Issuu on Google+


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

EQUIPO

SUMARIO Dirección 3 5 7 9 10 11 13 14 15 16 17 19 20 21 22 23 32

Os bruxiños en Senegal, 3 anos Imos de excursión!, 4 anos Actores e escritores!, 5 anos Xogos tradicionais, nenos/as de 1º O noso paso por 1º Día do Medio Ambiente, nenos/as 2º A. A Xoaniña, 2º B Wall- E, 2º B Un paseo polo parque, saída a Peitieiros, 3º Carta a Wall-E, 3º Festival das Letras Galegas, 4º Piragüismo, polos nenos/as de 5º As Fragas do Eume, 5º Despedida, alumnos/as de 6º Quen somos?, 6º A Xoaniña, obras gañadoras Recomendacións da Biblioteca

e

coordinación:

Equipo

de

Normalización Lingüística. web: centros.edu.xunta.es/ceipserravincios e-mail: ceip.serra.vincios@edu.xunta.es Ilustracións e contidos: nenos/as do CEIP Serra, Vincios.

2009 O XORNALIÑO Vincios, Gondomar SUBVENCIONADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

EDITORIAL Chegamos ao remate deste curso escolar e necesitaríamos moitos máis exemplares coma este para captar todo o que realmente se traballou ao longo do curso e, concretamente, este trimestre. Só a posta en escena que se levou a cabo o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, supuxo unha grande dedicación e esforzo por parte dos rapaces/as. Este Festival implica moito traballo e queremos felicitar a todos polo interese e a calidade das actuacións: mestres/as, alumnado, pais e nais (que deron o seu apoio na casa e na escola) e, tamén, a aquelas persoas que, na sombra, fan posible que o Festival se poña en marcha, como son a coidadora do centro e o conserxe. Tratamos continuamente de que os rapaces/as se acheguen ao teatro, á poesía… e, que mellor forma de facelo, que sendo eles/as os que nos deleiten coas súas actuacións, que o sintan, que o vivan plenamente. Son os protagonistas indiscutibles e a miña felicitación porque realmente non é sinxelo actuar diante de tanto público e o traballo que realizaron foi fantástico. Tamén foron de moi boa calidade as obras presentadas para o concurso de narrativa e poesía A Xoaniña; puxéronnos moi complicado tomar unha decisión. Por iso, queremos agradecervos a participación e felicitarvos. Este ano, ademais, fomos de “xira”, si, si, de xira. Fomos ao CEP de Peitieiros a actuar, puxemos en escena algunhas obras de teatro e os nenos e nenas de sexto cantaron o famoso Pasodoble de Inmende, magnífico. Aproveitamos estas liñas para agradecer aos nosos compañeiros/as do CEP de Peitieiros a súa cálida benvida e que nos brindasen esta oportunidade que esperamos repetir. Encantounos a obra teatral que representaron no noso centro, felicidades a todos, porque foi fantástica. Por outra banda, agradecerlle ao CEIP de Donas que nos invitasen, aos nenos/as de E. Infantil, á exposición do espazo que fixeron no colexio. Aprendemos un montón! Esperamos seguir compartindo experiencias con ambos, o noso agradecemento. Finalmente, é momento de despedidas, de desexarvos a todos/as unhas felices vacacións de verán. É momento de despedirnos de mestres/as que nos deixan: grazas a todos, tedes a porta aberta e non esquezades que sempre seredes do noso equipo. E, tamén, de despedirnos dos rapaces/as de sexto, que esperemos que nos boten un pouquechiño de menos e veñan visitarnos de cando en vez. Aquí deixades unha fonda pegada, non vos esqueceremos, que todo vos vaia moi ben.

2


PODEDES VER O BEN

QUE O PASAMOS EN SENEGAL CO NOSO AMIGO BOCAR, KIRIKOU E A BRUXA

PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, OS BRUXIÑOS FIXEMOS UN CONTO RIMADO. NEL

OLA!

O XORNALIÑO CEIP Serra-Vincios 2009

3


CEIP Serra-Vincios

2009

FELICES VACACIÓNS!

O XORNALIÑO

4


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

En Educación Infantil, neste trimestre fixemos moitas saídas, nen@s de 4 anos así as viron e así as debuxaron:

2009

@s

O UNIVERSO no cole de DONAS (19 DE MAIO) Bea fíxonos un experimento con globos que viaxaban por un cordel dunha silla a outra polo impulso do aire que tiñan dentro.

Miramos a exposición, e unha peli “Space Chimps”, ¡Foi chachi!

