Issuu on Google+

C.E.I.P. DE LEIRADO

“A VOZ DA ESCOLA”

MAIO 2011

ENTROIDO 2011 A COMPARSA DO COLEXIO ESCOLLEU O TEMA “O MUNDO MÁXICO DO BOSQUE”. Seres míticos e fantásticos encheron de colorido as rúas de Salvaterra.

NENAS E NENOS DE INFANTIL VISITAN UNHA PANADARÍA

Nenas e nenos antes de iniciar o desfile. Páxina 34

Páxina 9

EXPOSICIÓN “OS NOSOS VIÑOS” PERCORRIDO POLO CULTIVO, USOS E COSTUMBRES DUN PRODUTO DE GRAN IMPORTANCIA PARA A NOSA BISBARRA.

Álgúns dos obxectos que se poden ver na mostra. Permanecerá aberta ata final de curso, en horario lectivo.

CELEBRACIÓNS LITERARIAS Este ano coinciden tres acontecementos literarios: Celébrase o centenario do nacemento de Alvaro Cunqueiroe os cincuenta anos da publicación do libro “Memorias dun neno labrego”, e adícase o ano ao poeta Lois PePáxina 3 reiro.

MARZO, MES DA POESÍA Ao longo do mes de marzo levouse a cabo un obradoiro para traballar a poesía. Páxina 2


2

NOVAS

Agromar 47 Maio 2011

Durante o mes de Marzo levouse a cabo un Obradoiro no que traballamos a Poesía. Lemos, escoitamos ilustramos poemas e compuxemos as nosas poesías. Tamém llas recitamos aos demais, e con todas elas fixemos un libro. Se o queres ler, podes atopalo na Biblioteca.

Os traballos de cada aula están expostos polos corredores. ¡Aquí tamén se poden ler!

As nenas e os nenos de 2º ciclo aproveitaron para traballar os poemas de Ana María Fernández, autora do libro “Poemas que me cantou o grilo”

Cos nomes tamén se pode facer poesía.

Escolma dos poemas que escribimos.


Agromar 47 Maio 2011

EDITORIAL COMMEMORACIÓNS LITERARIAS

3

A Real Academia Galega adicou o ano 2011 ao poeta Lois Pereiro. Lois Sánchez Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 16 de Febreiro de 1959 e morreu na Coruña no ano 1996. Con 17 anos viaxa a Madrid para estudar a carreira de Socioloxía na universidade, pero regresou aos poucos meses e púxose a traballar Lois Pereiro, á dereita, co seu irmán Xosé Mana cristalería do seu pai. Colocando nuel no colexio dos Escolapios , en Monforte. vidros polas obras. Un ano máis tarde volve, esta vez para estudar francés, inglés e alemán na Escola Oficial de Idiomas. Nesta época entra en contacto con outros artistas galegos, como Antón Patiño ou Manuel Rivas, entre outros. Colabora na elaboración da revista Loia. Tamén realiza viaxes por Europa, visitando Centroeuropa, Gran Bretaña e Irlanda. No ano 1981 intóxícase ao inxerir aceite adulterado, o coñecido como “aceite de colza”. Decide regresar definitivamente a Madrid e establécese na Coruña. Traballa traducindo ao galego películas e series de televisión. Colabora en dous libros colectivos “De amor e desamor”, e na revista Luzes de Galiza. Publicou varios libros de poemas: Poemas, Poesía última de amor e enfermidade e Poemas para unha loia O 24 de maio de 1996 falece no Hospital Juán Canalejo, actualmente Hospital Universitario da Coruña. PARA RECORDAR: O Día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega, no ano 1963, para homenaxear ás persoas que salientasen pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa do noso idioma.

Fonte: Seminario Galén Fotos: Seminario Galán, do Arquivo Familiar Sánchez Pereiro

PARA SABER MÁIS: Investiga sobre a intoxicación do aceite de colza. Pregunta tamén na casa.


