Issuu on Google+

ANIMACIÓ ANIMACIÓN Á LECTURA Primeiro ciclo de Primaria- Curso 2011-12 OBXECTIVOS

- Desenvolver o gusto por a lectura, en galego e castelán, utilizando diferentes técnicas (Contacontos, lecturas, textos con pictogramas, contos en imaxes) e medios (Libros, ilustracións, ordenador, pantalla dixital, marionetas) - Traballar os valores. - Aproveitar esta actividade para reforzar os contidos de outras áreas, celebrar datas especiais e facer actividades interdisciplinarias conxuntas no ciclo. (Lectura, escritura, plástica e manualidades, motricidade, xogos, cantigas, coñecemento de escritores, cantantes...) - Gozar escoitando, vendo , lendo e inventando historias. - Mellorar e afianzar o proceso lectoescritor. CONTIDOS

- Os contos populares, os contos actuales e os seus autores. ACTIVIDADES

- Serán moi lúdicas, motivadoras e variadas para traballar a oralidade, a escrita, a plástica, a dramatización… TEMPORALIZACIÓN - Todo o curso.


MATERIAL

- Libros de contos - Lecturas on-line. - TICs e material escolar. CONTOS

1.- Trip, o vagalume (CONTACONTOS EN GALEGO)

Primeira semana de curso.

1. 2.

2.-Pinocho (CONTO EN PICTOGRAMAS EN CASTELÁN)

Primeira semana de outubro.

3.- O conto da cabaciña

(CONTACONTOS CON

IMAXES EN GALEGO)

Última semana de outubro.

4.- O Galo Quirico (TEATRO DE TÍTERES EN GALEGO)

Última semana de novembro.

5.- Taller de escritura (APRENDO A ESCRIBIR CONTOS)

Xaneiro e febreiro.


6.- A qué sabe a Lúa? (ESCOITO, LEO E CONTO UNHA HISTORIA EN GALEGO)

Primeira semana de de marzo.

7.- 175 aniversario de Rosalía de Castro. (COÑECEMOS A ROSALÍA DE CASTRO EN GALEGO)

Terceira semana de marzo.

8.- Día do libro: O Bosque animado (PELÍCULA EN GALEGO)

Segunda quincena de abril.

9.- As letras galegas VALENTÍN PAZ ANDRADE

Segunda e terceira semanas de maio.

10.- Lectura individual libre (LIBROS EN GALEGO E CASTELÁN)

Ao longo de todo o curso

11.- Lectura colectiva dirixida (LIBROS EN GALEGO E CASTELÁN)

Ao longo de todo o curso


1-Trip, o vagalume

(CONTACONTOS EN GALEGO)

Primeira semana de curso. Un pequeno conto moi apropiado para o comezo de curso que nos servirá para traballar: -As diferenzas persoais. -A aceptación dos demais. -A axuda. -A amizade. -Facer as presentacións de principio de curso e dos nenos novos. A mestra cóntalle esta historia os nenos a xeito de contacontos, utilizando un verme, feito en goma-eva, que vai armando a medida que avanza o conto ata que os nenos se van dando conta de que non é un verme, é un vagalume. ACTIVIDADES PARA 1º: -Ficha para debuxar o vagalume e escribir algunhas palabras ou letras relacionadas co conto. Tamén poden escribir os nomes dos seus compañeiros. ACTIVIDADES PARA 2º: -Ficha para escribir o conto de xeito resumido, coa axuda da mestra, e facer un debuxo relacionado coa historia que escribiron. -Construír un vagalume en cartolina ou en goma-eva. TABLÓN DE ANUNCIOS. -O vagalume feito en cartolina por os nenos de 2º. -Fichas dos nenos de 1º e 2º. -Debuxos do vagalume con pintura de dedos. -Texto do conto. -O vagalume que utilizou a mestra para contar a historia. MATERIAL Texto. Adaptación http://serpo.jimdo.com/trip-el-gusano-viajero/

ANEXOS 1.- Texto do conto. 2.- Ficha para escribir o conto (2º)

3.- Ficha para debuxar o vagalume (1º) 4.- Modelo de vagalume.


