Page 1

HISTORIAS..........PARA NON DURMIR Unha noite antes do Samaín íamos no noso coche a miña nai, o meu pai mailo meu irmán Artur por unha vella estrada. Necesitabamos gasolina pero nin rastro dun lugar onde se puidera botar. Ao lonxe vin unha, pero cando chegamos puña “ Servimos no outro lado”, pero alí non había nada… Pero si… alguén! Alguén de pelo curto, gris e barba, un señor moi raro que dixo.- “Esta é unha noite antes do Samaín e hai lúa chea!” E ...desapareceu! Quedamos durmidos no coche, tiñamos moito sono, eran as doce da noite! Sobre as dúas da mañá espertamos e vimos a gasolineira e o vendedor preto de nós. Meu pai como sempre díxolle ao home:- Cheo de óptima diesel. Eu, coma sempre, merquei unhas “pringles”, e despois fomos ao meu pobo. Cando chegamos, todos tiñamos ganas de refrescarnos, fomos a piscina climatizada e volvín ver a ese home raro.- “Samaín…, coidado esta noite!” -dixo el, despois meteuse na auga e non saíu! Eu, como calquera nena, asusteime. O meu pai e a miña nai quedaron na piscina mentres eu fun para casa. Despois ,pola noite, coma todos os anos, fomos ao cemiterio… Eu escoitei aos lobos ouvear e vin tumbas abertas. Enriba dunha delas, estaba o señor, pero esta vez non me dixo nada, tan só, miroume. Fun para casa e quedei durmida. Espertoume algo, o ruído dun motor ou un movemento brusco cecáis, non sei moi ben o que, o único que sei e que non me espertei na miña casa, espertei no interior dun coche negro que ía a toda velocidade. Mirei ao condutor pero non o puiden ver, xa que levaba unha máscara branca… Eu berrei, pero alguén me tapou a boca. O último que escoitei foi a voz dese home raro que dicía.- “Fágoo por ti,Sara! Fágoo por ti!”.Eu non entendía nada. Espertei nun cuarto branco, totalmente branco, o único que non era branco era un “S” de cor vermello na parede, non estou moi segura de si aquilo era sangue ou pintura vermella. Vin ao señor ca máscara branca, que me deu a man e levoume a un cuarto cheo de fotos dunha persoa idéntica a min. Eu pensei.- Quen será? –“Aquí está a túa xemelga que nunca coñeciches, ela xa non esta aquí, e dentro de pouco ti...tampouco estarás… Muahahahaha!”-díxome aquel home. Que asustada me sentín naquel momento!.Tiña ganas de saír de alí, de chorar, de berrar e de darlle forte na cara a ese señor ao que non coñecía de nada! Por que me facía isto a min? Por que? Estiven dous días sen comer nin beber, sen falar con ninguén, sen durmir, practicamente sen respirar. De súpeto, espertei e vin que estaba nun coche branco, vin a miña nai, ao meu pai e o meu irmán! Todo fora un soño, ou iso creo... porque había unha gasolineira que puña “Servimos no outro lado”, pero por sorte, nin paramos, iso si, ninguén saberá nunca o que pode pasar nas noites do SAMAÍN… Antía Piñeiro-6º C


Onte foi o enterro do alcalde chamado Antonio Pérez Rodríguez que morreu o día do samaín, foi asasinado cun coitelo pero non se sabe quen, pero eu si e vouno contar porque estaba con el. Fai catro días no restaurante “O Candil” en Baiona estaba o alcalde de Xinzo, o alcalde de Baiona e eu ceando nese restaurante. Cando acabamos de cear fomos a dar un paseo por Baiona e volvemos a Xinzo, acompañeino a súa casa que estaba cerca do concello cando me invitou a pasar, eu pasei, tomamos uns cafés, cando eu estaba terminando e el estaba limpando os dentes oin un grito, fun correndo o mais que puiden ao cuarto de baño e vino no chan desangrándose cun coitelo no corazón, collín o teléfono e chamei a unha ambulancia, mentres apareceu un zombi que me quería matar, pero dinlle co teléfono que tiña na miña man, na cabeza. Cando lle dera chegou a ambulancia e colleron a Antonio e levárono ao hospital. Despois de seis horas chamáronme para darme a mala noticia, Antonio morrera. Era un amigo, un compañeiro, unha persoa en quen confiar pero tarde ou cedo ía morrer. María Martinez Parada 6ºC


Xoán era un neno que vivia só, porque seus pais e o seu avó morreran e a súa avoa abandonárao. Un día, Xoán foi ao cemiterio, o día dos fieis difuntos, ía levarlle unhas flores ao seu avó. Cando chegou viu que da tumba saía unha man, asustouse e pechou os ollos, despois de abrilos decatouse de que ían saindo pouco a pouco partes do corpo, parecía que era o esqueleto de seu avó. Dende que xa estaba o corpo fora Xoán botou a correr e cando voltou a mirar para tras viu a varios zombis perseguíndoo. Polo camiño viu unha casa abandonada e meteuse dentro porque o medo puidera con el, pero os zombis entraban polas brechas da casa, el cada vez se asustaba máis . Os zombis quedaran observando a ventá é o neno asombrouse pero pouco despois empezaron a chegar bruxas, pantasmas, trols... . O neno sentiu un ruido e despertou, era todo un soño. Eran as horas de ir ao colexio, pero despois do sucedido colleu tanto medo que dormía co seu amigo Carlos . Paula Rodríguez


