Page 1


CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

Av. Álvaro Cunqueiro s/n 15888 Sigüeiro- Oroso ceip.caminho.ingles@edu.xunta.es shorturl.at/zBGZ8

EDITORIAL Aquí temos unha nova edición da revista “Carboeiro Escolar”. Compartimos este novo número con toda a nosa contorna, que vai moito máis alá do noso alumnado, profesorado e familias. Este número chega nunhas condicións moi especiais, coa pandemia do COVID 19 decretada alá polo mes de marzo. Con esta situación, enriquecémonos con outras formas de ver, de saber e de facer, mellorando as nosas experiencias e accións educativas. Pero tamén, perdemos as risas do patio e a ledicia de compartir bos e malos momentos. Seguimos apostando polo valor dos

obxectivos fundamentais do CEIP do Camiño Inglés, como son a promoción e divulgación da nosa cultura e da nosa lingua. Contamos coa biblioteca escolar como un elemento indispensábel para logralo, así como coa colaboración e traballo do resto dos equipos docentes, alumnado, familias e comunidade educativa. Nesta revista é imposible mostrar todas as actividades, presentámosvos unha pequena mostra delas. Esperamos que estes pequenos anacos de realidade leven aos vosos compañeiros e compañeiras máis preto de vós!

shorturl.at/uyDNT instagram.com/ceipdocaminhoingles twitter.com/caminhoingles 881 996 180 Revista Escolar CARBOEIRO ESCOLAR

Revista Nº VI- Xuño 2020 EXEMPLAR GRATUITO Financia: EDLG Coordinación: EDLG Imprime: PRELO

ÍNDICE Proxecto Pendeloque.......... VI Carreira Popular do Magosto.......... O Nadal.......... A Candeloria.......... Día de Rosalía.......... O Entroido.......... Teatro confinado.......... Día das Letras Galegas.......... Proxecto Cancherna.......... Proxecto Digicraft.......... Biblioteca.......... Hora de proxecto.......... Asembleas.......... Ecotropa.......... Erasmus+.......... Erasmus profes.......... Proposta físico deportiva.......... Radio Ü.......... O horto no camiño.......... Museo Pendeloque.......... Anpa.......... Orlas..........

3 3 4 4 5 5 6 7 8 9 10 10 11 11 12 13 14 15 17 18 18 19


PROXECTO PENDELOQUE Durante este curso o noso centro realizou un proxecto conxunto baseado no pasado: o proxecto Pendeloque. O alumnado realizou multitude de actividades e proxectos de aula relacionados co tema: visitas de avoas e avós para contarnos as súas vivencias de pequenos, que tradicións había e cales aínda se conservan, traernos obxectos e fotos antigas... Tamén se elaboraron diferentes murais, visitouse o centro de día do concello, realizáronse investigacións... E ata un museo! As actividades da Biblioteca, así como todas as conmemoracións estiveron relacionadas coa temática: Magosto, Nadal, Entroido, Candeloria, Día Internacional da Muller... Como non podía ser doutra forma, a sección “Historias nun minuto” tivo como protagonistas aos nosos maiores... E un dos obradoiros do venres estivo adicado á investigación sobre a antiga Feira da Foca. Aínda que coa chegada da pandemia non puidemos rematalo como nos gustaría, foi un proxecto realmente fermoso que nos fixo coñecer moitas cousas dun pasado non tan lonxano a través das persoas máis sabias: os nosos avós. Non podemos máis que estarlles enormemente agradecidos porque, sen eles, este proxecto non tería sentido. GRAZAS!!

VI CARREIRA POPULAR DO MAGOSTO O 30 de outubro celebramos a festa do magosto cunha gran carreira popular. Onde participaron, a pesar do mal tempo, case todas as familias. Como sempre coincide coas festas do SAMAÍN e HALLOWEEN, polo que o cole encheuse de pantasmas de todo tipo elaboradas polo alumnado. O día do magosto tiñamos un programa moi apertado: concurso de peóns, entrega de premios de debuxos e contos de medo, degustación de castañas asadas e como non a GRAN CARREIRA. Este ano decidimos darlle protagonismo aos avós e avoas, animando a que participasen máis na categoría hai para eles. Todos os anos invitamos a un centro educativo do Concello, este curso achegáronse os pequeniños/as da Escola Infantil A Ulloa. Foi unha xornada moi divertida, na que todos e todas saíron gañando. Xa estamos desexando que chegue a do vindeiro curso. 3


O NADAL Unha festa que nunca decepciona no CEIP Plurilingue do Camiño Inglés.

