Page 1

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015

CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS Rúa Xacinto Santiago, 23 32616 Vilardevós (Ourense) Tlfn./Fax: 988417232 Rúa Mariano Carrero, 10 32600 Verín (Ourense) rural@cdrportasabertas.org


2

C.D.R. Portas Abertas

ÍNDICE IDENTIDADE A nosa misión

3

A nosa visión

3

Obxectivos

3

Os nosos fins

4

RECURSOS HUMANOS

5

Xunta Directiva

5

Equipo técnico

5

Socios/as

5

Voluntarios/as

5

ONDE TRABALLAMOS

6

ACTIVIDADES

7

Servizo información

7

Infancia Xuventude Maiores Personas inmigrantes Inclusión

8-9 10 11-12 13 14-15

Emprendedores, Pymes...

16

Desenvolvemento sustentable

17

Voluntariado

18

Outras actividades

19

MEMORIA ECONÓMICA

20

ENTIDADES COLABORADORAS

21


Memoria actividades 2015

3

IDENTIDADE A NOSA MISIÓN A nosa misión é traballar coa comunidade rural en procesos de desenvolvemento integral e sostible, en coordinación con outros axentes do territorio para tentar xerar mellores condicións de vida da poboación no seu medio.

A NOSA VISIÓN Contribuir a creación dun medio rural desenvolvido e sustentable, económica, social, cultural e humanamente.

OBXECTIVOS - Ser foco de iniciativas tendentes a impulsar e canalizar accións conxuntas coa Administración e outras entidades para a promoción social, educativa e económica do medio rural. - Traballar con colectivos especialmente desfavorecidos para propiciar un desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida. - Impulsar a participación e o desenvolvemento de todos os membros da comunidade: infancia, xuventude, homes e mulleres, maiores, persoas con diversidade funcional e outros colectivos en situación de exclusión social. - Promover recursos e equipamentos sociais que posibiliten a atención a distintos colectivos sociais dos nosos pobos.


4

C.D.R. Portas Abertas

OS NOSOS FINS - Ser lugar de encontro e de coordinación de institucións, grupos e persoas que traballan e están preocupadas polo medio rural e as súas específicas problemáticas. - Ser centro de iniciativas tendentes a impulsar e canalizar accións conxuntas coas Administracións, entidades e institucións, públicas e privadas, para promover a solución dos problemas da zona. - Impulsar a educación, formación, información, ensinanza e cultura do medio rural en todos os seus aspectos e promover o desenvolvemento e progreso, económico e social do mesmo. - Apoiar cantas iniciativas se dean a favor da revalorización humana, técnica e económica, da agricultura e da ganadería; á vez que se promove a busca de novas actividades, sociais e económicas, xurdidas dun posible mellor aproveitamento dos recursos humanos e materiais. - Promover a participación e o desenvolvemento de todos os membros da comunidade rural: infancia, xoves, mulleres, maiores, persoas con minusvalías, persoas enfermas mentais e outros colectivos en situación de marxinación social, na afirmación da súa propia identidade rural; con referencia especial á familia. - Cooperar ó desenvolvemento dos pobos, tanto en España coma no estranxeiro; definíndose esta Asociación, a todos os efectos, como Organización non Gobernamental. - Organizar cantas actividades sexan precisas para mellorar a formación e información en diversos campos: economía social, emprego, cooperativismo, asociacionismo, igualdade de oportunidades, necesidades de equipamento e asistenciais, rehabilitación do medio físico sociocultural, lúdicas e de potenciación da expresión e da comunicación, turismo rural, medio ambiente, voluntariado e complementariamente promoverase a práctica deportiva en xeral, etc. -Promover a sensibilización, captación, formación, apoio e coordinación do voluntariado social no medio rural, ante as crecentes necesidades de intervención a favor de todos os sectores da poboación: potenciando as actividades de voluntariado e a integración das persoas voluntarias nos programas e estrutura organizativa do CDR Portas Abertas. - Prestar especial atención e apoio, a través de programas específicos, ós colectivos de persoas discapacitadas, persoas enfermas mentais, menores en situación de conflito ou risco social, persoas maiores con problemas, persoas reclusas e exreclusas, persoas inmigrantes, minorías étnicas, persoas toxicómanas, mulleres maltratadas, familias desestruturadas... e outros colectivos en situación de exclusión social.


