Revista Carboeiro Escolar nº 7 2021

Page 1


CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

Av. Álvaro Cunqueiro s/n 15888 Sigüeiro- Oroso ceip.caminho.ingles@edu.xunta.es

shorturl.at/zBGZ8

EDITORIAL Tes entre mans unha nova edición da revista “Carboeiro Escolar”. E se a estás mirando é porque formas parte da nosa comunidade. E ese é o seu propósito, compartir o traballo, as ilusións, o esforzo de todos/as neste curso tan particular. Este número, e xa é o sétimo, reflexa o que foron as nosas intencións dende o inicio do curso, intentar manter a normalidade no posible. E aínda que necesitamos máscaras, distancia, pantallas e estamos fartos/as do xel; afortunadamente o COVID non fixo dano importante en ninguén de nós.

Este curso, foi o ano de mirar adiante, de facer propostas de futuro. E niso estivemos no Proxecto 2050, intentando imaxinar un porvir mellor. Tamén tivemos tempo de rematar o que a pandemia deixou a medias o curso pasado, o “Espazo Pendeloque”. En definitiva, queremos que esta revista sexa un repaso a este curso, e que cando o vexamos con perspectiva, nos permita lembrar este período de tempo tan singular. E que sintamos que, aínda nestes momentos,

Deste xeito a maioría das, xa clásicas, actividades conxuntas, puidéronse facer con pequenas adaptacións.

seguimos traballando en prol da nosa cultura e da nosa lingua. Boa lectura!

shorturl.at/uyDNT

ÍNDICE instagram.com/ceipdocaminhoingles

twitter.com/caminhoingles

881 996 180

Revista Escolar CARBOEIRO ESCOLAR Revista Nº VII- Xuño 2021 EXEMPLAR GRATUITO Financia: EDLG Coordinación: EDLG Imprime: PRELO

Proxecto 2050.......... VII Carreira Popular do Magosto.......... Un Nadal covirtual.......... A Candeloria.......... O Entroido.......... Semana do Teatro.......... Día de Rosalía.......... Asembleas.......... e-twinning.......... Día das Letras Galegas.......... Biblioteca.......... Anpa.......... Erasmus+.......... Proposta físico deportiva.......... Espazo Pendeloque.......... Ecotropa.......... Radio Ü.......... O horto no Camiño.......... Orlas..........

3 3 4 4 5 6 7 7 8 9 10 11 11 12 13 14 15 16 17


PROXECTO 2050 Despois dun curso enteiro, o anterior, falando do pasado no Proxecto Pendeloque; chegou o momento de mirar cara adiante. Deste xeito, este ano tocou facer propostas de futuro e marcamos unha data, o 2050, como punto de mira para os nosos desexos dunha sociedade mellor ca actual. E tivemos ideas en todos os ámbitos: a tecnoloxía, a saúde, a moda, o medio ambiente, a lingua... En moitos formatos distintos: a través do teatro, dos contos, do xornal; de maneira oral, por escrito, disfrazados, con imaxes, de maneira presencial ou telemática. En fin, fixemos un esforzo por imaxinar o que queremos que sexa o noso futuro. Cada curso fixo propostas en asemblea nun ámbito determinado: igualdade, saúde, medio ambiente, alimentación, tecnoloxía, transportes, vivenda, escola, oficios, moda, capacidades físicas e mentais e lingua galega. Tamén preguntamos aos que saben sobre estes temas: científicos, políticos, divulgadores, sanitarios, educadores... E agora a todas esas ideas darémoslle publicidade para que sexa coñecido o que pensamos. Por último, gardarémolas nunha cápsula do tempo para que cando chegue o momento poidamos comprobar se estabamos equivocados/as. Conseguiremos facer todo o que nos propoñemos?

