Page 1

CEIP SERRA-VINCIOS 2ยบ TRIMESTRE 08/09


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

EQUIPO

SUMARIO 3 5 7 9 11 11 12 13 15 16 17 17 18 19 20 21 22 23

Bocar, Senegal, 3 anos Exipto Antigo, 4 anos Kenia, 5 anos e o taller de chocolate O Entroido 2009 dos nenos/as de 1º Como vive a muller na China?, 2ºA Exposición de Botero, 2º A Entroido, 2º A Día da Paz, 2ºB A muller peruana, 8 de marzo, 3º Sentimentos sobre o día da Paz, 3º O Entroido dos nenos e nenas de 4º 8 de Marzo, Día da Muller, 4º Gastronomía australiana O Entroido, 5º Día Internacional das Mulleres, 5º Pratos típicos no Xapón, 6º As formas de Música, 6º Biblioteca. Recomendacións 2º trimestre

Dirección

e

coordinación:

Equipo

de

Normalización Lingüística. web: centros.edu.xunta.es/ceipserravincios e-mail: ceip.serra.vincios@edu.xunta.es Ilustracións:

nenos/as

do

CEIP

Serra,

Vincios.

2009 O XORNALIÑO Vincios, Gondomar SUBVENCIONADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

EDITORIAL Chega a primavera e con ela chega un novo exemplar da nosa revista. Esperemos que vos guste, porque o noso obxectivo e que , ao igual que a primavera chega a tódalas partes cun sopro de vida, con refrescantes cambios; a nosa revista chegue a tódalas familias e supoña tamén un cambio, que implique que todos paremos un intre para ler xunto cos nosos fillos e fillas o que fan no seu día a día na escola. Querémosvos agradecer a todos vós a vosa solidaria colaboración no Día da Paz. A carreira solidaria foi unha iniciativa proposta pola ONG Save the Children, á que quixemos dar o noso enfoque para achegar ao noso alumnado a situación doutros nenos e nenas coma eles, pero con moitos menos recursos. Traballamos a solidariedade, o feito de que ás veces un pequeno esforzo para nós, supón unha grande axuda para os demais, traballamos todos cun só obxectivo: axudar aos demais. Pero esta iniciativa non sería posible se a outro lado das nosas portas non estivésedes todos vós colaborando. Grazas. Este trimestre toda a nosa actividade xirou entorno ao Entroido, as ordes do meco mandón “a Nosa Terra” iniciaron o Entroido, no que evocamos distintos países e culturas. É un traballo laborioso para todos nós e, sobre todo, para os nenos/as que senten grande interese e buscan e indagan sobre o seu país, desenvolvendo así unha faceta moi importante na construción da súa intelixencia: o proceso de investigación, base do pensamento científico. Tralo desfile a guinda final do Entroido a pon a festa que pais e nais organizades para o deleite de todos. O noso agradecemento a todos os que ano tras ano facedes posible este acontecemento. Finalmente queremos mencionar que, como tódolos anos, traballamos no centro o Día da Muller. Este ano traballámolo desde un punto de vista diferente: a situación da muller nos diferentes países e culturas. Resultou ser unha experiencia moi enriquecedora porque implica unha apertura a realidades moi diferentes ás nosas. Un saúdo a todos os que facedes posible que O Xornaliño entre nas nosas casas cada trimestre.

2


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

3


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

4


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Este trimestre seguimos traballando sobre Exipto, o que marcou o trimestre foi o Entroido, e para el, estivemos vendo as roupas do Antigo Exipto, e fixémolas. Os nen@s traballaron moito facendo: pectoral, cintos, diademas, brazaletes, e pulseiras, e a profe cortou as telas para os vestidos e os nemes de raias dos nenos e as perrucas negras das nenas.

¿A que estaban chulísimos?

Tamén fixemos unhas siluetas coa roupa exipcia, como as pinturas da tumba de Tutankamón, e logo cada neno debuxouse co seu disfrace. E aquí están os seus debuxos:

5


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Buscamos e miramos moitos libros sobre Exipto, e aquí vos amosamos algo de todo o que aprendemos:

O FARAÓN QUE MÁIS LLES GUSTOU FOI:

OS FARAÓNS CONVERTÍANSE EN MOMIAS E ALGÚNS ENTERRÁRONSE NAS PIRÁMIDES. CRÍAN EN MOITOS DEUSES E USABAN AMULETOS PARA TER SORTE

A SÚS ESCRITURA ERA XEROGLÍFICA, E OS ESCRIBAS ERAN OS ENCARGADOS DE DEBUXALOS, PORQUE ERAN MOI DIFÍCILES. Era un oficio moi apreciado.

