Page 1

FOLLAS REVOLTAS 2010

ate pronto sexto ! FOLLASREVOLTAS2010 [1]


SUMARIO 3

Editorial

4

A rebelión do monicreque

5

Uxío Novoneyra: poemas e gravados

6

Así quero que sexa o meu pobo http://centros.edu.xunta.es/ceipsanxoan

7

Unha viaxe impresionante

9

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

11

Na procura dun planeta

14

Familias: a túa, a miña e a dos demais

16

Reutilizamos material usado

17

Instrumentos da música tradicional galega

21

Entroido

24

Camiño de Santiago

28

Humor Escolar

29

Fútbol

30

Leitariegos

31

Clube de ximnasia rítmica Becerreá

32

Pasatempos

34

Refráns

37

Conto

38

Actividades extraescolares e complementarias

40

Adiviñas

41

Trabalinguas

43

Os nosos obradoiros

http://sextoceipsanxoan.blogspot.com

http://lucecu.blogspot.com

http://ceipsanxoanbecerrea.blogspot.com

FOLLASREVOLTAS2010 [2]


EDITORIAL Hai xa vinte e dous anos que por estas datas a nosa revista FOLLAS REVOLTAS ve a luz. Moito cambiaron as cousas dende aquela primeira edición en multicopista... Nela están recollidas unha escolma dos traballos e inquedanzas de todas e todos, feitos con moito interese e ilusión ao longo de todo o curso. Todas as alumnas e alumnos teñen un lugar e fan a súa aportación do seu traballo, xa sexa en grupo ou individualmente.

moitos aos que co teu sorriso e a túa paciencia axudaches día a día. Os teus compañeiros desexámosche unha moi feliz nova andaina e recordarche que QUEN ES DEIXA PEGADAS. As nosas portas seguen abertas para ti e desexamos que non te esquezas de visitarnos como cada un dos que por aquí pasaron.

Este curso tamén faremos unha homenaxe a nosa compañeira Angelines que despois dunha vida adicada ao ensino e a ocuparse de actividades diversas, entre elas o comedor do centro durante moito tempo, agora vai adicarse a ela mesma e á súa familia. Son moitas e moitos os alumnos que estiveron ao teu carón, moitas e

OUTROS QUE NOS DEIXAN E AOS QUE SEMPRE RECORDAREMOS...

!

Juan

Jose Manuel

María

FOLLASREVOLTAS2010 [3]


A REBELIÓN DO MONICREQUE O día 23 de novembro de 2009 tivemos a sorte de recibir na escola á compañía luguesa MATAPIOLLOS, que veu representar o espectáculo “A rebelión dos monicreques”, Os actores, Carlos Coira e Marta Rivas, deron vida a Anteollos e Trapos, dous monicreques con gañas de vivir grandes aventuras. Ao final do espectáculo, os actores contestaron ás nosas preguntas: • Que é o que máis vos gusta da vosa profesión? - O que máis nos gusta é ver a reacción do público. Gústanos ver que os nenos o pasan ben e escoitar as súas gargalladas. Como facedes para mover os brazos dos monicreques? • - Empregamos as nosas mans dentro do propio monicreque e axudámonos tamén dunhas variñas. • Cando erades nenos xa vos gustaban os monicreques? - Nin Marta nin Carlos eran afeccionados a xogar con eles. • Aproximadamente, canto tempo vos leva preparar un espectáculo destas características? - Esta en concreto custounos uns catro meses. • Que é o máis complicado á hora de mover os monicreques? - O máis difícil é que ti non ves o movementos deles nin onde están centrando a vista. • E se vos confundides nun momento da actuación, que facedes? - Seguimos adiante e procuramos disimular. • Cando comenzades a traballar cos monicreques? - Empezamos a traballar con eles hai 3 anos. • E xa queriades ser actores de nenos? - (Marta): Non! eu quería ser perruqueira!

como mola ser monicreque!

