Page 1

Memoria

2016


ÍNDICE

ENTIDADES COLABORADORAS

3

Administracións públicas estatais, autonómicas e provinciais; Fundacións e Obras Sociais

IDENTIDADE

4

Misión, Visión, Obxectivos e Fins

RECURSOS HUMANOS

5

Xunta Directiva, Equipo técnico, Voluntariado

MEMORIA ECONÓMICA

6

Ingresos e gastos

PROGRAMA 1

9

Programa Integral dirixido á poboación rural desfavorecida

PROGRAMA 2

13

Programa Atención Urgente a persoas con especial necesidade

PROGRAMA 3

14

Programa atención integral a persoas maiores do medio rural

PROGRAMA 4

15

Programa de investigación, formación, sensibilización en materia de medio ambiente e desenvolvemento sustentable


ENTIDADES COLABORADORAS Administracións públicas estatais, autonómicas e provinciais, Fundacións e Obras Sociais

Oficina de Verín

Memoria 2016

3


IDENTIDADE MISIÓN A nosa misión é traballar coa comunidade rural en procesos de desenvolvemento integral e sustentable, en coordinación con outros axentes do territorio para tentar xerar mellores condicións de vida da poboación no seu medio. VISIÓN Contribuir á creación dun medio rural desenvolto e sustentable; económica, social, cultural e humanamente. OBXECTIVOS -Ser foco de iniciativas que tendan a impulsar e canalizar accións conxuntas coa Administración e outras entidades para a promoción social, educativa e económica do medio rural. -Traballar con colectivos especialmente desfavorecidos para propiciar un desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida. -Impulsar a participación e o desenvolvemento de todos os membros da comunidade: infancia, xuventude, homes e mulleres, maiores, persoas con diversidade funcional e outros colectivos en situación de exclusión social. -Promover recursos e equipamentos sociais que posibiliten a atención a distintos colectivos sociais dos nosos pobos.

4

Memoria 2016

FINS -Ser lugar de encontro e coordinación de institucións, grupos e persoas que traballan e están preocupadas polo medio rural e as súas específicas problemáticas. -Ser centro de iniciativas que tendan a impulsar e canalizar accións conxuntas cas Administracións, entidades e institucións, públicas e privadas, para promover a solución dos problemas da zona. -Impulsar a educación, formación, información, ensinanza e cultura do medio rural en todos os seus aspectos e promover o desenvolvemento, o progreso económico e social do mesmo. -Apoiar cantas iniciativas se den a favor da revalorización humana, técnica e económica, da agricultura e da gandería; á vez que se promove a busca de novas actividades, sociais e económicas, que xurden dun posible mellor aproveitamento dos recursos humanos e materiais. -Promover a participación e o desenvolvemento de todos os membros da comunidade rural. -Cooperar o desenvolvemento dos pobos, tanto en España como no estranxeiro; definíndose esta Asociación, a todos os efectos, como Organización non Gobernamental. -Organizar cantas actividades sexan precisas para mellorar a formación e información en diversos campos: economía social, emprego, cooperativismo, asociacionismo, igualdade de oportunidades, necesidades de equipamento e asistenciais, rehabilitación do medio físico sociocultural, lúdicas e de potenciación da expresión e da comunidade, turismo rural, medio ambiente, voluntariado e complementariamente promoverase a práctica deportiva en xeneral, etc. -Promover a sensibilización, captación, formación, apoio e coordinación do voluntariado social no medio rural, ante as crecentes necesidades de intervención a favor de todos os sectores da poboación: potenciando as actividades de voluntariado e a integración das persoas voluntarias nos programas e estrutura organizativa do CDR Portas Abertas. -Prestar especial atención e apoio, a través de programas específicos ós colectivos máis desfavorecidos en risco ou situación de exclusión social.


