Issuu on Google+

CDU Este sistema que é utilizado pola maioría das bibliotecas do mundo consiste en adxudicarlle a cada libro unha numeración segundo o tema. Tódolos libros coa mesma numeración tratan o mesmo tema e están no mesmo andel. Esa numeración, vai nunha etiqueta (tejuelo) no lombo do libro.

Na nosa biblioteca polo feito de non ser moi grande e que os usuarios son rapaces optamos por utilizar só os dous ou tres primeiros díxitos da CDU

(Clasificación Decimal Universal). 0-Xeneralidades-diccionarios e enciclopedias 1 Filosofía, pensar e coñecerse 2-Relixión, mitoloxía 3-Ciencias sociais, educación 4– Baleiro 5- Ciencias puras, natureza, matemáticas 6 –Ciencias aplicadas, industrias, oficios 7- Arte, crear, ocio 8- Lingua e literatura 9-Xeografía , historia

O segundo díxito e o terceiro especifican un pouco máis o tema, por exemplo: 5- Ciencias puras 51 - Matemáticas 52 - Astronomía 58 - Botánica 59 –Zooloxía 596 - Zooloxía vertebrados . . . Na sala hai carteis que nos indican o sig-

nificado destes díxitos e un caderno cos temas relacionados alfabeticamente coa numeración que lle corresponde. No tejuelo, debaixo destes díxitos van as tres primeiras letras en maiúscula do apelido do autor, e debaixo as tres primeiras en minúscula do título.Estas tres filas forman a signatura


guia_mochila_cdu_1_2000