Page 1

As centrais nucleares Diego A. Lastra Vergara


Que é unha central nuclear? Unha central nuclear é unha instalación onde se produce enerxía eléctrica a partir da fisión nuclear dos átomos dun determinado elemento: uranio,radio ou plutonio. O uranio é o máis utilizado.

Que é a fisión nuclear? A fisión é unha reacción nuclear, o que significa que ten lugar no núcleo atómico. A fisión ocorre cando un núcleo pesado divídese en dous ou máis núcleos pequenos, ademais dalgúns subproductos como neutróns libres e outros fragmentos.


Funcionamento dunha central nuclear O funcionamento é o mesmo que nunha central térmica, a única diferenza é que nunha central nuclear a auga quéntase debido á enerxía calorífica producida durante a fisión nuclear no reactor. - No reactor faise fisionar os átomos de uranio, liberando moita enerxía calorífica que permite a evaporación da auga presente nas numerosas tubaxes que se atopan ao redor da caldeira. O vapor de auga adquire moita presión, polo cal se utiliza para mover unha turbina conectada ao xerador. Ao virar a turbina prodúcese a electricidade, que viaxa do xerador até os transformadores, que elevan a tensión para transportar esta enerxía pola rede eléctrica até os centros de consumo.


Centrais nucleares en España Central

Localización

Potencia (MW)

Tipo

Ano de entrada en servizo

Sta.María Garoña

Sta.María Garoña, Burgos

466.00

B.W.R.

1971

Almaraz I

Almaraz, Cáceres

977.00

P.W.R.

1981

Ascó I

Ascó, Tarragona

1032.50

P.W.R.

1983

Almaraz II

Almaraz, Cáceres

980.00

P.W.R.

1983

Cofrentes

Cofrentes, Valencia

1092.02

B.W.R.

1984

Ascó II

Ascó, Tarragona

1027.21

P.W.R.

1985

Vandellós II

Vandellós, Tarragona

1087.14

P.W.R.

1987

Trillo

Trillo, Guadalajara

1066.00

P.W.R.

1988

BWR: Reactor de auga en ebulición. PWR: Reactor de auga a presión.

Mapa de situación


Accidentes nucleares 10 de outubro de 1957: Sellafield (Reino Unido). Ten lugar un incendio na pila do reactor Windscale I principal fonte de plutonio do programa británico de armas nucleares. Durante horas o combustible permanece ardendo e a nube tóxica propágase por toda Europa, chegando máis aló de Suíza. 29 de setembro de 1957: Kyshtym (URSS). Un erro no sistema de refrixeración dun tanque de residuos radioactivos provoca un incendio e fai explotar o tanque, lanzando unha tapa de formigón de 2,5 metros desde o búnker de almacenamento subterráneo, polo aire. A pesar de que a radioactividade cubriu miles de hectáreas, o accidente ocultouse até a década dos 70. Máis dunha trintena de pobos e varias cidades desapareceron “literalmente" do mapa. A pesar das numerosas medidas de seguridade, en 1979 chegou a producirse un accidente na central de Three Mile Island, preto de Harrisburg (Pensilvania, EEUU). Un erro de mantemento e unha válvula defectuosa levaron a unha perda de refrixerante. Máis de 3.500 nenas e mulleres embarazadas foron evacuadas. O 26 de abril de 1986, outro grave accidente alarmou ao mundo. Un dos catro reactores nucleares soviéticos de Chernobil, a uns 1301 km ao norte de Kiev (en Ucraína), explotou e ardeu. Segundo o informe oficial, o accidente debeuse a que os operadores do reactor realizaron unhas probas non autorizadas. O reactor quedou fóra de control; producíronse dúas explosións, a tapa do reactor saltou polo aire e o núcleo inflamouse e ardeu a unha temperatura de 1.500 ºC. As persoas máis próximas ao reactor recibiron unha radiación unhas 50 veces superior á de Three Mile Island, e unha nube de choiva radioactiva dirixiuse cara ao oeste. A nube radioactiva estendeuse por Escandinavia e o norte de Europa, segunda descubriron observadores suecos. A diferenza da maioría dos reactores dos países occidentais, o reactor de Chernobil carecía de edificio de contención. Unha estrutura semellante podería impedir que o material saíse do reactor. Morreron máis de 30 persoas e unhas 135.000 foron evacuadas nun radio de 1.600 quilómetros. A central foi selada con formigón; en 1988, con todo, os outros tres reactores de Chernobil xa estaban a funcionar de novo. Na central de Vandellós 1, situada na provincia de Tarragona (España), e cun


reactor de tipo grafito-gas, produciuse, o 19 de outubro de 1989, un accidente que se iniciou por un incendio nun edilicio convencional da central, que xerou unha serie sucesiva de fallos de sistemas. A pesar de todo, conseguiuse levar a central á situación de parada segura. Non se produciu eliminación de C02 do circuíto de refrixeración, nin se produciu dano algún ás persoas que interviñeron no control da central. A consecuencia dos danos sufridos, a central foi pechada definitivamente en 1990. 30 de setembro de 1999: Tokaimura (Xapón). Nunha planta de fabricación de combustible uns traballadores confunden as proporcións de solución de uranio líquido e iníciase unha reacción en cadea liberándose produtos de fisión altamente radioactivos á atmosfera. Dos tres traballadores involucrados no accidente, dous morren ao cabo de varios meses, durante os cales sufriron os efectos da radiación. Máis de 400 persoas das inmediacións estiveron expostas a doses de radiación por encima do tolerable. A finais de 2007 produciuse un escape ao medio ambiente de partículas altamente radioactivas na central nuclear de Ascó-I (Tarragona). En xuño de 2008, a central de Krsko (Eslovenia) sufriu un accidente que levou á perda de refrixerante do circuíto primario, o que obrigou a activar a Rede de Alerta Europea (ECURIE). Tamén en xuño de 2008 a central nuclear de Tricastin (Francia) tivo unha fuga de decenas de quilos de uranio ao Ródano. En agosto de 2008 a central de OlkiluotoIII (Finlandia) en proceso de construción tivo un incendio.

Cada pouco tempo ocorre un incidente ou accidente nas instalacións nucleares que lembran á poboación a súa inseguridade e perigo. A pesar diso, séguese dicindo por parte das empresas eléctricas que a enerxía nuclear é segura. A posibilidade de sufrir un accidente nuclear grave aumentou nos últimos anos, debido á confluencia dunha serie de factores que afectan negativamente á seguridade. Así, aos fallos dunha tecnoloxía intrinsecamente perigosa, hai que sumar o acusado envellecemento dos reactores e a cada vez menor cultura de seguridade dos operadores.

As centrais nucleares  

Traballo de investigacion realizado por Diego L., de 5º de EP, sobre as centrais nucleares: funcionamento, centrais nucleares en España e ac...