A CASA ENCANTADA Era unha noite fría de outono, Luisa, Lucía, Daniel e máis eu iámosnos disfrazar para a festa de Samaín. Luisa e máis Lucía dúas irmáns xemelgas ían durmir a miña casa, disfrazámonos e fomos ata a Plaza da Fonte para ver o que había. Había moitos nenos disfrazados, tamén había música, talleres e chuches. Nós aburriámosnos e dicidimos ir pedir chupinadas ás casas. Despois dun bo rato chegamos á casa encantada da señora Adelaida, que vivía soa e botounos a patadas. Cando íamos liscar de alí oímos unhas carcaxadas como dunha bruxa, e fomos ver que tramaba. Entramos pola porta do trasteiro e baixamos unhas escaleiras, por fin podíamos ver algo, vimos a Adelaida entrar por unha porta secreta, nós caladiños seguímola. Aquel pasillo estaba oscuro e tiña un líquido de cor verde e nas paredes colgaban calabeiras, condo íamos camiñando sentíamos que alguén nos seguía, de de súpeto miramos cara atrás e vimos un pallaso malvado cun coitelo na mán dereita chea de sangue. Nós empezamos a correr. Cando perdemos de vista ao pallaso vimos a Adelaida entrar por unha porta e nós guichamos. Fomos amodiño e vimos unha sala onde había unha reunión de personaxes malditos, de súpeto víronnos e empezaron a perseguirnos nós empezamos a correr escopeteados para que non nos fixeran nada. Desde aquel día Adelaida ten unhas tumbas no xardín cos nosos nomes. Se queredes ter unha aventura inolvidable ide a noite do Samaín a esa casa pero só vós digo que estedes cos ollos ben abertos e que corrades moito porque senón estades acabados. Laura Rodríguez


A CABAZA MALVADA

Un día un neno chamado Luis fixo unha cabaza na súa casa para levala ao colexio . Chegou a noite e Luis deixou a cabaza na cociña e foi dormir .

Cando estaba dormindo na súa habitacion de súpeto escoitou unha voz que dicía : Voute matar ¡¡¡ Voute matar ¡¡¡ O neno estaba moi asustado e empezou a berrar polos seus pais. Os pais foron a habitación de Luis e a cabaza dixolles : ¡ como dedes un paso mais matovos ¡ . Os pais non fixeron caso e a cabaza matounos cun coitelo . Luis estaba moi asustado e a cabaza tamen o matou .

Dícese que ao final na casa de Luis viven todas as cabazas malvadas do mundo e pouco a pouco van matando aos nenos que fan cabazas.

Ángela Tejada


HISTORIA

DE

MEDO

Erase unha vez un home que non cría nos mitos. Un día saiu de noite de lúa chea cos seus amigos a tomar unha cervexa. Como non cría nos mitos díxolles aos seus amigos se querían ir a dar un paseo polo monte. Eles dixerolle que sí e cando chegaron un dos seus amigos transformouse en home lobo. Todos os amigos botaron a correr menos el que pensou que estaba disfrazado e lle estaban a gastar unha broma. El agarrouno e intentou quitarlle o disfraz e deuse de conta que era real e escapou correndo, pero o home lobo persiguíao e non sabía que facer. Lembrou cando non podía mais que tiña unha navalla e cando o lobo o alcanzou botouse enriba del e o home aproveitou e matouno coa navalla. E dende ese día o home crese todos os mitos. Antón Rodríguez