Memoria actividades 2015

RECURSOS HUMANOS XUNTA DIRECTIVA Presidente

José Paz Paz

Coordinador Digno González Diéguez Secretario

Isaac Barreira Gallego

Tesoureiro

Carlos Alonso Diéguez

Vogalías

José Luis Pérez García José Luis Vaz Fernández José Luis Mateo García Francisco González Fernández Francisco Pérez Pérez

EQUIPO TÉCNICO Coordinadora actividades Traballadora Social

Tamara Balboa García

Técnica proxectos Formadora

Ana Mª López Pérez

Educadoras sociais

Andrea Rodríguez Rodríguez Cindy Manso Lanero

Terapeutas ocupacionais Psicólogas

Sara Salgado Pérez Montse Pérez García

Enxeñeiras Técnicas Agrícolas

Beatriz Fernández Núñez Lucía García Losada

5


6

C.D.R. Portas Abertas

ONDE TRABALLAMOS O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas realiza a súa actividade no medio rural da Comarca de Verín formada polos concellos de: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín e Vilardevós. Dende Vilardevós, onde ten a súa sede, dirixe un programa Integral destinado á poboación do rural, intervindo con todos os sectores da poboación, Programa de Atención Integral a Persoas Maiores e o Programa de Atención Urxente a Persoas en situación ou risco de exclusión social. Dende Verín, o Centro multiusos de Servicios Sociais para a conciliación do CDR Portas Abertas realiza diversas actividades destinadas tamén a toda a poboación.

COMARCA DE VERÍN

Centro de Vilardevós


Memoria actividades 2015

7

ACTIVIDADES Casi a totalidade das actividades levadas a cabo pola entidade están integradas no noso Programa Integral dirixido á poboación rural desfavorecida a través do cal pretendemos promover o desenvolvemento integral das zonas onde traballamos, mediante a coordinación e participación coas diferentes institucións (públicas, privadas e axentes sociais). O contido do programa ven definido por un conxunto de actuacións para acadar un desenvolvemento sostible que consiga invertir o proceso de emigración, combatir a pobreza, fomentar o emprego e a igualdade de oportunidades, responder á crecente demanda de calidade de vida; saúde, seguridade, autonomía persoal, formación e ocio, mellorando polo tanto o benestar da comunidade. O plan de acción está baseado na atención a todos os colectivos do medio rural e en todas as súas facetas, pondo en marcha diferentes eixes de acción: dinamización sociocultural, educación, formación, economía e emprego, servizos sociais, asistenciais... Ademais levamos a cabo outros dous programas específicos para colectivos determinados como son o Programa de Atención Urxente para persoas en situación ou risco de exclusión social a través do cal cubrimos as necesidades básicas das persoas e familias máis desfavorecidas. Programa de atención a persoas maiores a través do proxecto “Máis maior” co obxectivo de atender á poboación maior e facilitar a súa autonomía a través, de entre outras actividades, da terapia ocupacional.

SERVIZO DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO Información á poboación do medio rural sobre aspectos sociais, laborais, asociativos, recursos... así como orientación e asesoramento a persoas e grupos afectados por problemáticas específicas. Bolsa de emprego, elaboración de currículos, cartas de presentación, busca de información, etc. Beneficiarios/as: Toda a poboación do medio rural


8

C.D.R. Portas Abertas

Educación compensatoria

Xornada de convivencia

Servizo de conciliación

Xuntos á mesa

Obradoiro socioeducativo

Obradoiro “Dereitos da infancia”


