__MAIN_TEXT__

Page 1

María e a música. Dende que era pequena tiña dotes para cantar e polo visto, para tocar catro instrumentos: o baixo, a guitarra, o piano e a batería. “O fundamental na música é destacar por ser ti mesma e ser orixinal” María Rodríguez Maturana; 15 anos; 3º ESO. Competencia: música Logros: membro da Escola Municipal de Música de A Coruña.

Cando empezaches a aficionarte a esta disciplina? Cando tiña 9 anos cantei unha canción dunha película chamada “Sonrisas e lágrimas” no colexio. A profesora de música díxome que tiña talento, dende aquela apunteime á escola municipal de música como pianista, e pola miña conta empecei a cantar, agora xa se converteu nunha rutina. A miña gran motivación foi o meu profesor Xosé Acuña que sempre estivo insistindo e apoiándome. Cantos instrumentos tocas? Toco o baixo, o piano, a guitarra e canto -aínda que empecei coa batería pero non seguín-, o meu favorito é o piano, porque o levo tocando seis anos e sempre me pode acompañar para cantar, pero a guitarra dálle un son especial ás cancións. Cantar ou tocar? Que prefires? Máis dunha vez comentáronme que teño un oído musical absoluto, para min cantar é algo fácil que me sae só, e cada instrumento aprendino a tocar rápido, grazas a iso, agora, perfecionalo é algo que segue en marcha. Pertences a algún grupo musical? Toquei en moitos grupos de rock , de feito está en proceso de formación un , que pode ter futuro. Pero dende que empecei formo parte de “Jazz Ensemble”, o grupo de aula municipal de jazz da escola de música, grupo co que vivín moitísimos momentos increíbles e inolvidables.

Dando a nota

IES MONTE DAS MOAS

Páxina 1


Conta, conta … Asistín a varios festivais de Jazz. O de Vigo “Imaxina sons” é moi divertido, cadra a final de curso, e consiste en realizar varias actuacións musicais de una hora cada una en diferentes lugares da cidade. Outro que se celenbra en Portugal é “O Eixo Atlántico”, trátase dun concurso de varias fases eliminatorias. A 1ª é na Coruña e o resto en Portugal. Sempre gañan os portugueses… non sei como será…. Identifícaste con algún artista? Non me identifico con ningún tipo de artista, creo que o fundamental na música é destacar por ser ti mesma e ser orixinal, admiro a moitos músicos como por exemplo Slash o Robe e Uoho, ou a cantantes de cor porque me parece que teñen unha voz incríble. Que é o máis difícil ao subir ao escenario? O máis difícil é superar o medo, sempre hai medo a equivocarte ou decepcionar a quen ven verte. Realmente o medo só é ao principio, coa interpretación xa me vou soltando e esquezo mesmo que estou actuando. Como leva este tema a túa familia? Meu pai toca a guitarra dende que era mozo -de feito el axudoume moito- gústalles moito a música e sempre estiveron en todos os meus concertos e apoiándome en todas as decisións. Na casa teño piano e varias guitarras, podo practicar sen problemas. Falando do futuro, tes algo en mente? Gustaríame moito dedicarme á música, pero é difícil, teño uns cantos proxectos en mente que espero que saian ben. Creo que con esforzo e dedicación podería chegar a conseguilo pero, ¡nunca se sabe o que pode pasar! Polo de agora non teño ningún obxetivo que cumprir, nunca se sabe onde me levarán as decisións que tome, queda moito tempo por diante…

Moitas grazas, María. Que se cumpran os teus soños. A Coruña, 12 maio 2015.

Mar Sanjurjo Barral, 3º ESO B

Dando a nota

IES MONTE DAS MOAS

Páxina 2

Profile for Powered by cfdezmunin

Entrevista a Maria Rodriguez Maturana  

Dando a nota nº 4 2014-2015 IES Monte das Moas

Entrevista a Maria Rodriguez Maturana  

Dando a nota nº 4 2014-2015 IES Monte das Moas

Advertisement