Lía Como cada Samaín os nenos da vila xúntanse para contar historias de medo na casa abandonada que está preto do cemiterio. Era dun Marqués que viviu alí no século XVIII , que segundo contan desapareceu unha noite despois de que morrera a súa única filla afogada no río. Aquel ano acompañounos Xoán que lles prometeu contar unha gran historia de medo, en realidade non era de ficción, ocorreulle a súa irmá o primeiro ano de carreira en Santiago de Compostela. Entran todos na casa, e coma se fose un ritual sentan en círculo e pousan as cabazas coas velas acendidas diante deles.Esas pequenas luces que saen das cabazas forman sombras estrañas nas paredes, que as veces dan arrepíos. Xoán comeza o relato: miña irmá Xulia estudiaba en Santiago. Todo ía ben ata que un día de Outubro, cando saía da clase topouse cunha rapaza moi fermosa, co pelo louro moi longo, os ollos eran azuis coma o ceo e a pel branca coma a neve, ía toda vestida de branco, parecía un anxo. Dixo que se chamaba Lía,e ía na mesma aula pero hoxe non puidera ir a clase, se lle deixaba os apuntes, o día seguinte devolvíallos. Xulia díxolle que si Pareceulle moi raro, xa que non a coñecía de nada e ela sabía o seu nome. como era posible? E así durante toda a semana deixoulle os apuntes que ela tomaba na clase e o día seguinte devolvíallos. Xulia ía contándollo as súas amigas mentres se dirixían a preparar todo para celebrar o Samaín, cando de repente parouse diante dunha fotografía en branco e negro que estaba colgada na parede e dixo: - Esta é Lía a rapaza que me pide os apuntes todos os días, coñecédela? - Claro que si, estás segura que é ela? - Como non vou estar! levo unha semana véndoa.O que é raro é que nunca veña as clases e aínda máis incrible que sempre vén co mesmo vestido de cor branco. Un momento! é o mesmo vestido da foto. - Debes estar equivocada, esta e a filla dun Marqués que doou un montón de diñeiro a esta universidade, onde estudiaba a súa filla Lía, a cal morreu afogada no río. - Imposible! De verdade que e ela? De súpeto soou unha voz tras das rapazas . - Xulia, seguídeme!!! -Era Lía Na porta da casa soaron uns golpes aterradores e todos os rapaces levantáronse de súpeto tirando as cabazas polo chan. Abren e alí estaba, de pé, fronte a eles a rapaza loura e vestida de branco. Saíron todos correndo como se os perseguira o diaño, mentres Xoán e Xulia escachaban coa risa dicindo: - Este Samaín non o van esquecer en moito tempo. Pechan a porta e afástanse da casa camiñando, os dous xíranse ao mesmo tempo e nunha fiestra ven unha rapaza vestida de branco que os saudaba….

Raúl Parejas Suárez


A BONECA Contan,que fai moitos anos existía una pequena aldea onde agora se atopa Xinzo de Limia, e nesa aldea había una señora moi mala que raptaba aos nenos e os mataba na súa casa, arrancandolle os miembros do corpo pouco a pouco.E o día do samaín chamaron a una bruxa para que encerrara nunha boneca,botandolle un feitizo.E solo o día do samaín,se alguén é tan tonto como para sacar a boneca do máis profundo do bosque caerialle enrriba a venganza da asisina. O día chegou, todo empezou na vila 100 anos máis tarde no samaín, un home iba polo monte reconllendo belotas, Tropezou,e decatouse de que o tronco dunha árbore estaba oco,e pasado isto arrincou a corteza da árbore e descubriu a boneca A boneca era moi pálida con ollos completamente negros vestía una camiseta branca,por encima una camisa vermella de sisas,un gran lazo vermello e un gorro vermello con bordes brancos. Ao home gustoulle e decidiu levala para casa. Nada máis chegar saludou ao fillo,a filla e mai a la muller. O home regaloulle aboneca a súa filla e finalmente, chegou a noite. Anque na habitación de nena solo estaba ela, oíanse voces susurrantes. Ao seguinte día oiuse un grito desgarrador, A nai estaba morta,habiase desangrado porque lle cortaran o brazo,a nena mirou para a boneca e notou que tamén lle faltebe un brazo.Todos pensaron que era una coincidencia O día seguinte,dormiron todos tranquilos, e, pola maña o neno habianlle arrancado un brazo e a perna. A el,puderon salvalo e preguntáranlle que había pasado. El dixo que solo recordava ver o rostro de irma suxetando a boneca máis un cóitelo, non o creeron, e finalmente, morreu no hospital da infección. A seguinte noite dormiron a nena e o pai xuntos, o pai despertárono unos sonidos, el habre os ollos e be a súa filla suxetando a boneca, a boneca faltabanlle una perna,un brazo e parte da cabeza, e a nena suxeitaba un cóitelo. Nesto matou ao pai, cortandolle as mesmas partes que lle faltaban a boneca. A maña seguinte a nena suicidárase cortárase catro dedos da man e logo colgárase. RUMORÉASE QUE A BONECA SUSURRÁBALLE A NENA QUE MATARA A SÚA FAMILIA E O CASO DAS SÚAS MORTES XAMAIS SE RESOLVEU. NUMEROSOS CASOS DESTES SUCEDERON NAQUELA ÉPOCA POR CULPA DA BONECA


O CEMITERIO ENCANTADO Era un día frío de inverno, eu e a miña prima Ánxela estabamos dando un paseo polo cemiterio e de súpeto oímos unha cousa que dicia así: -Son unha pantasma, vades ver cousas moi malas mentres andedes. Nós asustamonos a miña prima temblabanlle as pernas.Seguimos andando e máis adianta vemos un home afogado na rama dunha árbore. Non durmimos ,mentras estabamos na cama, había un randeira enfrente que se estaba movendo.Eran a pantasma do cemiterio díxonos que o noso avó matara o haome do cemiterio .Fomos preguntarlloé dixonos que era verdade.Nós fuximos.

FIN


samaín  

historias medo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you