Page 1

PROTOCOLO DE USO ELEMENTOS AULAS ABALAR

CEIP PLURILINGÜE IRMÁNS VILLAR PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR OURENSE - CURSO 12-13 1


ÍNDICE

■ OBXECTIVO……………………………………………………….

3

■ AS AULAS ABALAR………………………………………………

4

■ PROTOCOLO A REALIZAR DESPOIS DA INSTALACIÓN DO MATERIAL NO CENTRO…………………………………………….

5

■ NORMAS XERAIS………………………………………………….

6

■ PROTOCOLO DE FUNCIONAMIENTO DIARIO DAS AULAS ABALAR……………………………………………………………….

7

• PROFESOR……………………………………………………

7

• ALUMNOS……………………………………………………. 8 • O ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO………………….. 10 • O ARMARIO DE CARGA…………………………………… 11 ■ BOAS PRÁCTICAS ………………………………………………... 12 ■ INCIDENCIAS……………………………………………………… 13 ■ FALTAS E SANCIÓNS…………………………………………….. 14 • FALTAS GRAVES OU MOI GRAVES…………………….. 14 • SANCIÓNS…………………………………………………... 15

2


OBXECTIVO XERAL

O presente documento ten como obxectivo establecer unhas normas de uso e funcionamento da infraestrutura correspondente ás Aulas Abalar que indiquen claramente os procesos de actuación e responsabilidades dos usuarios do equipamento, co fin de manter un óptimo rendemento e funcionamento das mesmas.

3


â– AS AULAS ABALAR

Nas aulas abalar contamos cos seguintes elementos:

4


■ PROTOCOLO A REALIZAR DESPOIS DA INSTALACIÓN DO MATERIAL NO CENTRO Revisar o equipamento para que non falte nada (cargadores, punteiros, baterías...). Etiquetar cada miniportátil cun número identificativo que o relaciona co seu nº de serie. Facer unha lista de alumnos co número de netbook asignado. Colgar unha copia dentro dunha funda de plástico na parte interior dunha porta do armario. As chaves dos armarios estarán baixo a custodia de cada profesor/a titor/a desa aula. Unha copia permanecerá en dirección. Cando outros mestres/as desexen traballar cos portátiles pedirán a chave ao titor/a. Haberá un impreso de incidencias gardado no caixón do carro e nel anotaranse as máis significativas. Imprimir as normas de uso e protocolo e publicitalas.

5


■ NORMAS XERAIS O equipamento das aulas Abalar está destinado exclusivamente a uso docente e educativo. Os uso dos ordenadores debe ter unha finalidade educativa, non poden ser un premio ao final da clase, nin debemos deixar que consulten o correo ou páxinas que non teñen que ver cos traballos da aula. Os usuarios das aulas abalar deben responsabilizarse do uso correcto das mesmas. Está prohibido sacar do centro os equipos das aulas abalar. Corresponde ao profesorado e ao alumnado manter o equipamento das aulas abalar en bo estado, evitando avarías por un mal uso. O botón vermello que está na parte superior do carro ou armario de carga, non debe ser pulsado baixo ningún concepto, agás unha emerxercia. En ningún caso o alumnado poderá quedar só na aula mentres utiliza o equipamento Abalar. Os netbook están instalados cunha configuración fixa, de xeito que non se pode instalar nin desinstalar ningún programa. O servidor Abalar e o Espazo Abalar poderán utilizarse por todo o profesorado do centro.

6


■ PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DIARIO DA AULA ABALAR

● PROFESOR

O profesor é o responsable do uso do seu portátil, do EDI e do cañón. O profesor/a será o encargado de custodiar un xogo de chaves do armario de carga. A operación de abrir o armario só a pode realizar o profesor, xa que é o responsable das chaves. Os ordenadores estarán enchufados á corrente, polo que, antes de collelos, hai que quitarlles, con coidado, o cable de alimentación. O profesor controlará a acción anterior, e será o responsable de que se realice correctamente. O mestre/a supervisará sempre o momento no que os alumnos collen o seu ordendor. Rematada a sesión, o profesor/a tamén supervisará a recollida dos portátiles e comprobará visualmente que todo está no lugar adecuado. O profesorado controlará que o carro de carga estea aceso coa fin de acreditar que os ultraportátiles queden perfectamente conectados e cargando. Pechar o armario. Tamén é unha función exclusiva do profesor/a. 7


Se o profesor/a usase o seu portátil deberá apágalo correctamente, comprobando que o proxector tamén está apagado. Se durante a sesión houbese incidencias significativas, débese cubrir o parte de incidencias que estará no caixón do armario e comunicarllas ao Coodinador/a Abalar.

● ALUMNOS

Os alumnos terán asignado un ordenador que identificarán pola súa numeración. Cada alumno collerá o equipo que lle corresponde por orden de lista, baixo a supervisión do mestre/a. Os ordenadores estarán enchufados á corrente, polo que, antes de collelos, hai que quitarlles, con coidado, o cable de alimentación. O alumnado fará unha comprobación visual do estado do equipo e fixarase en que non lle falte o punteiro. Antes de iniciar a sesión o pupitre debe estar preparado.

8


O alumno/a acenderá o portátil dando o tempo necesario para que cargue o sistema operativo, sen premer ningunha outra tecla. Os alumnos comprobarán o correcto funcionamento do equipo e no caso de atopar algunha anomalía comunicarano ao profesor/a para anotar a incidencia, se fose preciso. O alumnado será responsable do correcto mantemento do escritorio, carpetas e arquivos. Ao rematar a clase, o alumno/a debe apagar correctamente o seu portátil, comprobando que non hai ningunha luz acesa e que ten o punteiro no seu sitio. Evitarase tocar a pantalla do miniportátil con calquera obxecto que non sexa o seu punteiro. Non se difundirán imaxes ou informacións que atenten contra a honra ou intimidade persoal. O uso da webcan farase únicamente baixo a supervisión do profesor/a. A devolución do portátil ao carro de carga farase no mesmo orden e do mesmo xeito que na entrega.