6


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Ola! Este trimestre celebramos o Entroido. O Meco, que é moi mandón, mandounos traer: un día, un punto vermello ou negro na fronte e, outro día, un turbante. E nós fixémoslle caso. Disfrazámonos de kenianos: as nenas ían de masai, con grandes colares; os nenos, de músicos Embu, cos seus tambores, e a mestra, de guerreiro masai.

MÚSICO EMBU

As mulleres masai levan moitos colares e brazaletes. É costume que teñan o cranio afeitado. Segundo a tradición, os Embu dedicábanse á caza e a recolección de froitos. Vivían en covas ou cercados con pedras recubertos de polas. Máis tarde fixeron casas redondas con pólas e palla. Despois cubriron as pólas con barro. Hoxe en día, moitas vivendas son rectangulares e co tellado de chapas de zinc ondulado.

7


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Sopa de letras Atopa 6 palabras relacionadas co país no que está a tartaruga Palmira.

Pistas 1. Nome do país. 2. Alí fanse casas de… 3. O rei da selva. 4. Animal da sabana que sae na película de Madagascar. 5. Pobo que vive nese país e do que nos disfrazamos. 6. Mamá Panya fainos moi saborosos.

TALLER DE CHOCOLATE

Fixemos unha trufa e unha cara con galleta.

O martes 17 de marzo estivemos creando con chocolate. Que ben!

Utilizamos: tarteira de chocolate, madalena (sobaos), un bote de lacasitos, as gambas (en realidade, fideos de chocolate) e chocolate branco.

8


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

9


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

10


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

11


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

12


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

13


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

14


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

15


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

16


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

17


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

18


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

19


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

20


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

21


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

22


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Este trimestre tivo moitos días sinalados e, dende a biblioteca do cole, queremos recomendarvos algunhas lecturas que seguro van gustarvos!

Día do pai, 19 de marzo P DE PAPÁ Isabel Matrins Kalandraka

Ano da astronomía, 2009 MI CASA AZUL Alain Serres y Edmée Cannard. Kókinos

Día da poesía, 21 de marzo VERSOS PARA ESTAR GUAPOS Isabel Cobo Reinoso y José Antonio Perona Coediciones

Día da Paz, 30 de xaneiro UN AMOR DE LIBRO Roberto Piumini Ala Delta

Día da familia, 1 de marzo EL DOMADOR DE SUEÑOS Troshinsky Kókinos

Día da familia, 1 de marzo AVÓS Chema Hertas e Rosa Osuna Kalandraka

23


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

Día da Auga, 22 de marzo UN BICO DE AMOR E VIDA Troshinsky Kókinos

2009

Día do Teatro, 27 de marzo LA GUERRA DE NUNCA ACABAR Alfredo Gómez Cerdá Everest

Día da muller, 8 de marzo M DE MUJER Tomás Abella Constanso Intermon Oxfam PERO NON PODEMOS ESQUECER O TEMA QUE ESTAMOS ATRABLLAR NO CENTRO: “PAÍSES DO MUNDO”

Infantil y 1º Ciclo CROCO Roberto Aliago OQO Infantil y 1º Ciclo COLECCIÓN: LA REINA TROTAMUNDOS EN… Monse Gonges Combel

2º Ciclo O MEU PRIMEIRO LAROUSSE DO MUNDO Larousse

2º Ciclo EL ESPACIO El libro que se puede leer en la oscuridad Bruño

3º Ciclo LAS CIUDADES DEL MUNDO EXPLICADAS A LOS NIÑOS Philippe Godard Oniro 3º Ciclo LA TIERRA EXPLICADA A LOS NIÑOS Yann Arthus-Bertrand Oniro

24

Profile for ceipserravincios vincios

Xornaliño 2008-09 (2ºtrimestre)  

Revista escolar do 2º trimestre do curso 2008-2009

Xornaliño 2008-09 (2ºtrimestre)  

Revista escolar do 2º trimestre do curso 2008-2009

Advertisement