4

SUMARIO COMMEMORACIÓNS LITERARIAS

ANOITECE EN IRLANDA Da solidez máxica das danzantes cordas clorofílicas entre o menos longo o acertado tremor e a chamada da montaña máis verde e negra máis querida e húmida máxico e sólido seda e decadente. Lois Pereiro

Agromar 47 Maio 2011

EDINBURG, EDINBURG O tren fura paisaxes coma un piollo nos cabelos escuros de Escocia escurecida mentres veñen as mans do abrente alleo abrindo as portas daquel día de setembro cruzando o Mar do Norde cara ás illas chegando a un Edinburgh en sombra estraña baixándome do tren coa mente aberta. ¿Onde se deita a noite en Edinburgh? ¿á esquerda do castelo de carbón diamante cun sol negro? Lois Pereiro—Poemas, 1981/1991

Cuspídeme enriba cando pasedes Por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria. Lois Pereiro –Outono 1995

Epitafio grabado na pedra da súa tumba en Santa Cristina do Viso (O Incio). Texto do libro “Poesía última de amor e enfermidade”

Álvaro Cunqueiro Mora, naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finou en Vigo o 28 de febreiro de 1981. Dende moi novo dedicouse á literatura e ao xornalismo. É máis coñecido polas súas fábulas, pero tamén escribiu poesía, novela, teatro, e libros de cociña, da que era gran coñecedor. Está considerado un dos grandes autores da literatura galega. No ano 1991 foi o autor homenaxeado polas Letras Galegas.

DÍXENLLE Á RULA Díxenlle á rula: Pase miña señora! E foise polo medio e medio do outono por entre as bidueiras, sobre o río. O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito, na man esquerda a calabaciña da auga, ollando a rula irse, comentóu: -Calquera día sin decatarte do que fas dices: Pase miña señora! e é a alma tua a quen despides como un ave nunha mañán de primavera ou nun serán de outono. De “Herba aquí ou acolá” 1980

Fontes: Galipedia, Biblioteca Virtual Galega, Editorial Galaxia, http://galeria.dibujos.net

EPITAFIO


Agromar 47 Maio 2011

EDITORIAL CONMEMORACIÓNS LITERARIAS

5

Balbino é un neno galego de doce ou trece anos. Vive en Gres, unha aldea do Concello de Vila de Cruces na comarca do Deza, durante a década de 1940. No libro “Memorias dun neno labrego” recóllese o suposto caderno no que Balbino vai anotando o seu día a día. Esta obra está baseada na infancia do seu autor, Xosé Neira Vilas. É o libro máis lido e máis traducido da literatura galega e a través del o autor pretendía contar como era o estilo de vida dun rapaz labrego.

Xósé Neira Vilas dedica e asina o exemplar de “Memorias” da Biblioteca

Fontes: Fundación Neira Vilas, Galipedia, Biblioteca Virtual Galega, Editorial Galaxia

Foi escrito no segundo semestre de 1960 e saíu publicado en Xaneiro de 1961. Este ano celébrase o 50 aniversario da súa publicación. Durante moitos anos, esta obra foi case o único texto de iniciación á lectura en galego, antes de que a lingua estivese recoñecida nos programas de estudo e nos currículos escolares. As Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, é un dos grandes títulos populares.

PACHÍN Nun tempo disque falaban os animales. Andrómenas. Está ben que se lle conte a nenos de teta, pero non a min que levo rillado catro codias. Boa estaría que os animales falasen coma nós. ¡Que rebumbio! Talvez se entendan sin conversar, ou non precisan entenderse. Miña nai tenme dito que lle gostaría ver o río valdeiro, sin auga. A min, tamén. Pero índa me houbese chistado máis escoitar un parrafeo entre vacas, porcos, ou galiñas…¡Cantas cousas se cavilan! E todo dende que tiven a Pachín. Porque Pachín sí que falaba. A súa maneira. Falaba cos ollos, co rabo, coas patas. Eu entendíao tan ben coma se pronunciase palabras. Non parecía un can. Tiña entendemento de persoa. Era alegre, compangueiro. Faltáballe rir. Non había can máis chusco na comarca. Cando me deixaban soio na casa, xogaba coel. Corriamos xuntos pola horta e dempóis sentabámonos ó pé da cerdeira grande. Unha mañá o raposo entrou no galiñeiro do ferrador e arramplou con nove galiñas. Eu fora co gando á Zanca Vella e achei o depósito do raposo nunha toxeira: alí estaban as galiñas mortas. Un veciño colleu un par de galiñas e levoullas ó boticario; este cortoulle o pescozo e metéulle dentro un solimán. Volvéronas poñer outra vez na toxeira co mentes de envenenar ao raposo. Pero non aconteceu así. Quen aparece morto dalí a dous días na Zanca Vella , foi Pachín; o meu amigo Pahín. Tróuxeño do monte. Cunha legoña abrin na horta un burato fondo, alongado e deille terra ó seu corpo. Coido que chorei. Funo acochando ó xeitiño coa terra fresca. Como se o cobrise cunha manta. A xeito de lousa prantéi unha cerdeira derriba do meu amigo.


