sociais do Concello de Brión para tratar de cubrir as necesidades básicas das familias máis desfavorecidas do municipio, máis aló das alimenticias que se siguen cubrindo co programa paralelo de recollida de alimentos. Trinta e nove familias que cada mes están á expectativa da chegada do mail que os informa das necesidades que xurden an contorna do noso municipio para ver se poden atendelas solidariamente. Grazas a esta cadea de solidariedade, nos últimos cinco anos cubríronse as necesidades de moitas familias en risco de exclusión social: roupa, calzado, material escolar, menaxe, mobiliario básico.... No que vai de 2019, atendéronse as necesidades de 25 persoas. Dende Servizos Sociais confirman que “a diferenza doutros anos, no 2019 o 90% das demandas de axuda parten de persoas en situación de retorno ou inmigración, que afrontan o regreso ou a saída dos seus respectivos países por problemas políticos ou de inseguridade, e que precisan dun gran apoio social”. Para formar parte desta

cadea de solidariedade só é preciso ter cumprido os 18 anos (ou 16 con autorización paterna ou materna). As persoas que queiran colaborar só teñen que dirixirse aos Servizos Sociais (no centro social polivalente) e cubrir un impreso no que indican os datos persoais e un correo electrónico. A este mail enviaranse mensaxes acerca das necesidades concretas detectadas, mencionando con exactitude que artigo se precisa e en que prazo é necesario cubrir esa necesidade. Ademais de garantir en todo momento o anonima-

to tanto de persoas doantes como de familias con necesidade, formar parte de Brión Solidario non supón ningún tipo de compromiso ou obriga, xa que o veciño ou veciña que participe só achegará o artigo demandado cando así o desexe. Unha colaboración que axuda a paliar a pobreza e evitar a exclusión social na súa contorna inmediata, tendo a total garantía de que as cousas que doan serven para cubrir necesidades reais, valoradas polos profesionais dos Servizos Sociais de Brión, e que as doazóns chegan realmente ás persoas que o necesitan.

CONTAS

O Orzamento 2019 ascende a 6,3 millóns e aumenta nun 23% a achega a servizos sociais O pleno municipal de Brión aprobou a mediados de marzo os Orzamentos Municipais para 2019, que ascenden a 6.326.110,96 euros, un 2,98% máis co exercicio anterior. As contas contaron co voto favorable dos 11 concelleiros de PSOE e PP, a abstención do BNG e o voto en contra do concelleiro non adscrito. O alcalde, José Luís García, explicou que “se trata dun orzamento eminentemente social que, considero, merece a aprobación de todos os grupos pois segue a liña dos anteriores, non ten subidas de impostos, non contempla débeda e onde a partida que máis sube de todas é a destinada a servizos sociais: un 23%”. Neste sentido, exemplificou que “se no exercicio anterior contamos con 15.700 horas de axuda a domicilio, neste ano contemplamos 19.800”. Así mesmo, tras o incremento de case o 23% no ano 2018, a partida destinada a investimentos reais volve medrar en 2019: 1,03%, ata chegar os 859.310,65 euros.

Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE OBRAS

Comezan as obras de ampliación da estrada DP-1301 da Gándara a Amañecida Orzamentadas en 325.000 euros, falta por ampliar o trazado nos primeiros 300 metros As obras de mellora da estrada provincial DP-1301 da Gándara a Amañecida, que suman un investimento de 324.968,31 euros, veñen de comezar. Durante este verán procedeuse á mellora da rasante, reparación dos defectos na capa de rodaxe e ancheamento da superficie cunha capa de zahorra, grava e tratamento superficial entre os pk 3,520 e 5,870. É dicir, entre o desvío ao recinto onde se celebraba a Festa do Cabalo ata o cruce de Vilar. As obras, contratadas pola Deputación Provincial da Coruña, tamén inclúen a ampliación e mellora do trazado nos primeiros 300 metros da DP1301 (entre os pq 0+047 e o 0+377), é dicir, entre a rotonda de acceso ás urbanizacións ata as beirarrúas de Liñares. A empresa Explotaciones Medioambientais SLU xa iniciou os traballos, realizando

os movementos de terra precisos antes do verán. Durante os próximos meses, a empresa procederá a ampliar a calzada da estrada ata os 7 metros de ancho, con 0,5 metros de arcén, ademais de revestir en formigón as cunetas da zona e pequenas melloras do trazado para a rectividación de curvas. As obras inclúen tamén a execución dun novo sistema de dre- Asfaltouse e ancheouse un tramo de 2 km da estrada naxe e recollida de pluviais que mellore as condicións de circulación con choiva e a ampliación da ponte, entre os puntos quilométricos 0,304 e 0,330, que se fará mediante un taboleiro. Deste xeito evitarase que a veciñanza teña que camiñar polas beiravías para achegarse ao cruce dos Ánxeles. As obras teñen un prazo máximo de execución de 5 meses, polo que estarán rematadas antes de que reXa se fixeron movementos de terras na contorna da ponte mate este ano.

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

Brión creará unha Mesa Local contra a Violencia de Xénero O alcalde, José Luís García, e a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, presidiron a Xunta Local de Seguridade de Brión, que acordou crear unha Comisión de Coordinación Policial e unha Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. A Comisión de Coordinación Policial suporá formalizar a boa coordinación que existe entre a Policía Local e Protección Civil de Brión coa Garda Civil e a Policía Nacional para garantir a execución das accións conxuntas previstas nos Plans de Seguridade e nos Plans Operativos que se adop6 | Concello de Brión

ten. Todos eles estarán tamén na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, á que se sumarán persoal dos Servizos Sociais e representantes dos centros educativos e do centro de saúde. En materia de loita contra a violencia machista, acordouse tamén a adhesión de Brión ao protocolo de colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para a protección de vítimas. Finalmente, analizouse a seguridade do municipio. En 2017 rexistráronse 13 delitos

contra as persoas, que baixaron a 7 no 2018. Ademais, aumentou nun 20% o número de delitos esclarecidos. Na reunión participaron tamén Marcos Delgado, xefe da Policía Local; Ismael Núñez, xefe de Protección Civil; José Pedro Cambón, daquela concelleiro de Seguridade; Victoria Varela, xefa de Servizos Sociais; Isabel Álvarez García, da Uni-

dade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación; Luís López Dapena, sarxento da Garda Civil de Brión; Luís Nicolás Arroyo Pérez, capitán xefe da Garda Civil de Santiago; Fernando Pedreira Lata, xefe operativo da Comandancia da Garda Civil; Juan M. Balebona Nieto, xefe do grupo de violencia intrafamiliar da Policía Autonómica.


ACTUALIDADE MAPA XERAL DE EMPRAZAMENTOS DE TRAMPEOS NO CONCELLO DE BRIÓN. CAMPAÑA 2019

MEDIO AMBIENTE

A trampeo profesional contra a Velutina sáldase con 840 raíñas capturadas en Brión Ademais de evitar o nacemento deses 840 novos niños, o trampeo realizado na primavera capturou 1.199 velutinas máis A campaña de trampeo profesional contra a avespa velutina posta en marcha polo Concello de Brión nesta primavera saldouse con 2.039 velutinas capturadas, das cales 840 eran raíñas. Isto tradúcese en que este ano houbo 840 niños de velutina menos no noso municipio. En total, instaláronse 107 trampas en distintos emprazamentos do municipio, se ben non estiveron todas operativas durante os catro meses que durou a iniciativa,

de marzo a xuño. Por parroquias, a maioría colocouse en Brión (25), Bastavales (18) e Os Ánxeles (14), seguidos por Luaña (13) e Cornanda (12). En Viceso puxéronse 8, unha máis ca en Ons e dúas máis ca en San Salvador. Finalmente, en Boullón colocáronse catro trampas e unha delas, instalada en Cantelar, foi a que máis raíñas capturou: un total de 37, das que 22 foron retiradas na primeira quincena de abril. Por meses, o maior número de capturas produciu-

se na segunda quincena de abril (223 raíñas) e na primeira quincena de xuño (243 raíñas), data na que tamén se capturaron 985 velutinas obreiras, o maior número de toda a campaña. Ademais deste trampeo, a campaña levada a cabo pola empresa SERPA Servizos Privados Anti Velutina incluíu tamén unha charla formativa á veciñanza, así como a divulgación de folletos informativos sobre como facer trampas caseiras e atraíntes dependendo do mes no que se estaba.

