Issuu on Google+

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO (Vigo, 1952). É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias..., e colabora nos periódicos e revistas máis importantes de Galicia e España. Ten numerosos e moi prestixiosos galardóns: *Premio Merlín por "Na fogueira dos versos" (1996) *Finalista del Premio Nacional de Literatura (1997) *Premio Europeo Pier Paolo Vergerio de la Universidad de Padua, Italia (1998) *"Versos de agua" en galego “Cacarabín, Cacarabón”, figura na lista dos 100 mellores libros do seculo XX según a Fundación Germán Sánchez Ruipérez no seu VI Simposio sobre Literatura Infantil e Lectura. *"Trala liña do horizonte" foi elexido como libro asociado do Fórum Barcelona 2004 *Premio de poesía Illas Sisargas de la Asociación Calderón y el Ayuntamiento de Malpica por "Arredor do teu corpo" (2006) *Premio Luna de Aire do Centro de Estudos de Promoción da Lectura e Literatura da Universidade de Castilla-A Mancha por "Estelas de versos", escrito xunto con Rafael Cruz Contarini (2007) *Os seus libros figuran en varias listas de gran prestixio: Lista de Honra da CCEI, Lista de Honra do IBBY ("Na fogueira dos versos"), Lista de Honra da revista CLIJ


Bicos, bicos e máis bicos. Un bico porque non Un bico coma o lume Un bico corazón Un bico porque re Un bico porque do Un bico porque la Un bico porque sol Un bico porque do re mi Un bico acordeón Un bico porque do si fa Un bico percusión Un bico porque si Un bico porque non. Antonio García Teijeiro


Dous e dous son catro bicos Seis e seis son moitos máis pero a ti, nena fermosa, Un cento quéroche dar.

Tes uns ollos feiticeiros que semellan de cristal; tes uns beizos de papoula que sempre quixen bicar.

Cinco e cinco son dez bicos. Dez e dez son moitos máis. Pero a ti, nena fermosa, un millón quéroche dar. Antonio García Teijeiro


Que as traia de novo, que quero berralas, que quero dicilas ben forte as palabras. Levounas o vento a cambio de nada. Deixoume unhas follas, rumores, borralla. Palabras fermosas. Palabras gastadas. Palabras. Palabras. No vento zoaban. "Na fogueira dos versos" Antonio GarcĂ­a Teijeiro


Un muro diante dos ollos. Palabras coma fíos invisibles. Esas mans que escriben na terra. Coitelos abandonados nos versos. Pombas que semellan bandeiras. e beizos que reclaman uns beixos. Xa alguén escribiu na parede: Todos somos poetas.

"As palabras están a mirarse arredor da mesa" Antonio García Teijeiro


Cando chove e non me mollo ¿é que chove ou que non chove? Choven choven catro pingas Choven choven Oito ou nove unhas pingas que recollo Chove chove non me mollo Uns que baixan outros soben Desazete vinte e nove poño verbas a remollo Non me colles Non te collo Chove chove e non me mollo.

Antonio García Teijeiro


Da nena que xoga cos raios do sol uns din que está tola e algúns din que non. Sentada na escuma, cabelo das ondas, soterra na area as finas raiolas. Con elas colora estrelas de mar, caracolas, cunchas, algas e corais. E con elas tingue de bronce os solpores, de néboa os abrentes, as nubes, de cores. O ceo, de fume; os soños, de azul; os ríos, de seda; e os cumes, de luz. Da nena que xoga cos raios de sol uns din que está tola, ¡eu digo que non! Antonio García Teijeiro "Paseniño, paseniño"


Nevaba no País das bolboretas. Unha pega rabilonga, que era pintora, comezou a debuxar a neve que caía. As folerpas semellaban bolboretas brancas. Este é o seu cadro en palabras. Folerpas que cantan bolboretas brancas folerpas de neve bolboretas cansas folerpas de neve que flotan e danzan o vento que as leva herbiñas de prata e neva e neva bolboretas brancas folerpas de neve puntiños que esgazan pintando o camiño de verbas caladas que caian do ceo! que caian! que caian! as tenras folerpas bolboretas brancas. Antonio García Teijeiro

"Boboretas no papel"


A bolboreta debuxa un beixo con moitas cores nalgún espello. Beixo amarelo de noz e mel, brinco na brisa, luz de papel. A bolboreta debuxa un beixo que rouba ó aire moitos insectos. Beixo violeta, vivo lunar, onda nas nubes, choiva no mar. A bolboreta debuxa un beixo que cando soa racha o silencio. Antonio García Teijeiro "Bicos na voz".


Corredor da poesía 1