Issuu on Google+

O VENTOEIRO Nยบ 17

CEIP SAN RAMร“N (MOECHE) Curso 2009-2010


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

I N D I C E O Magosto ………………………………………………………

2

Educ. infantil …………………………………………………

9

O Nadal ……………………………………………………………

14

Traballos de lingua inglesa …………………… ……

17

Conto: “O castelo terrorífico”……………………

22

Conto: “O monstruo do museo” …………………

24

Conto: “A ilusión de ser astronauta” ………

25

O Entroido ……………………………………………………….

28

Manualidades ……………………………………………………

34

Relato: “Semana Santa en Ferrol”……………

38

Día da Paz ………………………………………………………… 39 Conto:”O trasno amarelo” ……………………………

43

O Medievo ………………………………………………………… 45 Outras actividades …………………………………………

53

As Letras Galegas …………………………………………

56

Xogos Populares ………………………………………………

64

Despedida …………………………………………………………

67

-1-


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

-2-


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Hola! Son a cantineira Verónica, para os que non me coñecen son alumna de 6º curso. Eu quero contarvos unha das miñas mellores vivenzas de este curso 2009-2010: “A celebración do MAGOSTO”. Ese día, os nenos e nenas de cada clase trouxeron unhas cabazas para decorar! Primeiro baleirámolas e logo decorámolas (pintámolas, puxémoslles pelo…) para que quedasen máis bonitas.

Nestas fotos vemos aos nenos e nenas de 1º e 2º, aos de infantil e a nós, os de 6º curso baleirando as cabazas.

Nesta outra foto, están os nenos e nenas de 3º e 4º decorando as cabazas.

Unha vez rematadas, puxémoslles no interior unhas velas acesas e logo apagamos as luces para -3-


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

que se visen alumear. Despois de rematalas, colocámolas no corredor para que os pais, avós, mestre e nenos/as poidesen ver o noso traballo.

Por outra banda, os nenos/as de 1º e 2º ciclo na clase de plástica, tamén elaboraron un xarrón e un candil con froitos do outono.

Ademais disto, cada neno levou receitas de outono con froitos típicos destas festas (castañas, noces…) e con todas elas deseñamos unha especie de recetario caseiro galego do outono. Vouvos mostrar unhas das receitas feitas polos nenos e nenas do 1º ciclo.

-4-


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

SOPA DE CASTAÑAS INGREDIENTES 500 g. de castañas. 1 litro e medio de leite. 50 g. de manteiga. Medio limón Auga, sal e pementa. Cadradiños de pan frito.

ELABORACIÓN Pélanse as castañas, colócanse nunha tarteira, cúbrense de auga e engádeselle a polpa de medio limón. Ponse a tarteira ao lume e cando comece a ferver a cachón baixaselle e deixase cocer moderadamente una media hora. Escorrense e quitaselles a segunda pel e colócanse nunha tarteira que conteña medio litro de leite quente. Sazónase de sal e pementa e deixanse cocer as castañas de novo. Faise un puré fino coa batedora, aclárase co litro de leite e compróbase se está ben de sal. Se queda un pouco solto espésase cunha cullerada de maicena. Engádese a manteiga e bátese, quéntase o baño María ata o momento de servilo. Servese en sopeira cos cadradiños de pan frito.

-5-


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

POLO ASADO CON MAZÁS

INGREDIENTES Un polo. Dúas mazás. Dous dentes de allo. 4 culleradas de manteiga de porco. Perexil e sal.

ELABORACIÓN Límpase o polo e adóbase co perexil, os allos e o sal triturádos no morteiro. Cúbrese de manteiga. Métenselle dentro as dúas mazás e ponse a forno moderado. Hai que darlle voltas de vez en cando para que non se queime. Sérvese acompañado de patacas ou ensalada. (Pódese sustituír a manteiga por aceite ou margarina.)

-6-


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

MOUSSE DE LARANXA INGREDIENTES 6 laranxas. 6 culleradas de azucre. 2 culleradas de maicena. 3 ovos.

ELABORACIÓN Bater nun recipiente as xemas co azucre e as raspaduras dunha laranxa, ata que estén escumosas. Engadir a maicena e o zume das seis laranxas, seguir batendo. Poñer a lume moi suave sen deixar de remexer ata que espese. Retirar do lume e engadirlle as claras batidas a punto de neve. Arrefriar na neveira. Ese día estabamos invitados a cantar todos os alumnos do centro, ata os mais pequechos. Para rematar de postre puxémosnos as botas coas castañas ao forno .

