Issuu on Google+

ARTE

NA

ESCOLA

2º DE PRIMARIA CEIP. PLURILÍNGÜE IRMANS VILLAR

CURSO 2011-12


ARTE NA ESCOLA 2º DE PRIMARIA

INTRODUCIÓN A educación artística é fundamental nos primeiros anos xa que ofrece aos nenos a oportunidade para que poidan contemplar e disfrutar estéticamente da natureza, das situacións cotiás e tamén das producións artísticas propias e alleas. Ao longo deste curso os alumnos terán a ocasión de experimentar diferentes aspectos da educación artística, como consta na programación anual, pero agora imos presentar un proxecto para incorporar as obras de arte, pintura, escultura, arquitectura e mesmo os estilos pictóricos, á aula de plástica. Esto permitiralles aos alumnos traballar de xeito individual e colectivo, aumentar a confianza en si mesmos e mellorar o rendemento académico en xeral. Será un proxecto interdisciplinar porque vai relacionar as diferentes áreas do currículo. Traballaremos desde dous campos:

1.1.- As obras de arte: arte unha obra de arte ou estilo pictórico para cada unidade. 2.2.- Talleres: Talleres talleres de plástica e manualidades para traballar sobre diferentes temas.


OBXECTIVOS -Achegar aos nenos ao mundo da arte. -Desenvolver unha progresiva sensibilidade cara a forma, a cor e o espazo. -Deixar que os nenos se expresen de xeito creativo. -Aprender a ser tolerantes e abertos. -Desenvolver o sentido crítico e estimular a confianza en si mesmos. -Fomentar o goce e disfrute pola contemplación dunha obra artística e dunha produción propia. -Reforzar e ampliar o currículo.

TEMPORALIZACIÓN -Ao longo de todo o curso.

MATERIAL -Material escolar. -Diferentes tipos de pinturas (lápices, ceras, rotuladores, témperas...) -Plastilina e barro. -Cartolinas e folios brancos e de cores. -Pantalla dixital e ordenadores.


METODOLOXÍA Pretendemos que estas actividades, que son moi lúdicas e motivadoras, servan para que os nenos se aproximen dun xeito natural ao mundo da arte e para mellorar o seu proceso de ensino-aprendizaxe, incidindo directamente sobre a motivación, a concentración e o sentido da responsabilidade. Empezaremos sempre cunha aproximación ao autor e a súa obra ou estilo pictórico, traballando en gran grupo con todos os alumnos das dúas aulas de 2º, para seguir cun traballo individual ou en pequeno grupo. Empregaremos diferentes técnicas e materiais, polo que deberán seguir as instrucións que se lles dean, en cada caso. Farán sempre interpretacións persoais da obra en cuestión, dando renda solta a imaxinación e disfrutando coa creación de arte. Moitas veces terán que compartir materiais ou traballar no mesmo proxecto, polo tanto terán que respectar e valorar os traballos dos demais, manter a orde, coidar os materiais e manter a limpeza na aula. Para rematar, pretendemos que disfruten coas súas producións e tamén como espectadores, que sexan capaces de observar de xeito detido, e espírito crítico unha obra de arte e tamén as creacións propias e as dos seus compañeiros.


CONTIDOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Unidade 1: O corpo humano A ESTATUA DA LIBERDADE- EE.UU Unidade 2: Os alimentos BODEGÓN- PICASSO Unidade 3: Vida sá/ O Samaín/ O Magosto A CASTAÑEIRA -XOSÉ CID-OURENSE Unidade 4: Os animais ANIMAIS- ANDY WARHOL Unidade 5: Os animais/ O Nadal O BELÉN DE BALTAR- OURENSE

TALLERES: TALLERES 1.-O Outono 2.- O Samaín 3.- O Nadal 4.- Cartafois para os traballos do 1º trimestre


SEGUNDO TRIMESTRE

Unidade 1: As plantas OS XIRASOLES- VAN GOGH Unidade 2: A auga/ Día da paz / O entroido A PONTE ROMANA- OURENSE Unidade 3: O sistema solar NOITE ESTRELADA- VAN GOGH Unidade 4: Máquinas e ferramentas OS XOGUETES DO VENTO- CÉSAR MANRIQUE Unidade 5: Inventos e descubrimentos LEONARDO DA VINCI- RETRATO

TALLERES: 1.-Collage colectivo: A auga 2.-O Entroido 3.-O sistema solar 4.-Cartafois para os traballos do 2º trimestre


TERCEIRO TRIMESTRE

Unidade 1: A paisaxe O PUNTILLISMO- PAISAXE Unidade 2: A familia PINTURA NAรF- FAMILIA Unidade 3: A localidade GAUDI-CASAS DE GAUDI Unidade 4: Os medios de transporte O COLLAGE-O TREN Unidade 5: Os cambios no tempo PERSISTENCIA DA MEMORIA- DALI

TALLERES: 1.- A paisaxe 2.- Modelado en barro. 3.- Cartafois para os traballos do 3ยบ trimestre


FIN

CEIP. PLURILÍNGÜE IRMÁNS VILLAR OURENSE- CURSO 2011-12


ARTE NA ESCOLA