Issuu on Google+

PROXECTO DE FORMACIÓN EN CENTRO:

“USO DAS TIC NO CENTRO”

CEIP IRMÁNS VILLAR OURENSE


ÍNDICE

1.- Título. 2.- Xustificación. 3.- Obxectivos. 4.- Contidos. 5.- Actividades. 6.- Metodoloxía. 7.- Temporalización. 8.- Recursos humanos es materiais. 9.- Criterios de avaliación. 10.- Necesidades orzamentarias. 11.- Outros aspectos salientables.


1.- TÍTULO:

“USO DAS TIC NO CENTRO”

2.- XUSTIFICACIÓN: O CEIP Irmáns Villar atópase na rúa Pena Trevinca, nº 41, no barrio de San Francisco e escolariza a uns 400 alumnos procedentes na súa maioría dun medio socioeconómico de nivel medio e o seu Claustro está composto por 34 mestras e mestres O Centro conta cunha dotación importante de medios relacionados coas TIC e compre que o persoal adquira unha formación que lle permita sacar o máximo rendemento educativo a ditos medios. O presente plan de formación TIC do centro pretende dar resposta ás demandas de formación sobre novas tecnoloxías, para poder dar un pulo maior ao desenvolvemento das TIC no noso centro por parte de todo o Claustro, mellorar o tratamento da competencia dixital e o tratamento da información. O obxectivo principal é dotar aos mestres e mestras das competencias necesarias para usar ferramentas da chamada web 2.0, no diario facer das súas materias e das súas propostas metodolóxicas. O punto de partida será desde un nivel básico para acadar todos xuntos maiores cotas de dominio destas ferramentas coa conseguinte repercusión nas tarefas diarias do proceso de ensinanza aprendizaxe. En moitos casos o profesorado xa emprega estas ferramentas pero compre avanzar no seu coñecemento e dominio para chegar a un nivel óptimo de desenrolo, acadando así a seguridade que pode faltar e unha correcta valoración do enriquecemento que aportan á práctica educativa.


3.- OBXECTIVOS:

Dividiremos o obxectivo principal, que citamos na xustificación, en tres módulos do seguinte xeito: • Módulo 1: de competencias básicas TIC, coñecementos básicos de ofimática, páxina web e tratamento da imaxe. • Módulo 2: de Encerados Dixitais Interactivos. • Módulo 3: de recursos e experiencias da Web 2.0.

Módulo 1: competencias básicas TIC, coñecementos básicos de ofimática, páxina web e tratamento da imaxe: -

-

-

-

Familiarizar aos profesores cos equipos tic do centro. Afianzar os coñecementos do profesorado sobre os compoñentes básicos do hardware dun ordenador(encender, interfaz do escritorio, creación de carpetas, compresión/descompresión, portos usb, portos de audio, compoñentes da pantalla, abrir/pechar fiestras, teclado básico para cando falle o rato…) Iniciar ao profesorado no emprego de aplicacións básicas que facilitan o traballo diario (Word e Powerpoint, tipos de letras, insertar táboas, edición de plantillas, tipoloxía da fonte…) Coñecer os distintos navegadores de Internet. Afianzar os coñecementos sobre as impresoras e o escáner. Ampliar os coñecementos do profesorado sobre a páxina Web do centro para que podan facer as súas aportacións. Fomentar o uso da web do Centro contribuíndo ao seu enriquecemento Dotar aos mestres/as dos coñecementos básicos para traballar coa imaxe, co vídeo e con audios (insertar fotogramas, insertar video dende youtube, insertar audio…) Manexar diferentes contas de correo electrónico. Iniciar aos profesores/as nas técnicas de gravación e edición de vídeos. Dar a coñecer páxinas ou enlaces que podan contribuír a aumentar a formación do profesorado. Dotar ao profesorado de recursos titoriais que permitan a autoaprendizaxe ou resolución de dúbidas.


Módulo 2: encerados dixitais interactivos (EDI) Smart e Promethean: -

Iniciar ao profesorado nos recursos do software do encerado Smart Board. Iniciar ao profesorado nos recursos do software do encerado Promethean. Integrar o uso dos encerados dixitais nas tarefas diarias da clase. Fomentar a elaboración de materiais sobre diferentes temas de interese. Dar a coñecer páxinas ou enlaces que podan contribuir a aumentar a formación do profesorado. Dotar ao profesorado de recursos titoriais para a autoaprendizaxe.

Módulo 3: recursos e experiencias da web 2.0: Crear blogs de ciclo, aula ou materia. Crear wikis por materias ou outra temática específica. Motivar ao profesorado na elaboración de materiais 2.0. Usar ferramentas on line para presentacions interactivas. Dar a coñecer diferentes páxinas ou enlaces que contribúan a aumentar a formación sobre o tema. - Dotar ao profesorado de recursos titoriais para a autoaprendizaxe. -

4.- CONTIDOS:

Citarémolos en relación aos 3 módulos que establecemos previamente. Módulo 1: competencias básicas TIC, coñecementos básicos de ofimática, páxina web e tratamento da imaxe: -

Hardware básico dun ordenador. Descripción da interfaz do escritorio. Exploración de arquivos e fiestras. Formatos de arquivos e características.


