FIADEIRO LETRAS GALEGAS 2018

Page 1

SEGUNDA ÉPOCA: Nº 24

M A R Í A V I C T O R I A M O R E N O


SOMOS AUGA O MILLO A AUGA E OS SEUS USOS. COÍDAA E RESPÉCTAA! O QUE FACEMOS EN 1º DE PRIMARIA XORNALISTAS POR UN DÍA O DÍA DA MAXIA AS NOSAS EXCURSIÓNS DE AUGA LETRAS GALEGAS 2018: BIOGRAFÍA DE MARÍA VICTORIA MORENO GAÑADORES DA FASE AUTONÓMICA! ‘THE WORLD OF ENGLISH’ BELUSO MERGULLÁMONOS NA MÚSICA AUGA, LITERATURA E RAP MEDIACIÓN TODOS E TODAS CONTAMOS POEMA “QUE NINGUÉN NOS PARE”


FI A DE I RO

Let ras Galegas 2018

4ยบ EDUCACIร N INFANTIL CEIP MO N TEM OGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

PEQUENO PROXECTO DO ALUMNADO DE 4ยบ EDUCACIร N INFANTIL CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

5ยบ Educaciรณn Infantil

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

Os nenos e as nenas de 6º de Infantil, traballaron este ano sobre a auga e os seus usos. Chegaron á conclusión de que a auga é un ben prezado que debemos coidar e respetar. Para que todos fagamos un uso responsable e coidadoso déixannos estes consellos.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

CEIP MONTEMOGOS


FI A DE I RO

Let ras Galegas 2018

O QUE FACEMOS

O longo deste curso, os nenos e as nenas de 1º traballamos moito. Lemos, escribimos, sumamos, restamos, narramos no diario as cousas do día a día,

escribimos poesías e inventamos contos, tamén resumimos outros pero… ademais fixemos experimentos para todos os compañeiros e compañeiras do colexio,

CEIP MO N TEM OGOS


FI A DE I RO

Let ras Galegas 2018

axudamos a facer un palleiro, investigamos sobre o Samaín, disfrazámonos de xente do mar, recitamos poesías, confeccionamos unhas fermosas alfombras dos Bolechas, elaboramos papel reciclado, visitamos a biblioteca

todas as semanas, fomos de excursión, entrevistamos a Paco Guerra e o máis importante, xogamos e divertímonos moito.

CEIP MO N TEM OGOS


O DÍA DA MAXIA O 16 de marzo fixemos trucos de maxia moi chulos na biblioteca, como o truco das cartas e da culler que parecía unha palliña. Fíxeno con Andrés. Estiveron os de 4º de infantil, 5º de infantil, 6º de infantil, 1º de primaria, 2º de primaria, 3º de primaria e as profesoras. RAÚL Eu fun a presentadora e levaba un gorro e un traxe. E o teño no meu corazonciño. Os compañeiros o fixeron moi ben. Eu quero repetilo porque estaba chulísimo. Eu dixen moi ben: “Ola a todosssss, presentamos unha actuación de maxia! Espero que vos guste”. O que máis me gustou foi o equipo de Aarón. Foi chulísimo, encantoume! EVA Ese día todo o alumnado de 4º estaba moi nervioso porque ía actuar diante de todo o colexio de Beluso. Para o meu truco necesitas: unha bóla pequena, un utensilio de maxia oco e unha bóla falsa. E xa temos todo para comezar: 1º) Poñer as bólas sen que ninguén se entere, 2º) Sacar a bóla normal, 3º) Ensinar a bóla falsa ao público. “Gustoume moito” JUAN O 16 de Marzo o alumnado de 4º de primaria fixo un concurso de Maxia tiveron que preparalo todo: montar o escenario, facer o traxe e o gorro. Entre o público, que é o máis importante, ás veces necesitabamos un axudante e nos poñiamos nerviosos porque non sabiamos a quen elixir e tampouco sabiamos se ían descubrir o truco. Pero a parte de todos os nervios, saíunos un espectáculo incrible. Houbo 3 espectáculos de cartas, tamén 1 ou 2 espectáculos normais e un de moedas. A miña opinión é que poderiamos repetir un día. AIXA O meu truco chámase “O vaso máxico”. Necesitas: un vaso transparente, unha moeda de 1, 2, 5, 10 cent. etc., 2 trozos de papel e celo. “Ese día paseino superben cos meus amigos de clase”. JOSÉ ÁNGEL