VII CARREIRA DO MAGOSTO O día 30 de outubro celebrouse o Magosto. Debido á situación provocada pola COVID-19, non houbo os xogos populares doutros anos. As castañas tivemos que comelas na aula e botamos de menos estar cos amigos e amigas doutros grupos. A VII Carreira do Magosto tivo lugar no parque do Carboeiro, pero os nenos e nenas de Infantil fixérona no patio cuberto. Esta vez realizouse en varias xornadas de forma individual e cronometrouse o tempo que tardou cada persoa en percorrer o circuíto. Ese mesmo día entregáronse os premios aos gañadores e gañadoras do concurso de contos e debuxos de medo e tamén aos da carreira. 3


UN NADAL COVIRTUAL Este ano como todos os demais cursos celebramos o Nadal cunha gran ilusión e con algunhas novidades de organización debido ao COVID 19, como; manter a distancia de seguridade, uso de hidroxel, comunicación telemática entre todas as clases a través de videoconferencia… A celebración foi a máis tecnolóxica

das realizadas ata o de agora, cumprindo coa proposta do proxecto común do centro “O FUTURO NO ANO 2050”, os adornos e a decoración do centro tamén se adecuaron a temática do mesmo. Para dar a benvida ao novo ano, fixemos unha simulación das doce badaladas nunha festa con moito baile e diversión. Tampouco faltaron como ven sendo tradición entre outras moitas cousas, o chocolate con churros e os galanos con material de refugallo do amigo invisible.

A CANDELORIA

4


O ENTROIDO O Entroido deste ano estivo condicionado polas medidas restritivas debidas a COVID 19, polo que non puidemos saír a desfilar pola alameda de Gois, xunto co CEIP de Sigüeiro e o CRA de Oroso; pero o CEIP Camiño Inglés, celebrámolo igualmente coa mesma ilusión e ganas de todos os anos disfrazándonos de cidadáns e cidadás galácticos, robots, traballadores e traballadoras de laboratorios interestelares, exército das guerras das galaxias, policías coas súas armas láser e pistolas, científicos e científicas, animais do futuro, avós e avoas… Cada clase, na súa quenda, saíu a desfilar polo corredor principal do colexio e foi emitido en streaming para todas as clases e tamén aos que estiveron confinados. Comemos rosquillas e bebemos leite no patio. Bailamos, cada quen na súa aula, con premios para os que o fixeron mellor de cada clase. Finalmente, tamén gozamos da primeira chegada rexistrada peregrino austríaco ilustre, Heinrich Schönbrunner von Zug.

dun

5


SEMANA DO TEATRO Esta 4º Semana Solidaria do teatro foi diferente ás anteriores, se ben é certo que o curso pasado polas circunstancias foi moi difícil sacala adiante, neste curso tratamos de poñela en funcionamento a pesar das dificultades. Así as obras fóronse adaptando aos formatos posibles nesta situación, e se estrearon de maneira telemática. Tivemos un padriño de luxo: LUIS ZAHERA, ao que lle fixemos unha entrevista e nos animou a seguir co teatro. Nesta ocasión o proxecto solidario desta edición, en colaboración con Sahebbi, é mercar unha neveira (365€) e unha cociña (263€), aos nosos compañeiros do Sahara cos que vimos colaborando durante os cursos anteriores. A día de hoxe temos recaudado 212,43€ e aínda quedan algunhas obras por estrear. As obras deste curso son: “O que construiremos. Plans para un futuro xuntos” 5º E.I., "A lebre e a tartaruga no 2050" 6º E.I., "Salvemos a Terra” 1º E.P., "O misterio das cabazas desaparecidas" 2º E.P., "Ao Fiü da noticia" 3ºB E.P., "A vida de Sira" 4ºA E.P., "O paisano das moscas" 4ºB E.P., "Foro tendencias estratéxicas globais 2050" 5º E.P., "Oliver Button é unha nena" 6º A E.P., "A Batalla de Sigüeiro" 6º B E.P.