- (Carlos): e eu quería ser mago. • E o lugar onde máis lonxe chegáchedes coa vosa actuación? - Foi en A Guarda, en Pontevedra. Despedímonos de Marta e Carlos desexándolles moitísimos éxitos e que volvan ao noso colexio noutras ocasións. Agradecémoslles moito os agasallos que nos deixaron: uns libros para cada neno e un teatriño de monicreques para cada aula da escola. Quen sabe? quizais algún día nós tamén faremos a nosa obra propia con monicreques! Candela e Rebeca, 6º EP

FOLLASREVOLTAS2010 [4]


Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos Onde ninguén foi nin ha de ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco Movendo nas flairas dos teixos Ruxindo na folla dos carreiros En busca da vagoada máis sola e máis medosa... Rastrexa Párase e venta Finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo Con toda a sombra da noite na boca. Uxío Novoneira Os Eidos

FOLLASREVOLTAS2010 [5]

POEMAS E GRAVADOS


FOLLASREVOLTAS2010 [6]


FOLLASREVOLTAS2010 [7]


FOLLASREVOLTAS2010 [8]


UXIO NOVONEIRA LETRAS GALEGAS 2010 Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. Pasa a nenez e mocidade no Courel que segue conservando os seus tradicionais modos de vida que influirá na súa futura creación poética. Entre 1945 e 1948 trasládase a Lugo para estudiar o bacharelato. Neste último ano coñece nesta cidade ó seu compañeiro de xeración, o escritor da Terra Cha Manuel María.

experiencias composteláns son fundamentais pois espertan no escritor unha nova conciencia galega que se vai forxando en contacto con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensaísta e ideólogo Ramón Piñeiro e a figura polifacética e patriarcal de Ramón Otero Pedrayo, (tres personalidades esenciais na conformación da futura obra novoneyriana). É precisamente este contacto co galeguismo, xunto coa volta ao Courel durante unhas vacacións no ano 1952, o que motiva o autor para escribir en galego. De 1953 a 1962, vive no Courel tendo que gardar repouso a causa dunha pleuresía.

En 1947, xa fora vivir a Parada a autora noiesa María Mariño Carou, coa que iniciou unha profunda relación persoal que durou ata a morte da poeta en 1967 , deixando a súa forte pegada na obra de ambos. De 1949 a 1951 marcha a Madrid e alí, tras superar o Exame de Estado, matricúlase por ouvinte na carreira de Filosofía e Letras. Esta estadía madrileña é unha etapa de formación cultural, en gran parte autodidacta, na que empeza a escribir en castelán, publicando na revista universitaria Bengala dous poemas que formaban parte do libro inédito Desde las cosas. Da o seu p r i m e i ro re c i t a l p o é t i c o n a s a u l a s universitarias. En 1952 Novoneyra volve a Galicia para facer o servicio militar, con estancias en Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, coincidindo outra vez con Manuel María. As

Nesta situación de soidade nace o ciclo poético courelán, que se inicia co libro Os eidos (Galaxia, Vigo, 1955), escrito entre 1952 e 1954. As relacións galeguistas lévano a participar en actos puntuais que o vencellan ao agromar xuvenil do momento, como o recital inaugural do ciclo “Homenaje a la poesía gallega” organizado en Compostela no ano 1957; nel pronuncia unhas valentes

FOLLASREVOLTAS2010 [9]


palabras na nosa lingua proscrita, acompañando a lectura de textos do cancioneiro medieval, xesto político que causaría un forte impacto no ambiente represivo dos anos cincuenta.

con nombres” escrita entre 1953 e 1957 e “Elegías del Caurel”, escrita entre 1958 e 1961) conforman o libro, editado na capital do Estado en versión bilingüe galegocastelá e dentro da colección “Adonais”, Elegías del Caurel y outros poemas (Rialp, De 1962 a Madrid, 1966). 1966 o escritor vive en Madrid. Traballa na radio e na televisión, s e m p re e n programas relacionados coa poesía g a l e g a , española ou universal; participa na vida bohemia madrileña; e asiste ás tertulias do Café Gijón, co poeta Carlos Oroza, o pintor Tino Grañido e un grupo de artistas plásticos como Urculo ou Viola. En 1966 volve de novo ao Courel, debido á enfermidade dos seus proxenitores, e xa Ao mesmo tempo, relaciónase co pintor desde este momento quedará a vivir en Reimundo Patiño, o profesor Herminio Galicia. O seu pai morrerá en 1971 e dous Barreiro, o político Bautista Álvarez e os anos despois a súa nai. escritores Ramón Lorenzo, Bernardino Graña, Xosé Fernández Ferreiro e Xosé Luís En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que Méndez Ferrín. casa en 1973, tendo tres fillos, BrancaPetra, Uxío e Arturo, e residirá ata 1983 entre Lugo e O Courel. En 1983 afíncase definitivamente en Compostela, desde onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 ata a súa morte acaecida en Santiago o 30 de outubro de 1999.