Nadal, na roupa para a celebración… Tamén ás postais familiares estiveron adicadas aos avós, e debuxamos postais para os nosos compañeiros como é costume cada ano. Unha mención moi especial hai que facer este ano, no que se refire as tarxetas Navideñas. O alumnado de 6º primaria, achegouse ata Porto Avieira para entregar unhas postais de Nadal aos residentes e usuarios do centro de día. Destacar tamén que, como ven sendo tradición, fixemos galanos a través do “amigo invisible”, con material de refugallo para solidarizarnos co consumo xusto e o coidado do Medio Ambiente. Os

Este ano para celebrar o nadal, tivemos en conta, o proxecto “pendeloque”, que traballamos a nivel de centro (vencellado co paso do tempo e especialmente centrándonos na figura dos avós). A temática do proxecto estivo presente en varios aspectos; na decoración do corredor, na árbore de

A CANDELORIA A celebración da Candeloria foi moi especial este ano porque as cartas dos nenos e nenas estaban dedicadas as avoas e avós. Quen non foi no tractor co seu avó Miguel como fai Hugo Barral ou como Xoel que desexa que os seus avós veñan falar e contar un conto ao cole. Ou ao igual que Eloy e Pablo que queren moitísimo a súa avoa Carmen, tan guapa, boa e excelente cociñeira!!! Dez autenticas historias de amor foron as que escribiron nas súas cartas os gañadores e gañadores deste IV Certame de Cartas de Amor que foron: Xoel, Hugo, Eloy , Chanel, Pablo, Gisela, Mauro, Uxía, Saúl e Laura. Parabéns! Os vosos avós e avoas non teñen netiños e netiñas mellores! Se queredes podedes escoitalas en Radio Ü.

4

galanos, como todos os anos, foron moi creativos e emocionaron aos nenos.

Rematamos cunha gran festa para darlle a benvida ao ano novo, na que coma sempre non faltou, o chocolate con churros, a música, o baile e os agasallos.


DÍA DE ROSALÍA A Rosalía témoslle unha grande admiración e cariño. Todos os anos imos sabendo un pouquiño máis dela a través do estudo da súa vida e dalgunha obra. Para homenaxeala como se merece os máis pequenos do cole tomando como punto de partida o libro “Follas Novas” escribiron versos en follas de carballos, castiñeiros e salgueiros e colocáronas na entrada do colexio. O alumnado de 5º de Primaria realizou un Roteiro Rosaliano en Compostela desta vez guiados e acompañados por Mercedes Espiño e a concelleira de Mulleres, Ensino e Benestar Social do Concello de Oroso, Isabel Fernández. Como remate e colofón da celebración, todos xuntos na entrada do colexio, interpretaron o poema “Xan” acompañados por música e xestos. Xan vai coller leña ó monte, Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apaña-lo esterco,...

O ENTROIDO Este ano para celebrar o Entroido, o noso centro recreou a feira da Foca; e todos e todas desfrutamos moito disfrazándonos de distintos personaxes típicos que eran habituais na época dos nosos avós e avoas : tratantes, animais, afiadores, churreiros, oleiros, vendedoras de produtos da horta, trileiros, afiadores, leiteir@s, rosquilleiras, polbeiras, garda civís, o cura, o cacique do pobo e moitos máis… homes e mulleres, mozos e mozas, nenos e nenas engalanados para divertirse nun lugar de encontro, de mercado e de recreo como era “A Foca”. Un gaiteiro cego deleitounos coa súa música que nos acompañou ata a alameda de Gois, onde nos

5


xuntamos co CEIP de Sigüeiro e o CRA de Oroso para desfilar e gozar da inventiva e pericia de todos e todas as participantes . Despois xa nos diriximos ao parque do Carboeiro detrás do colexio donde montamos a nosa Feira da Foca para comprar, vender, comer e desfrutar. E moitos nenos e nenas demostráronnos o seu espírito emprendedor, amosando orgullosos as súas ganancias ou as súas inversións. Por último destacar a presenza de Carlos I de España e V de Alemaña que estaba de paso cara a Santiago de Compostela.