Memoria actividades 2015

9

INFANCIA Programa de Educación Compensatoria a través do cal, ano a ano, póñense en marcha diversas actividades extraescolares (pintura, reforzo escolar e informática) para nenos e nenas do medio rural. Estas actividades poñen fin en xuño cunha viaxe didáctica, lúdica e de convivencia a que asisten os pais e/ou nais dos menores. Este ano 2015 visitamos a Illa de Ons. Beneficiarios/as: 80 nenos e nenas. Servizo de conciliación da vida familiar e laboral, este servizo ofreceu durante o verán actividades lúdicas e educativas para nenos e nenas coa finalidades de que os seus pais puideran compaxinar as súas vidas familiares e laborais. Beneficiarios/as: 27 nenos e nenas. Verán aberto, ludoteca de verán para os nenos e nenas do medio rural, máis concretamente no concello de Vilardevós. Beneficiarios/as: 17 nenos e nenas. Xuntos á mesa, becas comedor durante o verán para menores en situación ou risco de exclusión social co apoio de EDUCO. A través deste proxecto leváronse a cabo actividades socioeducativas cos menores e proporcionouselles unha comida completa ó día. Beneficiarios/as: 13 nenos e nenas. Obradoiro “Unha nadal de dereitos na infancia” coa finalidade de conciliar a vida laboral e familiar, realizáronse actividades durante o nadal sobre os dereitos dos nenos e nenas. Beneficiarios/as: 18 nenos e nenas. Obradoiros “Dereitos da Infancia.” Acercamos os dereitos dos nenos e nenas ó alumando de distintos colexios da Comarca. Beneficiarios/as: 123 nenos e nenas. Obradoiros socioeducativos en diversos colexios da comarca. Beneficiarios/as:146 nenos e nenas. Escola-Aprendizaxe de xadrez, grazas a un grupo de persoas voluntarias, nenos e nenas da Comarca de Verín aprenden a xogar ó xadrez. Beneficiarios/as: 33 nenos e nenas.


C.D.R. Portas Abertas

10

XUVENTUDE Cultivando no noso patio, horta escolar cos alumnos do Colexio Apostólico Mercedarios durante o curso 2014-2015. Beneficiarios: 10 alumnos. Obradoiro de intelixencia emocional, realizado no I.E.S. Xesús Taboada Chivite de Verín co alumando de 1º da ESO. Beneficiarios/as:17 alumnos/as. Elixindo o meu futuro, estadías-visitas de mozos e mozas de 14 a 18 anos en empresas da zona cunha duración de 7 días coa finalidade de proporcionarlles o primeiro contacto coa realidade laboral que os axudara a decisión da súa traxectoria formativo-profesional, subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Beneficiarios/as: 16 mozos e mozas.

Cultivando no noso patio

Intelixencia emocional

Elixindo o meu futuro


Memoria actividades 2015

11

MAIORES Terapia ocupacional no domicilio e atención ás familias. Prestación gratuita destinada a persoas maiores con deterioro cognitivo e/ou psicomotriz co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e a dos seus coidadores mediante actividades globais que estimulan e manteñen as súas capacidades mentais e motrices, mellorando así o seu rendimento, fomentando a súa autonomía persoal e buscando a participación familiar e social. Beneficiarios/as: 22 persoas. Terapia ocupacional grupal. É unha prestación similar a anterior, na que as persoas interactúan entre elas para mellorar as súas capacidades e fomentar a súa autonomía dun xeito compartido. Esta actuación levouse a cabo en colaboración co Hospital de Verín. Beneficiarios/as: 8 persoas. Obradoiro de memoria. Destinado a persoas maiores que sufren algún deterioro cognitivo leve ou moderado a través de diversas actividades que fomentan as súas capacidades mentais. Este obradorio levouse a cabo en Ábedes. Beneficiarios/as: 21 persoas. Obradoiros de mellora da psicomotricidade en Vilardevós. A través de manualidades diveras fomentouse a mellora da psicomotricidade das persoas maiores. Beneficiarios/as: 6 persoas. Charla sobre o envellecemento no medio rural. Dentro da charla organizada polo concello de Verín con motivo do 15 de xuño Día Mundial sobre a toma de conciencia do abuso e maltrato á vellez. Beneficiarios/as: 80 persoas. Día do avó. Participamos cos nenos e nenas do programa de conciliación na celebración deste día organizado polos Servizos Sociais de maiores do concello de Verín. Beneficiarios/as: 27 nenos e nenas.