6

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

Agromar 47 Maio 2011

QUÉ PASARÁ! Un bo día, cando comezou a “Primavera”, os nenos/as da aula de 3 anos sementaron unhas fabas e lentellas, e para realizar esta tarefa necesitaron:

Cada día os cativos/as ían mirando os cambios que se apreciaban, así coma tamén as regaban.


Agromar 47 Maio 2011

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

7

Despois de 17 días de coidados dentro da nosa aula, os resultados foron os seguintes:

Xa para rematar o noso “Que pasará”, levaron cada un a súa plantación e transplatáronas a terra, para que seguira crecendo. E co paso do tempo poder conseguir os froitos.


8

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

Agromar 47 Maio 2011

As nenas e nenos de 4 anos, para celebrar o día da poesía, aproveitaron para recitarlle ás súas mamás estes fermosos e divertidos poemas, así coma un debuxo deles xuntos. Veredes que chulos !!!


Agromar 47 Maio 2011

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

9


10

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

Agromar 47 Maio 2011


Agromar 47 Maio 2011

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

11

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL VISITAN Á PANADARÍA

Escoitamos atentamente e observamos……..

Logo amasamos.

E ao final, comemos.


12

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

Agromar 47 Maio 2011

OS DINOSAUROS As nenas e os nenos de 5 anos estamos estudiando os dinosaurios, e xa sabemos moitas cousas como:

• Dinosaurio significa : lagarto terrible • Existen dinosaurios: acuáticos, terrestres e aéreos. • Son herbívoros e carnívoros • O dinosaurio máis temible é: T- Rex • Coñecemos algúns nomes de dinosaurios: triceratops, stegosaurus,

diplodocus, spinosauriois. Decidimos debuxar o dinosaurio que máis nos gustou é este son os resultados:


Agromar 47 Maio 2011

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

13


14

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

Agromar 47 Maio 2011

Para traballar este tema, preparamos un rincón : debuxamos as ventás, fixemos un mural, decoramos a clase como se fora unha selva, ... e este é o resultado.

Agora ben, para que os entreteñades un pouquiño popoñémosvos esta actividade:


Agromar 47 Maio 2011

PRIMEIRO

15

PALABRAS CON MÚSICA Primeiro fixemos pareados cos nosos nomes; que difícil eran estes poemas de dous versos:


16

PRIMEIRO

Agromar 47 Maio 2011

O máis complicado era buscar palabras con rima. Mira o exemplo e continúa ti Palabras que riman con camión: avión, xamón,........................................... (proba a continuar con máis palabras). Palabras que riman con camiseta: colchoneta,............................................... Palabras que riman con irmán: pan,.............................................................. Despois xa nos animamos e fixemos diversos xogos coas poesías. Combinamos poesías de uns coas de outros, e saíron:


Agromar 47 Maio 2011

PRIMEIRO

A continuación, mesturamos versos de distintos poetas e creamos unha nova poesía:

E para terminar, estivemos xogando a un xogo da roda chamado “XIRANDA” e con esta palabra iniciamos os últimos poemas:

17


18

.

PRIMEIRO

Agromar 47 Maio 2011


Agromar 47 Maio 2011

SEGUNDO

19


20

SEGUNDO

Agromar 47 Maio 2011


Agromar 47 Maio 2011

SEGUNDO

21


22

Agromar 47 Maio 2011

TERCEIRO

O futbol é guai porque xogo en Paraguai. Hoxe é un día de sol e eu marqueí un gol. O xogador Dimaria fallou un gol na porteria, e o porteiro Valdes parou un balon cos pés. Brais

A bolboreta chegou á meta na bicicleta. O sapiño bebe viño e fai o adiviño. Os patos levan os meus zapatos e fan retratos. O raposo é goloso e moi perezoso. Marta

Na primavera saio para fora, e non quedo no salón vendo a televisión. Mentres tomo café con tarta enviolle a miña amiga Marta unha longa carta. Vexo unha bonita flor que ten moito color, e con tanto calor hay moito vapor. Sara

Hai unha foca sentada na roca que come coa boca un pouco de sopa. Aquel atleta vai en bicicleta, leva unha maleta cunha libreta. Michael


Agromar 47 Maio 2011

O meu burriño tira do carriño.