TEATRO CONFINADO A Semana do Teatro este ano foi un pouco especial dado que nos pillou en pleno confinamento. Todo o mundo tiña as obras relacionadas co proxecto Pendeloque case listas e esperaban con emoción a estrea: 4ºEI Miña Avoa é un neno coma min; 5ºEI A lebre e a tartaruga; 6ºEI O último canto; 1ºEP A voda do Piollo e a Pulga; 2ºA EP Un planeta en perigo de extinción; 2ºB EP Os xogos dos avós; 3ºEP Matilda; 4ºEPA verdadeira historia dos Pendeloques; 5ºEP A bomba e o xeneral. e 6ºEP Centro de día. A pesar da situación fixéronse diferentes actividades dende a casa como a creación de cartaces por parte do alumnado de 6ºEI e alumnado de 6º fixo o ensaio xeral por videoconferencia da súa obra que transcorría nun centro de día como o que tiveran ocasión de visitar. A clase de 2ºA traballara na creación da súa obra de teatro e estreárona dun xeito un pouco especial. En tempo de coronavirus “para facela a profe enviounos o guión e ensaiamos na casa” “Gravamos cada un o noso papel en casa. Despois enviámosllo á profe e ela xuntou todo. Quedou chulo e gracioso. Foi fácil gravar porque nos axudaban as nosas familias” A peza trataba do perigo que corre o noso planeta a causa da contaminación, os lumes… e de como unha familia viaxa ao pasado para preguntar o que facían para non ter contaminación. Dende a casa o alumnado 6


de 2ºA sentiuse así participando na obra: “Cando vimos o vídeo sentinme agradecida. Divertinme moito vendo as actuacións dos compis.” “Sentinme xenial porque me encantou a obra e trata dun tema moi seria para o noso futuro, ensinoume moitas cousas boas.” “Gustoume participar e ver os meus amigos.” “Sentinme nervioso e entusiasmado”. “Quedou moi chula e sentinme moi contenta.” “Encántame o teatro e con esta obra ademais aprendín moito”. “Cando fixen a obra sentín un pouco de medo e vergoña á vez que estiven contenta.” “ Cando gravei non me gustou pero cando a vin gustoume moito.” “ Cando gravei non me gustou pero cando a vin gustoume moito.” “Gravando sentinme ben e véndoo sentín que fixemos un traballo moi bonito entre todos e todas.” “O resultado foi brillante síntome moi orgulloso por todo o traballo que fixemos xuntos”.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS O mes de maio estraño que tivemos obrigounos a aprazar a celebración das Letras Galegas ata o próximo 31 de outubro. Será entón cando no colexio rendamos tributo á labor de Ricardo Carvalho Calero e festexemos a importancia de protexer a nosa lingua. A pesares deste feito achegámonos á figura deste ilustre profesor e lingüista a través de distintas propostas didácticas e lúdicas que os mestres e mestras foron propoñendo na aula virtual do colexio. Destacamos, entre outras, a análise, recitado dos poemas “ Luísa sorriso” e “María silenzo”, outras como inventar coreografías para o retrouso de “Luísa sorriso” moitas delas acompañadas polas mamás, irmás e irmáns, a realización de carteis utilizando diferentes técnicas artísticas para conmemorar o día e ambientar as casas dos nenos e nenas, a realización de diversos scape room sobre a vida e obras más salientables de Carvalho Calero. Confíamos e agardamos que no mes de outubro este historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor terá a homenaxe que merece no Camiño Inglés xa que foi un gran valedor do idioma e da cultura galega. 7


PROXECTO CANCHERNA

vida sa. Unha maneira eficaz de prever

Este curso púxose en marcha o “Proxecto Cancherna”. Coa colaboración de Tareixa, enfermeira pediátrica do Centro de Saúde do Concello de Oroso, quixemos promover a importancia dunha alimentación variada, axeitada e saudable como base para unha boa saúde individual e colectiva.

en papilas gustativas, recollemos datos sobre as merendas no noso cole, descubrimos a cantidade de azucre que agochan os alimentos, aprendemos a saborear cada bocado agudizando o sentido do gusto. Igualmente utilizamos situacións humorísticas para esaxerar escenas que vivimos todos os días cando nos sentamos á mesa e probamos alimentos dos que nin sabiamos o nome... FACENDO é como mellor se aprende.

