Revista labaca 2015

Page 1


Comunicación do director polo Centenario da nosa escola. Estimados amigos e amigas,

E así chegamos ao modelo pedagóxico destes anos. Escribía Augusto Barreiro gavando os progresos “ de la enseñanza sistema Manjón”: Es maravilloso ver el funcionamiento de estas escuelas. Siguiendo el sistema de enseñar deleitando, los niños juegan allí casi durante todo el día”.

Debemos a creación da nosa escola ao compromiso e dedicación dos irmáns Labaca, Ricardo e Anxela, coas clases máis desfavorecidas, pobres e necesitadas da nosa cidade. Donaron gran parte da súa fortuna a múltiples obras de caridade. Co motivo do falecemento de Don Ricardo, o 24 de decembro de 1.915 na Voz de Galicia escribíase “ En la calle Juan Florez se yergue el gallardo edificio que a sus espensas hizo construir el finado y para cuyo funcionamiento hubo de instituir una renta”. Don Ricardo Labaca coñece a Andrés Manjón e as súas teorías pedagóxicas durante a súa estancia como maxistrado en Granada.

Debemos a construción do edificio ao arquitecto don Leoncio Bescansa. Diseñou a nosa escola pensando en como se iba a enseñar nela. Nada é casual no seu deseño: separada da rúa por un pequeno xardín, amplios espazos traseiros para xogar os nenos, aulas orientadas para que o sol non molestase nas clases pero con amplios ventanais para permitir espazos ben iluminados. En definitiva, Harmonía e equilibrio en todo o conxunto. Volvo a citar a prensa da época. Escribía o periodista Augusto Barreiro en 1918: “ Aún no hace tres años que funcionan las escuelas creadas por el ilustre filántropo , de grata memoria, Don Ricardo Labaca, en el soberbio grupo escolar del Camino Nuevo, y los indudables progresos que han producido a la cultura pública, son por todos apreciados y principalmente por el populoso barrio de Santa Lucía”. E recordábanos o mesmo periodista: “ Que se sepa cuanto la clase trabajadora debe a su fundador y a su distinguida hermana doña Angela Labaca que no regatea sacrificio alguno para que les escuelas esten debidamente atendidas, ni escatima medios para que la enseñanza dé los frutos debidos”.

Esta pedagoxía nace nun dos entornos máis desfavorecidos que se podían atopar na época. Nace nas covas do Sacromonte granadino, habitadas maioritariamente por familias xitanas, para estenderse por toda a península, a través das escolas avemarianas cunha pedagoxía que é un antecedente claro, xunto coa Institución Libre de Enseñanza, da Escola Nova Europea. O aspecto máis significativo desta pedagoxia non é outro que o de ensinar xogando. Home de fortes convicións, Andrés Manjón, non dubida en afirmar que “ el juego es la única asignatura del niño hasta los cinco años; la principal de los seis a los nueve años; la indispensable, de los diez a los catorce; y la más saludable e higiénica hasta los veintiún años.

Non podo concluir este apartado sen citar un dos últimos consellos que nos deixon este ilustre personaxe: “ En la educación atended al corazón, que es lo que más vale, y ganad al niño con el corazón, única moneda para comprarles; el maestro que no sepa amar no sabrá educar.

2


Despois destes anos de esplendor, a nosa escola viveu, ao igual que toda a sociedade, momentos moi duros e difíciles. Anos que se prolongaron ata ven entrados os 60. Anos de duros recortes debidos a falta de ingresos da Fundación, e de imposición dos duros criterios didácticos e metodolóxicos derivados das leis da ditadura franquista. Posteriormente a administración impón a adaptación dos centros escolares ós requisitos estruturais e funcionais da Lei Xeral de Educación de 1970 polo que a Fundación Labaca, que non conta con medios económicos para atender os ciclos completos de ensinanza obrigatoria, cede as instalacións escolares ao Ministerio de Educación. Acordo que se firma en Madrid, o once de xullo de 1979 entre Pedro Caselles Beltrán, Director General de Educación Básica, e Manuel Espiña Gamallo, Presidente da Institución Benéfico-Docente Escuelas Católicas del Ave María.