RECURSOS HUMANOS Xunta Directiva, Equipo técnico e voluntariado

Xunta Directiva Presidente Coordinador

José Paz Paz Digno González Diéguez

Secretario

Isaac Barreira Gallego

Tesoureiro

Carlos Alonso Diéguez

Vogalías

José Luis Pérez García

Equipo técnico Coordinadora actividades Traballadora social Técnica proxectos Integradora social

Ana Mª López Pérez

Educadoras sociais

Yolanda Arias Prieto Andrea Rodríguez

José Luis Vaz Fernández José Luis Mateo García

Tamara Balboa García

Sindy Manso Lanero Mestra infantil

Alba González Suárez

Francisco González Fernández Francisco Pérez Pérez

Terapeuta ocupacional Psicóloga Enxeñeira técnica agrícola

Mantemento

Montse Pérez García Beatriz Fdez. Núñez Mirella Justo Pérez

Voluntariado O CDR Portas Abertas conta cun total de 34 voluntarios e voluntarias. Algúns e alguhas deles/as colaboran continuamente ó longo de todo o ano en actividades como pintura e xadrez dentro do proxecto “O noso espazo”, así mesmo son os mozos e mozas, durante os seus periodos vacacionais, os que colaboran con nós, nos programas destinados a personas en situación ou risco de exclusión social. Memoria 2016

5


MEMORIA ECONร“MICA Ingresos 120000

100000

80000

60000

40000

20000

0 Ministerios Xunta de Deputaciรณn Obras Donaciรณns Galicia Provincial sociais e de Ourense Fundaciรณns

Propios

Gastos 1,80%

1,90%

0,80%

0,50% Personal Actividades e mantemento

17,75%

Dietas e desprazamentos Xestiรณn 77,30%

Equipamento Outros

6

Memoria 2016


PROGRAMAS

Memoria 2016

7


1. Programa Integral dirixido á poboación rural desfavorecida

2. Programa Atención Urxente a persoas con especial necesidade

3. Programa atención integral a persoas maiores do medio rural

4. Programa de investigación, formación, sensibilización en materia de medio ambiente e desenvolvemento sustentable

8

Memoria 2016


PROGRAMA 1 Programa Integral dirixido á poboación rural

Inclusión social a través de formación ocupacional

Orientación laboral, formación e capacitación laboral con mozos e mozas

En colaboración coa Consellería de Política Social e o Equipo comarcal de Inclusión Sociolaboral da Xunta de Galicia, realizamos actuacións de adquisición e mellora das competencias sociais e profesionais, deseñadas para adquirir unha formación de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades das personas en situación ou risco de exclusión social.

Tendo en conta que os mozos e mozas son un dos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, a entidade puxo en marcha ó longo do ano o taller “Achegándome ó mundo laboral” a través do cal monitorizouse a 15 mozos e mozas a través de itinerarios laborais para lograr a súa inserción laboral. Ademáis, por segundo ano, con a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, levouse a cabo o Programa “Deseñando o teu futuro”, actuación dirixida ós/ás mozos/as para que tomaran contacto por primeira vez co mundo laboral e lles servira para tomar decisións sobre o seu futuro formativoprofesional. Foron un total de 33 mozos/as os/as que participaron nestas actuacións específicas para eles/as.

Ó longo do ano 2016 participaron 36 persoas nas diferentes actuacións formativas que levamos a cabo, coa finalidade de mellorar as súas competencias e así favorecer a súa incorporación ó mercado de traballo: -Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (105h) na Rúa. -Elaboración básica de Panadería e bolería (95h) en Vilardevós. -Tapizado de mobiliario (72h) en Vilardevós.

Pretendemos promover o desenvolvemento integral das zonas onde traballamos, mediante a coordinación e a participación cas diferentes institucións a través dun coxunto de actuacións para lograr un desenvolvemento sustentable que consiga invertir os procesos de emigración, combater a pobreza, fomentar o emprego e a igualdade de oportunidades, responder á crecente demanda de calidade de vida, saúde, seguridade, desenvolvemento persoal, formación e ocio, mellorando polo tanto o benestar da comunidade rural

Nos nosos programas participaron un total de 1.162 personas.

