Page 1

...

Rodeou o castelo e atopou unha porta de ferro, media cuberta de mofo;

intentouna abrir pero estaba pechada; de súpeto acordouse dos contos que lle contaba o seu avó cando era unha meniña, que os donos dos castelos ó saíren deles acostumaban deixar a chave nun buraco entre as pedras, ben agochada dentro dunha pequeniña caixa de ferro. Estivo un anaco buscándoa cando por fin atopouna. Abriu a porta empurrándoa, xa que estaba algo recia: notábase que facía tempo que ninguén estivera alí. Sara dirixiuse a aquela luz tan resplandecente, cando descubriu que era un anel que levaba gravado o escudo de armas do castelo misterioso. ¿Que facía aquel anel alí? ¿A que se debía aquela luz tan resplandecente? ¿Cales eran os seus poderes? ¿A quen pertencería? Botou unha ollada ao castelo por dentro, cando de súpeto descubriu que debaixo do anel había unha trampilla cunha argola. Xa era algo tarde e empezaba a escurecer. Sara decidiu ir á súa casa e volver ó día seguinte con algúns aparellos que igual lle farían falla (algo de comida, unha lanterna...); despois de preparar a súa equipaxe estivo investigando a orixe daquel castelo e descubriu que sobre el había unha lenda, que dicía que todas as persoas que viviran alí desaparecían dunha forma enigmática. Aquela noite Sara non pegou ollo: a intriga que aquela trampilla lle causara non a deixaba durmir. ¿Qué habería alí abaixo?


Ó día seguinte saíu cedo da casa disposta a descubrir o misterio. Chegou ó castelo, abriu a prota e entrou. Despois de estar confusa un anaco decidiuse a abrir a trampilla, e atopouse cunhas escaleiras que descendían; encendeu a lanterna e foi baixando pouco a pouco, ata que no fondo do corredor atopou o esqueleto dun home pendurado dunha lanza que estaba cravada na parede; a aquel esqueleto faltáballe un dedo, onde supostamente levaría o anel; o olor que alí había era insoportable, notábase que levaba moito tempo pechado. Sara camiñou observando as cavernas e todo o que había alí dentro. Decatouse de que había algo nunha parede, un debuxo... Acercouse, mirouno e resultáballe algo coñecido, como se xa o vira antes; de repente notou que o anel empezaba a quentarse e deuse conta de que o escudo que tiña debuxado o anel era o mesmo que o que estaba gravado na pedra. Colleu o anel e intentou xuntar os dous debuxos. Unha forza anormal empurrouna e saíu disparada, pegou contra unha pedra caendo desmaiada. Cando por fin recobrou o sentido, levantouse, mirou e viu que a parede se abrira e que de seguido había un pasadizo. De repente escoitou unha voz que lle dixo: ⎯¡Sara, corre, escapa....! Ó día seguinte, cando Sara volveu pasar pola estrada, encontrouse con que o castelo estaba derrubado. ¿Que lle ocorrería? ¿Tiña algo que ver o anel co castelo e coas mortes?...

ANDREA PÉREZ RODRÍGUEZ, 4º E

Conto 1  

Conto de misterio

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you