MEDIO AMBIENTE

Coidemos Brión: non tires enseres en lugares non habilitados O Concello de Brión lembra que dispón dun servizo municipal de recollida de aparellos eléctricos ou electrónicos (electrodomésticos, equipos informáticos, ferramentas eléctricas...), toda vez que a Mancomunidade Serra do Barbanza xa non presta este servizo desde hai 3 anos. Para solicitalo só é preciso chamar ao Concello (981 887 006) para organizar a recollida. Cando se trate doutro tipo de enseres, segue operativo o servizo que presta a Mancomunidade Serra do Barbanza (981 19 12 40), que se fai dúas veces ao mes. Lembra que está prohibido depositar inxustificado este tipo de residuos xunto aos colectores de lixo ou en lugares non habilitados para este fin. Facelo, ademais de supoñer unha afección ao noso extraordinario medio natural, tamén pode afectarche ao peto, pois en caso de incumprimento, o Concello está facultado para adoptar as medidas pertinentes, que no seu caso poderían incluír a imposición das sancións que procedan.

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE

Esta actuación permitirá substituír o alumeado actual de vapor de mercurio por tecnoloxía LED, reducindo nun 60% o consumo

ALUMEADO PÚBLICO

O Concello investirá máis de 285.000 € na mellora do alumeado nos Ánxeles, Brión e Boullón Permitirá unha diminución do consumo eléctrico e unha mellora da eficiencia enerxética destas instalacións

As luminarias son máis estreitas, o que facilita o paso dos peóns

O Concello de Brión vai investir un total de 285.451,46 euros na mellora do alumeado público de tres parroquias: Os Ánxeles, Brión e Boullón,

(IDAE). Ambos proxectos foron aprobados hai uns días, polo que as obras comezarán no último trimestre do ano. As obras permitirán cambiar

grazas á aprobación de dous proxectos de mellora da eficiencia enerxética aprobados polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía

todo o alumeado público da parroquia de Boullón, así como a avenida de Santa Minia ata o cruce dos Ánxeles e dende aí ata O Tremo.

COWORKING

Comezan as obras do espazo colaborativo “Daquí darredor” na área comercial Monte Balado A finais do pasado mes de agosto deron comezo as obras para adaptar a planta terceira da área comercial Monte Balado para acoller as instalacións do espazo colaborativo “Daquí darredor”, unha iniciativa pioneira en Galicia que permitirá a transformación de alimentos do sector primario de produtores locais de produtores locais de municipios da comarca de Santiago (hortalizas, conservas vexetais, zumes, cogomelos, cereais, marmeladas, carnes, embutidos, doces, produtos de panadería, etc.). Unhas obras nas que o Concello de Brión 8 | Concello de Brión

O Concello inviste 76.000 euros na adaptación do local inviste máis de 76.000 euros e que estarán rematadas antes de que finalice este ano 2019.

Paralelamente, durante este verán o Concello adxudicou tamén o contrato para o subministro do equipamento

que irá neste local, de acordo coas preferencias amosadas pola veciñanza nas reunións mantidas ao longo do último ano. Así, investiranse máis de 118.000 euros para dotar a este local de maquinaria propia de calquera cociña (lavalouzas, lavavasos, fregadeiros, conxeladores, fornos, instrumentos de cociña, freidoras, exprimidores...) pero tamén outras máis específicas como unha pasteurizadora eléctrica, dúas maceradoras, unha envasadora ao baleiro profesional... Así como todo o mobiliario preciso para as salas de formación e exposición.


ACTUALIDADE

Asfaltado do camiño de Mourentáns a Pousada de Abaixo

Traballos de mellora do camiño de Bemil a Soutullos

OBRAS

O Concello asfalta máis de doce quilómetros de seis estradas municipais Investiu máis de 455.000 euros de fondos propios nunhas actuacións realizadas entre xullo e mediados de setembro O Concello de Brión aproveitou este verán para mellorar o firme de seis camiños de titularidade municipal, que suman un total de 12,39 quilómetros de pistas (65.229 m2) e son as que maior tráfico soportan no municipio. A boa xestión económica permite financiar estas obras con cargo a fondos propios, de xeito que foron adxudicadas á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA por 445.241€. Nos seis casos a actuación é a mesma: colocar unha nova capa de rodadura de 5 centímetros de mestura bituminosa, previa reparación de fo-

chancas e posterior reposición da sinalización. No momento de pechar este número de Al- Arranxo dos 1,5 km entre Ons e Salaño Grande tamira, xa estaban rematadas as obras no camiño de Bemil a Soutullos, por Bastavaliños, onde tamén se reordenou o aparcamento na contorna da Igrexa de Bastavales. Tamén estaban finalizados os traballos no camiño de San Salvador ata o límite con Ames, a estrada de Ons a Salaño Grande e o entronque da rúa Fonte coa Avenida dos Ánxeles. Está previsto que a mediados de mes estean rematados o camiño de Mourentáns a Pousada de Abaixo por Forxán e a pista da Asfaltado do camiño de San Salvador a Ames, polo Outeiro Igrexa a Vioxo, por Tourís.

Traballos previos na pista de A Igrexa a Vioxo, por Tourís

Arranxo do entronque da rúa Fonte coa Avenida dos Ánxeles Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE

O novo pavimento continuo que se instalará a redor dos xogos aumentará a seguridade dos nenos e nenas fronte a caídas

OBRAS

O Concello investirá 47.000 € na mellora de tres parques infantís Instalarase un pavimento continuo de caucho que mellora a seguridade fronte a caídas desde os xogos O Concello vai investir algo máis de 47.000 euros na mellora de tres parques infantís: no Outeiro, no Tremo e na avenida de Santa Minia. Unhas instalacións que contan con xogos e ás que agora se dotará dun novo pavimento que aumentará a seguridade

dos nenos e nenas fronte a caídas desde os xogos e mellorará as condicións de limpeza das instalacións. As obras faranse de acordo ao esixido pola normativa europea, como a UNE-EN 11772018 para revestimentos das

As obras contan cun prazo de execución de dous meses superficies das áreas de xogo absorbedores de impactos. Nela especifícase que “existe unha variedade de materiais dispoñibles que permiten amortiguar o impacto, tales como baldosas de caucho”.

Deste xeito, o Concello de Brión continúa coa política de mellorar cada ano algún parque infantil, como xa aconteceu nos parques infantís de Monte Devesa, Gándara, Guitiande e Brión.

A cuadrilla municipal segue co proxecto de mellora de aldeas e camiños O Concello de Brión continúa co seu proxecto de mantemento e mellora de aldeas e camiños no municipio a través da compra de materiais e a execución dos proxectos mediante a cuadrilla municipal. Empregar medios propios permite facer máis actuacións e máis adaptadas ás necesidades da veciñanza, fronte aos proxectos desenvoltos por empresas externas. Neste verán, investíronse 42.079 euros na mellora das aldeas e camiños de Brans de Arriba e Aguiar. Nas próximas semanas continuarase en Sabaxáns e Osebe, onde o investimento será de 95.934 euros.