Neste ambiente de vangarda artística e preocupación socio- política escribe, entre 1962 e 1965, a serie poética titulada “Elegías de Madrid”, que xunto con outras dúas anteriores (“Primera verdad y tiempo

FOLLASREVOLTAS2010 [10]


FOLLASREVOLTAS2010 [11]


FOLLASREVOLTAS2010 [12]


FOLLASREVOLTAS2010 [13]


Alumn@s de 4ยบ EP FOLLASREVOLTAS2010 [14]


FOLLASREVOLTAS2010 [15]


FOLLASREVOLTAS2010 [16]


INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA. Nestes días pasados houbo na escola unha exposición de instrumentos que se empregan para interpretar a música tradicional galega. Neste artigo hai algo máis de información dos instrumentos que máis sona teñen na nosa música.

A música tradicional e a música popular. O mesmo que acontece cos idiomas, que podemos identificalos só con escoitar algunhas palabras, ocorre coa música. A música igual que o idioma tamén ten identidade directamente relacionada cunha cultura, co feito diferencial e cun país. Sobre todo é a música tradicional a que emana do pobo a que garda e mantén esas características diferenciais como son determinadas cadencias, melodías, ritmos e ornamentacións que nos permiten recoñecer de onde é o músico que estamos a escoitar: vasco, andaluz, galego, etc. Non é doado delimitar a fronteira entre música popular e tradicinal, mais tentarémolo dun xeito simple e ñonendo algún exemplo. - Música popular é aquela música que por un motivo ou outro ten numerosos seguidores no pobo. Por exemplo, a música saxona ou a que interpretan as orquestras nas festas son populares, mais non significa que sexan tradicionais. - Música tradicional é a que, sendo popular, o pobo asimila como propia facéndoa súa e sobrevive ao paso do tempo. É a música que xorde dun pobo determinado, de xeito paralelo á súa historia e cultura. Son os ritos culturais e as celebracións lúdicas os que a fan existir, e xorde como necesidade expresiva da propia comunidade o mesmo que o idioma ou outro feito cultural. Un grupo de gaiteiros posiblemente sexa menos popular que unha orquestra, sen embargo este é máis tradicional que a orquestra. A música cantada é sempre unha fonte importante da música tradicional. Na música vocal destacan as pandereteiras. Son agrupacións de varias mulleres que, cantando ó unísono e acopañadas das súas pandeiretas, teñen animado fías, ruadas e bailes. Como instrumentos utilízanse os que a colectividade coñece, podendo incluso valerse de útiles que non son instrumentos musicais (raño, lata, botella...). No caso galego, houbo instrumentos que formaron parte da nosa tradición, pero só chegaron aos nosos días vivos e con repertorio actual a gaita e a percusión tradicional.

A figura do gaiteiro. O gaiteiro ao longo do tempo desempeñou distintas funcións na sociedade, mesmo chegou a cumprir a función de conselleiro e animador no medio rural. As súas viaxes polo país ou polas bisbarras, convérteno nunha persoa distinguida e importante dentro da aldea. Algunhas entidades tiñan en nómina gaiteiros ao seu servicio como foi o caso da catedral de Santiago de Compostela. A figura do gaiteiro solista, acompañado dun tamborileiro é a mais antiga que se coñece, posiblemente pola imposibilidade de tocar dous gaiterios xuntos, xa que na maioría dos casos a gaita era construída polo propio gaiteiro e carecía da escala temperada tal e como hoxe a coñecemos. Así, o gaiteiro tiña que valerse da súa destreza persoal para tocar as notas afinadas (toque pechado). A finais do século XIX certa burguesía deu en desprestixiar aos gaiteiros. Foi o xornalismo en lingua galega e os primeiros galeguistas os que trataron de recuperar a figura do gaiteiro. Así, tanto de agrupacións artísticas como de sociedades de artesáns, nacen os coros folclóricos, e dentro deles comenza a ter peso a figura do gaiteiro, sendo Perfecto Feijoo ou máis tarde Avelino Cahcafeiro os que comezaron a dignificar o gaiteiro. Poderiamos citar como gaiteiros insignes do país entre outros a Ricardo Portela, Enrique Otero, Nazario Gonzalez Iglesias "Moxenas", Rilo, os santiagueses Xoan Bello Mallou, "O Pedrouso" e moitos máis que contribuíron a crear e conservar a cultura do noso país.

