Page 1

XORNAL DO COLE http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

2º TRIMESTRE 2014

/

“CREAMOS EN GALEGO” Neste segundo trimestre traballamos sobre os seguintes temas que podemos observar a continuación:

DÍA DA PAZ O 30 de xaneiro celebramos todos

BREVES Infantil

xuntos o Día da Paz facendo unha

Queremos a Paz.

representación no patio do colexio.

O Entroido.

DÍA DE SAN VALENTÍN

Canto amor… Unha visita moi especial.

1º CICLO 14 de febreiro

O cómic.

2º CICLO

ENTROIDO Mostramos en imaxes os nosos disfraces.

TRABALLO POR CICLOS

Poesía.

3º CICLO Apadriñando con contos. Historias breves. Receitas internacionais. Circuitos eléctricos. 1


GALERÍA DE IMAXES http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

DÍA DA PAZ

DÍA DE SAN VALENTÍN

2


ENTROIDO

3


4


5


6


7


8


9


10


11


12


13


14


15


PRIMEIRO CICLO http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

Estivemos traballando este trimestre en lingua galega “O cómic”,a súa estructura e a forma de expresarnos a través deste recurso.

16


PRIMEIRO CICLO http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

Moitos dos nenos e nenas de 2ºA escolleron como protagonista da súa tira cómica a Queixiño, o primo de Raticonto

17


PRIMEIRO CICLO http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

Case todos os alumnos/as decidiron facer a sĂşa tira collendo como protagonista a QueixiĂąo, a personaxe inventada na nosa clase para o conto do Proxecto Documental Integrado do centro. 18


PRIMEIRO CICLO http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

Moitos dos nenos e nenas de 2ºA escolleron como protagonista da súa tira cómica a Queixiño, o primo de Raticonto 19


SEGUNDO CICLO http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

20


21


22


23


TERCEIRO CICLO http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena

A LUZ Un día Joe Banana, un plátano amarelo e moi chistoso, foi a casa do seu amigo Tomás Tomate. Xogaron ao fútbol, merendaron e xogaron a play. Tomás ía escoller ao Red Bull para gañarlle ó Ferrari de Joe na fórmula 1 cando a consola se apagou de súpeto. Foron ata a cociña e preguntáronlle á nai que pasara. Ela dixo que se debera ir a luz. Que foran abaixo, ao sótano, e miraran o contador. Tomás non quería ir, porque estaba moi escuro. Entón tivo que ir Joe. Colleu unha lanterna e baixou. Estaba moi escuro pero divisou a alguén que se escabullía pola ventá. Joe seguiuno ata a casa do veciño. Tomás dixéralle que o veciño se pasaba o día gruñindo e berrándolle ós froitos que pasaban por alí. Joe decatouse de que era unha mazá pequeniña. Preguntoulle que facía alí debaixo, no sótano de Tomás. Ela contestoulle que só quería coller o balón que caira alí, e que, sen querer, déralle ao contador. Entón Joe lembrouse de algo: non mirara o contador ! Foi alá e fixo o que tiña que facer. Logo, seguiron xogando á play.

Mario Hermida 5ºA 24


A NENA E A SERPE Unha nena chamada Andrea vivía en Valencia. Ela tiña o pelo castaño, os ollos verdes e era moi boa persoa. Casi sempre estaba axudando a alguén. Un día foi de viaxe a Australia. Unha vez alí, o primeiro que fixo foi buscar un refuxio. Cando atopou un hotel, non o pensou duás veces e entrou. Cando se instalou foi a dar unha volta. Levaba un rato camiñando, atopou unha serpe. Pareceulle tan bonita que se quedou con ela, colleuna e levouna ao hotel. Unha semana despois, volveu a Valencia. Cando chegou, construiulle unha casiña a súa serpe que se chamaba Hissette. Hissette era unha serpe velenosa, pero era tan boa que xamáis daba mordicos velenosos. Ao día seguinte, Andrea decoroulle a casiña a Hissette. Quedoulle preciosa, púxolle pegatinas e moitas cousas máis. E todos os días igual, ata que un día volveu a Australia. Alí colleu outra serpe e chamoulle Colmillos. Unha semana despois, volveu a Valencia. Entrou na casa e puxo a Colmillos na casiña de Hissette. Un rato despois, Colmillos e Hissette fixéronse moi amigas.

María García 5ºA 25


O GRAN SOÑO DE RUBÉN Un día en Vigo,un neno chamado Rubén foi xogar ao fútbol cuns amigos a un descampado que había por alí cerca. Rubén era un neno ao que lle gustaban moito os deportes,el sempre estaba xogando,pero a cousa que máis lle gustaría ter no mundo era un can .Pero os seus pais non lle deixaban, porque non era o suficientemente responsable para coidalo,pero Rubén sempre insistía.Ese día Rubén foi recoller a pelota á beira do río,e alí atopouse cunha cadela.Era de cor marrón claro, e os seus ollos azuis. Era moi bonita e aínda era unha cría. Rubén empezou a xogar con ela, pero sabía que non a podía levar consigo, todos os días saía da casa e leváballe un pouco de comida e aprendíalle trucos: como dar a pata, rodar polo chan, buscar a pelota....Rubén colleulle moito cariño á cadela, e para que puidera durmir mellor construíulle unha caseta. Ao pasar uns meses chegou o inverno, tódolos días había choivas moi fortes e Rubén non podía ir xogar con ela, estaba moi preocupado e foi a buscala. Cando chegou ao descampado a cadeliña non estaba, cando se acercou ao río para ver si estaba alí esbarou. Conseguíu agarrarse a unha póla pero sabía que dentro de pouco ía a caer. Berrou para ver se alguén o escoitaba e nese momento apareceu a cadela. Empezou a tirar del e salvouno. Un tempo despois os pais de Rubén empezaron a preocuparse e saíron a buscalo. Cando chegaron ao descampado escoitaron os ladridos e alí atopáronse a Rubén,axudárono a subir e levárono á casa. Cando chegaron contoulles o que pasara. Como coidara moi ben á cadela deixaron que se quedara con ela e Rubén púxolle nome, chamouna Canela. A partir dese día Rubén e Canela foron os mellores amigos.

Alejandro Cousido 5ºA 26


27


28


Neste trimestre en Educación para a Cidadanía elaboramos un traballo que consistiu en buscar receitas de cociña de distintos países do mundo para poder comprobar así a diferencias gastronómicas que hai entre uns lugares e outros. O resultado podédelo comprobar no blogue do Terceiro Ciclo. http://terceirociclocoirondena.blogspot.com.es/ Para que vos fagades unha idea aquí tedes os nomes dos pratos que traballamos: O maqlube de Palestina, o beran de Exipto, a feijoada do Brasil, o adobo filipino das Filipinas, o fufu de Costa de Marfil,a ensalada de Balmain Bugs con salsa de mango de Nova Zelandia, a hamburguesa especial dos EEUU, a shakshuka de Israel, o sándwich cubano de Cuba, o kiviaq dos esquimós, o locro criollo arxentino da Arxentina, o sushi xaponés de Xapón e as deliciosas chapas con queixo de Venezuela. Gustades?

29


O alumnado de 6º curso estivo traballando durante este trimestre na elaboración de circuitos eléctricos. Aquí podemos ver algúns deles:

30


31

Xornal 2 trimestre2014  

XORNAL DO COLE. C.E.I.P. COIRÓN-DENA. 2º TRIMESTRE 2014.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you