Issuu on Google+

EXCURSIÓN FINCA CASTIÑEIROS Xosé A. Meixide


ZONIFICACIÓN   

 

Parroquia de Sarandós, concello de Abegondo, limitando con Carral. Hai concentración parcelaria, e antiga UXFOR (plantación de piñeiros e frondosas caducifolias). Parcela de monte, eliminando mato e plantas con algunha enfermidade. Movemento de terras con recheo na parte baixa. Plantación de frondosas: área de seguridade periurbana na loita contra incendios. Leiras na parte de abaixo, monte na parte de arriba perto de vivendas.


A PLANTACIÓN  

 

Plantación por puntos (segundo curvas de nivel). Procedemento: marcamos o terreo, replanteamos e facemos buratos de 1m3, con retroexcavadora. Buratos con abono de liberación lenta, limpeza de pedras grandes, colocación de planta (adaptación do sistema radicular) e tapado. A mellor orientación é a sudeste, resgardado do Norte. Enxerto da planta (de escudete ou xema) posterior á plantación con variedades de calidade comercial axeitada.


VISTA XERAL DA FINCA


A PLANTACIÓN  

As terras para castiñeiro, deben de ser profundas e de calidade. O terreo cos anos ten que quedar como un céspede entre pés (para apañar con facilidade a castaña). Mentres a planta non se fai co terreo hai que eliminar a herba e todo o mato existente. En caso de terreo de monte sen transformar debemos convertilo en terreo fácilmente laborable (eliminación de pedras grandes, tocóns, etc.), encalar para basificar o solo, e eliminar os toxos e fieitos mediante desbroces, abonados e laboreos axeitados.


FOTO PARTE INFERIOR FINCA

Liña sen herbicida para aguantar do terreo en caso de escorrentía.


PLANTACIÓN 

 

A utilización dos herbicidas como elemento auxiliar á plantación facilita a eliminación de mato invasor así como mellora da estrutura diminuíndo o emprego de maquinaria (aforro de combustible, man de obra,…). Plantación dentro da finca, non na extrema evitando que o voo da árbore adulta invada as plantacións e vías forestais anexas. Profundidade para plantar castiñeiro: 60 cm ou máis. As variedades deben ser avaliadas en función dos mercados aos que vaian destinadas (marrón glacé, fresco, conxelado)


PLANTACIÓN NAS EXTREMAS 

Plantar a certa distancia da extrema da finca para que o voo da árbore non invada a parte exterior da mesma.


ALGÚNS CONSELLOS 

Tecnificar na medida do posible as producións (non está reñido coa man de obra). Plantación de froito: empregamos marcos amplos para a obtención de froito de calidade, tendo para elo un acceso correcto á luz. Plantación de madeira: densidades normalmente máis altas para favorecer a dominancia, a poda natural, e por tanto fustes rectos e ausentes de nós.


HAI QUE SABER… 

Antes de plantar hai que coñecer: – O mercado – A diversidade varietal – A industria

As claves: – – –

Información Formación Integración de servizos.

Cada vez menos diñeiro público, implica máis inversión privada por tanto, pensar moi ben as decisións a tomar.


FORMACIÓN: PODA A UN EIXO 

Pasos: – – – –

 

Saber o que quero desenvolver Como o fago Cortes perfetos Ferramentas desinfectadas

Meirande parte dos patróns (híbridos) foron obtidos mediante o sistema de corte e recalce (acodo baixo). Algún produtor direto de castaña. A formación a un eixo transforma unha gran cantidade de enerxía, con dominancia apical. Eliminar as pónlas con ángulos <30º respecto da vertical, mal formadas ou con diámetros non equilibrados con respecto ao eixo central.


ALGÚNS EXEMPLOS

Detalle eixo central

Detalle bifurcación


ALGÚNS EXEMPLOS 

Detalle enxerta

Detalle inserción de pónlas no tronco


AS PODAS  

Tendo dominancia apical, podo rarear de varias formas. As bifurcacións débense de eliminar canto antes para potenciar a dominancia apical. Se non se fai a tempo, xestiono a planta doutra maneira. Os cortes teñen que quedar perfetamente selados e desinfectados (ferramentas hixienizadas) para que non entren enfermidades (coma o chancro).


