Page 1

XORNAL DO COLE

http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

Nº 14 MARZO 2013

“A FAUNA NA POESÍA GALEGA” No segundo trimestre tódalas aulas

do

colexio

estivemos

investigando e aprendendo cousas novas

sobre

algúns

animais

autóctonos de Galicia, a través da poesía.

AS NOVIDADES DESTE XORNAL

UN POUCO DA NOSA HISTORIA

BREVES Infantil Proxecto: O LOBO

A poesía galega

1ºCiclo

GALERÍA DE IMAXES

O soldadiño de chumbo

Seguimos co tema da reciclaxe, o cal se pode apreciar en moitas das actividades do centro.

CONTRAPORTADA Este trimestre investigamos sobre o lixo que temos que meter no colector azul.

2º Ciclo A fauna de Galicia A vexetación de Galicia 3º Ciclo Traballo de campo sobre a reciclaxe no concello de Meaño


Un pouco da nosa historia http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

Ao longo deste trimestre fixemos dous traballiños relacionados coa poesía galega. Un deles sobre a fauna na literatura galega e o outro para conmemorar o 150 aniversario de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro. • A FAUNA NA POESÍA GALEGA:


Cada unha das aulas do colexio estudou un animal aut贸ctono de Galicia, sacado dun poema de alg煤n escritor ou escritora galegos. Todo o traballo viuse reflexado neste mural, que se atopa exposto na entrada do colexio.


AdemĂĄis desto, nas aulas tamĂŠn se fixeron traballiĂąos relacionados cos animais da nosa terra.


• 150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS DE ROSALÍA DE CASTRO:


Segundo Ciclo A FAUNA DE GALICIA En Galicia hai numerosa e variada fauna.

Fauna das montañas: Viven mamíferos , o lobo e o corzo, e aves, como o miñato.

NAS MONTAÑAS

Lobo

Corzo

Miñato

Fauna das zonas baixas: Viven mamíferos como o xabaril, o raposo e lontra ; tamen hai especies de aves como o pardal. Hai réptiles como o lagarto arnal. Insectos como a vacaloura e peixes como a troita.

NAS ZONAS BAIXAS

Xabari

raposo

Fauna da costa: Viven moitas especies de aves: gaviota e corvos mariños. No mar viven polbos, nércoras, mexilóns… NA COSTA

Gaivota

Corvo mariño

lontra Polbo

pardais Mexilóns

Traballo elaborado polo alumnado de 4ºB na aula de Informática.

gaios

Vacaloura

Nécora


A VEXETACIÓN DE GALICIA En Galicia a vexetación é abundante e variada porque recibe chuvias frecuentes. Vexetación das montañas: Medran toxos , xestas e piornos.Os bosques están formado por carballos cerquiños, castiñeiros

e faias.

NAS MONTAÑAS

toxo

xesta

piorno

Carballos cerquiños

castiñeiro

faia

Vexetación das zonas baixas: Nalgunhas zonas hai bosques de repoboación con piñeiros e eucaliptos. Nas beiras dos ríos hai amieiros , salgueiros e bidueiros.Nos vales medran aciñeiras e sobreiras.

NAS ZONAS BAIXAS

piñeiro

eucalipto

Vexetación da costa: Na beira medran especies como a herba de namorar e a camariña.

NA COSTA

Herba de namorar

camariña

amieiro

bidueiro

aciñeira

sobreira

Traballo elaborado polo alumnado de 4ºB na aula de Informática.


Terceiro Ciclo http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

TRABALLO DE CAMPO COMO E CANTO SE RECICLA NO CONCELLO DE MEAÑO? Os 23 alumnos de 6º fixeron un traballo dentro do proxecto “RECICLA COIRÓN” para ver a evolución e concienciación da sociedade do noso municipio en relación coa reciclaxe. Para isto tiveron que realizar un traballo de campo que consistiu no paso dunha enquisa a 128 unidades familiares deste concello. Cos resultado desas enquisas feitas polo alumnado decidiuse traballar na aula de informática a creación de gráficos de barras e de liñas para ver a evolución da Recicaxe dende o ano 2004 ata a actualidade. Aquí vos deixamos os resultados a través dos gráficos creados polo alumnado e que representan os resultados de ditas enquisas. A análise dos resultados pódese ver ao final do documento e reflexa o estudo analítico por parte do alumnado na aula.