Memoria 2016

9


Programa Integral dirixido á poboación rural

O noso espazo

O noso espazo é un proxecto destinado á infancia en colaboración coa Fundación EDUCO que ofrece un servizo para que os nenos e nenas dispoñan dun espazo que se ocupe deles/as cando terminen as clases e durante o periodo vacacional proporcionando unha “asistencia e protección necesarias” para as familias que lles permita ademais conciliar a vida persoal, familiar e laboral, prestando especial atención a aquelas familias máis desfavorecidas. Neste espazo foméntase o desenvolvemento dos nenos e nenas, ofrecendo diversas actividades que eles e elas poden escoller, onde se lles da a oportunidade de aprender, de ampliar o seu mundo social promovendo as súas relacións dunha maneira máis libre que na escola. Preténdese ademais traballar coas propias familias xa que son parte fundamental da vida dos nenos e nenas no seu proceso de socialización, son o seu entorno máis próximo. En definitiva, con este proxecto pretendemos promover o benestar dos nenos e nenas así como ofrecerlles unha protección especial tomando como referencia a Declaración dos Dereitos da Infancia de 1956 aprobada pola Asamblea Xeneral da ONU. Así tamén, dentro deste proxecto realizouse un taller por todos os centros escolares da Comarca a través do cal deuse a coñecer ó alumnado e profesorado os dereitos da Infancia e a importancia da Educación compensatoria súa defensa para que non se vexan vulnerados. Os nenos e nenas do medio rural son un dos grandes colectivos que sofren a gran dispersión,illamento xeográfico, as dificultades de comunicación e a falta de servizos que neste medio; é por elo que desde a entidade ofrecémoslle un servizo de educación compensatoria para favorecer a mellora das súas competencias, capacidades, habilidades... 10

Memoria 2016


Programa Integral dirixido á poboación rural

Formación básica

Taller cestería

Programa Voluntariado Xuvenil

Alfabetización de colectivos en situación ou risco de exclusión social. Así, inmigrantes de distintas procedencias recibiron formación sobre a sociedad de acollida e o seu idioma ó longo de todo o ano. Ademais, a través da Consellería de Política Social realizamos o curso “O idioma, vehículo de integración” destinado a mulleres marroquís de 40 horas de duración no que se abordou o idioma castelán e as peculiaridades da sociedade.

O CDR Portas Abertas aposta pola dinamización da Comarca na que desenvolve a súa labor a través da recuperación de oficios artesanais como a cestería e o tear, participando en diversas feiras pola provincia dando a coñecer estos produtos, realizando andainas para dar a coñecer o noso medio rural e poñer en valor a súa riqueza natural e paisaxística, ofrecendo as instalacións do albergue de Vilarello da Cota...

Desde a entidade fomentouse a participación cidadá a través do voluntariado en actuacións a favor das persoas e colectivos en situación ou risco de exclusión social, como foi o programa de Voluntariado Xuvenil da Consellería de Xuventude, Participación e Voluntariado, os/as voluntarios/as que levan a cabo actividades que ofrece o CDR, así como aqueles que colaboran en cuestións técnicas, organización, xestión, etc.

Terapia ocupacional diversidad funcional

Ante a falta de servizos e recursos adecuados para as persoas con diversidade funcional no medio rural, o CDR Portas Abertas proporciónalles diversas actividades coa finalidade de que melloren a súa calidade de vida á vez que fomentan as súas capacidades e competencias sociais, compartindo momentos con outras e outros.

