Page 1

Fai moito tempo, no día de Samaín un rapaz chamado Lucas tiña que facer un disfraz para a festa do seu colexio. El pensaba que o mellor disfraz era o dun home con cabeza de cabaza, así que foi buscar a cabaza máis terrorífica que encontrase. Cando xa se daba por vencido encontrou unha cabaza que parecía unha cabeza gritando. Cando foi collela tremou o chan, os lobos oubeaban, a lúa parecía romperse e ante o asombro de Lucas a cabaza levantouse, un corpo de 1´89 metros subíu moito máis arriba da cabeza de Lucas, unhas pernas largas coma escobas e uns brazos coma pólas preparábanse para atrapar a Lucas. El fuxíu mentras que o monstruo da cabaza o perseguía. Lucas chegou a unha tenda onde preparaban zumes e falou coa persoa que os facía e exprimiron ao monstruo e fixeron un delicioso zume de cabaza.

IAGO. 6º B.


O día de Samaín, a familia Silver mudóuse a unha casa antiga cerca dun ceminterio. Nesa casa acontecían cousas raras o día de Samaín. Pero aquel día pasou algo moi malo para a famila de Silver. Pola noite os mortos resucitaron, acercábanse cada vez maís á casa, ata que soaron as alarmas. Os pais de Silver fixeron que a casa se transformase nun bunque, pero foi inútil, todos morreron por culpa dos vampiros, que lles chuparon o sangue. Silver, en cambio, conseguíu fuxir chamando a Cerveiro, o can do inframundo. Cerveiro levou a Silver a xunto o demo. O demo entrenóuno ata que foi inmortal, e comenzou a matar a todas as criaturas escuras. Dende entón recorre o mundo en busca dos monstros para matalos e chuparlle a vida co corno prohibido.

Brais Valladares Torres. 6ºB.


Nunha zona moi lonxana dun pequeno pobo, vivía unha nena chamada Uxía cos seus pais. Era una nena moi alegre e sempre estaba a xogar no xardín da casa. Un día os seus pais estaban a falar de que chegaba o Samaín e a Uxía ocurríuselle facer una cabaza para poñer na porta da casa. Cando acabou gustoulle tanto como lle quedou que decidiu poñela no seu cuarto, foi daquela cando comezaron a pasar cousas extranas. Cando Uxía entraba no cuarto, a cabaza iluminábase soa e emitía uns ruídos moi extranos. Cando Uxía lle conta aos seus pais o que lle pasa, non a creen, ata que de tanto que insistiu, foron ao seu cuarto para ver a cabaza. Cando abriron a porta, a cabaza comezou a iluminarse, botar fume pola boca e a emitir uns sonidos espeluznantes. Os pais de Uxía, atemorizados, quixeron saír do cuarto pero cando quixeron escapar, a cabaza xa estaba na porta impedindo que sairan. E daquela a cabaza comezou a falar: -A partires de hoxe, nesta casa mando eu, e os tres faredes o que eu vos diga, senon queredes que vos pasen cousas terribles. E a partires dese día a Cabaza convertiuse na dona da casa… ANDREA MOSTEIRO. 6º B.


Érase unha vez un vampiro que vivía nun castelo encantado. O vampiro saía cada noite a buscar a súa víctima. O vampiro daba tanto medo que a ninguén lle daba tempo a reaccionar antes de que lle mordera. A roupa que levaba era moi vella, levaba unha capa negra, un pantalón todo descosido e uns zapatos coa suela moi gastada. A súa forma de ser era moi traicioneira porque tan pronto como te despistaras xa el che mordera. Unha noite ía voando en busca da súa víctima ata que viu un neno sentado ao borde dunha ventá lendo un conto de medo e pensou: -Este neno vai levar un susto de morte. De súpeto o neno escoitou un ruido estraño e abriu a ventá, é tan pronto como a abriu o vampiro xa entrara no seu cuarto. O neno asustado preguntou: -T..t..ti quen es? -Son o vampiro que che vai morder e matar. O neno suplicoulle todo canto puido pero o vampiro terminou mordéndolle. Ao final o rapaz acabou transformándose en vampiro e facéndose amigo do vampiro que lle mordera. Polas noites saían os dous na procura de víctimas para morder. Unha noite viron de lonxe un cazavampiros que os aterrou moito e decidiron volver para o castelo. Pero xusto esa noite o cazavampiros seguíunos e mentras durmían nos seus cadaleitos o cazador cravoulles unha estaca e matounos. FIN Pablo Rodrígez. 6º B.