2-Pinocho ( CONTO CON PICTOGRAMAS EN CASTELÁN) Primeira semana de outubro. Aproveitando que están traballando a unidade do corpo humano, escollemos este conto que nos parece axeitado para este tema e tamén para traballar os seguintes valores: - Obediencia. - Sinceridade. - Perdón. - Amor. Contámoslle o conto aos nenos de 1º e 2º utilizando imaxes, na pantalla dixital e unha marioneta. Os nenos de 2º lerán a historia de Pinocho en pictogramas. Os nenos dos dous niveles escoitarán o nome do autor e algúns datos da súa vida. Escoitan unha cantiga de Pinocho mentres fan os traballos do conto. Remataremos a sesión facendo psicomotricidade coa historia do conto (Vivenciar o conto) Os nenos poden levar á aula os contos, marionetas ou puzles de Pinocho que teñan na casa.

ACTIVIDADES ACTIVIDADES PARA 1º -Colorear os personaxes do conto e escribir o nome debaixo de cada debuxo.

ACTIVIDADES PARA 2º -Lectura do conto en pictogramas, na pantalla dixital. -Debuxar o autor do conto. -Localizar no mapa de Europa, Italia e España. -Completar o conto substituíndo debuxos por palabras. -Facer unha marioneta de Pinocho e un boneco xigante con cartolinas.


TABLÓN DE ANUNCIOS -Debuxos dos personaxes coloreados por os nenos de 1º. -Marionetas de Pinocho feitas por os nenos de 2º. -Texto do conto en pictogramas. -Retrato e datos do autor.

MATERIAL -Diferentes libros de “Pinocho” da biblioteca do colexio e os que os alumnos traian das suas casas. -Conto en imaxes : http://www.youtube.com/watch?v=3NjBgtNZs_U&feature=related -Texto do conto en pictogramas. Adaptación : http://unaventanaalauladeinfantil.blogspot.com/2009/10/cuento-enpictogramas-de-pinocho.html

-Datos do autor: http://unaventanaalauladeinfantil.blogspot.com/2009/10/cuento-en-pictogramas-de-pinocho.html -Cantiga: http://www.youtube.com/watch?v=rUpeQNPzkks&feature=related -Psicomotricidade do conto . Adaptación: http://www.lasalle.es/shema/relajacion/fotocopia.pdf -Debuxos : http://www.dibujosparacoloreargratis.com/dibujos_animados/pinocho.php http://www.dibujoswaltdisney.com/ver/Pinocho-se-va-a-la-escuela/493.html http://www.colorear.info/Dibujos-infantiles/Pinocho/0index.php

ANEXOS 1.- O autor e localización no mapa. 2.- Debuxos para colorear. 3.- Plantillas para facer as marionetas. 4.- Conto vivenciado. 5.- Texto do conto para o taboleiro de anuncios.


3.- Conto da cabaciña (CONTACONTOS CON IMAXES EN GALEGO) Última semana de outubro Tendo en conta a data, pareceunos que a historia da cabaciña serviranos de motivación para celebrar o Samaín e potenciar: - O coñecemento da realidade sociocultural e xeográfica Galega, as súas tradicións e incluso a súa historia. - Achegarnos a estación do outono (clima, froitos, festas) - A colaboración das familias no proceso educativo dos nenos, xa que terán que compartir tempos e creatividade na actividade de disfrazar a cabaciña. Facemos esta actividade en colaboración e co asesoramento do departamento de normalización lingüística da nosa escola. ACTIVIDADES PARA 1º: - Traer á escola unha cabaciña disfrazada. - Escoitar o conto: “A lenda da cabaciña” - Colorear cabaciñas para enmarcar o mural que anuncia a festa do Samaín. - Colorear debuxos sobre o Samaín ACTIVIDADES PARA 2º: - Traer unha cabaciña disfrazada. - Escoitar un breve resumo da tradición da festa do Samaín. - Escoitar o conto: “Historia da cabaciña”. - Karaoke da canción de Mamá Cabra: “ Tumba tumba” na aula da pizarra dixital. - Escribir a letra da cantiga e decorar o traballo. - Facer o resumo do conto con pictogramas, utilizando as seguintes palabras para debuxar: monxe, diaño, cabaciña, lanterna.


- Facer unha marioneta de pantasma con panos de mesa de papel, un pauciño e rotuladores.

