Page 1

O MISTERIOSO EXIPTO

Nenos e nenas de terceiro de Primaria CEIP de Leirado, curso 2011-12


Ola, son Librín, Pacho Librín e vivo na Biblioteca de Leirado. Gustame moito ler.Teño dez anos. Son bastante alto e son moi alegre. Gústanme os animais.Tamén me gustan as hortalizas e a miña cor favorita é o azul.

Os meus amigos e amigas de terceiro contaránvos unha aventura das miñas.


U

nha tarde que chov铆a, Pacho estaba no aereoporto de Vigo,collendo o avi贸n para ir a Exipto. Con el levaba

o comp谩s, un mapa, unha libreta de notas e bastantes libros sobre Exipto. No avi贸n foi lendo o libro mais gordo de todos.


C

ando chegou ao seu destino dirixiuse ao hotel onde ía estar o resto da semana. Despois de deixar a súa equipaxe ía mirar o río Nilo, que era o seu desexo.


I

a seguindo o mapa como lle indicaba. Despois de camiñar horas e horas estaba moi canso e sentouse a descansar debaixo dunha palmeira moi alta, bebeu e entón levantouse e seguiu camiñando ata que chegou ao río Nilo. A dereita viu tres pirámides grandes de pedra, pero a do medio era a máis grande. Decidiu entrar nela.


C

ando entrou nela mirou e era impresionante: alí dentro había corredores, xoias, diamantes e máis cousas pero de pronto ali viu un camelo. ¡UN CAMELO VIVO!


O

camelo era gordo, marrón escuro, tiña dúas chepas, tiña unhas pezuñas negras como a noite. Chámabase Dúaschepas. Fixéronse amigos e seguiron andando. Máis adiante oiron uns ruidos que parecían pasos, Pacho pisou unha baldosa, abriuse unha trampa e caiu nela.


O

camelo non cabía, quedou atascado e pediu axuda:

- ¡ SOCORRO SOCORRO- Dixo o camelo: -QUEDEIME ATASCADOE Pacho di:-¡ INTENTA SAIR! E o camelo encontra a maneira de sair, calcando nas patas e puxando cara arriba.


O

camelo saiu e a trampa cerrouse. Dentro estaba moi escuro, Pacho non vía nada, pero sentiu que algo se movía no teito: era un morcego que estaba ferido e Pacho colleuno e axudouno. Púxose ben. Despois Pacho foise habituando á escuridade e foi a explorar. Atopou un diamante de máis de trescentos quilates. Meteuno na súa mochila azul.


F

oron camiñando xuntos. Descubriron á súa esquerda un xeroglífico na parede, pero non o entendían.

- Que quererá dicir?- preguntou Pacho. O morcego dixo: - Deben ser as indicacions da saída .


D

e pronto apareceu Cleopatra, unha raíña exipcia antiga, que se trasladara no tempo. Quedaron abraiados cando lles indicou que aquela era a saida da trampa. Claro, ela entendía aquela escritura.


A

o sair camiñaron ata chegar a un laberinto, entraron e atoparon tres portas e decidiron entrar na do medio. Resulta que Dúaschepas tamén entrara na do medio. Pacho e o morcego atopáronse con el.


-Q

ue ben!!!! -Dixo Pacho. O camelo preguntoulle a Pacho en voz baixa: -E ese quen é?

Pacho dixo: - ¡ah! presentoche ao morcego Cabañaescura. O morcego dixo: que é o que pasa? O camelo dixo: eu chamome Dúaschepas. -¡Que bonito! -di Cabañaescura. Pacho di ¡Vamos, hai que sair de aqui. -Si- din Cabañaescura e Dúaschepas á vez. -¿Pero como? preguntou o camelo. -Non sei -dixo Pacho.


P

ero de pronto apareceu debaixo deles un muelle enorme, sairon disparados para adiante e cairon en areas movedizas:


Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa...!!! Ninguén lles escoitaba, afundíanse e afundíanse... e de repente PLOF! cairon por un tobogán a toda velocidade e sairon por unha parede fóra da pirámide.


E

alí estaba Cleopatra tomando o sol, botando crema solar e maquillándose!!

Quedaron alucinados, era asombroso ¿como poidera sair da pirámide?


P

or fin- dixo Pacho- pensaba que non íamos sair nunca. Díxolle a Cleopatra:

- Este diamante é teu? Cleopatra díxolle: si, é meu, da miña coroa, grazas Pacho


F

oron moi cansos a cama do hotel e dixo Pacho: -Que ben se está aquí. E quedouse durmido ao minuto. Ao dia seguinte Pacho espertou un pouco cedo pero non moi cedo. Foi almorzar con Cabañaescura e Dúaschepas.

Nos seguintes días non tiveron problemas como o dia anterior. O resto da semana foron visitar os museos e explorar xuntos o río Nilo, o máis longo do mundo.

O MISTERIOSO EXIPTO  

conto colectivo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you