Era unha noite escura de treboada. Os lóstregos iluminaban a habitación onde estaban Sara e a súa avoa. -Esta noite é perfecta para contarche unha historia. –dixo a avoa de Sara. –É sobre Golem! -Eu non sei quen é, por iso quero que me contes como é. –dixo Sara moi interesada. -Pois verás – empezou a contar a avoa. – Golem é unha criatura con corpo de humano, moi baixo, calvo e con ollos verdes saltóns. Ademais, é capaz de matar a quen sexa. -A quen sexa? - dixo Sara con voz temblorosa. -A quen sexa que se interpoña no seu camino. -Pois eu non lle teño medo a esa criatura. –dixo Sara moi segura. – Son moi Valente! Pasado un bo anaco, a avoa marchou. De repente, Sara escoitou un ruído. -Avoa? - dixo Sara avanzando cara a porta. – Es ti? Sara abriu a porta, que chirriou coma unhas uñas rasgando nunha pizarra. De súpeto, saíu un corpo pequeño e áxil. Era Golem! -Aaaaaaaaah! - gritou Sara morta de medo - Alónxate de min! Sara botou a correr pola porta, mentres que Golem a seguía. Ao saír, Sara viu á súa avoa rir sen parar.


-Avoa, corre! - dixo Sara moi asustada. -Pero cativa, fíxate nese corpiño tan ``terrorífico´´. Era Xoán, o irmán pequeno de Sara. -Xoán? – dixo Sara moi confundida. -Sopresa! – dixo o cativo- con que es moi valente, eh? -Veña nenos, imos dentro. Despois de que entraran na casa, saíu dos arbustos nin máis nin menos ca o mismísimo Golem! De pronto, chamaron á porta. Ding-dong! -Mirade, xa están aquí os primeiros nenos. – dixo a avoa mentres collía o bol dos caramelos. Os rapaces levantáronse a abrir a porta con ela. Cando a abriron, Golem estaba ahí! -Truco ou trato?-dixo a criatura. -Aaaaaaaaaaah!!!-gritaron todos a coro. Cando chegaron os primeiros nenos, o bol que sostía a avoa estaba tirado no chan. E desde aquel día, non se soupo máis nin da avoa nin dos nenos.

NEREA RODRÍGUEZ. 6ºB.


O chupa sangues Érase una vez un neno chamado Braulio, que sempre pola noite estaba xogando aos videoxogos de vampiros. Unha noite escoitou na ventá un ruido moi forte, foi a mirar pero non había ninguén. Despois duns minutos volveu a escoitalo e volveu a mirar e tampuco había ninguén pero el decidiu poñer una cámara fóra para que cando se volverá a escoitar o ruído, el puidese ver quen era. Por terceira vez volveuse a escoitar o ruido, foi a coller a cámara rápidamente, mirou o video pero tampouco había ninguén. Braulio sospeitou, así que deixou o tema e seguiu xogando. Cando estaba xogando ao seu xogo de sempre tivo un escalofrío. Braulio mirou para atrás e viu un vampiro. Meteu un brinco e díxolle: “Non me mordas por favor’’! O vampiro achegábase máis e máis e Braulio asustóuse de tal maneira que empezou a berrar, e de tal berro espertou, e resulta que todo era un soño de Braulio. JOEL PÉREZ. 6ºB.


A noite que Gabriela durmiu na habitación da súa curmá, Marta, escoitaba moitos ruídos raros e parecíalle que as cousas voaban. Ela pensou que era a súa imaxinación e quedou durmida. Á mañá seguinte, contoulle a seus pais o que lle pasara de noite, pero eles dixéronlle que estaba loca, aínda así, Gabriela desconfiaba. A noite seguinte, aproveitando que Marta aínda non volvera das vacacións, volveu durmir na habitación da súa curmá. Esa noite , a nena xa non foi capaz de durmir, entón foi cando lle pareceu ver un libro voando, acendeu a luz, e deuse de conta de que era verdade, había pantasmas, non era a súa imaxinación!!! O día seguinte intentou que seus pais viran unha pantasma, pero non o conseguiu, así que decidiu que súa nai durmira con ela de noite e por fin súa nai o viu, por ese motivo cambiaron a Marta de habitación e deixaron esa habitación vacía. NURIA. 6ºB.