Novo camión de rego asfáltico O Concello vén de comprar por 45.000 € un camión de rego asfáltico de segunda man para mellorar as actuacións de conservación e mellora da rede viaria municipal que realiza a cuadrilla de obras. O vehículo dispón dun sistema de pulverización da emulsión asfáltica, de xeito que supón un avance sobre o sistema manual que se estaba a empregar ata o momento e permitirá lograr un resultado uniforme na estrada onde se actúe. Algo que xa puido comprobar a veciñanza da Luaña, onde se fixo o primeiro arranxo nos accesos ao campo de fútbol. 10 | Concello de Brión

Acometéronse melloras en Aguiar (foto) e Brans de Arriba


ACTUALIDADE MAIORES

Un total de 530 persoas participaron na XXXI Festa dos Maiores de Brión

VIAXE

Praga, destino da Excursión dos Maiores de 2019

A Festa dos Maiores, que este ano celebrou a súa edición número 31, deu inicio as celebracións do mes de setembro en Brión. Un total de 530 persoas, maiores de 65 anos e os seus cónxuxes ou parellas, participaron no xantar, que estivo presidida polo alcalde de Brión, José Luís García, á fronte de gran parte da corporación municipal. O xantar tivo lugar no pavillón polideportivo de Pedrouzos, servido polo restaurante A Magdalena. Un xantar onde as persoas participantes recibiron un paraugas como aga-

ACTIVIDADES

O Courel, Aguiño e a Ruta dos Faros, destinos do programa de sendeirismo Máis de 150 veciños e veciñas de Brión participaron este ano no programa de sendeirismo, enchendo as prazas dos autobuses dos tres destinos ofrecidos: a ruta do Río Pequeno, entre Seoane do Courel e Lugo; Aguiño; e a primeira etapa da Ruta dos Faros, entre Malpica e Niñóns. Tres roteiros que mesturaron espectaculares paisaxes coa súa riqueza culturail e patrimonial.

sallo conmemorativo da festa. A música correu a cargo de Ruth Gundíns, cantante finalista no Recantos do programa

Luar da TVG. A misa estivo amenizada polo Coro Briame, composto por mozos e mozas de Brión e Ames.

Ata o 17 de setembro estará aberto na Casa do Concello (981 509 910) o prazo de inscrición na Excursión dos Maiores, que este ano ten como destino Prago (Repúlbica Checa). Unha viaxe dirixida a veciños e veciñas de Brión maiores de 55 anos, acompañados polas súas parellas, que terá lugar do 19 ao 23 de novembro. A viaxe inclúe voos de ida e volta con IBERIA, catro noites nun hotel de tres estrelas no centro de Praga en réxime de pensión completa e numerosas visitas pola vila, un cruceiro polo río Moldava ou a visita á cidade balneario Karlovy Vary. O prezo por persoa é de 750 euros. Deste xeito, Praga toma o relevo de Roma, destino da Excursión en 2018 despois de que o Concello decidira cambiar estas viaxes. E é que despois de 30 anos de viaxes na Península, o Concello afronta o reto de organizar viaxes culturais fóra do noso país, toda vez que os nosos maiores poden seguir viaxando por España con mellores medios, ofertados polo IMSERSO. Revista Altamira | 11


ENTREVISTA

LUÍS LÓPEZ DAPENA, sarxento do Posto da Garda Civil de Brión

“Necesitamos máis colaboración da xente e que nos vexan como alguén de confianza a quen chamar” Luís López Dapena (Lalín, 1979) é dende hai quince meses o sarxento do Posto da Garda Civil en Brión. Casado e cunha filla, amósase moi contento co seu novo destino, “un dos mellores sitios nos que estiven”. Procedente da Garda Civil da Estrada, antes formou parte da Policía Xudicial, da Patrulla Fiscal e do Centro

de Operación e Servizos. Asegura que Brión é un sitio tranquilo, se ben percibe “unha falta de arraigo entre a poboación e a Garda Civil”. Algo que agarda reverter nos próximos meses, “achegándonos á xente, que vexan o servizo que prestamos e que nos vexan como alguén de confianza a quen chamar”.

- Canto levas en Brión? - Quince meses e espero que a estancia sexa o máis longa posible. Estou a gusto aquí: a xente, a carga de traballo, o persoal... É un dos mellores sitios nos que estiven. Viña dunha zona tranquila como A Estrada, onde estiven catro anos, pero hai moito traballo e pouca xente.

que sintan que teñen alguén a quen chamar. Isto está dentro do Plan Maior da Garda Civil porque moitas veces son vítimas de roubos e estafas. Imos por aló a diferentes horas, conversamos con eles e tamén a presenza disuasoria nosa.

- Unha falta de persoal que semella case unha demanda común a todos os postos... - Aquí teño dúas vacantes nestes momentos e se as cubrimos poderíamos ofrecer moitos servizos. Eu o que percibo dende que cheguei é que aquí a Garda Civil ten unha especie de baleiro non, o seguinte. Polo que sexa, non houbo un arraigo entre poboación e Garda Civil. Cando me incorporei había unha plantilla moi mermada e iso repercute en que o servizo que lle damos ao cidadán non é todo o bo que 12 | Concello de Brión

debería ser. Entón, a xente o que fai é chamar ao Milladoiro ou á Policía Local. - Como é a relación cos veciños e veciñas de Brión? - Imos pouco a pouco. Ao abrirse as comunicacións e ter que desprazarte moitos quilómetros, tendes a perder o contacto coa xente da súa demarcación. Necesitamos máis colaboración cidadá, xente que non teña medo a contar que veu un roubo o que coñece un caso de maltrato. A miña preocupación dende que me fixen cargo do posto é ter máis contacto coa poboación e que a xente nos vexa como un referente, como alguén a quen chamar en caso de necesidade. Por iso, cos Servizos Sociais estamos empezando agora a dar unha especie de seguridade e protección ás persoas maiores que viven soas no rural. Dámoslles pautas....

- En marzo tivo lugar unha Xunta Local de Seguridade na que se acordou constituír unha Mesa Local contra a Violencia de Xénero. É prevención ou paliar un problema en Brión? - É algo normal en entidades máis grandes de poboación. En Brión é un mecanismo que nunca está de máis e, sobre todo, servirá para poñer en contacto a distintos sectores: centro de saúde, educación, Policía Local, Servizos Sociais... para poñer en común a problemática. Debido ao período electoral e vacacional, imos iniciala en setembro. Nunca está de máis porque sen-

sibiliza á xente, se ben é certo que os casos que teñen aflorado en Brión non supoñen unha problemática grande. Ademais, a vantaxe que temos é que a Policía Local traballa de 10 aquí. Estamos sempre en contacto, saben que vítimas temos que protexer, nos botan unha man... - Nesa reunión tamén se acordou crear unha Comisión de Coordinación Policial, como está a funcionar? - Levamos reuníndonos cada dous meses dende abril. Pero o contacto, se non é diario, é todas as semanas. Poucas veces teño traballado con xente tan competente e profesional. Seguro que moita xente lembra o caso do exhibicionista ante menores no Tremo, realmente foron eles os que resolveron. Xa llo comentei á delegada do Goberno: a Policía Local de Brión son só tres pero valen como trinta. Eu grazas a


