Issuu on Google+

Altamira Revista Municipal do Concello de Brión

Nº 71 - XULLO DE 2008 - ANO XXII

paxs.

Encontros Encontros coa coa Arte, Arte, chega chega oo verán verán

paxs.

Asociación de Empresarios

Brioneses: Olga Ramos

4-5

pax.

Novo campo de fútbol

8

12-13


SUMARIO / AVANCE

Altamira

Dir ec c ións:

B IBL IOT ECA MU N I C I P AL Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l./Fax.: 98 1 5 0 99 69 CASA DA CUL T UR A Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 50 99 0 8 Fax.: 98 1 50 99 69 CASA DO CONC E L L O Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 2 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 0 6 Fax.: 98 1 8 8 7 4 3 1 CEIP PEDROUZO S Rúa Pase o d e Pe dr o u zo s , n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l./Fax.: 98 1 88 70 8 0

José Luís García García Alcalde do Concello de Brión

CENT RO DE SAUDE Rúa d as Ped ri ñ as , n º 3 1 58 65 - B ri ón T e l. L iña 1 : 98 1 8 8 77 0 1 T e l. L iña 2: 98 1 8 8 77 0 2 CENT RO SOCIA L P O L I V AL E N TE Avd a. d e Santa M in ia, n º 4 6 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 50 99 10 Fax.: 98 1 50 99 78 ESCOL A INFANTI L M UN I C I P AL Ag ro Novo, nº 12 5 1 528 0 - Os Ánxe le s T e l.: 98 1 8 8 77 4 2 ESCOL A MUNIC I P AL DE M ÚS I C A Avd a. d e Santa M in ia, n º 70 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 50 99 0 8 FARMACIA AL VAR E Z AL V AR E Z , E . Avd a. d os Ánxe le s , n º 3 6 1 528 0 - Os Ánxe le s T e l.: 98 1 8 8 72 0 1 FARMACIA NUÑE Z P E R E Z , B. Avd a. d e Santa M in ia, n º 75 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 3 0 GARDA CIV IL Rúa d as Ped ri ñ as , n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 11 IES BRIÓN Rúa Pase o d e Pe dr o u zo s , n º 2 1 58 56 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 1 8 17 T e l.: 98 1 8 8 58 99 OFICINA D E UR BAN I S M O Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 2 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 0 6 Fax.: 98 1 8 8 7 4 3 1 POL ICÍA L OCAL Carb alle ira d e S an t a M in ia, n º 2 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 70 0 6 Fax.: 98 1 8 8 7 4 3 1 POL ID EPORT IV O M UN I C I P AL L ami ño, s/n 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 76 53 SERV IZO D E AUG AS Urb . Ag ro Novo, n º 12 6 Baixo 1 528 0 - Os Ánxe le s T e l.: 98 1 8 8 78 51 SERV IZO D E EM E R XE N C I AS BR I Ó N L ami ño, s/n 1 58 65 - B ri ón T e l.: 629 8 7 1 5 4 2 Fax.: 98 1 8 8 7 5 2 3 XUL GAD O DE P AZ Rúa d as Ped ri ñ as , n º 5 1 58 65 - B ri ón T e l.: 98 1 8 8 72 71

A v an c e :

Cont i do s : MARZO - 2008

3

R EPO R T A X E

6

AC T U A LI D A D E

12

B R I O NES ES

14

S ER V I Z O S S O C I A I S

15

C U LT U R A E D EP O R T ES

19

MU S I C A E D A NZ A

22

HI S T O R I A S E LEND A S

23

D E A NT ES E A G O R A

23

B R I Ó N NA PR ENS A

Na preocupación por tomarlle o pulso á actualidade local, este número 71 de ALTAMIRA préstalle especial atención ao programa festivo e cultural preparado polo Concello para este verán. Ven tamén o habitual repaso das infraestruturas e servizos que ocupan a atención na tempada, con especial atención ao novo campo de fútbol a punto de inaugurar. Como invitación ao vecindario a participar no próximo curso, inclúese unha reportaxe sobre o funcionamento das escolas municipais de música.

Altamira

“ A l t amira” é o símbolo do Concello de Brión. A fortaleza, s i tu ada na parro quia de S an Fins , tiv o un gran pro tago nism o d urante to da a I dade M edia e ben entrada a M o derna. De sd e e l a a familia do s M o s c o s o do mino u bo a parte do no rte d e Ga l i cia. Rui S ánc hez de M o s c o s o , lo go da batalla de A ltam ira e n 1 471 , na que des barato u o as edio das tro pas de A lo nso II d e F o ns ec a, arc ebis po de S antiago deus e o título de I C on d e d e A ltamira. A fo rtaleza quedo u des habitada no s éc ulo X IX e h o x e permanec en o s s eus no bres res to s nuha impres io n at e a ta l aia que do mina to do o v al da A maía. De p ósito L e g al C -8 2 7 -8 5

Edita: Concello de Br ión R e dacción, deseño e m aquetación: Concello de Br ión e Nós com unicació n Fotos: Ar quivo Municipal e Nós com unicación Im pr im e: L itonor Ar tes Gr áf icas r evistaaltam ir a@ inf obr ion.com


Concello de Brión

Os veciños e veciñas de Brión dispoñen dende este mes de xullo de dúas nova liñas de Noitebús promovidas polo Concello e con destino Santa Comba. O alcalde de Brión, Xosé Luis Garcia, amósase moi satisfeito coa consecución destas dúas novas liñas xa que se trata “dun servizo moi demandado polos nosos veciños, que xa dispoñían de conexión con Santiago pero que nos viñan pedindo a posta en marcha dunha conexión con Santa Comba”.

Concello de Brión e a Dirección Xeral de Transportes únense ás xa existentes, que conectaban o municipio brionés con Santiago. Así, a compañía “Hermanos Ferrín SL” ofrece unha conexión con Santiago nas noites do xoves e dos venres. Este Noitebús sae dende Pedrouzos, ás 23:30 horas, e fai paradas na Gándara, no Tremo, en Bertamiráns (Ames) ata chegar á Rúa da Rosa (Santiago). A volta está programada para as 5:30 horas.

Un servizo que se presta todos os sábados do ano e cun prezo de 2 euros, importe que dá dereito á utilización sen límite de veces do servizo ao longo dunha mesma xornada. Deste xeito, os mozos e mozas do municipio dispoñen xa dunha alternativa asequible e, sobre todo, segura fronte á utilización de vehículos particulares para ir de festa.

A empresa “Viajes Rois SL” ampliou este ano o seu servizo, xa que antes só recollía pasaxeiros en Padrón e Rois. Agora esta liña tamén é empregada por veciños de Brión, concretamente da parroquia de Bastavales. Esta empresa ofrece dúas expedicións que pasan por Brión os venres ás 22:24 e ás 4:24 horas. Hai dúas posibilidades de volta dende Santiago: unha ás 3:00 horas e outra ás 6:00 horas. Este Noitebús fai paradas en Coruxido, Casaldoeiro, Soigrexa, Sabaxáns, Chave de Ponte, Chave de Carballo e A Telleira.

Pola súa banda, a empresa “Modesto Riveiro” ofrece tamén un servizo de conexión con Santa Comba para as parroquias da parte alta do municipio. Unha liña que sae da Graña ás 22:00 horas e que segue o seguinte percorrido: Cornanda, Goiáns, Ardións, Amañecida, Luaña, Vexo, Nináns, Tourís, Vioxo, Pousada, Esparís, Forxán, Ons, Mourentáns, Vilar, Gronzo, O Casal e Cruce de Tembra. A volta dende Santa Comba tamén está prevista ás 6:00 horas, coas mesmas paradas. Outras liñas Estas dúas novas liñas de Noitebús postas en marcha polo

Como estas dúas empresas cubren o servizo das parroquias da parte baixa de Brión, o Concello puxo en marcha en abril unha terceira liña de Noitebús para dar servizo aos veciños e veciñas da parte alta do municipio. Así, todos os venres, o Noitebús sae da Graña ás 22:00 horas e volta do Camiño Novo (Santiago de Compostela) ás 6:00 horas. Esta liña fai paradas en Cornanda, Goiáns, Ardións, Amañecida, Luaña, Vexo, Nináns, Tourís, Vioxo, Pousada, Esparís, Forxán, Ons, Mourentáns, Vilar, Gronzo, O Casal, Cruce de Tembra e Liñares. Finalmente, lembrar tamén aos usuarios do Noitebús que poden disfrutar, os xoves e os venres, do servizo que une Negreira con Santiago. Catro liñas que saen de Negreira ás 22:30, ás 1:30, ás 3:15 e ás 4:45 horas e que pasan por Brión. A volta dende Santiago ten lugar ás 0:30, 2:30, 4:00 e 5:30 horas.

3

pax.

A primeira destas dúas liñas, posta en marcha pola compañía “Hermanos Ferrín SL”, ofrece unha conexión entre Bastavales e Santa Comba. Este Noitebús sae de Chave da Ponte, ás 22:30 horas, e fai paradas en Sabaxáns, San Salvador, Pérros, Soigrexa (Os Ánxeles), Gándara, O Tremo, Bertamiráns, Pedrouzos, Ponte Barreira, Negreira e A Baña, ata chegar a Santa Comba. A volta está programada para as 6:00 horas, coas mesmas paradas.