FOLLASREVOLTAS2010 [17]


Os cuartetos. A aparición de artesáns constructores de gaitas perfeccionou o instrumento. Isto fixo posible que dúas gaitas afinasen entre si e incluso con outros instrumentos. Como consecuencia aparece a formación do cuarteto. Case sempre composto por dous gaiteiros acompañados de bombo e tamboril, esta formación facilmente se convertía en quinteto engadindo outro gaiteiro ou ben un pandereteiro. O bombo aparece na nosa música tradicional nesta formación, de aí que nalgúns sitios se dese en chamar o milagriño. Este nome xorde de que enchía o rexistro de graves que se botaban de menos con dúas gaitas e tamboril. Cómpre nomear cuartetos de sobrada relevancia, gracias aos que hoxe temos o legado que nos deixaron de pezas, melodías, e son que os caracateriza: Os Garceiras (Melide), Os Campaneiros (Vilagarcía), Os Cruceiros, Os Amigos (Lugo), Os Montes (Lugo), Os Soutelo de Montes, OsTrintas (Trives) e outros moitos.

As murgas. As murgas ou orquestinas nacen no momento no que comezan a aparecer as orquestras e a desprazar os cuartetos da animación das festas. A necesidade de competir coas orquestras fai que os cuartetos introduzan na súa formación instrumentos de vento como pode ser o clarinete ou o saxofón. Tamén era habitual a introducción doutros instrumentos como o acordeón ou os pratos que, xunto coas gaitas, lle daban á murga un son moi característico. Estas formacións introduciron outros ritmos ata ese momento alleos á música do país como o fox-trot, a rumba, etc.

A gaita. O seu nome vén da palabra gótica "gaits" (cabra), pel da que se facía o fol, que é a parte común a todas as gaitas do mundo. Respecto á súa distribución xeográfica, formou parte de todas as culturas de Europa, Asia Menor e norte de África. Na Península Ibérica hainas en Galicia, Asturias, Aragón, Cataluña, e Baleares. Na actualidade aparece como instrumento vivo na Europa atlántica, en Galicia, Asturias, Gales, Escocia, Irlanda ou Bretaña. En Galicia, a gaita leva moitos séculos connosco, e adaptouse á nosa cultura e ao noso espíritu. O seu son é forte e ao mesmo tempo melancólico e sensible, de xeito que con predisposición humana e horas de práctica se logra que aflore a expresión máis íntima.

FOLLASREVOLTAS2010 [18]


A percusión. Existe o concepto erróneo de que os instrumentos de percusión son instrumentos menores, de pouca importancia, e incluso moi doados de tocar, cando, pola contra, os instrumentos de percusión constitúen o grupo, quizais, máis rico e, por outra banda, descoñecido da nosa música tradicional. Non podemos entender a música tradicional, tanto instrumental como vocal, sen o acompañamento dos instrumentos de percusión. Poderemos falar de instrumentos de percusión membranófonos como: o bombo, o tamboril, a pandeireta, o pandeiro, a pandeira ou o pandeiro redondo. Na fabricación destes instrumetnos empréganse dende sempre materiais naturais como a madeira, a pel de cabra, o coiro, etc. Tamén podemos falar de instrumentos idiófonos como: as tarrañolas, as castañolas, a cunchas, o binco ou ferriño, as culleres, etc. Estes últimos poden estar feitos pola man do home con distintos materiais (madeira, lousa, metal, óso...) ou ben ser de orixe natural (cunchas). Poden ser utilizados como instrumentos de percusión obxectos que non o son propiamente. Encaixamos netes grupo obxectos como: as tixolas, as trepias, os sachos, as latas de pemento, as piñas, etc. Este tipo de "instrumentos" úsanse normalmente para acompañar formacións de música vocal. O charrasco é un caso cursioso de obxecto ideado como elemento de diversión para o antroido que case chegou á categoría de instrumento.

A zanfona. É un instrumento musical de orixe medieval da familia dos cordófonos frotados cunha roda e con teclado. Quere decir isto que é un instrumento de corda, como por exemplo o violín, pero diferénciase en que a fricción das coras é producida por unha roda en vez do arco. A lonxitude das coras, que é o que produce a melodía, é modificada mediante un teclado, no canto de ser pulsadas polos dedos do intérprete, como sucede no caso do violín. As súas orixes on europeas, e a súa introducción en Galicia debeuse ao Camiño de Santiago. As primeiras testemuñas coñecidas do organistrum datan do século VII, e en Galicia consérvanse tres iconografías: dúas en Compostela; unha delas na arquivolta central do Pórtico da Gloria, e outra nunha ménsula do pazo de Xelmirez. A terceira atópase en Ourense, no Pórtico do Paraíso da catedral.