Ese día estabamos todos moi entusiasmados, era un día moi especial con todos na clase practicando. A min saíame ben, pero con ese truco non me podía confiar moito. Necesítase: unha bóla redonda (aínda que eu o fixen cunha goma), un pouco de sorte e un chándal ou sudadeira longos. Aínda que non me saíu moi ben, divertinme e gustoume moitísimo o experimento. Espero volver a repetilo e a próxima fareino con alguén. HUGO O pasado venres 16 de marzo, o alumnado de 4º de primaria organizou un día para facer maxia. Os presentadores foron Gabriela, Rosana, Arturo e Eva. Os demais fixemos os trucos de maxia. Os presentadores presentaron os trucos e todos os trucos estiveron moi ben. O público foi 4º, 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria. Foi espectacular e espero volver a repetilo. IRIA O meu truco consistiu en adiviñar un número do 1 ao 15. Nun papel hai números do 1 ao 15 e tedes que dicir un número e mirar se o seu número está aí. Os números están escritos nun papel. Fixémolo para os nenos de infantil. ROMÁN O venres 16 de marzo, o alumnado de 4º de primaria estivemos facendo trucos de maxia. Os trucos estiveron feitos por Andrés, Aarón, Román, Raúl, Iria, Ainhoa,

Juan, Hugo, Aixa, J. Ángel e Brais. Tamén houbo presentadores: Gabriela, Rosana, Eva e Arturo. O noso público foi infantil e tamén nos viron 1º e 2º. Foi un día moi molón! AINHOA O día 16 de marzo houbo un espectáculo no colexio C.E.I.P MONTEMOGOS, 4º de primaria foi quen o fixo. Lo presentaron 4 nenos chamados: Arturo, Eva, Rosana e Gabriela. “Os nenos fixérono xenial!” ”Os nenos de infantil fliparon!”. Aínda que houbo algún fallo, pero foi espectacular!”. ARTURO Fomos á biblioteca a representar os trucos de maxia. Viñeron os de infantil e 1º e 2º de primaria. 1º) Collemos 2 pelotas de papel, 2º) Facemos que poñemos unha pelota no ombreiro pero non e no outro ombreiro poñemos as dúas, 3º) Dis as palabras máxicas e agora as dúas pelotas de papel se xuntarán. Encantoume o truco! AARÓN. Eu fixen un truco de maxia no que se pon unha palliña detrás dunha culler. Tamén necesitas un vaso cheo de auga. Fixémolo na biblioteca do colexio. Eu fíxeno con Raúl, saíunos moi ben e ninguén descubriu o truco. Os nenos quedaron patidifusos! Gustoume un montón! ANDRÉS Os nenos e nenas do cuarto curso de educación primaria fixemos uns cantos trucos de maxia o día 16 de marzo. Eu, Brais, fixen un truco de cartas. Consiste en ir botando vinte e unha cartas en tres montóns e, cando se che acaben, pregúntaslle a alguén en que montón está a carta que elixiu, logo, no montón que che diga, cos outros dous montóns, un o pos enriba e o outro debaixo e así ata tres veces. Cando remates deixa as cartas boca abaixo, vete poñéndoas en montóns de catro boca abaixo e á vez conta para ti cada carta. A once é a súa. O pasei moi ben e me gustaría repetir. BRAIS Nós fomos presentadoras dos trucos de 4º de primaria e como presentadoras imos contarvos un deles. Materiais que se precisan: unha culler, unha palliña, un vaso, auga e tesoiras. Preparación: agarramos a culler, collemos a palliña e a cortamos pola metade, a pegamos á palliña detrás da culler, collemos o vaso e o enchemos de auga. A nós gustounos moito! GABRIELA E ROSANA