DIEGO

A Galiña Churra: O 21 de maio, fomos invitados por Caixanova a ver a obra de teatro “A Galiña Churra”, que vivía nun galiñeiro tan tranquila, ata que un día confundiu a unha culebriña con un verme, e quixo comela, esta, chivouse á súa nai, a Gran Culebra, e agora, a está buscando para comela. A galiña, axudada polo seu amigo Ratorratón, disfrázase de distintos animais, sen resultado, ata que se enfrenta á Gran Culebra, e a vence cun inxenioso disfraz.

5


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

A Ratiña Linda: O 1 de Xuño, fomos á Biblioteca de Gondomar invitados por o Espazo Lectura e Contomar, que nos deleitaron con esta versión de “Ratalinda de Compostela”, de Bernardiño Graña, que a súa vez, e unha versión moderna de “A ratiña presumida” ¡Pasámolo moi ben, ben, e rímonos moito !

Indiana Bill O 3 de Xuño, fomos Indiana Bill, xogamos coas bolas, tirámonos polos tobogáns, e pasamos por moitos obstáculos. ¡Pasámolo moi ben!

6


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Os nenos/as de 5 anos aventurámonos no mundo do teatro e, como tal, interpretamos esta obra que puxemos en escena en Vincios e en Peitieiros.(Adaptación de Ray Respall Rojas)

Os nenos e nenas de 5 anos presentamos no concurso A Xoaniña este conto que narra a historia da cebra Bela e co cal estivemos traballando algúns dos animaliños que hai en Kenia. Animaliños? Case que non lle imos chamar así aos leóns!

7


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

Aaaaa a!

8


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

9


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

10


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

11


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

12


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

13


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

E é un robot que vive no planeta Terra. Non hai xente vivindo no planeta porque hai moita contaminación. Grazas a una planta que atopa Wall-E conseguirá que os homes volvan habitala. Para que á Terra non lle pase o mesmo que na peli Wall-E aquí tedes uns consellos que todos podemos seguir:

14


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

15


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

16


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

17


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

18


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

19


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

20


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

21


O XORNALIテ前

CEIP Serra-Vincios

2009

22


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Como cada ano, celebramos na escola un concurso de narrativa e poesía, “A Xoaniña”, no que os nenos e nenas participan de xeito voluntario. Tralo festival que conmemora o Día das Letras Galegas, lévase a cabo a entrega de premios. Estes son os gañadores e gañadoras.

1ºCICLO

1ºPremio: Aroa Misa Troncoso (2º curso)

EU SON ASÍ!

Eu saltaría,

Eu fago piruetas,

eu voaría,

como unha bolboreta,

e non me caería,

e tamén fago o pino,

porque as nubes me collerían.

que é o meu destino.

Eu cantaría,

Gústame andar en bicicleta,

e bailaría, patinaría,

e ser atleta,

e non me caería,

pero ás veces dáme

porque a miña nai me collería.

unha rabieta.

Eu canto,

Agora como unha galletiña,

Salto e bailo,

E escribo esta poesía

e así me

Para a miña amiga

paso o día.

A xoaniña Timiña

23


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

2º premio. Noemí Torres (2º curso)

UN CABALO CONSEGUIDO Son unha apaixonada dos animais, cousa que me trouxo un problema. Eu xa tiña unha parella de coellos, outra de tartarugas, canarios, peixes, patos, gatos, cobaias, grilos, xoaniñas, rás, un loro moi chistoso, un can, un esquío e unha ducia de pitiños. Todos eles precisaban un coidado. Eu estaba moi ocupada facéndoo, ademais ía á escola. Pero a miña paixón polos animais facía que sempre quixese máis. Agora o que quería era un cabalo. Pero meus pais dixéronme que xa tiña demasiado animais e moito traballo e non sería capaz de coidalos a todos. Eu sei que tiñan razón pero seguía querendo o cabalo, así que me dixeron: -

Se queres o cabalo, tes que te desfacer dalgún animal, todos non pode ser. Ti soa non os podes coidar a todos.