TERCEIRO

A tua foca esta enriba da roca.

O porteiro do marqués chámase Andrés, e anda do revés.

A Roberto caeulle unha piña enriba da súa viña.

Fala francés e tamén fala inglés.

Aquel camion levaba un salchichón.

Ten un cempés que naceu hai un mes.

23

E ti ¿non o ves? Ruben Cristian

A primavera xa esta á beira. A bolboreta da unha voltereta. O caracol debuxa unha flor. Polo camiño pasa un pitiño. A señora abella xa está vella. A xoaniña quedou molladiña Á margarida curoulle a ferida. Brenda

Eu ía na bicicleta, cheguei a meta e vin unha bolboreta. Eu mirei un atleta que tiña unha coleta que lle chega ata maleta Mentras tocaba a trompeta caeume unha paleta dentro da pileta Gabriel


24

Agromar 47 Maio 2011

CUARTO

Sr Director: Escriboche para decirche que me parece que deberiamos elexir unha clase e uns equipos para limpiar o patio de adiante e o de atras, como cando estaba en segundo de primaria, porque os dous patios estan sucios. Atentamente Sandra Cambra González

Sr. Director: Eu digo que habia que poñer mais ordenadores na biblioteca e dous columpios no patio de atras. E que houbese mais horas de musica por que e moi divertido, e de relixion, porque facemos traballos e son moi divertidos, de ximnasia por que xogamos a xogos moi divertidos, de ingles por que a veces facemos xogos e pintamos, mais días de biblioteca por que podemos xogar e coller libros moi chulos e mais horas de plastica por que facemos cousas chulisimas. Atentamente

Sr. director: Gustariame que fixeras campeonatos de futbol porque se non pelexamos para xogar a futbol. E tamén no pabellon campeonatos de tenis de badminton e de futbol sala.E tamen correr a maraton polo pabellón enteiro. Gustariame que houbese mais tempo para xogar. Atentamente. Jorge Gregores Ferreira.

Sr. director : Eu son Josue "el melenitas", opino que alguns nenos non xogan, poderias facer que os nenos e nenas se levasen mellor. Outra cousa que quero dicirte, poderias facer que hubera dúas horas de inglés e catro horas de coñecemento. Atentamente Josué Gondino Fernández Sousa

Lucía Martinez Lamazares

Atentamente

SR. DIRECTOR: Eu creo que ten que haber mais horas de plastica porque non nos da tempo de facer nada si temos que facer un experimento tardamos moito e non nos da tempo. Eu creo que tamen en relixion hai que ter media hora mais, e decir unha hora, porque sempre que estamos a facer algo ven a profe e non podemos acabar. Relixión é divertido porque non hai que facer controles. Atentamente

Sergio García Rodríguez

Yago Riveiro Domínguez

SR.DIRECTOR: A min pareceme que deberiamos facer mais festivales con actuacions de todo o colexio. E tamén opino que alguns nenos e nenas tiraran os papeis e envases ao lixo porque tiranos no chan e non o recollen e tamen que houbera mais dias de biblioteca e doble horario de ordenador.


Agromar 47 Maio 2011 Sr.Director: Eu penso que deberiades poñer un columpio detrás por que se non e moi aburrido. E tamen que houbese mais horas de plastica, que fagamos campeonatos de deportes. Que houbera mais horas de educación fisica.Tamen que fagamos concursos de baile,e que houbese animais como o cabalo etc. e que o teñamos que coidar todos os dias. E que cada clase tivese un bloc para que todos nos vexan as nosas ideas e información e que poidamos traer bicis para andar nelas. E as literaturas encantanme. Atentamente

CUARTO

25

13 ordenadores por clase! ¡E mais excursions! Atentamente Brais Fontán Domínguez

Sr director: Me gustaria que houbera mais cousas para xogar no patio traseiro, solo esta a pista de futbol .Por que se non estaremos aburridos sin un columpio ou un tobogan ou unha pista de peón para xogar aos peóns. Atentamente Alfonso Gallur Malga