A alimentación é a base necesaria para un bo desenvolvemento físico, psíquico e social. Os hábitos e as condutas alimentarias deben traballarse dende idades temperás. Animar aos nenos e ás nenas a

8

probar distintos alimentos, que coñezan novos sabores e variedades, e comprender que ao longo dos anos os nosos gustos irán cambiando, son coñecementos básicos para unha

que abandonar canto antes. Por iso optamos por aprender de xeito vivencial: “transformándonos”

enfermidades pasa por coidar a nosa alimentación e mudar os nosos hábitos (práctica dalgún deporte, seguir unhas normas básicas á hora de sentarse para comer, saber como escoller o que imos tomar, ....). A inxestión masiva de azucres libres, graxas saturadas e alimentos procesados son prácticas que hai

Ademais, tamén tivemos a sorte de contar coa visita de Eva Cortizo con nos trouxo moitos consellos para poñer en práctica, pequenos cambios para grandes melloras no noso día a día. Pero sobre todo para evitar enfermidades cardiovasculares porque o noso corpo ímolo construíndo dende pequenos. Toda axuda é pouca para saber como coidar da nosa saúde!


PROXECTO "DIGICRAFT NO TEU COLE" Un dos obxectivos propostos ao inicio do presente curso foi potenciar o desenvolvemento da competencia dixital entre o noso alumnado. Para levalo a cabo, entre outras accións, participamos e fomos seleccionados como un dos 50 centros de Galicia no proxecto “Digicraft no teu cole” en colaboración coa Fundación Vodafone España e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Tendo en conta a crise derivada da emerxencia sanitaria pola COVID-19 fai máis necesaria o impulso e consolidación de competencias dixitais como apoio á actividade docente non presencial e solución excepcional a situacións extraordinarias como o confinamento vivido neste curso a partires do mes de marzo. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria realizou dous itinerarios formativos utilizando distintas tecnoloxías emerxentes como a realidade aumentada, a intelixencia artificial, robótica... Empregaron o material facilitado tanto en liña como tabletas e Kits tecnolóxicos “Instant digital skills”. O profesorado implicado recibiu formación especializada xogando un papel fundamental como facilitador así como acompañante das aprendizaxes e habilidades dixitais logradas nas aulas. Esperamos continuar con este proxecto o curso que vén para seguir afrontando os desafíos e cambios que nos toquen vivir coa mellor preparación posible.

9


BIBLIOTECA Fixéronse experimentos en novembro, polo mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Este ano creouse un espazo creativo para ir nos recreos.

Tamén se fixeron actividades de contacontos. Participamos no programa “Lecturas no canmiño” coa visita do can Brus durante un mes.

Na biblioteca usamos tanto libros como ordenadores para facer os nosos traballos.

Púxeronse en marcha as mochilas viaxeiras.

Comezamos o concurso de “Tras as pistas no pasado”, que non puidemos rematar por causa do COVID19, con diferentes actividades.

HORA DE PROXECTO Durante este curso fixemos unha actividade semanal nova que chamamos “Hora de Proxecto”. O alumnado agrupado en tres rangos de idade participaban nun obradoiro distinto cada trimestre. De coordinar cada proxecto se encargaban dous profes. Había temáticas do máis variado. Foi unha forma diferente de aprender aínda que non puidemos rematar co que estaba previsto.