-Facer un mural para ambientar a escola. -Organizar a exposición de cabaciñas. TABOLEIRO DE ANUNCIOS -Traballos feitos por os alumnos de 2º: -Portada co debuxo da cabaciña. -Conto con pictogramas. -Letra da cantiga “Tumba-tumba” decorada. -Debuxos feitos por os alumnos de 1º. AMBIENTACIÓN DA ESCOLA -Mural da festa do Samaín. -Exposición de cabaciñas. -Marionetas das pantasmas. MATERIAL -Moitas cabaciña cabaciña e candeas. -Material escolar, servilletas de papel e cinta para atar. -Cantiga e textos: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsardomamoledo/category/5/40 -Historia do samain samain e disfraces: http://www.educaspontes.es/wp-content/uploads/2010/11/Leer-mais1.pdf

ANEXOS 1.- Historia do Samaín.

3.- Decoración da cabaza.

2.-A lenda da cabaza.

4.- Apetéceche facer un disfrace?

5.- Texto do conto para o taboleiro de anuncios.


4.- O Galo Quirico

(TEATRO DE TÍTERES)

Última semana de outubro Escollemos este libro, que nos pareceu moi axeitado para un tempo en que os nenos están coñecendo os animais. O conto serviranos para: -Afianzar o coñecemento dos animais. -Desenrolar a imaxinación e a creatividade. -Valorar a sinceridade e a axuda os demáis. -Aprender a memorizar. Os nenos de 2º van escoitarán a historia e despois falamos dos personaxes que lles iremos mostrando en imaxes mentras van compoñendo o conto. Aprenderán unha cantiga do galo Quirico.Os nenos de 1º coñecerán o conto cando vexan o teatriño que presentarán os alumnos de 2º. ACTIVIDADES PARA PARA 1º -Facer unha roda cos personaxes do conto. ACTIVIDADES PARA 2º -Actividades clic do Quirico Lambón. -Facer as marionetas de todos os personaxes do conto utilizando diferentes técnicas: .O Galo Quirico con plastilina ( Dous modelos). .O tío Perico .A Herba con goma-eva. .A Ovella con algodón. .O Pau con pauciños. .O Lume con papel de seda.


.A Auga con papel plateado. .A Vaca, un collage con papel-charol negro. .O Pastor, técnica libre. .O Neno, técnica libre. .Outros Animais: cabalos, cabritos, abellas, moscas, mosquitos...(Os que sexan necesarios para que todos os nenos participen na representación) -Representar o conto cos títeres que fixeron. TABLÓN DE ANUNCIOS -A roda dos personaxes do conto. -Un teatriño coas marionetas dos personaxes dentro. -Un teatriño co texto da historia. MATERIAL .”O Quirico Lambón” de Bernardino Graña. Edicións Xerais. .Libros diferentes do conto “O Quirico lambón” . .O teatro guiñol. .Páxinas de internet: -http://www.youtube.com/watch?v=9sf352M_CJM&feature=related -http://www.youtube.com/watch?v=X8ruTGCHeso&feature=related -http://2.bp.blogspot.com/-fCcyc-UerQ8/TeImXUW0FyI/AAAAAAAADr0/2Qqf4OZEXxw/s1600/contra%2Bportada.jpg

ANEXOS 1.- TEXTO DO CONT0: Adaptación do libro “O Quirico lambón” de Bernardino Graña. 2.- O AUTOR: Bernardino Graña. 3.- DEBUXOS PARA COLOREAR E PARA FECER MARIONETAS. 4.- FICHA PARA 1º


5.- Taller de escritura (Aprendo a escribir contos en galego e castelán) Xaneiro e febreiro. Despois de ter lido e escoitado algúns contos, imos traballar a lingua escrita e tentar achegarnos á composición de historias apoiados con debuxos e viñetas. O obxectivo fundamental é converter a lectura e a escritura en actividades divertidas para os alumnos. As habilidades que queremos traballar son: -A creatividade. -O vocabulario. -A orientación espacial e temporal. -A memoria visual. Presentamos as diferentes partes dunha historia con viñetas na pantalla dixital. Traballamos cos nosos alumnos de 1º a formación de frases completas con diferentes posibilidades, ordenación de secuencias e a creación de textos para unha serie de viñetas de debuxos mudos. Con todas estas actividades organizarán o seu primeiro caderniño de “Taller de escritura”. Cos alumnos de 2º empezaremos directamente co recoñocemento das diferentes partes dos conto, a creación de textos para cada unha desas partes e a invención de historias a partires dun debuxo e dun título. Con estas actividades organizarán un caderniño de “Taller de escritura”. ACTIVIDADES PARA 1º 1.- Actividades LIM. 2.- Traballa coas palabras e coas frases (3 fichas) 3.- Ordena as viñetas dunha historia.(2 fichas) 4.- Crea un texto para cada viñeta e pon un título. (2 fichas)5.- Facemos un Diccionario con viñetas para o día da Paz. Cada alumno fará unha páxina