Ai!, meu deus, que ía facer? Como podería deixar os meus animaliños? Co cariño que lles teño! Vaia, como os podo deixar? Eu non vou poder ter o cabalo? Teño que buscar unha solución. E despois de tantos días pensando, atopei unha solución. Queredes saber cal foi? Foi pedirlle axuda aos meus amiguiños para coidar os meus animaliños. A miña amiga Carla foi a primeira en axudarme. Non tardaron en vir Cristian, Roi, Aldara, Aroa, Antón, Antía e Elizabeth. Facíamos un gran equipo, pronto tivemos máis animais e, por suposto, o cabalo. Cada vez viñan máis nenos para axudar cos animais e xogarmos todos e divertirnos xogando á pita, as agachadas e máis xogos divertidos. Non paraban de chegar nenos con moita enerxía para axudar e, pouco a pouco, montamos unha granxa estupenda con máis animais, á que decidimos chamar: “Os animais mais nós”.

3º premio. Marta Garrido Fernández

( 1º curso)

A ÁRBORE! A árbore fainos respirar e a min faime amar. Os paxaros nel poden aniñar e a min gústame tanto como o mar. Se me subo nela moi lonxe podo ver e sentada á súa sombra podo ler. A árbore é a miña amiguiña porque a atmosfera ten limpiña.

24


O XORNALIÑO

2ºCICLO

CEIP Serra-Vincios

2009

1º premio. Estela Troncoso Simoes (4º curso)

SE CAERAN AS IDEAS DO CEO Un día, os profesores mandáronnos facer unha historia para o día das Letras Galegas. Cando cheguei a casa, fun xunto papá e díxenlle: -

Papá, non se me ocorre ningunha idea para o conto. Se caeran as ideas do ceo…

-

Podes pórlle ese título títuloítulo- díxome papá.

-

É unha boa idea -dixen. Agora comezo a contarvos a historia.

Sintonicei a canle da galega na televisión do meu salón e estaba co tempo, dicían que ían caer ideas en vez de choiva, entón saín a fóra, era verdade!, estaban caendo papeis que tiñan ideas escritas. Collín a primeira que me caeu na man, lina e puña: Para que non haxa tantos incendios Que ás veces, as raíces das árbores se converteran en pernas, para poder darlle unha patada ben forte no “cu”, a aqueles que intenten prender Collín moitas, e vouvos contar algunha delas:

Comer caramelos sen que che afecten nos dentes. Primeiro quitas os dentes e metes o caramelo na boca, cómelo e volves pór os dentes no sitio.

Como facer que os nenos nenos rían 1.- Cólleslle a man e levántalla a 90º.

2.- Poslle os teus dedos baixo o brazo. 3.- Moves os teus dedos como se fora unha Aínda que algunhas parécenme parvadas, polo menos fanme rir. porque ue parecíame un día moi, moi especial. Eu escribín ese día tan marabilloso no meu diario, porq

25


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Gústame ler esa páxina do meu diario, porque recórdame que a imaxinación dunha persoa pode chegar ao punto que nos queiramos.

2º premio. Álex Torres Otero (3ºcurso)

POR QUE O POBRE? Pola mañá tomo o leite

As nosas vidas son moi diferentes

ao mediodía teño comida,

todos temos dereito a vivir,

miña nai dime que aproveite

cada un nos seus ambientes

e así é miña vida.

non deixes de sorrir.

Outros pola mañá van traballar

Con todo isto quérovos pedir

para gañar a súa comida,

xa que estamos no lugar afortunado

todo o día sen descansar

que axudemos ós demais a vivir

e así é a súa vida.

cousa que será para todos de bo agrado.

Eu non son máis ca un neno,

No noso país de fame non se morre,

el naceu noutro lugar,

temos remedios para as enfermidades

non ten sorte por ser pequeno

en Níxer sabemos o que ocorre

para sobrevivir ten que loitar.

non deixemos que pasen estas calamidades.

Ser neno e medrar aquí é motivo de agradecemento. intentar axudar os de alí é de persoas de bo fundamento.

26


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

3º premio. Iria Pérez

2009

(3ºcurso)

ÁNXELA VAI DE EXCURSIÓN E ENCONTRA UNHA XOANIÑA Había unha vez unha nena chamada Anxela que foi de excursión. Un amigo preguntoulle: a onde fuches de excursión? A París e encontrei unha xoaniña. De que cor era? Era de cor…ah, xa me acordo!, era con manchas negras e tamén era roxa. Era tan bonita… que quería traela!Pero meus pais dixéronme que os seres vivos teñen que estar en liberdade. Eu enfadeime porque quería traela. Ao final tróuxena. Metina nunha gaiola moi, moi grande. Pero que pasou? Que tivemos que levala ao médico porque se puxo mala das patiñas. Non comía, non bebía, non andaba e non… A médica deume un medicamento para ela. Fun dar unha volta con ela pero… seguía sen andar. Eu entón asusteime moito. Eu non sabía moito que lle pasaba. Pero dixen: “ao mellor, ela quere estar fóra ao seu aire libre” Eu solteina ao aire libre. E de alí a uns días a xoaniña xa estaba ben. Eu púxenme moi, moi contenta e desde alí aprendín que os seres vivos tiñan que estar en liberdade.