10


ASEMBLEAS Xuntámonos todos/as os que formamos parte do centro para estar enterados/as sobre as cousas ou celebracións que se realizan. Ademais é unha oportunidade para expresar a nosa opinión e preguntar aquilo que queiramos. A principios do curso fixemos una primeira asemblea, onde nos explicaron como ía ser o curso, as normas, a Ecotropa... Fixemos outra na que nos explicaron que os venres, despois do recreo, iamos facer uns obradoiros durante a hora de ler e a cuarta hora. Dixéronnos que estaban divididos en tres seccións segundo a idade dos alumnos/as e que cada trimestre participaríamos nun distinto. Ao final

do primeiro trimestre, algúns nenos e nenas nunha asemblea ensinaron o traballo feito nos diferentes obradoiros. Na asemblea que fixemos en xaneiro, como novidade, nomearon a catro axudantes que se encargan de que os nenos e nenas estiveran en silencio e sen molestar. Chamámoslle os ConviCompis. Houbo outras nas que falamos do museo etnográfico, a Ecotropa contounos o que tiñamos que mellorar, sobre que queremos cambiar no cole… Nós cremos que as asembleas son positivas, que pena que por culpa da situación na que estamos non puideramos facer máis.

ECOTROPA Este curso 2019 -20 estivo marcado pola interrupción das clases a causa da COVID-19 o día 13 de marzo, polo que moitas das actividades previstas non se pudieron levar a cabo. A idea era seguir coas quendas de ECOTROPA facendo fincapé no aforro de enerxía, reciclaxe e reutilización de residuos así como a reducción do uso dos plásticos na vida cotiá. Tamén había un forte compromiso coas normas de convivencia e civismo: vai amodo polos corredores, fala baixiño… Con todos estos compromisos hai que seguir nos vindeiros anos e con máis forza. 11


ERASMUS+ After Carnival, on the 1st of March, we travelled to the United Kingdom to visit our Erasmus+ Partners from Escomb School. The 6th Graders were eager to meet them since they had already been in touch through email and the Social Media. We left from the school on a Sunday and we headed to Alvedro Airport, in A Coruña; there a flight took us straight to Heathrow Airport, in London, where our coach driver, George, was waiting to drive us directly to Bishop Auckland. That night, we stayed in a hotel. For some of the kids, it was the first time flying and staying in a hotel without their parents so they were very excited and falling asleep was difficult despite we were tired after 8 hours travelling. We met our partners on Monday morning and we spent the whole day at Escomb School with all the students. After lunch, we played

12

traditional games in the playground with Escomb’s 6th Graders and some 5th Graders that were our hosts. It was fun. On Wednesday and on

in Durham. We liked Durham a lot because it is a charming town, we had the opportunity to meet the town’s Chairman, who is a woman,

Friday, we also went to the school. We participated in the assembly, in the Book Day, we played games and we danced. Unfortunately, we couldn’t attend to any of their lessons but we filled in that time walking around Escomb with Maribel and María and we discovered that it is a nice village. On Tuesday, we made some tourism

and the Parliament. But the best part was going to the Cathedral because some scenes of Harry Potter were filmed there and we got to enter Professor Mcgonagall’s class and the cloister of the Cathedral, which was part of Howards playground. On Thursday, we visited Bishop Auckland’s Castle and we made some interesting workshops there. Without a doubt, the best experience of the trip was getting to know the wonderful people that hosted us and spending time with them after school. We learnt a lot from their traditions and enjoyed being part of their families for a while. Coming back home was hard because we had to leave them and, despite we thought that would meet again in April here in Sigüeiro, they could not travel due to the global pandemia. It was such a fantastic week that we would never forget it.


ERASMUS PROFES No colexio non só aprende o alumnado, consideramos que a formación do profesorado é esencial para que o centro avance. Para iso que mellor que visitar e recibir a persoal doutros centros e compartir experiencias. Temos tres tipos de proxectos Erasmus relacionados coa formación do profesorado que estivemos a desenvolver durante este curso. - Click and CLIL: A procura da chiscadela. Trátase de visitar distintos centros educativos de Europa con profesorado de centros da comarca de Ordes para aprender máis sobre a aprendizaxe das linguas. En outubro, Maribel e Iria viaxaron a Escocia e

trouxeron a maleta cargada de boas prácticas que compartiron co resto de compañeiros/as. Queda pendente outra mobilidade que non se puido realizar por mor do Covid-19. - Ver para crecer. Profesorado do noso colexio viaxa a distintas rexións de Europa para observar e aprender do método de traballo doutros colexios do continente. María e Arancha

estiveron en Reggio Emilia (Italia), e Mari e Iria na Escola da Ponte (Portugal), onde visitaron centros