PASÁMOLO XENIAL! -7-


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

Por certo, entre outras actividades desenvolvidas no colexio nestas datas, quero presentarvos unhas coplas preciosas que crearon os nenos e nenas de 5ยบ.

-8-


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

-9-


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

TRABALLOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil, axudados por suposto polas súas mestras (que che son ben artelleiras) fixeron un montón de traballos preciosos. A continuación imos mostrar algúns deles: PLANTARON : ( clase de 3 e 4 anos)

Aquí os vemos plantando cada un a súa planta e regando con moito coidadiño

- 10 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

INVENTARON ADIVIÑAS : ( clase de 4 e 5 anos)

- 11 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

COCIÑARON: ( 3 e 4 anos)

Fixádevos o ben que amasaban estes nenos e nenas.

EXPERIMENTARON: ( nenos e nenas de 3 e 4 anos)

Conseguiron quitarlle a casca a un ovo e mirade como quedou. Fantástico

- 12 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

TRABALLARON O ESPAZO : ( 4 e 5 anos)

CONTO: “Unha viaxe polo espacio”

CONSTELACIÓNS:

- 13 -

Mirade que bonito quedou


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 14 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Eu son a trobadora Nerea e quero contarvos o que aconteceu no colexio durante o Nadal. Como todos os anos, fixemos principalmente dúas cousas: o festival de Nadal e o concurso de postais de Nadal. Teño que dicir que sentimos profundamente non poder incluir neste apartado máis fotos e documentación de todo o noso traballo, que por outra banda, non foi pouco, pero un erro informático ocasionou unha perda importante de material, especialmente do de Nadal e resultou irrecuperable. Así que, vémonos na obriga de reducir considerablemente este apartado a unhas fotos dalgunha das postais de Nadal.

- 15 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Outra actividade que tamén fixemos os de 5º e 6º na clase de plástica foi a elaboración dunha árbore de Nadal con material de refugallo para participar nun concurso organizado polo centro comercial Odeón. Aínda que non gañamos, quedounos moi bonito.

Por certo, queremos felicitar a Elsa que este ano tivo un agasallo inesperado de Nadal, nada menos que unha boa presiña de cartos na lotería de Nadal. Noraboa!.

- 16 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 17 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Ola! eu son Ivan un cabaleiro medieval e veño a presentarvos uns traballos feitos en inglés coa mestra María. Espero que os entendades todos e todas. Empezamos por unhos pictogramas moi divertidos:

- 18 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Tamén fixeron un pequeno estudo sobre os ecosistemas.

- 19 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 20 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Agora imos cuns pasatempos. Ánimo e a resolvelos.

- 21 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Eu son a dama Cristina e encargareime de ensinarvos ao longo da revista unha selección de contos inventados por nós ao longo deste curso. O primeiro que vos vou presentar é un que ten que ver con castelos.

O CASTELO TERRORÍFICO Había unha vez tres amigas que se chamaban Sara, Julieta e Sofía. Foron as tres de visita ao castelo Marchatunga porque era moi famoso no pobo de Villamiedoso- Tenebroso. Estaba pechado pero o foso que tiña arredor estaba ó descuberto, entón, puxéronse dacordo e dixeron que sería mellor volver pola noite. As tres eran atrevidas e a Sara dáballe un pouco de “repelús”, entón Sofía díxolle que se puxese ao seu carón e a agarrara o máis forte que quixese se tiña medo. Pola noite encontráronse no castelo; de súpeto, abréuse a porta misteriosamente e... Escoitouse un estraño berro preto delas... Un pouco asustadas entraron co pé dereito, por se acaso; aínda así non crían nesas tonterías. Seguiron un pouco máis para ver que pasaba... De pronto, viron unha sombra pero non era ningunha das tres nenas... Sofía murmurou: -Isto non me da moi boa espiña-. E Julieta respondeulle:-¿Ti cres?-. Sara comentou tremendo:- Chicas, ¿Escoitastes o mesmo ca min?-. E as dúas responderon á vez:-¡Non!-. As tres nenas seguiron camiñando, escoitaban os ruídos, que cada vez ían acercándose máis e máis pero o que máis lles preocupaba era que non sabían o que atoparían... Resulta que parecía ser unha pantasma que levaba tres milenios sen ver a ningún humano porque tiña medo a que o viran e quixeran atacar o castelo. Cando estaban amañándoo, tiña unha habitación propia á que ninguén podía pasar agás el, xa que podía atravesar as paredes, entón, escondíase para non ser descuberto. A pantasma chamábase Glupy e tiña moitísimas ganas de xogar con nenos. As nenas ian desesperadamente coa intriga pero ao mesmo tempo con ganas de saír pitando de alí, xa que eran aventureiras e atrevidas ata un punto determinado. Facía uns anos que a pantasma coñecía á bruxa Espichuja, que era moi mala. Glupy pensou un momento en que Espichuja, que lle fixera ser invisible, tiña unha beberaxe gardada para cando pasase o tempo do feitizo e darlla. Pero a moi bruxa foise de VillamiedosoTenebroso para nunca darlle o remedio. Pensando un pouco máis no seu cerebro invisible, recordou ca bruxa deixara a beberaxe nunha caixa dentro dun baúl que estaba nunha habitación pechada con cerrollo, no terceiro cuarto do - 22 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