12

C.D.R. Portas Abertas

DĂ­a Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e maltrato na vellez

DĂ­a do avĂł e avoa

Obradoiro psicomotricidade

Obradoiro psicomotricidade

Obradoiro de memoria


13

Memoria actividades 2015

PERSOAS INMIGRANTES Alfabetización. Coa finalidade de favorecer a integración dos colectivos inmigrantes e en colaboración co C.E.I.P. Amaro Refojo de Verín, levouse a cabo un curso de lingua castelán para nais marroquis. Beneficiarios: 10 persoas Alfabetización básica. Levouse a cabo alfabetización básica con persoas marroquis do Concello de Vilardevós. Así mesmo ofreceuse os seus fillos/as apoio escolar. Beneficiarios/as: 4 persoas Uso da lingua castelán. Obradoiro de lingua castelán cun grupo de persoas de distintas nacionalidades coa finalidade de mellorar e perfeccionar o uso da lingua castelán. Beneficiarios/as: 8 persoas

MINORÍAS ÉTNICAS Obradoiro de hábitos saudables, abordando temas como alimentación, hixiene, coidado, etc. Beneficiarios/as: 15 persoas

Alfabetización

Alfabetización básica


14

C.D.R. Portas Abertas

Curso Fabricación Mobles de Cartón

Curso Inserción sociolaboral a través da reciclaxe

Curso Elaboración de pratos combinados e aperitivos

Coñecémonos

Curso Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre


Memoria actividades 2015

15

INCLUSIÓN SOCIAL Dende hai anos a entidade pon en marcha proxectos específicos de Inclusión Social, con apoio da Consellería de Traballo e Benestar e os Equipos Comarcais de Inclusión Sociolaboral da Xunta de Galicia; a través dos cales se levan a cabo actuacións formativas cos colectivos en situación ou risco de exclusión social. Xa dende o ano 2014 ampliamos o noso radio de actuación, levando a cabo accións en Celanova e A Rúa, sumando durante este ano o Barco de Valdeorras. Formación ocupacional “Elaboración de pratos combinados e aperitivos” (72h) en Vilardevós para o que contamos coa cesión da cociña do C.E.I.P. Rodolfo Núñez. Beneficiarios/as: 11 alumnos/as. Formación ocupacional “Fabricación de mobles de cartón” (85h) en O Barco de Valdeorras. Cada un dos alumnos/as fabricou un moble de cartón. Beneficiarios/as: 10 alumnos/as. Formación ocupacional “Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre” (85h) en Celanova. Con 20 horas prácticas na Cruz Vermella, nunha guardería e no colexio de Celanova. Beneficiarios/as: 10 alumnos/as. Formación ocupacional “Inserción sociolaboral a través da reciclaxe” (105h) en Vilardevós. Neste curso traballouse o reciclaxe de palets, cartón e textil coa fabricación de diversos obxectos. Beneficiarios/as: 12 alumnos/as. Coñecémonos (40h) en Verín. Destinado a persoas inmigrantes para facilitar a súa integración a través do coñecemento da sociedade de acollida e do idioma castelán. Beneficiarios/as: 8 alumnas. Servizo de información, orientación e asesoramento. A través do cal apoiamos os servizos sociais comunitarios básicos da Comarca de Verín. Beneficiarios/as: 100 persoas.


16

C.D.R. Portas Abertas

EMPRENDEDORES, PYMES E AUTÓNOMOS Curso “O sector vitivinícola. Un sector en auxe na Comarca de Verín”. Curso cunha duración de 26h destinado a persoas traballadoras, financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Beneficiarios/as: 10 persoas. Servizo de asesoramento para novos emprendedores. Durante o ano 2014 creamos este novo servizo para facilitar asesoramento aquelas persoas que buscan emprego de xeito autónomo e través do cal tamén se facilita información a persoas xa emprendedoras. Beneficiarios/as: 10 persoas. I Seminario do II Curso de emprendemento no medio rural. Organizamos en Vilardevós o primeiro seminario do II curso sobre emprendemento no medio rural de COCEDER. Beneficiarios/as: 29 persoas.

I Seminario II Curso de Emprendemento no medio rural

Curso “O sector vitivinícola. Un sector en auxe na Comarca de Verín”


17

Memoria actividades 2014

DESENVOLVEMENTO MEDIOAMBIENTAL

SOSTIBLE

E

VIII Limpeza Simultánea de ríos. Participamos nesta Limpeza de ríos simultánea en toda Galicia, organizada por Proxecto Ríos (ADEGA). Participantes: 7 persoas. Xornadas de formación. Participamos nas diversas xornadas de formación da área de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible organizadas por COCEDER. Participantes: 2 persoas. Hortas sociais. Cunha dobre finalidade nacen as hortas sociais do CDR Portas Abertas, por un lado reproducir sistemas de desenvolvemento sostible e medioambiental a través das técnicas da agricultura ecolóxica e por outro facilitar mecanismos ós colectivos en situación ou risco de exclusión social para que aprendan estas técnicas e poidan producir os seus propios produtos. Beneficiarios/as:19 persoas.