• ANÁLISE DOS DATOS:

A análise destes datos manifesta en primeiro lugar que cada vez hai máis unidades familiares que recicla, pero hai que seguir concienciando á sociedade para que sigan aumentando as porcentaxes de familias que reciclan os seus resíduos. Por outro lado tamén é necesario comentar que queda inda un 17% de familias que non recicla nada na actualidade. Destacamos datos coma os seguintes: -

O papel e o cartón xunto co resto do lixo é o que menos se recicla.

-

As pilas e baterías son con diferencia os resíduos que máis se reciclan na actualidade como xa o viña sendo no ano 2004.

Toda a información deste e outros traballos tédela no blogue do proxecto “RECICLA COIRÓN” ao que podedes acceder a través da páxina web do colexio.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcoirondena/


Galería de imaxes http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

No Coirón – Dena seguimos coa reciclaxe, neste caso reutilizando materias de refugallo para facer outros novos.


Resolve o reto http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

Adiviña: Cántos

hai nesta figura?

RESULTADO:

- O 1ºen resolver o reto poderá escribir unha folla no seguinte xornal.


Sabías que..... http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

SABÍAS QUE?

CARACOL

Os caracois móvense coma os vermes, alternando contracións e elongacións do seu corpo, con lentitude. Producen mucus para axudarse na locomoción. O caracol terrestre forma parte da cociña mediterránea, especialmente a española e francesa, como un dos manxares máis exquisitos.

SABÍAS QUE?

CUCO

Habitan en zonas boscosas, sotos, zonas de abundante vexetación, campos de cultivo e lugares abertos con orlas arboladas nas cercanías. É unha ave solitaria, que ten dúas características que a fan singular: a primeira o seu inconfundible canto “cu cu”; e a segunda, pola de poñer os seus óvos en niño alleo.

SABÍAS QUE?

ANDURIÑA

A anduriña común aniña tipicamente no interior de edificacións accesibles como graneiros ou debaixo das pontes.

Durante a migración, tende a voar sobre áreas abertas, a miudo preto da auga ou bordeando cadeas montañosas. Os individuos tenden a regresar a pasar o inverno ao mesmo lugar cada ano.

SABÍAS QUE? . O seu berro, do que lle ven o nome vulgar, é unha sorte de rrur, rrur ou "turr turr". Por iso se chaman Rula. Comen principalmente sementes, buscándoas a miúdo no chan, moitas veces en campos cultivados ou noutras superficies planas. Son aves dos bosques abertos máis cá dos mestos, que ocasionalmente poden face-los seus niños tamén en grandes xardíns, pero son en xeral aves moi tímidas.

RULA


LOBO

SABÍAS QUE? Un só lobo pode comer entre 3,2-3,5 kilos de comida dunha vez, aínda que poden chegar a comer 13-15 kg cando están moi esfameados. O tobo dun lobo pode ser unha cova, un tronco dunha árbore oca, unha zona de vexetación espesa ou un burato na terra feito por el.

GALO

SABÍAS QUE? O galo produce un sonido chamado canto (descrito mediante a onomatopeya “kikiriki”) sempre que non esté castrado (polo capón). O galo canta durante todo o día, se ben concentra os seus cantos en certos períodos do día, como son o amencer, o mediodía, a media tarde, e á metade do da noite, entre as tres e as cinco da mañán. Estos cantos serven como desafío territorial a outros galos, para atraer ás femias cercanas e como señal de aviso en xeral.

SABÍAS QUE?

OURIZO

Son animais lentos, aínda que poden apurar o paso. Camiña moito e sabe nadar. No caso de presentir perigo tenden a inhibirse e enrodelarse sobre si mesmos. Emite sopridos e asobíos. O seu olfacto está moi desenvolvido. Os adultos poden chegar a pesar máis dun quilo. A súa característica máis rechamante son as pugas ou puntas de que está revestido.

SABÍAS QUE? CAN DE PALLEIRO O can de palleiro é unha raza de cans de orixe galega. É o can de granxa típico que existiu desde sempre en Galicia. Recibe o nome de Can de Palleiro en alusión ó palleiro onde adoitaba durmir. Cunha gran fidelidade para co seu amo, coa xente da casa tórnase doce e tranquilo. É necesario destaca-la estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propio dun can pastor.


Contraportada http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

COLECTOR AZUL

Xornal Escolar  

O xornal escolar do segundo trimestre.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you