ENTREVISTA eles entérome de moitísimas cousas. Eles dinnos: mira que uns veciños escoitaron voces nesa casa e pode haber un maltrato. E nos centros escolares tamén. Por que? Porque eles teñen moita máis cercanía á xente e máis presenza na rúa. Por exemplo, ao estar todos os días dirixindo o tráfico no colexio xa crean un vínculo cos pais e nais. Nese aspecto “aproveitámonos” deles. - Polo xeral, a Policía Local é percibida como algo máis próximo e a Garda Civil vese con máis reservas... - Non sei se é porque poñemos multas ou por unha imaxe do pasado pero hai certos sectores que, se ben non rexeitan, tampouco se senten cómodos coa Garda Civil. Por iso queremos achegarnos á xente, que vexan o servizo que lle prestamos ao cidadán. O que pasou coa exhibición no polideportivo foi para min un xarro de auga fría porque a min me encargaron facela en Santiago. Eu fun quen propuxo facelo aquí e os mandos tiveron a ben aceptalo. Quizais din por suposto que ía haber unha colaboración ou houbo algún malentendido porque ao final todo se contaminou e quedas un pouco triste. Recoñezo que non fixemos un acto para comunicar ben en que consistía e iso fixo que os sectores máis críticos se foran á demagoxia: que se lle poñemos armas aos nenos, que que fai a Garda Civil nos colexios... Dóeme que se fixera demagoxia con algo que non tiña que ter causado ningún problema. Nós facemos un servizo. Podemos gustar máis ou menos pero estamos para atender a todos. - Segundo os datos, en 2018 houbo menos delitos ca en 2017 e aumentou nun 20% o número de delitos esclarecidos. - Iso é así porque hai unha preocupación e unha información conxunta. É difícil resolver pero, por exemplo, aquí tivemos unha actuación boa en outubro do ano pasado na que detivemos a varias persoas por roubo de ferramentas e material en vivendas, almacéns, galpóns... E recuperamos moita ferramenta.

Esas cousas son as que axudan a mellorar a percepción da xente. - Porén dá a sensación de que a xente opina que a delincuencia non deixa de subir. - O noso sistema xudicial é moi garantista, pero iso non significa que se deixe de investigar. Cando hai un roubo preocúpome de estar en contacto coa xente porque moitos pensan que poñen a denuncia e non van saber nada máis. Eu intento chamar á xente e dicirlle que estamos investigando. Non podo darlle os datos da investigación, pero si que vexa que algo se está a facer. Ás veces a xente é un pouco derrotista e pensa que non é preciso presentar unha denuncia porque non se vai facer nada. Iso si, cantos máis sexamos, máis faremos. - Falemos da mocidade, que está a pasar coas redes sociais e Internet? - Nas charlas que dou aos colexios, a miña especialidade é a violencia de xénero e o acoso escolar. O primeiro é dicirlles aos rapaces e ás súas familias que non usen a palabra acoso para todo porque se distorsionamos o concepto, pérdese o valor. Teño visto pais e nais que non autorizan a que o colexio tome fotos dos seus fillos nas actividades pero logo nos seus perfís abertos de Facebook e no WhatsApp teñen fotos deles. Iso é unha incongruencia. Sempre lles recomendamos que non expoñan a vida dos seus fillos nas Redes. É de sentido común pero moitos seguen facéndoo. Co tema do Ciberacoso hai unha modalidade, o “Grumming” que é tentar ter un encontro sexual con menores. E para iso empezan gañándose a túa confianza, son grandes “comerciais da sensibilidade”, vanse gañando a confianza do menor e rematan pedíndolle unha foto. E aí xa a fastidiaches porque con esa imaxe teñen acceso á túa xeolocalización. Entón piden unha foto núo e, se se nega, dinlle que saben onde viven e lles ameazan con contarllo aos seus pais. Os nenos adoitan quedar sorprendidos de que esa persoa saiba onde viven e é cando empeza a traballar o medo...

- Pode que haxa un déficit de educación no ámbito familiar? porque a ameaza é a mesma que hai trinta anos,o que cambian son os medios tecnolóxicos que se empregan. - Eu moitas veces dígolles aos rapaces: “se alguén vén pola rúa e vos pide 50 euros, llos dades?” Todos: noooon. E entón pregúntolles por que lles contan a súa vida por Internet e non saben que dicir. Outra cousa que tamén me preocupan son as apostas online que é un problema silencioso que está medrando: medrou un 25% a instalación de locais de apostas preto de zonas escolares. - Pero o problema é que se a familia non educa, quen o fai? O colexio? - Alguén ten que educar aos nenos porque iso se ten perdido. Un erro que nos din os profesionais que nos preparan para dar estas charlas é que na sociedade actual os fillos chegan a casa, se pechan na habitación e entran a Internet. É un erro porque non sabes que están facendo, con

quen están falando... Unha cousa é respectar a súa privacidade, pero observando ou formando. Se ti lle das cancha libre e non o educas, vai ter problemas. Agora a mocidade xa non está en Facebook, que é para vellos, está nos chats de xogos como o Fornite. Iso é outro mundo e aí non sabes con quen estás xogando. E se iso non llo transmitimos... Iso é algo que lle digo moito aos pais e nais, aínda que tamén digo que non son moitos os que asisten a este tipo de charlas. E eu pregúntome: onde están? Quixera pensar que están preocupados e formados pero teño comprobado que non é así. Dixitalmente nos levan moita vantaxe. Os nove anos de hoxe non son os nove anos nosos. Eu poño ás veces un exemplo moi esaxerado e pregúntolles aos rapaces: que pasaría se cando me deron a arma me dixeran: “aí a tes, búscate a vida”. Pois un móbil pode tamén facer moito dano: o acoso, as fotografías, distribuír un vídeo íntimo... Pero, claro, despois o gran agasallo das Comunións son os móbiles.

“Sen a formación axeitada por parte da familia, un móbil pode chegar a facer moito dano. Pero despois resulta que son o gran agasallo das Comunións” Revista Altamira | 13


EDUCACIÓN IES BRIÓN

Sara Picos recolle en Bruxelas o premio “Juvenes Translatores” da Comisión Europea É o segundo ano seguido que o IES Brión gaña o premio a nivel nacional Sara Picos Gómez, alumna do IES de Brión, vén de recoller en Bruxelas o seu premio como gañadora nacional da edición número doce do concurso “Juvenes Translatores”, que convoca a Comisión Europea e ao que se presentaron 3.252 persoas de 751 centros escolares da Unión Europea. A concelleira de Ensino, Yolanda Bouzas, destaca que “é o segundo ano seguido no que a mellor tradución de España sae de Brión, o que demostra a calidade do ensino que se imparte no municipio e polo que temos que felicitar tanto a Sara Picos como á comunidade educativa do IES de Brión”. Sara Picos recolleu o premio de mans de Günther H. Oettinger, comisario europeo de Programación Financeira e Orzamentos; e Rytis Martikonis, director xeral da Dirección Xeral de Tradución. A alumna do IES Brión acudiu a Bruxelas acompañada pola súa profesora Bernice Finn Kieran, que

xa o ano pasado estivera aló canda Pablo Villar Abeijón, alumno brionés que gañou a undécima edición do “Juvenes Translatores”. Sara explica que “decidí participar en Juvenes Translatores porque es una buena manera de promover la diversidad lingüística y cultural. Siempre me han gustado los idiomas y creo que son esenciales para el desarrollo personal. Son realmente útiles en todas las áreas profesionales y también permiten un gran intercambio cultural entre

CEIP DE PEDROUZOS

O CEIP de Pedrouzos acolleu unha semana de xogos alternativos O patio do CEIP de Pedrouzos acolleu a principios do mes de xuño unha semana de xogos alternativos, programados pola ANPA Andaravía para o tempo de recreo e coordinados por un equipo de monitores e monitoras contratados para a ocasión. Así, o alumnado do centro puido desfrutar de distintos xogos, agrupados en cinco días. Así, na primeira xornada tiveron lugar os xo14 | Concello de Brión

gos da petanca, tira soga, fútbol sen balón e pano. A segunda sesión incluíu bolos e bolos celtas, carreiras de sacos, quitar os rabos ao raposo, galiña e pedra. Para o mércores quedaron as carreiras de zancos, a ra, atrapa a bandeira e un escondite cooperativo. A actividade pechouse con xogos tradicionais como o aro na botella, a petanca, pano, aire, terra e mar, bolos, carreiras de sacos, araña e pedra-papeltesoira con panos.