Elena Céspedes Vilas

Sr.Director: Eu chamome Joel gustame o futbol. Vou dar a miña opinion que é que un dia a semana xoguemos ao futbol de 2º para arriba. Que o colexio dure 3:30 h. e teñamos 1e30 de E.fisica e outra hora e media de musica e o resto de Matematica. Deberian facer eso porque se me cansa a man de tanto escribir e escribir exercicios,oracions etc. Atentamente Joel Riveiro Dominguez

Sr.director: Vou dicir as miñas opinions sobre o colexio: Se non houbera pista de futbol era millor porque a algúns non lle pasan a pelota e a alguns tampouco lles deixan xogar. E tamén se hubese cinco horas de matemáticas, que os problemas estan moi ben pero se puxeran algúns de inventar nós seria moito mellor. Atentamente Diego Domínguez Barbosa

Sr.Director Eu prefiro que haxa mais horas de E.Fisica, 3 horas ao dia de Mates, 2 horas ao dia os Luns,o Martes e Xoves so E.Fisica, os Mercores e Vernes Plastica. ¡E prefiro que haxa

Sr. director: A min pareceme que tes que facer mais horas de futbol e mais horas de recreo para comer o bocadillo e xogar por que asi nos divertimos moito e xogamos mais. Atentamente Bruno Puentes Perez.

Sr.Director: Eu queria que houbese mais horas de recreo . Asi podiamos xogar mais futbol porque a min gustame moito o futbol. E que tamen houbera una pista de peón. Que sexa grande. E que tamen houbera 2 pistas de futbol. Atentamente Dylan Ferreira Martinez.


26

QUINTO

Agromar 47 Maio 2011


Agromar 47 Maio 2011

QUINTO

27


28

QUINTO

Agromar 47 Maio 2011


Agromar 47 Maio 2011

QUINTO

29


30

QUINTO

Agromar 47 Maio 2011

Revista escolar subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Coordinación: Equipo de Normalización Lingüística do C.E.I.P. de Leirado Maio de 2011


Agromar 47 Maio 2011

A BIBLIOTECA

Os ALUMNOS E ALUMNAS que asisten os martes e os venres ás actividades do plan PROA traballan na Biblioteca. Mirade con que interés…

LIBROS

ENCICLOPEDIAS

PÁXINAS WEB

Cando rematedes… Queremos ver eses traballos!

31


32

A BIBLIOTECA

Agromar 47 Maio 2011

“A min encantábame ir á biblioteca e agora que comecei a ser axudante gústame moito máis.”(Carina)

“Eu axudo na biblioteca, é divertido, e aprendín a andar no ordenador, abrir o búho, etc. Agora xa non me aburro os martes e os xoves no recreo.” (Iria)

“Axudamos aos pequenos a aprender a colocar os libros no seu sitio. Vixiamos o recinto de abaixo onde hai libros e xogos. Explicámoslle aos que queiran andar cos ordenadores da biblioteca. Aprendimos a andar no programa da biblioteca para devolver e coller libros” (Oscar G.) “Gustoume moito ser axudante da biblioteca por colaborar cos meus amigos e co colexio. Gustaríame seguir sendo axudante da biblioteca, pena que nos perdéramos tantas cousas. Foi moi bonita a experiencia e divertida. (Iván G.) “O que máis me gusta é prestar e devolver libros no ordenador. O máis difícil é colocar os libros nas estanterías porque hai que polos alfabéticamente. A biblioteca é xenial. (Laura) “O que máis me gustou foi a cantidade de libros que collestes, espero que vos gustaran e que collades máis. Paseino xenial como encargada e espero que vós tamén” (Miriam) “Aprendín a prestar e devolver os libros en pouco tempo, pois non estiven na escola dende que comezou, e tamén a colocar os libros onde corresponde” (Lúa) “Ser axudante da biblioteca foi divertido. O que máis me gustou foi poñer os libros por orde alfabética. (Oscar T) “Síntome ben vendo aos nenos contentos en coller os seus libros. Cando estou de encargado con Jéssica aprendo moito. A biblioteca é o mellor sitio para aprender. Os libros danche a información que queres”(Marcos) “Está moi ben ser axudante, é fermoso atender aos nenos na biblioteca.” (Paula) “A min gústame moito ser axudante da biblioteca. Aprendín a colocar os libros no seu sitio, e tamén me ensinaron a coidalos ben, como ten que ser”(Jéssica) “A biblioteca gustoume e aprendín moitas cousas. Gustoume a idea de ser axudante. (Moisés) “A miña opinión é moi boa…gustoume andar no ordenador e colocar libros…eu tamén levaba libros e gustáronme todos os que lin. Aprendín a manexar mellor o ordenador. (Julián) “Gustoume moito porque coñeces a xente que non coñecías, podes coller ti tamén un libro e pedir uns a outros consello para coller un libro bo. O que menos me gustou era ter que colocar os libros” (Simón)