ACTIVIDADES PARA 2º 1.-Descubre as partes dun conto (4 fichas) 2.-Ordena e recorta as viñetas dunha historia e escribe ( 3 fichas) 3.-Escolle un final para unha historia . 4.-Crea una presentación para una historia. 5.- A partir dun título e dun debuxo escribe unha historia. 6.- Facemos o libro da Paz: Inventa unha pequeña historia con viñetas. Cada alumno elaborará unha páxina. TABOLEIRO DE ANUNCIOS -Pensa unha historia: series mudas para que todos podan crear as suas historias. -Traballos dos alumnos de 1º -Traballos dos alumnos de 2º MATERIAL Actividades LIM para 1º http://www.chicomania.com/Cuentitos/index.html http://www.cuadernointercultural.com/materiales/lectura/animacion-a-la-lecturaescritura/ http://orientacionandujar.wordpress.com/2010/04/14/guia-para-crear-cuentos-en-nuestra-clase/ http://colorearyaprender.com/colorar-secuencias-temporales-para-ninos http://coloreardibujo.com/secuencias-temporales-para-ordenar-y-colorear http://www.educima.com/dibujos-para-colorear-estaciones-c101.html http://www.profes.net/rep_documentos/Monograf/1P%20Ficha_7.PDF http://www.primaria.profes.net/especiales2.asp?id_contenido=39676

ANEXOS -Estructura do conto (Para profesores) -Estructura do conto (Para os nenos) -Actividades para os alumnos de 1º. -Actividades para os alumnos de 2º. -Viñetas para a presentación do taller e para o taboleiro de animación á lectura.


6.- A qué sabe a Lúa? (ESCOITA, LE E CONTA HISTORIAS EN GALEGO) Primeira semana de marzo. Nesta época do ano que a programación escolar nos invita a coñecer os astros, os planetas e satélites, escollemos este relato ilustrado, a medio camiño estre a fábula e a lenda, que esperta no lector fantasía e a curisiodade. Con este conto imos traballar os valores e algúns contidos do currículo, amais de saber atopar esa poética ensinanza de soños compartidos; cun chisco de humor, o que aporta unha lúa sorrinte, burlona e algo saltareina: - Solidariedade - A forza da unión. - Cooperación. - Axuda aos compañeiros. - Os animais. - Os sabores - Os astros. Os nenos de 2º lerán o conto e cofeccionarán os personaxes que utilizarán para contar a historia aos alumnos de 1º.

ACTIVIDADES PARA 1º -

Ficha para recoñecer os personaxes do conto e ordenalos por orden de aparición.

- Actividades LIM.


ACTIVIDADES PARA 2º - Confeccionar os personaxes do conto. - Contar a historia aos alumnos de 1º - Actividades LIM.

MATERIAL - Libro “A qué sabe a Lúa? Ed. Kalandraka. - Páxinas Web: -

http://www.google.es/search?tbm=isch&hl=es&source=hp&biw=1024&bih=560&q=luna&gbv=2&o q=Luna&aq=0&aqi=g10&aql=&gs_sm=c&gs_upl=3422l5125l0l7437l4l4l0l0l0l0l219l562l1.2.1l4l0

Versión cantada: http://www.youtube.com/watch?v=c6EdPGTH57Y

Actividades LIM para 1º: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/AQUESABEALUA/aquesabealua.html http://actividadeslim.blogspot.com/2011/02/que-sabe-lua.html

ANEXOS - Debuxos para confeccionar os personaxes. - Fichas de comprensión do conto para 1º.


7.- 175 aniversario de Rosalía de Castro (EN GALEGO) Co gaio da celebración, este ano, do 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, realizaranse no noso centro diversas actividades nos distintos ciclos, arredor da figura da gran escritora galega. Esta actividade esta fortemente ligada ás actividades de normalización lingüística do centro, cuxo departamento promoveu e que nós enmarcamos dentro das de fomento da lectura e proporase a súa publicación na revista escolar. A máis dos obxectivos específicos que forman parte do proxecto de fomento da lectura, o que se pretende con estas actividades é que os alumnos : -Que se acheguen ao coñecemento da vida e obra da autora. -Que sexan capaces de identificar e interpretar algúns poemas de Rosalía musicados por distintos autores. - Preténdese, por último, que poidan coñecer , disfrutar e valorar as nosas tradicións, cultura e señas de identidade a través da obra literaria da autora que nos ocupa.