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

ALUMNADO DE 2º E 3º DE PRIMARIA, XORNALISTAS POR UN DÍA Este ano os nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria participamos, xunto con outros niveis do cole nun proxecto do Faro de Vigo chamado “Faro da Escola” consistente na elaboración dun periódico coas noticias que consideramos máis importantes que sucederon ao longo do curso ao noso redor. Dentro deste proxecto o día 16 de abril saímos ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra para participar nun encontro periodístico consistente nunha entrevista colectiva a dous actores e presentadores de televisión galegos: Xosé Antonio Touriñán e Diana Nogueira. Trátase dun proxecto no que participamos xunto con outros 13 colexios das comarcas de Pontevedra, O Salnés, Redondela e o Morrazo, aínda que nós eramos dos poucos centros que participabamos por primeira vez, pero seguro que non será a última, e isto tíñanos moi nerviosos. Comezou o encontro coa participación da presidenta da Deputación de Pontevedra quen deu a benvida a todos os participantes e animou a nenas e nenos a ser xornalistas porque dixo que é fundamental para unha sociedade democrática. Abriu a rolda de preguntas o xornalista do Faro de Vigo Armando Álvarez e deseguido xa comezaron os representantes de cada colexio a subir ao escenario para entrevistar a Diana e Touriñán. Polo que respecta ao noso cole subiron para facerlle a entrevista un neno e unha nena de 3º de Primaria, Brais Piñeiro e Leire Camiña, que estaban bastante nerviosos, pero puxéronse aínda máis cando se deron conta da necesidade de cambiar unha das súas preguntas, que levaban moi preparadas, porque outro cole que foi antes xa lla fixera. Coa axuda do moderador da entrevista, saíron como puideron do apuro e fixeron as súas dúas preguntas: - A Diana preguntáronlle se lle supuxera algún problema o feito de empezar a traballar tan nova. - Para Touriñán tiñan a pregunta de se fixera algunha vez unha parodia na que tratara o tema da igualdade de xénero. Foi un día distinto, divertido, que nos brindou a oportunidade de coñecer de preto a dous actores da nosa televisión e que nos animou, máis aínda, a ser xornalistas.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

OURENSE

MIÑO

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

ONDAS DO MAR DE VIGO…

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

LÉREZ

DANUBIO - SUEVOS CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

SUEVOS

O SIL

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

É o principal afluente do Miño. En Montefurado ten o cauce desviado uns 3 Km, obra foi feita polos romanos para buscar ouro. Xúntase co Miño na localidade de “Os Peares”.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

“A miña relación Con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”

María Victoria Moreno Márquez, maio de 1939 en Valencia (Cáceres). Filla dun militar e trasládase a vivir a Segovia posteriormente a Sepúlveda.

nace o 1 de de Alcántara unha mestra ata 1949 e

En 1951 viaxa a Barcelona para cursar o Bachelerato, aprende catalán e francés e descobre a literatura ao ler O Quixote e O Principiño. No ano 1958 estuda Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. Alí coñece a José Luis Llácer, con quen casa e se traslada a Pontevedra en 1963. Comeza a dar clases no Instituto Masculino de Lugo. Alí colle amizade con Xesús Alonso Montero, co que empeza a coñecer a lingua e a literatura galegas. En 1967 regresa a Pontevedra e dá clases de Literatura e Lingua castelá no Instituto Feminino (agora IES Valle-Inclán). Dedica parte das clases dos venres a ensinar Lingua e Literatura galega.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

No ano 1972 participa a título voluntario en cursos de galego organizados por entidades como o Ateneo de Ourense, dirixidos a persoas adultas. O ano seguinte comeza o proceso de adopción dos seus fillos, completado en 1975 e ese mesmo ano publica o seu primeiro libro de contos en galego Mar adiante (Ediciós do Castro), con ilustracións da propia autora. Edita a antoloxía bilingüe Os novísimos da poesía galega e abre, xunto a outros socios, a libraría Xuntanza en Pontevedra. A partires de ahí, publica unha importante obra de literatura infantil: O Cataventos, A festa no faiado, Leonardo e os fontaneiros, ¿Un cachiño de bica?, ¿E haberá tirón de orellas?, Guedellas de seda e liño, A brétema… No 1988 a Editorial Galaxia crea a colección Árbore de literatura infantil, dirixida durante dez anos por María Victoria Moreno, Antonio García Teijeiro e David Otero. Nese mesmo ano publica Anagnórise, considerado actualmente un clásico da literatura xuvenil galega.

No ano 1996 morre o seu home e no 2002 a súa saúde obrígaa a xubilarse. O ano seguinte contrae matrimonio co mariño cubano Pedro Ferriol e tres anos máis tarde, trala publicación do seu libro Eu conto, ti cantas…, o 22 de novembro, morre en Pontevedra.