Agromar 47 Maio 2011

NOVAS

33

ANTONIO ALONSO FONTÁN, UN ESCRITOR VECIÑO Ao colexio achegouse Antonio Alonso Fontán, veciño de Meder para falarnos das Letras Galegas e do importante que é para a nosa cultura falar e escribir en galego. Tamén nos contou cousas de cando era rapaz, da escola, dos poucos libros que tiña para ler. Vendo a nosa biblioteca, aconsellounos que aproveitaramos a sorte de dispor de tantos libros e que leramos moito. Antonio escribiu un libro sobre as parroquias de Salvaterra, falounos del e regalou un exemplar para a biblioteca. Tamén escribe poesías, e leunos algunha delas. Para despedirse, deixou unha fermosa lembranza no libro de visitas. De viños son colleiteiro sin ter viños nin adega, amigo do arrieiro se por bo camiño chega.

TEÑO MOZA EN MEDER

A MEDER POR BEBER

Teño moza en Meder

Trátase dun viño honrado

e con ela vou casar.

que ó beber causa pracer,

Dáme bo viño a beber

é un viño do Condado,

eu xa non penso emigrar.

é un viño de Meder.

Ten casa de boa labranza teñen vaca e teñen bois,

Que sexa branco dourado

canastro grande na eira

que sexa púrpura tinto,

na adega grandes bocois.

¡ouh, que viño, amor amado!

Son mozo traballador

¡ouh, que viño, meu amigo!

non teño medo ó traballo,

A Meder por beber

se bo coidador de viñas

levareivos conmigo.

mellor coidador de gando.


34

Agromar 47 Maio 2011

NOVAS

O 2011 foi declarado Ano Internacional dos Bosques. Con tal motivo para disfrazarnos eliximos o bosque e os seres máxicos que habitan nel. Tivemos que buscar información sobre estes personaxes fantásticos ou de lenda nos libros da biblioteca e en internet. Escollemos o que máis nos gustou e fixemos unha ficha coa información conseguida e unha ilustración. Tamén confeccionamos os nosos disfraces, que nos quedaron moi chulos. O venres, 4 de Marzo, desfilamos cos outros coles polas rúas de Salvaterra. Bailamos, comemos rosca con chocolate …… ¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN!!!

Ninfas. Elfos, Gnomos, Ananos, Bruxas boas e Druídas, Trolls, Dragóns…. invadiron o colexio na festa do entroido.

Unha curiosidade: Moitísimos contos desenvólvense no bosque e estes personaxes adoitan aparecer neles.


Agromar 47 Maio 2011

Comeza o desfile.

NOVAS

35

Desfilan os seres bondadosos,

e tamén desfilan os seres malvados.

As árbores do bosque.

Nós estabamos moi tranquilos…...

¡¡¡Atacan os seres malvados!!!

… e de súpeto…...

¡¡¡Fuxide, fuxide!!! ¡¡¡Ás árbores!!!


No sitio onde vivimos o viño ten unha gran importancia. Os que se elaboran aquí teñen recoñecido prestixio, pola súa calidade. Para saber un pouco máis fixemos un traballo de investigación e estudo sobre os viños de Galicia. Buscamos información sobre as denominacións de orixen, clases de uvas, coidados das vides, elaboración do viño, utensilios, ferramentas, envases e recipientes……. Co todo o que aprendimos elaboramos paneis informativos. Tamén fixemos unha exposición con obxectos relacionados co viño que trouxemos da casa, visionamos vídeos sobre a forma tradicional de facer o viño e visitamos a adega de A Fillaboa para ver a elaboración industrial deste produto.


AGROMAR 47