REPORTAXE

Brión ofrece dúas novas liñas de NOITEBÚS con Santa Comba


Altamira

Nº 71 - 2008

Un campo de todos e para todos

REPORTAXE

O pleno municipal vén de aprobar o regulamento de funcionamento das instalacións, que estarán dispoñibles para todos os veciños e veciñas. O campo de fútbol xa está listo para abrir as súas portas, aínda que a súa inauguración oficial está programada para despois do verán. Unha vez rematada a súa construción, o pleno vén de dar o último paso que restaba para poñer en marcha esta instalación coa aprobación do regulamento que rexerá o seu funcionamento. Un regulamento que porá este campo de herba artificial, dunhas dimensións de 90 metros de longo por 60 de ancho, a disposición de todos os veciños e veciñas. “O CF Brión terá preferencia no seu uso, respectándoselle o seu calendario de partidos e de adestramentos, aínda que compre lembrar que a xestión será municipal”, sinala o alcalde Xosé Luis García. Por esa razón, no novo campo non haberá cantina, coma no anterior, aínda que o Concello compensará por elo ao equipo do CF Brión. Unha compensación que se engadirá ás axudas que xa recibe anualmente ao igual co resto de equipos do municipio.

pax.

O regulamento aprobado polo pleno municipal recolle as normas de uso do campo por calquera veciño ou veciña de Brión, como a prohibición de fumar na

4

instalación, a necesidade de acceder a ela co calzado axeitado ou a obriga de deixar libres os vestiarios vinte minutos despois de ter utilizado o campo. Porque este novo campo poderá ser alugado por horas polos veciños, que deberán aboar unhas tarifas de entre 30 e 50 euros. Ademais, o Concello ofrece numerosas modalidades como alugar o campo completo (40 euros a primeira hora e 20 euros as seguintes) ou medio campo (30 euros e 20 euros, respectivamente). Uns prezos que serán dez euros máis caros para as persoas que non estean empadroadas en Brión. Así mesmo, no caso de utilizar a luz artificial, engadiranse 20 euros por cada hora. A intención do Concello de Brión é que os alumnos dos distintos centros escolares do municipio poidan disfrutar destas novas e modernas instalacións. De feito, dende a Concellaría de Deportes xa pensan en ofertar unha actividade de Fútbol-7, aproveitando que o novo campo dispón das marcaxes e do equipamento necesario para albergar dous terreos de xogo desta modalidade deportiva.

E no futuro... Aínda que as instalacións do novo campo de fútbol xa están rematadas, o Concello traballa na consecución de novas melloras para esta instalación. Unhas melloras que foron deseñadas especialmente para maior comodidade do público asistente ao campo. Así, o pleno municipal celebrado o pasado mes de xuño deu o seu visto e prace a un investimento de 59.600 euros, que serán empregados na construción duns aseos para o público que acuda ao campo. Unhas instalacións que estarán situadas nas gradas do estadio. Os cartos para este proxecto proceden dunha subvención da Deputación da Coruña, dos que o Concello terá que aportar o 15%. Ademais, a Deputación Provincial tamén colaborará co Concello noutro dos proxectos que se van acometer en breve: a cubrición do actual graderío. Deste xeito, o público poderá estar a cuberto das inclemencias meteorolóxicas.


CESPEDE ARTIFICIAL

GRADERIO

O campo de herba artificial dispón de todo o equipamento preciso para a práctica das modalidades de fútbol 11 e fútbol-7. Así, hai tres xogos de porterías que poderán empregarse segundo a demanda dos usuarios.

O campo conta cunha superficie de herba artificial, con canaletas laterais de formigón e arquetas en todo o seu perímetro para evacuar augas, así como cunha rede de rego a través de 6 canóns cun alcance de 52,5 metros.

Na actualidade, o campo conta cunhas gradas con capacidade para albergar a máis de cincocentas persoas. Ademais, o Concello ten en proxecto cubrir este gradería grazas a unha axuda da Deputación Provincial.

TORRES DE ILUMINACIÓN Catro grandes torretas de iluminación, ubicadas en cada unha das esquinas do campo de fútbol, garanten que as instalacións poderán ser empregadas o maior número de horas posible grazas á luz artificial.

VESTIARIOS [EXTERIOR] O feito de dispoñer de catro vestiarios completamente equipados permitirá optimizar a utilización do campo de fútbol, xa que mentras dous equipos están xogando, outros dous poderán estar cambiándose.

VESTIARIOS [INTERIOR] O interior dos vestiarios conta con todas as comodidades para os usuarios. O campo incluso conta cun vestiario especialmente adaptado para a súa utilización por persoas que sufran algún tipo de minusvalía física.

5

pax.

PORTERIAS

REPORTAXE

Concello de Brión


Altamira

Nº 71 - 2008

Mellora das travesías de Luaña, Liñares e Vilar

ACTUALIDADE

Ampliaranse as calzadas, que serán tratadas con mistura asfáltica quente, construiranse beirarrúas e mellorarase o alumeado público. O Concello vai investir un total de 84.299 € na mellora de tres travesías: a do cruce Vilar-Viceso, a de Luaña e a de Liñares-Brión. As tres incluidas no plan de travesías da Deputación Provincial de A Coruña e que contan cun orzamento de 579.000 €. A travesía de Vilar-Viceso afecta a 805 metros (650 da estrada CP 1301 Gándara-Amañecida e outros 155 metros da CP-1302 Negreira-Urdilde). Esta contará cun ancho de oito metros, con beirarrúas de formigón de dous metros de ancho e 10 centímetros de espesor, cun arcén de medio metro e cunha zona reservada para aparcamento de dous metros. Ten un prazo de execu-

ción de 8 meses e un orzamento de 337.000 euros, que inclúe un redimensionamento do trazado das tuberías para a recollida de pluviais e a instalación do alumeado público. A travesía Liñares-Brión, conta cun presuposto que ascende a 146.000 euros. Mellorarase o trazado ao longo de 391 metros. A única diferencia será na dotación de beirarrúas: mentras nos outros dous proxectos a travesía disporá dunha beirarrúa a cada lado da calzada, nesta haberá 160 metros de beirarrúas nun único lado (no outro non hai vivendas). Ten un prazo de execución de catro meses e tamén contempla a instalación de alumeado.

No caso da de Luaña (na estrada CP 1301 da Gándara a Amañecida) investiranse 95.000 euros. O vial terá as mesmas características ca os dous anteriores, coa única salvedade de que está contemplada a instalación dun sistema de recollida de pluviais e unha nova condución soterrada para o alumeado público. O prazo de execución é de tres meses. Estes tres proxectos “mellorarán a calidade de vida e a seguridade vial dos nosos veciños e veciñas”, tal e como lle explicou o alcalde ao responsable de Obras da Deputación, Bernardino Rama, durante a súa visita ao municipio.

Brión, por unha agricultura sustentable O Concello ultima a adhesión ao proxecto Amorodo. Dicía Jorge Manrique que “calquera tempo pasado foi mellor”, e no caso que nos ocupa así é. Non fai falla ter un padal moi “fino” para decatarse de que os ovos, a froita ou as verduras que están á venda en calquera establecemento comercial nada teñen que ver cos ovos, a froita e as verduras que cultivaban os nosos avós. Moito conservante, moito colorante pero, ao final, o sabor non é nin de lonxe o mesmo.

pax.

A busca por recuperar eses produtos tradicionais deu lugar á creación do denominado Proxecto Amorodo, liderado pola Deputación da Coruña e no que participan os veciños municipios de Ames, Rois e Dodro. Un proxecto ao que está a piques de sumarse Brión. O Concello solicitou en febreiro a súa inclusión no Amorodo e, unha vez realizados os informes pertinentes o pasado mes de abril, simplemente estase á espera da confirmación oficial da institución provincial.

6

Pero como a realidade adoita ser sempre máis rápida cá normativa, unha ducia de veciños e veciñas de Brión xa están totalmente implicados no Proxecto Amorodo dende hai xa seis meses. E cada

día son máis, como quedou de manifesto na degustación de produtos realizada na biblioteca municipal durante a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Un encontro no que participaron medio cento de veciños e veciñas de Brión que coñeceron “xente que aposta por unha agricultura con criterios sans, seguindo os ciclos naturais”, explica Juan Carlos Carrejo, responsable do proxecto Amorodo. Pero os presentes non só intercambiaron experiencias, tamén pasaron do dito ao feito e degustaron empanadas, chourizos, queixo, tortilla, viño, rosquillas, marmelo, cañas de crema e rosquillas elaborados de xeito caseño, segundo as ensinanzas

do Proxecto Amorodo. E non foron poucos os que chucharon os dedos, porque a diferencia de calidade fronte aos produtos das grandes superficie é brutal. Agora resta dar o seguinte paso: comercializar os produtos no entorno local. “Durante unha semana os produtores de Brión estiveron servindo leitugas ao comedor do colexio. Pasada con nota esta proba, reanudarán o subministro en setembro”, explica Elisa Iglesias, axente de desenvolvemento local de Brión. O obxectivo para os próximos meses será achegarse aos restauradores do municipio, que non o terán nada difícil á hora de elixir entre os expositores dos hipermercados ou as delicias da horta da avoa.