DETALLES DE PODA 

Dominancia apical con competencia

Cicatrización correcta por poda ben feita


A PODA 

No castiñeiro a poda débese de realizar con moita precaución, sendo unha planta sensible a enfermides da madeira, por tanto debemos de realizar a poda máis intensiva a remates do inverno-principios de primaveira. A poda de formación debemos de realizala en todo o período anual para favorecer a boa marcha da árbore.


ENXERTA 

Pode ser:

– Remates de agosto: a ollo durmido (en verde) – Finais de inverno-primaveira: a ollo velando (en seco)

Mes de agosto: leve aletargamento de subida e baixada de savia, permitindo separar a cortiza do cambium para facer o enxerto. Córtase a xema, e déixase o peciolo da folla. Aos 1520 días:

– Se queda ligado o peciolo: síntoma de non prender – Se se solta o peciolo da xema: prendeu (para sabelo tes que tocar co dedo o peciolo e que se caia).

Unhas semanas despois do enxerto, se éste prende incha, e haberá que cortar por detrás a cinta para que non “afogue” o enxerto.


PODAS E ENXERTOS 

Podas correctas

Enxerto prendido


OBSERVACIÓNS E VALORACIÓNS COMPLEMENTARIAS FEITAS EN MONTE


MONTE MIXTO DE PIÑEIROS, CARBALLOS E CASTIÑEIROS DE REXENERADO NATURAL 

A frondosa caducifolia é unha máquina de sostenibilidade: aporta nutrintes ao solo e diversos aproveitamentos (madeira, leña, froito,...). Está en perfecto equilibrio co medio, principalmente no que afecta á luz. A poda para produción de madeira de calidade débese de facer no momento oportuno, evitando a introdución de muñóns mortos ou vivos na tronza de madeira que nos infravaloran a calidade da madeira.


MONTE MIXTO DE PIÑEIROS, CARBALLOS E CASTIÑEIROS DE REXENERADO NATURAL 

Partindo de que o monte galego en xeral é un medio de alta produción e hai lugar para todo tipo de especies, os mellores terreos teñen que ser reservados para frondosas caducifolias (son as máis esixentes). O resto de especies pódense adaptar a outros terreos. O carballo aguanta o trasmocho moito mellor que o castaño (máis rústico ante cortes mal feitos).


O DESMOCHADO DO CARBALLO 

 

No carballo: realízase xeralmente para aproveitamento de leñas de xeito intensivo ademáis de ser compatible con pastoreo. Logo podo volver trasmochar. O carballo acepta ben as podas, non creando demasiados problemas. Problemas culturais: perdemos a tradición da madeira (vivendas, construción, carpintería, etc.). Non apreciamos que a madeira é renovable no tempo (inda que requira máis coidados), ademáis doutros valores.


A EVOLUCIÓN NO TEMPO 

Antigamente en sistemas con pouca intervención: mestura de frondosa con piñeiros. A conífera daba rectitude ás frondosas. A frondosa evitaba que medraran toxos, maleza e pónlas baixas nos piñeiros. O carballo non tivo selección (investigación varietal) en Galiza, como outras especies. Nin houbo mercado dende tempos pasados (travesas de ferrocarril), nin atacaban as enfermidades (a diferenza do castiñeiro). Tiñamos que haber conservado grandes carballeiras con técnicas selvícolas correctas adaptadas á obtención de produtos de calidade na actualidade (duelas para barricas, etc.).


A MATERIA PRIMA 

Poste de castaño e acacia: empregado en agricultura ecolóxica de viñedo e fruticultura. Non precisa ser tratado. A unha boa materia prima (frondosas caducifolias), lle sumamos tecnoloxía ademáis dos seus valores sociais e medioambientais, a súa rendibilidade é máxima. Isto repercute positivamente na iniciativa privada, no mercado e en recuperar o ciclo perdido. Precisa dunha selvicultura clásica, e os resultados non son inmediatos.


PASADO E FUTURO: EXEMPLOS 

Era moi usual espolear os carballos e mailos castiñeiros cortando as pónlas. Vendíanse para vigas (moi empregadas como postes de teléfono). Evitábase deste xeito que estas pónlas fixeran sombra aos cultivos. Os piñeiros en xeral (para madeira de serra), están perdendo mercado derivado da crise na construción, así como a necesidade de desenvolvemento tecnolóxico (non se deron os pasos precisos para manter o mercado).


FOTOS ALUMNOS


Excursión á finca