Page 1

Que normativa se aplica

• Lei 35/2010, do 17 de setembro (B.O.E. do 18 de setembro). • Lei 43/2006, do 29 de decembro (B.O.E. do 30 de decembro).

Emprego Para máis información: Servicio Público de Empleo Estatal

www.redtrabaja.es 901 11 99 99

NIPO: 794-10-148-2

Contratos indefinidos bonificados Lei 35/2010


CONTRATO DE TRABALLO INDEFINIDO PARA MOZOS/AS DESEMPREGADOS/AS DE 16 A 30 ANOS CON ESPECIAIS PROBLEMAS DE EMPREGABILIDADE E PARA PERSOAS MAIORES DE 45 ANOS

Para quen

• Mozos/as de entre 16 e 30 anos que non completaran a escolaridade obrigatoria ou carezan de titulación profesional, ou persoas maiores de 45 anos. • Estar desempregado ou traballando noutra empresa cun contrato a tempo parcial, sempre que a xornada de traballo sexa inferior a un terzo da xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable, e inscrito no Servizo Público de Emprego durante, polo menos, 12 meses dentro dun período de 18 meses anteriores á contratación.

Como se formaliza o contrato e a súa duración

• Os contratos por tempo indefinido, incluídos os fixos descontinuos, obxecto das axudas deberanse celebrar a tempo completo ou a tempo parcial e formalizarse por escrito segundo o modelo que dispoña o Servicio Público de Empleo Estatal. • Comunicarase ao Servizo Público de Emprego nos dez días seguintes á súa concertación.

Que vantaxes obtén a empresa Que requisitos debe cumprir a empresa

• Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social. • Non ter sido excluída do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego segundo o previsto no artigo 46 do R.D. lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (B.O.E. do 8 de agosto), polo que se aproba o Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Mozos/as • Bonificación da cota empresarial da Seguridade Social de 800 euros/ano durante tres anos se a persoa contratada é un home e de 1000 euros/ano se é unha muller.

Maiores de 45 anos • Bonificación da cota empresarial da Seguridade Social de 1200 euros/ano durante tres anos se a persoa contratada é un home e de 1400 euros/ano se é unha muller. • En ambos os casos, cando a contratación se realice a tempo parcial, a contía da bonificación corresponderase co establecido no artigo 2.7 da

Lei 43/2006, segundo redacción dada polo artigo 6.2 da Lei 27/2009, do 30 de decembro (B.O.E. do 31 de decembro).

Outras características do contrato

• A contratación debe supor un incremento do nivel de emprego fixo da empresa. • As empresas están obrigadas a manter durante o período de duración da bonificación o nivel de emprego fixo alcanzado coa contratación. Non se considera incumprida tal obriga nos supostos de extinción por despedimentos declarados procedentes, dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente do traballador ou durante o período de proba. No resto de causas, a empresa deberá substituír o traballador, no mes seguinte á extinción, por outro traballador con contrato indefinido ou mediante a transformación de contratos temporais en indefinidos. • O incumprimento da obriga do mantemento do nivel de emprego fixo alcanzado coa contratación dará lugar ao reintegro das bonificacións aplicadas. • Non se concederán os incentivos descritos cando se trate de relacións laborais de carácter especial. • Esta modalidade de contrato pódese acoller á redución da indemnización por despedimento de trinta e tres días de salario por ano de servizo, ata un máximo de vinte e catro mensualidades.

Contratos indefinidos bonificados  

Contratos indefinidos bonificados

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you