2005 Eu conto, ti cantas... Cando rilla a choruma miañan os gatos e acenden vinte ollos os dez lagartos. Vinte lucernas fan un mundo de sombras que o can goberna. 6º de Primaria

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

A clase de 6º de Primaria participou este ano no 34º Concurso da ONCE “Reinventemos xuntos unha escola para todos”. Esta é a descrición do noso mural: “Nós somos quen de cambiar a nosa escola. Nós queremos unha escola onde ninguén sexa invisible, onde ninguén se sinta só, onde todas as persoas podan tocar, ver ou falar con alguén e que alguén te sinta, vexa ou escoite. Fixemos o noso mural nun vello encerado verde para representar que estamos nun vello edificio, nunha aldea moi pequena, pero isto non é un problema. As familias, o profesorado, o alumnado e toda a xente que forma esta escola, pode cambiar como a plastilina das nosas figuras. Cada un de nós é esencial na nosa escola, cada unha das nosas figuras de plastilina é esencial no noso mural. Engadimos persoas con diferentes capacidades, non so alumnado, tamén profesorado, nais, pais e outras persoas que fan a escola posible. Eliximos o título Nós somos quen de cambiar a nosa escola e o fixemos en Braille con plastilina. Nós realmente disfrutamos facendo esta actividade, agora agardamos que o desfrutedes e vos unades a nós para cambiar a nosa escola”. A sorpresa chegou cando pasamos da fase provincial á fase autonómica. Nese momento o alumnado foi agasallado con bolígrafos multifunción moi útiles tanto para escribir como para ser empregalo con dispositivos táctiles. Pero o mellor estaba por chegar, pasamos da fase autonómica á fase estatal! O día da presentación en streaming dos gañadores estatais, xuntámonos cunha chea de nervios no salón de actos. Aínda que so final o gañador na categoría que nos presentamos foi un colexio canario, o premio que levamos por gañar a fase autonómica gustounos moitísimo: un vale de 400€ para facer unha actividade toda a clase! Isto será inesquecible…

Desde aquí podes acceder ao concurso: bit.ly/oncegalicia

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

The world of English is full of fun and excitement. We sing, dance, draw and play while we are learning. Here are some of the crafts and activities we have done this year. Cool!

Thanksgiving in 2017 was on Thursday, the 23rd of November. In the United States, Thanksgiving is always celebrated on the fourth Thursday of November. At school we danced, we sang songs and we made some thanksgiving crafts to show what we are thankful for.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

Easter is a time to eat chocolate eggs, play games and do Easter egg hunts. We did all that at school, but also Easter crafts. Here are some of them.

Halloween was a spooky time at school. Kids from year 5 and year 6 made a haunted house. Here are some pictures of the process.

We celebrated St. Patrick’s and other festivals too. Check them out in our blog!

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

Water was our central topic this year so some of our activities were related to it. Here’s a poster about a saying in English, April showers bring May flowers. It was done by year 5 and year 6 pupils.

“Zapping” We went to Pontevedra and we watched "Zapping". It was a musical comedy in English about bullying and friendship. We laughed, sang songs and played with the actors and actresses. In the Christmas Festival five year old children sang and danced “Drip, drop rain”. The

pirates

from

year

4

surprised us with “A Pirate you shall be”. At the end of the show, kids from year 6 dance “Cake by the Ocean”. Everybody had a great time!

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

On April the 14th we celebrated

the

Science

and

Literature

Fair

in

Bueu. There were conferences

and

meetings that had as a fundamental axis

a

confluence

between science and literature. In our stand people could play with a bee-bot, see Captain Nemo's journey followed by an m-bot, play interactive games and sing in our karaoke. Besides, some kids from year 6 performed the play "The Rainbow fish". There was also a “photo call” made by year 6 children.