Memoria 2016

11


Programa Integral dirixido á poboación rural

Outras actuacións que se levan a cabo dentro deste programa: Servizo de información, orientación e asesoramento á poboación do medio rural sobre temas da súa interese, sobre ó acceso ós recursos e servizos de protección social, así como un servizo específico de orientación laboral co obxectivo de favorecer a súa inserción laboral e profesional. Traballo en rede. Foi e é fundamental traballar con outros axentes do territorio. Por elo, colaboramos e nos coordinamos cos servizos xa existentes (os servicios sociais de todos os concellos da Comarca), con outros axentes sociais e outras entidades (FEMURO e Cruz Vermella) propiciando deste xeito unha oferta de recursos e servizos integrais e de calidade ós colectivos en situación ou risco de exclusión social. Emprendemento e autoemprego, temas que se abordaron transversalmente en diversas actuacións que se levaron a cabo en relación coa formación ocupacional e profesional e a orientación laboral. Talleres prelaborais. Estos talleres realizáronse nas hortas sociais, á vez que estas serviron para producir produtos propios de autoconsumo, tamén serviron para ofrecer formación sobre agricultura ecolóxica. Escola Aprendizaxe de xadrez. Utilizamos a práctica deportiva de xadrez coa finalidade de que nenos/as e maiores desenvolvan o seu pensamento estratéxico, se adestren cognitivamente, se formen en valores, fomenten as relacións pero en definitiva pretendemos a integración social de todas as persoas. Participación en encontros, foros, xornadas... Esta entidade participou ó longo do ano en diversos encontros coa finalidade de coñecer, aprender, compartir, etc. Encontros como “Vivimos no rural”, “Entidades PAS da Fundación Educo”, “Xornadas de Información Académica e Orientación ó emprego”, “Consello de Acción Voluntaria”, “Foro de capacitación sobre pobreza, exclusión social, tercer sector e voluntariado”...

12

Memoria 2016


PROGRAMA 2 Programa de Atención Urxente a persoas con especial necesidade

Recollida e reparto de alimentos

Becas comedor

A través deste programa deuse cobertura ás demandas de primeira necesidade de todas aquelas persoas con maiores dificultades da Comarca de Verín. Deste xeito repartimos alimentos, roupa, produtos de hixiene, axudas técnicas, mobiliario, gastos sanitarios, gastos de transporte, material escolar, gastos derivados de recibos de gastos correntes... Todo elo complementouse con atención psicosocial para potenciar a autonomía destas persoas, a súa participación e asunción de responsabilidad e a movilización de todos os seus recursos personais para que foran capaces de dirixir os seus procesos de cambio, en función das súas capacidades e potencialidades. Informouse, orientouse e asesorouse a estas personas atendendo as súas necesidades particulares e fíxoselles partícipes da vida na sociedade a través de formación social e educativa.

Contouse un ano máis co servizo de “Calor e café” a través do cal ofreceuse un punto de encontro social onde as persoas con maiores dificultades puideron almorzar e compartir experiencias con outros e outras e o servizo de “Becas comedor” co apoio da Fundación Educo, a través da cal se proporcionou unha comida completa ó día a nenos e nenas en situación ou risco de exclusión podendo disfrutar ademais de diversas actividades socioeducativas de luns a venres durante o verán. Ofreceuse ás persoas destinatarias deste proxecto as nosas hortas sociais, pedazos de terreo no cal poder autoabastecerse cultivando os seus propios alimentos; pero ademais proporcionouselles formación sobre agricultura ecolóxica.

Dar cobertura ás necesidades das persoas con maiores dificultades do medio rural mediante alimentos, roupa, produtos de hixiene, axudas técnicas, mobiliario, gastos sanitarios, gastos de transporte, gastos correntes... complementándoo cun servizo de atención psicosocial, información sobre recursos e orientación laboral.

Atendeuse a un total de 207 persoas con especial necesidade

Memoria 2016

13


PROGRAMA 3 Programa Atención integral a persoas maiores Facilitar a permanencia das persoas maiores no seu entorno e domicilio cunha maior calidade de vida a través de diversas actuacións prestando ademais atención ós/as cuidadores/as principais. Achégate