FOLLASREVOLTAS2010 [19]


A requinta e o Frautín É unha frauta traveseira que se divide en cinco partes que se toca apoiando sobre o beizo inferior o bordo do burato da embocadura. É unha frauta traveseira coas mesmas características físicas e de son que as frautas traveseiras barrocas, que se empregaban en toda Europa no século XVIII. As primeiras frautas chegadas á Catedral de Compostela foron enviadas desde Inglaterra. Quizais a necesidade de reparar algunha destas frautas fai que chegen ata o lugar de Rioboo na Estrada (Pontevedra) onde vivía un sonado constructor de gaitas, o cal viu as posibilidades harmónicas e cromáticas do instrumento para ser tocado xuntamente cunha gaita. Tivo grande importacia ata o comezo da guerra civil sobre todo na bisbarra da Ulla, debido á existencia destes artesáns, que construíron gran cantidade delas. Outro caso de fratura traveseira de funcionamento semellante ao da requinta é o frautín tamén coñecido como pínfano. Este tipo de frauta traveseira, de pequeño tamaño, foi usada sobre todo na bisbarra de Vigo. O frautín en re de cinco chaves era utilizado xeralmente para facer dúos con gaita na mesma tonalidade, que acompañados de bombo e tamboril formaron grupos como Os Peruchos de Sardoma e Castrelos, Os Fonas de Matama, Os Gaiteiros de Sampaio de Navia, Os Gragoselos de Coruxo, etc

O violín.

É un instrumento clásico. Historicamente formou parte da música tradicional en Galiza a través dos cegos cantores, algúns dos cales chegaron ata os nosos días, como o caso de Florencio da Fontaneira. A técnica autóctona destes músicos ambulantes perdeuse; logo o violín, foi incorporado á nosa música como instrumento flok, inicialmente con técnica irlandesa, aínda que hoxe en día a técnica máis estendida é a clásica coa ornamentación da música tradicional galega. Básicamente consta de catro cordas e unha caixa acústica. O son prodúcese ao frotar as cordas cun arco.

O acordeón.

O instrumento consta de tres partes fundamentais: O teclado (similar ao dun piano), a botonería (que contén os baixos con distintos tipos de acordes, para facer as harmonías) e o fol (que se presiona para que suministre o aire ás lingüetas metálicas que ten o instrumento no seu interior). Estas lingüetas vibra, producindo o característico son. Foi inventado no 1829 en Alemaña. Sen embargo, conta cunha serie de antecesores que se remontan á idade Media. Os primeiros aparatos eran moi sinxelos, e tiñan uns poucos botóns a cada lado, pero supuxeron unha verdadeira revolución no marco da música popular, xa que permitían facer melodía e harmonía, sendo moi manexables. Ao mesmo tempo que aparecía o acordeón de teclado e aumentaba o tamaño do instrumento, facíase cada vez máis frecuente nas foliadas, troulas e tamén nas mans de cegos e mendigos.Hoxe está moi estendido o seu uso polo norte da península e tócase en orquestras, grupos folk e tradicionais. Existen moitos tamaños, pesos e posibilidades, que abranguen desde a sinxela concertina hexagonal ou acordeón de concerto.

FOLLASREVOLTAS2010 [20]


18 ao 21 de maio de 2010 Salón de Actos do CEIP San Xoán de Becerreá

exposición!

instrumentos da música tradicional galega

FOLLASREVOLTAS2010 [21]


Entroido!

FOLLASREVOLTAS2010 [22]


Maecenas Quis Dolor Sociis mauris in integer, a dolor netus non dui aliquet, sagittis felis sodales, dolor sociis mauris, vel eu libero cras. Interdum at. Eget habitasse elementum est, ipsum purus pede class. Quam ac ligula risus lectus dapibus.