To see more videos visit The world of English in www.woebeluso.blogspot.com

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

MERGULLÁMONOS NA MÚSICA!! Baixo este título alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria desenvolveron unha actividade, dentro da 31ª Semana Cultural e das Letras Galegas, onde música e cancións relacionadas co Proxecto Documental Integrado “Móllate”, foron protagonistas. Comenzaron os nenos e nenas de 4º de Infantil coa audición do 1º movemento de “A primavera” de Antonio Vivaldi. Con flores, paxariños, gotas de auga e tormenta mostráronnos os diferentes temas musicais desta fermosa composición. Os nenos e nenas de 5º de Infantil dramatizaron a canción “A margarida branca” onde se representa a importancia da auga para as prantas. O alumnado de 6º de Infantil transportounos ao mundo mariño coa música do “Acuario” de Camille Saent-Saëns e as personaxes de “O peixe Arcoiris”.

Remataron a actividade os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria con dúas cancións do grupo “Mamá Cabra” onde aparecen animais do mar: peixiños, polbos, baleas, vieiras…, aos que nenos e nenas déronlle vida e moito ritmo.

AULA DE MÚSICA

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018 AUGA, LITERATURA E RAP

Coincidindo coa tématica do Proxecto do Colexio “Móllate”, chegou á Escola un concurso do Programa Prensa-Escola-VIAQUA titulado: “Auga, Literatura e Rap”; que casualidade, verdade? Así que, dende o Departamento de Orientación nos lanzamos a esta divertida actividade coas nosas nenas: Yanira (3º EP) e Eva (4ºEP), transformáronse en dúas Rapeiras, con moitas ganas de cantar e bailar ao ritmo da poesía de Xoan Neira. Pero Xoan Neira tiña moita auga no seus poemas. Primeira dúbida: cal escollemos? Yanira e Eva mergulláronse na biblioteca e pescudaron cal era o máis bonito e divertido dos seus poemas onde por suposto, aparecese moita auga! E que atoparon? O Arco da Vella, cheo de cor, auga, raios de sol, vento e maxia. Se queredes velo, podedes atopar o libro na Biblioteca do cole: “Xiz de cor.” Segunda dúbida: o concurso nos dicía que as nenas tiñan que facer unha presentación delas mesmas, do colexio, do autor e do poema. E pensamos, porque non rapear tamén a presentación?

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

Terceira dúbida: agora que temos o poema e a presentación, como creamos algo diferente? E volta a pensar! E se facemos un Stop Motion? Coas personaxes de plastilina!

Con todas as dúbidas resoltas, puxémonos mans á obra!

PREPARADOS, CÁMARA E ACCIÓN!

Ilustración 1Stop Motion

Ilustración 2 Yanira e Eva con moito ritmo

Se vos estades preguntando se gañamos o concurso, non o sabemos! Pero de seguro, cando saía o Fiadeiro xa saberemos a resposta! O que si sabemos, é o ben que nolo pasamos creando, bailando e rapeando!

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

MEDIACIÓN Os conflitos son problemas ou pelexas que teñen os nenos ou as nenas. O noso equipo de mediación axudaravos a resolver os vosos conflitos, xa sexades de infantil ou primaria. Todos os anos o alumnado de sexto é mediador, non todos teñen que selo, é voluntario. Este ano todo o alumnado de 6º forma parte do Equipo de Mediación e, para poder identificarnos, levamos unha pañoleta de cor verde fosforito. Nos podedes atopar no patio e na biblioteca. Se un problema non se resolve no patio, imos ao Recuncho de Mediación, no que hai dúas sillas amarelas nas cales dous nenos ou nenas sentan: un escoita e outro fala sobre o que ocorreu. Cando un neno ou nena ten un conflito, antes lle facemos unhas preguntas e, cando está resolto, o apuntamos no rexistro de mediación.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

TODOS E TODAS CONTAMOS!!! Unha biblioteca aberta á comunidade. Unha biblioteca de todos/as e para todos/as. A partir da nosa entrada en PLAMBE (Plan de mellora de Bibliotecas Escolares), no curso 2009/10, a BIBLIOTECA é un recurso imprescindible na vida do centro, a través dela procuramos: •

Promover actividades de dinamización, cada vez máis amplias incluíndo máis sectores: alumnado, familias e colectivos sociais presentes na nosa comunidade para favorecer o crecemento integral dos nenos e nenas e impulsar actitudes solidarias que favorezan a compensación de desigualdades cara a unha Biblioteca Inclusiva.

Converter a biblioteca nun espazo aberto a toda a comunidade.

Motivar experiencias lectoras fóra e dentro do centro.