Concello de Brión

Novo servizo de recollida de aceite vexetal usado

Nun mundo no que cada día todos somos máis conscientes da necesidade de coidar o noso entorno e de apostar pola reciclaxe, a obriga das administracións públicas é facilitar ao máximo ese labor. Iso precisamente é o que acaba de facer o Concello ao

Trátase dun servizo moi necesario porque cando na casa facemos un xesto tan “habitual” coma o de baleirar polo vertedeiro o aceite, non somos conscientes de que estamos a liberar directamente ao medio ambiente un dos axentes máis contaminantes que existe. Para paliar estes nocivos efectos, o alcalde de Brión, asinou un convenio de colaboración co presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, para a prestación deste servizo gratuíto. O primeiro punto de recollida está ubica-

do nas instalacións do Servizo de Emerxencias de Brión. Posteriormente, ampliaranse ao CEIP e ao IES, así como a aqueles lugares onde haxa unha demanda por parte dos veciños. Ademais, o Concello estalles a presentar este servizo aos distintos establecementos de restauración da zona. A Asociación Plataforma polo Emprego, será a encargada da recollida periódica deste aceite usado. Un refugallo que será trasladado a unha planta de xestión e que será enviado posteriormente a Euskadi, para ser utilizado nunha planta de produción de biodiésel. Así, Brión seguirá sendo un fermoso lugar onde vivir.

7

pax.

implantar a recollida gratuíta de aceite vexetal usado.

ACTUALIDADE

Instalaranse contedores de recollida en puntos de doado acceso para os veciños e nos establecementos de restauración que o soliciten.


Altamira

Nº 71 - 2008

Nace a Asociación de Empresarios de Brión

Unha comisión xestora aprobou os estatutos da entidade e a xunta directiva será elixida nunha asemblea en xullo.

ACTUALIDADE

VANTAXES DE ESTAR ASOCIADO - Establecemento de acordos de colaboración con entidades financeiras, que permitirán que os asociados disfruten de servizos vantaxosos.

Os empresarios e comerciantes de Brión que están a traballar na creación dunha asociación que represente os seus intereses. Un proceso que camiña a pasos pequenos, pero seguros, de xeito que a criaturiña verá a luz o mes de xullo. O primeiro paso foi a celebración dunha asemblea na que participaron medio cento de empresarios e comerciantes de Brión, da que saíu unha comisión xestora duns quince membros que, coa axuda da axente de desenvolvemento local do Concello, elaboraron os estatutos da asociación. Uns estatutos que están pendentes da súa validación pola Xunta e da súa aprobación por unha nova asemblea de empresarios da que sairá tamén unha xunta directiva e un presidente.

A identidade deses directivos é, a día de hoxe, descoñecida, pero si podemos adiantar que se buscará que na xunta estean representados os distintos sectores empresariais do municipio, así como as distintas parroquias de Brión. Unha asociación que nesta ocasión nace cun bo pan debaixo do brazo, xa que disporá dun local no Hotel Balneario Compostela para as súas reunións cedido totalmente de balde polo seu director. O alcalde ofreceu a total colaboración do Concello nesta iniciativa, “aínda que os protagonistas teñen que ser os propios empresarios, que son os que terán que sacar a asociación adiante”. Unha colaboración que xa se materializou na redacción dos estatutos e que continuará coa axuda para a creación dunha web e a súa inclusión na páxina municipal.

- Posta en marcha de iniciativas que permitan a consecución de descontos nalgúns produtos e servizos como, por exemplo, á hora de aboar os carburantes. - Dispoñer dos servizos dun asesor, que informará sobre temas fiscais e contables. - Ter acceso inmediato e pormenorizado a todas cantas convocatorias de axudas, subvencións e cambios lexislativos que podan resultar interesantes para a empresa. - Fomentar a colaboración entre as distintas empresas do municipio. - Dispoñer dunha páxina web como soporte de información ou publicidade. - Participación en campañas conxuntas de promoción no municipio.

Abastecemento de auga garantizado para Brión O Concello investirá 819.000 euros na primeira fase do proxecto de abastecemento de Ames e Brión.

pax.

O pleno municipal vén de aprobar un investimento de 819.300 €, que corresponde ao 10% do orzamento das obras da primeira fase do proxecto de abastecemento de Ames e Brión. Un proxecto que “permitirá garantir o abastecemento de auga de toda a poboación de Brión, actual e futura, xa que estará preparada para dar servizo ata 100.000 habitantes”, apunta o alcalde.

8

Unha vez aprobado, este proxecto será sometido a exposición pública e despois será envia-

do a Augas de Galicia, que o elevará ao Consello da Xunta para a aprobación definitiva. Este procedemento podería estar rematado a finais de 2008, polo que as obras darían comezo nos tres primeiros meses de 2009. A primeira fase contempla a construción dunha estación de tratamento de auga potable (ETAP) no Tambre, así como dun depósito de regulación á saída da ETAP. Así mesmo, construirase un bombeo dende este depósito de regulación ata outro depósito de

cabeceira en Agrón. Finalmente, construiranse as conexións entre este depósito co ubicado en Castiñeiro de Lobo (Ames) e ata o depósito de Brión. Unhas obras que quedarán preparadas para acometer unha segunda fase, que daría servizo á futura área industrial en Brión. O orzamento total desta primeira fase ascende a 8.193.000 euros que serán financiados maioritariamente pola Consellería de Medio Ambiente..


Concello de Brión

Unhas empresas que poden atopar neste servizo profesionais cualificados e con diversas titulacións dende diplomados, licenciados e enxeñeiros, ata persoal para traballar en servizo doméstico ou coma auxiliar de axuda a domicilio. Para iso, a empresa cumplimenta unha ficha de ofertante e o Concello de Brión lle envía un listado cos currículos de tódolos inscritos na bolsa de em-

prego que se axustan ás características solicitadas. A intermediación do Concello de Brión remata neste punto, polo que a técnica de emprego local non dispón dun número exacto de persoas que atoparan traballo a través deste servizo, aínda que se ten constancia de que moitas delas sí que o conseguiron. De feito, nestes tres últimos anos (data na que se informatizou este servizo) utilizaron esta bolsa de emprego un total de 254 persoas. Unha bolsa de emprego que inclúe xente de todos os perfiles e, sobre todo, mulleres. Para anotarse, só é preciso acudir acudir ao Concello de Brión, de luns a venres en horario de mañá, ou chamar ao teléfono: 981 88 70 06.

As empresas buscan sobre todo persoal para traballar en servizo doméstico.

9

pax.

Empresas de toda Galicia participan na bolsa de emprego de Brión, un servizo posto en marcha polo Concello hai oito anos e que serve como intermediario entre os ofertantes e os demandantes de emprego. Neste tempo, rexistráronse ofertas de empresas de lugares tan diversos como Silleda, Bergondo, Vilagarcía de Arousa, Ames e Santiago, aínda que a maioría das ofertas proceden de firmas de Brión.

ACTUALIDADE

Empresas de toda Galicia participan na bolsa de emprego de Brión


Altamira

Nº 71 - 2008

EGANET distingue a briondixital como un dos catro mellores proxectos do ano en sociedades web Tamén se remodelou a páxina web para facela máis accesible aos veciños.

ACTUALIDADE

PARA OS NOVOS

A páxina web briondixital é un dos catro mellores proxectos en sociedades web deste ano. Así o aseguran a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías e un xurado composto por máis de trinta profesionais do mundo da comunicación, do deseño e das artes gráficas, que premiaron á web brionesa de entre 182 candidaturas de toda Galicia. Unha distinción que foi recollida por Alejandro Rivas, membro da axencia compostelán AVA, e por Xulio Mallo e Armando Patiño do Concello de Brión. Briondixital é unha das tres paxinas web do Concello e naceu coma un instrumento para facilitar a comunicación entre o Concello e os veciños. De feito, os internautas poden realizar a través dela diferentes xestións coma empadroarse, alugar unha instalación, incribirse en cursos ou darse de alta na bolsa de emprego, así como manterse informados sobre todo o que acontece no municipio. Ademais, inclúe tamén unha plataforma de formación a través da que se ofertan cursos on-line, especialmente os

relacionados coas novas tecnoloxías, e unha sección denominada “o Concello dos nenos”, na que se explica que é e como funciona a Administración dun xeito asequible para os pequenos. Nova web municipal Esta distinción coincide no tempo coa nova remodelación da páxina web municipal, www. concellodebrion.org. Unha remodelación que comezou no aspecto visual, cun menú máis sinxelo e primando o anuncio de novidades nunha serie de pequenos banners ubicados na parte dereita da páxina. Comentar tamén que a web cumple coa normativa W3C de accesibilidade, é dicir, que pode ser visualizada por persoas con deficiencias. Tamén hai novas seccións, coma un apartado de ocio no que se ofrece información, visual e escrita, sobre rutas de sendeirismo, festas e lugares turísticos máis salientables do municipio, así como detallados mapas, nos que están incluidas a toponimia e a historia das aldeas de cada parroquia.