-

Compresión/descompresión de arquivos Pdf. Correo electrónico. Aplicacións que conforma no proxecto das webs dinámicas: drupal, moodle, coppermine. Funcionamento básico dalgúns programas de interese para a tarefa de ensinar: powerpoint, word, open office, j clic,... Impresoras e escáner. Navegadores de Internet. Titoriais. Tratamento da imaxe: fotografía, video e audio. Páxinas e enlaces interesantes.

Módulo 2: encerados dixitais interactivos Smart e Promethean: -

Encerado dixital Smart Board. Encerado dixital Promethean. Titoriais. Enlaces interesantes.

Módulo 3: recursos e experiencias da web 2.0: -

Blogs Wikis Ferramentas 2.0. Enlaces interesantes.


5.- ACTIVIDADES:

Citarémolas en relación aos 3 módulos establecidos previamente. Módulo 1: competencias básicas TIC, coñecementos básicos de ofimática, páxina web e tratamento da imaxe: -

Creación de textos para o seu uso nas diferentes materias acadando unha maior motivación do alumnado. Creación de presentacións en powerpoint sobre temáticas específicas con video e audio. Incluir na páxina web do centro o periódico escolar elaborado no pasado curso 10/11. Gravación e edición de videos. Comprensión e descomprensións de documentos. Conversión a pdf de documentos en Word ou ppt. Gravación de cd de audio e video. Facer aportacións á paxina web do centro contribuindo ao seu enriquecemento: datos, traballos e presentacións.

Módulo 2: encerados dixitais interactivos Smart e Promethean: Elaborar titoriais persoais sobre os compoñentes básicos do hardware do ordenador ou do encerado dixital. - Elaborar titoriais das ferramentas empregadas para o uso do novo profesorado que se incorpore ao centro. - Elaboración de material concreto adecuándoo aos diferentes ciclos da Educación que temos no Centro. - Creación de pequenos contos ou historias. -

Módulo 3: recursos e experiencias da web 2.0: -

Creación dun caderno de bitácora (blog) nas titorías. Creación dunha Wiki de temática concreta. Establecer normas de uso das TICs que fomenten un uso crítico das mesmas no centro e na aula.


6.- METODOLOXÍA:

Pretendemos que a metodoloxía sexa activa e colaborativa. A liña metodolóxica potenciará o traballo en equipo ademais de permitir actualizar coñecementos científicos e didácticos para a súa aplicación na aula. Para a práctica e o desenvolvemento das actividades programadas decidimos facer dous tipos de grupos de traballo: 1.-Traballo en gran grupo (todos xuntos): Esta formación fomenta habilidades como a escoita activa do compañeiro/a, respeto pola opinión do outro…A aprendizaxe será polo tanto responsabilidade de todos, experimentando, investigando e sacando conclusións en común. 2.- Traballo en pequeno grupo : Do mesmo modo, tamén se propón a realización das actividades de maneira individual . Nas horas de docencia combinarase a teoría e a práctica. Haberá sesións de gran grupo para marcar directrices, tomar decisións e postas en común de cara a unha adecuada coordinación. Para a elaboración dos traballos e de material variado, dividiremos o grupo en equipos máis pequenos en función das necesidades dos distintos ciclos: • Educación Infantil: • Educación Primaria: - 1º Ciclo. - 2º Ciclo. - 3º Ciclo.

Todos os traballos elaboraranse tendo en conta os catro ciclos educativos, dando así unha visión global, progresiva e adecuada ao nivel no que nos atopemos.


7.-TEMPORALIZACIÓN:

Para o presente proxecto de formación en centro SOLICITAMOS 50 h que distribuiremos como se explica a continuación e cunha duración de 2 h e media por sesión. As reunións celebraránse os xoves de 17:00 a 19:30. Agás un luns en novembro, por axustes e dous días de maio que non serán en xoves a causa dos festivos. Reservaremos o último xoves do mes de maio, xa fóra das 50 h., para imprevistos que poidan xurdir.

CALENDARIO DE REUNIÓNS – XOVES DE 17:00 A 19:30 LUNS

MARTES MÉRCO.