Na actualidade, no CEIP Labaca estudan 227 alumnos e conta cunha plantilla de 17 profesores que impárte ensinanzas de educación infantil e primaria. Coa inestimable colaboración da Asociación de Nais e Pais de Alumnos, organizanse multiples actividades, tanto complementarias como extraescolares. E desde a escola estase apostando pola educación plurilingüe e polas ferramentas multimedia como elementos de innovación

educativa. E ao mesmo tempo polos valores de pluralidade, de respeto á diferenza, á participación democrática, á inclusión social, á igualdade de oportunidades, á xestión positiva dos conflitos e á cultura do diálogo. Diálogo que lle pedimos tamén as administracións. Desde a nosa revista fago un chamamento a quen corresponda a consensuar as leis de educación, a deixar atrás o enfrentamento e a división que percorre o o sistema educativo de arriba a abaixo. Solicito apoio para a escola pública, máis alá de parabens e paternalismos. Necesitamos normas e regulamentos novos, que nos permitan crecer e competir en igualdade de condicións. Xa non nos valen os do século pasado. Porque nós, a pública, somos a garantía de que os máis humildes da nosa sociedade teñan a mellor das ensinanzas.

Por último, a celebración do centenario debe ser para nós un motivo de reflexión e orgullo coa mirada posta no futuro. Debemos comprender e estimar a xenerosidade e lucidez de persoas que como Ricardo e Ángela Labaca emprenderon a fundación da nosa escola, a osadía e creatividade de Leoncio Bescansa, o arquitecto, a sabiduría e bondade de Andrés Manjón, o pedagogo, e o compromiso de tantos e tantos profesionais, alumnos e alumnas, pais e nais, colaboradores e amigos que compartiron este espacio centenario. Conclúo este artigo coas palabras de Vicente Risco que visitou a escola con motivo da Exposición de traballos dos alumnos en outubro de 1926 e deixou escrito no seu libro de visitas: Que o labor tan feiticeiro das Escolas LaBaca siga por moitos anos dando o seu froito pra ben dos galeguiños de mañá, chamados a levar un outro grado d’esprendor â Nosa Terra. Andrés Soto Domínguez Director do CEIP Plurilingüe Labaca

3


NADAL 2014 Polo Nadal tivemos o noso festival. As nenas e nenos de 6º de E. Primaria representaron “Conto de Nadal” e tamen bailaron para todos nos.

Como todolos anos decoramos a nosa Ábore de Nadal e montamos o Belén Centenario no que o noso “cole” tiña un papel importante.

4


Os nenos e nenas de 1º de E. Primaria representaron un Belén para os seus compañeiros máis pequenos; foi unha ledicia velos, tanto aos actores coma aos espectadores.

Todos participamos na nosa festa cas nosas pequenas aportacións

5


6


Como todos os anos, o último venres de outubro, o noso colexio íspese de medo… Chega o SAMAÍN

A biblioteca convértese nun lugar terrorífico, cunha selección de contos de terror…

Organízase a tradicional exposición de cabazas, chea de imaxinación e ilusión…

7


Que difícil escoller as mellores… André, de 4º de educación infantil, mención especial á cabaza máis terrorífica Sabela, de 1º de primaria, á cabaza máis orixinal E Amanuel de 6º de primaria, á cabaza máis divertida

E, por último, a FESTA

!!!!

RONDA DE MEDO PORQUE É SAMAÍN

8


A AULA DE TRES ANOS está chea de actividades, xogos, cancións…pero hai un momento que é moi especial, que non pode faltar nin un día! É A HORA DO CONTO. un momento máxico, abrimos as orellas e os ollos e chega o silencio…

Ao principio era á profe a que lía o conto, pero moi pronto, empezamos a lelo nós. A maioría dos días, hai tantos nenos que queren ler que temos que botar a sortes a quen lle toca.

Cando remata, despois de aplaudir ao narrador, as veces falamos un pouco do conto, outras veces facemos un debuxo del e tamén o dramatizamos, que ben o pasamos facendo de lobo, ou de porquiños…

Debuxo do conto: “¡Fuera de aquí, horrible mounstruo verde!”

Gozamos moito indo a biblioteca do colexio, a escoller e levar prestados contos e tamén cando fomos de visita á Biblioteca Gonzalez Garcés. Cantos libros preciosos… E que atentos estivemos aos contos que nos contaron!!

9


Na biblioteca do colexio

De visita na biblioteca Gonzalez Garcés

No segundo trimestre comezamos a poder levar á casa contos do cole. Nós mesmos anotamos o titulo e á semana seguinte devolvémolos para poder levar outro.

Anotando o título Ficha de rexistro No último trimestre, invitamos ás familias a vir contar un conto a clase. Viñeron tantas mámas e papas que non temos sitio para poñer a foto de todos eles, so podemos dicirlles dende aquí a todos GRACIAS!!!!

