Page 1

Conto Colectivo Alumn@s de 5º EP – CEIP Saco e Arce, 2014


Imos compartir un conto con todos os rapaces do cole. Ten que ter lugar na India, o país que eliximos. Estaría ben inventar entre todos un conto que conte unha historia ambientada na India, e por suposto, respectando a estrutura dos contos: Introdución – Presentamos aos personaxes e situamolos nun espazo e nun tempo. Nó – Contamos os feitos e acontecementos que lle ocorren aos personaxes Desenlace – momento final onde se solucionan os problemas e remata a historia. No conto deberán aparecer as seguintes palabras: India, vaca, Ganges, Delhi, ricksaws, cricket, Holi festival, monzón, té, arroz, rupias e Taj Mahal.

A crear!!!! Non hai tempo que perder.


Esta é a historia de Shimla unha nena india que vive coa súa familia en Delhi.

Debuxo: Antía Delgado

Todos os días, Shimla érguese as 4 da mañá para axudar á súa nai Vanita, a debuxar un KOLAM que, por se non o sabedes é un debuxo que se pinta na entrada da casa a modo de alfombra. O Kolam trae boa sorte, písase ao entrar e saír das casas e por iso termina borrándose antes da noite. Cando remataron de facer o Kolam, foron preparar o té e unhas galletas de arroz con salsa de coco para o almorzo de toda a familia. Co arrecendo das galletas presentáronse na cociña os seus tres irmáns e o seu pai. As mulleres da casa estaban tan afaenadas que cando se quixeron dar conta os rapaces acabaran coas galletas, así que non lles quedou máis que tomar unha cunca de té e marchar á escola.


A Shimla gústalle ir a escola porque alí se atopa con Salim, o capitán do equipo infantil de cricket co que comparte moitas afeccións. Aos dous lles encanta ver as películas de Bollywood, aínda que teñan que facer dúas horas de cola. Tamén lles gusta montar en bici polo mercado de Delhi, sorteandorickshaws, vacas e centos de persoas que pasean ou compran cada día.

Alex Gómez

Como cada ano, na escola organizaban unha viaxe ao templo do Taj Mahal, Shimla e Salim estaban moi entusiasmados coa excursión, xa que duraba toda a fin de semana e durmían preto do templo nun hotel da cidade de Agra.


O Venres pola tarde partiron de Delhi en autorickshaws, coa intención de chegar á Agra pola noitiña.

Debuxo: Brais Pazos

Cando chegaron ao hotel, instaláronse e descansaron da esgotadora viaxe, facía moita calor e había moita humidade, aínda non acabara a época dos monzóns, pero os rapaces tiñan a esperanza de que non chovese durante a excursión, sobre todo mentres durase a visita ao Taj Mahal. Shimla aproveitou a cea para contarlles aos seus compañeiros e compañeiras o que lle acontecera nas súas anteriores vacacións.


O verán pasado – comenzou Shimla- cando visitei coa miña familia o Río Ganges, o río sagrado da India, pasou algo incrible. Estabamos preto da beira, tomando un baño, cando escoitamos uns disparos.

Debuxo: Alex Gómez

Corrín ata a rúa e vin unha persecución, uns policías perseguía uns ladróns e estes ao tratar

de

fuxir

dispararon

con

tan

mala

sorte,

que

A xente arremuiñouse a carón da vaca, chorando e berrando.

lle

deron

a

unha

vaca.

Ao ver a ferida da vaca fun

correndo a buscar ao meu pai, que quedara no río. Meu pai sempre leva o botiquín completo a todas partes, así que deulle uns puntos e cubriu a ferida cunha venda. Toda a xente estaba abraiada co bo facer do meu pai. Como na India as vacas son animais sagrados déronnos

dez mil rupias, por salvar a

inocente vaca e dende entón a nosa familia sempre tivo boa sorte. Cando rematou o relato todos a miraban abraiados!


A mañá seguinte emprenderon a viaxe cara o Taj Mahal, xa no templo sorprendeunos o monzón. Unha forte choiva e vento

provocou que os rapaces e rapazas se tiveran que

refuxiar no templo.

Debuxo: Brais Pazos

Shimla tiña que axudalo, así que arriscou a súa vida, escapándose do templo para ir buscar un médico. Facía moito vento e podía saír voando, pero como Shimla era unha nena con sorte, puido montar ao lombo dunha vaca. Así, montada na vaca, chegou á cidade e convenceu a un médico para que a acompañase ata o templo. Chegaron a tempo para atender aos rapaces que seguían doentes.


Salim recuperouse e voltaron as súas casas. A excursión terminara pero comenzaba O HOLI FESTIVAL, a festa da primavera e poderían estar xuntos os dous días.

Primeiro

celebrábase a noite das fogueiras e ao día seguinte a festa das cores, onde

Shimla e Salim sempr o pasaban xenial, xa que é unha festa chea de diversión e xogos. É

moi divertido tirarse auga de cores e pintar ás persoas coas que se cruzaban no

camiño.


Seguro que vos estaredes preguntando que foi de Shimla e Salim . . . 15 anos despois… Aquí tendes seis posibles desenlaces para o conto de Shimla, escollede o que máis vos guste:

Shimla e Salim casaron, formando unha familia con catro fillos. Shimla converteuse nunha gran bailarina, mostrando o seu arte por toda a India. Hoxe é unha das bailarinas máis famosas das películas de Bollywood. Antía

Como a familia de Shimla tiña tan boa sorte, Shimla casouse con Salim e acabou presentándose as eleccións nacionais para presidir a India. Saíu elixida e hoxe é admirada en todo o mundo por loitar polos dereitos das mulleres no seu país. Brais Shimla e Salim casaron e loitaron pola paz da India e polos dereitos da infancia.

Adrian e Cristian. Co paso dos anos Shimla fíxose bailarina e percorreu todo o mundo mostrando a arte e o baile tradicional da India. Lorena


Shimla e Salim casaron pero no ano 2030 houbo unha guerra mundial á que tivo que ir Salim. A guerra durou 4 anos e pasado este tempo, un día chegou un home para informar de que Salim estaba morto. Shimla púxose moi triste pero uns anos máis tarde, Salim apareceu na porta casa. Estivera perdido nunha illa durante moito tempo ata que un barco o rescatou e o trouxo de volta á India.

Rafa Sousa Shimla e Salim casaron e tiveron una familia á que contarlle as apasionantes aventuras que viviron xuntos. Alex.

Contoindia