6


DÍA DE ROSALÍA Como todos sabedes o 24 de febreiro celébrase o “Día de Rosalía”. María Rosalía Rita de Castro, foi unha poetisa e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán. Está considerada unha das grandes poetas da literatura española do século XIX, representa xunto outros autores unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento Galego. Rosalía de Castro logra seguir de actualidade case dous séculos despois do seu nacemento, dende o noso cole traballamos a esta autora tan relevante. Aquí deixamos imaxes deses traballos.

ASEMBLEAS Durante este curso fixemos varias asembleas, reunións entre todos os grupos do centro, de maneira virtual, para falar de distintos temas entre todos. Os alumnos e alumnas fixeron varias propostas: ~ Unha caixa de correo para enviar cartas a distintas persoas do centro. ~ Unha plantación de árbores no patio do colexio. ~ Colocar unha lagoa de ras no patio de abaixo. ~ Colocación de mesas no patio de infantil. ~ E moitas máis propostas. Algunhas puidéronse levar a cabo e outras aínda están pendentes. Durante este ano levamos mais de dez asembleas feitas co propósito de falar entre grupos, organizar o curso e ver os traballos dos demais.

7


"e-twinning" CHRISTMAS PROJECT This school year, all activities dealing with Erasmus +, were postponed. Nonetheless, we were able to participate in an incredible e-Twinning Project. English, French, and Arts subjects all supported each other to partake in this project. In “Let’s make Christmas 2020 the Most Wonderful Time of this Year”, we cooperated with different European schools from Italy, France, the UK, Germany, Greece, Poland, the Republic of Moldova, Romania, Georgia, Hungary, Lithuania, and other schools in Spain. As you can guess from the title, the project was about the Christmas traditions in the participant countries. It all began in October when we introduced ourselves, both teachers and students, through a padlet. The

next step suggested was the creation of a logo for the project. All the students contributed with their drawings and ideas. And we even had the chance to vote for our favourites (when all illustrations were submitted)! The whole school took part in the project. Thus, tasks were divided according to the student’s age. Infant Education performed Christmas Carols such as: “Rudolph, the Red-

8

Nosed Reindeer”and “Jingle Bells”.

from all these different countries waiting for us. To allow the students to read them, they were hanged from the main banister.

At the same time, Primary Education wrote recipes that were shared in an e-book regarding Christmas Recipes.

If you want to check what else we’ve done for the project, you can visit the website wonderfulchristmas2020.blogspot.com

Moreover, everybody wrote and designed Christmas postcards. We all made a large poster with a map showing the participant countries. To complete our work of art, we added some of the postcards that the students created. It was amazing, coming back from Christmas Holidays and finding letters


DÍA DAS LETRAS GALEGAS Un dos obxectivos propostos ao inicio do presente curso foi potenciar o desenvolvemento da competencia dixital entre o noso alumnado. Para levalo a cabo, entre outras accións, participamos e fomos seleccionados como un dos 50 centros de Galicia no proxecto “Digicraft no teu cole” en colaboración coa Fundación Vodafone España e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Tendo en conta a crise derivada da emerxencia sanitaria pola COVID-19 fai máis necesaria o impulso e consolidación de competencias dixitais como apoio á actividade docente non presencial e solución excepcional a situacións extraordinarias como o confinamento vivido neste curso a partires do mes de marzo. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria realizou dous itinerarios formativos utilizando distintas tecnoloxías emerxentes como a realidade aumentada, a intelixencia artificial, robótica... Empregaron o material facilitado tanto en liña como tabletas e Kits tecnolóxicos “Instant digital skills”. O profesorado implicado recibiu formación especializada xogando un papel fundamental como facilitador así como acompañante das aprendizaxes e habilidades dixitais logradas nas aulas. Esperamos continuar con este proxecto o curso que vén para seguir afrontando os desafíos e cambios que nos toquen vivir coa mellor preparación posible.

9


BIBLIOTECA

Facemos recomendacións lectoras para os períodos de vacacións. Unha boa maneira de viaxar sen saír da casa!