educativos con metodoloxías innovadoras que nos permiten ver outras maneiras de ensinar e organizar a escola. - Listening to our Heritage: The English Way. É o segundo e último ano deste proxecto no que alumnado e profesorado viaxan a Durham (Inglaterra). O alumnado vive unha experiencia de inmersión lingüística en inglés, coas familias do alumnado de Escomb Primary School. O profesorado comparte experiencias pedagóxicas co persoal deste centro. Por último xusto a días de poñerse en funcionamento o programa Observa-acción, que poñería en contacto ao noso centro co CEIP Arcipreste de Hita (El EspinarSegovia) e o CEIP Villa Patro (Lardero- La Rioja), suspendeuse polo motivo por todos/as coñecido. A situación actual non permite ser moi optimista ante o futuro deste tipo de actividades que tanto contribúen á mellora a través do coñecemento. Pero esperamos volver á normalidade canto antes.

13


PROPOSTA FÍSICO DEPORTIVA NO “CAMIÑO” Novos materiais e iniciativas no “camiño”

Este curso foi un pouco atípico por mor da COVID-19. Quedámonos sen os campionatos internos de tenis de mesa e baloncesto e sen a 2ª edición da Way Cup pero aínda así continuamos a nosa proposta físico deportiva. Destacamos a práctica de Xogos Populares-Tradicionais cunha nova adquisición de vinte pares de zancos e o pintado de varios xogos nos patios (hai que recoñecer a gran axuda de Fernando neste traballo). Estreamos unha rede para xogos de raqueta. Tivemos a visita de grandes xogadores de baloncesto como David Navarro, Maxime De Zeeuw, Kostas Vasileaidis e Fernando Vicario. Practicamos Golf axudados polos monitores do clube Tambre Golf que teñen un campo de pitch & putt situado na Urbanización Porto Avieira. Desprazámonos a Santiago ao pavillón do Sar para realizar unha sesión de fotos con todos os equipos da canteira do Obradoiro. E tamén durante o confinamento tivemos tempo de practicar exercicios de manexo de balón, elaboración de materiais, traballo do equilibrio, salto de obstáculos, ioga e moitas outras actividades. Tratamos ano a ano de ir sumando novos materiais e novas propostas para que o alumnado vexa as posibilidades que ten esta área.

14


RADIO Ü Moita radio este curso nun remodelado estudo con novidades e os programas de sempre.

Un ano de emocións ao redor dunha mesa á altura dos locutores/as e os invitados/as. Información a moreas, curiosidade, emocións, música, historias e moito máis. Este é un breve resumo pero para saber/escoitar todo, basta con asomarse á web. O máis alto do podio

Durante este curso emitíronse 22 programas desta gaceta deportiva semanal. A actualidade deportiva da fin de semana dos equipos de Oroso

e invitados especiais. A última emisión no estudo foi o nº49 e poucos días despois tivo lugar a suspensión de todas as actividades deportivas e a todos os niveis por mor da covid-19. Polo que o programa 50 foi moi especial. Feito dende o confinamento e con moitos invitados. Destacamos a participación de quen tiñamos decidido que fora o protagonista dese día: Juanito Amigo. Colaboración especialísima tamén de Vituco Neira, locutor de referencia da radio galega. Pero o curso deu para moito. Contamos cun mestre moi especial, Toño Bermúdez. Periodista deportivo da Cadena Ser que nos agasallou cunha master class e que nos

acompañou aos estudos da Cadena Ser para asistir en directo a unha emisión de Ser deportivos. Tamén contamos aos micrófonos con deportistas de talla internacional como Kostas Vasileiadis ou Maxime de Zeeuw. Iniciamos unha serie de entrevistas “vintage”, con Fernando Vicario. Seguimos a deportistas promesa orosinos a Dubai ou Francia. Moitos deportes entran no noso programa e seguimos aos protagonistas aos campionatos máis importantes: Sara (patinaxe), Daniela e Valeria (ximnasia rítmica). Pero tamén falamos con David de sendeirismo e nos metemos no mundo do golf. E fixemos especiais acerca do día da

15


muller ou sobre o Deixebre F.C. Como novidade comezamos o espazo “Quen sabe máis do deporte en Oroso?”, aínda que non puidemos concluílo. E seguimos co noso reto canastra. En fin, agardamos volver pronto con toda a actividade deportiva e con moitas novidades. Sube con nós. Unha Historia nun Minuto