O envellecemento da poboación é un proceso que leva décadas producíndose na nosa Comarca, cada vez son máis as persoas maiores e menores os servizos dispoñibles para elas. Así, o CDR Portas Abertas a través deste programa leva a cabo diversas actuacións coa finalidade de que as persoas maiores melloren en calidade de vida e autonomía permanecendo nos seus domicilios á vez que se presta atención ós/ás cuidadores/as principais. Así, a través de Terapia Ocupacional, tanto individual no domicilio, como grupal en diversos pobos, para as persoa que están afectadas por procesos de demencia, Parkinson ou calquera outra enfermidade ou proceso de dependencia na que esta prestación sexa adecuada para axudarlles a iniciar, reanudar ou recuperar aquelas actividades da vida diaria á vez que favoreceran a súa funcionalidade e melloraran a súa saúde. 14

Memoria 2016

Taller de memoria

Orientación e formación personalizada para os/as cuidadores/as familiares no propio domicilio en función da situación de cada un dos/as maiores. Así, axudouse ós familiares a comprender os procesos de dependencia polo que está pasando, a súa evolución, as diferentes fases, etc. Outras actuacións: Achégate foi un servizo de acompañamento a persoas maiores solas e/ou que viven en zonas ailladas do medio rural. Talleres de prevención da dependencia nos pobos de Laza e Albarellos a través de psicoestimulación cognitiva e sensorial con actividades de memoria e psicomotricidade. Unidade de Psicoestimulación destinada á poboación maior diagnosticada de demencia en fase leve a moderada no hospital de Verín. Envellecemento activo a través de talleres nos que se traballou principalmente a psicomotricidade, pero que transversalmente abordou outros ámbitos como o cognitivo, a linguaxe, etc.


PROGRAMA 4 Programa de investigación, formación e sensibilización en materia medio ambiental e desenvolvemento sustentable Investigar, formar e sensibilizar en materia de medio ambiente nas diferentes áreas de actuación e coa poboación rural do entorno que as habita.

A través deste programa puxéronse en marcha as siguientes actuacións: -Banco de sementes. Iniciativa a través da que favorecer a conservación da biodiversidade, non so recuperando as variedades de produtos hortícolas autóctonas, senón tamén, recuperando os saberes tradicionais da nosa comarca respeto ás labores cotiás da vida no entorno rural. -Proxecto “Recuperación de variedades de vide autóctona en perigo de extinción na Comarca de Monterrei. Pretendemos recuperar variedades de uva autóctonas que se atopen na comarca desde fai centos de anos; localizando e describindo as variedades que contribúen ó aumento e conservación da biodiversidade e do patrimonio botánico e vitícola. Contacto con viticultores concienciados co respecto cara ó medio ambiente e coa intención de ofrecer nos seus viños uns sabores únicos e intransferibles, como son os que poden aportar as variedades autóctonas e os terreos nos que nos encontramos. -Hortas sociais. Os/as beneficiarios/as do Programa de Atención Urxente teñen acceso ás hortas cas que conta a entidade, onde preparan e adecuan o terreo de maneira respetuosa co entorno, deseñan a distribución das hortas, preparan semilleiros, buscan sistemas de rega sustentables, elaboran compost, realizan plantacións... Así tamén, aprenden técnicas de cultivo beneficiosas para obter mellores produtos e contribuír á mellora do medio ambiente. -Charlas informativas e formativas coa finalidade de aportar coñecementos á poboación en xeral sobre medio ambiente, desenvolvemento rural sustentable, agricultura ecolóxica, os seus beneficios para o medio ambiente e para e ser humano, así como métodos de cultivo. -Proxecto Ríos de Galicia. Continuamos participando neste proxecto coordinado por Adega coa finalidade de concienciar á poboación sobre a necesidade de coidar e conservar os nosos ecosistemas fluviais. Memoria 2016

15


PROGRAMAS

16

Memoria 2016


Integral, urxencia, maiores, medio ambiente

Memoria 2016

17


CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS Centro de Interpretación do Contrabando Xacinto Santiago, 23, 32616, Vilardevós 988417232 Centro de Verín Mariano Carrero, 10, 32600 Verín 988989508 rural@cdrportasabertas.org www.facebook.com/portasabertas cdrportasabertas.blogspot.com.es

Memoria 2016  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you