Espazo de lectura relaxada, de traballo colaborativo, zona de cómic, de recantos de xogo, de informática, de radio... En resumo, unha biblioteca cargada de posibilidades.

O alumnado de 6º de Primaria conta contos da biblioteca aos máis pequenos do cole gravándoos en vídeo.

O alumnado colaborador da biblioteca axuda coas labores de rexistro e colocación dos fondos bibliográficos. A biblioteca sempre en orde!

Cada mes presentamos as novidades que podemos atopar na biblioteca.

Celebramos os día internacional da poesía, do libro, do teatro, da muller...

10

O alumnado colaborador da biblioteca procura e narra poemas que falen de paz, con motivo da celebración deste día.


ANPA Poñemos fin a este

vaiamos

curso atípico e diferente pero no que aprendem os moito dos nosos nenos e nenas, que se comportaron de xeito exemplar todo o tempo, demostrando a súa enorme capacidade de adaptación con todos os cambios que tuveron que realizar tanto na escola como na súa vida cotiá. Houbéranos gustado facer moitas cousas que non puidemos: programar

volvendo á normalidade pouco e pouco e nos poidamos aproximar un pouco máis á realidade de antes da pandemia. Parécenos importante o retorno ás aulas deste curso, despois da parada obrigada que tivemos que facer o último trimestre do curso anterior porque temos que ir volvendo ás nosas rutinas, sempre con cautela e mantendo a seguridade pero debemos conseguir levar unha vida o máis normal posible polo ben de todos e de todas. E importante que as familias permanezamos unidas e iso é o que intentamos sempre dende a ANPA,

de material entre o alumnado para a prevención da Covid-19, formamos parte do Consello Escolar, tramitamos tamén distintas axudas públicas que están en espera de ser resoltas agardamos que favoralemente, para poñernos en marcha de cara ao curso que vén, que esperamos que sexa máis normal ca este e intentamos resolver as distintas problemáticas que se foron dando ao longo do ano. Dende a ANPA imos colaborar en todo o que poidamos para que no vindeiro curso escolar, os nenos e nenas sigan gozando de seguridade e conten co material necesario para a

máis actividades extraescolares, organizar a tradicional Zampa coa ANPA, a Noite en branco, algunha excursión e moitas outras que este curso tiveron que quedar aprazadas polas medidas sanitarias e as restricións. Agardamos que no vindeiro curso

mirar polos intereses comúns do alumnado e ofrecerlles actividades variadas para todas as idades e intereses. Entre as actividades que levamos a cabo neste curso están a organización do servizo de cambio de roupa e os cursos de natación, así como o reparto

prevención da Covid-19, contando sempre coa vosa colaboración, a das familias que formades parte da ANPA e que sempre estades dispostas a botar unha man cando vos necesitamos. MOITAS GRAZAS POR TODO, FAMILIAS.

ERASMUS+ Durante este curso, o alumnado non puido ter mobilidades a outro país coma en anos anteriores por mor da pandemia. Para o vindeiro, solicitouse a participación nun proxecto que denominamos: “Buscando a James Rice”. Que quen era ese señor? Pois un alcalde do século XV da localidade de Waterford (Irlanda) que fixo o Camiño de Santiago en dúas ocasións. Que probablemente pasou por Brest (Francia) e tamén por Sigüeiro. Isto non é máis que unha escusa para establecer relación con dous centros: Ecole Primaire du Petit Paris (Brest, Francia) e Faithlegg National School (Waterfor, Irlanda).