Este ano chegamos á decena de emisións deste programa no que colaboraron dende os máis pequenos ata os máis maiores. Falamos dos nosos avós, bisavós; de cando eran pequenos, de historias da emigración e da guerra; e tamén das nosas aventuras con eles. Este ano a novidade foi que eles mesmos nos axudaran a contar as historias. Contos de medo

En outubro celebramos o "Quinto

Concurso de Contos de Medo", coa participación de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria. Os contos tiñan que estar en galego e redactados en pasado. Foron terroríficos, déronlle os premios a cada curso e graváronse na "Radio U". Os máis cativos do colexio, fixeron os debuxos de terror. Na páxina web do podedes gozar dos resultados. Os gañadores/as foron: Sara Balseiro (3º EP) co relato "Pedro e a sombra"; Icía Castro (4º EP) co relato "A festa do samain"; Alejandra Landeira (5º EP) co relato "Noite escura"; Mateo Fuentes (6º EP) co relato "A misteriosa casa do leñador".

palabras para retratar tantos momentos bos que pasan e que pasaron con eles e elas. Incluso algún chegou a facer poesía coas súas palabras. Moitas grazas por compartir con nós estás palabras cheas de cariño para as persoas que queremos. Certame de entrevistas

Durante o mes de decembro tivo lugar a terceira edición deste certame. Nesta ocasión a temática tiña que ser o pasado. Na categoría escolar a gañadora foi Alejandra

Cartas de amor

En xaneiro levouse a cabo o IV certame de Cartas de Amor que estivo dedicado a todos os avós e avoas. Foi bonito ver como a cada compañeiro/a lle saían as mellores

Landeira de 5º de EP cunha entrevista a unha mestra xubilada que por mor da pandemia non puidemos realizar no noso estudo. En categoría de adultos, a gañadora foi Sandra Del Río Vieites que entrevistou ao Sr. Ángel. Persoeiros

Ademais das persoas xa nomeadas, durante este curso puidemos contar no noso estudo coa visita de Dna. Carmen Pomar, Conselleira de Educación. Con ela falamos de escola e de educación, pero tamén doutros moitos temas. Outros programas

Durante este curso tamén se emitiron capítulos da serie “Os libros fante protagonista”, “ClásicaÜ ” ou asegunda parte de “Come this way”. Pero temos máis material que pronto saíra á luz. Non o perdades. 16


O HORTO DO CAMIÑO Ola!, que tal estades? Seguro que ben. Bueno, nos tempos que corren non podemos facer grandes cousas, xa que a pandemia de COVID-19 truncou as nosas ilusións, non puidemos rematar a nosa horta; impediu, de repente, como si dun mal sono se tratara, volver a ela. A pesar disto, para o próximo curso haberá novas ilusións e novidades. Agora imos comentar cousiñas sobre o noso horto. Este ano celebramos o Día Mundial da Natureza para concienciar a todo o mundo da importancia da flora e fauna salvaxes, a través do noso horto. Unha das novidades foi facer un concurso para decidir o nome do noso horto. A opción elixida foi “O horto do Camiño”. Sabedes que o horto do colexio desenrolase mediante as técnicas da agricultura ecolóxica? É dicir, cultivamos un terreo fértil con cousas naturais, a terra trabállase manualmente e aboamos con esterco ecolóxico, retíranse as malas herbas, regamos cada día e cando o froito está maduro, recollémolo. A nosa hortiña está moi ben coidada polas nosas colaboradoras e colaboradores. Cada ano a nosa horta vese mellor, con novas plantas, verduras e hortalizas. Plantamos leitugas, chícharos, tomates, amorodos... Colocamos tres hoteis de insectos que nos axudan a controlar as pragas e a polinizar as nosas plantas e fixemos un pequeno invernadoiro. Ao final, facer as cousas pouco a pouco, dá os seus froitos. É unha actividade moi valorada polas nenas e nenos, que en ocasións dedican todo o seu recreo a axudar nestas tarefas, e fano con moito cariño. Este ano investigamos no refraneiro para dar a coñecer refráns relacionados cos meses, sempre distintos e, por suposto, que rimasen. Elaboráronse as letras, pintouse, decorouse, gravouse e subiuse ao instagram. Todo isto é o que fixemos durante o tempo que estivemos no colexio, pero tamén nos gustaría engadir as nosas ideas para que a plantación poida ser máis produtiva e de maior calidade. Seguramente o noso horto estará feito unha matogueira, pero para o vindeiro curso, aproveitaremos esa maleza como abono ecolóxico, ademais de facer unha casa de lombrigas. Con todo isto, o noso fertilizante para o horto será o mellor da comarca, e, por conseguinte, os nosos froitos serán os mellores da zona.