3ºCICLO

1º premio. Miriam Rodríguez

(6º

curso)

A AVOA SABICHONA Orindina vivía nunha aldea, na que vivían moitos nenos e xoves en idade escolar, de feito, ela tiña unha neta, chamábase Sonia, que ía pasar para a universidade. O caso é que Orindina tiña a todos os nenos (e non tan nenos) moi fartos, porque tódolos días ao chegar do colexio, alí estaba ela preguntándolle cousas sobre o colexio. Sonia, a súa neta tiña un amigo, Mariño, que coma todos estaba ata as orellas da súa avoa. Un día díxolle a Sonia que había que facer algo coa súa avoa, por exemplo, darlle unhas clases, xa que lle vía moita ansia por aprender. Sonia díxolle a Mariño que a súa avoa era analfabeta, nunca fora ao colexio. Falaron con ela, e dende ese día, todos os días Mariño ou Sonia, dependendo de quen tivera máis tempo libre, dáballe clases a avoa. A súa sorpresa foi que aprendía moi a présa, e cada día un pouco máis. En pouco tempo sabía ler, co tempo foi mellorando e sabendo todo o resto. Así coa axuda destes mestres, como ela os chamaba, Orindina demostrou que non era unha sabichona, o que ela quería era demostrar o que nunca tivera oportunidade. Converteu a súa casa nunha biblioteca, tiña ordenadores, libros de moitas clases etc. Orindina invitaba a todos os nenos a súa biblioteca, e alí dáballes clases, pero clases da vida, que é moi dura, que hai que estudar para poder ser alguén na vida, machacábaos tanto que ninguén quería suspender para non ter

27


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

que oír as súas rifas. A avoa sabichona converteuse nun ídolo para todos, ninguén quería perder as súas charlas e todos dábanse conta do mal que o tivo que pasar por non saber nada e tamén por qué preguntaba tanto. Orindina non viviu moitos anos máis, pois xa era maior, pero aínda chegou a escribir un libro, onde explicaba os bos que foran os últimos anos da súa vida. Cando Orindina morreu todos quedaron moi tristes, “seguro que nunca a esqueceremos”, dicían; e así foi. Ela deixoulle todo o que tiña aos seus mestres, para que fosen a universidade, e a súa biblioteca para todos os que a precisaron. No pobo fixéronlle unha placa na súa biblioteca, recordándoa como a avoa sabia; fixérono porque déronse conta de que hai que axudar á xente que non tivo a oportunidade que temos nós de ir ao colexio e outras moitas cousas.

2º premio. Lía Rodríguez Salgueiro (5º curso)

HISTORIA DE DOUS NENOS E UN PAXARO DESCOÑECIDO Érase unha vez dous nenos que tiñan seis anos e, por primeira vez, ían ao colexio. Nese mesmo día tan especial para eles, pasárono moi ben. Mario e Pablo, que así era o seu nome, atoparon na beirarrúa da rúa “Cores” un billete de cen euros. Como eles eran aínda pequenos, decidiron deixalos na mesa da cociña, pero, ao día seguinte, descubriron que os cen euros xa non estaban enriba da mesa. Preguntáronlle aos seus pais se os tiñan e os seus pais contestáronlle que non. Preguntaron por todo o pobo e tampouco os tiñan, entón esquecéronse dese tema. Pero tres semanas despois, no seu pobo, houbo outro caso que foi dunha veciña a que lle desapareceran catro pares de calcetíns. Entón Mario e Pablo, cando escoitaron esa noticia, xa sospeitaron algo que non foi nada bo. Ao día seguinte o seu pai regaloulle un paxaro para os dous. Eles descubriron que aquel paxaro fora quen roubara os cen euros e os catro pares de calcetíns, porque o paxaro estaba tan agobiado que decidiu contar todo o ocorrido. E, dende esa, o paxaro non volveu roubar nin unha flor.

28


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

3º premio. Sabela Salgueiro Couto (6º curso)

GÚSTAME LER Gústame ler, pero ler de verdade, sobre todo os libros que van sobre amizade. Tamén me gusta ler poemas, os libros de Kika Super Bruxa, e, como non, os meus libros favoritos, os da gatiña Catuxa. A moita xente da miña clase non lle gusta nadiña ler, pois a min que son nena paréceme todo un pracer. Gústame ler moito din que os libros devoro, mais cando quero parar sinto que non podo. Xa vou dar a despedida, e non a quixera dar que marchan os meus amigos e non me van agardar.