Videoconferencias dende a Casa da Cultura

pax.

O Concello vén de actualizar equipos da aula de informática da Casa da Cultura e dende a cal todos os veciños que o desexen poden acceder libre e gratuitamente a Internet. Actualizaronse os sistemas operativos e colocáronse novos lectores e gravadores de DVD.

10

Pero a maior novidade é a instalación de cámaras web con auriculares en cada un dos equipos que permitirán a realización de videoconferencias con calquera parte do mundo. Unha posibilidade aberta a todos os veciños e veciñas do municipio en horario de 9 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.

O Concello acaba de crear un novo sitio web (www.concellodebrion.org/voluntariado) que ofrece información útil dirixida á mocidade e voluntarios do municipio. Unha información que recolle nun boletín dixital mensual, denominado “E-lo?”, que se pode descargar en PDF e que informa das distintas actividades sociais, culturais, laborais e comunitarias organizadas tanto polo Concello de Brión como por outras asociacións, entidades e organismos de toda Galicia. Deste xeito, calquera internauta terá ao alcance do seu rato todo canto acontece no municipio: festas, concursos, exposicións, actividades de formación ou de voluntariado, propostas para o verán... Ademais, na web tamén hai información puntual sobre a Oficina Municipal de Información Xuvenil, creada en 1988 para prestar axuda e información aos mozos e mozas do municipio, e sobre a Oficina Municipal de Voluntariado, que pretende promocionar as distintas actividades de voluntariado que se organizan en Brión.


Concello de Brión

As instalacións educativas dan un salto adiante No anterior número de “Altamira” publicabamos unha reportaxe sobre a inauguración do IES Brión, cuxa comunidade educativa recibía hai apenas unhas semanas a confirmación por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da concesión do ansiado bacharelato para o vindeiro curso 2008-2009, do que en breve coñeceremos cal será o itinerario educativo que se ofertará.

Na actualidade, na planta baixa do CEIP hai unha serie de aulas que se adaptaron para acoller aos alumnos de infantil, incluso pechando parte dos porches cubertos. O proxecto de ampliación do colexio de Pedrouzos inclúe a construción dun novo edificio, cunha superficie duns 500 metros cadrados, que estará destinado a aulario infantil. Esta nova instalación disporá de seis aulas para infantil e unha aula de psicomotricidade. Deste xeito, independízase as zonas de infantil e primaria, pero que disporán dunha conexión directa a través dun

porche cuberto e dunha nova escaleira. Ademais, as obras contemplan unha medida que incrementará a seguridade vial dos rapaces, que terán acceso ás súas clases non só dende a entrada principal do Paseo de Pedrouzos, senón tamén dende a porta norte, onde está ubicado o polideportivo municipal. Unha entrada que, na práctica, xa está a ser empregada polos pequenos que utilizan o transporte escolar, xa que os autobuses dispoñen de maior facilidade á hora de aparcar.

REFORMA DO CEIP A c o n s t r u c ió n d e s t e n o v o a u la r io s u p o r á q u e o C E I P d e P ed ro u z o s p o d e r á u t iliz a r a s a u la s d e in f a n t il p a r a o u t r o s m e n e s t e r e s . A s í , n a p la n t a b a ix a r e f o r m a r a n s e a s a u la s e r e o r g a n iz a r a s e a z o na d e a d m in is t r a c ió n e o x im n a s io . A d e m a is , a m p lia r a s e a p la n t a p a ra c r e a r u n s a l ó n d e u s o s m ú l t i p l e s e u n h a s a l a d e i n s t a l a c i ó n s . N as p l a n t a s p r im e ir a e s e g u n d a t a m é n s e f a r á n p e q u e n a s r e f o r m a s p a ra s i t u a r u n h a b ib lio t e c a , u n h a a u la d e p e q u e n o s g r u p o s e u n h a s al a d e p ro f e s o r e s . F i n a lm e n t e , o p r o x e c t o b á s ic o d e a m p lia c ió n d o C E I P d e Ped ro u z o s t a m é n c o n t e m p la u n h a s e r ie d e m e llo r a s n a s e g u r id a d e e a c c e s ib ilid a d e d e s t a s in s t a la c ió n s . D e c a r a a g a r a n t iz a r a a c c e s ib i l i d a d e d e c a lq u e r a p e r s o a a o c e n t r o e s t á p r o x e c t a d o a in s t a la c ión d u n a s c e n s o r, q u e d a r á s e r v iz o á s d is t in t a s p la n t a s d o c e n t r o e p e rm i t i rá s u p e r a r c a lq u e r a t ip o d e b a r r e ir a a r q u it e c t ó n ic a e x is t e n t e a ta o d e a g o r a . A s í m e s m o , m e llo r a r a s e a s e g u r id a d e d o c o le x io in s tal a n d o b o c a s d e in c e n d io e q u ip a d a s , q u e a n t e s n o n e x is t í a n , e m o d i f i c a n d o a s p o r t a s d e a c c e s o , q u e a b r ir á n n o s e n t id o d a e v a c u a c ió n e e s t a r á n d o t a d a s d e b a r r a s a n t ip á n ic o . P o r ú lt im o , m o d if ic a r a s e o c a b l e a d o d e t o d o o c o l e x i o , q u e d i s p o r á d u n g r u p o e l e c t r ó x e n o e as a u l a s t e r á n a lu m e a d o d e e m e r x e n c ia . E n d e f in it iv a , a s o b r a s d e r e m o d e la c ió n d o c o le x io d e P e d r o u z os , u n i d a s a o f la m a n t e I E S B r ió n , p e r m it ir á n q u e o s p e q u e n o s e p e q u en a s d o m u n ic ip io p o id a n r e a liz a r o s s e u s e s t u d io s n u n h a s in s t a l ac i ó n s m o d e r n a s e t o t a l m e n t e e q u i p a d a s p a r a f o r m a r a o s b r i o n e s es d o s é c u lo X X I .

11

pax.

Pero é que ademais, a escasos metros deste novo centro a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria esta a acometer unha ampliación e unha profunda remodelación das instalacións do CEIP de Pedrouzos. Unhas obras orzamentadas en máis de dous millóns de euros, que marchan a un bo ritmo e que suporán un salto de calidade nas instalacións educativas que utilizan os nosos rapaces e rapazas. Non en van, darán cumprimento a unha vella demanda de toda a comunidade educativa: a separación do aulario de infantil da zona de primaria.

ACTUALIDADE

Tra-la inauguración do novo IES, o colexio de Pedrouzos disporá de seis novas aulas que permitirán separar aos alumnos de infantil e primaria.


BRIONESES

Altamira

Nº 71 - 2008

Olga Ramos é unha veciña que leva toda a súa vida vivindo no Tremo, nunha casa situada fronte á fonte co busto do seu ilustre pai, Vicente Ramos, fillo predilecto e gran benefactor de Brión. Centrada na súa familia e nas súas plantas, Olga repasa para “Altamira” a trepidante vida do seu pai, un auténtico soplo de aire moderno para o Brión de principios do século XX. Unha persoa traballadora que amasou unha fortuna na Arxentina e que despois tentou traer esas ideas renovadoras do novo mundo a estas terras, sendo responsable directo do nacemento de dúas feiras en Pedrouzos e no Tremo, do primeiro alumeado público do Tremo ou da famosa fonte adicada a Mercurio ubicada na Carballeira de Santa Minia. E cando lle preguntan a Olga por que o seu pai fixo todo isto por este municipio, ela simplemente contesta: “porque Brión era a súa vida”.

“Teño unhas raíces tan grandes en Brión como tiña o meu pai” - Vostede leva toda a súa vida residindo no Tremo e sabe ben como cambiou esta zona nos últimos tempos. - O Tremo foi un lugar de moita atracción de viaxeiros e de diñeiro no pasado. A verdade é que no verán recibiamos moitos visitantes e todos os veciños daquí gañabamos uns cartiños. Eles viñan ao balneario e nós dabamoslles hospedaxe, todas as casas do Tremo faciano. Ademais, daquela todo estaba no Tremo: o balneario, a Casa do Concello, a Garda Civil, un dos mellores comercios que lembro, o de Serafín, dous médicos, unha farmacia, a estrada a Santiago…

pax.