ACTIVIDADES PARA 1º -Os alumnos de primeiro realizarán un libriño sobre Rosalía.


ACTIVIDADES PARA 2º -Realizarán o retrato de Rosalía na aula de plástica. -Prepararán un libro no que se ilustrará, engadindo un sinxelo texto, a vida e obra da autora. - Ilustrarán

o poema “Adeus ríos, adeus fontes”.

TABOLEIRO DE ANUNCIOS - Os traballos feitos por os nenos de 1º e de 2º.

MATERIAL -Libro “Adiós ríos, adiós fontes” -Baía edicións. -Páxinas web: • www. Rosaliadecastro.org :Rosalia e a infancia. • www. Chiscos.net xogando con Rosalia • bulebulepolabiblio: Rosalia de Castro

ROSALÍA Helena Vilar Janeiro Editor: Editor: Fndación Rosalía de Castro


8.- Día do libro: O Bosque animado (PELÍCULA EN GALEG)O Última semana de abril Para celebrar o día do libro, este ano, propoñemos ver unha película e despois facer un conto en viñetas coa historia. Con esta pretendemos:

actividade

-Traballar os valores ecolóxicos; Espertar o amor e respeto por a natureza. -Reforzar o currículo: Afianzar o coñecemento das aves. Practicar a escrita e a plástica. Comenzaremos a sesión con todos os alumnos do primeiro ciclo de primaria, explicando e xustificando a celebración do día do libro. Despois proxectaremos a película e, por fin, desenrolarán o seu traballo persoal cada grupo na súa aula. ACTIVIDADES PARA 1º -Facer unha tira de tres viñetas (presentación, nudo e desenlace) para contar a historia. ACTIVIDADES PARA 2º -Facer unha tira de máis de tres viñetas, con texto, para contar a historia. MATERIAL -DVD da película. -Folios preparados para o traballo en viñetas. -Libro “O bosque animado” (Wesceslao Fernández. Flórez) Edicións Xerais. TABOLEIRO DE ANUNCIOS: ANUNCIOS: -Traballos feitos por os alumnos.


Letras Galegas

Valentín Paz Andrade

9.- As letras galegas: Valentín Paz Andrade Segunda e terceira semanas de maio. Para coñecer a este persoaxe das letras galegas, seguiremos a programación que se faga no colexio, para traballar conxuntamente e de xeito coordinado coas directrices do departamento de normalización lingüística.

Busto de Paz Andrade en Pontevedra


10.- Lectura individual libre (LIBROS EN GALEGO E CASTELÁN) Ao longo de todo todo o ano.

Para afeccionar aos alumnos á lectura, é preciso que se lles permita ler os libros e os textos que máis lle gusten para que se convirtan en bos lectores. Os libros serán escollidos por eles mismos na biblioteca escolar da escola, seguindo as instruccións das persoas encargadas. Tamén poden utilizar os libros que traian das súas casas.

Pretendemos, con esta modalidade de lectura individual e silenciosa: -Desenrolar a súa autonomía persoal e capacidade de decisión. -Mellorar a capacidade lectora. -Disfrutar lendo.

ACTIVIDADES Tanto os alumnos de 1º coma os de 2º de primaria adicarán a este tipo de lectura o tempo que está previsto na programación anual da escola: 15 minutos cada día, de 11:45h. a 12:00h.

MATERIAL -Libros de lectura da biblioteca da escola, os da biblioteca da aula e os que poden traer da casa.


11.- Lectura colectiva dirixida (GALEGO E CASTELÁN) Ao longo de todo o ano.

Estando no primeiro ciclo de primaria, resulta necesario adicar un tempo importante á lectura, en calquera dos seus aspectos, pero sobre todo en alta voz e de xeito colectivo para que nos permita: -Mellorar a pronuncia e correxir os erros de vocalización. -Axeitar a entonación. -Controlar a velocidade lectora. -Axudar a manter a concentración e a atención para non se perder na lectura. - Aprender

a

interiorizar

e

comprender a lectura.

ACTIVIDADES -Os nenos de 1º e 2º adicarán a este tipo de lectura todo o tempo que sexa posible e que se programará adecuadamente en cada nivel. A escritura correrá sempre á beira da lectura.

MATERIAL -Libros de lectura de texto. -Lecturas on-line.


ANIMACION Á LECTURA Programación