Con estes novos compañeiros/as falaremos da Ruta Xacobea e intentaremos descubrir como foi realmente esa viaxe, pero tamén traballaremos sobre o medio ambiente e o cambio climático. En fin, que a partires de agora seguro que nos empeza a sonar o nome de James Rice. 11


PROPOSTA FÍSICO DEPORTIVA NO “CAMIÑO” Adaptándonos á pandemia Este curso 2020-21 estivo condicionado pola COVID-19 o cal modificou a proposta físico deportiva que dende anos vimos construíndo. Pero aínda así continuamos con ilusión e gañas de superar este reto. Optamos por un forma de traballar individual con ningún material que compartir. Baseándonos fundamentalmente en probas de atletismo (salto de lonxitude, salto de valos, probas de velocidade...), tests, pilates infantil, percorridos, circuítos variados, saídas polo Carboeiro, xogos populares e a creación de pequenas coreografías. É de destacar a compra dun altofalante para as actividades relacionadas cá expresión corporal. Celebramos o día da bicicleta. Conseguimos sacar adiante os campionatos de xadrez e tenis de mesa seguindo os protocolos correspondentes. No de xadrez foi a primeira vez que utilizabamos o servidor online lichess.org. Nesta ocasión a gañadora foi PAULA de 6ºB. En tenis de mesa, despois dunha fase previa de clasificación chegaron os cuartos de final, as semifinais e a gran final que este ano contou co enfrontamento entre Mauro e Paula. O gañador despois dun apaixoado partido foi MAURO de 4ºA.

Botamos en falta a realización do campionato de baloncesto, dunha carreira do magosto coma doutros anos, a Way Cup ´21, a visita dos xogadores do Obradoiro e doutras actividades que sempre xurdían relacionadas co deporte galego. Esperemos que o próximo curso poidamos retomar todo aquilo que botamos en falta e alcanzar novos obxectivos 12


ESPAZO PENDELOQUE chamadas

O día 18 de maio, aproveitando a cercanía das Letras Galegas e a celebración do Día dos Museos, inaugurouse este espazo que comezou a crearse no ano 2019 grazas á colaboración entre o colexio e o Concello de Oroso. Pretende poñer en valor o noso patrimonio cultural, a través dunha pequena mostra arqueolóxica, etnográfica e

fotográfica. As pezas que se amosan, na súa meirande parte, pertencen a colección do historiador Manuel Pazos Gómez, que tamén nos titorizou na preparación da exposición. Todos os luns que fomos coñecendo, catalogando e preparando as diferentes pezas que se amosan. Este Espazo quere facer mención tamén ao centenario do descubrimento do Tesouro de Recouso. Un conxunto de pezas de gran importancia. Arracadas,

vulgarmente “pendeloques” que se atopan no Museo das Peregrinacións de Santiago e no Museo Provincial de Lugo. Institucións que prestaron a súa axuda para esta mostra.

arracada que semella en todos os aspectos aos auténticos para ser impresos en 3D. Parte dos custos desta exposición foron sufragados polo Premio Camiño de Santiago 2019, coa intención de

Igualmente o Museo Pedagóxico de Galicia cedeu unha pequena selección de pezas que recrean unha escola dos anos 50 e 60 do século pasado. Tamén se involucrou neste proxecto a Axencia Galega de Innovación que fixo un modelo de

crear un novo espazo de encontro entre peregrinos/as e membros da nosa comunidade, aproveitando deste modo as potencialidades pedagóxicas que aporta estar ao pé do Camiño Inglés. A mostra etnográfica complétase con préstamos de veciños e membros da comunidade e estará aberta en primeiro lugar para o alumnado e despois para membros da comunidade e para o público en xeral, sempre tendo en conta as características actuais de pandemia.