personas de diferentes nacionalidades”. Foi distinguida por unha tradución do inglés ao castelán. FUTURA ENXEÑEIRA A alumna do IES Brión apunta que “aunque no lo hago muy a menudo, me encanta viajar. Me gustaría visitar los países escandinavos, especialmente Suecia y Finlandia, ya que estoy enamorada de su cultura y paisaje”. De cara ao futuro, indica que “me gustaría trabajar en algo relacionado con la ingeniería porque me encanta encontrar so-

luciones a través de la ciencia. También tengo una pasión por la astronomía y la robótica”. De feito, Sara Picos formou parte do equipo BrionXBOT, que gañou o primeiro premio do concurso “Sensores 2018” de IGACIENCIA e o premio “Desafío programación” nos “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D”, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Sara considérase “una persona curiosa y creativa que disfruta aprender sobre cualquier cosa. Me encanta el baloncesto, el deporte que llevo practicando desde los 6 años. En mi tiempo libre me gusta salir con mis amigos. También me encanta escuchar música y sentir algún tipo de magia”, sendo “Queen” a súa banda favorita. Este non é o primeiro premio nacional que recolle Sara, que en 2017 gañou o IV Concurso Científico Literario da Escola de Máster e Doutorado da Universidade da Rioja.


EDUCACIÓN IES BRIÓN

O IES de Brión gaña o Premio ao Mellor Videoclip na cuarta edición do eMove Festival “Mais eu non son eu” foi galardoado na categoría de 1ª ciclo da ESO O IES de Brión vén de gañar o Premio ao Mellor Videoclip na categoría de 1º ciclo da ESO na cuarta edición do Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais “eMove Festival”. Este festival está impulsado pola Federación de Academias e Productoras e nel competiron centros educativos de toda España. Dende a organización deste certame salientaron “o alto nivel de calidade audiovisual das pezas participantes. Un gran traballo o dos estudantes que participaron, que fixeron que a tarefa de elixir os gañadores sexa máis complicada ca nunca”. O IES de Brión recollerá o galardón o vindeiro 19 de outubro, no transcurso da Gala dos Premios eMove Festival que terá lugar en Kinépolis Madrid Cidade da Imaxe. Un novo recoñecemento ao tra-

ballo realizado por un total de trece alumnos e alumnas de Educación Secundaria dirixidos pola profesora Ana Cadenas. “Recibimos o premio polo videoclip Mais eu non son eu –na súa versión en inglés-; unha produción que foi creada enteiramente polo estudantado. Foi un traballo feito con moitísima dedicación e que os rapaces e rapazas crearon con absoluta liberdade”. O videoclip Mais eu non son eu presenta “unha canción de amor baseada nun poema que os e as estudantes participantes crearon e musicalizaron”. Con esa base elaborouse un completo vídeo protagonizado por eles e elas mesmos, coa colaboración de Ana Cadenas e de familiares e amizades. Este mesmo traballo tamén recibiu outros recoñecementos, como o do Premio

especial Olloboi Zamburrioi do Festival Olloboi (Boiro). Ademais, o videoclip tamén

quedou finalista no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

PREMIO

O alumnado de 1º de Bacharelato logra o segundo premio no concurso “Sensores 2019” O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico do IES Brión foi distinguido co segundo premio do concurso “Sensores 2019”, convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. O xurado recoñeceu a calidade do proxecto interdisciplinar “Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos”, un visor de figuras, modelos e lugares que permite á persoa que o utiliza obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empre-

gando o xiroscopio dun dispositivo móbil. O acto de entrega do premio tivo lugar o 20 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, onde os alumnos Victor Sloth Sixto e Óscar Suárez fixeron unha breve presentación do proxecto brionés. Un proxecto que foi evolucionando ata o final de curso, ampliando o repertorio de gráficos dispoñibles e creando unha páxina web coas versións para móbil e ordenador. O alumnado im-

plicado fixo unha exposición cos resultados do proxecto para difundilo entre o alumnado doutros niveis, que desfrutou dunha experiencia inmersiva subindo por escaleiras virtuais, sobrevoando as Cíes ou adentrándose en moléculas de diferentes compostos. Parabéns, pois, para Alejandro Ariza Aba-

ña, Miguel Gil Seoane, Julia Hervella Sáinz de la Torre, Álvaro Patrón Mayo, Breixo Rudiño Lorenzo, Carlos Andrés Ruíz Abete, Iván Veiga Feteira e Javier Villar Abeijón, así como aos mencionados Víctor Sloth Sixto Poulsen e Óscar Suárez Montes, e aos seus mestres Luz Ramos López e Xabier Lorenzo Abalde. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES FORMACIÓN

Cursos de monitor de transporte e prevención de riscos A Aula CEMIT acollerá dous cursos formativos en setembro e outubro, cun desconto do 50% para persoas desempregadas. O Curso de Monitor de Transporte e Comedor Escolar durará 40 horas e impartirase do 2 ao 17 de outubro, en horario de luns a xoves de 9:30 a 13:30 h. A maiores, o alumnado cursará 20 horas de prácticas. O prezo é de 40€.

MOCIDADE

Visita de 40 mozos e mozas de Guillena A relación entre os Concellos de Brión e Guillena comezou co gallo da Exposición Universal de Sevilla do 1992 Un grupo de corenta mozos e mozas de Guillena (Sevilla) visitou o pasado mes de xullo Brión, reeditando así os intercambios xuvenís entre ambos municipios iniciados no 1992 co gallo da Exposición Universal de Sevilla. Agora, 27 anos despois, os fillos e fillas daqueles primeiros rapaces a rapazas de Guillena volven a Brión para coñecer este pobo do que tanto escoitaron falar.

O Curso de Prevención de Riscos Laborais ten unha duración de 60 horas, das que 20 serán presenciais. Esas clases terán lugar o 23 e 25 de setembro e o 22 e 24 de outubro, de 16:30 a 21:30 h. O prezo é de 50€. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura, no 981 50 99 08 ou en empregobrion@ gmail.com ata unha semana antes do curso.

O alcalde, José Luís García, foi o encargado de darlles a benvida oficial “á súa casa” e agradeceu que “estas boas relacións entre Guillena e Brión non se perdan no tempo”, instando ao mantemento deste tipo de intercambios. Seguidamente o grupo visitou a capela e a carballeira de Santa Minia, así como a igrexa de San Xulián de Bastavales, onde desfrutaron do toque de campás que o campaneiro, de xeito excepcional, fixo na súa honra.