9


● O ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO

O encargado de activar e desactivar o encerado dixital interactivo será o profesor/a. Non se poden empregar elementos punzantes para interactuar na pantalla, nin usar rotuladores, bolígrafos ou lápis. Hai que evitar o uso de cinta adhesiva no EDI, xa que deterioraría a súa superficie. As mans deberán estar limpas para evitar deixar pegadas na superficie da pantalla. O canón proxector deberá apagarse ao finalizar cada sesión. O mando a distancia do canón e o punteiro do EDI estarán baixo a custodia do profesor/a.

10


● O ARMARIO DE CARGA

A apertura e peche do armario de carga estará bajxo a responsabilidade o profesor. O profesor supervisará a entrega e recollida dos ultraportátiles de maneira que todo este colocado no lugar que lle corresponde. O profesor prestará atención ás luces do carro para que a carga dos equipos sexa efectiva. No caixón haberá un parte de incidencias que será cuberto, a criterio do profesor, no caso dalgún imprevisto. Hai que manter libres as tomas de aire situadas no lateral exterior do carro. O botón vermello do carro non se deberá pulsar, agás unha emerxencia. Cando o carro de carga se desactiva hai que seguir un proceso para poder rearmalo de novo.

PROCESO:

- Desbloquear o botón vermello cun pequeño xiro para que se eleve. - Abrir o armario pola parte traseira e activar o interruptor diferencial. - Pulsar o botón de encendido para que se volvan acender as luces. 11


■ BOAS PRÁCTICAS

Para o uso do ultraportátil e do EDI, as mans deben estar limpas. Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre os equipos. Para gardar o traballo e poder levalo á casa ou a outro ordenador cada alumno/a disporá dun lápis de memoria. Para as sesións que requiran audio cada alumno disporá de auriculares propios. As páxinas ás que se acceda dende os equipos deberán ser adecuadas á finalidade educativa dos mesmos. A difusión de imaxes ou informacións que atenten contra a honra ou intimidade persoal será motivo de sanción moi grave. Dado que os miniportátiles dos alumnos teñen unha webcam que pode apuntar en calquera dirección, coa que se poden sacar fotos e gravar vídeos, o profesorado debe estar alerta ante posibles malos usos. Débese evitar que o equipo entre en suspensión, esto sucede se se baixa moito a tapa. Se o equipo entra en suspensión, para activalo de novo hai que premer a tecla de encendido. Para traballar deberase colocar o equipo nun lugar estable, a fin de evitar golpes ou caídas e non colocar obxectos sobre el.

12


Non se poderá comer nin beber cando se está traballando cos equipos. Non se pode coller o portátil pola pantalla, sempre debe transportarse colléndoo pola base. Hai que evitar a exposición dos equipos ao sol, a chuvia e as fontes de calor. É aconsellable ter sempre preparado un traballo alternativo cando teñamos programada unha clase cos equipos por si hai algún imprevisto coa rede o proxector ou os ordenadores. Se algún alumno ten un problema co portátil non debemos interromper a clase, apagarao e xuntarase cun compañeiro. Cando queremos mostrarlle algo aos alumnos (vídeo, audio, animacións, presentacións...) é mellor facelo a través do proxector e do EDI para evitar saturar a rede.

■ INCIDENCIAS

No caso de existiren incidencias no funcionamento dos portátiles, encerado ou rede, deberá comunicarse coa maior brevidade posible á persoa coordinadora e cubrir o impreso, se se considera necesario. Se é preciso pasarase a comunicación da incidencia a uac.

13


■ FALTAS E SANCIÓNS

Os usuarios e usuarias do equipamento Abalar deberán cumprir e respectar en todo momento esta normativa de uso, sabendo que o incumprimento da mesma terá como consecuencia sancións que se contemplan no Regulamento de Réxime Interior, e mesmo sancións económicas se chegase ao caso. Calquera desobediencia por parte do alumno/a dos protocolos de uso dos ultraportátiles, desatención, perturbación ou manexo indebido, poderá levar ao mestre/a á retirada durante a sesión de clase ou propoñer a retirada durante varias sesións.

● FALTAS GRAVES OU MOI GRAVES Terán consideración de faltas graves ou moi graves, en función das circunstancias nas que se producen os feitos e das súas consecuencias, as seguintes: Desobedecer reiteradamente as indicacións xerais de uso do equipamento Abalar. A reiteración de faltas leves. A reiteración de faltas graves considerarase moi grave. Calquera intento de danar os equipos, materiais, datos ou programas. Modificar a configuración do sistema operativo e violar as restricións que teña o portátil. A suplantación da identidade doutra persoa. Trasladar o portátil fóra da aula ou fóra do centro. Utilizar o sistema/rede con propósitos ilegais. Causar estragos no portátil por mal uso intencionado do mesmo. O uso da webcam sen permiso do profesor/a. 14


A difusión de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos membros da comunidade educativa.

● SANCIÓNS

As sancións que se poderán contemplar, en función da gravidade da falta ou incumprimento da presente normativa serán, ademais daquelas que determine a lexislación, as que a continuación se sinalan: a).- A retirada de privilexios de utilización do portátil. b).- A retirada temporal ou definitiva do portátil c).- Unha sanción económica que se determinará en cada caso tendo en conta a gravidade do desperfecto causado. d).- Calquera outra aprobada polo Consello Escolar e que se inclúa no R.R.I do centro.

15

PROTOCOLO USO ELELEMENTOS AULAS ABALAR