E O CURSO QUE VEN, SEGUIREMOS CONTANDO CONTOS!!! 10


11


12


13


INVESTIGANDO A PICASSO. 6º Educación Infantil Xa sabiamos que Picasso era un pintor moi importante pero, como sempre que nos interesa un tema, decidimos investigar e descubrimos moitas cousas sobre el e a súa pintura. Naceu en Málaga pero sendo moi neno veu coa súa familia á nosa cidade, A Coruña. Como a nós gustáballe moito a Torre de Hércules e decidimos que a partir de agora chamaríamola como el: a Torre de Caramelo. De aquí trasladouse a Barcelona, Madrid e mais adiante a Paris, lugar onde querían vivir todos os artistas dese momento. Seguramente Picasso pintaba tan ben porque o seu pai era profesor de debuxo e xa de ben pequeno quería imitalo.

Picasso realizou moitos autorretratos e nós non quixemos ser menos e tamén fixemos os nosos.

Incluso retratamos á "profe", debuxando cada un unha parte do corpo e unindo despois todos os trozos, como di a nosa poesía preferida, Este

Picasso é un caso.

14


A pintura de Picasso pasou por varias etapas, entre outras: - Época azul na que utilizaba as gamas de azuis, violetas e grises que reflectían o mal momento polo que estaba pasando o artista. - Época rosa na que predominaba esta cor. Picasso estaba namorado. Neste período quedou deslumbrado polo mundo do circo. - Cubismo: utilizaba formas xeométricas, o que pintaba parecía que se vía desde distintos lugares á vez e debuxaba ao mesmo tempo o perfil e o fronte dun personaxe. Picasso tivo catro fillos aos que pintou en moitas ocasións. Nós quixemos imitar algúns destes cadros e este foi o resultado. Claude e o seu cabaliño Nena con coroa e barco

Paulo vestido de arlequín

Paloma

15


Entre os seus cadros máis famosos está As señoritas de Avignon, que tamén tivo ás súas réplicas na nosa clase.

Non podemos esquecer outras obras como: - A pomba da paz - Os tres músicos - Retrato de Dora Maar Pero sen dúbida o noso cadro preferido de Picasso é o Guernica. Representa o bombardeo dos avións alemáns sobre esta cidade. Picasso estaba doído e indignado. Utilizou os tons negros, grises e brancos que eran os que vira nas fotografías dos xornais. Nós queremos dicir desde aquí non á guerra e comezamos por dar cor e alegría a este cadro que tanto nos gusta coa esperanza de que a paz se impoña a ese horror.

16


Volvémonos auténticos picasianos:

Fomos á Fundación Barrié a ver a exposición Picasso e o

seu mestre en Isidoro Brocos.

A

Coruña.

No Muncyt vimos o avión que trasladou o Guernica a España.

Finalmente, no Museo de Belas Artes visitamos a exposición O primeiro Picasso.

17


18


ENTROIDO Voltou o Entroido con toda a súa troula. Foi un Entroido moi especial: O NOSO COLE CUMPRE 100 ANOS.

Como non podía ser doutra maneira vestímonos para a ocasión.

Puxemos as nosas mellores galas e,como nos tempos de antes, retratámonos.

Houbo de todo: leiteiros, labregos, enfermeiras, peixeiras, escolantes…

Cantamos, bailamos e xogamos.

19


Tivemos ata un convite, unha gran chocolatada que fixo as delicias dos mais lamb贸ns.

Pas谩molo moi ben e sobre todo

fomos quen de meternos noutros tempos.

20


Ibamos ao cole, estaba chovendo.

Soou a sirena... saĂ­mos correndo.

Pero unha sorpresa, estĂĄbame agardando

pois celebrĂĄbase un aniversario.

Plantamos sementes, recollemos flores. 21


Únete a festa do ANIVERSARIO!

Ánxela e Ricardo tiveron un sono que agora celebramos porque o sono é NOSO!

22 1º E.P.


23


24


25


TALLER “DIETA MEDITERRÁNEA”

26


A CORUÑA MEDIEVAL

MACUF

27


FESTIVAL DE NADAL

VISITA Á FÁBRICA BONILLA

TALLER

RÚA

28


TALLER

DE

PAN

ESTE CURSO, NO QUE “LABACA” CELEBRA CENTENARIO, DEPEDÍMONOS COA VACA DO ACUARIO. 29


A CLASE DE 4º CURSO DO CEIP LABACA VISITA A DOMUS

O día 19 de maio, os nenos e nenas de 4º curso de Labaca foron á Domus, situado no paseo de Riazor e aprenderon como vivían os nosos antepasados, como pintaban e sobre todo divertíronse. Fixeron actividades como “prehistóricos”, onde fixeron un taller no cal viron fotos, videos e traballaron utilizando as técnicas dos primeiros homínidos.