17


MUSEO PENDELOQUE O Museo Pendeloque é unha das moitas actividades relacionadas co Proxecto Pendeloque que se están a realizar no noso centro. Intentamos reunir pezas de distinta índole que nos falen da vida no pasado desta zona na que vivimos. Está composto de varias seccións etnográficas: o agro (agricultura e gandaría), o fogar, os oficios, a tecnoloxía, entre outros. Isto no referido ao noso pasado máis recente pero tamén contamos cunha parte arqueolóxica. Estaba previsto inauguralo o día 18 de maio coincidindo co Día Internacional dos Museos e un día despois do Día das Letras Galegas. Pero debido ás circunstancias presentadas durante este curso non puido ser. Pretendemos aprender e valorar o noso patrimonio cultural a través de fontes documentais e materiais. Contamos cos fondos e o saber do historiador Manuel Pazos. Esperamos que o vindeiro curso poidamos rematar o que iniciamos e que poida abrir as súas portas canto antes.

ANPA

Remata un novo curso, cun último trimestre diferente, no que nos tivemos que despedir antes de tempo, aprender a traballar dende a casa e afacernos a un xeito novo de aprender a través das novas tecnoloxías e sin os apoios dos/as nosos/as profes e titores. Nestes tempos de incertidume é máis importante que nunca que as familias permanezan unidas por uns intereses comúns para todo o alumnado do centro, para poder demandar as necesidades dos/as nosos/as fillos e fillas e poder avanzar unidos/as cara unha volta á normalidade nas mellores condicións de seguridade para todos e todas.

18

Dende a ANPA imos colaborar en todo o que poidamos para que isto sexa posible, para que, cando se retome a actividade escolar, os nenos e nenas gocen de seguridade e conten co material necesario para poder volver ás aulas con tranquilidade. Toca agora falar dalgunhas das actividades e proxectos que se organizaron neste curso dende a ANPA: Como estes anos fixémosnos cargo das actividades extraescolares: robótica, natación na piscina de Ordes, servizo de cambio de roupa e este ano coa novidade de aikido que tivo moi boa acollida, tamén formamos parte do Consello escolar, realizamos xestións coas administracións para solicitar axudas e demandar melloras e organizouse unha serie de actividades de igualdade coa escola de familias, os obradoiros para os rapaces e rapazas do cole, o obradoiro de autodefensa para mulleres ou a representación teatral de Iriña bailarina de Teatro Ghazafellos. Este curso tamén nos quedaron cousas sin organizar e que nos houbera gustado poder facer, como a Spring excursión, a Noite en branco, a graduación do alumnado de sexto de primaria, a tradicional xornada de Zampa

coa ANPA...e moitas outras que, debido á situación actual non se puideron organizar. Pero estamos seguros/as de que pronto imos poder estar todos/as xuntos/as e organizar moitas actividades e proxectos para todas as familias. Seguimos apoiando ao centro en todas as súas iniciativas e recibindo asimesmo o seu apoio en todas as nosas. Concedéronnos axudas económicas o Concello de Oroso, da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña para diferentes actividades das que organizamos e este ano volvemos solicitar outras novas para poder seguir ofertando unha mellor oferta de actividades. Todo isto é posible grazas ás familias que formades parte da ANPA e que nos botades unha man sempre que vos necesitamos. Sin vós nada disto sería posible, por iso vos queremos animar a que formedes parte da asociación para axudarnos a seguir acadando logros e a facer cada vez máis actividades para os/as nosos/as cativos/as. Esperamos poder seguir contando con vós e moito ánimo para todos e todas. XUNTOS/AS PODEMOS


19


20


21


22


23



Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.