oitavo piso dos vinte que había; na cuarta porta,entrando á esquerda e baixando tres pisos á dereita, o que comunica coa súa propia habitación. Empezou a facer o recorrido para chegar á caixa que estaba dentro dun baúl dunha habitación calquera á que había que chegar baixando, subindo, de esquerda a dereita e cando chegou á dita caixa, dixo: -¿E a beberaxe? ¡A beberaxe desaparecera! Mentres tanto, as tres nenas andaban explorando o castelo con moito medo ata chegar á porta. Estaban tenebrosamente ansiosas e empezaban a ter fobia aos lugares escuros, sen luz, sen xente e non ter ao seu lado aos seus pais. Glupy seguiu buscando e rebuscando a beberaxe para facerse visible e protexer as nenas e exclamou:-¡Por fin atopei a ditosa beberaxe!-. E tomouna tan pancho, esperou a que fixese efecto e dirixiuse cara ás nenas. Ía moi contento... Elas, ao velo, berraron: -¡Ahhhh, unha pantasma en carne e óso que nos quere zampaaaaaaaaaar!-. Glupy tranquilizounas contándolles a súa historia malvada e triste á vez, por culpa da bruxa Espichuja, que tiña un enorme gran no narizote. Elas, un pouco menos desconfiadas, enpezaron a xogar por todo o castelo. Ao final, saíron e dixeron que xa non terían medo á escuridade e entón a pantasma pediulles por favor que non contaran o seu segredo para que ninguén atacara o castelo e as nenas cumpriróno e tampouco llo contaron aos seus pais. Sara, Julieta e Sofía decidiron que volverían ao castelo para visitar ao seu amigo Glupy pero tendo coidado para que ninguén desconfiase da súa presenza habitual.

FIN

Aquí volvo con dous contos, un vai de monstruos nun museo e outro de astronautas.

- 23 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

O MONSTRUO DO MUSEO

- 24 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

A ILUSIÓN DE SER ASTRONAUTA

- 25 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 26 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 27 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 28 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Ola, chámome Bieito e son un cabaleiro. Como xa fixeron os meus compañeiros, eu presentareivos o Entroido. Aquí en Moeche, o Entroido é moi divertido; saímos dende o colexio disfrazados, co Meco, dando unha volta por diante do concello, no que paramos, e nos dan churros. Este ano, como nos referimos á época Medieval, disfrazámonos de xoglares. ¿Sabedes o que é un xoglar? Os xoglares eran homes que vivían na Idade Media e a súa profesión consistía só en entreter á xente cantando e bailando polas rúas. Os disfraces, foron feitos de bolsas de lixo de cores, recortadas, e este ano, cosidas. Cada ciclo, para diferenciarse, levaba o disfrace dunha cor distinta: Os nenos de Educación Infantil levaban o seu disfrace de cor amarelo e laranxa. O instrumento que levaron era a cítara.

Os de 1º e 2º ciclo, de cor verde e amarelo. O instrumento que levaban era o laúde.

- 29 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Os de 5º e 6º ían de cor vermella e verde. O instrumento que levabamos era a rabel. Sempre imos cantando unha canción pola rúa ata o concello. Este ano foi a seguinte:

Nós somos trovadores

Nós somos trovadores

Nós somos trovadores

E vímoslles tocar

E vímoslles tocar

E vímoslles tocar

Á xente de Moeche

Á xente de Moeche

Á xente de Moeche

Unha cantiga medieval

Unha cantiga medieval

Unha cantiga medieval

Sabemos cantar

Sabemos cantar

Sabemos cantar

e tamén tocar

e tamén tocar

e tamén tocar

coa cítara tañer

tocamos o rabel

tocamos o laúde

ñer, ñer, ñer

bel, bel, bel

den, den, den

ñer, ñer, ñer….

Bel, bel, bel….

Den, den, den….

e tamén bailamos ben.

e tamén bailamos ben

e tamén bailamos ben

A MECA Como todos os anos, facemos un boneco cheo de palla, ó que lle chamamos Meco; cada día da semana antes do Entroido, vainos mandando levar cousas (unha gravata, un adorno no pelo, un mandil,…). O día que vamos ata o concello, levámolo connosco; cando voltamos ao colexio, queimámolo e lémoslle unhas coplas que inventamos. Como queremos igualdade, este ano, foi Meca. - 30 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Os maiores inventamos unhas coplas que, como xa dixen antes, lle lemos á Meca antes de queimala. A continuación van algunhas delas. COPLAS ENTROIDO 2010 Outro ano máis

Por Haití un terremoto pasou

o Entroido imos celebrar

todo ao seu paso destrozou

aínda que o cinto teremos que apretar

España tamén axudou

porque a crise non nos quere deixar.

e todos dixeron…¡Eu aló vou!

Xa chegou o Entroido

O Entroido en Moeche

que agardamos con desacougo

Sempre foi do melloriño

como só é unha vez ao ano

Facemos freixós e orellas

temos que disfrazarnos e disfrutalo.

E un bo cocidito Con lacón, grelos e touciño Para quitar o friiño.

No Entroido o noso colexio

O entroido está a vir

de xoglares se quixo desfrazar

e a Meca a mandar

pero o que teño moi claro

aínda que o fixemos con moito cariño

é que moi ben o estamos a pasar.

a vida non lla imos perdoar.

O lacón con grelos

Ana, cos dous cursos

non está mal

debe estar a reventar

pero con freixós e orellas

aínda que de momento dende 6º

que xa ulen polas portas

non se lle escoita rechistar.

aínda se pode mellorar. - 31 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

O ano comezou chovendo

¡Tanta gripe A!

despois nevando

tanto aos galegos alertar

nós seguimos comendo

e de momento de gripe A

e o pucheiro quentando.

no noso colexio na, de na, de na…

O Meco colleu a gripe A

Fabio, Fabiño, Fabio

e tivo que vir a súa muller

dáseche ben cociñar

á que tamén imos queimar

para ser coma Arguiñano

por ser tan mandona coma el.

só che falta cantar.

Florentino Pérez

Nós queremos servir

gastaches miotos cartos con Cristiano Ronaldo

só por unha razón;

de todos os partidos sae expulsado

para non comer de verdura

esta inversión

moita ración.

non che deu nada, nada de resultado ¡Ai Meca, Mequiña! ¡estás tan guapita! que dentro dun momentito dará moita pena prenderche lumiño.

- 32 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

E despois de todo isto, chega o día da queima da meca, nestas fotos podedes ver o ben que ardeu a pobriña.

- 33 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 34 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Eu son unha trovadora chamada Nerea e vou a presentarvos a sección das manualidades que fixemos este ano na clase de plástica. A nós gustounos moito e espero que tamén lles guste a todos e todas o que lles vou a contar.

Os nenos e nenas de 1º ciclo de primaria fixeron entre outras cousas, unhas flores de cores e unhas copas trofeos.

Os nenos e nenas do 2º ciclo fixeron uns maceteiros e uns cadros coa técnica de decoupage.

- 35 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo fixeron unhos maceteiros tamén coa técnica de decoupage, uns ambientadores con pastillas de xabrón, uns lapiceiros con pinzas da roupa, unhas rás antiestrés coa técnica de recortado e pegado e unhas carpetas artesanais para gardar os traballos de lengua castelá (poesías, contos, relatos…)

Aquí podedes ver tamén uns instrumentos musicais caseiros xunto coas carpetas artesanais feitas polos nenos e nenas de 6º curso. Por certo, a ver quen adiviña como se chama o meu instrumento.

- 36 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Polo día do pai ademais, todos os cursos fixemos unha postal nun programa informático novo para nós e saíron creacións moi bonitas.

- 37 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Bueno e agora, un relato curto sobre a descripción da Semana Santa en Ferrol.

SEMANA SANTA EN FERROL

Fun ver as procesións a Ferrol con miña curmá Eva e os meus tíos Malena e Jorge. Mareeime un pouco no coche e cando cheguei a Ferrol tiven que tomar unha manzanilla, despois encontrábame mellor e fumos de paseo polar rúas. Como era o día de Xoves Santo, había unha procesión moi importante, na que participaban varias cofradías con moitos capuchóns. Os capuchóns tiñan un gorro moi grande e picudo, iban vestidos cunha túnica larga e colocados en fila, con cada cofradía ía unha pequena banda de música e unhas carrozas de Santos que se chaman pasos. Os pasos son moi grandes e moi bonitos porque van adornados con moitas flores e cuns farois moi grandes que se encenden pola noite. A Semana Santa representa a morte de Deus. É un acto turístico moi importante para Ferrol. Paseino moi ben porque era a primeira vez que vía unha procesión.

CÉSAR MUIÑO BRAÑAS 3º PRIMARIA.

- 38 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 39 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Hola, son Alba, unha compañeira dos personaxes medievais anteriores. Vouvos contar algunhas cousas que fixemos o día da paz.

O día da paz fixemos un mural cunha pomba na que cada neno e nena poñía un laziño azul na pomba. Cada laciño tiña posto unha frase para representar o que era a paz para cada un. Estivo exposto na corredor do cole.

¡¡ Quedounos precioso!!

Para celebrar ese día, tamén fixemos outras actividades como:

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron un mural con pombas que contiñan mensaxes de paz.

Os nenos e nenas de 5º representaron unha obra de teatro moi interesante, pero mellor que volo conten eles mesmos:

- 40 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

OBRA DE TEATRO DÍA DA PAZ Durante varios día os nenos e nenas de 5º de EP estivemos preparando unha obra de teatro para representar o día da paz. Pareceunos unha magnífica obra para expresar que “ninguén é máis que ninguén”. A obra titúlase “Os cinco dedos” e o seu argumento é unha metáfora onde uns dedos pensan que son máis importantes porque teñen cartos, riquezas, xoias ou porque teñen algunha cualidade que outros non posúen. Traballando esta obra reflexionamos sobre temas tan importantes como: xenerosidade, solidariedade, cooperación, etc... Con esta actividade aprendimos moito, pero sobre todo disfrutamos representándoa o día da Paz, e pensamos que os que presenciaron a actuación tamén disfrutaron, pois aplaudiron moito.

Por outra banda tamén vos quero contar o traballo que fixeron os nenos e nenas de 5º, nada menos que uns poemas moi hermosos:

- 41 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Tamén vos quero contar o que fixeron os nenos de 4 e 5 anos de infantil: un contiño precioso cos paus da baralla. Velahí vai!

Ata pronto! - 42 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

Bueno e agora para rematar, un historia de trasnos.

- 43 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 44 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 45 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

¡Ola son Alba. Eu vou presentar unha parte da revista que é a do medievo, un proxecto moi orixinal que xurdiu dende a biblioteca a principio de curso, e donde todos e todas participamos dende as distintas áreas e cursos. Vou empezar pola maqueta que fixemos coa mestra de plástica. Os que máis traballamos nesta actividade fomos a clase de sexto, iso sí, con algunha axudiña do resto do cole que tamén na clase de plástica contribuiron facendo pequenas cousiñas. Este ano a profesora de plástica, Almudena, decidiu facer unha maqueta dunha cidade medieval. A maqueta é moi grande e sobre todo levou moito traballo e esmero para que quedara moi curiosiño. Como ocupaba moito decidimon poñela na entrada, para que todas as persoas que viñeran ao colexio poideran vela sen ter que ir máis adentro. Aínda hoxe segue exposta para ver.

Esta cidade, como podedes ver na portada da revista, contén: murallas, torres, igrexas, castelos, río, pousada, tenda, ferrería, casiñas típicas, palleiro, ponte, etc..... Aquí amosamos só algunha destas partes. - 46 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

A VISITA AO CASTELO DE MOECHE Este ano como estabamos có tema dos castelos decidiron facer unha excursión ao castelo de Moeche. Fomos todo o colexio. No castelo tivemos unha guía. Primeiro ensinoulles un vídeo ao grupo dos pequenos e logo o mesmo vídeo ao grupo dos maiores.

Cando rematou ensinounos a segunda planta, onde nos amosou varias vitrinas onde había libros de antes e tamén algún tipo de moedas antigas. Tamén hai unha cheminea enorme; que era a que estaba no salón da familia dos condes, onde vimos o video. Toda esa planta era dos nobres que vivían no castelo. Logo, só aos maiores, deixáronos ir pola planta de enriba e ver as paisaxes do arredor. Acontinuación subimos á torre da homenaxe. Tamén fomos a unha das salas onde nas paredes había as marcas( como sinaturas) dos canteiros. Daquela como eran varios canteiros os que facían as pedras do castelo, para que lle pagasen a cada canteiro o que lle correspondía, tiñan unha marca propia de cada un. O castelo ten un foso de seis metros de fondo e catro de ancho. O castelo está aberto todo o día menos á hora de xantar, por se o queredes visitar. INSTRUMENTOS MUSICAIS MEDIEVAIS A nosa profesora de música, decidiu facer un traballo sobre os instrumentos medievais. Fíxemolo os alumnos de 5º e 6º. O traballo consistía en buscar información sobre eles e poñelos todos xuntos clasificados en famililias: instrumentos de vento, corda e percusión. Cada familia vai nunha cor distinta. Están espostos no corredor para que o podades observar e a ver se vos gustan. Aquí vedes unha fotos donde se expón o mural dos instrumentos clasificados por familias: cordófonos, aerófono e idiófonos. - 47 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Outros traballos que se realizaron dentro deste proxecto do medievo foron os seguintes: ™ Os nenos de educación infantil coa mestra Cris, realizaron diversos castelos con técnicas de todo tipo: debuxo, construcción, cosido, plastilina, etc.... Fixádevos nas fotos tan bonitas que vos amosamos.

CASTELOS CON DIFERENTES TÉCNICAS DEBUXO

- 48 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

COLOREADO

ESGRAFIADO

PLASTILINA

- 49 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

CONSTRUCIÓNS

COSIDO

Con todos estos traballos, finalmente elaboraron un conto titulado: “Un conto de castelos”

™ Os nenos e nenas do 2º ciclo, axudados por Ana, traballaron sobre a xente que vivía nos castelos e fixeron entre outras cousas un mural

- 50 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

™ Os nenos e nenas de 1ºciclo, con Mª José, traballaron as partes dos castelos. Fixeron un traballo estupendo.

- 51 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

™ Os nenos e nenas de 3º ciclo con Elsa e Begoña fixemos un traballo sobre a “revolución Irmandiña”. Aí vos vai!

FESTIVAL IRMANDIÑO O festival irmandiño empezouse a celebrar o 23 de agosto de 1.980. Celébrase recordando a revolta irmandiña que sucedeu o ano 1.469. O festival irmandiño celébrase o penúltimo fin de semana de agosto. Organízanse diversas actividades para que os visitantes poidan pasar un bo rato; por exemplo: carreiras de carretillas, lanzamento de alpaca, exposicións, visitas ao castelo… Pola noite actúan grupos de folk. Chegada a media noite lese o pregón e despois represéntase o asalto ao castelo, donde fan un percorrido dende o campo do festival ata o castelo con antorchas. Chegados ao castelo lánzanse fogos artificiais rematando estes, cunha cascada que segue o contorno do castelo simulando a caída do mesmo. Ao remate da cascada, o castelo ilumínase durante varios días.

- 52 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 53 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

ACTOS CULTURAIS NO COLEXIO Ola! Son o rei Adrián e o meu cometido é o de explicarvos un pouquiño algunhas das actividades complementarias que fixemos no centro. •

• • • • • •

Comezarei polos contacontos que este ano tivemos tres: un no 1º trimestre que se chamaba “monicrequeando” ; outro no 3º trimestre con motivo das Letras Galegas con contos relacionados coa obra de Uxío Novoneyra e outro da editorial Everest para educación infantil, 1º e 2º ciclo. Tamén tivemos cine. Volvemos a participar no programa “En galego de Película” organizado polas ENDL coa película de animación:”O ratiño Pérez” 2ª parte. Recibimos a visita dun ilustrador chamadao Anxo Fariñas. Tivemos obras de teatro:” As tres mosqueteiras na procura de D`Artagnan. Os do 3º ciclo fixemos unha excursión a Santiago. Os de edu. Infantil, 1º e 2º ciclo foron aos bombeiros e a Alcampo de visita. E por suposto, a inauguración da nova biblioteca

Agora amósovos algunhas fotos destas actividades, que por certo tiveron lugar na nova biblioteca.

O ilustrador Anxo Fariña á esquerda e un contacontos á dereita.

- 54 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Aquí estamos os de 3º ciclo en Santiago.

VIOLENCIA DE XÉNERO Ola de novo!Veño a contarvos que un ano máis participamos no concurso de lemas sobre a “violencia de xénero” organizado polo concello de Moeche. Todos os lemas realizados estaban moi ben, pero houbo que escoller tres gañadores que foron os seguintes: • “O que non che gosta que che fagan a ti, non llo fagas ós demais”. • “As mulleres non son bonecos, se queres pegar compra un”. • “As mulleres tamén son seres vivos, non as maltrates”.

Aquí están os tres gañadores: Claudia, Laura e Iván.

- 55 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 56 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

AS LETRAS GALEGAS Eu son o cabaleiro Alejandro e vouvos contar o que fixemos das Letras Galegas. Este ano, estiveron adicadas a Uxio Novoneyra que foi un escritor e poeta moi importante, e dende o noso colexio, quixemos facerlle un recoñecemento traballando diversos aspectos da súa vida e obra. A continuación expóñense algúns dos traballos realizados. Aínda que en todos os cursos se fixeron traballos relacionados con Uxío Novoneyra, engadimos na revista algúns dos realizados polos alumnos e alumnas de 6º que foron expostos no corredor da planta baixa do colexio.

Exposición de traballos sobre Uxío Novoneyra . Alumnos/as 6º.

- 57 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 58 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

UXÍO NOVONEYRA BIOGRAFÍA: Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neyra en Parada, lugar da parroquia de San Xoán de Seine do Courel (Folgoso do Courel), o 19 de Xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Os seus pais foron Xosé Novo López, labrego podente, e Manuela Neira Bello, que tiveron tres fillos: José (morto en 1936), Elisa e o propio Uxío. Estudou o bacherelato en Lugo, dende 1942 a 1948, e obtivo o título de bacherelato en 1951. Traba amizade con Manuel María en 1945 e con María Mariño Corou en 1947. Tamén coñeceu en Lugo a Luis Pimentel. En 1948 matriculouse por libre na facultade de Filosofía e Letras en Madrid, onde comezou a escribir poemas en castelán, como os publicados na revista universitaria Bengala. Coñeceu alí a Xesís Alonso Montero, quen conservou o que di ser o seu primeiro libro de poemas, “Abrojos”. Poemas cortos, inédita ata que no 2002 Alonso Montero publicou nove dos seus poemas. Nestes anos de estudante consagrouse intensamente á lectura de poesía dos máis diversos autores e adquiriu certa sona como recitor de poemas. En 1952 fixo o servizo militar en Parga, primeiro e en Santiago despois, e recupera o contacto con Manuel María quen xa publicara “muiñeiro de Brétemas”. A finais dese mesmo ano comezou a escribir os poemas que darían lugar a “Os Eidos”. A influencia de Piñeiro sobre a formación de Novoneyra foi decisiva no seu compromiso nacionalista e marxista, sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e pola linguaxe. Formalmente procuraba o mellor resultado visual e, sobre todo, sonoro para os textos. As poucas palabras empregadas pretenden evocar dun modo máxico o mundo no que o home está inmerso, designando as cousas para que estas aparezan perante nós.

- 59 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

OBRAS: Resulta difícil sistematizar a obra publicada por Uxío Novoneyra, xa que son frecuentes os poemas publicados, con modificacións máis ou menos relevantes, en libros distintos; moitas delas foron publicadas en xornáis, revistas ou doutra forma antes de aparecer nun dos seus libros, tamén, a miúdo, modificadas. Novoneyra xa anunciara anteriormente que estaba traballando nun novo libro, ao que se refería como libro de rotas. “Ámeto mítico”.