30


OS NENOS E NENAS DE 4º E.P. DO CEIP LABACA VISITAN RIAZOR PARA FACER UN CURSO DE EDUCACIÓN VIAL.

O pasado outubro, os/as alumnos/as de 4º foron a unha saída na que aprenderon educación vial. No aparcamento de Riazor poideron gozar de conducir “cars” por un circuíto que se asemellaba ás carreteras, depois de conducir, interactuaron coa tecnoloxía das “tablets” e pantallas dixitais facendo divertidos xogos mentres aprendían, tamén coñeceron formas para coidar o medio ambiente.

31


Aquí estabamos na biblioteca do Ágora. Tiñamos moitas ganas de ler. Despois fomos a un estudo de exposición da TVG, en honor ao aniversario dos seus 110 anos.

Fixémonos reporteiros, limos noticias, fixemos entrevistas… ao final saíunos un telexornal chulísimo, e sobre todo o pasamos moi ben. Foi unha das nosas excursións favoritas.

32


Nas seguintes fotos aparecemos varios grupos da clase a facer unha tertulia.

33


Aquí estamos actuando diante de todo o cole en Nadal. Estivemos fantásticos!!!

Á entrada do MACUF, onde fomos ver unha exposición chamada “ Y la luz se hizo”.

34


Estamos na Domus, facendo un taller da Prehistoria. Cada mesa fixo aparte unha pintura rupestre, utilizando o mesmo método que os nosos antepasados. Aprendimos moito e gustounos.

Mirade que mural máis chulo fixemos!

Gustanos moito saír ás excursións, pero tamén o pasamos de medo no cole!!!

35


6Âş E. Primaria Neste curso fixemos de todo un pouco:

Fumos pilotos

Fixemos teatro para os nosos compaĂąeiros de infantil

Tivemos a nosa empresa empresa e vendimos no mercado

36


Estivemos na TV e máis na Radio

E nunca esqueceremos o noso “cole”, por iso isto é para él: Querido Colegio: Ahora entiendo por qué los mayores dicen que pasa tan rápido el tiempo, sobre todo los buenos momentos. Hace 9 años entré en este colegio, con mi mandilón de rayas blancas y amarillas; de los primeros años no recuerdo mucho, pero puedo decir que Lorena fue una gran profesora, ella me enseñó a leer, escribir, contar…Recuerdo el día que me castigó por morder a una compañera, ahora sé que me sirvió de lección porque nunca más lo he vuelto a hacer. Lorena no ha sido la única que me ha enseñado, en este centro hay un equipo de profesores, que ante todo son personas que se ocupan de transmitirles a sus alumnos alumnos no sólo conocimientos, sino las ganas de adquirirlos. Y si la entrada fue buena, la salida aún es mejor, porque en estos dos últimos años mi tutora me ha transmitido que lo importante es razonar y entender las cosas, no vale dpara nada memorizar si no comprendemos lo que significa; ella disfruta enseñando y nosotros aprendiendo a su lado.

En este centro he hecho grandes amigos de los que siempre tendre muchos recuerdos de tantas cosas que hemos compartido. Si me dejasen escoger entre ir al instituto o volver a empezar en el colegio no lo dudaría, empezaría de nuevo. Creo que este es una año muy especial para todos los alumnos que hemos pasado por el centro, es “El Centenario”, durante estos cien años hemos sido muchos los alumnos que hemos cruzado la la puerta para entrar en este pequeño pero especial colegio, con su llamativa torre y fachada; visto desde fuera parece un gran palacio. Me considero privilegiada por haber privilegiada compartidoestos compartidoestos 9 años con vosotros . Iria Domínguez González