13


ECOTROPA Este curso non se puideron establecer quendas de ecotropa que circularan libremente por todas as instalacións do colexio para cumprir o establecido no protocolo COVID. De todos xeitos os obxectivos que se fomentan dende a ecotropa foron igualmente levados á práctica por cada grupo, dende infantil ata primaria, tanto nas aulas como nos patios e corredores. Todas as nenas e nenos continuaron aforrando enerxía apagando as luces cando non se precisaban telas acesas. O lixo tirouse nos contedores de plástico, papel, orgánico e tratouse de reducir ó máximo o uso de plásticos na vida cotiá e substituílo sempre que fora posible por materias biodegradables. Continuouse co compromiso de por en práctica as normas de convivencia e civismo como ir a modo polos corredores con separación entre o alumnado utilizando un ton de voz baixiño. Establecéronse outras novas como utilizar o xel para limpar as mans ao entrar e respectar as marcas de entrada e saída. A Ecotropa viuse potenciada con outras actividades que se levaron a cabo durante o curso entre as que destacamos a plantación de árbores froiteiras no patio do lateral dereito do colexio, na colocación dunha zona de xardín no patio de infantil con plantas ornamentais e aromáticas, na renovación das xardineiras na zona dos xogos de infantil, na participación no xogo da Busca do Tesouro en colaboración coa Asociación Troitamundos aprendendo sobre as árbores do Parque do Carboeiro. Desexamos que para os próximos cursos as condicións sanitarias melloren e vexamos de novo a Ecotropa en acción.

14


RADIO Ü Moita radio este curso nun remodelado estudo con novidades e os programas de sempre.

Un ano máis e xa van alá cinco anos, a nosa radio sigue emitindo. Nesta sección falarémosvos de Radio Ü, do IV certame de entrevistas, dos programas de radio... Este complicado curso celebramos o IV Certame de entrevistas radiofónicas, con gran éxito de participación e unha boa calidade dos traballos presentados, os gañadores foron os seguintes: Primeiro premio: Uxía Picón Barral (5EP) Accesits: Valeria Parga Pérez (1EP) Gabriel Rico Cepeda(3BEP) Icía Castro Fandiño(5EP) Adriana Lorenzo Rodríguez(6BEP) Marta Rey Suárez e Paula García Mazás(6BEP)

A gañadora do primeiro premio, realizou unha fantástica entrevista ao doutor Fernando Simón, experto en

de pandemias do Ministerio Sanidade, que a pesar da moita ocupación que debe ter, concedeu unha entrevista telefónica na que se mostrou moi amable e respostou a todas as preguntas que Uxía lle plantexou. Non deixedes de escoitala con moita atención, paga a pena!

na web do cole ou na aplicación ivoox. Seguimos en antena.

Continuamos con vellos programas

como o espazo de información deportiva “O máis alto do podio” que ten xa 62 programas e creando novos programas como o de temática científica “Radio e Polonio”, que xa ten dous programas en antena. Non vos perdades nengún programa, e xa sabedes, tedes que atoparnos 15


O HORTO DO CAMIÑO Cando se iniciou o curso e demos unha volta polo horto quedamos abraiadas e abraiados pois despois de sete meses de inactividade as nosas peores predicións confirmáronse. O noso horto estaba feito realmente unha matogueira, cheo de herbas que medraban por todas partes tapando case totalmente os caixóns. Custounos arrancar e poñelo de novo en marcha. Organizamos un horario e varios grupos de traballo e puxémonos ao fin a traballar duro para dar vida a aquela catástrofe. Comezamos arrancando e retirando aquelas malas herbas que recollemos para facer composto. Unha vez máis a natureza deunos unha lección de resistencia ante as condicións adversas pois non todas as plantas estaban secas. Logramos rescatar algunhas que foron capaces de sobrevivir tal coma a lavanda, o romeu, a ruda, o ourego, os amorodos, as framboesas e a arandeira. Unha vez limpo o horto continuamos coas labores propias de remover a terra, aboala con esterco animal e preparala para sementar allos, ceboliñas, col, repolo, brócoli, coliflor e chícharos. Nas macetas bulbos de tulipáns, iris, xacintos e pensamentos floreceron durante o inverno. E así pouco a pouco cuns poucos coidados e moitos mimos chegamos a primavera co horto en todo o seu esplendor cheo de plantas aromáticas, de leitugas, amorodos, chícharos, tirabeques, tomateiras e pementos medrando que dá gusto velos no Horto do Camiño.

16


ORLAS

17


18


19


20


21


22


23



Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.