VIII Limpeza simultánea de ríos

Hortas sociais

Xornada de formación no CENEAM


18

C.D.R. Portas Abertas

VOLUNTARIADO Voluntariado. Son moitas as persoas que colaboran de xeito voluntario coa entidade. As actividades escola aprendizaxe de xadrez e obradoiro de pintura lévanse a cabo grazas a estas persoas que coa súa dedicación e coñecementos ensinan aos máis cativos. Ademáis por terceiro ano consecutivo participamos na VIII Limpeza simultánea de ríos, actividade que conta co implicación de persoas voluntarias. A entidade conta con 34 voluntarios/as. Voluntariado xuvenil. Mozos e mozas participaron na entidade, de xeito altruiste e voluntario, apoiando actividades do proxecto “Atención a colectivos en risco ou situación de exclusión e voluntariado”, no que colaborou a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado recoñecendo a labor dos mozos e mozas a través dunha compensación económica e dun diploma. Voluntarios/as: 3 mozos/as.

Voluntariado xuvenil Programa de conciliación

Voluntariado xuvenil Hortas sociais

Voluntariado xuvenil “Xuntos á mesa”


Memoria actividades 2015

19

OUTRAS ACTIVIDADES: Participación no encontro “Por un mundo rural vivo e con futuro”. Organizado pola plataforma Vivimos no Rural á que pertence o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas para achegar experiencias do mundo rural. Participación en Son de Aldea, coa ponencia “Portas Abertas ao futuro”. Son de Aldea pretende converterse nun referente no medio rural para a súa dinamización e recuperación. Organización en Verín do VII Circuito Galicia Central de Xadrez. Contamos para elo coa cesión das instalacións dos Padres Mercedarios. Participación na Xornada de Formación “Envellemento Activo” organizado por COCEDER. Obradoiro “Infancia Protexida” con nenos e nenas do 3º ciclo de primaria do C.E.I.P. Rodolfo Núñez de Vilardevós. Recuperación de oficios, tradicións e obradoiros artesanais. Obradoiros de cestería impartidos por persoas voluntarias para recuperar oficios tradicionais e mostrar en diversas feiras (Feira do Pemento e Vilanova dos Infantes) os seus produtos. Xestión do albergue rural multiusos de Vilarello da Cota.

Son de Aldea Vivimos no rural


20

C.D.R. Portas Abertas

MEMORIA ECONร“MICA O seguinte grรกfico mostra as fontes de financiaciรณn obtidas pola entidade:

90000 80000 70000 60000 50000 40000 30000 20000 10000 0 Ingresos propios

Obras Sociais e Fundaciรณns

Ministerios

Deputaciรณn Provincial de Ourense

Xunta de Galicia


Memoria actividades 2015

21

ENTIDADES COLABORADORAS MINISTERIOS - Ministerio de Sanidade, Política Social e Iguadade. (0,7% IRPF-COCEDER). - Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente a través de COCEDER. -Ministerio de Educación, Cultura y Deporte a través de COCEDER. - Ministerio do Interior-Subdirección Xeral de Penas e Medidas Alternativas. XUNTA DE GALICIA - Consellería de Traballo e Benestar. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE FUNDACIÓNS E OBRAS SOCIAIS - Fundación EDUCO. - Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. - Fundación Espadaña. - Fundación Roviralta. - Fundación La Caixa a través da oficina La Caixa de Verín. - Fundación Ronsel ENTIDADES SOCIAIS E OUTRAS INSTITUCIÓNS - FEMURO -Asamblea Comarcal da Cruz Vermella de Monterrei. - Asociación Centro Trama. - COGAMI - C.E.I.P. Rodolfo Núñez Rodríguez - C.P.R. María Inmaculada. - C.P.R. Mercedarios. - C.E.I.P. Amaro Refojo. OUTRAS ADMINISTRACIÓNS A través do programa de Atención Urxente: - Concello de Vilardevós. - Concello de Verín. - Concello de Laza. - Concello de Oimbra. - Concello de Riós. - Concello de Cualedro. - Concello de Vilariño de Conso.


Memoria de actividades 2015 Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

Memoria2015  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you