- Olga Ramos é moi coñecida en todo o municipio de Brión por ser a filla dun dos grandes filántropos deste concello: Vicente Ramos. ¿Que lembranzas garda do seu pai? - A verdade é que eu era moi pequena cando morreu, só tiña cinco anos, e os meus recordos son os que me contaba a miña nai. Cando lle deu a anxina durante os funerais de José Antonio, estivemos na aldea coa miña avoa e a lembranza que teño é del recostado na cama. Colleume as mans e dixolle ao seu médico, don Miguel Pereiro, unha soa frase: “pobriñas, como quedan…”

12

- ¿E que lle contaron de Vicente Ramos? - Relacionouse moito cos políticos máis importantes da época como Lerroux, pero o certo é que non tiña unha gran inclinación política, nin polas dereitas nin polas esquerdas, senón máis ben un

sentimento social. Nesta casa do Tremo houbo moitos ministros comendo e moitas reunións de políticos do nacionalismo galego. Ese sentimento social vese nos seus actos e na súa idea de buscar sempre a evolución da sociedade galega. Lembro una anécdota de cando estalou a guerra. Chegou un camión cargado de mineiros de Lousame, parou diante da porta, chamaron e preguntaron por el. Miña nai asustouse e díxolles que estaba deitado, pero eles calmarona e dixeronlle que non lle ían facer dano. Subiron, pedíronlle se tiña algunha arma na casa e marcharon tras darlle as grazas. - Vostede vive nun pobo que lle debe moito ao seu pai: o primeiro alumeado do Tremo, o espazo da feira de Brión na carballeira de Santa Minia e no Tremo, a biblioteca, o campo do mercado do Tremo…¿nota ese cariño aínda hoxe entre os veciños? - Moita xente me lembra como a filla de Vicente Ramos e incluso aínda queda algún moi velliño que o coñeceu. Eran nenos aos que el lles daba patacóns e reais, e que ian sempre todos detrás del cando o vían chegar. Aí no Outeiro aínda hai un deses nenos que sempre que nos vemos me conta esa historia. - ¿Que foi o que moveu ao seu pai a facer tantas cousas por esta terra?

“Estareilles eternamente agradecida aos veciños do Tremo e ao alcalde de Brión por manter o nome da Avenida Vicente Ramos na rúa principal do Tremo”


Concello de Brión

- Cóntenos un pouco como foi a estancia alí. - El chegou a Arxentina sen nada. Vendía xornais sen permiso en Bos Aires e a policía non paraba de detelo, ainda que finalmente, se fartaron del e deixarono en paz. Aos 17 anos xa era o encargado de todos os repartos de xornais que se facían na zona. Despois, montou un negocio na estación da Constitución, un restaurante-pastelería-cafetería chamado “Tren mixto”. Ademais, tiña amizade cuns ingleses que levaban unhas liñas de tren e encargábase dos coches comedor que levaban á xente de moito diñeiro ata o Mar de Prata. Pero se por algo recordan a Vicente Ramos en Arxentina é por poñer en marcha a primeira compañía de autobuses de Bos Aires. Él compraba os vehículos en Francia e levábaos en barco ata Arxentina, onde tamén participou no Teatro Colón de Bos Aires.

nome e fomos tirando. Despois houbo que traballar, xa que a miña irmá tiña daquela trece anos e eu cinco. A pesar de todo, miña nai nunca nos deixou falar de vender algún dos recordos do meu pai, iso sería matala. - Vostede leva toda a súa vida en Brión, cóntenos, ¿como é o seu día a día? - A miña vida son a miña casa e a miña horta. Eu xa case non saio. Cando abro as fiestras polas mañás o primeiro que quero ver é a miña horta, as miñas flores, que son a miña vida xunto aos meus dous netos que veñen verme nas fins de semana. Porque a min non me gustar deixar a miña casa. Creo que niso teño unhas raíces tan grandes en Brión como tiña o meu pai. - Para rematar, ¿gustaríalle mandar algunha mensaxe aos lectores e lectoras de Altamira? - Diría que a familia de Vicente Ramos estaralles eternamente agradecidos aos veciños do Tremo, ao alcalde de Brión, Xosé Luis García, e á corporación municipal polo feito de manter o nome da Avenida Vicente Ramos nesta rúa principal do Tremo.

BRIONESES

- A feira do Tremo e a de Brión, a parte baixa do Concello, o alumeado, as árbores estas do campo da feira do Tremo… Brión era a súa vida. Chegou a aquí cunhas ideas modernas e quixo aplicalas en Galicia. El naceu nunha casa en Pedrouzos. De feito sempre me preguntei por que fixo casa no Tremo cando el lle quería tanto a Pedrouzos, pero penso que foi porque, cando lle morreu o pai, veu vivir ao Tremo. Despois, con catorce anos, emigrou a Arxentina.

“Non hai nada coma Brión”

- Cunha vida tan activa na Arxentina, ¿que foi o que provocou a súa volta a Brión? - Posiblemente unha crise no seu primeiro matrimonio, cunha muller italiana coa que tivo tres fillos, e tamén porque Galicia era a súa vida. Deixouno todo e tardou moito tempo en volver por Bos Aires. Por iso as cousas empezaron a ir mal, xa que non estaban ben dirixidas. De feito, cando lle deu a primeira anxina de peito el tiña pensado volver, e foi García Sabell que o convenceu para que non fose. Tiña 67 anos e non lle deu tempo a volver. - Aínda que poida soar un chisco materialista, despois de tanto traballo, ¿onde foron todos eses cartos? - A maioría está investido en todas esas cousas, proba diso foi que despois da súa morte tivemos que adicar a nosa casa como pensión. Grazas ao director do banco, seguiron chegando os xiros ao seu - Describa Brión en tres palabras. - Brión é único. Eu viaxei coa miña nai e vin sitios preciosos, pero como Brión non hai nada. - Que é o que máis lle gusta deste municipio? - Que é un sitio moi tranquilo. - Que bota en falta? - A verdade é que non boto en falta nada, porque isto é moi tranquilo e tampouco creo que necesitasemos que chegase máis xente. Ademais, penso que a actual corporación nos dá todo o necesario.

- Cal é o seu mellor recordo en Brión? - O día en que coñecín a unhas sobrinas arxentinas. Eu tiña tres irmáns aló, e un día viñeron as miñas sobriñas a coñecerme. Foi toda unha sorpresa porque non me avisaron da súa chegada.

13

pax.

- Cal é o seu lugar favorito? - O Tremo, sen dúbida, a avenida Vicente Ramos.


Altamira

Nº 71 - 2008

Tempo de descubrir

SERVIZOS SOCIAIS

Os meniños da gardería coñeceron os recursos turísticos do municipio e os seus pais se achegaron ao funcionamento diario do centro.

“Pretendemos que os nenos sintan que os seus pais forman parte da escola e participen en actividades conxuntas con eles”

pax.

A curiosidade é unha das principais responsables do desenvolvemento do ser humano coma persoa. A nosa ansia de coñecementos lévanos dende pequenos a xogar, a descubrir cada día cousas novas. Un desexo que non esmorece nunca, aínda que ás veces quede latente, e que marcou as actividades levadas a cabo pola gardería municipal nos últimos meses, tanto cos meniños coma cos seus pais e nais.

14

De feito, os “maiores” da gardería, de entre 2 e 3 anos, levan un par de meses que non paran. Primeiro, asistindo á primeira representación de teatro das súas vidas dentro dos actos da Feira do Libro. E despois elaborando un mural cos lugares máis emblemáticos do municipio, que se pode contemplar estes días no centro social polivalente e que mesmo lle presentaron orgullosos ao alcalde Xosé Luis García. Un traballo que fixeron da man dos seus mestres Silvia, Rafa, Marisa e Begoña e que mesmo fixo que “algúns dos pequenos lles pediran aos seus pais que os levaran a ver lugares como as Torres de Altamira”, apunta Rafa, mestre do Aula 5.

Esa implicación dos pais na educación dos seus fillos foi tamén a guía das xornadas de portas abertas celebradas o pasado mes de abril, durante as que 35 pais e nais dalgún dos máis de setenta alumnos da gardería pasaron unha hora coñecendo de primeira man a educación que reciben os seus fillos. “Pretendemos que os nenos sintan que os seus pais forman parte da escola e participen en actividades conxuntas con eles”, explica a directora da gardería municipal, Dolores Campos, “ao tempo que, no caso dos pais, buscamos que vexan in situ o que se fai na gardería, observen como se comporta o seu neno na aula e que poidan aclarar calquera dúbida sobre o seu fillo cos mestres”. Durante estas visitas, que teñen lugar por quinto ano consecutivo, os pais coñeceron aos compañeiros do seu fillo/a e descubriron como é unha xornada na gardería, con algunhas “sorpresas” preparadas polos cativos coma a representación dunha pequena obra de teatro ou unha demostración de manualidades ou do ben que se lle dá iso de cantar. Non en van eles, ao igual cos seus fillos, seguen na idade de descubrir.

“algúns dos pequenos pediranlles aos seus pais que os leven a ver lugares como as Torres de Altamira”


Concello de Brión

Os rapaces e rapazas de Brión, protagonistas na XVIII Feira do Libro

O segredo do éxito acadado polos distintos contacontos, recitais de poesía e representacións teatrais programados para festexar o Día das Letras Galegas radica en que “as actuacións estaban preparadas en función da idade dos rapaces aos que ían dirixidas”, explica o técnico de Cultura. Mentres os nenos da gardería asistían á súa primeira sesión de teatro da man dunha especial

representación da compañía “Katarsis, educación e teatro”, os maiores asistían a un relatorio de romances de cego da man de Santi Prego. Un programa moi variado e que resultou “exitoso”, apunta a concelleira de cultura, Patricia Vázquez, “sobre todo polo traballo realizado na promoción da lectura e da cultura galega entre os rapaces, presentado por suposto a maior atención á figura de Xosé María Álvarez Blázquez”. Unha figura que tamén foi homenaxeada en dous actos dirixidos a un público adulto, como foron a presentación do libro “Xosé María Álvarez Blázquez 1915-1985”, de Clodio González Pérez, quen lembrou que grazas a Blázquez “por primeira vez o libro galego chega aos máis dos fogares galegos, ata entón só se vendían en catro librerías moi contadas”. A segunda foi un espectáculo poético-musical a cargo da compañía Ouriol, na que a poetisa Eva Veiga ofreceu unha escolma de poemas de Blázquez. E iso sen esquencer a Festa da Carballeira, que cada ano reúne a máis xente arredor dun fermoso proxecto: fomentar a nosa cultura.