O CASTELO DE GOLLUM Un sábado pola tarde, como todos os fins de semana , David e Rebeca xogaban ao escondite coa súa irmá pequena María, nun parque que se atopaba no medio do bosque que estaba preto da súa casa. Transcurrida a tarde, os dous irmás maiores decatáronse de que a pequena María desaparecera. Os nenos preocupados pola súa irmá adentráronse no bosque coa esperanza de atopala. Buscaron a nena por todas as partes pero esta seguía sen aparecer. Mentras buscaban os nenos escoitaron un ruído que procedía de detrás dun arbusto. Todo se comenzou a nubrar e coa oscuridade da noite non podían ver nada. Dirixiron a mirada cara ao arbusto e viron aparecer da nada a un ser estrano; era de baixa estatura, ollos e orellas moi grandes , cunha mirada de terror, case nos ósos e medio desnudo. Ademáis, non tiña pelo nin dentes e a súa voz soaba moi baixa e ronca.


Os nenos moi asustados decidiron escapar pero o monstro impidíullelo. Este presentouse aos nenos dicíndolle que se chamaba Gollum e que el sabía onde se atopaba a súa irmá. Os nenos , a pesar de terlle moito medo decidiron facerlle caso ao que dicía xa que querían atopar a pequena María. Despois de cruzar todo o bosque atopáronse ao final do camiño un gran Castelo , lugar onde vivía Gollum. Dirixíronse a entrada e coa axuda do monstro atoparon no seu interior a súa irmá. Estaba sá e salva xogando coa familia de Gollum, a cal estaba formada por todo tipo de seres como pantasmas , calaveras , esqueletos , vampiros e morcegos… Os nenos quedaron abraiados ao ver aquela monstrosa familia , pero despois de estar un tempo con eles déronse conta de que todos eles eran bos seres e que se portaron moi ben coa súa irmá. Dende entón os 3 irmás visitaron cada sábado o Castelo e todos aqueles seres que habitaban nel.

RAÚL SALGUEIRO CORES. 6ºB.


Había unha vez un lugar moi lonxe daquí, onde había un castelo encantado. Cerca había un pequeno pobo con moitos nenos, un deles preguntoulle aos outros quen se atrevía a ir con el ao castelo encantado. Cinco deles aceptaron ir con el ao castelo, o que non se esperaban e que o castelo estaba encantado de verdade. Os nenos ao entrar no castelo viron que estaba cheo de ratas e tearañas. De súpeto, escoitouse un grito, os nenos foron mirar e atoparon un cadáver dunha das nenas do pobo. Os nenos empezaron a correr e mortos de medo metéronse nun dos cuartos. Un deles pegou un grito porque no seu cuarto había un vampiro, outro neno pegou un grito porque escoitara un aullido horrible. Ninguen volveu ver aos nenos que entraron no castelo, pero según a lenda do pobo cada noite de Halloween aínda se poden oír os gritos dos nenos.

IRIA OUBIÑA. 6ºB.


Había unha vez, nun pobo que se chamaba Tinoles, unha casa no medio do monte que estaba encantada; dicíase que nela había unha familia de vampiros. Pouco a pouco, estes vampiros fóronlle mordendo a todo o mundo e extendeuse, extendeuse… So había un humán que sobreviviu e que se chamaba Andrés. Quería que os seus amigos sobreviviran pero non sabía como. Pouco a pouco foi arriscando a súa vida matando aos vampiros, cravándolle unha estaca no corazón. Ao pouco tempo, atopou un bruxo que fixo un feitizo: “todo aquel que chupara sangue convertiriase nunha persoa boa”. Dende aquela o bruxo foi moi querido por salvar a vida da xente. NOELIA 6ºB

CONTOS DE MEDO