Guía de empresas para buscar traballo

Page 53

o currículo

atopar traballo

D. Formación complementaria Estudos non regrados, cursos e seminarios, indicando o número de horas, o centro, a localidade e as datas correspondentes. Detallaremos só aqueles que sexan relevantes para o posto de traballo. E. Experiencia profesional Debes relacionar a túa experiencia profesional dando o máximo de detalle posible para que a persoa que avalíe o teu currículo poida valorar facilmente as túas competencias: -

Nome e actividade da empresa Datas Funcións Logros e éxitos

Se non tes experiencia, inclúe as prácticas e actividades de voluntariado. F. Idiomas Indica o idioma e precisa o nivel oral e escrito que tes (nivel básico, medio, avanzado ou bilingüe). Outro xeito de facelo é utilizar o marco común europeo de referencia para as linguas extraído de Europass4. Se obtiveches algún título coñecido (certificados de Cambridge, titulación da Escola Oficial de Idiomas...), indícao, especificando centro, localidade e datas correspondentes. Indica tamén as túas estadías no estranxeiro. 4

Atoparás información completa sobre os niveis europeos de linguas e unha táboa de autoavaliación no seguinte enlace: http://europass.cedefop.europa.eu/es/resources/european-language-levels-cefr

guía de empresas para buscar traballo

51


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.