15

pax.

Nunha sociedade na que os videoxogos acaparan o maior tempo do ocio dos pequenos, achegalos ao mundo do libro e da cultura non é tarefa doada. A primeira vista, semella que o clásico libro nada ten que facer fronte os seus competidores audiovisuais á hora de captar a atención dos rapaces. Sen embargo, durante as dúas últimas semanas de maio os máis de oitocentos rapaces e rapazas que estudan nos centros educativos do municipio descubriron que isto non ten que ser deste xeito. Así, na Feira do Libro de Brión, que este ano chegou á súa decimoitava edición, adentráronse no fantástico mundo dos libros utilizando o máis poderoso xenerador de diversión: a súa imaxinación.

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello programou as actuacións en función da idade dos rapaces.


CULTURA E DEPORTES

Altamira

Nº 71 - 2008

Música, cine, teatro, poesía e maxia conforman as noites da carballeira O 20 de xullo celebrarase o II Festival Internacional de Folclore, con grupos de México, Portugal, Kazakhistán, Fuerteventura e Tenerife Música tradicional, se sións de cine ao aire libre, teatro e sesións de poesía e de maxia conforman o programa das “Noites da Carballeira 2008”, deseñado polo Concello para as noites do verán na Carballeira de Santa Minia. Un programa no que a música con raíces terá unha importante presenza. Ás actuacións das pandere teiras de Leilía, que presentaron o seu traballo “Cantar ao vivo” no que repasaban a historia do grupo, uníronse os novos sons de Pradairo, que presentou na carballeira o seu disco “Aliaxe”. Pero o gran día da música tradicional terá lugar o domingo 20 d e xullo. Ésta é a data elixida para a celebración da tradicional Romaría de Música e Danza, que este ano volverá estar acompañada polo Festival Internacional de Folclore, que chega á súa segunda edición e que contará coa participación de grupos de Galicia, Portugal, México, Venezuela, Kazakhistán, Fuerteventura e Tenerife.

pax.

Nove días antes, o venres 11 de xullo, será unha noite máxica na Carball eira de Santa Minia. Cyrille Sinclair, mago en Disneyland París e

16

posuidor de numerosos premios en certames de maxia a nivel internacional, presentará o seu espectáculo “Planeta maxia”. O seguinte venres, 18 de xullo, terá lugar unha homenaxe a Pucho Boedo a cargo do quinteto Antoloxía, que presentará o seu disco “Música e poesía, vai por ti vello”. Un espectáculo que recolle os mellores temas da vida deste músico coruñés, célebre pola súa participación en Os Tamara e cuxa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, poñéndolles música aos versos de escritores coma Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro. Despois da celebración do festival internacional de folclore, o mércores 23 de xullo a carballeira de Santa Minia acollerá a representación da peza teatral “Arte”, da escritora francesa Yasmina Reza, a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citano. Unha comedia que ten como fío condu tor un lenzo totalmente en branco cunhas raias transversais, tamén brancas, que custa 60.000 euros. Tres personaxes en escea (un de dereitas, outro de esquerdas e outro que pica do que máis lle convén) discutirán

sobre a esencia do cadro e da arte. NOITES DE CINE O programa das “Noites da Carballeira” complétase coas xa tradicionais sesións de cinema ao aire libre patrocinadas pola Deputación da Coruña: as “Noites de cine”. Nesta ocasión, a cita na Carballeira de Santa Minia será a partir das 22:30 horas coas películas “Ladykillers” (xoves 3 de xullo), “Arthur y los minimoys” (xoves 10 de xullo), “Eragon” (luns 14 de xullo), “Pequeña Miss Sunshine” (martes 22 de xullo) e “El diablo viste de Prada” (xoves 31 de xullo). Todas as actuacións, coa excepción das “Noites de Cine”, terán lugar na Carballeira de Santa Minia ás 22:00 horas. En caso de choiva, os espectáculos trasladaranse ao Centro Social Polivalente, coa excepción do Festival Internacional de Folclore que tería lugar no pavillón polideportivo. Este programa está organizado pola Concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Bri ón en colaboración coa Deputación da Coruña e coa Consellería de Cultura e Deporte.


Concello de Brión

O Concello ten programado un intenso programa de actividades de verán para todos os gustos e idades. Actividades para maiores nos cursos de piragüismo que se están a celebrar dende o pasado mes de maio nas instalacións de Ponte Insúa, na parroquia de Ons. Unhas clases abertas a todos os veciños e veciñas do municipio, independentemente da súa idade. Uns veciños que durante o pasado mes de xuño disfrutaron tamén do programa “Xuño a toda vela”, que incluíu a realización de dous cursos de vela infantil e de cruceiro para adultos no clube náutico de Portosín. Estas actividades acuáticas misturáronse coa aventura durante a execución do programa “Natureza e Deporte”.

D u ra nte o d e xu l l o, o s m a i o re s p o d erá n a c h e ga rs e a o m u nd o d a i nfo r m át i ca o u p a r t i c i p ar n u n h a v i axe a Sa nt i a go o 1 1 de xu l l o . A d e m a i s , co m o o te m po i nv i ta a a n d a r, o rga n i za ra n s e cam i ñ ata s g r u p a i s p o r Pe d ro u zo s . E p a ra a go sto e stá p ro gram a d a a vo l ta d a x i m n a s i a de m a nte m e nto, a s í co m o u n o b rad o i ro d e d i n á m i ca s gr u p a i s p a ra refo r za r o co m p a ñ ei r i s m o ent re el e s . E p a ra o 2 2 d e xu l l o e stá p rev i sta u n h a s egu n d a v i axe de m a ñ á a C o m p o stel a . E n d ef i n i t iva , u n l o n go e i nten s o p ro g ra ma d ent ro d o ca l é s e g u ro q u e to d o s ato p a rá n u n h a a c t i v i d a d e do s e u gu sto .

Así, dende o pasado mes de xuño, os veciños poden ir torrarse ao sol e tomar un baño nas piscinas dos Ánxeles e Bastavales. Sen esquencer a praia fluvial de Luaña, as instalacións dos Ánxeles e Bastavales estarán abertas de Actividades para nenos 15:30 a 20:30 horas, cunhas taU nh a v i nte n a d e ra p a c e s p a r t i c i p a rá n d u ra nte e ste m e s d e xu l l o nos rifas diarias de 30 céntimos para c u rs o s d e i nfo r m át i ca e d e co c i ñ a p a ra n e n o s . Po r o u t ra b a n d a , p u i d eron os veciños menores de 14 anos p a r ti cip a r n o s ca m p a m e nto s d ep o r t i vo s e n o ca m p u s d e f ú t b o l o rga n i zaempadroados no municipio e 60 d o s p o l a D e p u ta c i ó n d a C o r u ñ a . céntimos para os maiores. Ademais, na Casa da Cultura pódese obter un carné de socio por seis Un verán viaxeiro e doce euros, respectivamente. Alo m en o s s ete d o s n o s o s p e q u e n o s p o d e rá n d i sf r u ta r d u ra nte a s ú a Un carné que leva aparellada a v i axe á E x p o Za ra goza 2 0 0 8 ta m én o rga n i za d a p o l a D e p u ta c i ó n . E se posibilidade de participar duranfa l a m o s d e v i axe s , B r i ó n l eva a p a l m a . Á s d ú a s exc u rs i ó n s d a te rc ei ra te o mes de xullo nuns cursiños i d a d e ( u n h a b reve e s ca p a d a á C o r u ñ a e u n l o n go p e rco r r i d o p o r C a nde natación, dirixidos a nenos de ta b r i a ) h a i q u e s u m a r ta m én a v i n d e i ra v i axe d e c i n c u e nta m ozo s do m u n i c i p i o a M á l a ga . entre 5 e 14 anos para os que se E s e n e s q u en c e r a o s c i n c u e nta cat i vo s q u e d u ra nte d o c e d í a s d e s habilitará un servizo de transporp ra za ra n s e ata a g ra nxa es co l a “A C a s a d o Q u ei xo ” en S o b ra d o, o n de te gratuíto. Porque se aprender a nadar é algo importante, resulta esencial á hora de poder participar

este an o s e re a l i za rá o t ra d i c i o n a l ca m p a m e nto i nfa nt i l . Ata entó n , o s p eq u e n o s d o m u n i c i p i o p a r t i c i p a n d u ra nte o m es de xu l l o n a es co l a d e verá n “ B r i ó nve rá n 0 8 ”. U n h a i n i c i at i va q u e o f re ce d i vers a s a c t i v i d a d e s d e l e c e r p a ra o s p eq u e n o s : c l a s es d e i n g l é s , m an u a l i d a d e s , xo go s , o b ra d o i ro s . . .