29


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Por último, felicidades para os nenos/as que quedades no comedor escolar! A vosa historia ten un merecidísimo espazo na nosa revista. AS TRES PORTAS FANTÁSTICAS Ramón e Antón ían xogando co monopatín pola beirarrúa, cando Antón tropezou e caeu. Nese intre pasaba un coche, coa mala sorte que atropelou ao neno. Levaron ao lesionado ao hospital e alí faleceu. Un ano despois, Ramón foi levarlle flores á tumba. De súpeto, da tumba saíu unha man e unha voz que dicía: “Ven comigo”. Abriuse a tumba e o neno baixou por unha escaleira. Ao final chegábase a un labirinto con tres portas de entrada. No chan, en medio, aparecían tiradas tres sinais que poñían: “a cova do dragón”, “a casa do asasino” e “o prado florido”. Cando se abrira a tumba formárase un vento furacanado que tirara os sinais e, agora, non indicaban os camiños. Ramón asomouse polo primeiro camiño e viu que as paredes estaban cheas de flores. Logo mirou polo segundo e só había lume, moito lume. No terceiro camiño, as paredes estaban feitas de ósos de mortos.

O neno pensou que o camiño máis doado sería o das

flores e empezou a camiñar por el. De pronto, unhas flores convertéronse en carnívoras e atacábano, outras flores botaban lume. Ramón escapou correndo de alí. Entrou no segundo camiño e así como puxo un pé nel, levantouse un vento máxico que fixo que se apagara o lume e os sinais voaran e se colocaran cada un diante da súa porta. O cartel que levaba ao prado era a porta dos ósos. Ramón entrou por ela e viu como había pantasmas que atravesaban as paredes. El quixo facer o mesmo, pero non puido e lle caeron moitos ósos. Seguiu camiñando e na metade do camiño atopou a un home que lle pediu algo de comer. O neno decatouse que o único que tiña eran as flores que levaba para Antón. Deullas ao home e convertéronse en flores de mazapán. O home toleou e atacou a Ramón, que escapou correndo para salvar a vida. E así correndo, chegou ao final do camiño. Este remataba nun precipicio. O neno non sabía que facer; se retrocedía, ía onde o home famento e, se avanzaba, caia polo barranco. Mirou abaixo e viu ao seu amigo Antón xogando co monopatín con outros nenos. Antón sorría e chamábao coa man. Ramón decidiuse e saltou. Caía, caía, caía… e, de repente, ring, ring, ring…Espertou, era o timbre da porta da casa. Foi a abrir e alí estaba Antón, que lle dixo: -

Ola Ramón! Vés comigo a xogar co monopatín?

-

Vale! Vamos, pero mellor esperamos a chegar ao parque para xogar.

30


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

Ola a tod@s! Xa chegan as vacacións, o verán, o tempo de lecer… e dende a Biblioteca escolar queremos propoñervos algunhas lecturas coas que gozaredes ata o vindeiro curso. Bo verán e boa lectura!

EDUCACIÓN INFANTIL Os Bolechas O poldro de Gondomar Pepe Carreiro A nosa Terra

EDUCACIÓN INFANTIL Colección 5 títulos: - Kirikú y las bestias salvajes - Kitikú y la jirafa - Kirikú y el fetiche extraviado - Kirikú y el búfalo de los cuernos de oro - Kirikú y la bruja Michel Ocelot Kókinos

EDUCACIÓN INFANTIL A que sabe a lúa? Michael Grejniec Kalandraka

1º CICLO O home de auga Ivo Rosati / Gabriel Pacheco Kalandraka 1º CICLO Gato Guille e os mosntros Rocío Martínez Kalandraka

31


O XORNALIÑO

CEIP Serra-Vincios

2009

1º e 2º CICLO Colección 16 títulos: Junie B. Jones Barbara Park Bruño

2º CICLO A lagoa das nenas mudas Fina Casalderrey Xerais

2º CICLO A gran viaxe do Señor M. Gilles Tibo Kalandraka

3º CICLO Este pícao mundo Ana María Shua Anaya

3º CICLO Tarzán de goma Ole lund Kirkegaard / Andrés Meixide Xerais

3º CICLO Colección 21 títulos Los Cinco Enid Blyton Juventud ……

32


revista2008