FOLLASREVOLTAS2010 [23]


FOLLASREVOLTAS2010 [24]


FOLLASREVOLTAS2010 [25]


FOLLASREVOLTAS2010 [26]


FOLLASREVOLTAS2010 [27]


HUMOR ESCOLAR Respostas verídicas en exames. (As anotacións en cursiva son do profesor que as recompilou) •Barroco: Estilo de casas feitas de barro. (Como o seu propio nome indica) •Estimulantes do sistema nervioso: O café, o tabaco e as mulleres. (Non sei... Ao meu dáme que o cravou...) •Palabra derivada de luz: Lámpada (Velaquí un iluminado...) •Círculo: É unha linea pegada polos dous extremos formando un redondel. (... !!!) •Marsupiais: Son os animais que levan as tetas nunha bolsa. (Marsupiais dexenerados...) •As algas: Son animais con caracteres de vexetais. (Si, como a túa cualificación...) •A arte grega: Facían botixos. (Contraten a este mozo! Séculos de Arte resumidos nunha soa frase) •Cita un verme que non sexa a lombriga de terra: A lombriga de mar. (Valeeeeeee...) •Que é a hipotenusa: O que está entre os dous paletos. (Si, entre o cenutrio e o pardillo) •Coñeces algún vexetal sen flores?: Coñezo. (Ah! Que tamén quería que che dixese cal?) •Partes do insecto: Son tres: in-sec-to. (moi-ben!) •Moluscos: Son eses animais que ven nos bares, por exemplo o cangrexo. (E as luras, que crecen en bocadillos) •O catro Evanxelistas: Eran 3: San Pedro e San Pablo. (4 en relixión, 0 en matemáticas) •Movementos do corazón: De rotacion ao redor de se mesmo e de traslacion ao redor do corpo. (Si, os términos sístole e diástole sempre me pareceron un mito...) •Área do triángulo: É igual á cuarta parte da metade do seu lado pola semisuma da raíz cadrada de tres. (Máis a raíz cúbica do cadrado dos paletos da resposta anterior) •Esqueleto: A pantorrilla esta formada polo óso mais longo do corpo, que é o fémur, que vai desde o omoplato até a rótula. (mimá!... nin Frankestein...) •O cerebro: As ideas, despues de falar vanse ao cerebro. (Asi che vai...) •Volcáns: En Mallorca está o Teide. (!!!) A auga de mar se solidifica e sae polo cráter. (Non se que é peor, queimarche con lava ou que che caia unha pedra de xeo na cabeza...) •Terremotos: Son movementos bruscos que se tragan ás persoas. (Non me gustaría atoparme pola rúa cun movemento brusco deses •Definición de rumiantes: Son os que eructan ao comer. (Tamén se lles chama cochos...) •Musica, A orquestra: A orquestra é cando se xuntan moita xente que toca, e toca a música. Os instrumentos colócanse uns diante e outros detrás e iso depende do tamaño, por exemplo a gaita colócase sempre diante. (Sempre me gustou o son da gaita nunha orquestra) •Países e lugares produtores de mel: La Granja de San Francisco. (É obvio...) •Froitos secos: Entre eles está a laranxa, que se divide en varias partes chamados "grajos". (...) •Fósiles: Son uns señores moi antigos. (E tanto... pobres señores...) •Animais polares: Son a Osa maior e a Osa menor. (E a de Cocacola?) •Peces: O caviar faise con ovos de "centurión". (Están tolos estes romanos) •Onde foi bautizado Xesucristo: En Río de Janeiro. (Claro, con Ronaldinho e Romario) •Linguas vernáculas: As que se falan nas tabernas. (E en segundo que casas...) •Napoleón: Está enterrado en "Os Paralíticos", en París. (Debe ser polo da man parva que tiña) •Xeografía: En Holanda, de cada catro habitantes, un é vaca. (As vacas até cotizan na seguridade social, están moi avanzadas). •Relixión: Caín matou a Abel cunha molleja de burro. (Custoulle un intre, pero despois de varios golpes...) •Erasmo de Róterdan: O Asno de Róterdan é a escultura dun burro soado que está en Anveres. (Non teño palabras...) •Depuracion da auga: Faise polos raios ultraviolentos. (Si, porque se che pilla un...) •Anfibios: Dos ovos de ra saen unhas larvas chamadas cachalotes. (Cachalotes nas charcas? Imaxinen o espectáculo) •Sinale un molusco prexudicial: O león. (Eemm... claro...) •Comentar algo do 2 de maio: De que ano?. (Aí, aí...vacilando, que chos sabes todos desde 1576) •Insectos: Son unha especie de aves pequeñísimas. (Igual que os arácnidos, que son mamíferos de 8 patas) •Como se chaman os habitantes de Ceuta: Centauros. (E os minotauros de onde son?) •Posición dos ollos nas aves rapaces: Un cara arriba, outro cara abaixo e outro cara atrás. (O de atrás quedou claro...)