17

pax.

Coa chegada do verán o Concello programou un intenso programa de actividades para todas as idades. Unha programación que permite a conciliación da vida familiar de moitos veciños e veciñas, que teñen un lugar onde deixar aos pequenos durante as vacacións de verán. E ofrece unha variada alternativa de ocio a todos aqueles que o desexen.

CULTURA E DEPORTES

Un verán cheo de actividades


Altamira

Nº 71 - 2008

pax.

CULTURA E DEPORTES

Cando a arte se chama Brión

18

Un total de 47 recoñecidos artistas participaron nos III Encontros coa arte, adicados este ano a Blanco Amor. “A inspiración pode xurdir en calquera momento, en calquera lugar ”, asegura o pintor brigantino Alfredo Erias. Pero está claro que se un artista dispón dunha “axudiña” ex terna, coma a carballeira de Santa Minia, o paseo do río Pego ou o entorno da igrexa da Luaña, entón as musas se lle disparan automaticamente. E iso foi o que aconteceu durante o encontro coa arte de Brión, que este ano chegou á súa terceira edición. Esta inspiración creativa plasmouse en centos de cadros, dos que al omenos 47 xa forman parte “dunha pinacoteca de grande valor coa que se está facendo o Concello de cara o futuro museo da arte”, apunta Xosé Vázquez, comisario dos encontros, quen bromea ase gurando que “iso é así xa que os artistas somos de natural xenerosos”. Uns artistas que durante tres días “estamos en contacto, compartimos expe riencias e aprendemos uns de outros en canto a técnicas, puntos de vista…”, explica o coruñés Tino Poza. E así foi. Alfonso Costa non dubidou en explicarlles a dous dos seus compañeiros que “o dedo é o mellor pincel do pintor ”, mentras outras pintoras tiñan os seus máis e os seus menos coas forzas da natureza. “Cámb iame a sombra cada cinco minutos”, queixábase Ysmert, mentras Beatriz Ansede tiña que recoller outra vez o seu cadro do chan, e xa van varias, tirado polo vento. E todo baixo unhas paisaxes sen igual , baixo o chiar dos paxaros e os acordes do che lo de Xurxo Lois Varela Díez. Ao inicio destes encontros, a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, comentoulles aos artistas participantes que tiña a esperanza de que “vos levedes un anaquiño de Brión no voso corazón”, pero a verdade é que algún tamén deixou un anaquiño do seu corazón en Brión.


Concello de Brión

Máis de 250 veciños e veciñas participan nas actividades de música e baile organizadas polo Concello.

“O que buscamos por riba de todo é que sexa divertido”. Esta frase da mestra de Baile Moderno, Belén Castiñeiras, resume á perfección o obxectivo das distintas escolas de música e baile organizadas polo Concello de Brión. Máis de 250 veciños e veciñas de todas as idades, se ben os mozos son maioría, apuntáronse este ano a iso de bailar ou tocar música na Escola Municipal de Música, na Banda de Música Municipal ou nas escolas de Baile Moderno e de Danza Tradicional e Pandeireta. A Escola Municipal de Música é quen máis participantes rexistra de todas estas actividades, non en van conta con 120 alumnos “dende os catro ata os 60 anos”, especifica o seu director, Carlos Pintor. Uns alumnos que reciben unha formación clásica e que “aprenden a disfrutar dun instrumento, a aprender da música”, explica Pintor. O director da escola lembra que cando se puxo á fronte desta entidade, seis anos atrás, tan só se impartían clases de guitarra. Agora os alumnos poden elixir en-

tre piano, guitarra, trompeta/fliscorno, tuba/bombardino, trombón, trompa, clarinete, saxofón e frauta traveseira. Seis mestres se encargan dunhas clases nas que “algún que outro está empezando a despuntar, aínda son poucos anos pero xa se van notando os froitos do traballo realizado nas clases”, recoñece o director da Escola Municipal de Música. Un centro que está aberto a todo tipo de alumnos, independentemente da súa idade e da súa formación. “Non é tan importante o nivel académico como as gañas por facelo ben”, asegura Carlos Pintor, aínda que recoñece que estes estudos tamén “teñen que ter o seu rigor académico”. Un rigor que leva a estes alumnos a tocar en agrupacións ou coa banda de música, “que é unha saída natural para os alumnos da escola”. A banda de música, de cine Unha saída natural que xa to maron rapaces coma Mariano, Uxía ou Laura, tres dos 34 músicos que conforman a Banda Municipal de Brión. Unha agrupación, cando menos, peculiar. E explicámonos. Esta formación non é unha banda, digamos, ao uso que se limita a interpretar pasodobles e pezas clásicas. “Intentamos cada ano cambiar o repertorio, buscar temas que lles gusten aos rapaces para que se sintan a gusto e non se abu-

rran”, apunta o seu director, Jorge Rey, “ademais de manter as tradicións, polo que case sempre comezamos as nosas actuacións cun pasodoble. Trátase de adaptarse a un público fiel que xa temos e buscar novos espectadores”.

“ademais de manter as tradicións, polo que case sempre comezamos as nosas actuacións cun pasodoble. Trátase de adaptarse a un público fiel que xa temos e buscar novos espectadores” E se é certo iso de que na variedade está o gusto, a banda municipal de Brión debe de ser do agrado de todos e todas. Por un lado, conquista ao público máis veterán con interpretacións incluidas no repertorio de calquera formación galega. Por outra, chega a un público máis novo a través de referentes musicais do seu agrado. Jorge Rey recoñéceo: “teño predilección polas bandas sonoras e sempre lles ando a propoñer aos alumnos tocar música de películas que estean de moda porque sei que iso lles gusta”. De feito, se algún día á selección nacional de fútbol se lle dá por vir xogar por Brión, poderían desfrutar da “Suite Piratas do Caribe” que os acompañou durante o levantamento da Eurocopa. Non en

19

pax.

“algún que outro está empezando a despuntar, aínda son poucos anos pero xa se van notando os froitos do traballo realizado nas clases”

CULTURA E DEPORTES

A música amansa as “feras” de Brión


MÚSICA E DANZA

Altamira

Nº 71 - 2008

“nós somos os que imos tocar, e preferimos pezas máis modernas” van é unha das pezas preferidas da banda, quen tampouco deixan de lado pezas míticas como a marcha imperial da Guerra das Galaxias ou temas de A Máscara do Zorro. A aposta de Rey Barca é apoiada por Laura, xa que “nós somos os que imos tocar, e preferimos pezas máis modernas”. Unha decisión que corrobora a súa amiga Uxía, que considera que a música clásica “ás veces xa aburre”. Porque, como diciamos no principio desta reportaxe, o obxectivo de todo isto é pasalo ben, tanto os alumnos coma o público. “Ao principio parece que todo é moi difícil”, recoñece Mariano, “pero ao final pásalo moi ben”. De feito, o propio director da banda confirma que todos estes rapaces “son moi amigos e mesmo saen xuntos coma tales”, o que desmostra que xunto ao valor estético e cultural da música tamén existe un compoñente social.

pax.

Baile tradicional

20

Un compoñente social que quedou patente durante a celebración, o pasado mes de maio, do concerto de fin de curso das escolas de pandeireta e baile galego. Unha auténtica festa na que pais, nais, fillos e fillas compartiron unha mañá entrañable de festa no centro social polivalente. Por unha banda, os pequenos amosaron todo o aprendido ao longo do último ano. “Vexo que progresaron”, asegura a nai de

Sara, unha das rapazas da escola de pandeireta e baile galego, “xa que fixeron un baile máis complicado e nótase que durante o ano aprenderon moito”. Porque, aínda que non o pareza, tocar a pandeireta non é algo sinxelo, por moito que o noso refraneiro popular se empeñe en dicir o contrario. “É un instrumento de percusión coma outro calquera”, explica Gustavo Couto, profesor de pandeireta, “ten a súa dificultade e require o seu tempo de ensaio”. Uns ensaios que permitiron que as rapazas das escola de pandeireta e baile galego fixeran unha memorable actuación ante máis de cen persoas no centro social polivalente. “Ensinámoslle as letras, practicamos as voces e os movementos”, explica Couto. Uns movementos que sempre desembocan nunha mesma peza: a muiñeira. “É que é o baile máis divertido, é o máis movido”, explica Isabel, unha das integrantes da escola de baile galego e pandeireta. E todo isto a pesares dun de-

talliño que ás veces pode pasar desapercibido: non hai nin un só neno de Brión participando nestas escolas de baile galego e pandeireta. “Moitos deles teñen a idea equivocada de que isto é cousa de nenas”, explica a profesora de baile galego Edith María Cotilla, quen fai un chamamento aos rapaces do municipio a que se animen a participar nesta iniciativa, xa que “os bailes e as representación serían moito máis bonitas e diferentes, xa que o baile do home é moi distinto ao da muller. É, por dicilo dalgún xeito, un chisquiño máis chulesco”. Un chamamento ao que Gustavo Couto, profesor de pandeireta, une tamén unha reivindicación: cambiar de horario as clases. “Os sábados pola mañán non son os días máis axeitados para ensaiar, e de seguro que habería máis participantes se as clases fosen durante a semana”, explica Couto.