37


Querido amigo: En todo este tiempo no se me ha ocurrido escribirte, pero ahora me parece una buena idea. Te escribo lo que pienso de ti y lo que me pareció al entrar.. Todo empezó cuando entraba por la puerta del colegio, agarrada a mi mamá y a mi papá, que no quería entrar, tenía miedo y cuando entré fue algo mágico; todo era nuevo, diferente… y de repente una persona con una voz amable nos enseñó dónde era la clase, se presentó y nos sentó en unas mesas y ahí comenzó todo, todo hasta ahora, que pensamos y decimos: “¡Queremos volver a infantil para recordarlo todo!”Ahora estamos en 6º; he vivido muchas cosas aquí y fueron maravillosas y necesitaría otros nueve años para recordarlo, 9 años juntos, 9 años aquí, únicos, contigo, que eres el mejor, el más sabio, el más bonito… Los profesores fueron geniales: nos enseñaban, a veces aprendíamos jugando etc. Y descubrimos que los maestros son más que eso, son personas que nos escuchan, nos alegran, nos ayudan… La verdad es que después de todo este tiempo aquí no me apetece irme, pero aunque me vaya vendré a verte muy a menudo. Un beso para el Colegio Labaca

Noa Gómez Remuiñán


Mi vida en el colegio Mi primer día en el colegio fue distinto, más bien porque normalmente todos los niños entran asustados, llorando… en cambio yo entré riéndome, feliz, porque sabía que en ese sitio iba a empezar una nueva etapa de muchas risas, felicidad, nuevos compañeros, tristezas…. Nuestra clase es como una gran familia, todos tenemos nuestros problemillas, pero los superamos juntos; yo los quiero un montón. Me tocó la mejor clase del mundo. Tuvimos varios profesores y con todos nos llevamos bien, lo mejor de esta familia es que nos apoyamos en todos los momentos, nos ayudamos, nos alegramos los días tristes unos a otros… Aunque en el Instituto nos separen, nuestra amistad siempre estará unida porque nosotros nos queremos. Este año llegaron compañeros nuevos y nosotros los aceptamos en nuestra gran familia y aunque solo lleven 9 meses con nosotros, es como si llevasen 9 años. Bueno, clase y profesores, quiero daros las gracias por todos los buenos y malos momentos, por todas las lecciones y sobre todo, por vuestro cariño y respeto, que gracias a vosotros tenemos nuestro futuro mucho más claro. Nunca os olvidaré, porque sois una parte de mí. Gracias a todos por apoyarme, por explicarme, por mis mejores y peores momentos. Os quiero; os doy un 10 por todo lo que habéis hecho.

Andrea Segade Acevedo En el Colegio Labaca lo he pasado genial. A veces es duro, pero como siempre se dice, todo tiene su recompensa. Ya desde que empezamos el “cole” aprendimos muchas cosas nuevas, y ahora que estamos a punto de acabarlo nos quedamos un poco desilusionados, pensando por todo lo que hemos pasado: conocimos nuevos amigos, conocimos profesores y profesoras, con los que aprendimos muchas cosas y a los que cogimos mucho cariño. Y este año el “cole” cumple 100 años y me alegro mucho de que niños y niñas hayan podido aprender en LABACA, porque valió la pena construirlo; agradezco a este cole que haya podido estudias aquí, porque han sido unos años de experiencias muy alegres, algunas difíciles, pero que han servido para aprender. Así que yo le digo al “COLE”: ¡MUCHAS GRACIAS LABACA! Violeta de Castro Abellán 39


Co motivo do Centenario, organizouse o concurso Visións sobre Labaca. O evento tivo unha participación moi importante dentro das tres categorías do certame: debuxo, fotografía e outros soportes. O pasado 11 de marzo, o xurado reunido na Escola de Arquitectura emitiu o fallo, resultando premiados, cunha dotación de 250 euros cada un, os seguintes traballos:

Debuxo: “Viendo pasar el tiempo” de Marcos Real

Fotografía: “Impregnación especular” de Daniel Carvajal Alonso

Outros soportes gráficos: “ La visión desde el ornamento” de Paula Fdez Diz e outros. 40


41 Alfonso Lobo


Bárbara Huerta

Fora de Concurso: adiviñas preparadas por Mariña García (6º E. Inf.) e a súa nai

Inés Castro

42


Xoves, 19 de febreiro Fernando Agrasar Quiroga, arquitecto e director da ETSAC Xoves, 26 de febreiro Evaristo Zas Gómez, arquitecto e subdirector da ETSAC

Xoves, 19 de marzo Anxo Porto Ucha, profesor do Departamento de Didáctica e Organización escolar da Facultade de Ciencias de Educación da USC . Raquel Vázquez Ramil, profesora da Escola Universitaria de Maxisterio CEU-Vigo.

Xoves, 23 de abril * Luis Llerena Baizán, doctor en Ciencias de la Educación, profesor titular (xubilado) da Universidade de Huelva

Xoves, 30 de abril Santiago Fernández e Manuel Lourenzo. Directores do Estudio Casa Hamlet 43


44


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.