Promover actividades colaborativas intercentros. Por todo isto dentro da Programación Anual de Biblioteca prográmanse

actividades que desenvolvan estes obxectivos que consideramos prioritarios. Algunhas son as seguintes: -VOLUNTARIADO LECTOR: nenos e nenas de 6º de primaria, de forma voluntaria, ofrécense para colaborar coa biblioteca., tanto en actividades de animación (dentro e fóra do colexio) como de axudantes nos recreos ou noutros eventos, como foi este ano no Día das Bibliotecas, Día de Rosalía, Día da Muller, Día Mundial da Auga...

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

-ANIMACIÓN NA BIBLIOTECA: dentro deste apartado entrarían todos os nenos e nenas que se animan a contar, LER, recitar e dramatizar na nosa biblioteca, así como “contacontos” patrocinados por diferentes editoriais: KALANDRAKA, S.M, XERAIS…

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

-EXPOSICIÓNS ORAIS: aquí incluiríamos exposicións de traballos do alumnado. Traballos relacionados co PDI “Móllate” e con distintas efemérides como “Día da ciencia”, “Día da muller”, “Letras galegas”…

-AS FAMILIAS CONTAN: esta actividade, que vimos desenvolvendo desde o comezo e nos parece fundamental, produce nos nenos un efecto chamada ao sentirse moi orgullosos da participación das súas familias en actividades da biblioteca, un espazo para eles tan importante. Así, todos os anos facemos un chamamento, no mes de abril “Mes dos Libros”, para que as familias veñan contar, recitar, ler… e ata o momento está sendo todo un éxito.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

-VISITAS: referímonos tanto as persoas da nosa contorna como autores que se achegan ata a nosa biblioteca para charlar con nós de experiencias ou dos seus libros. Algúns exemplos de este curso, foron os autores Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro. Da nosa contorna, mulleres do Taller de Memoria, Paco Miranda (1º presidente do C.D.Beluso)…

-COLABORACIÓN INTERCENTROS: cada ano intentamos realizar máis experiencias intercentros xa que nos parecen moi enriquecedoras e gratificantes. Este curso tivemos a colaboración de usuarios e usuarias do Centro Xoán XXIII de Cangas que no Magosto se achegaron para compartir con nós unha xornada de festa e facer de monitores dos xogos populares feitos por eles.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

Co IES Johan Carballeira participamos e colaboramos na I Feira da Ciencia e da Literatura. Feira na que, ademáis de aportar de forma solidadaria por parte de toda a comunidade cadernos a modo de “Cadernos de bitácora”, participamos con actividades multidisciplinares (cancións, xogos, robots, kahoot, contacontos…) relacionadas cos libros “20.000 leguas baixo dos mares” e “O peixe Arcoiris”. No mes de maio está prevista unha visita por parte do voluntariado do IES Illa de Ons e unha visita pola nosa parte ao CEIP A Pedra.

CEIP MONTEMOGOS


FIADEIRO

Letras Galegas 2018

-CLUBES DE LECTURA: un espazo de encontro onde todos e todas disfrutamos das lecturas, charlamos, rimos… incluso choramos. “Os belulectores” na súa reunión semanal do luns e o Club de Adultos nunha xuntanza coa escritora Arantza Portabales, autora de “Deixe a súa mensaxe despois do sinal”. Un dos libros escollidos para este curso.

MOITAS GRAZAS POR FACER QUE A NOSA BIBLIOTECA SEXA UN ESPAZO DE

E PARA TODOS/DAS!!! Equipo de Biblioteca

CEIP MONTEMOGOS


Que ninguén nos pare Cociñeiras, xardineiras, oficinistas, modistas... Todas elas traballadoras na súa casa e fóra. Ninguén as axuda, ninguén as valora. Hai que darse présa, xa agora. A igualdade non se compra, non se pide como esmola. As mulleres o valemos e voucho demostrar agora. Xa está ben de excusas tontas ou de facer a pelota. Se queremos quedar coas amigas, a vós non vos importa. Non nos utilices, nin nos deas a volta que de todo iso, xa estou ben farta. Somos coma as estrelas, sempre deixando estelas. Queremos realizarnos pero non nos deixan chegar a elas. Lucía Pretel González 6º Ed. Primaria



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.