ACTIVIDADES

As relacións entre os Concellos de Brión e Guillena co-

Aberta a inscrición nas actividades do polivalente Piscina, Mente Activa, Ximnasia, Informática e grupo de teatro conforman o programa de actividades que o Centro Social Polivalente oferta aos veciños e veciñas maiores de 60 anos para o curso 2019/2020. Unha oferta á que hai que engadir Manualidades, que non ten límite de idade. Máis información e matrícula no Polivalente do 9 ao 17 de setembro. As actividades comezarán o luns 1 de outubro, se ben o Carné de Baile non se renovará agora. Haberá que agardar ata o vindeiro 1 de decembro. 16 | Concello de Brión

MAIORES

O alumnado de Mente Activa e Ximnasia de Mantemento visita Santiago Unha trintena de maiores dos cursos de ximnasia de mantemento e Mente Activa fixeron unha visita guiada a Santiago. Acompañados pola súa monitora, Elena Remesar, percorreron distintos enclaves do casco histórico, aproveitando para visitar o renovado Pórtico da Gloria, o Hostal dos Reis Católicos e os pazos de Xelmírez e Fonseca. Esta viaxe puxo o broche de ouro ás actividades promovidas polo Concello para favorecer o envellecemento activo.

mezaron no 1992 co gallo da Exposición Universal de Sevilla. “Durante ese verán queriamos levar un grupo de rapaces e rapazas a visitar a exposición e, buscando poboacións preto de Sevilla de características similares a Brión na que poder aloxar aos nosos nenos e nenas, apareceu un pouco por casualidade Guillena. Durante ese verán, o colexio publico de Guillena acolleu gustosamente aos 150 brioneses que puideron desfrutar duns inolvidables días de amizade, diversión e convivencia”, lembra José Luís García.

Pero a cousa non quedaba aí, pois o ano seguinte celebrábase en Compostela o Xacobeo’93 e os guilleneros devolveron a visita a Brión traendo un numeroso grupo de nenos e nenas que se aloxarían no CEIP Pedrouzos. Tal foi o éxito deste intercambio que se volveu a repetir nos anos 2005 (cando os guilleneros visitaron Brión), no 2006 (os brioneses viaxaron a Guillena) e no 2010 (onde os brioneses foron a Guillena e, na viaxe de volta, guilleneros visitaron Brión). Queda por ver se a mocidade brionesa devolverá a visita o ano que vén.


CULTURA E DEPORTES PROGRAMACIÓN CULTURAL

Teatro, monicreques, igualdade, dinamización da lectura e música marcarán o próximo trimestre O magosto terá lugar o venres 29 de novembro na Carballeira O Departamento de Cultura está a ultimar un amplo e variado programa de actividades para o vindeiro trimestre, que che avanzamos nesta Altamira. Terán lugar en dous espazos escénicos: a sala municipal de exposicións (para as actividades de Ler Conta Moito, exposicións e presentacións) e o centro social polivalente (para os espectáculos teatrais e cómicos). Todas elas con dúas características comúns: son de libre acceso e totalmente de balde. Así, dentro do programa Ler Conta Moito, a sala de exposicións municipais acollerá os espectáculos “Radio Bule Bule”, de Paco Nogueiras (13 de setembro); “Cantamos”, de Luís Valdecillo (20 de setembro); “O neno que quería ser mago”, do mago Javier Muro (11 de outubro) e “1, 2, 3 a que non o ves?”, de Trémola Teatro (25 de outubro). As catro actuacións terán lugar ás 18:00 horas.

Brión volve apostar pola inclusión

Pola súa banda, as actuacións no centro social polivalente terán lugar ás 20:30 horas e formarán parte do programa de actuación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Durante o mes de outubro están programadas as actuacións de Ibuprofeno Teatro, con “O furancho”; e Mónica Camaño, con “Laboratorio de Estremonías”. En novembro, dúas actuacións máis: De Ste Xeito Producións, con “Loló e mamá”; e Volta e dalle teatro,

con “Falar por falar”. E para decembro temos reservado un exitoso espectáculo de pompas de xabón especialmente recomendado para un público familiar: “Os fabulosos Cleaners”, de Malasombra Produccións. O programa completarase cos tradicionais Festival de Monecadas, do 20 ao 22 de setembro; e co magosto con chocolate con churros de balde, que terá lugar na carballeira o venres 29 de novembro.

Unha modalidade aparte deste programa Ler Conta Moito estará dedicada a Igualdade e presentarase durante o mes de outubro. Así, poderemos desfrutar das actuacións de Elisa Alfaya, con “Somos iguais na maxia”; Soledad Felloza con “Bolboretas”; e Xarope Tulu. Novamente as tres actuacións terán lugar ás 18:00 horas. VIDAL BOLAÑO Aínda que todavía falta determinar a data exacta, xa che adiantamos que durante o mes de outubro o escritor Manuel Quintáns virá a Brión a presentar un libro moi especial “A poética teatral na obra de Roberto Vidal Bolaño”. Ese mesmo mes está prevista unha exposición de pintura e escultura de Veiras Manteiga e Rivero de Aguiar. Para novembro quedará unha segunda, da man de Fernando Yáñez.

Brión participa nunha iniciativa para a recuperación dos cantos de arrolar O 14 de decembro terá lugar un concerto en familia a cargo de Esperanza Mara, unha soprano de Noia que está a desenvolver un proxecto de recuperación e divulgación dos cantos de arrolar nas comarcas de Santiago e o Barbanza chamada “Tecendo soños”. Unha iniciativa que conta co patrocinio do Concello de Brión e que inclúe un estudo musicolóxico destes cantos e a edición dun CD con eles, para que poidamos lembrar o que as nosas avoas lles cantaban ás nosas nais e pais. Un traballo de campo no que teñen colaborado veciñas de Brión.

Tras o éxito da primeira edición, do 22 ao 24 de novembro volve o Festival Brión Inclúe, cun programa cultural pensado para a inclusión transversal das persoas con calquera tipo de discapacidade. Elas volverán ser as protagonistas da oferta cultural do Brión Inclúe, como creadoras de cultura e ofrecendo á veciñanza de Brión unha programación cultural de calidade e variada, que incluirá exposicións, obradoitos, teatro, música e danza. Unha iniciativa na que o Concello volverá a contar coa colaboración de CulturActiva.

Segunda edición da Feira Labrega Outra iniciativa que semella ter collido data, o domingo antes da Santa Minia, é a Feira Labrega de Brión. A carballeira volverá acoller o 22 de setembro unha vintena de postos de artesanía, alimentación ecolóxica, produtos de segunda man, viveiros... Así mesmo, volverase incidir na posibilidade de participar na iniciativa “Daquí Darredor”, toda vez que xa están en obras (como podes comprobar na páxina 8 desta mesma revista) as instalacións para a posta en marcha deses espazos colaborativos que servirán para apoiar ao sector agrogandeiro da comarca. Unha iniciativa do Concello, a Deputación e o GDR Terras de Compostela. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES TEATRO

Xavier Lama consegue o primeiro Premio Laudamuco O alcalde propón que en próximas edicións “se poña en escena a obra gañadora” “Hai concellos que apoian certames de narrativa ou de poesía, pero son escasos os que apoian a escrita dramática. Por iso é de agradecer iniciativas como a do Concello de Brión e desexar que teña continuidade”. Así iniciaba Xavier Lama o seu discurso tras recibir de mans do alcalde José Luís García o Premio Laudamuco, convocado polo Concello en colaboración coa Academia Galega de Teatro (AGT) e Edicións Positivas para promover a creación de textos teatrais en galego e honrar a figura de Roberto Vidal Bolaño. Luma Gómez deu lectura á acta do fallo do premio en nome do xurado composto por Rosa Álvarez, María Barcala, Manuel Guede e Damián Villalaín. Xavier Lama foi distinguido pola obra “Na miña alma ouvea un lobo”, unha peza que define como “unha historia de amor e inmenso desamor. Está centrada nunha muller que viviu unha historia de decepción ao descubrir que o seu amor era falso, que conviviu catro anos cun axente da policía se-