FOLLASREVOLTAS2010 [28]


Fútbol e cía.

Temos entre os nosos compañeiros, un par de xogadores da S.D. Becerreá na Selección Lucense de Fútbol. Parabéns a Alex e a Ruchi, en particular por este feito, e a todos os xogadores dos equipos escolares da SD Becerreá ,do CB Becerreá e ao alumnado que participa en calquera outra disciplina deportiva, polos bos resultados obtidos nesta tempada.

E recorda queter espírito deportivo é... I.Ter espírito deportivo é, en primeiro lugar e por encima de todo, observar estritamente as regras. É procurar non cometer nunca deliberadamente unha falta. II.Ter espírito deportivo é respectar ao árbitro. A presenza do árbitro ou do xurado resulta esencial na realización de todas as competicións. O árbitro ten un papel difícil que cumprir. Merece o total respecto de todos. III.Ter espírito deportivo é aceptar todas as decisións do árbitro sen pór en cuestión a súa integridade. IV.Ter espírito deportivo é recoñecer con dignidade a superioridade do adversario na derrota. V.Ter espírito deportivo é aceptar a vitoria con modestia e sen ridiculizar ao adversario. VI.Ter espírito deportivo é saber recoñecer a boa actuación e os bos resultados do adversario. VII.Ter espírito deportivo é querer competir en igualdade cun opoñente. É contar só co propio talento e a propia habilidade para tratar de obter a vitoria. VIII.Ter espírito deportivo é rexeitar o gañar a través de medios ilegais e violentos. IX.Ter espírito deportivo, para o árbitro, é coñecer ben todas as regras e aplicalas con imparcialidade. X.Ter espírito deportivo é manter a dignidade en calquera circunstancia. É demostrar que temos control sobre nós mesmos. É negarnos a que a violencia física ou verbal apodérese de nós.

FOLLASREVOLTAS2010 [29]


LEITARIEGOS O pasado 22 de febreiro as nenas e os nenos de 5º e 6º dos colexios de As Nogais e de Becerreá realizamos unha saída á Estación de Esquí de Leitariegos, preto de Villablino, na provincia de León. Saímos moi cedo de Becerreá en autobús e paramos en As Nogais a recoller aos nosos compañeiros. A viaxe levounos arredor de dúas horas e media, pero non nos aburrimos nada porque fomos falandos cos compañeiros, vendo pelis e xogando (algún levou a nintendo...) Ao chegar á estación, o primeiro que fixemos foi ir a alugar os esquís e as botas. Pesabn moito e case non dabamos andado. Subimos no telesilla ata a pista de debutantes “El Guechu” e alí nos dividiron en dous grupos: nun ían os que fomos o curso pasado que tiñamos máis experiencia, e no outro para os que non sabían esquiar. Estivemos nesa pista para recibir unhas clases, e despois xa andivemos ao noso aire subindo e baixando. Algúns máis ousados (Álvaro, Dani, Ruchi, Alex e Xairo) foron con Juan e Benja á pista azul, e outros marcharon con Gema, cando se deu levantado do chan... a descansar un pouco con Rebeca, que se puxo mala, á cafetaría. O tempo non era moi bo, pero aguantamos moi ben os -9º, ata que se levantou unha tremenda ventisca que nos queimaba a cara. Grazas a que ibamos ben preparados! Facía tanto vento que ata chegaron a parar o telesilla e pensaron en pechar a estación! Pero o tempo foi aguantando e seguimos esquiando ata as catro da tarde sen parar. Ao baixar, fomos devolver os esquís e as botas e a comer. Tiñamos moitísima fame, xa que era moi tarde e fixemos moito exercicio. Despois de cambiarnos e xantar, collemos de novo o autobús. Paramos na autovía a tomar algo quentiño e comprar algunha cousa. Logo continuamos a viaxe ata as nosas casas.

Que ben o pasamos! Esperamos poder volver máis veces e ir cos compañeiros de As Nogais.