“Ensinámoslle as letras, practicamos as voces e os movementos”


Un problema que non ten a protagonista coa que abriamos esta reportaxe, Belén Castiñeiras, mestra de Baile Moderno, que non só foi quen de reunir todos os sábados a máis de cen rapaces, de entre 3 e 18 anos, durante todo o curso senón que repetíu experiencia este mes de xuño cun gran éxito de participación. A verdade é que Belén conta cun aliado moi forte: o ritmo, xa que as súas clases están cheas de batuka, baile latino e dun dos éxitos deste ano, a danza do ventre. Durante as súas clases, nas que os alumnos se dividen por grupos de idades, propóñense distintas coreografías para aque-

las cancións que máis sonan nas nosas radios. “Cos pequenos buscamos cancións sinxelas, ensinámoslles a dar voltas agarrados e traballamos o tema a base de repeticións”, explica Belén. O froito puidémolo ver o pasado mes de maio cun espectacular “can-can” a cargo dos máis pequenos do municipio que pouco tivo que envidiar ao do Moulin Rouge. Un traballo que para Belén é a base do éxito. “O importante é que os rapaces sexan traballadores, que presten atención e estean encima do que están facendo”, explica. Un traballo que esta mestra leva facendo durante os últimos catro anos e que xa está a dar os seus froitos: “hai moitos nenos que bailan moi ben”, apunta Castiñeiras, “e nótase moito

a diferencia que teñen cos que acaban de empezar”. Un traballo que non está reñido co talento, xa que a propia mestra recoñece que “hai xente que lle custa bailar e, en cambio, hai outros que o viven, que lles sae natural”. Iso si, e para tranquilidade e esperanza de todos os lectores de “Altamira”, Belén tamén confirma que non hai casos imposibles e que todos podemos aprender a bailar. Agora ben, como se dicía naquela mítica serie dos anos oitenta: “a fama custa, e aquí é onde ides empezar a pagar, con suor”. Un suor que se xorde da diversión e do compañeirismo existente nestas escolas de música e baile organizadas polo Concello, mellor que mellor.

21

pax.

Vivir o baile

MÚSICA E DANZA

Concello de Brión


Altamira

Nº 71 - 2008

HISTORIAS E LENDAS

Cando o fútbol era invento do demo Está a punto de inaugurarse o novo campo de fútbol de Brión, que supuxo un gasto superior ao millón de euros. Con este motivo, botamos unha ollada aos inicios da práctica do fútbol no concello. O fútbol moderno naceu en Inglaterra no século XIX: o ano 1863 está considerado como a data en que se fixaron as regras deste deporte, pero foi durante o século XX cando se estendeu a sua práctica ata chegar aos recunchos máis arredados e converterse por todo o mundo nun fenómeno de masas como posiblemente non houbo outro semellante na historia da humanidade. A Brión, o mesmo que ao resto das aldeas, o fútbol chegou de contado, pero coma un enredo máis dos rapaces. Ao non ter un espacio apropiado, xogábase en calquera lugar que tivese unha mínima amplitude: nos quinteiros entre as casas, co conseguinte perigo para os vidros das fiestras e os tellados, nos adros das igrexas, diante das escolas, nos camiños... Aínda quedan na acordanza da xente dos Anxeles os tempos en que se xogaba á pelota no cruce da Gándara, no medio e medio da estrada de Noia: se cadraba de aparecer un coche, parábase a pelota... cando non tiña que parar o coche, que tamén ocorría.

pax.

Se non había cartos para mercar balóns, botábase man do calquera cousa que puidera coller forma esférica: novelos de

22

trapos, abrotas no verán, etc. Ter unhas botas de regulamento era un soño, e xogábase con zocos, ás veces cunhas boas chapras na biqueira para que o tiro fora máis efectivo. Claro que frecuentemente o golpe, en vez de á pelota, ía parar á canela do contrario, ou aos fociños; e así se explica que na maior parte dos casos os partidos remataban coa metade do equipo mancado. Tiñan razón as nais cando maldicían o xogo coma “un invento do demo”. Eran tempos “heroicos”, e a mocidade en cada parroquia empezou a organizarse para conseguir unha infraestrutura mínima de equipo, para alugar unha leira onde xogar, para mercar camisetas e balóns, para concertar competicións con outras parroquias... A primeira parroquia no concello que logrou un equipo de fútbol cunha estrutura relativamente estable foi a de Brión, que xa no tempo de república participaba en competicións da comarca. Xogaban nunha leira en Tras do Piñeiro, en Pedrouzos; logo cambiaron para Liñares, onde xogaban tamén os dos Anxeles. Bastavales tivo moitos anos o seu campo de fútbol no lugar do Outeiro. O da Luaña estivo, primeiro, en Millarío-Vioxo de Abaixo e, despois, nos Lugariños, nun terreo moi

venteado que chamaban Catro Ventos. Os de Ons arredor do ano 1945 xogaron moitos anos en Porróns-Salaño. Os xogadores ocupabanse de pagar as camisetas, balóns e demáis impedimenta e adicábanlle moitos días a preparar o terreo, ás veces aportando os carros de vacas e posteriormente tractores. A concentración parcelaria reservou terreo para campos de fútbol, que se acondicionaron en boa parte con subvencións oficiais do IRYDA, e permitiron participar en competicións oficiais. Así, entre 1970 e 1973, naceron os equipos de Brión, Bastavales e Luaña. Ons tivo campo de fútbol, pero non equipo federado. Ademais das competicións oficiais dos equipos federados, organizáronse competicións parroquiais que marcaron unha bonita época de relación entre os participantes, como as ligas da Amistade e do Tambre, nas que estiveron equipos de Ons, Viceso, Luaña, Cornanda e Os Anxeles con moitos de Negreira, A Baña e Serra de Outes. Cornanda foi a última parroquia que acadou campo de fútbol (1995), pero cando xa nas aldeas empezaba a escasear a mocidade para xogar.

Equipo de Brión no ano 1932


Concello de Brión

O TREMO 1929

Tras facer fortuna en Arxentina, este home nacido en Brión adicou esforzos e capital á mellora do seu pobo natal. A este fillo predilecto do Concello fóronlle adicadas placas, fontes, unha avenida e o busto que se pode apreciar na foto, esculpido por Francisco Asorey.

O TREMO 2007

Celebración da Festividade de San Ramón [patrón das parturentas] na aldea do Tremo na parroquia dos Ánxeles. Celebrase anualmente todos os 30 e 31 de Agosto. Outra das festividades por excelencia desta capilla é a da Virxe do Pilar [patrona da hispanidade], que se celebra cada 12 de Outubro.

DE ANTES E AGORA

Colocación do busto de VICENTE RAMOS diante da Capela de San Ramón do Tremo nos Ánxeles en Agosto do 1929.

A denominación real desta é a de Capela da Virxe de Guadalupe do Tremo, santa que tamén se venera nesta aldea.

05/06/2008 | Un total de 88 nenos empadroados en Brión teñen confirmada a súa praza na escola infantil. 04/06/2008 | O Concello brionés contratará dez persoas para obras públicas e tarefas de limpeza. 04/06/2008 | Brión adapta o seu web a usuarios con dificultades visuais e reforza a información turística. 18/05/2008 | Unha xestora redactará para a seman os estatutos da asociación de empresarios de Brión.

10/06/2008 | Blanco Amor revive en Brión en forma de pintura e fotografías 27/05/2008 | Educación garante o Bacharelato no IES de Brión para o próximo curso 13/05/2008 | O Concello de Brión puxo en marcha un servizo de recollida de aceite vexetal usado

BRIÓN NA PRENSA

05/06/2008 | A reciclaxe e a recollida selectiva centran os actos brioneses do día do medio ambiente.

09/06/2008 | Artistas galegos conmemoran en Brión a figura de Blanco Amor 28/05/2008 | Alumnos das escolas de música e baile de Brión dan un concerto este sábado

24/05/2008 | A Xunta garante o Bacharelato no IES de Brión o próximo curso

23

pax.

27/05/2008 | Ames e Brión terán unha planta potabilizadora no verán de 2009


anos 22

sabias que... que... sabias As cacharelas de San Xoán son unha festa moi antiga que se celebra en moitos lugares de Europa para celebrar a chegada do verán en torno a cacharelas purificadoras. A festa de San Xoán celébrase en lugares tan distantes como Finlandia e Brasil. Na maioría dos lugares esta celebración consiste en queimar mobles e trastes vellos na rúa. Dise que esta noite máxica se comunican o mundo do Alén (máis alá) co do máis acá. É o momento de espantar os malos espíritos. En San Xoán meigas e bruxas fuxirán. As cacharelas acéndense chegado o día 23 pasada a media noite. Atribúeselle protección e boa sorte ao feito de saltar nove veces unha cacharela esa noite (segundo as poboacións, o número varía). A comida típica e esa tarde-noite son os cachelos (patacas cocidas coa súa pel) e as sardiñas asadas.

Cacharela de San Xoán

Concello de Brión Carballeira de Santa Minia, nº 2 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax.: 981 88 74 31 mail: concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org


71 - ALTAMIRA Nº 71