Participantes no acto de entrega do Premio Laudamuco, fronte ao busto na honra a Vidal Bolaño creta co que tivo un fillo. Un enigma que parte dunha investigación sobre un caso real realizada en 2011 polo xornal The Guardian”. Un traballo polo que o escritor de Guntín levou 7.000 €, unha figura en bronce de Xosé Vizoso e viu a súa obra editada por Edicións Positivas. O alcalde agradeceu a colaboración da AGT e Edicións Positivas e dixo que “nesta primeira edición, o Laudamuco gañouse a súa continuidade. Así o confirmou o xurado, que destaca non só a gran cantidade de obras presentadas a concurso, 54, senón tamén o

gran nivel de calidade de cada unha delas. Creo que deste xeito cumprimos un dos desexos do noso benquerido Roberto, quen sempre lamentou a falla de textos teatrais en galego”. Por iso, recolleu o guante lanzado polos participantes no acto: “ao mellor temos que traballar para que na próxima edición tamén se garanta a posta en escena da obra gañadora”. O director de Edicións Positivas, Francisco Macías, dixo que “un dos nosos obxectivos é publicar e potenciar as obras de Roberto, un dos grandes escritores da literatura gale-

ga”. O vicepresidente da AGT, Eduardo Alonso, destacou que “o teatro estrutura e constrúe país. O teatro que vai xerando país é o que se representa, pero o que se escribe xera consciencia. E cando ambos coinciden, danse os séculos de ouro dos países. O noso aínda está por chegar”. Un punto no que incidiu o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, quen aventurou que “Brión pode ser o continuador da tradición nacida en Ribadavia. Capitanear unha iniciativa como o Laudamuco é algo que nos vai dar un sitio no mundo e na cultura”.

CULTURA

Homenaxe a Luís Romero e Joan Raset nos Encontros Un total de 22 artistas participaron nos XIV Encontros coa Arte, que se ben estaban dedicados á memoria de Antón Fraguas, incluíu tamén unha homenaxe a dous pintores recentemente falecidos e participantes en edicións anteriores: Luís Romero e Joan Rasset. A novidade deste ano foi o obradoiro de acuarela no CEIP de Pedrouzos e no IES de Brión, a cargo do pintor José Antonio Regidor. 18 | Concello de Brión


CULTURA E DEPORTES DEPORTES

A XXXVII Carreira Pedestre da Amaía terá lugar na tarde do sábado 5 de outubro O prazo de inscrición estará aberto ata as 14:00 horas do 2 de outubro O Concello de Brión abre o prazo de inscrición na tradicional Carreira Pedestre da Amaia, que este ano chega á súa edición número 37. Unha proba que terá lugar o sábado 5 de outubro, a partir das 17:00 horas, na Carballeira de Santa Minia e na que poderán participar atletas federados e non federados, que estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Incluída no Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, as inscricións na XXXVII Carreira Pedestre da Amaia poderán formalizarse ata as 14:00 horas do mércores 2 de outubro a través da web www.carreirasgalegas. com. As inscricións dos adultos custarán 5 euros, mentres que as dos menores de 12 anos son de balde.

clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

En vista do éxito conseguido na edición anterior, na que participaron un total de 431 atletas, a organización da proba decidiu manter o mesmo circuíto: mais rápido, menos duro e mais vistoso ca en edicións anteriores, con saída e chegada na Carballeira de Santa Minia. Así, os participantes darán dúas voltas a un circuíto de 4,75km (98% asfalto e 2% terra en bo estado), completando un total de 9,5 km.

A carreira repartirá mais de 1.000 euros en premios e agasallará a todas as persoas participantes con camisetas técnicas conmemorativas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 200, 170 e 150 euros, respectivamente. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros

As categorías dos pitufos e prebenxamíns non serán competitivas, polo que todos recibirán cadansúa medalla. O Concello porá a disposición de todos os corredores o pavillón polideportivo para que se poidan duchar, así como un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura. A Carreira Pedestre da Amaia é unha das probas atléticas máis importantes do panorama galego. Con 37 anos de antigüidade, é unha proba de referencia na comarca de Santiago que ten lugar todos os anos xusto despois da tradicional Romaría de Santa Minia.

DEPORTES

A V Andaina Terras de Altamira consolídase como unha proba de referencia en Galicia Bateu o récord de participación: 511 persoas A V Andaina Terras de Altamira rematou por bater todos os seus récords de participación. Un total de 511 persoas tomaron a saída da carballeira de Santa Minia para percorreren 14, 36 ou 50 quilómetros polos montes brioneses, segundo a súa vontade e as súas capacidades físicas. Unha proba organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo e Be One Fitness & Sport. O alcalde, José Luís García, e o director da proba, José Ma-

nuel Trigo, deron a saída aos participantes, chegados de todas partes de Galicia, así como de Portugal. O tempo acompañou, o que permitiu aumentar en 108 persoas o número de participantes con respecto ao ano pasado e quintuplicar a participación da primeira edición. José M. Trigo amosa a súa satisfacción porque “é a demostración de que as persoas participantes valoran moito a calidade da ruta e o traballo que facemos dende a organización”.

Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES

Aberto ata o 13 de setembro o prazo de inscrición nas actividades culturais e deportivas 2019-2020 Darán comezo o 1 de outubro e os prezos mantéñense con respecto ao último lustro O Concello ten aberto o prazo de inscrición no seu programa de actividades culturais e deportivas para o novo curso 2019-2020. A inscrición deberá realizarse de xeito presencial na Casa da Cultura de Brión, en horario de 9:00 a 14:00 horas, antes do 13 de setembro. Os horarios poden consultarse na web (www. concellodebrion.gal). O programa de actividades, que darán comezo o 1 de outubro, inclúe unha vintena de propostas deportivas, culturais e formativas. Os prezos mantéñense con respecto ao último lustro, é dicir, 80 euros/ano por actividade coas excepcións do Club Camaleón e o Club de lectura (de balde), Aula de Idiomas (150 euros/ ano) e Ioga (120 euros/ano). O Concello mantén tamén os descontos establecidos, de xeito que bonificará cun desconto do 50% do custo da actividade nos casos de inscrición nunha segunda actividade. Así mesmo, haberá bonificacións especiais para as familias, non

No que atinxe á Escola Municipal de Danza e Música Tradicional ofertará tres cursos: Baile Galego, Pandeireta (ambos para maiores de 4 anos) e Gaita e Percusión (maiores de 6 anos). O programa tamén inclúe tres actividades na área de formación e mocidade e que terán lugar no centro social polivalente: iniciación á pintura (dirixido a veciños/as entre 6 e 16 anos), Teatro Infantil e xogo dramático (con dous grupos: de 3 a 5 anos e de 8 a 9 anos) e as clases de inglés da Aula de Idiomas (dirixidas a nenos/as entre 4 e 15 anos).

acumulables coa bonificación anterior. As familias con dous fillos terán un 50% de desconto nas actividades do seu segundo fillo. E as familias numerosas terán unha bonificación do 100% a partir do terceiro fillo. Ademais, o Concello permitirá o pago en dúas cotas: novembro-decembro e de marzo-abril.

O programa de actividades culturais inclúe dúas propostas. A Biblioteca Municipal oferta o club de lectura (mensual e para maiores de 16 anos) e o Club Camaleón (actividade de fomento da lectura para nenos/as de 3 a 8 anos coas súas familias). As inscricións faranse na biblioteca a partir do 9 de setembro.

No que atinxe ás actividades deportivas, as Escolas Deportivas inclúen este ano predeporte (de 3 a 6 anos), fútbol sala (de 5 a 13 anos), ximnasia rítmica (de 4 a 16 anos), iudo (de 6 a 16 anos), patinaxe (de 5 a 16 anos), fútbol-7 (de 5 a 9 anos), tenis (de 6 a 16 anos) e hockey (de 6 a 16 anos). A oferta deportiva para os maiores de 16 anos inclúe tres grupos de ioga.