Sergio e Álvaro, 6º EP

FOLLASREVOLTAS2010 [30]


CLUBE DE XIMNASIA RÍTMICA DE BECERREÁ

A ximnasia rítmica é unha bela disciplina deportiva, que conxuga o manexo corporal e de aparellos coa técnica do ballet clásico e diferentes danzas con elementos acrobáticos. É a expresión corporal ao ritmo da música con aparellos (aro, corda, pelota, mazas e cinta) ou mans libres. É tamén un dos deportes máis creativos que potencia a expresividade cos seus espectaculares exercicios, as súas exhibicións orixinais que impresionan pola técnica depurada e a súa gran beleza. As ximnastas, encadean exercicios difíciles logrando unha coreografía equilibrada e bela , valéndose da súa axilidade , flexibilidade , graza e desenvolvemiento. A ximnasia rítmica deportiva desenvolveuse en Europa Oriental onde se empezaron a organizar competicións. En 1963, en Budapest celebrouse o primeiro campionato mundial de ximnasia rítmica, que gañou a rusa Ludmila Savinkova. En 1975 organizouse a comisión técnica para determinar as regras de avaliación nas actuacións das ximnastas. En 1984 pasa a formar parte dos xogos olímpicos de Los Ángeles que gañou a canadense Lory Fung, converténdose na primeira campiona olímpica da historia da ximnasia rítmica deportiva na modalidade individual. Na modalidade de conxuntos foi admitida na olimpíada de Atlanta 96 sendo o primeiro posto para España, desde esta primeira aparición a súa acollida polo público no programa olímpico queda patente no feito que as entradas para presenciar os seus concursos foron sempre das primeiras en esgotarse. Hoxe en día a ximnasia rítmica é un dos deportes mais practicados entre as nenas e adolescentes

As nosas panteiriñas

FOLLASREVOLTAS2010 [31]


Pasatempos Como podes dividir a carátula dun reloxo en dúas partes iguais de xeito que a suma dos números en cada unha das partes sexa a mesma?

XEROGLÍFICO festa nocturna

A roda dunha ruleta amosa números do 1 ó 36. A bola detívose no número polo que eu apostara, que é divisible por 3 e impar. Se os seus díxitos se suman ou se multiplican o resultado é un número comprendido entre entre 4 e 8. Por que número apostei?

FOLLASREVOLTAS2010 [32]


ATOPA AS 9 DIFERENCIAS

SAS SAS SAS XEROGLÍFICO

1) pensa un número 2) súmalle 5 3) multiplica o resultado por 2 4) ao que quedou réstalle 4 5) o resultado divídeo entre 2 6) ao que quedou réstalle o número que pensaches O resultado é 3 O resultado sempre é 3, non importa con que número se empezara. Compróbao!!!

sabías que?

Sgeún un etsduio duhna uivenrsdiad ignlsea, non ipmotra a odre no que as ltears etsean ersciats, a úicna csoua ipormtnate é que a pmrireia e la útlima ltera estaen ecsritas na psioción cocrrtea. o rsteo pdoen estar ttaolmntee mal e aídna poredás ler sen pobrleams. Etso é pquore nom lemeos cada ltera por si msema preo a paalbra á un tdoo

1

2

3

4

5

6

7

A

B

C

D

E

SUDOKU DE CORES

F

G

HORIZONTAIS: A- Nome de pía de Novoneyra, a quen lle dedican este ano 2010 o DLG. Parte traseira. B- Fan anos. C- Tesouro público. D- Facer que os átomos perdan ou gañen electróns. E- Batracio parecido ao sapo. Contracción pronominal. Iodo. FSubida. G- Xofre. Preposición. Existes. VERTICAIS: 1- En plural, lugar onde abunda a uz ou urce. 2- Prométoas. 3- Metal que atrae o ferro. Nome de letra. 4- Asoballan. 5- Áncora pequena. 6- Cómoa á noite. Pronome reflexivo. 7- Algún. En plural, corrente fluvial.

FOLLASREVOLTAS2010 [33]


FOLLASREVOLTAS2010 [34]


FOLLASREVOLTAS2010 [35]


FOLLASREVOLTAS2010 [36]


FOLLASREVOLTAS2010 [37]


Km.0

Balogal Nadal

Magosto

Actividades extraescolares e complementarias FOLLASREVOLTAS2010 [38]


Día da Paz

As Méulas Ribadeo

Contos para falar

Compostela

Samaín

FOLLASREVOLTAS2010 [39]


Adiviñas...?

Polos nenos e nenas de 1º

FOLLASREVOLTAS2010 [40]


trabalinguas

FOLLASREVOLTAS2010 [41]


FOLLASREVOLTAS2010 [42]


FOLLASREVOLTAS2010 [43]


LETRAS GALEGAS 2010

Dani (6ยบ EP)

FOLLASREVOLTAS2010 [44]

Follas Revoltas 2010  

Revista escolar do CEIP San Xoán de Becerreá (Lugo)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you