XOVES VENRES 10/11/11 14/11/11 *luns/axustes 17/11/11 24/11/11 01/12/11 12/01/12 19/01/12 26/01/12 02/02/12 09/02/12 23/02/12 01/03/12 08/03/12 15/03/12 22/03/12 12/04/12 19/04/12 26/04/12 02/05/12 14/05/12 *cambio / festivos 24/05/12 Día para imprevistos 01-06-12 Memoria

SÁBADO DOMINGO


PLANTEXAMENTO DAS DIFERENTES SESIÓNS DE TRABALLO

1ª.- Sesión: 10-11-11 2ª.- Sesión: 14-11-11 Estas primeiras 5 horas adicaranse ao recordatorio de nocións básicas de ofimática: compoñentes básicos, creacións de textos e carpetas, memorias externas, renomeados, interfaz do escritorio, búsqueda de documentos, manexo do correo electrónico, creación doutras contas de correo, etc... E tamén á anotación de dúbidas ou aspectos concretos que poderemos aclarar no momento da docencia. 3ª.- Sesión: 17-11-11 4ª.- Sesión: 24-11-11 Cinco horas de docencia sobre a páxina web, presentacións, navegación e tratamento da imaxe.Titoriais. 5ª.- Sesión: 01-12-11 6ª.- Sesión: 12-01-12 Aplicación práctica das nocións adquiridas e elaboración, en dinámica de grupos máis pequenos, de material sobre un centro de interés (que decidirá o grupo). Incorporación á páxina Web do Centro de traballos realizados e do periódico escolar do curso pasado. Entre os posibles temas podemos citar: magosto, Samaín, Nadal, presentación para as Letras Galegas… 7ª.- Sesión: 19-01-12 - Smart 8ª.- Sesión: 26-01-12 - Promethean 9ª.- Sesión: 02-02-12 - Recursos Sete horas e media de docencia sobre os EDI: Smart e Promethean. Titoriais. 10ª.- Sesión: 09-02-12 11ª.- Sesión: 23-02-12 12ª.- Sesión: 01-03-12


Aplicación práctica das nocións adquiridas e elaboración de material sobre temática que o grupo decidirá. Posteriormente traballaremos en grupos máis pequenos para adecuarnos ás esixencias e necesidades dos diferentes ciclos. Posibles temas para traballar: - Lectura comprensiva e creación de contos. - Presentación sobre as Letras Galegas. - Elaboración de tutoriais. - Recopilación de lendas. - Unidades didácticas sobre algún tema. - Creación de pequenos xogos interactivos: puzles, matemáticas, ortografía… - Elaboración de powerpoints...

13ª.- Sesión: 08-03-12 Dúas horas e media de docencia sobre recursos e experiencias da web 2.0: blogs, wikis… Titoriais. 14ª.- Sesión: 15ª.- Sesión: 16ª.- Sesión: 17ª.- Sesión: 18ª.- Sesión:

15-03-12 22-03-12 12-04-12 19-04-12 26-04-12

Rematada a formación o resto de datas adicarase elaboración de material e experiencias propias. O traballo concreto será en grupos máis pequenos pero haberá reunións de gran grupo para a toma de decisións, posta en común e valoración. No momento actual non temos decidido sobre o que traballaremos exactamente. A planificación concreta dos traballos irase elaborando a medida que avancemos na formación. En función da docencia e seguindo as indicacións e suxerencias dos ponentes decidiremos a temática concreta, pero que pode ser sobre algunhas das ideas citadas anteriormente. 19ª.- Sesión: 02-05-12 20ª.- Sesión: 14-05-12


Nestas dúas últimas sesións entregarase o material para a memoria e terá lugar a organización definitiva. Tamén se realizará a avaliación do proxecto.

8.- RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

Está previsto que participemos no proxecto de formación 24 mestres/as dos 34 cos que conta o centro. Realizaremos traballo en gran grupo, en grupos máis pequenos e individual. O Centro conta con infraestructura suficiente para poder desenvolver o proxecto de formación. Así podemos citar: -

Aula de Informática con canón de proxección e 17 postos de ordenador. Catro ordenadores portátiles. Dúas aulas con encerado dixital. Ordenadores e canón de proxección en 6 aulas de Primaria. Dous ordenadores na sala de profesores. Ordenadores nas aulas de Infantil. Escaner e impresoras. Dúas cámaras de fotos. Dúas cámaras de video.


9.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Para realizar a avaliación do proxecto de formación en centro teremos en conta os seguintes criterios: - Análise e valoración das produccións do grupo e da docencia recibida. - Aplicación e repersusión na práctica educativa. - Adecuación da metodoloxía aplicada. - Grao de satisfacción co traballo realizado. - Organización dos recursos humanos e materiais.. - Reflexións realizadas, logros e incidencia no centro. - Propostas de mellora e/ou de continuidade do traballo.

10.- NECESIDADES ORZAMENTARIAS No caso de que se concedan as 50 horas solicitadas, contaremos con 15 h. de docencia. Neste caso está previsto que o CFR se encargue dos ponentes e de xestionar o pago das horas de docencia. Precisariamos unha partida presupuestada en 328,63 € para costear material como: -

Pen drivers.

-

Memoria externa.

-

Caixa de CD e DVD.

TOTAL PRESUPOSTO: 1.200 € Incluindo docencia e partida de material.


11.- OUTROS ASPECTOS SALIENTABLES: Como coordinadora do presente proxecto de formación en centro, certifico que non se recibíu nin está solicitada ninguha axuda económica por parte doutros organismos.

Ourense, 14 de outubro de 2011

Asdo. Luz Mª Vázquez Caride.


PROXECTO FORMACIÓN - USO DAS TIC NO CENTRO-11-12.doc