FÚTBOL SALA

Os infantís das escolas deportivas, campións provinciais da Liga de Fútbol Sala en Idade Escolar O equipo infantil das escolas deportivas municipais de Brión proclamouse campión provincial da Liga de Fútbol Sala e Idade Escolar, cuxa fase final se xogou no polideportivo municipal de Noia. Os xogadores que dirixe o técnico de Deportes, José Manuel Trigo Romero, lograron deste xeito a máxima distinción á que poden acceder na súa categoría, xa 20 | Concello de Brión

que nestas idades non hai fase autonómica. Os brioneses derrotaron na semifinal ao Concello de Curtis por 7-4, vencendo na final provincial ao Colexio Compañía de María da Coruña por un contundente 10-1. Así, este grupo de rapaces desquítase do acontecido o ano pasado cando, como alevíns, se proclamaran cam-

pións da fase intercomarcal pero caeran na final ante o equipo local do Betanzos,

nun partido que afrontaron con moitas baixas. Sorte para a vindeira temporada!


HISTORIAS DE BRIÓN

Un xesuíta brionés na educación de Fidel Castro, o P. Felipe Rey de Castro ministrador da residencia, dá clases de Apoloxética no Colexio de Belén, organiza catequese no barrio de Las Yaguas e no ano 1938 funda a Asociación Católica Universitaria, que aínda perdura nos Estados Unidos. En 1945 funda a revista Lumen, que se publicará ata 1951, e outra máis co título de Esto Vir, dirixe durante varios anos quendas de exercicios espirituais, predica misións e ensina no Centro Superior de Cultura Relixiosa. Falece na Habana o 12 de febreiro de 1952, cando contaba 63 anos de idade. No Colexio de Belén debeu ter como alumno a Fidel Castro, pois o futuro Presidente estudou alí o Bacharelato entre os anos 1942 e 1945, sendo recoñecido como o mellor deportista do curso 1944-1945. No seu tempo, o Colexio de Belén estaba reputado como o mellor centro educativo do país (con certo engolamento, dicíanlle “el Palacio de la Educación”). Curiosamente, unha das primeiras accións de Fidel Castro cando en 1959 acadou o poder, foi incautarse do colexio onde el estudara e convertelo en “Instituto Técnico Militar José Martí” (non deixa de ter ironía o cambio revolucionario: de “Palacio de la Educación”, a sede militar). O inmenso edificio está catalogado como monumento nacional. Poida que moitos recoñezan o lugar, pois ao pé del está situado o famoso Cabaret Tropicana, visita obrigada do turismeo nocturno da illa. Perdida a xoia que tiñan na Habana, os xesuítas foron detrás dos exiliados do réxime castrista e de contado trasladaron Retrato do padre Felipe Rey de Castro. a institución a Miami, onde ven funcionando co mesmo nome de “Colexio de Belén”. Hoxe está considerado como un dos 50 Hai un ano, representantes da Agrupación Católica Univer- mellores centros educativos dos Estados Unidos. sitaria (ACU), de Miami (Florida), puxéronse en contacto co En Brión vivía a nai de don Felipe, Xoana Castro, que faConcello de Brión solicitando datos biográficos do seu fundador, o brionés padre Felipe Rey de Castro. aAunciaban unha leceu meses despois do fillo. Ao non deixar descendencia, a visita á nosa capital de Pedrouzos con motivo da peregrinación casona familiar (a “casa de doña Juanita”), coa finca anexa de que preparaban a Santiago un grupo de membros da organi- máis de dúas hectáreas no medio de Pedrouzos, quedoulle en zación de Miami e de Wasington, Tamén indicaban que están herdo á Igrexa, sendo rehabilitada e convertida non hai moitos anos en reitoral da parroquia de Brión. facendo xestións para promover a canonización do P. Felipe.

q

Por máis que sexa bastante descoñecido na súa terra, o P. Felipe Rey de Castro é un dos personaxes máis ilustres que deu Brión no pasado século. Nacera en Pedrouzos en 1889, hai agora 130 anos. Aos 18 anos, ingresa no noviciado da Compañía de Xesús de Carrión dos Condes (Palencia) e, ata a súa ordenación sacerdotal no ano 1923, segue as etapas da súa formación en distintas localidades: Retórica en Burgos, Filosofía en Oña, Maxisterio en Orduña, Teoloxía en Limburgo (Holanda). Con posterioridade, reside en Manresa (Barcelona), onde fai a terceira probación (votos temporais) e en 1926 trasládano ao prestixioso Colexio de Belén, da Habana, onde é nomeado secretario do mesmo. Alí formula os votos perpetuos. Volve logo a Xixón como Prefecto do Colexio da Inmaculada e dá clases de Matemáticas e Relixión. De novo na capital da Habana en 1931, ata súa morte. Durante estes anos, desenvolve un labor pastoral inxente. Traballa coas Congregacións Marianas de mozos universitarios, escribe unha historia da casa dos xesuítas da illa, exerce de adRevista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

UN NOVO MURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO CAMPO DE FÚTBOL A artista compostelá Lidia Cao, técnica superior en ilustración pola EASD Pablo Picasso da Coruña, vén de realizar un mural no campo de fútbol municipal de Brión, dentro do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero. Unha iniciativa promovida polo Concello de Brión e financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado da Igualdade.

GRAN PARTICIPACIÓN NA CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS Centos de nenos e nenas de Brión, así como as súas familias, participaron no acto de clausura das escolas deportivas municipais 2018-2019, celebrado no polideportivo municipal de Pedrouzos. Durante esa tarde, os compoñentes das distintas modalidades deportivas que se imparten no municipio (predeporte, fútbol sala, ximnasia rítmica, iudo, patinaxe, tenis e hockey) realizaron pequenas exhibicións nas que amosaron todo o aprendido ao longo deste curso.

UNS 650 NENOS E NENAS HOMENAXEAN A ANTON FRAGUAS Uns 650 nenos e nenas de Brión e máis de medio cento de adultos participaron na Festa das Letras na Carballeira, un evento organizado polo CEIP de Pedrouzos en colaboración co Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas. Unha actividade na que participaron nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP e das escolas unitarias de Luaña, Bastavales e Os Ánxeles. Polo escenario da Carballeira de Santa Minia foron pasando os distintos cursos, que ben optaron por reproducir algún texto de Antonio Fraguas, ben cantaron e bailaron distintas pezas tradicionais

ÉXITO DA SEXTA EDICIÓN DO FESTIVAL FOLCLÓRICO DE BRIÓN A carballeira de Santa Minia acolleu o pasado domingo 21 de xullo a sexta edición do Festival Folclórico de Brión. O tempo acompañou, o que animou a numerosos veciños e veciñas a achegarse á actuación, que encheu de baile e música a esplanada posterior da capela de Santa Minia. Un evento musical no que participaron o obradoiro de cultura tradicional Chorima, do veciño concello de Rois, así como as escolas de danza e música tradicional do Concello de Brión.

22 | Concello de Brión


ULTIMA PÁXINA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR...

Revista Altamira | 23


t

34

anos

NOVA APP GRATUÍTA “BRION INFORMA” PARA TODA A VECIÑANZA “Brión informa” é unha útil ferramenta de comunicación baseada nunha aplicación para dispositivos móbiles que permite recibir no teléfono intelixente ou na tablet conectados á internet: anuncios, bandos, novas e información municipal de diversa índole, de xeito directo e inmediato. Asemade, calquera cidadán poderá transmitir ao concello incidencias, consultas ou propostas, de maneira rápida e sinxela, a través de texto complementado por imaxes e localización xeográfica. A app pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscar polo nome “Brión Informa”) para os usuarios da plataforma Android ou na App Store (procurar “Bandomovil”) para os dispositivos con IOS de Apple.

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal