Issuu on Google+

Nยบ 3 decembro 2016


2


1 FIEITOS

[6]

BUSCANDO A CONEXIÓN INNATA COA NATUREZA

[22]

ELABORACIÓNS CON FABA DE RIL E ASTURIANA

[24]

SUSTITUCIÓN DO CÉSPEDE DO ESTADIO DE RIAZOR

[27]

VENDIMA CÓ CIFP PASEO DAS PONTES

[31]

VISITA AOS ESPAZOS VERDES PÚBLICOS DO CONCELLO DE OLEIROS

[34]

FESTA DO RURAL. SAN CIDRE 2016

[37]

A IMPORTANCIA DA FABA EN GALIZA

[44]

VISITA Á COOPERATIVA DO VAL E Á FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS

[52]

A PODA NA VIÑA. PODAS DE FORMACIÓN E DE PRODUCCIÓN NOS DIVERSOS SISTEMAS. DETERMINACIÓN DO VIGOR

[56]

5ª FEIRA DA SIDRA NATURAL E ECOLÓXICA DA ESTRADA

[73]

MOSTRA DO BLANCO LEXÍTIMO PADERNE 2016

[75]

8ª FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO

[77]

VENDIMA CÓ IES FRAGAS DO EUME

[79]

3


2 CONFERENCIA DE JOSECHO BAAMANODE DE TINEO INGENIERÍA

[84]

DEMOSTRACIÓN DE CONTROL BIOLÓXICO

[85]

RETIRADA DE NIÑO DE VELUTINA

[87]

TALLER DE PRÁCTICAS. PROPAGACIÓN DE FIEITOS AUTÓCTONOS

[89]

PONT UP STORE PONTEVEDRA 2016

[93]

FIN DE SEMÁ NOS ANCARES CÓ ALUMNADO DO CFGM XARDINARÍA E FLORARÍA

[94]

OS FITOSISTEMAS. UN XEITO NATURAL PARA A RECICLAXE DA AUGA

[96]

PRODUTOS FITOSANITARIOS DE USO NON PROFESIONAL

[112]

ELABORACIÓN VIÑO DOCE NO C.F.E.A. DE GUÍSAMO

[117]

PRAGAS E ENFERMIDADES EN ENSAIO DE TOMATE VARIEDADES AVOA DE OSEDO E NEGRO DE SANTIAGO

[126]

TRABALLOS DESENVOLTOS NO ANO 2016 POLO CFEA DE GUÍSAMO NA LIÑA DE EXPERIMENTACIÓN SOBRE A PROPAGACIÓN E USOS DOS FIEITOS AUTÓCTONOS

[130]

4


Unha vez houbo unha flor que só ulía certa xente no xardín dun demente con máis poder que razón Romance da bela rosa Ses

5


Fieitos

Miguel Ă ngel Varela TĂŠcnico superior Paisaxismo e Medio Rural


INTRODUCIÓN Os fieitos son plantas Pteridophytas, polo xeral son herbáceas ainda que existen especies arbóreas. A diferencia doutras plantas esporófitas estas teñen follas verdadeiras, talos, raíces e un complexo sistema de tubos ou vasos conductores denominado sistema vascular, serven para transportar auga e outros nutrintes por toda a planta. Este grupo de plantas é un dos máis antigos xa que os seus rexistros datan do Período Devónico da Era Paleozonica. Durante o Carbonífero foron os reis da Terra xa que durante esta época lograron a seu máximo esplendor, aparecendo con formas arbóreas e que xunto con algunhas coníferas formaron grandes bosques dos que nos deixaron grandes vetas de carbón. Son plantas criptógamas o cal carecen de flores, froitos ou sementes verdadeiras, reproducense por esporas e soen abundar nas zoas humidas, nos bosques ou preto dos ríos, polo que requiren alta humidade ambiental para crecer adecuadamente.

Existen aproximadamente unhas 10.000 especies de fieitos e fieitos aliados no mundo (fieitos aliados incluen, colas de cabalo e licopodios). A maior diversidade de especies prodúcense nas selvas tropicais. MORFOLOXÍA DO ESPOROFITO A parte visible dos fieitos son as follas chamada frondes. O fronde consta dun peciolo e unha porción da folla chamada (lámina) apoiado nun nervio central chamado raque. Os frondes poden ter diversas formas dependendo do fieito. No seu envés atópanse os soros, estes están formados por millares de esporanxios e no seu interior alóxanse as esporas. O talo soe ser un rizoma rastrero e subterráneo o cal está cuberto por unhas escamas chamadas páleas, do cal surxen as raíces, encargadas de absorber auga e outros nutrintes.

7


CICLO DE VIDA O ciclo de vida das plantas Pteridophyta presentan duas fases independentes, unha fase haploide chamada gametofítica e outra fase diploide chamada esporofítica. Cando xermina unha espora haploide origixínase o gemetofito ou prótalo, que é inicialmente un filamento verde e logo que expándese tomando aspecto laminar con unha forma máis ou menos acorazonada, este fíxase o sustrato nutríndose a través dos rizoides. Cando alcanza a sua madurez sobre o mesmo orixínanse os órganos reproductores ou gametangios nos cales encóntranse os anteridios que producen os gametos masculinos móviles (anterozoides) e os arquegonios que producen os gametos femininos (oósferas).

Para poder fecundar a oósfera, os anterozoides dependen da disponibilidade de auga, de maneira que poden nadar ata os arquegonios. A partir da fecundación orixínase primeiro o cigoto e logo o embrión que se desenvolve constituindo o esporófito diploide no cal se diferenciarán as raíces os talos e as follas, e terá un sistema vascular simple. O madurar o esporófito sobre frondes ou partes de frondes orixínanse os esporanxios, dentro dos cales por meiosis se formarán as esporas haploides. O chegar á madurez os esporanxios ábrense liberando as esporas e así reiníciase o ciclo.

8


MÉTODOS DE PROPAGACIÓN Existen diferentes métodos de propagación dos fieitos, os máis utilizados son por esporas, rizomas, estolóns, xemas nos frondes e cultivo in vitro. POR ESPORAS (SEXUAL): 1. Recolección das esporas: O primeiro que temos que facer é recolectar as esporas, estas encóntranse nos soros que están no envés dos frondes. Debemos seleccionar unha fronde sa e que teña os seus soros compretamente formados, tamén lle prestaremos atención o seu tamaño e a súa cor, este paso é importante para ter éxito na xerminación. Intentaremos cortar o fronde cunha tesoira, no caso que sexa moi grande cortarémoslle unhas pinas, evitaremos tirar por el xa que podémoslle facer desgarros ou incluso desplantar o fieito. Os frondes ou pinas colocaranse entre duas follas de papel o cal lle poñeremos un peso lixeiro enriba e dexiaremos secar varios días nun lugar seco. Despois da extracción farase un cribado para eliminar os esporanxios así como outros restos.

Detalle dos soros

Extracción das esporas

Dependendo da especie as esporas poden ter diferentes cores, estas poden ser marróns o negras; ainda que tamén poden mostrar coloracións máis claras, incluso amárelas ou verdes. O momento idóneo para recolectarlas e xusto cando estalan os primeiros esporanxios, iso é sinal de que os restantes xa están maduros para soltar as esporas, ainda que intentaremos recolectalas antes de abrirse os esporanxios. Realizando este paso conseguiremos unha mostra máis limpa, abundante e tamén sufrirán menor contaminación.

9


2. Sementeira: Para facer a sementeira das esporas farase unha mezcla de turba ben desmenuzada a que lle engadiremos vermiculita nas proporcións 4/1 ou 5/1. Colleremos un recipiente de plástico transparente con tapa hermética, o que desinfectaremos previamente con alcohol o 70%, logo botarémoslle auga destilada e a continuación o encheremos coa mestura de turba e vermiculita, a cantidade a botar é sobre un par de centímetros de altura. É importante facerlle un alisado da superficie para que non se depositen as esporas nos ocos, tamén comprobaremos que quede ben mollado o sustrato sen que quede encharcado, finalmente o meteremos no microondas uns minutos para esterilizalo. Antes de facer a sementeira é importante deixar enfriar o sustrato.

No proceso de distribuir as esporas intentaremos facelo o máis uniforme posible e con pouca cantidade, así lograremos unha densidade idónea, a sementeira pódese facer con diferentes técnicas, neste caso o faremos mediante un pulverizador o que lle engadiremos as esporas e un par de gotas de auga osixenada durante un minuto para desinfectalas, pasado o minuto engadirémoslle catro gotas de auga destilada o axitamos e pulverizaremos sobre o sustrato.

10


11


Este pulverizador utilizarase únicamente para esa especie e así evitaremos que xerminen outro tipo de fieitos en posteriores sementerias. No momento de pulverizar utilizaremos unha mascarilla para evitar as contaminacións. Unha vez realizada a sementeira o taparemos e o etiquetamos con nome da especie, data da sementeria e outros datos que queiramos engadir.

3. Cámara de cultivo: Meteremos o contenedor nunha cámara de cultivo cun fotoperíodo de 18 horas de luz e mantendo unha temperatura entre 20 e 25ºC cunha humidade do 75-85%, no caso de non ter cámara de cultivo intentaremos colocalo nun lugar morno e ben iluminado, sen que lle dé o sol directo.

Se a sementeira é moi densa farase un rareo e trasplantado a outro recipiente, así evitaremos a competencia entre plantas e un mellor crecemento. Neste proceso deberemos de ter moito coidado xa que poderíase contaminar o cultivo e perderíamos todo o traballo realizado, para iso utilizaremos material esterilizado e colocaremos unha mascarilla. O final do rareo farase un regado con spray moi fino.

Cando os prótalos alcancen a madurez os pulverizaremos cada dous ou tres días ou inundaremos con auga destilada para que naveguen os anterozoides cara o arquegonio e así facilitaremos a fecundación da oósfera.

12


Unha vez fecundada a oósfera do arquegonio polos gametos masculinos producidos no anteridio o cigoto inicia o crecemento dando lugar a un novo esporófito • •

• 4. Repicado e aclimatación: Cando os esporofitos chegan a un tamaño de dous o tres centímetros ou teñen tres follas verdadeiras procederemos o repicado os alveolos, este proceso farase con moito coidado, xa que pódense contaminar, para iso os repicaremos con pinzas esterilizadas e usaremos mascarilla. O finalizar o repicado meterémolos nun recipiente tapado no cal tamén pódese colocar perlita no fondo para manter a humidade. A continuación os regamos con un spray fino e os tapamos, intentaremos poñelos nun sitio ben iluminado, sen que lle dé o sol directo e a unha temperatura entre 20 e 25ºC.

Cando os esporófitos alcancen un tamaño aproximado duns dez centímetros procederemos a aclimatalos abrindo o contenedor pouco a pouco, xa que si se fai moi rápido poderían morrer. Unha vez adaptadas os trasplanteremos a macetas máis grandes para engordalos. VEXETATIVA (ASEXUAL): A propagación vexetativa é a reproducción da planta a partir dunha parte da mesma. As partes do fieito que poden orixinar novas plantas son: – RIZOMAS (DIVISIÓN DE MATA): Para dividir o rizoma é necesario ver a zona de crecemento activo. O tamaño do rizoma está vinculado a posibilidade de éxito, é dicir, canto máis grande e con máis xemas mellor se vai a desenvolver e tamén máis rápidamente se obtén una nova planta.

13


– ESTOLÓNS: Algúns fieitos o cabo duns anos emiten longos e finos estolóns con xemas terminais, o tomar contacto co chan xeneran novos fillos. Estes poderanse plantar nunha maceta cun sustrato lixeiro que co tempo obterase unha nova planta. – XEMAS NOS FRONDES: Outra maneira de propagalos vexetativamente é a través das xemas que se orixinan nos frondes como é no caso do Asplenium bulbiferum. Estas xemas ou estolóns que se forman en verdadeiras plantas é necesario separalas da planta nai e colocalas nunha maceta cun sustrato axeitado.

CULTIVO IN VITRO: Outro método de propagación é o cultivo in vitro, este é un sistema que non está o alcance de todos os aficionados xa que se require de outras técnicas e o uso de instalacións especiais. As técnicas máis utilizadas son a xerminación por esporas e o uso de explantes vexetativos. Os principais aspectos que se deben de ter en conta para un bó éxito son: o tipo de explante, medio de cultivo, reguladores de crecemento e as condicións ambientais.

14


15


16


APROVEITAMENTOS E POSIBLES TRANSFORMACIÓNS PARA A SÚA VALORACIÓN DE LEÑAS E MADEIRAS PROVINTES DO MEDIO RURAL E ÁREAS PERIURBANAS (ZONAS AXARDINADAS)

17


18


19


20


21


En Conexión coa Natureza En Conexión coa Natureza, é o título que deron á súa charla no CFEA de Guísamo, Manuel Ángel Bugallo Otero e María del Carmen Aldir Doval, arquitecto paisaxista e bióloga especializada en mamíferos mariños, agora incursionando na botánica das especies galegas. Ambos os dous de “ BUO estudio de arquitectura + paisajismo”, fan parte dos profesionais que se achegan ao centro para partillar experiencias e coñecementos, un xeito de ensanchar os nosos horizontes formativos alén das aulas e do noso día a día na comunidade educativa. Os seus postulados teñen un claro fundamento na relación das persoas coa natureza, os proxectos, desen-volvidos en Galicia e México, oriéntanse por tres principios da biofilia aplicados ao deseño: a natureza no espazo, a analoxía da natureza e a natureza do espazo. Coa visión da riqueza propiciada pola mestura de saberes e o traballo colaborativo, contáronnos con exemplos a posta en práctica da súa filosofía, aplicada a través de tres criterios para eles imprescindibles: a integración co medio natural, o uso de materiais locais e vexetación autóctona e a conexión coa cultura e o patrimonio do lugar. A propósito de conexión, consideramos que este tipo de actividades son de vital importancia en tanto tenden pontes entre a formación e o mundo profesional no que se desenvolverán @s titulad@ do CFEA. Constitúe, tamén, un achegamento valioso ás circunstancias reais do momento actual no que a Xardinaría e o Paisaxismo se refire. 22


23


Presentamos no CFEA de Guísamo diversas elaboracións con faba de ril galega e faba asturiana, ambas cultivadas no CFEA. Estas preparacións son o resultado da colaboración entre ACASTREXA e o CFEA dentro do proxecto de recursos fitoxenéticos da Consellería do Medio Rural “Ciam 08/2016: Avaliación de variedades locais de chícharos e feixóns destinados tradicionalmente á alimentación humana en sistemas agrícolas sostibles”. Houbo fabas ao natural, fabas con mexilóns, fabas con garam masala e marmelada de faba, destacar que entre todas elas sorprendeu, mui favorablemente, a marmelada de faba de ril, todos a coñecíamos do caldo pero esta nova preparación gustou moitísimo. Moitas grazas pola vosa participación!!!!!!! 24


25


26


O alumnado e profesorado do CFEA estivemos vendo os traballos de sustitución do céspede do estadio de Riazor. A pė de campo vimos como se colocan os tepes de herba que farán de Riazor un dos mellores campos de España. Tanto os responsables do Deportivo da Coruña como o responsable da empresa ROYAL VERD explicaronnos con todo detalle as distintas operacións que se estaban realizando, polo cal a visita resultou moi interesante. Agradecemos enormemente as atencións recibidas.

27


28


29


30


Vendima co CIFP Paseo das Pontes 31


32


33


Fotos da visita que fixemos a distintos espazos do concello de Oleiros, A lagoa e o paseo marítimo de Mera, o parque Ibarrola, ...acompañados por Eliseo Zaera, coordenador dos xardíns. Moi interesante, unha visita paisaxísta, expropiacións, fauna, árbores senlleiras... Todo un luxo¡¡. 34


35


36


37


38


39


40


41


42


43


A importancia das fabas en Galiza. Adico este artigo ás mulleres labregas das comarcas de Bergantiños e a Mariña de Betanzos e en especial a miña Nai polo que fixeron por esta terra e polo desenvolvemento rural. Ata ben avanzados os anos 60 do século pasado, as fabas (Phaseolus vulgaris de nome científico ) eran a leguminosa de alimentación humana máis importante no noso país. Dita importancia viña dada pola dependencia que existía na dieta diaria da maioría das familias galegas así como ser Galiza una das maiores despensas de fabas en España. Naqueles anos 60 eu comprobaba como calquera neno de aldea que case todos os días da semana comías un menú que levaba fabas; o caldo xa case era diario e a fabada con frecuencia. A achega de proteína era básicamente a partires das fabas.

En aqueles tempos comíase moi pouca carne de vaca, só nas festas. Os xatos eran para vender non para comer. A carne de porco, que era a maioritaria para consumo doméstico, era a achega principal de graxa. Este tipo de alimentación era común para todas as familias galegas tanto rurais como urbanas a excepción das zonas costeiras ou próximas onde o peixe pasaba a formar parte común na dieta. Con este pequeno resumo concluímos que as fabas eran prioritarias no consumo doméstico, producindo todas as explotacións para autoconsumo con venda de excedentes nas feiras . Tamén apreciaba que por aquelas datas, nos meses de agosto e setembro había que axudar nas leiras , primeiro para levantar as plantas de fabas e poñelas a secar nos cañotos do millo, co que se asociaba, e máis tarde sacala das leiras e debullala, normalmente nas eiras. As leiras onde se cultivaban, eras terras boas, normalmente cortiñas. O traballo non era moi querido pola xuventude dada a incomodidade da súa asociación co millo. O traballo de mallar as fabas era moi importante pola necesidade de dispoñer do dia axeitado climáticamente para facilitar o debullado, así como unha superficie limpa na que se colocaban os limpeiros donde se extendian .A continuación mediante o mallo íase executando a malla.

44


Desde o momento que as fabas estaban no saco debulladas, quedaba o traballo de limpalas e clasificalas. Era un traballo que facían en día seco e cun pouco de aire para facilitar a súa limpeza; así como despois con moita tranquilidade quitar o destrío. Agora quedaban tres procesos máis: gardar unha cantidade importante para o autoconsumo, que como xa dixemos era moi importante, outra parte para o reemprego para volver a sementar o ano seguinte e o excedente, si o había , tiñamos que ir a feira para vendelas. A venda non podía esperar moito tempo por medo a ser atacada por diferentes pragas e enfermidades sendo a mais común o gorgullo. Toda a produción da faba en aqueles tempos era totalmente ecolóxica como a maioría dos cultivos. Xa estamos na fase da comercialización, e a faba ten características propias dado que a produción era moi importante porque o mercado de dita leguminosa era moi estable. A súa estabilidade viña dada pola seguridade nas vendas e prezos razoables e sostibles no tempo. Cando dicimos prezos razoables estamos a xustificalos nuns tempos determinados onde os recursos económicos que entraban na explotación eran poucos e moi limitados no tempo.

Asociación do millo co cultivo da faba

A madeira vendíase en ciclos moi longos, a carne dos xatos, entre a xestación e a crianza, pasaba de dous anos, o leite reempregábase vendendo pequenos excedentes, sobre todo nas áreas periurbanas.

45


Desto concluímos que eran moi pequenos os ingresos de aí a importancia que as fabas tomaban na economía doméstica sobre todo nas zonas de influencia máis atlántica. Si a produción para autoconsumo e reemprego era moi importante en Galiza na maiorías das explotacións significa que as fabas que se vendían nas feiras non quedaban só nos consumidores galegos, trasladando ditas producións máis lonxe da nosa comunidade, pasando a ser despensa de moito comercio exterior. En todo este traballo de moitos anos estivo tamén unha compoñente moi importante que foi a mellora xenética feita por estas labregas onde foron conservando a traveso do tempo as mellores características do seu material de base. Ditos materiais adoitaban ser propios conservándoos durante xeracións. Recordemos unha cousa moi importante, cando unha explotación quedaba sen dita semente, por motivos diversos, a reposición de dita semente era cedida por outras explotacións veciñas pero sen ser económica dita transacción. Hoxe por ti mañá por mín.

Entre o material que se cultivaba pódese destacar, a do ril ou de chavella, a de fabada ou femia, a roxa, a redonda branca ou a pinta como comenta José Manuel Mancebo, de Legumes Minuca, en Carballo, que é herdeiro dunha familia das máis importantes na comercialización de legumes de Galiza, ubicada en Carballo.

Faba de ril debullada e en vaíña para seco

46


Eu daquelas boas memorias lembro as denominacións chavella ou de ril.. Antes dos anos 90, xa coincidindo coa decadencia da asociación millo e faba , fago un acopio de ecotipos de faba na comarca de Carballo e vexo que se introduce a faba asturiana cun prezo superior e cunha demanda en ascenso. En aqueles momentos e aínda hoxe non teño moi claro cales foron os motivos de dito progreso pero si que as razóns foron variadas e que mudaron no tempo. A partires das mudanzas na dieta da poboación , dos cambios no cultivo asociado do millo e a faba, do abandono importante do medio rural por parte dunha poboación avellentada e non relevada por parte das novas xeracións, así como unha especialización agraria importante trae consigo que o cultivo da faba en Galiza pasa de cultivo extensivo a cultivo intensivo de horta e establécese a comercialización da faba de verdeo como unha saída importante para dito cultivo. Este é un dos aspectos máis importante da introdución masiva da faba asturiana dado o seu tamaño máis grande e o seu carácter trepador de tipo indeterminado para recollida máis progresiva durante a campaña.

Cultivo de faba en sistema intensivo

Os ecotipos de fabas galegas eran de carácter máis transversal para as diferentes estacións climáticas galegas, sempre moi ligada ó millo e por tanto a zonas climáticas de influencia máis atlántica. En esta adaptación tamén toma moita importancia a resistencia a certas enfermidades de carácter fúnxico así como a pragas. Onde nos atopamos hoxe no que respecta ó presente e futuro das fabas en Galiza? No que respecta á marca de calidade o máis representativo é a IXP faba de Lorenzá que por tradición e por proximidade á Cornisa cantábrica, de importancia no consumo de dita leguminosa, fai desta comarca un dos indicadores da importancia que dito cultivo ten para Galiza.

47


Na experimentación e investigación lévanse feito traballos moi interesantes tanto en Galiza (CSIC) como en Asturias (SERIDA) . A maneira máis correcta, non sempre posible , de conservar dito material xenético é a produción e consumo por parte da sociedade. Dados os cambios que xa comentamos tanto na sociedade consumidora como produtora non fan doada dita conservación, polo que é necesaria cada vez máis os traballos de conservación e posible mellora de ditos bancos de xermoplasma existentes por parte dos organismos competentes. Que máis se pode facer polo resto da sociedade ? Conseguir unha culturización e memoria histórica dun dos cultivos máis importantes no modelo agropecuario galego así como incidir desde unha visión ecolóxica e medioambiental así como dietética na importancia das leguminosas en xeral. Como se pode deducir o traballo da muller en todo este proceso de cultivo, selección e conservación así como venda de excedentes foi fundamental, sendo así aínda hoxe como producto máís de horta.

A labrega galega tivo sempre nas fabas unha aliada para xenerar uns recursos económicos que formaban parte normalmente da súa xestión, a cal permitíalle mercar outros productos necesarios para a vida que normalmente ela rexentaba. Si estas cousas tan importantes formaran parte da memoria colectiva galega, a faba seguiría a cumprir un papel merecido na sociedade galega. O papel que están a cumprir hoxe en dia os cociñeiros galegos, pequenas empresas de transformados vexetais, así como os centros de formación, experimentación e investigación de tódolos sectores implicados, poden facer que a fabas sigan sendo importantes na nosa terra. Tonecho Meixide Fernández Enxeñeiro técnico agrícola

48


49


50


Fonte das fotografías: revista EL CAMPO boletín de información agraria nº 108 Abril-Junio 1988

51


En colaboración con AGACA e a Rede Eusumo visitamos as intalacións da Cooperativa do Val e da Fundación Terra de Trasancos. Agradecemos a atención recibida por: José Manuel castro Leirachá, xerente da cooperativa, Eugenia Méndez Díaz, xerente da Fundación, Rebeca Gozález Tenreiro, responsable do viveiro e ao personal de AGACA María Rey Campo e Ana Vázquez.

52


53


54


55


A PODA NA VIÑA. PODAS DE FORMACIÓN E DE PRODUCCIÓN NOS DIVERSOS SISTEMAS. DETERMINACIÓN DO VIGOR. 1.TÉCNICA, ÉPOCAS, E TIPOS DE PODA. A poda é aquela práctica de cultivo consistente na eliminación de diferentes partes da cepa. Existen varios tipos de poda segundo o estado e a época na cal se leve a cabo. Ésta pode afectar ós sarmentos (o cal é o máis habitual), ós brazos, ou ás partes verdes (follas, netos, xemas, acios, etc.). A diferencia doutros cultivos frutícolas, no caso da viña a poda resulta unha práctica de vital importancia. Así, ésta debe levarse a cabo tódolos anos xa que, do contrario, produciranse danos irreparables na plantación.

Isto débese en gran parte a que a vide é una pranta acrótona, o cal quere dicir que presenta un maior crecemento (e máis precoz) nas xemas dos extremos dos sarmentos que nas das zonas basais ou intermedias, nas cales a presión da savia é inferior que no ápice. A seguinte ilustración é un exemplo claro deste fenómeno. Isto fai que, de non podarse, o seu esquelete vexetativo medre de xeito descontrolado, provocando o esgotamento da pranta (pola forte competencia entre o elevado número de ramos presentes na mesma), ademáis de proporcionar uva de peor calidade, ó non existir un equilibrio entre as partes vexetativa e froitífera da pranta. A acrotonía varía segundo as variedades (as castes cunha acrotonía máis marcada deben podarse antes, e aplicárselles unha poda curta), o vigor da cepa (as vides febles presentan unha acrotonía tamén máis marcada), o rigor do inverno (os invernos pouco rigurosos a favorecen) e o tipo de empalizamento.

56


Segundo a súa finalidade, podemos distinguir entre a poda de formación e a de froitificación, se ben é tamén bastante común nas cepas xa adultas ó levar a cabo unha poda de renovación ou de rexuvenecemento. Mentres, en función da época do ano na cal se practique, distínguese entre a poda en seco ou de inverno, e a poda en verde ou de verán. O obxectivo deste artigo non é outro que describir, dende un punto de vista técnico, as distintas variantes de cara a materializar a poda en seco ou de inverno da viña (a cal é o primeiro labor que se leva a cabo nas plantacións, coincidindo co comezo do ano, cando a pranta atópase en situación de parada vexetativa). Un punto a ter moi en conta nesta práctica é que, ó igual que acontece ca poda do kiwi, na poda da viña débese procurar vir sempre cara atrás, isto é, deixar sen podar os tocóns ou as varas de madeira nova (do ano) que se atopen máis próximas ó esquelete da pranta. Concretamente, os principais obxectivos que se perseguen con esta práctica son:

- Nos primeiros anos de vida da cepa, darlle a forma que se desexe (formación da pranta), e ir manténdoa de cara a lograr o cultivo axeitado. - Alongar ó máximo o periodo productivo da cepa, limitando o alongamento dos seus brazos e sarmentos. A maiores de rexuvenecer a pranta, ca poda dos brazos conséguese que a cepa se manteña no espazo desexado, sen invadir o correspondente ás cepas veciñas. Mentres, a decisión de limitar os sarmentos debe adoptarse de xeito razonado e con carácter temporal. - Regularizar a producción, limitando o número de xemas, o cal equivale a determinar a carga e facer un bo reparto da mesma, para así manter un equilibrio desta co vigor da planta que permita obter colleitas de calidade, e ó mesmo tempo, evitar que se debilite a cepa. Polo xeral, o sistema de poda adoptado na fase de formación mantense ó longo de toda a vida da pranta, salvo nalgún caso de carácter excepcional, ou por razóns asociadas a incrementar a productividade da pranta. O alongamento dos sarmentos pode impedirse, ademáis de mediante a poda, arqueando as varas, isto é, levando a madeira á horizontal no inverno, limitando así a inhibición das xemas da base ó estirarse e/ou aplastarse os vasos conductores.

57


Isto crea unha barreira de savia que favorece o desborre e o desenvolvemento dos ramos basais do sarmento arqueado. Outro xeito de evitar este crecemento desporporcionado do esquelete da pranta é recurrir á poda mixta, deixando sempre un pulgar para producir madeiras de reemprazo (Guyot).

O lograr un equilibrio axeitado é tamén de suma importancia. Por un lado, se se deixa pouca carga na pranta, incrementrarase o seu vigor, dando lugar a un exceso de vexetación, e a un consecuente debi-litamento da cepa pola forte competitividade entre os sarmentos. Polo outro, se a carga é excesiva, sucederanse moitos acios, mais con froitos pequenos e de mala calidade, ó non contar ca madurez (azucres) suficiente debido a que a savia, ó ter que repartirse entre tantos brotes, non chega ós froitos ca forza requerida. Isto, de sucederse co paso dos anos, tamén dará lugar a un progresivo debilitamento e marchitamento das cepas, alén de que é moi probable que a madeira presente problemas sucesivos de agostamento. 58


De cara a determinar a carga dunha cepa determinada débese de ter en conta o seu vigor actual, o vigor que se desexa que alcance, a carga necesaria para logralo, e o xeito de repartir a mesma. Debese de ter en conta que a capacidade anual de crecemento dunha cepa virá determinada tanto polo vigor adquirido nos anos anteriores como pola cantidade de reservas acumuladas. O tipo de poda que se levará a cabo nunha determinada plantación dependerá de múltiples factores, tales como as carácterísticas da caste cultivada, a climatoloxía na cal se ubique, o tipo de solo, o sistema de conducción, ou as demáis técnicas aplicadas na mesma. Existen dous sistemas principais de poda en seco da cepa adulta: a poda curta e longa, dentro da cal dase a variante coñecida como poda mixta. Entre os de poda curta, os máis populares son o de vaso e o Royat (ou poda en pulgares ou cordóns). Pola súa parte, entre os de poda longa ou mixta podemos citar o Guyot (ou poda en varas), por ser o sistema de poda longa máis empregado na maioría das plantacións vitícolas modernas. Tradicionalmente o sistema máis empregado foi o de poda en vaso, se ben na actualidade, debido ás carácterísticas dalgunhas variedades e á mecanización das plantacións, o máis habitual é a poda en cordóns, seguida do sistema Guyot.

Cabe salientar que calqueira destes tipos de poda pode ser simple ou doble, segundo se deixe un ou dous brazos na cepa. A elección do sistema de distribución da carga e, polo tanto, do sistema de poda a empregar nunha plantación determinada dependerá principalmente da fertilidade das xemas, do vigor da pranta, dos costumes rexionais, e do grao de mecanización das operacións de poda. 1.1 Podas de formación Nos primeiros anos, o obxectivo principal é establecer o tronco e os brazos da cepa. O tronco fórmase a partir dun sarmento recto de vigor suficiente mais non excesivo, dun solo vástago, e prestando especial atención ás cicatrices que teñan lugar no mesmo debido ás podas en verde e, sobre todo, en seco. Así, na poda de inverno, nos cortes que se fagan no tronco procurarase que se vexa certo verdor, o cal é indicativo de que a pranta non está seca. Éste procedemento é moi importante, xa que resulta vital para o axeitado crecemento futuro da pranta, ademáis de ser unha proba inequívoca do grao de profesionalidade do podador.

59


Pola súa banda, no caso de pretender contar con dous brazos por cepa, éstes débense formar simétricamente, para favorecer o equilibrio do esquelete da pranta. Sobre cada un deles farase nun futuro a poda de fructificación correspondente. As cepas novas débense podar sempre cunha tixeira de man a dúas xemas, en tanto non produzan sarmentos de certo vigor. Na primaveira elimínanse a totalidade dos netos, así como todos os brotes procedentes desas dúas xemas, deixándose únicamente os dous ou tres millor situados, para máis adiante, no agostamento, ou xa no inverno, deixar só o mellor situado. O sarmento que se conserve debe ser aquel situado o máis próximo posible ó punto da enxerta, ben implantado, con entrenós de lonxitude media, e o máis vertical posible.

A maiores, atarase a pranta ó titor a diversas alturas, segundo o vigor da cepa, mediante o emprego dunha atadora manual mecánica ou eléctrica ou dalgún tipo de fixación que non estrangule a pranta: arames recubertos de plástico (macarróns), bimbio, esparto, etc (no caso da poda de formación en verde non é válido o uso das gomas ancla). Deste xeito, os brotes non podados quedarán posicionados de forma vertical, formando un ángulo de 90º con respecto ó chan. Por outro lado, cando ó podar unha pranta xoven no inverno se observe que ten un sarmento seco, rebaixarase ata que se observen síntomas de vitalidade. Na poda de formación en seco, a maior vigor da cepa, máis xemas deixaranse, ou o que é o mesmo, menor será o rebaixe do tronco (ou da futura vara no caso de que o tronco xa estivese formado). Se éste chegou á altura da cruz e, polo tanto, xa se formou, procederase a arquear e atar a vara no arame situado a esa mesma altura (a da cruz).

60


Polo xeral, o tronco queda formado a finais do segundo ano, é dicir, na poda en seco correspondente ó terceiro inverno dende a súa plantación. O sarmento conservado para o tronco déixase enteiro e rodeado no arame da empalizada, ou ben cortado á altura da cruz, a cal variará segundo as rexións e os sistemas de poda. 1.1.1. Poda curta a) Poda en vaso É aquela na que sobre o tronco recto da cepa (situado a unha altura variable) distribúese regularmente unha serie de brazos, sobre os cales pódanse os sarmentos a unha, dúas, tres, ou incluso catro xemas, se ben o máis habitual é deixar soamente dúas. É un sistema moi común nas rexións con clima máis mediterráneo do país (Valdeorras, Monterrei, etc.).

Na formación da cepa cómpre ter en conta os seguintes aspectos: - No ano da plantación, débese conservar un sarmento e podalo a dúas xemas. - No segundo ano, dos dous sarmentos procedentes das dúas xemas deixadas o ano anterior, podaranse ambos a dúas xemas no caso de que a cepa teña vigor, ou deixarase somentes un a dúas xemas, de ser a cepa máis débil. - No terceiro ano, se a cepa ten catro sarmentos, elexiranse os tres mellor ubicados e podaránse a dúas xemas. De ter somentes dous sarmentos, podaránse ambos a dúas xemas. - No cuarto ano, de ter seis sarmentos, elexiranse os catro mellor situados e podaranse a dúas xemas. Éstes conformarán o esquelete da cepa. Mentres, de ter catro sarmentos, elexiranse tres e podaranse a dúas xemas. - Unha vez que o esquelete estea formado, continúase ca poda, deixando cada ano un pulgar en cada brazo. -

61


- De cara a propiciar unha correcta mecanización na plantación futura, é esencial o lograr formar unhas cepas co tronco o máis recto posible. Como mínimo, éste deberá ter uns 25 cm de altura ata a cruz, se ben resulta máis axeitado que conte cunha altura maior (a maior altura, menor humidade e, polo tanto, menor risco de entrada de fungos). - Ca fin de evitar unha eliminación prematura dos brazos da cepa, convén non acelerar o proceso de formación do vaso. b) Poda Royat Tamén denominado poda en cordóns, este sistema consiste en arquear o tronco á altura da cruz, de tal xeito que o brazo (ou brazos) se forme/n paralelo/s ó chan, xusto á altura do primeiro arame que conforma a espaldeira da ringleira de plantación. A altura axeitada da cruz oscila entre os 50 e os 70 cms. Sobre o/s brazo/s sucederanse os cordóns, podados xeralmente a dúas xemas, nos cales nacerán os sarmentos anuais de producción.

Entre cada pulgar deixaranse uns 1218 cm de distancia, favorecendo así o equilibrio entre vexetación e froito. Trátase pois dunha poda curta sobre um esquelete longo. Para a formación deste sistema, os dous primeiros anos rebáixase a pranta a dúas xemas. Ó terceiro ano, o sarmento co que se forma o tronco cúrvase, levándose á horizontal para formar o brazo. Unha vez na horizontal enrólase ó redor do arame, ou átase, de tal xeito que as xemas miren cara arriba e cara abaixo (a derradeira xema deberá mirar sempre cara abaixo de cara a favorecer a prolongación futura do brazo). A lonxitude do brazo deberá ser duns 35-40 cm. Mentres, suprímense tódalas xemas situadas no tronco (por debaixo da cruz) agás unha delas, situada xusto por abaixo do arame, pois desta xurdirá o segundo brazo (no caso de se opte por un sistema doble). Na primaveira suprímense tódolos brotes nacidos por debaixo na horizontal, agás o último.

62


No cuarto ano, tódolos sarmentos procedentes de xemas ubicadas na horizontal pódanse a dúas xemas. Men-tres, o brote conservado na vertical o ano anterior pódase a 3-4 xemas e átase no arame, do lado oposto ó brazo xa formado. No desxemado primaveral farase igual que o ano anterior, deixándose o último brote inferior se se desexa prolongar o brazo novo. No quinto ano, a parte do brazo con cordóns procedentes da madeira máis vella xa conta com pulgares con dous sarmentos cada un. Neste caso, deixaráse somentes o máis baixo, a dúas xemas. Igualmente, os sarmentos do ano nacidos na madeira máis nova (do ano anterior) tamén podaránse a dúas xemas. Este sistema simplifica e axiliza a poda anual da viña, pois faina moito máis sistemática. Tamén mellora a efectividade na aplicación dos tratamentos, o atoparse os acios separados, o cal favorece a penetración tanto da luz como do aire. Por isto é o sistema de poda máis universal e emprégase a meirande parte das grandes plantacións profesionais do planeta. Pola contra, a súa formación é un proceso longo e delicado. A curvatura do tronco non é sempre regular. A maiores, o podador adoita atopar serios problemas para equilibrar a vexetación da pranta, xa que é moi común que os sarmentos dos pulgares da base e dos extremos do/s brazo/s resulten ter moito máis vigor que os intermedios.

Para restablecer este equilibrio, e para evitar un envellecemento prematuro do cordón, aconséllase facer, no momento da formación do cordón, un desbrotado precoz das madeiras non seleccionadas. Éste completarase cun segundo desbrotado do tronco no verán. O cordón Royat unilateral vaise debilitando a medida que vaise incrementando a lonxitude do seu brazo. Por iso, incluso cando a separación entre plantas sexa dun metro, é preferible formar a cepa con doble cordón, é dicir, con 2 brazos de 30-40 cm de lonxitude e pulgares separados uns 10 cm de media. Así evitaranse ocos na distribución dos pulgares, en especial no medio dos brazos. Algúns viticultores decidiron trocar o sistema Guyot polo Royat, ben para regularizar a súa producción, ben para mecanizar a poda. Isto faise levando á horizontal, no momento da poda, o sarmento mellor situado, tanto no pulgar como na base da vara. Este sarmento será o futuro brazo sobre o que se formará o cordón. Non é convinte levar á horizontal a vara frutífera dese ano, e podar os seus sarmentos a dúas xemas, xa que a distribución e o vigor dos pulgares sería neste caso moi desigual. De facelo deste último xeito, débese optar por un desbrotado drástico na prima-veira-verán, de cara á selección dos sarmentos a conservar.

63


1.1.2. Poda longa Polo xeral, este sistema de poda esixe unha estructura da plantación en espaldeira. a) Poda Guyot É o sistema de poda máis popular, xunto co Royat. Coñécese tamén como sistema de pulgar e vara, ou Guyot simple. No mesmo, sobre o tronco déixase un pulgar a altura da cruz (xeralmente podado a dúas xemas), seguido dunha vara, ubicada un pouco máis arriba, podada a 4-10 xemas, segundo o vigor da cepa. Ésta vara curvarase, levándose o seu extremo cara o arame inferior da empalizada, no cal atarase, de cara a favorecer a súa futura froitificación.

64


Na poda de inverno, elimínase cada ano a vara, deixándose a dúas xemas o sarmento máis próximo ó tronco (o cal conformará o novo pulgar), mentres que o outro sarmento (polo xeral o superior inmediato ó máis cercano ó tronco) se rebaixa a 4-10 xemas (segundo o vigor da cepa), e lévase á horizontal, inicíandose así o ciclo novamente. No caso de que a cepa, polo motivo que sexa, careza de madeira de retorno proporcionada polo pulgar, conservarase a vara do ano precedente. Un aspecto de gran importancia neste tipo de poda é o conseguir manter a zona de poda sempre por debaixo do primeiro arame. Do contrario, o sistema complicarase bastante.

Este tipo de poda reduce ó mínimo o alongamento do esquelete da pranta (xa que a vara que deu froito ese ano elimínase cada inverno), o cal ten o inconvinte de debilitala rápidamente no caso de non facerse de xeito que se determine correctamente a carga. De facerse de xeito incorrecto, dará lugar a colleitas heteroxéneas, cos acios dos extremos dos sarmentos cun grao de madurez máis retardado que os basais, alén dunha vexetación desequilibrada e dunha forte incidencia das feridas da poda na madeira.

65


Para minorar estes hándicaps do sistema Guyot simple, unha solución é a de formar a cepa baixo o sistema Guyot mixto, é dicir, partindo dunha cepa con dous brazos, dos cales um leva o sistema Guyot simple, co seu pulgar e a súa vara, e o outro cun único pulgar, de xeito que se deixe a vara un ano nun brazo e ó seguinte no outro, de xeito alterno. Namentres, o sistema Guyot simple pode ser adaptado incluso en cepas podadas en vaso, sobre un ou varios dos seus brazos, se ben neste último caso deberá levarse a cabo en brazos alternos, de cara a evitar o esgotamento da pranta. Ó igual que acontece na poda a cordóns, cando a cepa conta cunha vara e um pulgar a cada lado da súa cruz, en direccións opostas, o sistema será doble (neste caso Guyot doble). Este sistema permite un reparto máis equitativo da carga sobre madeiras máis curtas, pois mentres que no simple a carga repartíase na súa totalidade sobre unha vara fructífera, no doble ésta repártese entre dúas varas máis curtas, evitándose así riscos derivados dun alongamento excesivo do esquelete (debilitamento), dun exceso de producción e dunha mala maduración da uva (caso de que as varas sexan demasiado longas con respecto ó vigor da cepa). A maiores, distribúese o risco de entrada na madeira de enfermidades da poda.

Este sistema Guyot doble é moi empregado nas viñas baixas cun empalizado horizontal das varas, se ben tamén é moi común nas viñas altas cunha distancia prudente entre elas e cun empalizado vertical. Neste último caso, déixase un tronco bastante prolongado con dous brazos, cada un cunha vara fructífera arqueada, formada por entre 8 e 15 xemas, e sem pulgares, pois os sarmentos do ano anteriores ó arqueado, ó seren o suficientemente vigorosos, poden empregarse perfectamente no inverno seguinte como madeira de poda. Para formar unha cepa en Guyot doble, ó igual que co sistema Royat, débese formar o segundo brazo un ano máis tarde, ou ben elixir na poda do terceiro ano dúas madeiras ubicadas por debaixo do arame de empalizado dos brazos, cada unha a un lado do tronco. Éstas podaranse a un número de xemas variable segundo o vigor da cepa, e empalizaranse en posición oblicua se o punto de anclaxe é baixo, ou horizontal a ras do arame. Nas seguintes ilustracións especifícase a evolución anual da poda de formación dos sistemas Royat ou de cordóns e Guyot, ambos na modalidade simple dun só brazo por cepa:

66


1.2. Poda de froitificación ou de producción Unha vez que a planta cumple os 4 anos, atópase xa predisposta a dar froito. Nembargantes, se non se continúan a facer certas prácticas de forma axeitada, entre as que cabe salientar a poda anual da pranta, non se producirá o equilibrio axeitado entre o vigor da súa parte vexetativa e a súa parte froitífera.

67


Polo tanto, chegado a este punto de entrada en producción da pranta, débese levar a cabo anualmente e, de xeito riguroso, tanto a poda de inverno como a de verán (ó igual que na etapa de formación). Neste artigo nos centramos somentes na poda de inverno. 1.2.1. Poda en seco ou de inverno

Obxectivos desta práctica: - Manter a estructura da cepa adoptada na poda de formación. - Lograr un axeitado equilibrio entre o vigor da cepa e a súa producción, ca fin de obter colleitas regulares de calidade, ademáis de provocar un incremento na vida productiva da cepa, retrasando o seu envellecemento. Isto conséguese deixando un número limitado de xemas por cepa. A poda nunca débese considerar como unha práctica illada, senón en concordancia con outras prácticas de cultivo e cas circunstancias derivadas da climatoloxía. É por iso que o coñecemento da viña polo podador resulta de gran importancia, pois por moito que os libros te ensinen unhas pautas básicas a seguir á hora de podar, como apréndese realmente é ca práctica. Así, o podador habitual é o que coñece millor que ninguén, grazas á experiencia acumulada, as posibilidades de carga que a cepa é capaz de soportar sen perder o seu vigor, así como o punto óptimo de maduración da uva das cepas cas que traballa. Polo tanto, unha axeitada poda de inverno pasa por deixar unha carga óptima para cada unha das plantas, tendo en conta o seu vigor, o número de xemas cas que conta, o lugar onde se sitúan, e cómo se distribúen sobre cada cepa. Unha carga reducida, ademáis de diminuír a producción, potencia a aparición dun exceso de vexetación (brotes axiales, rebrotes, etc.), debilitando a pranta, mentres que unha carga excesiva impide obter unha uva de calidade. 68


Como xa comentouse na poda de formación, as cepas débiles demandan podas máis drásticas, mentres que aquelas máis vigorosas non necesitan de podas tan fortes. Así, o número de xemas (e de acios a posteriori) debe ser porporcional ó vigor da cepa. De cara a consecución deste equilibrio, unha das regras a seguir pode ser a seguinte: “á hora de determinar a carga dunha cepa, deixaranse tantas xemas como sarmentos de máis de un metro teña a cepa”. Se ben, non todas as castes contan ca mesma capacidade de carga; nalgunhas, as xemas cegas (as da base dos sarmentos) xa son fructiferas, mentres que en outras non o son, ou teñen unha menor capacidade productiva. Así, as castes con xemas cegas fructíferas adáptanse ben á poda corta, mentres que nas de xemas pouco fructíferas resulta máis axeitado recurrir á poda longa. No caso das cepas das castes recomendadas pola IXP Viños da Terra de Betanzos, tanto o Agudelo como o Godello teñen unha maior capacidade productiva que o Branco Lexítimo (por non falar do Mencía, que é unha caste moi agradecida no tocante á súa producción), polo que adáptanse ben ós sistemas de poda corta ou en cordóns. Mentres, no caso do Branco Lexítimo, a poda máis recomendada é a Guyot, ou de pulgar e vara. O mesmo acontece con outras castes de orixe francés como a Chardonnay, ou a Cabernet Sauvignon.

A poda en seco debe levarse a cabo ó longo do repouso vexetativo da planta, isto é, dende a caída total da folla ata que comeza o movemento da savia (máis ou menos na semana previa ó desborre), o que ven sendo, polo xeral, de decembro a marzo. Dentro deste periodo, o máis habitual é facela entre finais de xaneiro e principios do mes de febreiro.

69


Se se adianta ou se retrasa moito a poda, a planta debilítase, adiantándose ou atrasándose o desborre, e tamén a época de maduración. Así, no caso de plantacións con risco de xiadas fortes na primaveira, unha poda prematura provocará un desborre máis precoz das xemas, o cal as exporá ás citadas xiadas, sendo polo tanto desaconsellable esta práctica. Tampouco aconséllase efectuar a poda en seco os días de xiada do inverno, pois os cortes nestes días non son limpos ó atoparse os sarmentos quebradizos. Ademáis, os texidos expostos ó aire tras a poda serán moi sensibles ó xeo. Un dos aspectos máis importantes á hora de facer a poda en seco é a forma de realizar o corte, ou o que é o mesmo, cómo posicionar a tixeira. Esta técnica é a que realmente indica sen lugar a dúbidas o grao de profesionalización do podador. Éste debe acondicionar a súa man e, polo tanto, a tixeira, á posición de corte máis axeitada en cada momento, para o cal deberá facerse co espazo suficiente ó redor da zona de corte, o cal permitiralle mover a muñeca con maior soltura e precisión. Os cortes poden facerse ou ben rectos no nó seguinte á última xema que non se quere podar, ou ben en oblicuo no entrenó seguinte á citada xema, deixando máis madeira do lado da xema, e deixando sempre certa distancia entre a xema e o corte pra evitar a posible entrada de infeccións. Os brotes, pola súa banda, non deben podarse a ras. É aconsellable o axudar cada corte levando ca outra man o sarmento que se vaia a podar na dirección do propio corte, co obxecto de non facer tanta forza ca tixeira. A tixeira dunha soa man resulta de gran axuda neste tipo de poda de cepas xa adultas, ó igual cas tixeiras eléctricas.

Nas plantacións en espaldeira, de practicarse a poda en cordóns, porcurarase que a xema superior de cada cordón mire sempre cara o interior dos arames, ca fin de controlar o crecemento dos sarmentos ó longo do ano. A maiores, para prolongar os brazos na horizontal, deixarase sempre a derradeira xema mirando cara abaixo.

70


Na actualidade é factible prever no momento da poda a fertilidade das xemas dos sarmentos. Este sistema, baseado nun mostreo estatístico das xemas dunha caste en concreto, permite coñecer con exactitude, a través da observación das xemas cun microscopio, o número futuro de acios por xema. Isto posibilita o levar a cabo unha poda máis ou menos enérxica, de cara a lograr unha carga o máis óptimizada posible. Entre a poda de inverno e a poda de verán debe procederse ó atado, o cal lévase a cabo polo xeral entre finais de febreiro e principios de marzo.

Agardo que lles serva de axuda e/ou vos sexa de interese. O saber no ocupa lugar, e menos nun eido tan apaixoante coma é, o meu xuizo, a viticultura. Longa vida á AGA! Saúdos. Quique Hervada Pérez Técnico superior Paisaxismo e Medio Rural

71


72


73


74


75


76


77


78


Vendima co IES Fragas do Eume 79


80


81


82


83


Visita de Josecho Vaamonde de Tineo Ingeniería, para contarnos a súa experiencia no deseño dun xardín tocando todos os aspectos técnicos e económicos referidos á instalación, cultivos, drenaxes, material vexetativo e transplante de grandes árbores. Todo un reto técnico interesante de coñecer.

84


Exemplo de control biolóxico con Sabino Muiño, en ensaio de tomate, fíxose a solta de 500 Nesididiocoris tenuis, deixouse nas bandexas os bichos e mais o alimento preciso antes da súa completa instalación, ovos estirilizados dun lepidóptero. Volo contamos nas imaxes do álbum. A natureza ten unha resposta para todo, nós atentos e atentas aos seus tempos!

85


86


Estivo no CFEA Raúl Lobeiras da Casa do Mel, contándonos como se loita contra a velutina dende o chan. Para elo contaba cunha enorme pėrtiga grazas á cal pudo inxectar insecticida ó niño que había no propio centro. Agradecemos a Raúl as explicación e a demostración que fixo diante do noso alumnado. 87


88


89


90


91


92


Grazas o alumnado do centro por deixarme as vosas creaciรณns para a decoraciรณn do meu stand no Pont Up Store 2016 Pontevedra Moitas grazas. A Castrexa

93


Fin de semán nos Ancares có alumnado do Ciclo formativo de grao medio Xardineria e Floraría

94


95


Os fitosistemas. Un xeito natural para a reciclaxe da auga A auga, é unha substancia imprescindible para o desenvolvemento da vida no noso planeta. Aínda que puidese parecer o contrario, a auga é un recurso que é limitado. Isto podémolo apreciar nos seguintes datos: do total da auga existente na Terra tanto so o 0,007% é potable, e esta cantidade tende a reducirse ano tras ano. So temos que pensar que da totalidade da auga que existe no noso planeta tanto so o 3% é auga doce, e dela o 30% se atopa en depósitos subterráneos e o 1% entre ríos e lagos. Situándose a maior cantidade de auga doce conxelada na Antártida. Temos que ter en conta que o 80% da poboación mundial abastécese das augas subterráneas e que un 4% destas xa están contaminadas. Isto é debido a forte actividade industrial e ás máis de 70.000 substancias coñecidas que a contaminan. Debemos ser conscientes de que cada ano chegan ao mar máis de 450 km3 de augas contaminadas e uns 6000 km3 de augas adicionais que se utilizan para a dilución destas. Para que estes datos nos resulten mais próximos podemos dicir que unha persoa utiliza uns 190 l de auga ao día, dos que máis de dous terzos utilízanse no baño.

Por todo isto temos que pensar na auga como un ben escaso e esgotable e que polo tanto debemos de ter tino na súa utilización. Facendo un uso racional e responsable para así manter un equilibrio natural e non esgotar un ben tan prezado non so para a nosa vida senón para todo o conxunto do planeta. Temos que decatarnos que a falta de auga potable fai morrer a máis de 4500 nenos ao día e que cada ano morren máis de 3,5 millóns de persoas por enfermidades que teñen a súa orixe en augas de mala calidade. Ademais de que a contaminación das augas doces fai que se multiplique por cinco a rapidez con que as especies acuáticas desaparezan máis rápido que as terrestres. O Parlamento Europeo aprobou o 23 de outubro de ano 2000 a Directiva Marco da Auga, pola que se establece un marco comunitario no que se refire a actuación en política de augas, e que foi recollido nas leis estatais do noso pais no ano 2004. De acordo a esta Directiva Marco da Auga, establece que no ano 2015 débese acadar un bo estado ecolóxico para todas as augas europeas e establece a recuperación axeitada dos custos relacionados co ciclo integral da auga.

96


Con todo o amosado ata este punto podemos diferenciar dúas grandes problemáticas referentes a auga. Por unha banda temos o abastecemento e por outra a reciclaxe da auga unha vez utilizada. Esta ultima é na que nos imos centrar neste artigo. Con todos os datos que temos introducido anteriormente é doado e razoable pensar que debemos de facer todo o que sexa posible para restituír a auga, que nos utilizamos, da mellor maneira posible ao medio, para deste xeito manter o equilibrio e conservar os recursos. Isto pódese facer ven cos denominados sistemas convencionais (requiren maior inversión, persoal altamente cualificado, con gran consumo

enerxético ademais de xerar grande cantidade de residuos que posteriormente teñen que ser tratados) ou ben con sistemas naturais. Denomínanse sistemas naturais ou fitosistemas de depuración a aqueles sistemas que son capaces de eliminar as sustancias contaminantes das augas residuais por medio de mecanismos e procesos naturais nos que non se emprega enerxía externa ( ou en moi pouca cantidade) nin aditivos químicos. Nestes sistemas un gran número de procesos de descontaminación son executados por diferentes comunidades de organismos (algas, plantas, bacterias, ...) Os sistemas naturais podémolos diferenciar segundo que o tratamento teña lugar fundamentalmente no terreo ou na masa de auga. Deste xeito podemos distinguir:

SISTEMAS NATURAIS OU FITOSISTEMAS

BASEADOS NA APLICACIÓN DE AUGA NO TERREO

APLICACIÓN SUPERFICIAL

FILTROS VERDES

BASEADOS NOS PROCESOS QUE SUCEDEN NA MASA DE AUGA

APLICACIÓN SUBSUPERFICIAL

HUMEDAIS CONSTRUÍDOS DE FLUXO SUBSUPERFICIAL

SISTEMAS ACUÁTICOS OU DE PLANTAS FLOTANTES

LAGOAS

HUMEDAIS CONSTRUÍDOS DE FLUXO SUPERFICIAL

97


Outra clasificación dos fitosistemas pódese facer en tres grandes grupos que son: as lagoas, os filtros verdes e os humedais artificiais.

ANAEROBIAS LAGOAS

FACULTATIVAS AEROBIAS OU DE MADURACIÓN INFILTRACIÓN

FILTROS VERDES SISTEMAS NATURAIS

ESCORRENTÍA SOBRE CUBERTAS VERDES ESPECIES LEÑOSAS ESPECIES HERBÁCEAS

OU HORIZONTAIS( FHSS)

FITOSISTEMAS FLUXO SUBSUPERFICIAL (FSS)

VERTICAIS( FVSS) HUMEDAIS FLUXO SUPERFICIAL ( FS) ARTIFICIAIS ESPECIES FLOTANTES SISTEMAS ACUÁTICOS MACROFITAS EN FLOTACIÓN

1.-LAGOAS Este sistema caracterízase polo emprego dunha lagoa ou lagoas construídas artificialmente, nelas conséguese a estabilización da materia orgánica a través de procesos fisicoquímicos e biolóxicos. Dentro do sistema de lagoas poderíamos distinguir, polos procesos naturais que se levan a cabo, tres tipos de lagoas ou partes destas: lagoas anaerobias, lagoas facultativas e lagoas de maduración ou aerobias.

98


As lagoas de depuración son sistemas heteroxéneos nos que se realiza o vertido das augas residuais e no que se producen unha multitude de procesos nos que interveñen elementos como poden ser: o medio acuoso, o sol por medio das súas radiacións, os compostos orgánicos e inorgánicos presentes nos vertidos, as bacterias e microorganismos heterótrofos, o contido de osíxeno na auga e a profundidade. Nas lagoas danse unha serie de procesos segundo a profundidade e que podemos dividir en tres zonas: superficial, intermedia e profunda. A capa superficial caracterízase por ser rica en osíxeno e algas, é unha zona aerobia que varía dependendo das condicións climatolóxicas entre os 20 e 60 cm de profundidade.

Isto débese principalmente á dispoñibilidade do osíxeno que se obtén por aireación da capa superficial en contacto coa atmosfera, e os procesos fotosintéticos das algas, e polo tanto vense condicionadas polas horas de sol, temperatura, ventos ... Así como do consumo que fan os microorganismos do osíxeno. A capa intermedia é unha zona onde o osíxeno chega con dificultade, e principalmente grazas á actividade das algas, e polo tanto fai que se dean períodos de condicións anaerobias alternados con períodos de condicións aerobias que coinciden cos períodos de díaluz e noite-oscuridade.

lu z s o la r

O2

(A acción do vent o f avor ece a osinexación)

O2 CO2

(dur ant e el dia)

H 2S ( lib e r a n s e g a s e s d e m a l c h e ir o s e h a i fa lta d e o s ix e n o )

a lg a s -4

N H 2 ,P O

4

,...

z o n a a e r o b ia

n o v a s a lg a s

O2

a u g a r e s id u a l

CO2 H 2S + O 2

-4

N H 2 ,P O

4

H 2S O 4

n o v a s b a c te r ia s

,...

z o n a fa c u lta tiv a

b a c te r ia s s ó lid o s s e d im e n ta b le s c é lu la s m o r ta s FANGO r e s id u o s o g á n ic o s

a c e d o s o g á n ic o s ,a lc o h o le s

C O 2+ N H 3+ H 2S + C H 4

z o n a a n a e r o b ia

ESQUEMA DOS PROCESOS QUE SUCEDEN NUNHA LAGOA

99


A capa profunda, que sucede no fondo da lagoa, é unha zona anoxia, na que se producen procesos anaerobios. Isto débese á acumulación de lodos por sedimentación e por microorganismos mortos. Os procesos anaerobios sofren principalmente catro fases: Fase hidrolítica, nas que as moléculas complexas transfórmanse en moléculas elementais. Fase fermentativa, na que moléculas orgánicas disoltas son transformadas por bacterias en acedos orgánicos e alcois. Fase acetoxénica, na que se produce acetato pola transformación dos acedos e alcois da fase fermentativa. Fase metanoxénica, nas que as bacterias producen metano, dióxido de carbono e auga. 1.1.-Lagoas anaerobias Esta zona ou lagoa ten unha profundidade de máis de 2,5 m de profundidade e polo tanto predominan os procesos anaerobios. Utilízanse principalmente como unha primeira fase de tratamento en vertidos de gran carga de materia orgánica xa que o obxectivo principal deste tipo de lagoas e a redución da carga de materia orgánica. O seu volume calcúlase para que a auga poida permanecer nela un período mínimo de 5 días, tempo necesario para que a degradación chegue á fase metanoxénica, e con suficiente materia orgánica para manter as condicións anaerobias evitando a proliferación de algas na superficie.

Nas lagoas anaerobias obtense unha eliminación entre un 90-95% de sólidos en suspensión, entre un 3040% de nitróxeno (N), entre un 1020% de fósforo (P) e entre un 9999,9% de coliformes fecais. Hai que subliñar que nesta parte o maior problema é a produción de olores, principalmente pola produción nos procesos de ácido sulfhídrico. 1.2.-Lagoas facultativas Estas lagoas ou zonas das lagoas comprenden profundidades de entre 1,2 e 2,5 m de profundidade. Este tipo de lagoas posúen unha zona aerobia, unha zona intermedia e unha zona anaerobia. Con isto preténdese lograr unha depuración importante nos niveis de nutrientes minerais e coliformes. A acción combinada de algas e bacterias (as bacterias encárganse de oxidar a materia orgánica dando lugar a CO2, auga, nitratos, fosfato, sulfatos ... e as algas utilizan os elementos minerais para o seu crecemento e achegan osíxeno ás bacterias) obtén como resultados unha eliminación entre un 50-90% de sólidos en suspensión, entre un 6070% de nitróxeno (N), entre un 1040% de fósforo (P) e entre un 9999,9% de coliformes fecais.

100


1.3.-Lagoas aerobias ou de maduración As lagoas aerobias ou de maduración son zonas ou lagoas cunha profundidade comprendida entre os 30 e os 60 cm. Nestas lagoas mantéñense unhas condicións aerobias en todo o conxunto que facilitan os procesos de depuración que son: Osixenación, como consecuencia da acción das algas e o contacto coa atmósfera. Eliminación de patóxenos, pola acción dos raios ultravioleta, bacterias, salinidade, pola concentración do osíxeno disolto na auga, o pH elevado, diminución de nutrientes, compostos tóxicos segregados polas algas e depredadores. Nitrificación, sucede cando a concentración de osíxeno é elevada, e a presenza de bacterias nitrificantes que actúan de forma aerobia producen a nitrificación do nitróxeno amoniacal procedente da materia orgánica. Cando a concentración de osíxeno descende prodúcese unha desnitrificación, cunha perda de nitróxeno neta á atmosfera. Redución de nutrientes, debido principalmente ao consumo que fai o fitoplacton, así coma da desnitrificación e a precipitación de fosfatos que se incorporan nos sedimentos. Clarificación, en parte pola presenza de depedradores de algas, pola redución de nutrientes e pola sedimentación das algas. Todos estes procesos fan que a auga sexa apta para o vertido final. Nas lagoas aerobias pode obterse unha eliminación de entre un 90-95% de sólidos en suspensión, entre un 60-70% de nitróxeno (N), entre un 10-20% de fósforo (P) e entre un 99-99,9% de coliformes fecais.

2.-FILTROS VERDES Os filtros verdes consisten en superficies de solo, con ou sen vexetación, que reciben as augas residuais para a súa depuración. Neste tipo de sistemas o principal elemento depurador son o propio solo e a rizosfera das plantas. Os filtros verdes teñen unha serie de condicionantes como son: a) Os terreos (topografía, Salinidade, pH, percolación, erosionabilidade, ...) b) A climatoloxía (temperatura, precipitacións, evaporación, ventos, ...) c) A hidroloxía (acuíferos, cursos de auga, ...) d) Tipos de cultivos e) As características das augas Os filtros verdes son moi efectivos na retención de virus e bacterias polo solo, pero polo xeral o tipo de cultivo no que se realicen non será destinado para consumo humano. Podemos distinguir catro grupos principais de filtros verdes que son: infiltración, de escorrentía sobre cubertas vexetais, de especies leñosas e de rega sobre especies herbáceas.

101


2.1.-Infiltración Trátase de aplicar a auga por medio da rega, o método de rega máis axeitado é o de inundación. A depuración conséguese por medio da filtración da auga a través dos terreos, sendo necesario que estes sexan permeables e profundos, con espesores recomendables de 5 ou máis metros. Non é aconsellable o seu uso en zonas que se atopen sobre acuíferos, por ser moi probable a súa contaminación. Os sistemas de infiltración poden conseguir uns resultados de entre un 85-99% de eliminación de materias en suspensión, a redución de entre 0 e 5% de compostos nitroxenados e de entre 60 e 95% de compostos fosforados. 2.2.-Escorrentía por cubertas vexetais Este tipo de sistemas realízase por sistemas fixos de rega por aspersión da auga a tratar, facendo discorrer desta maneira a auga polos terreos con vexetación ao longo dunha pendente. Para isto necesitamos que os terreos sexan pouco permeables e cun mínimo de 20 cm. de terreo dunha boa calidade agronómica. O principal mecanismo de depuración e a evapotranspiración e a asimilación por parte dos vexetais e en menor medida por infiltración pola baixa percolación dos terreos. Son sistemas de baixo custe de instalación e contan coa problemática da superficie necesaria de terreo, a posible contaminación de acuíferos, a presenza de insectos e a xeración de olores.

Son sistemas moi aconsellables para a mellora da produción de colleitas (non de consumo humano), para a produción de cultivos agroenerxéticos e para o aproveitamento en acuicultura en lagoas finais. Estes sistemas conseguen a eliminación de mais do 92% materias en suspensión, a redución de entre o 70 e o 90% de compostos nitroxenados ademais da redución de entre o 40 e o 80% de compostos fosforados. 2.3.-De especies leñosas Neste tipo de filtros verdes xunto á actividade depuradora búscase a rendibilidade da produción da madeira ben con fins madeirables, ben con fins de aproveitamento de biomasa para o sector enerxético. Por este motivo empréganse maiormente dous xéneros. O xénero Populus (chopos) e o xénero Salix (salgueiros) en diversas especies tanto dun xénero coma do outro. O seu emprego ben determinado pola capacidade de resistir o encharcamento sendo máis aconsellable o xénero Salix, pois o xénero Populus á larga acaba morrendo.

102


2.4.-Rega de superficies herbáceas Son sistemas nos que a depuración conséguese por medio, non solo pola auga absorbida polas plantas, senón tamén pola filtración a través do solo, así como da evapotraspiración. Nestes sistemas pódense empregar calquera dos sistemas de rega existentes no mercado. De todos xeitos é máis recomendable a utilización de sistemas de aspersión, inundación ou gravidade, desbotando o uso de goteiros, difusores e microaspersores pola súa tendencia á obstrución e máis aínda cos tipos de augas empregadas. Estes tipos de filtros verdes están indicados para a súa utilización en zonas axardinadas, de recreo, parques, bosques e incluso na mellora das colleitas. Cos sistemas de rega de superficies herbáceas pódese conseguir a eliminación de máis do 98% sustancias en suspensión. Entre un 80 a 98% de eliminación de compostos fosforados así como mais do 85% de compostos nitroxenados. A maior limitación destes sistemas de rega sobre superficies herbáceas é o tipo de terreo pois deben ser terreos permeables e de fácil aireación, así como as precipitacións da zona que reducen a capacidade de rega e polo tanto a capacidade do sistema.

3.-ZONAS HÚMIDAS CONSTRUÍDAS Consisten en reproducir de forma artificial o que na natureza fai de forma natural nos ecosistemas de humedais naturais, é dicir, constrúense lagoas, tanques ou canais pouco profundos onde se cultivan especies vexetais macrofitas. As especies macrofitas son a pedra angular do sistema pois son as encargadas de absorber nutrientes (fósforo e nitróxeno), eliminar contaminantes por asimilación directa nos seus tecidos, filtración de sólidos a través do entramado do sistema radicular así coma a aireación, facilitando osíxeno aos microorganismos que viven na rizosfera destas plantas. 3.1.-Sistemas de fluxo subsuperficial Os sistemas no que o fluxo de auga mantense por debaixo do substrato, que é un medio granular, denomínanse de fluxo subsuperficial (FSS ou SsF), aínda que tamén poden referirse a eles polas súas siglas en inglés, VSB (Vexetal Sumerged Bed) ou SFW (Subsurface Flow Wetlans). O seu deseño é a modo de canles ou estanques ben impermeabilizados. Nos sistemas FFS non existe unha columna de auga continua se non que o influente circula a través dun medio inerte formado por area ou grava de grosor variable e que sirve de substrato as plantas.

103


Este medio granular é o principal constituinte nestes sistemas. Nel sucédense multitude de procesos: sedimentación, degradación, transformación, asimilación de nutrientes e inactivación de microorganismos patóxenos. Este leito permite a circulación da auga a través do sistema radicular das plantas. A auga pode moverse tanto en sentido horizontal como en sentido vertical por toda a zona radicular das macrofitas. Nos sistemas FSS non existe unha lámina de auga á nosa vista. Durante o paso da auga a través do sistema radicular das plantas, a materia orgánica descomponse, o nitróxeno pode ser desnitrificado e o fósforo e outros metais son fixados no solo. As macrofitas desempeñan dous papeis fundamentais no proceso que son os de subministrar osíxeno aos microorganismos na rizosfera, así como incrementar e estabilizar a condutividade hidráulica do solo. As especies máis utilizadas neste tipo de sistemas son macrofitas emerxentes, propias dos humedais naturais, como o xénero Phragmites (carrizos), as Typhas spp (espadañas) e o xénero Scirpus (xuncos).

O maior inconveniente deste tipo de sistemas é a colmatación do substrato polo crecemento das raíces e rizomas das macrofitas, facendo que se reduza o tempo de retención da auga e polo tanto a capacidade de depuración. Nos sistemas FFS as augas achéganse a unha cota superior do que posteriormente se sitúa a da saída. Este tipo de sistemas precisan de pouco espazo para a súa implantación. O seu deseño permite a eliminación de olores pero aumenta o seu custe con respecto a outros sistemas. Son capaces de tolerar ben as baixas temperaturas e son uns dos sistemas de maior eficacia. 3.1.1.-Sistemas de fluxo subsuperficial horizontais As augas nestes sistemas circulan horizontalmente a través do medio granular así como dos rizomas e raíces das plantas. A columna de auga esta comprendida entre os 30 e os 90 cm ,e uns 5 ou 10 cm por debaixo do nivel da superficie granular, e dicir o sistema funciona permanentemente inundado. O vertido do influente distribúese da forma o mais homoxénea posible en todo o ancho do sistema por medio de diversas tuberías.

104


g a r b a n c illo d e Ø 5 e 8 m m n iv e l d a a u g a

0 ,0 5 a 0 ,1 0 m

v e r tid o

0 ,3 a 0 ,9 m

r e c o le c c ió n

E s q u e m a d e flu x o s u b s u p e r fic ia l h o r iz o n ta l ( F H S S )

Ao igual que a descarga, a recollida faise por un sistema de tuberías perforadas asentadas no fondo do humedal. Este sistema de tuberías remátase cunha conexión á unha tubería en forma de L recostada e de altura regulable, isto permite modificar o nivel da auga e incluso drenar o humedal se fora preciso. O medio granular debe ser homoxéneo, duro e durable, capaz de manter a súa forma ao longo do tempo. Ademais de permitir o bo desenrolo das plantas. A granulometría do medio sitúase entre os 5 e os 8 mm de Ø conseguíndose uns resultados óptimos.

3.1.2.-Sistemas de fluxo subsuperficial verticais Nos sistemas de fluxo subsuperficial verticais (FVSS) a auga do influente introdúcese no sistema por medio de pequenas descargas, deste xeito provócase unha circulación da auga desde a superficie cara ao fondo, posto que o medio granular non está permanentemente inundado como acontece nos sistemas FHSS. A profundidade do medio granular sitúase entre os 50 e os 80 cm..Os sistemas FVSS teñen unha maior capacidade de tratamento que os FHSS, pero tamén se colmatan con maior facilidade. a r e a Ø 0 ,2 5 - 2 m m

g a r b a n c illo Ø 5 - 1 5 m m g r a v illa Ø 2 0 > m m

n iv e l d a a u g a v e r tid o

2 5 -3 0 c m a r q u e ta

3 5 -5 0 c m r e c o le c c ió n 20 cm

tu b o s d e v e n tila c ió n

E s q u e m a d e flu x o s u b s u p e r fic ia l v e r tic a l ( F V S S )

105


É moi importante unha boa distribución e recollida das augas polo que se utilizan redes de tuberías sobre toda a superficie do leito do humedal. Debido á discontinuidade no fluxo da auga a descarga do influente faise de xeito que a tubería quede soterrada entre 5 e 10 cm para evitar a conxelación. Nos humedais FVSS o medio granular é de tipo heteroxéneo, dispoñéndose en capas horizontais, de forma que a granulometría aumenta a medida que afondamos no sistema. Así temos unha capa de menor granulometría (area) na parte superficial, tras esta atopamos unha capa de garbancillo e por ultimo unha capa de gravilla. Con isto logramos que o paso da auga non sexa excesivamente rápido nin lento. Estes sistemas necesitan dunha serie de tubos colocados verticalmente para airear o sistema. A aireación que producen os tubos favorecen e melloran os procesos de degradación aerobia e nitrificación. Os sistemas FVSS combínanse en moitos casos cos sistemas FHSS para que de forma progresiva se sucedan os procesos de nitrificación e desnitrificación eliminando deste xeito o nitróxeno da auga.

3.2.-Sistemas de fluxo superficial Os sistemas de fluxo superficial (FS) ou FWS (Free Water Surface) son aqueles nos que a superficie da auga esta exposta a atmosfera. Os niveis de auga son pouco profundos, de entre 0,1 e 1 m (polo xeral uns 0,3 m) emerxendo por riba destes niveis a vexetación. O seu deseño é a modo de canles ou estanques ben impermeabilizados e alternando areas con e sen vexetación, tal e como sucede nos humedais naturais, nos que aparecen diferentes zonas de vexetación acuática (tanto especies emerxentes, como especies flotantes e somerxidas) e que de igual xeito podemos reproducir nos sistemas artificiais. Os tipos de substrato utilizados para o enraizamento das plantas soen ter unha baixa condutividade eléctrica e non permite un fluxo de auga significativo a través do sistema radicular, polo que a eliminación de contaminantes prodúcese na auga e na zona superior do substrato minguando deste xeito o potencial de depuración.

106


n iv e l d a a u g a

la m in a im p e r m e a b iliz a n te

v e r tid o

0 ,3 - 0 ,4 m

r e c o le c c ió n

E s q u e m a d e flu x o s u p e r fic ia l ( F S )

Nos sistemas FS a entrada e saída da auga sitúanse ao mesmo nivel, circulando a auga libremente sobre o substrato, que mantén a vexetación. O seu deseño e máis semellante aos sistemas de humedais naturais sendo a súa instalación sinxela e económica. Este tipo de sistemas, pola súa semellanza coa natureza, fai que prolifere a vida animal, por contra as baixas temperaturas, fan que o sistema perda eficacia e mingúan o seu rendemento. 3.3.-Sistemas acuáticos Os sistemas acuáticos son similares aos sistemas de fluxo superficial, a súa diferenciación é que nos sistemas acuáticos a lámina de auga mantense cuberta de macrofitos flotantes e dispóñense en forma de estanques ou canais en serie, debidamente illados polo que discorre a auga. Son sistemas nos que non se introduce ningún tipo de substrato e nos que a renovación das plantas débese facer de forma periódica.

3.2.1 Sistemas con especies flotantes Estes sistemas baséanse en canles ou estanques cunha profundidade entre os 0,40 e os 1,5 m. Neles desenvólvense as plantas, que flotan de modo natural na auga vertida polo influente. Os procesos que se levan a cabo nos sistemas con especies flotantes son principalmente tres: Sedimentación de sólidos Incorporación de nutrientes Degradación da materia orgánica pola acción de microorganismos asociados as raíces das plantas e dos detritos do fondo do sistema. A vantaxe deste tipo de sistemas é a gran superficie de contacto entre as raíces e a auga, o que permite que a actividade depuradora da materia orgánica realizada polos microorganismos asociados sexa moi elevada.

107


Pola contra o maior inconveniente está na capacidade das plantas en acumular biomasa, pois estas non chegan a alcanzar unha altura significativa, pois son especies que se manteñen próximas a superficie da auga. Isto fai que sexa necesario un maior labor de mantemento, con recoleccións máis periódicas de plantas que noutros sistemas, para facilitar o crecemento das plantas e facendo que o sistema manteña un rendemento óptimo. Os custos de man de obra destas labores de recolección fan que este tipo de sistemas sexan menos competitivos. As especies máis utilizadas nos sistemas de plantas flotantes son a Lemna spp.( lentella de auga) e a Eichornia crassipes ( xacinto de auga). 3.2.2 Sistemas con macrofitas en flotación Os sistemas de macrofitas en flotación combinan as vantaxes dos sistemas FSS e os sistemas de especies flotantes ademais de reducir as desvantaxes de ámbolos dous sistemas. Estes tipos de sistemas foron moi desenvolvidos e contan con numerosas patentes tanto no noso país como no resto de Europa e EE.UU.

O funcionamento é similar aos humedais FS, a diferenza entre os sistemas FS e os de macrofitas en flotación, é o manexo das especies vexetais, pois nestes últimos utilízanse especies emerxentes como se foran especies flotantes. É dicir, especies que de forma natural medran suxeitas a un substrato mergullado ou permanentemente húmido (helófitos e higrófitos), por medio de ancoraxes artificiais fan que medren como macrofitos flotantes, de xeito que o seu sistema radicular se entrelace e forme un tapiz filtrante e mellorando así os procesos nos que intervén a vexetación. A solución mais empregada para este tipo de sistemas son canles duns 0,5 m de profundidade, e de 2,5 a 4 m de ancho( para facilitar as labores de mantemento). A súa lonxitude é variable dependo da superficie de plantación determinada polo caudal do efluente. As plantas mantense mediante dispositivos deseñados para o sistema radicular e as bases do tallos mantense na superficie da auga pero mergulladas, permitindo deste xeito o crecemento vertical e formando un tapiz filtrante coas raíces, rizomas e as bases dos tallos mergullados.

108


Fitosistema FVSS en funcionamento no Pazo de SeĂąorans (Pontevedra) 109


As especies que se utilizan para este tipo de sistemas son Typhas spp, Sparganium spp, Cyperus spp, Scirpus spp, Phragmites spp... A vantaxe destes sistemas é un menor mantemento, posto que os tipos de plantas que utilizas, ao ter maior porte que as especies flotantes, producen tamén maior cantidade de biomasa facilitando así que o sistema funcione máis tempo sen que este teña problemas de colmatación debido a vexetación. Ademais esta biomasa pódese empregar (sempre que non teña metais pesados ou produtos tóxicos) na alimentación animal, para compostaxe ou para outros fins de carácter mais industrial. Este tipo de sistemas pódense utilizar para facilitar a redución de sólidos en suspensión grazas á gran superficie radicular que presentan as plantas, o que posibilita o ataque dos microorganismos sobre a materia que queda retida no complexo tapiz de raíces entrelazadas. Tamén pódese utilizar como tratamento secundario para a descomposición da materia orgánica disolta, e como tratamento terciario para a eliminación de elementos minerais eutrofizantes. Por isto último, é axeitado para o tratamento de efluentes agrarios ou de industrias con vertidos con altos contidos en nitróxeno, fósforo e potasio, ou que conteñan elementos de algún deles. Estes sistemas poderíanse empregar para tratar efluentes con certo tipo de compostos tóxicos, como por exemplo fenois, pois existen determinadas especies emerxentes que teñen poder para neutralizar este tipo de sustancias. Os sistemas de macrofitas en flotación son moi económicos, tanto na súa construción como na implantación e mantemento. E representan unha boa solución aos problemas de colmatación que teñen algúns dos outros sistemas.

Javier Vázquez Meizoso Técnico superior Paisaxismo e Medio Rural

110


Fitosistema FVSS en funcionamento no Pazo de SeĂąorans (Pontevedra)

111


112


113


114


115


116


ELABORACIÓN VIÑO DOCE NO C.F.E.A. DE GUÍSAMO Para poder entender o proceso de deshidratación, antes falaremos sobre os distintos tipos de procesos que se poden dar. A deshidratación de alimentos é unha técnica de conservación moi antiga, que consiste en extraer gran parte da auga contida nos alimentos ( 80-90% en froitas), mediante a súa exposición ao sol, ou unha fonte de aire quente, evitando con iso o desenvolvemento de microorganismos causantes da súa deterioración e putrefacción. Na práctica, a técnica de secado ao sol encerra problemas asociados á climatoloxía e á lentitude de secado dalgúns alimentos. Os insectos, o relente da noite, as variacións de humidade no aire poden minguar a calidade do alimento ou impedir a súa conservación posterior. Estes problemas resólvense con secadores solares, fornos ou deshidratadores domésticos.

Podemos falar de dous tipos de deshidratación: Natural. Deshidratamos alimentos con enerxía solar. - Secado directo ao sol: É o método máis simple e artesanal. Consiste en colocar o produto para secar directamente ao sol sobre unha superficie, os raios solares e o vento eliminarán a humidade. - Deshidratadores solares: Son equipos de tipoloxía e características moi diversas que utilizan a enerxía solar directa ou indirectamente para secar os alimentos. Básicamente contan cunha cámara, onde se colocan os alimentos en rejillas e polas que circula un fluxo de aire quente que é o que vai eliminando gradualmente a humidade. - Secado en forno solar: Podémolo utilizar en calquera época do ano, é moito máis rápido que o secado directo ao sol e totalmente hixiénico xa que o produto non está exposto á intemperie. Artificial. Moitas veces, o non poder contar con espazos adecuados para realizar a deshidratación ao sol, nin cun clima seco e estable, obríganos a buscar solucións máis eficientes. - Cámaras ou fornos: A nivel industrial atopámonos unha ampla gama de cámaras deshidratadoras do mesmo xeito que pequenos fornos profesionais.

117


- Deshidratador eléctrico: De uso caseiro, provistos dun sistema de quecemento e ventilación forzada, que producen un fluxo de aire quente que ao atravesar os alimentos distribuídos en bandexas de rejilla vai eliminando a humidade. - Forno caseiro: Substituto do deshidratador eléctrico. Só con aqueles que se poida regular a temperatura, xa que non podemos pasarnos dos 60ºC, manteriamos a porta algo aberta, para permitir a evacuación da humidade. -Baixo cuberta: Resgardado do sol, seco, fresco e con ventilación. O proceso leva varias semanas, ata uns tres meses. Independentemente do método que se utilice, debemos ter en conta que cada alimento ten unhas características propias e por tanto uns requirimentos específicos se desexamos deshidratalos apropiadamente. A temperatura recomendable para deshidratar é diferente segundo o tipo de alimento. En liñas xerais para deshidratar alimentos deben seguirse certas pautas: 1. Os produtos a deshidratar lavaranse coidadosamente e descartarase o que se atope en mal estado ou excesivamente maduro. Retiraranse as partes inservibles como pel, raíces e talos, e as partes descompostas ou pouco maduras.

2. Xa cortemos o alimento en cubos, anacos, liscos ou tiras, o seu grosor estará comprendido entre 0,5 e 1 cm, para facilitar a deshidratación. E dispoñerémolos uniformemente nas bandexas para obter un secado homoxéneo. 3. En moitos casos hai que aplicar un tratamento ao alimento antes do secado para evitar cambios de cor ou textura, que afecten á aparencia ou calidade final. 4. Os alimentos deshidratados deben envasarse canto antes para evitar que volvan tomar a humidade do ambiente. Utilizaranse recipientes herméticos ou bolsas de polipropileno. Etiquetaremos cada envase coa data de elaboración e almacenaremos nun lugar fresco e protexido da luz. Tratamentos previos na deshidratación de froita e verdura. Os tratamentos previos son aqueles procesos físicos ou químicos anteriores ao deshidratado que se aplican coa finalidade de evitar ou minimizar a deterioración do alimento durante o secado, así como mellorar a calidade e conservación do produto final. Existen distintos tipos de tratamentos e a súa aplicación depende do tipo de alimento. A continuación falaremos dalgúns deles:

118


Escaldado ou blanqueado: Tratamento térmico que consiste en someter ao alimento a temperatura elevada durante un período determinado de tempo, que irá en función do tipo, estado de madurez e tamaño do produto, para logo arrefrialo rápidamente. Adoita utilizarse en hortalizas. Hai dúas formas de realizalo. A) Con auga fervendo: As hortalizas colócanse directamente en auga fervendo por uns minutos e despois axústanse con auga fría para impedir que continúe a cocción. Se escurren sen perder tempo e colócanse sobre as rejillas do secado. B) Con vapor de auga: Colócanse as hortalizas nunha canastilla suspendida sobre auga fervendo e sométense á acción do vapor quente durante uns minutos. Logo colócanse directamente sobre as bandexas de secado. Con este método pérdense menos nutrintes e vitaminas que co escaldado Acidificado: É un método moi empregado en deshidratado de froitas para neutralizar o oscurecemento ou pardeamento por oxidación e minimizar a perda de vitaminas. Sométese á froita recentemente pelada a un baño nunha solución de ácido con auga durante 2 a 3 minutos.

Os ácidos máis utilizados son o ácido ascórbico que se prepara nunha proporción de 1,5 a 2 gramos por cada litro de auga, e o ácido cítrico que se utiliza nunha proporción de 6 gramos por cada litro de auga. Gretado: É un tratamento previo que se utiliza en froitas que non se pelan antes de deshidratarlas, como cirolas, figos e uvas, coa finalidade de gretar a pel, facilitando así a eliminación de humidade. O gretado realízase mergullando a froita nunha solución a 80ºC de hidróxido de sodio a razón de 10 gramos por litro de auga durante 5 a 10 segundos, posteriormente lavare-mos a froita con auga e neutralízase durante 30 segúndos nunha solución de 2 gramos de acedo cítrico por litro de auga antes de levar ao deshidratador. Outra opción sería mergullar as froitas en auga moi quente (próxima a ebullizón) durante 1 a 2 minutos, retiralas e arrefrialas rápidamente en auga fría. Non podemos falar do viño doce sen facer unha referencia o tostado da DO Ribeiro. Un viño doce que alcanzou gran fama a finais do século XIX e princípios do XX, pero que se viña elaborando dende hai séculos.

119


Este obtíñase a partir da selección das mellores uvas de variedades brancas autóctonas, sometidas a pasificación en locais con ventilación. Prensábanse no inverno ou princípios da primavera e realizábase un filtrado previo á fermentación, madurando en barricas de madeira previo consumo. A súa elaboración estaba ligada ás casas fidalgas e aos grandes propietarios, e consumíase en ocasións especiais. Na actualidade inténtase recuperar este tipo de viño. Volvendo ao noso estudo ensaio, teriamos que falar das características climáticas especiais que se deron, na que a protagonista foi a seca que arrastramos desde a primavera e que fixo necesario a achega de auga mediante rega no verán. Colleitáronse distintas variedades tanto autóctonas como foráneas, que presentaron un bo comportamento ás choivas que se deron nos días anteriores á recolección. Estas variedades foron Chardonnay, Chaselas, Moscatel de gran pequeno, Hodarrabizuri, Agudelo e Branco Lexítimo. Todas variedades de uva branca. Recolléronse con quince días de diferenza, sendo as variedades autóctonas ( Agudelo e Branco Lexítimo) as últimas. E a data da primeira recollida o nove de outubro

Ensaiamos tres métodos para o deshidratado da uva. - Un deles e o que máis carga de uva tiña foi o realizado baixo cuberta, sen sol e con aireación. Para ilo habilitouse un módulo do almacén no que se creou un tendal, onde se colgaron os acios que xunto coa xanela lateral que quedaba á altura do módulo conseguiamos a nosa corrente de aire necesaria para o secado. Os acios cólganse de maneira que se permita a correcta circulación do aire entre eles. -Outro dos métodos foi a utilización dun caixón xerminador situado nun dos invernadoiros (utilización de enerxía solar de forma indirecta), onde probamos con dúas caixas de uva. A pesar de que si foron pasificando, custoulles máis e o grao de azucre alcanzado era bastante inferior ao conseguido polos outros métodos. O problema neste caso ademais da climatoloxía, foi a mala circulación de aire. -O terceiro método consistiu na utilización de forno. Cunha temperatura de 40ºC e un tempo de 72 horas, realizáronse distintas fornadas. Alcanzáronse valores bastantes elevados en canto o grao de azucre, que mediamos con refractómetro e en ocasións disparábansenos os valores.

120


Distribución dos racimos no almacén. Método 1

Método 2: Caixón xerminador

Método 3: Forno

121


As uvas que pasaron polo forno foron gardadas en caixas e colocadas en baldas coas que estaban colgadas no almacén, mantivéronse en bo estado ata o mes de Xaneiro, que coas choivas comezou a aumentar a humidade ambiental e a perigar o secado de todo o conxunto. No primeiro método (baixo cuberta), as variedades que mellor comportamento tiveron foron Hondarrabizuri, Chaselas e Moscatel. As que peor Agudelo e Chardonnay, en parte pola morfoloxía do acio xa que é máis compacto dificultando a circulación do aire e o seu secado ( non esquezamos as choivas previas que se deron antes da recolección). Polo que foi necesario realizar un tratamento botricida a finais de outubro xa que se estaba perdendo moito gran. Este tratamento aplicouse nunha pequena parte para ver cómo se comportaban, co tempo observamos que a pudrición blanda do gran estabilizábase e era a mesma nos racimos que non se trataron. A variedade Branca Lexítima tivo un comportamento intermedio. O segundo método (utilización de enerxía solar de forma indirecta) resultou ser o menos conveniente de todos. Necesitaríanse facer certas modificacións, pero aínda así está un pouco lonxe do noso obxectivo a alcanzar.

Os resultados obtidos co terceiro método (forno) é obvio que son favorables, pero as características do mesmo como o tamaño e o consumo enerxético necesario para secar cantidades non é rendible nin sustentable. Descoñecemos a cantidade de uva recollida xa que esta non se pesou, pero si podemos dicir que a máis abundantes foron Chardonnay e Hondarrabizuri, polo que estas dúas variedades sometéronse aos tres métodos. A finais de xaneiro realizouse a prensada de toda a uva, preto de 25 quilos de uva pasificada que se transformaron nuns 8 litros de doce mosto e uns 12 quilos de bagazo. A prensa utilizada é unha prensa vertical manual, é das máis tradicionais e para pequenas cantidades da bos resultados. O inconveniente deste tipo de prensas é o descontinuo do seu traballo e o incómoda que resulta a tarefa de removido e baleirado. O proceso de fermentación é lento debido a gran cantidade de concentración de azúcar que posúe o mosto. O producto final obtido e catado no xantar de Nadal foi moi satisfactorio, unha delicatesen para o paladar. A súa elaboración e laboriosa, complexa e costosa sendo o seu resultado un tesouro moi apreciado de características inigualables e únicas no mundo da enoloxía.

122


Prensado

Bagazo

Emma Uzal Barreiro Enxeñeira técnica agrícola

123


Mosto

124


125


Pragas e enfermidades en ensaio de tomate variedades Avoa de Osedo e Negro de Santiago O cultivo do tomate en Galicia foi sempre un cultivo importante, así o Anuario de Estatística Agraria nos reflexa que temos máis de 1000 ha cultivadas e unha produción de máis de 100.000 tm no ano 2011. Nos últimos anos o encarecemento dos costes de cultivo, fai que busquemos diferentes alternativas para que sexa máis eficiente. Dentro de elas está o proxecto de Transferencia tecnolóxica do CFEA de Guísamo que se desenvolveu no ano 2015, titulado “Comparación do sistema de cultivo tradicional fronte o de descuelgue mediante perchas en cultivares de tomate”, no que con catro variedades de tomate comparamos dous tipos de entitorado, o tradicional e o descuelgue con perchas.

A dereita entitorado con perchas e esquerda entitorado tradicional.

As variedades de tomate foron dúas autóctonas, Avoa de Osedo e Negro de Santiago, e dúas comerciais de marcado carácter produtivo, Jack e Caramba. Os resultados deste estudio están publicados no número 128 da revista Cooperación Galega publicada por Agaca. Por iso neste artigo nos imos centrar nas pragas que incidiron no cultivo. Ademais das incidencias normais do cultivo, debido o ano tan extraordinariamente caloroso no mes de xullo e tan chuvioso no mes de agosto as pragas e enfermidades tiveron unha gran incidencia. Así podemos lembrar: Tutta absolutta e Helicoperva hermigera: dúas eirugas que estiveron `resentes no noso cultivo. Atacan poñendo os ovos na planta e unha vez que saen comen tanto follas como talos e froitos.

126


Posta e danos da eiruga na planta e no froito

Fusarium solani provoca danos vasculares, necrose radicular, polo tanto fai que teĂąa menos desenvolvemento radicular a planta ca conseguinte morte da mesma. No noso cultivo notamos que comezaban a murchar as plantas o que nos levou a facer unha analĂ­tica das mesmas que nos confirmou que estaba provocado por este fungo.

Danos provocados por Fusarium solani 127


Debido a que tiñamos este fungo no solo do invernadoiro, unha das accións de transferencia de este ano foi encamiñada a comprobar a acción da Tricoderma con respecto o Fusarium es así se plantaron plantas de tomate inoculadas e outras non. Podremia apical, prodúcese nos froitos, aparece unha mancha marrón escura na zona da cicatriz pistilar. Dáse por falta de calcio xa que este é un elemento pouco móbil na planta e pódense producir deficiencias del en determinados momentos.

Aculops lycopersici é o chamado Vasate, pode haber dous tipos de danos; os provocados polos ácaros ó succionar os contidos das células das plantas; e en infestacións severas os froitos toman unha cor marrón avermellada e a súa pel vólvese áspera, e pode provocar a morte da planta.

Danos no talo provocados polo Vasate 128


Virose, apareceu ó final do cultivo e pos iso tivo pouca incidencia. Os froitos tiñan unhas manchas circulares marróns como se pode ver na fotografía. Outras pragas que lle poderían afectar ó tomate serían: araña vermella, trips, pulgón, e enfermidades o mildeu, pero no noso cultivo de este ano non apareceron.

Nuria García Orosa Enxeñeira técnica forestal Técnica superior Paisaxismo e Medio Rural

129


Traballos desenvoltos no ano 2016 polo CFEA de Guísamo na liña de experimentación sobre a propagación e usos dos fieitos autóctonos. Esta liña de traballo ten como participantes ao alumnado e profesorado do CFEA, pero conta tamén coa colaboración de exalumnos interesados no tema e coa aportación fundamental de expertos en técnicas de propagación de fieitos. Introdución Os fieitos son un grupo de plantas moi antigas e adaptadas, e en Galicia contamos cun importante número de especies autóctonas. De feito, no Catálogo galego de especies ameazadas, regulado no Decreto 88/2007, atópanse incluídos varios fieitos catalogados como “en

perigo de extinción” e algúns outros como “vulnerables”. A pesares disto, seguen sendo bastante descoñecidos desde o punto de vista da súa propagación. Respecto da súa conservación, contémplase a súa conservación in situ naqueles hábitats onde se atopan, pero tamén a conservación ex situ dependendo da súa propagación. Asemade, a conservación das especies pasa en moitos casos polo seu uso na vida cotiá e neste contexto, dicir que son contadas as iniciativas empresariais neste ámbito, polo que a súa potencialidade no sector viveirístico e de produción de planta é máis que evidente, pois hai especies, como as arbóreas, que son particularmente apreciadas en xardinería, polo seu tamaño e espectacularidade do porte. Antecedentes - A impartición dun Seminario de propagación de fieitos arbóreos en 2012 ao abeiro da convocatoria anual do Plan de transferencia tecnolóxica da Consellería do Medio Rural, constatou o interese do tema, refrexado na súa elevada participación o que nos animou a continuar facendo actividades. - A redacción e presentación do proxecto fin de ciclo referido á produción de Rhumora adiantiformis (fieito de coiro) aportou datos sobre o estado da produción viverística e interese deste sector produtivo. Por outra banda, o CFEA de Guísamo contaba xa con instalacións axeitadas para a propagación vexetativa de plantas que xunto coa instalación dunha cámara de cultivo no laboratorio de produción vexetal, facilitou a posta en marcha da propagación con esporas.

130


Traballos durante o ano 2016 1.-Proxecto de “Identificación, propagación e conservación de fieitos autóctonos galegos”. Con este proxecto participamos no VII Congreso de Educación ambiental que se celebrou no mes de maio de 2016 e que se titulou “Defendamos o noso patrimonio natural” organizado polo Centro de Educación, Información e Divulgación Ambiental (CEIDA) e financiado pola Deputación da Coruña. Este proxecto foi desenvolto polos alumnos de primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Medio de Xardinería e Floraría e do Ciclo Formativo de Grao Superior de Paisaxismo e Medio Rural dentro da actividade práctica realizada nos módulos de “Botánica Agronómica”, “Conservación de xardíns e zonas verdes” e “Fundamentos agronómicos” os cales requiren o coñecemento, entre outras, das principais especies autóctonas e das súas condicións de conservación e propagación, especialmente daquelas especies en perigo de extinción. Buscando fomentar o desenvolvemento de novos usos de carácter ornamental para estas plantas empregadas tradicionalmente con outros fins, realizouse un estudo mediante o que os alumnos puideron comprobar a súa utilidade.

O grupo de traballo implicado neste proxecto acometeu a investigación bibliográfica e wefgráfica das principais especies e dos seus usos así como da súa propagación. Tratouse ademáis de propagar algúns deles para o cal púxose en práctica un pequeno ensaio cos alumnos para a súa propagación en todas as súas fases: recolleita e preparación das esporas ou explantos, preparación das sementeiras, sementeira en cámara de cultivo, posterior repicado dos esporofitos, recollida de datos e transplante ao terreno para a súa observación posterior. Actividades a) Organización dos alumnos participantes en subgrupos de traballo para desenvolver os traballos en aula e aportación das pautas e bibliografía fundamental para a súa redacción. A posta en común dos resultados conqueridos, levou á elaboración dunha serie de fichas botánicas dos fieitos autóctonos máis importantes onde se recollen nome, foto, hábitat e características morfobotánicas importantes para distinguilos, e tamén unha serie de propostas para os seus usos como poden ser ornamentais en xardinería, en alimentación e mediciñais. De todo isto amosamos tres exemplos :

131


Osmunda regalis

Nome común Hábitat Porte

Fieito real, fieito palustre/Dentabrú Bordos de ríos e arroios, zonas de alisedos. Require zonas húmidas e acedas, pobres en nitróxeno. Bosques riparios caducifolios. Ciénagas. Zonas templadas e tropicais, na península, norte e oeste principalmente. Prefire cara norte. Riqueza das fragas do Eume. Elegante porte e grandes dimensións. Produce unha espesa mata de máis de 2m de altura. Planta anual, desaparece no inverno para renacer en marzo. Nas Fragas do Eume estase mantendo todo o ano.

Raíz

Ten un rizoma espeso que cos anos vólvese leñoso, dispostos en horizontal e cubertos polos restos secos dos peciolos.

Talo

Raquis canaliculado, con expansións laminares, con forma de estípula na base do peciolo.

Frondes

Soros Outros

Produce separadamente frondes fértiles e outras estériles. As estériles se expanden de 60cm a 160cm de altura e de 30cm a 40cm de ancho, son bipinnadas, con 7 ou 9 pinnas, cada ppinna con 7 a 13 parece de pinnulas. As frondes fértiles son erectas e máis curtas, de 20cm a 50 cm de altura, usualmente con 2 ou 3 pares de pinnas estériles na base, e 7 a 14 pares de pinnas fértiles debaixo do esporanxio, densamente encerradas. Cando aparecen na primavera as frondes novas son de cor rosaceo.

Carece de soros. Nos extremos das frondes máis grandes das plantas maduras fórmanse espigas femininas con esporas de cor vermella herrumbre, semellantes a borlas. Estes esporanxios son chamados flores de perún. A raíz, como noutras especies de Osmunda, úsase para producir “fibra de osmunda”, empregada como soporte de crecemento de orquídeas cultivadas e outras plantas epífitas.

Aplicacións en xardinería: Bordes de camiños, macizos,... - Os fentos tamén poden ser empregados pra darlle aos camiños e carreiros unha apariencia máis silvestre e natural. Neste exemplo atopamos:

1.-Cerviño 2.- Polystichum Setiferum

3.-Hosta 4.-Pata de elefante

132


Usos culinarios do fieito común

b) A visita ao parque natural das Fragas do Eume para coñecer os fieitos autóctonos galegos in situ foi fundamental para a concienciación do alumnado na importancia da conservación do noso patrimonio natural así como a recollida de material para a súa propagación e herborización. A Televisión de Galicia adicounos un amplo e interesantísimo espazo no seu programa nº44 do Labranza onde se recolle esta visita e outros aspectos da realización da liña de experimentación.

133


c) Propagación dos materiais colleitados. Segundo a revisión bibliográfica probáronse diferentes técnicas de propagación en función do máis axeitado para cada especie. REPRODUCIÓN POR XEMA DE PROPAGACIÓN

PROPAGACIÓN POR ESTOLÓNS

BULBILOS Son pequenas xemas transformadas en órganos de reproducción vexetativa.

Aparecen no ápice da fronda, encima ou debaixo do nervio central, sobre toda a superficie inferior ou na base. As frondas dóblanse cara o solo para que os bulbilos enraícen e extendan deste modo a colonia, como no caso do Woodwardia radicans.

Woodwardia radicans

Polipodium

Davalia W

Sementeira de esporas con bisturí

Colleita de esporas

d) Herborización de fieitos autóctonos, algunhas das láminas poden verse na foto seguinte, da exposición do proxecto que fixemos o día do congreso. 2.- Realización dun Proxecto Fin de Ciclo na modalidade de Traballo de investigación con título “Avaliación da propagación de fieitos autóctonos (Culcita macrocarpa, Dryoteris guanchica e Dryopteris aemula ) mediante esporas”. A Culcita macrocarpa está catalogada como “en perigo de extinción” e as outras dúas especies como “vulnerables” no Catálogo galego de especies ameazadas, regulado no Decreto 88/2007. É por isto que segundo se recolle no citado Decreto houbemos de solicitar a autorización na Consellería de Medio ambiente para a recolección das esporas no parque natural Fragas do Eume, contando ademáis coa boa disposición e colaboración do persoal do parque.

134


Os obxectivos deste proxecto son: - Determinar o momento óptimo de recollida de esporas nas especies estudadas. - Validar o método de propagación desenvolto por Jorge Lorenzo consistente na sementeira de esporas para as especies propostas. - Estudar a aclimatación das primeras fases dos fieitos e o seu transplante ao terreno. Das tres especies estudadas a máis precoz, en canto a desenvolvemento do esporofito (“fieito definitivo”), está sendo a Dryopteris guanchica de feito no momento actual estamos xa procedendo á aclimatación dos primeiros esporofitos de Dryopteris guanchica.

135


3.- Taller de prácticas titulado “Protección do medio ambiente e conservación da paisaxe : Propagación de fieitos autóctonos” Actividade de Transferencia Tecnolóxica da Consellería do Medio Rural número 2016/31. Este taller, destinado a titulares de explotacións agrarias e forestais, traballadores agrarios por conta allea, socios e empregados de asociacións e sociedades no ámbito agrario ou orestal, persoas mozas que desexen incorporarse ao sector agrario ou forestal na rama de actividade viveirística, tivo unha ampla resposta, por riba das plazas ofertadas. Contamos coa colaboración de Jorge Lorenzo e Angeles Barros, como expertos na propagación de fieitos que desenvolveron aspectos introdutorios ao tema como son a identificación das principais especies de fieitos autóctonos e ornamentais, explicaron os métodos vexetativos de propagación de fieitos e fíxose no laboratorio unha multiplicación con esporas. Adicamos unha especial atención aos fieitos incluídos no Catálogo de especies ameazadas segundo o Decreto 88/2007, o seu repicado e seguimento do transplante e engorde. Ademais fíxemos unha visita á plantación de fieitos arbóreos de Jorge Lorenzo.

Pilar Castro García Enxeñeira agrónoma

136


137


138


Rocha nai decembro 2016