En 1995 publicouse a obra colectiva “Camelio Xaponés”, para a que Novoneyra traduciu sete versos japoneses (xiikas) de Ayazo Sugitani, á vez que esta traduciu ao xaponés tres poemas de Novoneyra. A maiores, a súa obra comprende numerosos poemas publicados no prensa (Alborada, Atlántica, Aturuxo, Cerna, Clave, Oríon, Dorna, Encrucillada, Grial, La Noche, Ólisbos, Ronsel, Gorgorín e Cabezon, etc…), algúns dos cales publicáronse en “Cadernos Ramón Piñeiro XIV (2010). Finalmente hai que lembrar a obra gráfica de Novoneyra, en forma de gravados e augafortes de temática variada.

- 60 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

POEMAS DE

UXIO NOVONEYRA

- 61 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Entre outras actividades que desenvolvimos nas letras galegas, hai que mencionar a “inauguración da biblioteca do colexio”, nun acto conmemorativo no que foron invitados os pais e nais, o alcalde e o inspector de zona. Para este día programáronse varias actividades: proxección de traballos sobre o o castelo que se realizaron ao longo do curso, unha obra de teatro representada polos alumnos/as de 5º( a que se explica no apartado de paz), uns aperitivos que non podían faltar e lecturas sobre a vida e obra de Novoneyra por parte dos alumnos/as de 6º. Aquí vos vai unha foto da nova biblioteca

UNHA HOMENAXE DENDE A LINGUA CASTELÁ Por outra banda, os nenos e nenas de 6º dende a clase de lengua castelá quixemos tamén homenaxear a lingua galega no seu aniversaro pois castelán e galego son dúas linguas amigas, que deben convivir i enriquecerse mutuamente. Nós, con poemas acrósticos escritos en castelán, queremos facerlle un agasallo á lingua galega. Esperamos que lles guste a todos e todas. - 62 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

Los escritores gallegos Están de celebración Te quieren mostrar sus historias Recíbelas con ilusión A veces son divertidas Siempre entretenidas.

O VENTOEIRO Nº 17

Galicia mi tierra Asturianos mis hermanos Leyendo a Uxío Novoneyra Encontrarás un amigo Gallego hasta la muerte Olvidar su obra no podrás.

Gallego es nuestro idioma A veces castellano hablamos

Verónica 6º

Leemos en cualquiera de ellos Escritores buenos tenemos Gallegos, castellanos Aunque a veces no los conozcamos Siempre están a nuestro lado.

Alba Fernández 6º. Unos días después de avisarnos

Las letras gallegas

Xunta de Galicia durante el largo

Están a llegar

Invierno, decidimos

Todos las vamos a celebrar

Organizar el día de las Letras Gallegas.

Rosalía, Novoneyra, Pondal… Autores que en nuestros recuerdos

No obstante, no sabían muy bien qué hacer

Siempre estarán.

Otro año más, era difícil escoger Volvimos a recordar a los ya nombrados

Gallegos del mundo

O también pensando en algunos como

Abrid vuestros brazos

Novoneyra, el poeta del Courel

La lengua materna

Entonces decidimos homenajearlo

Está de aniversario

Y representarle el 17 de mayo

Gaitas, tambores,

Recordando su vida

Alalás y cantos

Amando también sus poesías. Estel Bachelet 6º.

Sonarán para festejarlo. Iván Pérez 6º

- 63 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 64 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Ola outra vez!, vou presentar unha actividade moi divertida que realizamos o día 21 de maio no colexio: unha sesión de XOGOS POPULARES Saímos todos os nenos e nenas ao patio e fixemos seis grupos formados por nenos e nenas de cada clase. Unha vez establecidos os equipos, realizamos unha serie de xogos populares como: A mariola, o aro con guía, a pita cega, carreira de sacos e un circuíto con zancos. Aí van unhas fotiños.

- 65 -


C.E.I.P. SAN RAMÓN DE MOECHE

O VENTOEIRO Nº 17

Por outra banda, o día 11 de maio, fomos de excursión ao colexio da Barqueira onde aprendimos loita olímpica e pasámolo moi ben relacionándonos con moitos nenos e nenas.

- 66 -


C.E.I.P. SAN RAMร“N DE MOECHE

O VENTOEIRO Nยบ 17

- 67 -


O Ventoeiro nº 17