Issuu on Google+

Cita a cegas Algunha vez tiveches una cita a cegas? Non, verdade? Achégase o Día de San Valentín e queremos convidarte á túa primeira CITA A CEGAS … Será una cita moi especial porque vai ser … cun libro, por suposto! Durante o mes de febreiro podes emparellarte cun libro que te axudará a deixar de pensar neste chuvioso inverno . Para que sexa una verdadeira cita a cegas, os libros están envoltos (para que non poidas xulgalos polas súas cubertas), e só hai unhas pequenas pistas no envoltorio. Será de ficción ou informativo? Un libro de poemas ou un cómic? De humor ou de amor? Dálle una oportunidade ao descoñecido! Quen sabe, ao mellor atopas o verdadeiro AMOR … Colle o libro que che parece que se emparellará mellor contigo. Espera ata chegar a casa para abrilo. Responde as preguntas do formulario que vai dentro do libro e entrégao na biblio. Le polo menos dous ou tres capítulos para saber se che gusta . Se notas que non facedes boa parella, só tés que devolvelo e explicar os motivos polos que non conectastes. Non te preocupes … Os

sentimentos da túa parella non resultarán

feridos!!

CEIP Saco e Arce – Biblioteca Escolar - 2014


Cita a cegas